día da árbore e día da auga

4
No noso colexio ímos conmemorar esta data realizando actividades de aula e plantando as seguintes árbores ( donadas polo Concello) : Educación Infantil: LARANXEIRA 1º Educación Primaria: TEIXO 2º Educación Primaria: FIGUEIRA 3º Educación Primaria: TULIPANERO 4º Educación Primaria: NOGUEIRA 5º Educación Primaria: ROBINIA 6º Educación Primaria: BIDUEIRO Equipo de Biblioteca Escolar Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Upload: maria-hermes

Post on 29-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

celebramos o día da árbore

TRANSCRIPT

Page 1: Día da árbore e Día da auga

No noso colexio ímos conmemorar esta data realizando actividades de aula e plantando as seguintes árbores ( donadas polo Concello) :

Educación Infantil: LARANXEIRA 1º Educación Primaria: TEIXO

2º Educación Primaria: FIGUEIRA 3º Educación Primaria: TULIPANERO

4º Educación Primaria: NOGUEIRA 5º Educación Primaria: ROBINIA

6º Educación Primaria: BIDUEIRO

Equipo de Biblioteca Escolar

Equipo de Normalización e

Dinamización Lingüística Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Page 2: Día da árbore e Día da auga

O Día Forestal Mundial ou DÍA DA ÁRBORE celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques.

Con estas 10 IDEAS poderás contribuir á conservación dos bosques todo o ano:

1º Usa papel reciclado: o papel reciclado evita que se corten árbores. Levar o papel vello ao contentor azul e mercar e empregar papel reciclado habitualmente evita que se teñan que cortar novas árbores, realizar monocultivos... así como aforrar enerxía e auga. Hoxe en día existen moitas calidades e tipos de presentación de papel reciclado a un prezo semellante ao papel de pasta de árbore. Non debemos confundir o papel reciclado co ecolóxico, este último é o que se realiza con pasta virxe de árbore pero blanquéase sen cloro, produto moi contaminante. 2º Solicita unha compra verde de papel reciclado ao teu concello, empresa, etc: as compras verdes implican criterios medioambientais. Para facilitar as mercas sustentabeis referidas ao papel as empresas, concellos, etc, poden propoñer diferentes criterios ambientais: revisar as especificacións de compra e contratos, demandar aos proveedores información sobre alternativas ecoloxicas, etc

3º Apúntate ao voluntariado forestal: ou voluntariado ambiental, é unha das maneiras que a cidadanía ten de participar na conservación do medio. Dende diversas administracións, consellerías, concellos, universidades, etc estanse a realizar actividades de voluntariado para a recuperación e mantenemento do noso patrimonio forestal. Apúntate, ademáis de plantar poderas facer tarefas de vixiancia, limpeza, etc. Hai moitas maneiras de conservar o noso patrimonio forestal.

4º Merca productos co selo FSC: a eco-etiqueta FSC que lucen algúns productos indica que procede dunha explotación forestal ambientalmente apropiada, socialmente xusta e economicamente viábel. A finalidade desta

certificación é mellorar a xestión dos bosques e asegurar un mercado bo para estes produtos.

5º Que as árbores non nos impidan ver o monte, e as dunas, e as matogueiras…: as árbores son as especies típicas que se plantan neste día forestal, pero pensa que o bosque é un ecosistema máis dos moitos que temos na nosa terra (dunas, turbeiras, montañas, etc). Celebrar hoxe o día da árbore e tenta participar outro día en proxectos de recuperación de flora dunar, repoboación de bosques de ribera ou na eliminación de especies invasoras.

6º Evita as madeiras tropicais: a hora de mercar un moble evita as madeiras tropicais, moitas delas proceden da extracción ilegal, nas que ademáis de arrasar con bosques enteiros expulsan as poboacións indíxenas que dende fai centos de anos ocupan esas terras. Merca mobeis antigos, de segunda man ou de plantacións co selo FSC.

Page 3: Día da árbore e Día da auga

Dende 1993, cada 22 de marzo celébrase o Día Mundial

da Auga. O seu obxectivo é promover o uso responsable deste

recurso e concienciar sobre os problemas que viven numerosas

rexións do planeta pola escaseza de auga.

A temática deste ano é Auga

para as cidades: respondendo ao

desafío urbano, que pretende centrar

a atención internacional sobre o impacto

do rápido crecemento da poboación

das cidades, a industrialización e a incertidume causada polo

cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os

sistemas urbanos de abastecemento de auga.

7º Reutiliza a madeira vella: a hora de facer traballos da horta ou no xardín emprega madeiras vellas ou usadas. As táboas dun palé usado ben poden empregarse para facer un pequeno valado ou un composteiro. Recorda que o “R” de reusar é a seguinte en importancia logo do “R” de reducir.

8º Reivindica plantacións con árbores autóctonas: antes de organizar unha plantación pensa que especies vas plantar, onde, consigue os permisos e mira a lexislación sobre os espazos ate as casas, as fontes, etc. Moitos concellos están a sacar ordenanzas municipais nesta liña.

9º Colabora na eliminación de especies invasoras: moitas especies alóctonas están a desprazar e invadir espazos de vexetación autoctona. Colabora na erradicación de especies invasoras, moitas entidades están a traballar nesta liña.

10º Faite socio/a dunha asociación ecolóxica: a participación nunha entidade ecoloxista é unha maneira máis agradábel e proveitosa de loitar contra as agresións ao medio. En compaña os traballos son máis levadeiros e xuntos/ as podemos facer máis cousas. Os incendios forestais, as talas indiscriminadas, os monocultivos, a perda da fertilidade do chan, e otras actividades humanas está a reducir de maneira considerábel os bosques.

ACTÚA CON SENTIDIÑO

Page 4: Día da árbore e Día da auga

Fíxate nestes consellos, aplícaos e aforraremos auga.:

MEDIDAS DE AFORRO

O aforro de auga produce aforro de enerxía, pois o líquido é impulsado cara á túa vivenda con bombas eléctricas. Racionaliza o teu consumo de auga. Pecha a billa ao lavar os dentes ou afeitarte, podes aforrar ata 10 l. Comprobe a temperatura da súa auga quente. Para lavar, non se precisa ter máis de 60°C. Dúchate no canto de bañarte, aforrarás 150 l. Arranxa con urxencia as avarías das billas e dos caños. Unha billa que gotea perde 30 litros diarios. Rega ao anoitecer para evitar perdas por evaporación ¡ as plantas agradecerancho! Enche a lavadora e o lavalouza, é onde máis auga se gasta. A auga do segundo aclarado podes empregala para regar as túas plantas. Non uses as duchas das praias, é un luxo innecesario que debes facer saber ao teu concello. Non abuses da lixivia, rompe o equilibrio bacteriano das depuradoras e dificulta o seu traballo. Utiliza deterxentes ecolóxicos, sen fosfatos. Escolle plantas autóctonas para o teu xardín e testos, consomen menos auga e dan moito menos traballo cás plantas exóticas, ademais atraen a bolboretas e non esixen o uso de produtos químicos para o seu mantemento. Coloca difusores e demais mecanismos de aforro nas billas, aproveitarás mellor a auga reducindo o seu consumo. Só o 2,8 % da auga do noso planeta é doce e tan só o 0,01 % se atopa en lagos e ríos NON A MALGASTES!!!!