declaracion ambiental 2008 galego 25 11 08 2 · 2012. 1. 18. · representación proporcional da...

48
Declaración Ambiental 2008 - 1/48 - DECLARACIÓN AMBIENTAL (Outubro 2008)

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Declaración Ambiental 2008

    - 1/48 -

    DECLARACIÓN

    AMBIENTAL

    (Outubro 2008)

  • Declaración Ambiental 2008

    - 2/48 -

    ÍNDICE

    0. OBXECTO

    1. PRESENTACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

    1.1 Historia do Parlamento de Galicia 1.2 Descrición xeral das instalacións 1.3 Organización e competencias 1.4 Localización e contacto

    2. SISTEMA DE XESTIÓN

    3. POLÍTICA AMBIENTAL

    4. FORMACIÓN E COMUNICACIÓN

    5. PROGRAMA DE XESTIÓN AMBIENTAL

    6. ASPECTOS AMBIENTAIS 6.1 Identificación de aspectos ambientais 6.2 Avaliación de aspectos ambientais 6.3 Identificación de aspectos ambientais significativos

    7. COMPORTAMENTO AMBIENTAL

    7.1 Residuos 7.2 Ruídos 7.3 Emisións atmosféricas 7.4 Consumo de auga e verteduras 7.5 Consumos

    8. BALANCE AMBIENTAL

    9. REQUISITOS LEGAIS E OUTROS REQUISITOS

    10. VALIDACIÓN DA DECLARACIÓN AMBIENTAL

  • Declaración Ambiental 2008

    - 3/48 -

    0. OBXECTO

    0. BXECTO O obxecto da presente Declaración Ambiental é o de informar o público e a outras partes interesadas verbo do comportamento ambiental do PARLAMENTO DE GALICIA en canto ás actividades e servizos que desenvolve para o seu funcionamento, ademais de recoller o seu compromiso co desenvolvemento sustentable, e que se define no seguinte alcance:

    “ Xestión administrativa e técnica de apoio á función parlamentaria. Xestión de apoio e mantemento das instalacións

    e servizos. Organización de eventos (xornadas, talleres e exposicións)”. 1. PRESENTACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

    O Parlamento de Galicia é o máximo órgano representativo do pobo galego. Tras as primeiras eleccións autonómicas galegas, celebradas en 1981, o Parlamento iniciou a súa andadura. Logo de que a Constitución española de 1978 recoñecese, en decembro de 1980, os dereitos de Galicia como nacionalidade histórica, o pobo galego votou favorablemente no referendo do Estatuto de autonomía. O artigo 9 do Estatuto sinala que os poderes da Comunidade Autónoma se exercen a través do Parlamento, da Xunta e do seu Presidente. Así mesmo, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no artigo 10, que a primeira función do Parlamento de Galicia é a potestade lexislativa. Pero ademais desta función primordial, a Cámara galega ten outras, tamén moi relevantes, como o control da acción executiva da Xunta de Galicia, a aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma, ou todas cantas competencias lle son atribuídas pola Constitución, polo Estatuto, polas leis do Estado e polas propias do Parlamento de Galicia. A Cámara galega é inviolable e está formada por 75 parlamentarios, que representan ás catro provincias da Comunidade Autónoma. Os parlamentarios son elixidos por sufraxio universal para un período de catro anos. A elección realízase polo sistema de representación proporcional da regra d'Hont, e está garantida por lei a posibilidade de voto dos galegos residentes no estranxeiro.

    Os deputados intégranse en grupos parlamentarios para a realización da súa actividade representativa. Cada grupo parlamentario deberá estar formado por un mínimo de cinco deputados. De non darse este caso, os deputados intégranse no grupo mixto. Os membros da Cámara galega son inviolables polos votos e opinións que emitan no exercicio do seu cargo, e non poderán ser detidos nin retidos polos actos delituosos que poidan cometer en territorio de Galicia, a non ser en situación de flagrante delito. En calquera caso, sobre a súa posible inculpación decidirá sempre o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 4/48 -

    Funcionamento O Parlamento galego dispón dun Regulamento, aprobado por maioría absoluta, que establece todos os seus mecanismos de composición, funcionamento e réxime interno. Os órganos de goberno da Cámara galega son o Presidente, a Mesa e a Deputación Permanente. As reunións do Parlamento celébranse en Pleno e en Comisións. En ambos os casos reúnense en sesións ordinarias e extraordinarias. Os grupos parlamentarios participan en todas as comisións en proporción ao número dos seus membros. Funciona, ademais, unha Xunta de Portavoces, na que participan os deputados designados como representantes dos distintos grupos. Segundo recolle o artigo 13 do Estatuto de autonomía, a iniciativa para que o Parlamento tome en consideración as propostas lexislativas correspóndelle, ademais de á propia Cámara, á Xunta e aos deputados. Tamén está regulada a iniciativa popular para a presentación de proposicións de lei, que o Parlamento deberá tramitar se estas acadan o número mínimo de sinaturas esixidas. As leis do Parlamento de Galicia promúlganse, en nome de El-Rei, polo Presidente da Xunta, e son publicadas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Para os efectos da súa entrada en vigor rexe a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O control da constitucionalidade das leis do Parlamento de Galicia correspóndelle ao Tribunal Constitucional. O artigo 14 do Estatuto de autonomía recolle, así mesmo, que lle corresponde á Comunidade Autónoma a creación e organización, mediante lei do seu Parlamento e con respecto á institución do Defensor do Pobo establecida no artigo 54 da Constitución, dun órgano similar que en coordinación con aquela exerza as funcións a que se refire o mencionado artigo e calquera outra que o Parlamento de Galicia poida encomendarlle.

    1.1 HISTORIA DO PARLAMENTO O edificio do Pazo do Parlamento de Galicia foi construído a comezos do século XX co fin de albergar a Escola de Veterinaria e os seus servizos anexos de estación pecuaria e granxa agrícola de experimentación. No remate do século XIX, Galicia mantiña as mesmas condicións socioeconómicas e culturais de épocas pasadas, cun atraso e unha irracional explotación da súa industria pecuaria sen ningún tipo de avance, cando, pola contra, a súa riqueza era moi salientable neste sector económico. En 1882, o prócer compostelán D. Eugenio Montero Ríos consegue a creación dos estudos correspondentes de veterinaria, que, provisionalmente, se instalan no antigo colexio que fundara no século XVII o arcebispo Xoán de San Clemente, situado nas proximidades da porta Faxeira, ao pé do castro de Santa Susana ou Souto dos Poldros, lugar de encontro de feirantes e gandeiros, a carón da Alameda da Ferradura. Ao pouco tempo viuse a necesidade de buscarlle unha nova localización a estes estudos de veterinaria recentemente creados, co fin de que estivesen en consonancia coas demandas pedagóxicas, experimentais e de investigación que por aquel tempo dominaban nesta especialidade, e así puidesen repercutir no fomento e na mellora da gandaría do noso país e nunha máis lucrativa explotación das industrias derivadas. Por todo isto, no ano 1898, a raíña rexente, D.ª María Cristina, no nome do seu fillo Alfonso XIII, dispón un real decreto de data do 3 de setembro, polo cal se aproba o proxecto estudado polo arquitecto Antonio Bermejo y Arteaga para a construción dun edificio destinado a escola de veterinaria, cun orzamento de 982.324 pesetas, con cargo aos orzamentos de 1899 a 1900, ampliables ata o de 1906 ou 1907.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 5/48 -

    Dada a importancia e significación deste feito, o Concello de Santiago crea a correspondente comisión presidida polo catedrático Cleto Troncoso, para que con outras persoas expertas elixan o lugar ou sitio máis axeitado para a localización da escola. Despois de visitar numerosos campos que reunisen as condicións máis pedagóxicas e hixiénicas, como lugares elevados e ventilados, con vertentes opostas ás da poboación, pero ao mesmo tempo non moi afastados dela, decídense polos terreos situados á marxe da rúa do Hórreo, estrada de Ourense, nos chamados Agros da Tenencia, Cornide de Arriba, Codeseira e Brañas do Sar. Na elección do lugar tívose en conta a influencia que tería o devandito centro na planificación do ensanche de poboación como posible factor desencadeante e polarizador da zona, coa futura estación do ferrocarril situada na veciña Pontepedriña. Os terreos son postos á disposición da Dirección Xeral de Instrución Pública, pero por esa época o Goberno estaba a pasar por unha forte penuria económica como consecuencia das guerras de ultramar que deron lugar á perda das últimas colonias en Cuba e Filipinas, e, polo tanto, estaba en malas condicións para lles facer fronte aos orzamentos que se tiñan que investir para a construción do edificio da Escola de Veterinaria de Santiago, e esta circunstancia serviu de escusa para un primeiro conato de supresión dos devanditos estudos ao non incluír no Proxecto de orzamentos para o ano 1900 os gastos correspondentes, o que orixinou unha protesta unánime de todas as corporacións galegas.

    Pasadas estas vicisitudes e tras as demandas do pobo galego, e coa inestimable axuda do presidente do Senado, o santiagués antes citado Montero Ríos, saen as obras a poxa o 28 de agosto de 1902, que se lle adxudican ao contratista Xoán Bouzón Figueroa, como único solicitante, na cantidade de 1.237.394 pesetas, e a primeira pedra é colocada o día 24 de marzo de 1903. As obras rematan dez anos despois, e faise cargo da desexada escola de veterinaria o comisario rexio Ramón Pimentel de Portugal. O edifico realizouse de conformidade co proxecto do arquitecto Antonio Bermejo y Arteaga, e morto este fíxose cargo da dirección das obras, modificando algúns aspectos iniciais, o tamén arquitecto Arturo Calvo.

    Trátase dun edificio de dúas plantas, rodeadas de patios ao aire libre que se sitúan na parte posterior, e distantes daquel catro pavillóns de planta baixa destinados a clínicas para diversos obxectivos, hoxe desaparecidos. Rematadas as obras e ocupado o edificio, funciona exactamente coas mesmas carencias pedagóxicas e estreitezas respecto dos programas de estudo, tal como o viñera facendo na súa anterior localización, o que deu lugar a unha diminución da matrícula, no que tamén influíu os poucos atractivos que tiña tal actividade profesional, ao que habería que engadir a falta de bolsas de estudo ou axudas para os estudantes que non dispoñían de medios económicos.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 6/48 -

    Deste xeito chegouse ao ano 1924, no que a matrícula por ensino oficial era de 14 alumnos e outros tantos na non oficial, o que motivou que o Directorio Militar, presidido polo xeneral Primo de Rivera, fixese desaparecer os orzamentos de 1924 e 1925 e, en consecuencia, quedase suprimida de feito a Escola de Veterinaria de Galicia, a pesar de non ser gravosa para as arcas do Estado (50.000 pesetas anuais) e non resultar de menor matrícula en relación coa súa área de influencia. Desta forma o edificio e os seus anexos pasan do Ministerio de Instrución Pública ao ramo de guerra por intermedio do Ministerio de Facenda o 11 de febreiro de 1925, e o Exército ocupa as súas instalacións para o Rexemento de Artillaría de Campaña n.º 28, ao que sucedeu o Rexemento de Infantaría de Zaragoza n.º 12, ata a creación da Brigada Aerotransportable, que se integra co nome de II Batallón do RIAT 29 da BRILAT, que ocupaba o edificio ata a súa venda á Xunta de Galicia co fin de destinalo a Parlamento da Comunidade Autónoma, que comeza a funcionar, unha vez rehabilitado e restaurado como tal, o día 1 de marzo de 1989. Co cambio de uso sucédense distintos proxectos de adaptación do edificio aos fins militares, e a partir da resolución do concurso de anteproxectos convocado pola Mesa do Parlamento de Galicia, que recaeu no presentado polo arquitecto D. Manuel Andrés Reboredo Sánchez, comezaron as obras de adaptación do edificio para Parlamento de Galicia, nas que a novidade máis salientable é a construción, ex novo, do hemiciclo que se sitúa no centro do patio.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 7/48 -

    1.2 DESCRICIÓN XERAL DAS INSTALACIÓNS

    O actual edificio conserva, sensiblemente, a mesma estrutura que tiña a primitiva escola de veterinaria construída a principio do século XX, salvo en aquelas partes creadas de novo, como sucede co hemiciclo ou salón de sesións plenarias, situado no patio central do edificio. A fachada principal do Pazo do Parlamento de Galicia acomodouse ao antigo edificio de arquitectura ecléctica, con fachada modulada, de planta rectangular, que provoca un baleirado interior, e onde se sitúa o hemiciclo. A fachada sufriu modificacións que afectaron sobre todo ao remate frontal, por canto que o que tiña o edificio, con dou anxos que sostiñan o escudo real, foi substituído por outro, obra do escultor García de Buciños, onde se pode ver o escudo de Galicia, é dicir, o cáliz surmontado por unha hostia e rodeado por sete cruces, e, neste caso, sostido por dúas figuras modernas de bronce, ademais da remodelación do oco da fiestra central, á que se lle incorporou un balcón que non existía primitivamente. O edificio consta de soto, planta baixa, entreplanta e planta alta. Recentemente escaváronse os dous patios a nivel do soto para albergar despachos para deputados e deputadas. No soto, despois das recentes obras levadas a cabo a finais do ano 2001 e comezos do ano 2002, sitúanse diversas oficinas para grupos parlamentarios, cafetaría e acesos aos despachos de deputados anteriormente mencionados. Na planta baixa están situados máis despachos para grupos parlamentarios, bibliotecas, salas de reunións e dous amplos salóns para actos protocolarios, a saber, salón dos reis, onde se atopan os retratos do rei e da raíña, pintados por Manuel Matas, as bandeiras de todas as comunidades autónomas e os retratos dos ex presidentes do Parlamento, e o outro salón similar ao anterior.

    Os dous salóns teñen nas súas paredes cadros de grandes dimensións do pintor Jaime Quesada, e os seus solos están pavimentados a partir de granito gris do Porriño e mármore xaspeado en ton granate. O denominado salón dos reis utilízase para actos solemnes e para a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, conferencias e recepcións. Dende a porta principal chégase a un amplo vestíbulo, adornado cunha colosal alfombra que contén motivos heráldicos que fan alusión ao escudo de Galicia e aos das sete capitais do antigo Reino de Galicia, a saber: A Coruña, Mondoñedo, Tui, Santiago de Compostela, Lugo, Betanzos e Ourense. Este vestíbulo de honor recibe luz cenital dende unha fermosa claraboia ornamental de cristais de cores deseñada polo pintor galego Laxeiro, e a partir dela arranca a escaleira principal, despois da recente modificación, que conduce ao salón de plenos e á planta primeira ou principal a través de outras dúas escaleiras.

    A planta baixa presenta as características propias da época na que foi construído o edificio, e tanto no seu ancho como no seu alto, dispón dunhas dimensións de gran amplitude; o teito atópase a sete metros de altura, pero a pesar diso, non produce ningún efecto aplastante, moi ao contrario, os seus claustros dan a sensación de ter unhas dimensións harmonizadas.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 8/48 -

    Vale a pena citar que nesta planta baixa están situadas as dúas bibliotecas de que dispón o Parlamento de Galicia, ademais dos servizos de arquivo e documentación, da unidade de informática, recursos humanos e infraestruturas.

    Citemos que unha das bibliotecas se coñece co nome de Ricardo Carballo Calero, por estar situada nela a súa biblioteca particular, adquirida polo Parlamento de Galicia, que acolle tamén fondos bibliográficos da escritora galega Elena Quiroga e do seu esposo, Dalmiro de la Válgoma, que foi secretario da Real Academia da Historia. Recentemente tamén se adquiriu parte da biblioteca dos irmáns Villar Ponte, fundadores das Irmandades da Fala, así como unha boa parte do seu arquivo persoal. Na planta primeira atópanse o despacho do presidente e os despachos dos vicepresidentes, o Gabinete de Presidencia, as salas de reunións da Mesa, das comisións parlamentarias, de ponencias, da Xunta de Portavoces, e todos os servizos administrativos, económicos, de prensa, e servizos xurídicos: oficial maior e letrados.

    Entre as dúas plantas construíuse unha entreplanta para dar acceso directo ao salón de plenos, que serve tamén para albergar nela a área do Goberno, con despachos para o presidente da Xunta de Galicia e conselleiros, e sala de reunións. Tamén se localizan a sala dedicada ás letras galegas e os corredores de pasos perdidos. A sala das letras galegas recibe esa denominación porque nela están os retratos dos personaxes, escritores, poetas, historiadores, etc., que dalgún xeito exaltaron a lingua e cultura galegas, e aos que se lles dedicou o Día das letras galegas, conmemoración creada pola Real Academia Galega e que se celebra o día 17 de maio de todos os anos dende 1963, día no que cen anos antes Rosalía de Castro publicara o seu libro Cantares Gallegos, ata a actualidade. E para rematar, o salón de plenos ou hemiciclo, que é a dependencia máis nobre do todo o edificio, na que se debaten e votan os máis importantes asuntos nos que o Parlamento de Galicia ten as súas competencias.

    O salón de plenos mostra unha característica que predomina en toda a súa estrutura, que é o emprego da madeira como elemento construtivo. A disposición que ofrece é idéntica á dos salóns análogos, é dicir, en forma semicircular arredor dunha mesa elevada para que nela se sitúe o órgano reitor da Cámara, dirixido polo presidente do Parlamento, que ten ao seu lado aos dous vicepresidentes, ao secretario, ao vicesecretario e aos letrados.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 9/48 -

    Entre a mesa da Presidencia e os escanos está a tribuna de oradores nun plano inferior, e finalmente os asentos dos deputados e deputadas ollando cara á mesa, cun corredor central que separa en dous os cinco semicírculos, que se sitúan gradualmente en sentido crecente en altura, onde se sentan os parlamentarios e parlamentarias. A primeira fila está ocupada pola Xunta de Galicia, encabezada polo seu Presidente. Dispón, ademais, de tribuna para o público e para os servizos de prensa, radio e televisión.

    Hai que sinalar que o número de escanos responde ao número de deputados e deputadas existente na actualidade, é dicir, setenta e cinco, pero pode ser ampliado no suposto de que se producise un incremento, tal como ten previsto o Estatuto de autonomía, ata un máximo de oitenta. Rodeando o edificio, na súa parte posterior, existe unha rexa moderna con xeito de lanza de aceiro de aspecto oxidado, e entre este peche e o edificio hai unha zona arbórea que dispón de fermosas especies ornamentais, dos que destacan a camelia, arcipreste, abeto, bidueiro, magnolio, loureiro, buxo, etc., que conforman un xardín botánico que embelece o recinto dándolle un aspecto sereno e ornamental.

    As superficies das principais zonas do Parlamento distribúense do seguinte xeito:

    Descrición Superficie Planta Baixa 7.732 m2 Entreplanta 1.677 m2 Planta alta 4.806 m2

    Sesión de deputados 468 m2 Sesión público 154 m2 Aparcadoiro 2.800 m2

    A superficie total da parcela do Parlamento de Galicia, incluídas as dependencias anteriormente listadas, é de aproximadamente 15.150 m2. Como resumo, as principais dependencias do edificio por planta especifícanse a continuación: Descrición Dependencias

    Soto

    1. Portaría-Información 2. Seguridade e telefonía 3. Cafetaría 4. Vestiarios 5. Despachos dos deputados 6. Reprografía 7. Xunta de Persoal 8. Punto Limpo Xestión Residuos

    Planta Baixa

    1. Entrada principal 2. Grupos parlamentarios 3. Dirección de Recursos Humanos

    e Réxime Interior 4. Biblioteca e documentación 5. Centro de procesamento de datos 6. Salas de recepción 7. Sala de gravacións 8. Salas de lectura 9. Salas de reunións

    Entreplanta

    1. Salón de sesións 2. Área de Goberno 3. Sala das Letras Galegas 4. Servizo de Tecnoloxías da

    Información

    Planta alta

    1. Presidencia e Mesa 2. Oficialía Maior 3. Dirección de Xestión

    Parlamentaria 4. Dirección de Intervención Xeral

    e Asuntos Económicos 5. Salón de sesións (acceso do

    público) 6. Unidade de Asistencia Xeral 7. Prensa 8. Enfermaría 9. Salas de reunións

  • Declaración Ambiental 2008

    - 10/48 -

    1.3 ORGANIZACIÓN E COMPETENCIAS

    O Parlamento de Galicia como un dos poderes da Comunidade Autónoma Galicia, nacionalidade histórica, está constituída en Comunidade Autónoma para acceder ao seu autogoberno de conformidade coa Constitución española de 1978, que recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e das rexións que integran a nación española. O Estatuto de Galicia é a norma institucional básica da Comunidade galega que define as súas institucións, competencias e administración pública, así como a súa economía e facenda. Os poderes públicos de Galicia exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu presidente.

    Son funcións do Parlamento exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma, controlar a acción executiva da Xunta, aprobar os seus orzamentos, designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega, elixir de entre os seus membros o presidente da Xunta de Galicia, esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente, solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei e presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei, interpoñer recursos de inconstitucionalidade e presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis. O Parlamento representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma, da que derivan todas as outras, e é inviolable. A constitución e a disolución do Parlamento O Parlamento está constituído por deputados e deputadas que son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto. Os deputados e as deputadas, unha vez elixidos, representan a todo o pobo galego.

    O Parlamento debe renovarse obrigatoriamente cada catro anos por mandato estatutario, pero pódeo facer antes se o presidente da Xunta o disolve.

    Na actualidade, o Parlamento de Galicia está integrado por setenta e cinco deputados e deputadas distribuídos en tres grupos parlamentarios (Partido Popular, PSdeG-PSOE e BNG). Estatutariamente o número fixado é entre sesenta e oitenta, non están suxeitos a mandato imperativo e son inviolables polos votos e opinións que emitan no exercicio do seu cargo. Os membros do Parlamento Para garantir o bo cumprimento das súas funcións, os membros do Parlamento gozan de certos dereitos. Terán o dereito e o deber de asistir con voz e voto ás sesións do Pleno do Parlamento e ás das comisións das que formen parte. Serán membros, polo menos, dunha comisión.Percibirán unha asignación económica que lles permita cumprir de xeito eficaz e digno a súa función, o mesmo que terán dereito ás indemnizacións e axudas de custo por gastos que sexan indispensables para o cumprimento da súa condición de deputados e deputadas. Poderanlles formular interpelacións e preguntas á Xunta e a cada un dos seus membros, e tamén lles poderán presentar emendas aos proxectos e ás proposicións de lei. Por outra banda, os deputados e as deputadas están obrigados a axeitar a súa conduta ao Regulamento, non poderán invocar ou facer uso da súa condición para o exercicio de actividades alleas ás de deputado e están obrigados a efectuar declaración notarial dos seus bens patrimoniais e daquelas actividades que lles proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos, e en todo momento deben observar as normas establecidas sobre incompatibilidades. Os deputados e as deputadas poderán quedar suspendidos nos seus dereitos e deberes parlamentarios nos casos que, conforme o Regulamento da Cámara, así proceda ou cando unha sentenza firme condenatoria o impoña.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 11/48 -

    A sede e o tempo de traballo parlamentario A sede do Parlamento de Galicia, mediante lei, radica na cidade de Santiago de Compostela. O salón de sesións é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ou as deputadas ocupan os asentos dispostos en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira fila de escanos, e o resto de deputados e deputadas, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes previamente asignados pola Mesa do Parlamento. No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións; a saber, un que comprende os meses de setembro a decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en sesións ordinarias, que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana. Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de se cumpriren determinados requisitos. O presidente do Parlamento é quen fixa a orde do día dos plenos, de acordo coa Mesa e a Xunta de Portavoces e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das comisións vén determinada pola respectiva Mesa, consonte o calendario establecido pola Mesa do Parlamento. A organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia Segundo o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia, do 20 de outubro de 2008, a estrutura orgánica da Administración do Parlamento está integrada por: Mesa do Parlamento Presidencia

    - Gabinete de Presidencia Oficialía Maior.

    A Mesa é o órgano institucional que , baixo a dirección da Presidencia, dirixe a Administración da Cámara. As súas competencias aséntanse en: establecemento das directrices xerais de

    xestión dos servizos da Cámara, creación, modificación e supresión de

    unidades administrativas, aprobación de disposicións administrativas

    de carácter interno ou de relevancia xurídica externa

    Realización de contratos e de actos de administración e de xestión patrimonial nos termos establecidos neste regulamento

    Interpretación e integración das normas de aplicación en materia de persoal

    Regulación do seu réxime orzamentario e contable

    Á Presidencia correspóndelle a superior dirección do persoal e da Administración parlamentaria, o desenvolvemento das directrices organizativas e de xestión acordadas pola Mesa do Parlamento e a adopción das medidas necesarias para o mantemento da orde no recinto parlamentario. Así mesmo compételle a realización de contratos e de actos de administración, de xestión patrimonial e de execución. Para o desenvolvemento das súas funcións a Presidencia estará asistida polo persoal adscrito ao Gabinete de Presidencia. Así mesmo, forma parte do gabinete o persoal adscrito ao servizo dos restantes membros da Mesa. Correspóndelle ao Gabinete da Presidencia, entre outras, as seguintes competencias: Asistencia técnica e administrativa á Presidencia:

    - Preparación de documentación das sesións plenarias.

    - Control e xestión de invitados ao pleno. - A formación do banco de datos

    informáticos. - A axenda de actividades da Presidencia. - Recepción, contestación e arquivo da

    correspondencia de Presidencia. - Atención a solicitudes de información. - Ordenación e actualización de arquivos. - Proposta e supervisión de sinaturas de

    convenios e o seu seguimento.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 12/48 -

    Actividades protocolarias - Asistencia ás relacións cos grupos

    parlamentarios e cos deputados da Cámara.

    - Preparación de viaxes e desprazamentos oficiais de deputados e a Presidencia.

    - Recepción e xestión de solicitudes de salas para usos parlamentarios.

    - Arquivo fotográfico e de agasallos de Presidencia.

    - Organización de actos do Parlamento. - Recepción, despacho e arquivo de

    invitacións, entrevistas e visitas da Presidencia.

    - A posta en marcha e desenvolvemento dos concursos/actividades convocados polo Parlamento.

    - Relacións de coordinación cos distintos órganos administrativos de Galicia.

    Actividades enfocadas ás relacións cidadás

    - Programa de fomento de coñecemento da Cámara galega.

    - Punto de información cidadá. - Programa educativo.

    Xestión da comunicación interna e externa do

    Parlamento. - Redacción e distribución de comunicados

    de prensa. - Xestión no portal web dos contidos de

    comunicación. - Xestión de imaxes dos actos. - Xestión de base de datos de xornalistas e

    as súas credenciais. - Resumo e arquivo da prensa diaria da

    Cámara e da Presidencia. - Elaboración de resumos de prensa e de

    temas específicos. - A xestión da relación da Presidencia cos

    medios de comunicación. - A organización e a coordinación das

    actividades destinadas a difundir a imaxe do Parlamento.

    - Velar polo axeitado desenvolvemento do traballo dos informadores parlamentarios.

    - A xestión dos servizos prestados polas axencias informativas ao Parlamento.

    Actividades de seguridade - Relacións e coordinación de actividades

    cos distintos organismos de seguridade, coa Delegación do Goberno, co Concello de Santiago.

    - Xestión das solicitudes de aparcamento permanente e non permanente na sede do Parlamento.

    - Control de visitas.

    O letrado oficial maior, baixo a dirección da Presidencia e da Mesa, é o xefe de todo o persoal e de todos os servizos do Parlamento, agás o do Gabinete da Presidencia, e cumpre as funcións técnicas e de asesoramento dos órganos reitores daquel, asistido polos letrados do Parlamento adscritos á Oficialía Maior. O letrado maior ten entre as súas competencias: A xefatura da Administración

    parlamentaria. A xefatura do persoal da Administración

    parlamentaria. Asesoramento xurídico e técnico. Dirección dos letrados do Parlamento.

    O letrado maior adxunto, ademais das funcións propias do posto de letrado, asiste ao letrado oficial maior no exercicio das súas funcións, ademais da súa substitución nos casos de ausencia. Na Oficialía Maior intégrase de xeito directo o Servizo de Tecnoloxías da Información. Ao Servizo de Tecnoloxías da Información correspóndelle o deseño, programación, proposta de adquisición, xestión, control e impulso en materia de infraestruturas, equipamento e aplicacións informáticas e de servizos de telecomunicación da Administración parlamentaria e en relación coas súas redes de datos e telecomunicacións. A Oficialía Maior estrutúrase nas seguintes áreas administrativas:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 13/48 -

    Dirección de Xestión Parlamentaria.

    Dirección de Intervención Xeral e Asuntos Económicos.

    Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

    A Dirección de Xestión Parlamentaria ten entre as súas competencias: A planificación, coordinación, control ,

    impulso, xestión e supervisión dos procesos relacionados directamente coa actividade parlamentaria e dos seus estudos.

    A elaboración dos expedientes e da documentación relativos ás reunións dos órganos da Cámara.

    A planificación, coordinación, control , impulso, xestión e supervisión do arquivo da Cámara, dos fondos bibliográficos e documentais.

    A Dirección de Intervención Xeral e Asuntos Económicos, ten entre as súas competencias: A planificación, coordinación, control,

    impulso, xestión e supervisión da actividade económica e financeira do Parlamento de Galicia.

    O control interno do Parlamento nas súas modalidades de función interventora e de control financeiro.

    Asesoramento en materia económico-financeira e contable.

    Dirección da xestión económica, financeira e orzamentaria do Parlamento.

    Confección do anteproxecto de orzamento parlamentario e a elaboración da conta xeral da institución.

    Xestión económica dos temas de persoal. Xestión e control do inventario de bens do

    Parlamento.

    Da Dirección de Intervención Xeral e Asuntos Económicos depende directamente a Unidade de Viceintervención, e correspóndenlle, entre outras, as seguintes competencias: A asistencia ao control interno da actividade

    económica e financeira do Parlamento. A xestión da tesouraría. Xestión e seguimento do inventario do

    Parlamento. A Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior ten entre as súas competencias: A planificación, coordinación, control,

    impulso, xestión e supervisión en materia de recursos humanos, das infraestruturas, equipamentos da Administración parlamentaria.

    A coordinación, xestión e supervisión das subministracións.

    A planificación, coordinación, control, impulso, xestión e supervisión da contratación administrativa do Parlamento.

    A planificación, coordinación, control, impulso, xestión e supervisión dos servizos de asistencia xeral e parque móbil.

    A xestión dos contidos correspondentes a súa área funcional integrados na páxina web.

    Da Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior depende directamente o Servizo de Réxime Interior, e correspóndenlle, entre as súas funcións, as de: Organización, xestión e supervisión técnica

    das infraestruturas e equipamentos do Parlamento de Galicia e o seu mantemento.

    A xestión integral dos expedientes administrativos de contratación.

    A xestión e supervisión técnica das subministracións.

    Coordinación, xestión e supervisión dos servizos de asistencia xeral.

    Organización e xestión dos procedementos administrativos en réxime interior.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 14/48 -

    Programación, organización, xestión, control e impulso do control do tránsito do persoal, atención ao público e das visitas.

    Programación, organización, xestión, control da vixilancia e custodia no interior das dependencias parlamentarias.

    Programación, organización, xestión, control e impulso da reprodución e distribución interna de documentos, correo, paquetería e demais obxectos.

    Programación, organización, xestión, control e impulso da prestación da asistencia e do soporte material necesarios nas actividades da Cámara.

    Programación, organización, xestión, control e impulso da atención da central telefónica.

    Así como as responsabilidades de: Asegurarse de que o Sistema de Xestión

    Ambiental se establece, se implanta e se mantén de acordo cos requisitos da norma ISO 14001 e do Regulamento EMAS II.

    Informar a Presidencia sobre o desempeño

    do Sistema de Xestión Ambiental, para a súa revisión, incluíndo recomendacións de mellora.

    A estrutura organizativa da Administración do PARLAMENTO DE GALICIA vén determinada polo organigrama adxunto, e resalta dentro da estrutura orgánica a existencia do Comité de Xestión Ambiental, órgano consultivo en materia ambiental cuxa constitución foi aprobado pola Mesa do Parlamento na súa sesión do 21 de abril de 2008. No aspecto operativo, tanto o persoal interno como os traballadores externos, así como os deputados dos tres grupos parlamentarios, son os responsables de implantar as accións encamiñadas a preservar o ambiente.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 15/48 -

    * Órgano aprobado na Mesa do día 21 de abril de 2008.

    Letrado Oficial Maior

    Letrado Oficial Maior Adxunto

    Servizo de Tecnoloxías da Información

    Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior

    Dirección de Xestión Parlamentaria

    Dirección de Intervención Xeral e Asuntos Económicos

    Servizo de Réxime Interior

    PRESIDENCIA MESA

    Gabinete de Presidencia Comité de Xestión Ambiental *

    Viceintervención Servizo de Asistencia Parlamentaria

    Servizo de Publicacións

    ESTRUTURA ORGANIZATIVA DA ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

  • - 16/48 -

    1.4 LOCALIZACIÓN E CONTACTO O PARLAMENTO DE GALICIA localízase no Pazo do Hórreo, sito no número 63 da rúa do Hórreo, unha das máis céntricas rúas do zona nova de Santiago de Compostela. Foi construído o edificio a principios do século XX co fin de albergar a Escola de Veterinaria e tamén os seus servizos anexos de estación pecuaria e granxa agrícola de experimentación.

    DIRECCIÓN Rúa do Hórreo, 63

    CÓDIGO POSTAL 15702

    LOCALIDADE Santiago de Compostela

    PROVINCIA A Coruña

    CONTACTO

    Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior Xefe de Servizo de Réxime Interior

    Tlf: 981 55 13 00 Ext: 2122 Fax: 981 55 14 00 e-mail: xestió[email protected]

  • Declaración Ambiental 2008

    - 17/48 -

    2. SISTEMA DE XESTIÓN AMBIENTAL

    O Sistema de Xestión Ambiental (SXA) implantado está articulado con base nos requisitos esixidos polo Regulamento Europeo 761/2001 (EMAS), modificado polo Regulamento Europeo 196/2006. O Sistema de Xestión Ambiental é o conxunto de documentos polo cal o PARLAMENTO DE GALICIA define a política, estratexia, directrices e obxectivos ambientais para seguir no seu funcionamento. Este sistema recolle procedementos para que o persoal xestione a súa actividade diaria coa máxima garantía para o ambiente e mellore continuamente os aspectos ambientais das actividades e servizos da organización. O sistema inclúe os seguintes documentos: • Manual e Política ambiental: que recolle os

    principios da xestión ambiental no PARLAMENTO DE GALICIA

    • As regras de actuación ambientais

    (Procedementos e Instrucións Técnicas Ambientais) que o PARLAMENTO DE GALICIA desexa lograr a curto e longo prazo (plans, programas e obxectivos)

    • Seguimento e resultados (rexistros,

    indicadores e outras evidencias)

    MANUAL E POLÍTICA AMBIENTAL

    PROCEDEMENTOS XERAIS

    REXISTROS E DECLARACION AMBIENTAL

    INSTRUCCIÓNS TÉCNICAS AMBIENTAIS

    O Sistema de Xestión Ambiental proposto, apóiase nos seguintes elementos básicos:

    A xestión ambiental como instrumento chave para executar a política ambiental do Parlamento de Galicia.

    As auditorías ambientais como

    instrumento de xestión para comprobar o funcionamento do sistema.

    Declaración ambiental, validada por

    parte de verificadores ambientais, para outorgarlle validez oficial ao sistema.

    O alcance do Sistema de Xestión Ambiental implantado no PARLAMENTO DE GALICIA é o seguinte: • Xestión administrativa e técnica da

    función parlamentaria. • Xestión de apoio e mantemento das

    instalacións e servizos • Organización de eventos (xornadas,

    talleres, exposicións)

  • Declaración Ambiental 2008

    - 18/48 -

    3. POLÍTICA AMBIENTAL

    O Parlamento de Galicia quere amosar o seu compromiso pola adopción de iniciativas que permitan un desenvolvemento sostible na súa xestión e actividade asumindo a súa responsabilidade activa na procura dun medio ambiente mellor, e a de concienciar e sensibilizar a poboación na loita fronte ao cambio climático. Esta responsabilidade querémola plasmar cunha serie de compromisos firmes por medio da posta en marcha dun Sistema de Xestión Ambiental baseado na Norma Europea Iso 14001:2004, e o Regulamento (CE) Nº 761/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de marzo, polo que se permite que as organizacións se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría medioambiental (EMAS) e modificado polo Regulamento 196/2006. O Parlamento de Galicia quere facer un uso eficiente dos recursos naturais que emprega, previr e reducir ao máximo a contaminación que se pode xerar co desenvolvemento da súa actividade, na procura dunha xestión respectuosa co medio ambiente, e impulsar entre o persoal un comportamento responsable que redunde na mellora do medio, así coma a de propiciar exemplos que poidan servir de referente á sociedade na adopción de medidas a prol dun desenvolvemento sustentable. No marco desta política ambiental, o Parlamento de Galicia asume os seguintes compromisos: • MANTER E MELLORAR DE MANEIRA CONTINUA O COMPORTAMENTO

    AMBIENTAL DA NOSA INSTITUCIÓN mediante a implantación e mantemento dun Sistema de Xestión Ambiental que permita unha organización interna máis adecuada, a dotación dos recursos necesarios, a avaliación dos impactos no medio, e a proposición de obxectivos e metas para dar cumprimento a esta política ambiental.

    • Establecemento e revisión dos obxectivos e metas ambientais, mediante o proceso de REVISIÓN ANUAL a cargo da dirección.

    • Cumprir coa LEXISLACIÓN MEDIOAMBIENTAL APLICABLE, así como outros requisitos que o Parlamento de Galicia acorde voluntariamente, e superar as súas prescricións cando sexa posible e promover a adaptación á normativa futura dunha forma eficaz e eficiente.

    • Coñecer e avaliar os impactos ambientais derivados da nosa actividade para así poder incluír as consideracións ambientais nas decisións de xestión, orientadas á conservación e aforro dos recursos e boas prácticas ambientais, adoptando procesos de redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, uso eficiente da auga, a optimización enerxética e uso de enerxías alternativas. O compromiso que se adquire enfócase á PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN E LOITA FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO.

    • Fomentar a PARTICIPACIÓN, IMPLICACIÓN E O SENTIDO DE RESPONSABILIDADE AMBIENTAL de todas as persoas que traballan na institución, a través dunha comunicación, formación e concienciación axeitadas, e atendendo ao nivel de responsabilidade e a actividade que desenvolve cada un deles.

    • DIFUNDIR ESTA POLÍTICA AMBIENTAL entre o persoal, usuarios da institución, provedores e público en xeral, coa finalidade de sensibilizar e concienciar nos valores que promoven a protección e mellora medioambiental e saúde do planeta.

    Aprobado pola Mesa do Parlamento na súa sesión de 21 de abril de 2008.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 19/48 -

    4. FORMACIÓN E COMUNICACIÓN

    Outro dos mecanismos que se recollen no sistema de xestión aborda os aspectos relacionados coa comunicación entre o Parlamento de Galicia e os diferentes axentes implicados. Así no sistema establécense unha serie de canais de comunicación que permiten identificar e avaliar os efectos ambientais das actividades que desenvolve, así como a divulgación das accións ambientais emprendidas. Os canais de comunicación non implican só ao persoal directo, senón tamén a contratistas, subcontratistas, provedores e a todas as persoas que fan uso das instalacións do Parlamento de Galicia. O éxito do sistema require a colaboración de todos os axentes implicados. Unha das principais ferramentas para comunicación exterior do Parlamento de Galicia é a súa páxina web, www.parlamentodegalicia.es, que conta cunha entrada específica onde se recollen todos os contidos e actividades ambientais que se desenvolven na nosa Cámara.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 20/48 -

    Na entrada da páxina web denominada UN PARLAMENTO MÁIS VERDE ponse a disposición da cidadanía a información de todos os compromisos ambientais establecidos e dos proxectos aprobados, así como as novas, ligazóns de interese e documentos con información ambiental.

    Así mesmo o Parlamento de Galicia tenta estimular a participación e implicación coa cidadanía mediante aplicacións dentro da propia páxina web cunha entrada propia denominada PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e na que o seu obxectivo principal e a de poder deixar as súas opinións. Por outra banda, o Parlamento de Galicia ten establecida unha canle chamada LEXISLA CON NÓS a partir da cal o cidadán pode opinar sobre os proxectos de lei que se atopan en tramitación, así como doutros temas de interese:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 21/48 -

    Con respecto á formación en materia ambiental procedeuse á elaboración do Plan de formación, no que se contemplan as necesidades que en temas ambientais se detectan en todas as áreas que ten a nosa organización.

    Asemade o Parlamento de Galicia desenvolve o PROGRAMA EDUCATIVO: «O Parlamento: a túa casa», unha proposta para todos aqueles grupos que visitan esta institución.

    Con este Programa de educación ambiental o Parlamento de Galicia quere facer partícipes aos visitantes dun compromiso común: a educación en valores e a protección ambiental por medio de boas prácticas cotiás. Entre as actividades do Programa, inclúese unha visita ao proxecto “O xardín autóctono do Parlamento de Galicia”, como fío condutor para amosar o patrimonio natural e da paisaxe dos bosques galegos. Inclúense tamén actividades sobre a problemática do cambio climático, o uso e funcionamento das enerxías renovables e obradoiros para fabricar papel reciclado. Así mesmo amosamos exemplos prácticos do que todos e todas podemos facer ante esta problemática. A continuación preséntase o contido de cada bloque:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 22/48 -

    BLOQUE I. OBRADOIROS AMBIENTAIS PARA CATIVOS

    “O XARDÍN AUTÓCTONO: O VALOR DA BIODIVERSIDADE: ITINERARIO DE INTERPRETACIÓN DA PAISAXE E DOS BOSQUES GALEGOS NO

    XARDÍN DO PARLAMENTO” DIRIXIDO A: Escolares de educación infantil e primaria, preferentemente. ACTIVIDADE: Trátase de que os escolares coñezan o Parlamento de Galicia mediante unha breve explicación e visualización das salas máis importantes da institución. Ofrecéselles, ademais, a oportunidade de descubrir as características máis salientables dos espazos naturais e da paisaxe de Galicia, da súa fauna e flora e de como aprender a conservar a natureza e o seu patrimonio. Para isto realizan as seguintes accións:

    • Visita guiada ao Parlamento galego, • Visita ao xardín do Parlamento de Galicia, para

    contemplar as especies autóctonas típicas de paisaxes galegas, • Visita ao refuxio de anfibios, • Instalación e observación de caixas niño para aves. • Observación de microorganismos que habitan as augas do estanque (algas, dinoflaxelados,

    outros) grazas ao uso de «O laboratorio do pequeno investigador», equipo de material científico de observación con microscopio, preparacións de cultivos e aparato de medida do pH.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 23/48 -

    “OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE PAPEL RECICLADO” DIRIXIDO A: Escolares de educación infantil e primaria, preferentemente. ACTIVIDADE: Trátase de que os escolares coñezan o Parlamento de Galicia mediante unha breve explicación e visualización das salas máis importantes da institución e mais de que realicen a actividade que se lles propón tendo en conta o valor que ten para a nosa sociedade o concepto de aforro enerxético e o consumo responsable. O proceso de fabricación do papel que eles mesmos elaborarán será o fío condutor para coñecer con pequenos consellos o xeito de aforrar recursos e enerxía, á vez que reciben explicacións sobre a importancia de conservación dos recursos naturais, os bosques e os ríos.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 24/48 -

    BLOQUE II.CONFERENCIAS AMBIENTAIS

    “CONFERENCIAS AMBIENTAIS” 1. Descobre o medio natural galego co Parlamento de Galicia. 2. Cambio climático: o compromiso do Parlamento, o compromiso de todos. 3. Aforra enerxía connosco: desde o Parlamento á túa casa. DIRIXIDAS A: Alumnado dos institutos, formación profesional, ESO e cidadanía en xeral. ACTIVIDADE: Ten por obxecto fomentar que a cidadanía coñeza de primeira man o Parlamento de Galicia, ao tempo que se lle posibilita achegarse a cuestións de temática ambiental, como o cambio climático e/ou a descrición do medio natural galego, mediante a elección dunha das tres conferencias ambientais que se propoñen. BLOQUE III. PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES

    “XEOTERMIA, SOLAR FOTOVOLTAICA, E SOLAR TÉRMICA”

    A Cámara autonómica é o primeiro edificio do seu volume en Galicia e un dos primeiros edificios públicos no Estado que instala un sistema de xeotermia que permite xerar máis de 100 kw de potencia destinada á climatización, e que constitúe a primeira gran experiencia nun edificio público relevante. A xeotermia permite producir calor en inverno e frío no verán, e é unha das tecnoloxías máis eficientes que existen na actualidade como sistema de climatización ao aproveitar a calor residente no subsolo terrestre. O sistema emprega un intercambiador de calor que permite obter calor e disipar frío co subsolo e integrada no sistema de climatización do edificio. Esta medida forma parte da aplicación de enerxías renovables dentro do Plan de optimización e eficiencia enerxética posto en marcha polo Parlamento de Galicia na presente lexislatura, e que inclúen a instalación de placas solares fotovoltaicas ou placas solares térmicas. As visitas percorren as instalacións realizadas, nas que se explicará detalladamente o seu funcionamento.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 25/48 -

    Valoración do programa educativo. Os resultados obtidos con este proxecto pioneiro para una cámara autonómica amosan o interese xerado nos centros de educación galegos, os cales demandaron actividades durante todo o tempo que dura o programa. Deste xeito valórase moi favorablemente a experiencia e resultados acordados no PROGRAMA EDUCATIVO ANO 2007/2008: «O Parlamento: a túa casa», e que se reflicte nos seguintes datos dende outubro de 2007 a xuño de 2008:

    • 36 talleres de papel reciclado cun total de 907 persoas • conferencias sobre cambio climático, cun total de 280 persoas • 41 visitas ao xardín autóctono, cun total de 1056 persoas

    Gráfica1. Nº total de participantes no programa educativo: “O Parlamento: a túa casa” O programa naceu co propósito de inculcar e afondar na concienciación dos problemas máis salientables que estamos a vivir nos nosos días, e facer da cámara parlamentaria unha fábrica de valores e cun compromiso firme pola protección do ambiente, o desenvolvemento sustentable e as enerxías limpas. O programa educativo tivo unha moi boa resposta por parte da cidadanía, aspecto que ademais contribuíu ao incremento no número de visitantes a este edificio simbólico dos galegos. Hai que destacar un alto grao de implicación e participación activa dos centros educativos participantes, tanto do seu profesorado coma dos rapaces participantes, que amosaron un grande interese nas actividades propostas, participaron connosco en todo momento e facilitaron a divulgación boca a boca do noso programa aos outros compañeiros e centros. A valoración que nos transmiten os centros implicados sobre o programa é moi positiva. A través deste programa conseguiuse que rapaces de moi curta idade (entre 3 e 4 anos) visitasen a Institución, que non sería posible se só tivésemos as visitas ordinarias. Cabe salientar que o taller de papel reciclado e a visita ao xardín autóctono foron as actividades máis solicitadas. Nos ciclos de conferencias ambientais participan sobre todo rapaces e rapazas dos centros de ensino secundario obrigatorio ( ESO e bacharelato ), que amosan o seu interese nas charlas participando activamente con preguntas ou suxestións sobre os temas que se tratan.

    0

    200

    400

    600

    800

    1000

    1

    907

    280

    1056

    TALLER DE PAPEL

    CONFERENCIAS

    VISTIA AO XARDÍN

  • Declaración Ambiental 2008

    - 26/48 -

    5. PROGRAMA DE XESTIÓN AMBIENTAL Durante a actual lexislatura o Parlamento de Galicia puxo en marcha un programa de medidas ambientais aplicables ao funcionamento da sede parlamentaria, para dar mostra do compromiso e responsabilidade que deben asumir as institucións públicas e da importancia do seu papel exemplarizante. Estas medidas se recollen no PLAN DE OPTIMIZACIÓN ENERXÉTICA DO PARLAMENTO DE GALICIA. (Aprobado pola Mesa do Parlamento na súa sesión de 21 de abril de 2008) , no que se recollen un total de 50 actuacións englobadas en 6 bloques:

    BLOQUE I. ELABORACIÓN DOCUMENTOS DATA DE EXECUCIÓN 1.1AUDITORIA ENERXÉTICA 2007

    1. 1.2 ECOAUDITORÍA EMAS 2008

    2. ESTUDO ENERXÍAS RENOVABLES 2007

    3. REDACCIÓN DO PLAN DE OPTIMIZACION ENERXÉTICA 2006-2008

    4. CALIFICACIÓN DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO. 2008

    BLOQUE II. ENERXÍAS RENOVABLES DATA DE EXECUCIÓN 5. SISTEMA SOLAR TÉRMICO. 2007

    6. SISTEMA SOLAR FOTOVOLTAICA. 2007-2008

    7. SISTEMA XEOTÉRMICO DE BAIXA TEMPERATURA. 2008

    BLOQUE III. EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO DATA DE EXECUCIÓN A) CONTROL ILUMINACIÓN

    8. SUBSTITUCIÓN LÁMPARAS POR OUTRAS DE BAIXO CONSUMO. 2007-2008

    9. SUBSTITUCIÓN DE REACTANCIAS ELECTROMAGNÉTICAS 2007-2008

    10. CONTROL HORARIO ILUMINACIÓN E REAXUSTE DE FASES 2007-2008

    11. SENSORES DE PRESENZA E CÉLULAS FOTOELÉCTRICAS 2007-2008

    B) CONTROL CLIMATIZACIÓN 12. INTERVENCIÓNS SOBRE AILLAMENTOS EN CANALIZACIÓNS E

    AXUSTES DE CALEFACCIÓN. 2007

    13. CONTROL INSTALACIÓNS MANTENEMENTO PREVENTIVO E

    CORRECTIVO. 2007

    14. MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIONS DE CLIMATIZACIÓN E RENOVACIÓN DO AIRE. 2008

    C) EFICIENCIA E AFORRO DE AUGA 15. PLAN DE AFORRO E USO DO AUGA. 2007

    16. SUBSTITUCIÓN DE BILLAS POR BILLAS “ECOLÓXICAS” DE MENOR CONSUMO.

    2007

    17. CONTROL CONSUMO AGUA XARDÍN. 2007

    18. RECOLLIDA AUGA DA CHUVIA PARA USO DO XARDÍN. 2009

    D) EFICIENCIA E AFORRO DE PAPEL 19. MEDIDAS REDUCIÓN CONSUMO PAPEL POR USO DE SOPORTE

    INFORMÁTICO. 2006-2007-2008

    20. USO PAPEL RECICLADO. 2006-2007-2008

    21. REUTILIZACIÓN PAPEL PARA OFICINAS. 2006-2007-2008

    22. RECOLLIDA E RECICLAXE 2008 E) EFICIENCIA E AFORRO NO USO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

    23. APLICACIÓN DO PROGRAMA EUROPEO ENERGY STAR PARA EQUIPOS INFORMÁTICOS.

    2008

    24. ETIQUETA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

    2008

  • Declaración Ambiental 2008

    - 27/48 -

    BLOQUE IV. TRATAMIENTO DE RESIDUOS DATA DE EXECUCIÓN A) ORGÁNICOS

    25. COMPOSTADOR CON PARTE RESTOS PODAS XARDINERÍA E RESTAURANTE.

    2009

    B) PLÁSTICOS

    26. REDUCIÓN E SISTEMA DE RECOLLIDA E RECICLAXE. 2008 C) VIDRO

    27. FOMENTO DE ENVASES REUTILIZABLES. 2007 D) ACEITES

    28. SISTEMA RECOLLIDA E REUTILIZACIÓN. 2008 D) RESIDUOS TÓXICOS E PLAN DE SAÚDE AMBIENTAL

    29. BASE DE DATOS AXENTES QUÍMICOS EN LIMPEZA, XARDINERÍA, E OUTROS PRODUCTOS DE USO COTIÁ.

    2009

    30. SAÚDE AMBIENTAL NAS INSTALACIONS DO EDIFICIO PARLAMENTARIO.

    2008

    BLOQUE V. MOBILIDADE E EFICIENCIA ENERXÉTICA DATA DE EXECUCIÓN

    31. CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE CHOFERES. 2006 32. APARCAMENTO BICICLETAS. 2009 33. TRANSPORTE PÚBLICO. 2009

    BLOQUE VI. PLAN DE DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DATA DE EXECUCIÓN

    A) DIFUSIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DAS ACCIÓNS EMPRENDIDAS

    34. EDICIÓN MATERIAL 2008 35. DIFUSIÓN MEDIÁTICA. 2008 36. PÁXINA WEB. 2008 37. MÁSTER DE ENERXÍAS RENOVABLES E SOSTENIBILIDADE

    ENERXÉTICA 2007-2008

    38. SEMINARIOS, CONGRESOS, CONFERENCIAS, ETC. 2007-2008 B) PARTICIPACIÓN CIDADANA NO PARLAMENTO

    39. OBRADOIRO AMBIENTAL. 2007-2008 40. VISITAS GUIADAS CON CONTIDOS EN VALORES AMBIENTAIS. 2007-2008 41. ENCONTROS DE DIÁLOGO CON ORGANIZACIÓNS SOCIAIS. 2008

    C) ACCIONS CAMBIO CLIMÁTICO

    42. EXPOSICIÓN SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO. 2007-2008 43. PROGRAMA CONFERENCIAS. 2008-209 44. INDICADOR DE EMISIÓNS CO2 NO PARLAMENTO DE GALICIA. 2008-2009 45. “A ARBORE DO DIÁLOGO”. O SUMIDOIRO DE CO2. 2006 46. “O XARDÍN AUTÓCTONO: O VALOR DA BIODIVERSIDADE”. 2007

    D) BOAS AS PRÁCTICAS PARA O USO EFICIENTE E AFORRO DOS RECURSOS POR PARTE DO PERSOAL USUARIO DO EDIFICIO DO PARLAMENTO

    47. DESEÑO DE MATERIAL MEDIDAS CONCIENCIACIÓN DO PERSONAL. 2008 48. FORMACIÓN E CURSOS DE XESTIÓN AMBIENTAL E DE AUDITORES. 2008 49. ACCIONS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA 2008 50. CONTRATACIÓN VERDE. 2007-2009

    No marco do PLAN DE OPTIMIZACIÓN ENERXÉTICA DO PARLAMENTO DE GALICIA, e tendo en consideración os aspectos ambientais significativos, estímase prioritaria a consecución dos obxectivos e metas que a continuación se expoñen:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 28/48 -

    OBXECTIVO Nº 1 OBTENCIÓN DA CUALIFICACIÓN DE EFICIENCIA

    ENERXÉTICA DO EDIFICIO

    PLANIFICACIÓN (Metas) RBLE PRAZO

    PERIODICIDADESEGUIMENTO

    1. O Parlamento de Galicia acollerá un alumno do “Master en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética”, impartido o 2007-2008, pola USC en colaboración co PARLAMENTO, en calidade de prácticas tuteladas para a realización o Traballo Fin de Máster, “INFORME DE CALIFICACIÓN DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO”

    06/08

    2. Dispor o informe de cualificación enerxética ó público.

    Servizo

    Réxime

    Interior

    12/08

    Semestral

    RECURSOS: Dotación: 12.000 €. Convenio coa Universidade de Santiago (Partida Orzamentaria 0101111B448)

    SEGUIMENTO Meta 1 e 2: En colaboración coa USC organizouse o “Máster en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética” concedéndose 11 becas, e outra a un alumno para realizar prácticas como traballo Fin de Máster, o “Informe de Cualificación de Eficiencia Enerxética do Parlamento”. Unha vez rematado exporase o público.

    OBXECTIVO Nº 2 AUMENTAR A EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO DE CARA Á

    OBTENCION DA CERTIFICACIÓN ENERXETICA NO EDIFICIO

    PLANIFICACIÓN (Metas) RBLE PRAZO

    PERIODICIDADESEGUIMENTO

    1. Reforma da instalación interior de climatización e renovación aire. 06/08 Semestral

    2. Continuación das actuacións de eficiencia enerxética na iluminación en áreas interiores do Parlamento. 2.1. .Dotar os espazos comprendidos na área de Gabinete

    de Presidencia e Portería de sistemas de aforro na iluminación por medio de detectores de presenza, substitución de pantallas de iluminación por outras con balastro electrónico e lámpada de baixo consumo.

    Servizo

    Réxime

    Interior 12/08 Semestral

    RECURSOS: Meta 1: Dotación da Reforma de Mellora da climatización dos espazos da ala sur-este da planta 0 e na ala

    norte da planta 2 397.997,.899€ (Partida Orzamentaria 0101111B632) Meta 2: Dotación dispositivos eficiencia enerxética en Presidencia: 20.883,43 € (Partida Orzamentaria 0101111B632) Dotación dispositivos eficiencia enerxética en Portería 2.209,80 €

    SEGUIMENTO

    Meta 1:Leváronse a cabo as obras de reforma e mellora da climatización dos espazos da la sur-este da planta 0 e na ala norte da planta 2.

    Meta 2: Levouse a cabo a substitución de luminaria existentes por outras de baixo consumo, instalándose luminarias suspendidas en teito, focos downlight, levándose a cabo un reaxuste de fases. Así mesmo instaláronse reactancias electrónicas para minimizar o consumo enerxético no acendido das luminarias e instaláronse detectores de presenza para apagados de luces, tanto en estancias do Gabinete de Presidencia como en Portaría.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 29/48 -

    OBXECTIVO Nº 3 INSTALACIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA MINIMIZAR O

    CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS

    PLANIFICACIÓN (Metas) RBLE PRAZO

    PERIODICIDADE

    SEGUIMENTO1. AMPLIACIÓN DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA

    1.1. A ampliación da instalación fotovoltaica existente por medio da colocación de paneis solares na marquesiña de acceso ao garaxe no exterior do edificio, mediante a dotación de 10 paneis solares do tipo monocristalino,

    12/08 Semestral

    2. INSTALACIÓN XEOTERMICA DE BAIXA Tª 2.1. Estudos previos e permiso de investigación. 2.2. Execución dun sondeo de investigación 2.3. Avaliación xeotérmica do sondeo de investigación 2.4. Instrumentalización e selado do P.I.G. 2.5. Test de resposta térmica en terreos do Parlamento de

    Galicia. 2.6. Implantación dun Sistema de Intercambio Xeotérmico

    con bomba de calor terrestre, para a climatización dos espazos situados na ala sueste da planta 0, e na ala norte da planta 2

    Servizo

    Réxime

    Interior 12/08 Semestral

    RECURSOS: Meta 1: Dotación ampliación da instalación fotovoltaica: 11.822,33 €. Meta 2: Dotación da Instalación Xeotérmica de Baixa Tª 119,642,40 € (Partida Orzamentaria 0101111B632)

    SEGUIMENTO Meta 1: Durante o mes de agosto instaláronse os 10 paneis solares co que se consegue a xeración de enerxía eléctrica libre de emisións de CO2 ; á vez que posibilita que o Parlamento de Galicia albergue as dúas tecnoloxías fotovoltaicas que existen no mercado, cuestión que reforza o interese demostrativo, de estudo e divulgativo deste tipo de instalacións. Meta 2: No mes de setembro comezou a funcionar a instalación xeotérmica constituída por 18 pozos. Asemade o Parlamento de Galicia participou no I Congreso de Enerxía Xeotérmica na Edificación e na Industria coa Ponencia “UNHA PROPOSTA PIONEIRA. A SOLUCIÓN XEOTÉRMICA PARA A CLIMATIZACIÓN DE ESPAZOS NO PARLEMNTO DE GALICIA”, dando a coñecer os asistentes as características do proxecto do Parlamento e as súas vantaxes.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 30/48 -

    OBXECTIVO Nº 4 REDUCIÓN EN ORIXE, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE

    RESIDUOS XERADOS

    PLANIFICACIÓN (Metas) RBLE PRAZO

    PERIODICIDADE

    SEGUIMENTO1. REDUCIÓN EN ORIXE E SISTEMA DE RECOLLIDA

    E RECICLAXE DE RESIDUOS NON PERIGOSOS (PAPEL E PLÁSTICO PRINCIPALMENTE) 1.1. Disposición de colectores de papel e envases lixeiros

    nas diferentes estancias do Parlamento 1.2. Difundir boas practicas dirixidas a redución de residuos

    en orixe 1.3. Proceder a entrega dos residuos a xestor autorizado

    para que proceda o súa reciclaxe.

    06/08 Semestral

    2. REDUCIÓN EN ORIXE E SISTEMA DE RECOLLIDA E RECICLAXE DE RESIDUOS PERIGOSOS ( ACEITE DE FRITURA EN RESTAURACIÓN E OUTROS RESIDUOS XERADOS EN LABORES DE MANTEMENTO DA INFRAESTRUCTURA) 2.1. Disposición de colector de aceite usado na cociña para

    a súa entrega a xestor autorizado 2.2. Contratar a xestión dos posibles residuos perigosos

    que se poidan xerar cun xestor autorizado 2.3. Habilitar almacén de residuos perigosos

    12/08 Semestral

    3. PROCEDER O COMPOSTAXE DOS RESTOS DE PODA, XARDINERÍA E RESTAURANTE.

    Servizo

    Réxime

    Interior

    03/09 Semestral

    RECURSOS: Meta 1: Dotación de papeleiras de reciclaxe selectivo do edificio 4.241,96 €.,

    Convenio de colaboración cun xestor de Residuos para desenvolver un plan de recollida selectiva de residuos e un plan integral de reciclaxe 4.000,00€ (Partida Orzamentaria 01.01.111B.448.00)

    Meta 2: Dotación da Instalación Xeotérmica de Baixa Tª 119,642,40 € (Partida Orzamentaria 0101111B632) Meta 3: Pendente da aprobación de presupostos

    SEGUIMENTO Meta 1: Nos mes de abril asínase un Convenio de colaboración cun Xestor de Residuos para desenvolver un plan de recollida selectiva de residuos e un plan integral de reciclaxe. En maio disponse papeleiras de reciclado selectivo nas diferentes estancias do Parlamento. En outubro difúndense Boas Prácticas de aplicación para fomentar a redución en orixe e a reutilización de residuos, e reciclaxe. Meta 2: A cociña dispón de colector de aceite usado que entrega periodicamente a xestor autorizado. Amplíase o convenio de Colaboración co Xestor de Residuos para desenvolver o plan de recollida selectiva dos posibles residuos perigosos que se poidan xerar e se habilita unha zona de almacenamento para os residuos perigoso con colectores debidamente identificados baixo cuberto e afastado de puntos quentes Meta 3: Estamos en fase de estudo de presupostos das diferentes tecnoloxías existentes no mercado.

    Obxectivos propostos por PARLAMENTO DE GALICIA para o exercicio 2008-2009

    Dos obxectivos sinalados anteriormente, á data de elaboración deste documento conseguíronse os obxectivos número 1, 2 e 3, por completo, e as metas 1 e 2 do obxectivo 4. SPES AM

  • Declaración Ambiental 2008

    - 31/48 -

    BIENTAIS 6. ASPECTOS AMBIENTAIS O PARLAMENTO DE GALICIA conforme á Norma UNE-EN ISO 14001:2004 e ao Regulamento 761/2001/CE efectuou unha identificación e avaliación de aspectos ambientais directos e indirectos derivados de actividades pasadas, presentes e futuras en condicións de funcionamento normais, anormais e de emerxencia, tal e como se define a seguir:

    Aspecto ambiental: elemento das actividades, produtos ou servizos dunha organización que pode interactuar co ambiente.

    o Aspecto ambiental directo: asociado ás actividades dunha organización nas que esta

    última teña pleno control sobre a súa xestión.

    o Aspecto ambiental indirecto: como consecuencia de actividades, produtos e servizos producidos por unha organización que produzan impactos ambientais significativos dos que a organización non teña pleno control sobre a súa xestión.

    Impacto ambiental: calquera cambio no medio ambiente, sexa adverso ou beneficioso, resultante en todo ou en parte das actividades, produtos e servizos dunha organización.

    Condicións normais de funcionamento: son aquelas que se producen nunha etapa do proceso

    con asiduidade, é dicir, durante a actividade diaria da organización. Se algunha etapa ou actividade se realiza en días alternos ou semanalmente, esta considerarase condición normal.

    Condición anormal de funcionamento: son aquelas realizadas por paradas, arranques e todas

    aquelas das que se trata de mantemento de equipos, máquinas de traballo e instalacións. Como criterio xeral entenderase que unha operación se dá en condicións anormais se a súa frecuencia é intermitente, aínda que se trate dunha operación sistemática e prevista.

    Condición de emerxencia: son aquelas condicións que, non estando englobadas nas dúas

    clasificacións anteriores, poidan producirse de forma accidental, produto dalgunha fuga, vertedura, incidente, etc. É dicir, incluiranse as situacións que en principio non están previstas como sistemáticas.

    6.1. IDENTIFICACIÓN DE ASPECTOS AMBIENTAIS

    Identificados os procesos desenvolvidos non PARLAMENTO DE GALICIA susceptibles de xerar impactos ambientais, procédese á súa clasificación segundo estes sexan directos ou indirectos: Así as actividades avaliadas foron as que aparecen nos seguintes cadros:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 32/48 -

    ASPECTOS DIRECTOS

    Actividades pasadas

    Actividades presentes

    Actividades previstas

    Condicións normais

    - Funcionamento Xeral - Actividade Parlamentaria - Informes e Publicacións - Talleres Ambientais - Conferencias - Visitas Guiadas - Desenvolvemento de

    Proxectos de Enerxías Renovables

    - Transporte

    Condicións anormais

    - - Mantemento da Infraestrutura - Mantemento da

    Infraestrutura

    Condicións de

    emerxencia

    - Funcionamento Xeral · Incendio · Inundación · Fuga de gas · Accidente con vehículo

    · Mantemento Instalacións · Vertido Accidental · Fuga de gas R22 · Incendio/Explosión d

    caldeira, centro de transformación, etc.

    Táboa 1. Actividades susceptibles de xerar impactos directos

    ASPECTOS INDIRECTOS

    Actividades pasadas

    Actividades presentes

    Actividades previstas

    Condicións normais

    - Limpeza - Mantemento das

    infraestruturas - Mantemento Informático - Restauración - Xardinería - Servizo Médico

    Condicións anormais

    - Execución de Obras de Instalación de Enerxías Renovables

    - Mantemento de vehículos- Impresión de material

    - Mantemento da Infraestrutura (Retirada do Liquido Refrixerante R22 dos equipos de aire acondicionado)

    Condicións de

    emerxencia

    · Mantemento Instalacións realizado por servizos externos

    Táboa 2. Actividades susceptibles de xerar impactos indirectos

  • Declaración Ambiental 2008

    - 33/48 -

    Unha vez clasificados os procesos procédese a identificar se lles afectan ou non aos diferentes vectores ambientais:

    - Sociocultural - Xeración de residuos, perigosos, non perigosos e urbanos - Ruídos e vibración - Emisión atmosféricas - Vertidos - Consumo de recursos naturais (auga, enerxía e outros)

    6.2. AVALIACIÓN DE ASPECTOS AMBIENTAIS

    A avaliación dos aspectos ambientais detectados realízase co obxecto de identificar aqueles que resulten significativos e que polo tanto deban ser obxecto de control e mellora. A dita avaliación realízase para todos os aspectos identificados en cada unha das etapas ou fases das actividades da empresa e tanto en condicións normais de funcionamento coma en condicións anormais e de emerxencia. A avaliación dos aspectos ambientais é levada a cabo pola Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior, que a realizará de acordo cuns criterios que establecen a súa importancia e que permiten valoralos convenientemente. Unha vez valorados transmite a información, segundo as súas implicacións, á Presidencia ou á Mesa A valoración interna do efecto considerado obtense pola suma das puntuacións asignadas a unha serie de criterios de valoración, que se refiren a continuación:

    6.2.1 Impactos directos e indirectos en condicións normais e anormais Considéranse catro criterios para a avaliación de aspectos significativos da organización que son os seguintes: CANTIDADE/VOLUME/GRAO REPERCUSIÓN: Cantidade de residuos, emisións,

    consumos, etc., a que dá lugar un determinado aspecto medioambiental.

    GRAO DE CONTROL SOBRE O ASPECTO: Valorarase en qué medida a organización pode actuar para o control de cada aspecto ambiental, respecto das mellores prácticas existentes na actualidade (tecnoloxías dispoñibles, coñecementos científico-técnicos, etc.). Aquí considerarase tamén a viabilidade económica do control sobre o aspecto para a organización.

    INCIDENCIAS/QUEIXAS: Número de incidencias ou queixas que se recibiron no PARLAMENTO DE GALICIA relativas ao aspecto ambiental dende o comezo da implantación do Sistema de Xestión.

    FRECUENCIA (condicións normais)/PROBABILIDADE (condicións anormais): Frecuencia/estimación da frecuencia de ocorrencia dun

    6.2.2. Impactos directos e indirectos en condicións de emerxencia Para determinar a gravidade dun aspecto, téñense en conta:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 34/48 -

    PROBABILIDADE de que se produza: Posibilidade de que se materialice un aspecto medioambiental. Segundo criterios:

    - Baixa:: Cando non se ten coñecemento de que sucedera. - Media: Se aconteceu polo menos nunha ocasión nos dous últimos anos. - Alta: Se a situación aconteceu dúas ou máis veces nos dous últimos anos.

    SEVERIDADE dos danos que pode ocasionar: Consecuencia normalmente esperada da materialización dun aspecto medioambiental potencial. Segundo criterios:

    - Baixa: Se, ao producirse a situación, o aspecto non lle provoca afección ou dano ao

    ambiente.

    - Media: Se, en caso de producirse a situación, o aspecto lles provocase uns danos leves ás persoas ou unha afección leve ao ambiente. Enténdese por afección leve ao ambiente aquela que é posible restaurar nun prazo breve.

    - Alta: Se, no caso de que se producira a situación, o aspecto lles provocase uns danos graves ás persoas ou unha afección grave ao ambiente. Enténdese por afección grave ao ambiente aquela que non é posible restaurar nun prazo breve de tempo (aproximadamente dun mes).

    Polo que a gravidade do aspecto quedará definida en función dos valores obtidos para a severidade e a probabilidade. Calcúlase o factor de gravidade correspondente para cada aspecto potencial, de acordo coa seguinte táboa:

    SEVERIDADE

    BAIXA MEDIA ALTA

    BAIXA Gravidade Leve Gravidade Leve Gravidade Media

    MEDIA Gravidade Leve Gravidade Media Gravidade Alta PROBABILIDADE ALTA Gravidade Media Gravidade Alta Gravidade Intolerable

    6.3. IDENTIFICACIÓN DE ASPECTOS AMBIENTAIS SIGNIFICATIVOS En condicións normais e anormais a valoración do efecto dará como resultado un valor dentro dunha escala cuxo número mínimo é de -20 e un máximo de 15. Esta valoración permite avaliar obxectivamente os distintos aspectos ambientais, e obtense un número a partir do cal realizar unha priorización dos aspectos significativos, nos que haberá que centrar os esforzos de mellora. Consideraranse significativos aqueles aspectos iguais ou inferiores a -10. En condicións de emerxencia consideraranse significativos aqueles cuxa gravidade sexa alta ou intolerable. O control dos aspectos ambientais significativos, así como a xestión das actividades que orixinamos, realízase mediante un control operacional referido no Manual de xestión medioambiental do PARLAMENTO DE GALICIA e os procedementos que o desenvolven, que ademais se definirá por escrito no formato “Programa de Control Operacional de Aspectos Ambientais Significativos”. No ano actual obtivéronse os seguintes resultados:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 35/48 -

    IMPACTOS DIRECTOS

    ACTIVIDADE ASPECTO AMBIENTAL IMPACTO

    AMBIENTAL CONDICIÓNS

    Xeración de residuos de papel e cartón Contaminación do medio

    Normais Presentes Funcionamento

    Xeral Consumo de enerxía eléctrica Esgotamento de recursos naturais

    Normais Presentes

    Funcionamento Xeral Emisións atmosféricas

    Contaminación atmosférica Efecto invernadoiro

    Emerxencia (Incendio) Previstas

    Táboa 3. Relación de aspectos significativos directos

    IMPACTOS INDIRECTOS

    ACTIVIDADE ASPECTO AMBIENTAL IMPACTO

    AMBIENTAL CONDICIÓNS

    Xardinería Xeración de Residuos Silvícolas Contaminación do medio Normais Presentes

    Táboa 4. Relación de aspectos significativos indirectos

  • Declaración Ambiental 2008

    - 36/48 -

    7. COMPORTAMIENTO AMBIENTAL Para cada un dos aspectos ambientais identificados defínense as actuacións que hai que levar a cabo para cumprir cos requisitos ambientais aplicables e minimizar o impacto ambiental asociado. Así mesmo, o PARLAMENTO DE GALICIA dispón dun documento específico de aplicación de Boas Prácticas aplicables en oficina, obras, mantemento da infraestruturas, restauración e traballos de xardinería, que se difunden tanto ao persoal propio como ao subcontratado. Para cada un dos aspectos ambientais que hai que cuantificar definiuse un indicador asociado, que nos permite levar un control das cantidades xeradas en cada período analizado para así poder comparar a súa tendencia nos anos 2006, 2007 e 2008 e avaliar a súa significancia.

    7.1. RESIDUOS No PARLAMENTO DE GALICIA inclúense medidas que van desde a recollida selectiva en orixe, situando o material segregado nunha área especifica para tal fin e perfectamente identificados e posterior entrega a xestor autorizado e/ou os servizos municipais. Estas medidas inclúese dentro do plan de recollida “3 R no Parlamento de Galicia: Redución, Reutilización e Reciclaxe”. Os residuos xerados polo desenvolvemento das actividades do PARLAMENTO DE GALICIA clasifícanse en tres grandes grupos: residuos perigosos, non perigosos e urbanos, de acordo cos requisitos legais. Os tipos de residuos xerados no PARLAMENTO DE GALICIA son principalmente residuos non perigosos:

    o Tóner e tinta de impresora o Material informático o Envases lixeiros o Envases de vidro o Papel o Cartón o Pilas o Chatarra o Madeira o Cd´s e Dvd´s

    O Parlamento de Galicia dispón de papeleiras e/ou depósitos específicos de reciclaxe dos residuos de tratamento selectivo, como pilas, papel, cartón, vidro, plástico, envases, embalaxes, pequeno material informático, tóner e cd´s no interior, repartidos polo interior do edificio e un punto limpo denominado Punto Limpo de Reciclaxe, con contedores de maior capacidade perfectamente identificado. A clave de cores para a identificación dos materiais é a seguinte: verde-vidro; amarelo-envases lixeiros e plásticos; azul-papel e cartón; negro/vermello-pilas. Os residuos non perigoso son entregados a xestor autorizado. Os residuos domésticos eliminaranse cando proceda, do xeito habitual polo persoal de limpeza empregando os servizos de recollida de lixo da cidade. Para o caso de residuos silvícolas procedentes do mantemento do xardín apuntar que actualmente están sendo xestionados mediante depósito en colector municipal ou mediante entrega a xestor autorizado.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 37/48 -

    Está previsto, tal e como reza a meta 3 do obxectivo 4, proceder á compostaxe dos restos de poda de xardinería. Para o caso dos residuos perigosos xerados puntualmente en traballos de mantemento da infraestrutura disponse de colectores específicos e perfectamente identificados coas etiquetas regulamentarias. Consérvanse os documentos de entrega de todos os residuos ao xestor autorizado polo menos cinco anos e rexístrase cada entrega no correspondente Libro de Recollida de Residuos Perigosos. Para o caso de residuos perigosos as entregas realízanse polo menos cada seis meses.

    7.2. RUÍDOS

    O ruído identificado polo PARLAMENTO DE GALICIA é o procedente da utilización de vehículos e o xerado polo uso das instalacións. O control do ruído xerado polos vehículos e a maquinaria da empresa pasa por un adecuado mantemento, atendendo ao marcado CE para a maquinaria operativa, e someter aos vehículos ás revisións periódicas. De igual forma, o persoal propio e subcontratado é coñecedor, a través da sistemática indicada nas boas prácticas ambientais, das actuacións que hai que acometer para minimizar a xeración e percepción exterior do ruído xerado durante as actividades produtivas. É conveniente sinalar que nunca se recibiron queixas por parte dos veciños lindeiros ao PARLAMENTO.

    7.3. EMISIÓNS ATMOSFÉRICAS As emisións producidas durante o desenvolvemento das nosas actividades son emisións procedentes da combustión do gas natural, procedentes dos sistemas de calefacción. No referente ás emisións atmosféricas derivadas de maquinaria e vehículos, contrólanse mediante a inspección técnica de vehículos, lévase a cabo un mantemento preventivo moi exhaustivo e a aplicación de boas prácticas ambientais na condución. Para o caso das emisións derivadas das situacións de emerxencia, hai que subliñar que existe un programa de mantemento dos medios de protección contra incendios que é levado a cabo por técnicos, o que reduce notablemente a probabilidade de que suceda o impacto asociado.

    7.4. CONSUMO DE AUGA E VERTIDOS A auga é un recurso limitado, polo que o PARLAMENTO DE GALICIA inclúe un programa de aforro de auga coa instalación de billas con mando temporizador e caudal regulado. Con estas medidas aforramos en catro anos 4,8 millóns de litros de auga, o equivalente a dúas piscinas olímpicas.

    7.5. CONSUMOS No PARLAMENTO DE GALICIA levamos a cabo un control dos consumos que se derivan das actividades realizadas, aplicando en todo momento actividades de minimización deles. Para isto levamos un control pormenorizado do consumo de electricidade, combustible, papel e tinta.

  • Declaración Ambiental 2008

    - 38/48 -

    8. BALANCE AMBIENTAL

    Os nosos indicadores atópanse avaliados en semestres desde xaneiro do 2006 ata xullo do 2008, de tal modo que para o estudo do comportamento medioambiental contamos con cinco semestres completos, correspondentes ao 2006, 2007 e o primeiro semestre do ano 2008. O comportamento medioambiental da organización a xulgar polos indicadores e gráficos adxuntos analizarase independentemente desde dúas perspectivas; por unha banda, poderase avaliar a tendencia global do aspecto dende o primeiro semestre de 2006 ata o momento actual, e, por outra, estudarase por semestres entre si a evolución do aspecto medioambiental.

    2006 2007 2008 CONSUMOS 1ºSemestre 2ºSemestre Total 1ºSemestre 2ºSemestre Total 1ºSemestre

    Auga Parlamento (m3) 1578 1732 3.310 1252 1552 2804 1730 Auga Xardín (m3) 484 734 1.218 187 677 864 189 Auga Cafetaría (m3) 55 106 161 125 133 258 151 Auga total (m3) 2.117 2.572 4.689 1.564 2.362 3.926 2.092 Electricidade (KW/h) 563.701 549.853 1.113.554 558.643 532.736 1.091.379 557.570 Gasolina 95-98(L) 23.858 14.510 38.368 11.145 4.844 15.989 3.976 Gasóleo A(L) 4.874 8.629 13.503 12.121 15.345 27.466 20.101 Combustible Líquido total (L)

    28.732 23.139 51.871 23.266 20.189 43.455 24.077

    Gas Natural (KW/h) 719.485 228.954 948.439 692.467 278.257 970.724 676.453 Papel Branco (Qg) 9.375 8.187 17.562 6.538 5.878 12.416 5.120 Papel Reciclado (Qg) 0 0 0 1.303 833 2.136 575 Papel de Imprenta (Qg) 436 357 793 0 0 0 0 Cartuchos Tinta (Uds) 252 90 342 100 110 210 150 Tóner (Uds) 116 78 194 176 31 207 86

    2006 2007 2008 RESIDUOS 1ºSemestre 2ºSemestre Total 1ºSemestre 2ºSemestre Total 1ºSemestre

    Envases Plásticos (Qg) 0 0 0 0 0 0 0 Envases Lixeiros (Qg) 0 0 0 0 0 0 1400 Envases Vidro (Qg) 0 0 0 0 0 0 287 Papel (Qg) 31.920 17.050 48.970 16.400 11.125 27.525 22300 Cartón (Qg) 1.245 175 1420 520 100 620 2345 Cartuchos de Tinta (Qg) 0 0 0 0 0 0 0 Cartuchos de Tóner (Qg) 0 0 0 0 0 0 0 Madeira(Qg) 0 0 0 0 0 0 2.100 RAEEs (Qg) 0 0 0 0 0 0 2.100 Pilas (Qg) 0 0 0 0 0 0 0 Fluorescentes(Qg) 0 0 0 0 0 0 0

    Nas seguintes gráficas preséntanse os consumos semestrais de cada recurso e a súa análise:

  • Declaración Ambiental 2008

    - 39/48 -

    • Consumo de auga:

    0200

    400600

    8001000

    12001400

    16001800

    1Anos 2006-2008

    Consumo Auga Parlamento (M3)

    PrimeiroSemestre 2006

    SegundoSemestre 2006

    PrimeiroSemestre 2007

    SegundoSemestre 2007

    Primeiro semestre2008

    Fig. 1. Detéctase unha redución no consumo de auga no ano 2007, resultado da instalación nos aseos de billas con mando temporizador e caudal regulado. Os valores acadados no primeiro semestre de 2008 considéranse de tendencia anormal, debido a consumos excepcionais (3 obras de reforma ) distintos aos existentes no período de funcionamento rutineiro das instalacións. Fóra dos consumos habituais prodúcese un uso deste recurso para abastecer as novas instalacións de climatización, e testado e enchido dos case 10 km de tubarias dos que conta a instalación xeotérmica.

    0

    100

    200

    300

    400

    500

    600

    700

    800

    1Años 2006-2008

    Consumo Auga Xardín(M3)

    PrimeiroSemestre 2006

    SegundoSemestre 2006

    PrimeiroSemestre 2007

    SegundoSemestre 2007

    Primeirosemestre 2008

    Fig.2. Hai un consumo cíclico ligado ao réxime pluviométrico local de tal xeito que nos primeiros semestres consúmense menores cantidades de auga debido ao aproveitamento de auga de choiva para o rego. A partir do segundo semestre de 2007 obsérvase unha diminución debido ao pl