A C O N D I C I O N A M E N T O | R O T A R O T A R O T A R O T A D A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S D O S A RS A RS A RS A R | C O N C E L L O D E S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A | D O C U M E N T O I | M E M O R I AM E M O R I AM E M O R I AM E M O R I A
C o n s u l t o r e s d e M e d i o A m b i e n t e 2
1. ANTECEDENTES
O Concello de Santiago de Compostela encarga á empresa CONSULTORES DE MEDIOAMBIENTE a
redacción do presente proxecto de título “Rota das Brañas do Sar” .
As intervencións plantexadas neste proxecto son as precisas para o acondicionamento do devandito sendeiro,
definido e trazado en base a recuperación dos camiños tradicionais existentes, e a posibilidade de utilizar o
espazo de dominio público hidráulico.
Ademais, é preciso sinalar que a execución das obras comprendidas no presente documento vai ser
acometida por un Obradoiro de emprego, co cal as labores que comprende han sido axeitadas aos itinerarios
docentes das especialidades de “albanelería de pavimentos de urbanización” e “xardinería de restauración
paisaxística”. Sendo por elo unha obra especialmente intensiva en man de obra e que incorpora, en boa
medida, os materiais do contorno.
2. OBXECTO
O ámbito da intervención abrangue o Val do Río Sar no treito denominado Brañas do Sar, entre o polideportivo
do Sar, e as Piscinas e a Ponte Pedriña, xunto ao Parque do Paxonal.
Así, este sendeiro, como outros, pretende colaborar ao tecido dunha rede de sendeiros no Concello de
Santiago que oferte, tanto a poboación local, como ao visitantes, acceso a unhas zonas de grande beleza
natural, etnográfica e cultural. Neste sentido, o ámbito dos ríos é de especial importancia ao drenar, de xeito
natural, os desprazamentos dos camiñantes.
Polo tanto, o obxecto do presente proxecto é o acondicionamento básico do trazado do sendeiro a nivel de
labores sobre a vexetación (roza de maleza), mellora puntual dos pavimentos (drenaxes, pasos de madeira
sobre regatos) e sinalización.
3. OBXECTIVOS DA INTERVENCIÓN
A linguaxe proxectual a aplicar será similar á descrita en outros sendeiros, coa finalidade de dotar da
uniformidade e coherencia precisa a todas as rutas de pequeno e gran percorrido.
Así, os obxectivos do presente proxecto son:
• Garantir unhas condicións mínimas de transitabilidade pola traza prevista e paso de barreiras naturais.
• Establecer conexión coa rede de sendeiros peonís que percorren as principias zonas do concello, así
como puntos de intermodalidade que garantan o intercambio peonil – transporte público o privado.
• Delimitación da propiedade pública e privada e a servidume de paso no borde fluvial.
• Proporcionar ó percorrido un carácter cultural e didáctico mediante información sobre os valores
históricos, naturais, recreativos, etc. do espazo.
De xeito que as normas recollidas na memoria do Plan Especial das Brañas do Sar fan as seguintes
aclaracións para a Área de parque extensivo dentro de espazo delimitado, no que se acolle a presnete
intervención:
� O ámbito desta área de solo rústico especialmente protexido comprende terreos que ou ben se atopan
fortemente alterados pola implantación de infraestruturas ou dan continuidade ao interior do ámbito a
áreas dotacionais e de parque público existentes.
� Caracterízase como parque extensivo, autorizándose as actividades deportivas non reguladas e de
lecer e recreo sen instalacións.
� No proceso de acondicionamento ambiental primará o mantemento da actual cuberta vexetal
herbácea naturalizada, admitíndose no proceso de vexetación a sementa de prados terciarios,
manténdose o arboredo existente, que poderá ser complementado coa implantación de novos pés ata
formar pequenas masas.
� Igualmente autorízanse sebes vexetais co obxectivo de crear zonas de alta densidade de matagueira.
� A implantación de novos itinerarios peonís , de áreas de estacionamento ou de plataforma
estacionaria deberá contemplar detalladamente os movementos de terra, autorizándose contencións
permeables a base de muros de gavións ou similares que garantan o escoamento das filtracións de
auga.
� Igualmente, e asociado ás infraestruturas hidráulicas existentes autorízanse actuacións de lagunaxe
en ámbitos específicos.
� En todo o ámbito da área non se autoriza ningún tipo de edificación permanente, permitíndose
pequenas instalacións desmontables asociadas ás actividades de lecer e recreo. As redes de
infraestruturas, de ser necesarias, discorrerán subterráneas, procedéndose ao desmontaxe daquelas
de carácter aéreo.
� A implantación de elementos de mobiliario e sinalización realizarase nas condicións expresadas no
apartado correspondente da presente Normativa.
� As plantas empregadas deben partir do material fitoxenético existente no Parque,
� A plantación procederase de maneira individual con árbores de dimensións adecuadas ao resto da
masa.
� No proceso de acondicionamento ambiental e vexetal da área admítese a implantación das seguintes
especies:
� Arbóreas: Quercus robur, Betula celtiberica, Castanea sativa e Acer pseudoplatanus.
� Arbustivo: Laurus nobilis, Crataegus monogyna, Corylus avellana e Fraxinus excelsior.
A C O N D I C I O N A M E N T O | R O T A R O T A R O T A R O T A D A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S D O S A RS A RS A RS A R | C O N C E L L O D E S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A | D O C U M E N T O I | M E M O R I AM E M O R I AM E M O R I AM E M O R I A
C o n s u l t o r e s d e M e d i o A m b i e n t e 3
4. DESCRIPCIÓN DA ZONA DE INTERVENCIÓN
A área vese enmarcada polo monte Gaiás, o alto de Santas Mariñas e o macizo que representa a zona de
Santiago de Compostela. Enmárcase no ámbito dunha planicie aluvial de dimensións variables, con
desenvolvemento de solos asociados a terreos de drenaxe deficiente denominados brañas. A cunca é de tipo
dendrítico alimentada por arroios estacionais, con caudais medios e fortes a maior parte do ano. O subsolo
está constituído por dúas unidades fundamentais. A cobertura superficial composta por solos de orixe aluvial
de textura areo-limosa recubre o substrato rochoso con predominio de xistos, conformando un acuífero
superficial intercomunicado por unha fisura co substrato rochoso.
O clima temperado subhúmido de Santiago resulta aínda máis extremado nas brañas. A humidade da chaira
aluvial xunto coa exposición a poñente das Brañas agravan as condicións de humidade e baixas temperaturas
polas mañás.
O rasgo mais salientable é a tendencia ao abandono da ocupación agrícola sen darlle outro uso económico
aos terreos. Deste xeito os antigos pasteiros deixáronse a baldío e progresivamente foron repoblandose con
vexetación espontánea. Nos bordes, aínda se conservan algunhas leiras sometidas a cultivos de rotación de
autoconsumo e prados de sega.
Así, vai gañando terreo a vexetación higrófila que caracteriza as Brañas do Sar e constitúe un hábitat de gran
valor biolóxico. A súa importancia ambiental, agás do seu interese de conservación, é un interese paisaxístico
e recreativo, regulador hidrolóxico como retención de auga, contendo a erosión, e un indubidable valor cultural
e patrimonial, como exemplos dunha paisaxe que noutros tempos foi moito máis abundante. En medio das
brañas sobresae o ameneiral-salgueiral fluvio ribeirán. Este bosque de ribeira atópase bastante alterado na
área, con descontinuidades con ausencia de arborado e unha composición arbórea case exclusiva de
ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros de varias variedades (Salix sp.). Existe un terceiro hábitat de interese
nas zonas identificadas coa vexetación pertencente á asociación: Irido pseudacori-Caricetum lusitanicae ou
vexetación lacustre.
O corredor fluvial actúa como eixe da fauna que vertebra o espazo tratado. Esténdese polo centro do val
ramificando o bosque galería e servíndolle de drenaxe aos campos lindeiros. A fauna presente está integrada,
basicamente, por peixes e anfibios, pero tamén hai unha importante relación coas aves acuáticas e os
mamíferos que obteñen o seu alimento do corredor fluvial. As brañas son o hábitat de gran variedade de
anfibios, así como de aves insectívoras. Pola outra banda, as masas de mato provenlles de refuxio aos
mamíferos, que atopan gran parte da súa dieta nos froitos que producen e tamén serven de lugar de para
aniñar. Non obstante, o máis rechamante do contorno estudado son as ausencias de cantidade e variedade de
efectivos. A presión antrópica, debido ás continuas obras de infraestruturas e á deficiente calidade das augas,
converteu o espazo tratado nun conxunto de ausencias.
A clase agrolóxica predominante é a V, con case vinte e dúas hectáreas e unha porcentaxe respecto á
superficie total de 62,70%. Correspóndese coas brañas que se estenden a ambas as dúas marxes do río Sar e
atópanse sometidas a condicións de hidromorfía case permanente. En segundo lugar está a clase II que
abrangue os terreos sometidos a cultivos de rotación e praderías, ou incluso abandonados, e as zonas máis
altas. Esténdese a ambos os dous lados do río nas zonas mellor drenadas, cunha superficie total de pouco
máis de nove hectáreas. Da clase III hai pouco máis de tres hectáreas (9’23%): unha peza ao norte, con
limitacións de pedras; outra nas abas do monte Gaiás con risco de erosión pola pendente e, varias máis
pequenas na parte sur do ámbito de estudo.
Na paisaxe das Brañas do Sar, o xeosistema o conxunto de elementos abióticos (relevo, litoloxía, clima, auga,
solo) conforman o factor determinante na configuración do territorio. As extremadas condicións
xeomorfolóxicas das Brañas limitan as posibilidades de intervención antrópica para acadar unha
productividade do terreo: o longo do tempo e malias medidas correctoras aplicadas, non son quen de ter máis
que pasteiros. Deste xeito, en gran parte dos territorio, o ecosistema prevalente responde ao modelo
principalmente biótico. Neste paisaxe de dominancia vexetal, conservase os enxenios testemuña das labores
de manexo da auga levadas a cabo polo home no seu intento de extraer maiores aproveitamentos. Así, o
predominio dos factores bióticos, as texturas, as cores e os volumes teñen unha notable variación estacional
ao longo do ano, o carácter caducifolio do arborado é o máis acusado, perdendo toda a área ese nivel de
sombra e pantalla que se ten no verán. Así, podemos definir o ámbito de estudo como unha illa vexetal dentro
de un contorno urbano, onde o arborado cobra unha especial importancia volumétrica.
A C O N D I C I O N A M E N T O | R O T A R O T A R O T A R O T A D A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S B R A Ñ A S D O S A RS A RS A RS A R | C O N C E L L O D E S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A | D O C U M E N T O I | M E M O R I AM E M O R I AM E M O R I AM E M O R I A
C o n s u l t o r e s d e M e d i o A m b i e n t e 4
Agora ben esta paisaxe vese condicionada pola existencia de varios impactos. Os máis importante son os
derivados do funcionamento de infraestruturas lineais que bordean a área de intervención: o ferrocarril e as
estradas. Tamén, se perciben os derivados das obras hidráulicas e de saneamento. Indo máis alá son
previsibles, aínda en fase de planificación, os posibles impactos derivados de obras de urbanización previstas
fóra do ámbito. Deste xeito, o risco xeolóxico máis relevante é o de inundación, relacionado pola súa vez con
fenómenos de represa artificial en pontes e estreitamentos do leito. A este feito hai que engadir a
contaminación das augas superficiais e subterráneas que orixina de forma directa e difusa un impacto no
medio que se intensifica en especial en puntos de vertedura coincidentes coa evacuación de augas residuais
urbanas e pluviais (zona do arroio Belvís, desaugadoiro de Fontiñas e vivendas non conectadas ao sistema de
saneamento actual).