de recompensas e cazatesouros · o escuro, que, tras alargar e alongar as marxes da caixa de...

21
De recompensas e cazatesouros Denuncia do actual sistema de adxudicación de axudas á tradución e proposta para un cambio efectivo de modelo Alejandro Tobar Santiago de Compostela Novembro de 2014 Hugin e Munin

Upload: phamdung

Post on 20-Jan-2019

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

De recompensase cazatesouros

Denuncia do actual sistema de adxudicación de axudas á traducióne proposta para un cambio efectivo de modelo

Alejandro Tobar

Santiago de Compostela

Novembro de 2014

Hugin e Munin

2

As axudas que, ano tras ano, a Administración saca a concurso parapotenciar que as editoriais traduzan literatura ao galego e dende ogalego, naceron para iso mesmo: ampliar as cotas de produción edito-rial, mellorar a remuneración dos tradutores e tradutoras (algo funda-mental) e, no caso concreto das axudas para o traslado de literaturagalega cara a outras linguas, para lle dar á cultura galega unha maiorvisibilidade fóra de Galicia. No terreo das intencións e dos propósi-tos loables non cabería polo tanto adoptar unha posición contraria ádita concesión de axudas, en tanto que transparente, clara, proporcio-nal e verificable até o último céntimo de euro. Mais sucede que estenon é, nin por asomo, o caso; nin pola banda da Administración ninpola banda dun bo número de editoriais, en clara conivencia cunhaConsellaría que no mellor dos casos actúa á toa.

Na miña condición de responsable da editorial Hugin e Munin gus-taríame logo expor publicamente o noso caso, deitar certos datos quese cadra non se coñecen, denunciar o que entendemos –eu e aque-las persoas coas que comparto labor editorial– como abusos, e pedir,na fin de contas, un cambio radical de modelo, e, de ser o caso, adepuración de responsabilidades dentro e fóra da Administración.

Houbo por suposto un longo período de reflexión entre o estupor ini-cial e a redacción desta denuncia pública. Nese ínterim tirei en limpounha cousa: a mellor maneira de sacar á luz as miserias da reparti-ción, non sei se partidaria mais indubidablemente anómala, da remesaeconómica destinada ás axudas para a tradución, pasaba por explicar

3

polo miúdo o decurso editorial de Hugin e Munin dende finais de 2011até hoxe, cinguíndoo escrupulosamente á adxudicación das axudas.Tratarei polo tanto de ser directo e claro, e obviarei aquilo do que nonteña constancia e probas. É dicir, os díxomes, os segredos a voces e assospeitas sen unha base sólida quedan fóra. Así comeza.

A incursión da editorial Hugin e Munin

Detrás de Hugin e Munin, unha editorial especializada na tradución aogalego de títulos de literatura estranxeira de prestixio, está un autóno-mo, eu: Alejandro Tobar. Canda min, en función da carga de traballoe das posibilidades de gasto, están unha serie de tradutores contra-tados ad hoc para certas obras, e tamén ilustradores, profesionais dacorrección e da maquetación. O círculo péchase aí. Aínda que na crea-ción dun libro noso poden chegar a colaborar até sete ou oito persoas,a empresa como tal queda restrinxida á capacidade de organizacióndun autónomo. Simple.

Os dous primeiros títulos da editorial saíron a finais de decembrode 2011 (dá fe o número de depósito legal), se ben a efectos prácticosoptamos por difundilos e darlles publicidade como novidades de xa-neiro de 2012; polo tanto ese ano, 2011, quedou descartado de facto enrelación cun eventual concurso para a obtención de axudas públicas átradución –cómpre sinalar no entanto que unha editorial sen catálogoabondo nin os preceptivos dous anos de vida tamén conta coa posibi-lidade de concursar mediante a presentación dun plan de edición; nonfoi o caso.

En 2012, consonte o noso compromiso cos subscritores, publicamosun total de 8 obras, todas elas pagas por nós e só por nós, a todos osniveis.

4

As adxudicacións

En 2013, de novo 8 obras publicadas. Destas, foron 7 as que financia-mos nós por enteiro, e 1, Elias Portolu, da premio Nobel sarda Gra-zia Deledda, a que editamos grazas a un acordo de colaboración coaAsociación de Tradutores Galegos (ATG) mediante o cal a asociaciónasumía o pagamento á tradutora e nós os restantes custos, así comoo compromiso de liberar meses despois a obra na Biblioteca VirtualGalega (BIVIR). Velaí a nota que incluímos na páxina de créditos:

A tradutora facturoulle a contía pactada á ATG, que ascendeu a2.288 euros brutos (1.807,52 €, tras o desconto do 21% de IRPF). Estescartos en ningún momento pasaron pola editorial, senón que forondirectamente da conta da asociación á da tradutora, como debería deser sempre; neste sentido, a nosa colaboración coa ATG foi exemplar.

Foi entón, en 2013, cando, non sen antes darlle unha e mil voltas,a editorial Hugin e Munin lle presentou dúas propostas de tradución áXunta de Galicia, isto é, a través da vía das axudas á traduciónde literatura estranxeira ao galego. Presentamos A Eva futura, do au-tor francés Auguste Villiers de L’Isle-Adam, de 416 páxinas, e Judeo escuro, que, tras alargar e alongar as marxes da caixa de edición,resultou en 504 páxinas. Nós, sen unha axuda pública, xamais pode-riamos asumir o custo dunhas traducións tan extensas. Foi por ese

5

motivo polo que fixemos ambas as propostas, que a Xunta resolveupositivamente, con 5.464,80 e 6.000 euros respectivamente, pero... nósnon pedimos iso, nin a cuarta parte diso!

No «calendario de investimentos» que a Administración reclamapara saber a canto ascendería o custo da tradución, nós propuxe-mos 1.500 euros para cada unha destas obras; a maiores achegamos,desagregada e con carácter informativo, unha estimación de gastosinherentes á editorial (corrección, deseño e maquetación, impresión,distribución). O importe proposto para a tradución (aspecto ao cal sedestinan en exclusiva as axudas da Xunta) sumado aos demais custosascendía a 4.350 euros para cada unha das obras, é dicir, tamén in-ferior ao adxudicado pola Administración galega. Disto infírese que aadxudicación de case 11.500 euros non era un erro.

Chegou a adxudicación e con ela a sorpresa, o pasmo, o dilemamoral (máis nestes tempos, e máis aínda nun país tantas veces sa-queado), a procura de razóns, a explicación aos tradutores e a toma

6

dunha decisión: rexeitar a axuda ou apandar con todo para que ostradutores, dous no caso de A Eva futura e unha no caso de Jude oescuro, fosen remunerados con estándares europeos, pero con cartospúblicos galegos. Correctamente ou non, aceptamos os 11.464,80 €.Esta contía, tome nota o lector, a diferenza das axudas da ATG, nonvai parar á conta do tradutor, senón que lle chega á editorial. O 45%no ano mesmo da convocatoria; o 55% restante unha vez que a edi-torial lle presente á Administración os xustificantes de pagamento aotradutor e mais os correspondentes libros físicos. É dicir, que eu comoeditor recibo case a metade dos cartos no momento de aceptar a axudapara de aí simplemente transferirllos ao tradutor. E no segundo anoteño que adiantar eu, editor, do meu diñeiro, nunha sorte de aval, oscartos (en cifras redondas 6.300 euros), e de aí presentarlle os xusti-ficantes de pagamento e as facturas á Xunta para que mo reembolse.Así funciona.

Todo vale e todos gañan, agás os tradutores

Parece lóxico pensar que o feito de que os cartos –a tremenda enxurra-da de cartos!– pasen pola conta bancaria da editorial dea en espertarna empresa a tentación de redistribuílos a conveniencia, co prace (for-zado) ou non do tradutor. Legalmente só hai unha vía: as axudas sonpara pagar a tradución, non para outros conceptos de gasto. Isto talvezdebería modificarse (eu son partidario do cambio; de maneira xusti-ficada, recomendaría que aos editores se nos permita destinar unhaparte da axuda recibida a cubrir outros gastos de edición), pero a rea-lidade é que os editores non estamos autorizados a destinar a nosacota de cartos públicos a outro fin que non sexa remunerar o traballodos tradutores. Velaquí aparece logo un dos principais puntos negros,

7

e iso sen contar con que é un agravio absoluto para o conxunto dostradutores que un traballador cobre 500 euros polo que outro podechegar a cobrar 5.000.

Alguén dirá: «Como é posible trampear a lei?». Escoitei varias ma-neiras, pero só podo corroborar unha. Porei un exemplo: a editorialX recibe unha axuda de 10 euros polo traballo A. O tradutor fai polotanto a tradución polo traballo A, e cobra 4 euros (non os 10, co-mo debería). A seguir a editorial faille outras tres encargas, polas quepactan uns honorarios de 1, 2 e 3 euros respectivamente. A suma dascatro traducións (1+2+3+4) xa é 10 euros. Agora tan só queda pagarpor xunto, facturar e presentar os resgardos e xustificantes perante aAdministración, que pagará o total da axuda concedida. O tradutorcobrou 10 euros, pero non por unha tradución senón por 4, o editormediou e deixou de ter un gasto (non un gasto, catro gastos), e a Ad-ministración zarapallou, máis unha vez, o dependente sector editorial.

Sen saír da trampa, todo pode resultar máis doado e lúgubre candoos tradutores son persoal da empresa, isto é, asalariados (ou bolseiros).Aí o editor factúrase, enténdase, a si mesmo. Para o caso, todo no marsi son fanecas.

Das eivas no proceso

Segue a haber varios puntos que tratar respecto da ética editorial.Vaiamos coa presentación de propostas. O lóxico é que as axudas per-mitan sacar obras que doutro xeito non sería posible, ou cubrir ocoscoa publicación de obras que deberían estar traducidas e non o están.Os cartos públicos non están aí porque si. Trátase de fomentar e con-tribuír á consolidación dunhas letras propias, as galegas e as que setraducen ao galego. Así as cousas, é escandaloso que a Xunta non teña

8

un criterio público. Rexe a escolla ao chou. Corre unha graza entre oseditores que conta que seguramente en San Caetano hai un mandril,evidentemente analfabeto, ao que lle presentan sobres e sobres con pro-postas de tradución, algo que o mandril dá en separar en dúas pías,unha cos descartes e outra coas adxudicacións. Ben, iso sería nun doscasos, o mellor, porque se non houbese tal mandril daquela poida queesteamos ante unha nova estafa de adxudicación a dedo, por razónssubxectivas e probadamente extraliterarias.

A comisión avaliadora

Quen conforma o comité de selección?

Ou dito con outras palabras, non estamos perante un tribunal exter-no. Neste grupo de catro persoas non figura ningún membro da Facul-tade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo; tampouconon hai ninguén en representación da Asociación de Tradutores Gale-gos, nin, para dicilo con poucas palabras, membros independentes entanto que non ligados á designación administrativa; tanto a xefaturado Servizo e a subdirección xeral de Bibliotecas coma a xefatura doServizo do Libro e Publicacións son cargos que a Administración ocu-pa mediante nomeamentos directos; talvez estas persoas sexan com-petentes, mais en ningún caso expertas ou especialistas na materia;

9

encoméndaselles dende a Consellaría de Cultura un labor para o quenon teñen a formación necesaria (cando menos non por méritos de pos-to), e que debería ser desenvolvido por persoas relacionadas co mundodo libro galego e a tradución. E, claro, debería de haber diferentesgrupos de avaliación para os distintos tipos de proposta: literatura in-fantil e xuvenil, narrativa, ensaio etc.). É absolutamente disparatadopretender que catro persoas sen formación específica para o contextoda tradución vaian poder resolver unhas axudas coma estas.

Os criterios

Ben, cales son entón os criterios? Admitindo que son iso, criterios,digamos que son variables. E inxustos, abstractos e inconsistentes. En2013 eran estes:

En 2014 os valores pasaron a ser outros:

10

Reproducidos os criterios da comisión avaliadora, procedo a comen-tar o que nos sucedeu a nós en 2014, para de aí facilitar unhas táboascoas adxudicacións dos últimos catro anos e finalmente achegar unhaproposta o máis rigorosa posible como alternativa ao actual modelode concesión de axudas á tradución de e para o galego.

En 2014, puxémonos como obxectivo sacar os 8 títulos que cubriseno compromiso editorial para cos subscritores máis outros 5 dunha co-lección paralela intitulada «Vólvense os paxaros contra as escopetas».Isto é, un total de 13. Aínda faltan 3 meses para que acabe o ano, peroxa podemos anunciar que acadaremos a previsión de produción e quemoi probablemente o fagamos non con 13 senón con 15, porque ou-tros dous libros da nova colección están ao caer. Xa que logo, a finais

11

deste 2014 haberá 15 libros novos de Hugin e Munin, dos cales dúasnovelas (A Eva futura e Jude o escuro) saíron grazas á axuda que nosconcedeu a Consellaría en 2013.

Turgueniev, entre os descartes

Valla unha recapitulación de como están os números a 1 de novembrode 2014: 24 títulos dunha colección e 5 da outra. 29 en total. E desas29 obras, 2 levaron unha axuda á tradución da Xunta e outra unhaaxuda da ATG. Isto fai que o noso catálogo estea composto por 26obras financiadas integramente por nós e 3 só parcialmente. E conesas, este ano 2014 chegou a nova convocatoria. E decidimos presentarunha única obra, porque era demasiado longa para a poder pagar nósmesmos e porque entendiamos que cumpre os requisitos para ser undeses libros que a un comité de avaliación lle habería de encantar re-cibir entre as propostas. Pola calidade da obra en si, pola indiscutibleimportancia do autor na literatura universal e pola lingua da que atraeriamos, o ruso. A proposta foi Fume, de Ivan Turgueniev. Esa enada máis ca esa. En 2015 sairán un mínimo de 8 títulos pero conside-ramos que só precisamos a axuda da Administración para esta novela.Pero a Xunta excluíuna, co seguinte argumento:

E resulta que se un vai mirar o art. 2.2c, bate con isto:

12

Conclusión: Fume, de Turgueniev, que propuxemos para a traducióndirecta do ruso ao galego, da que se había encargar unha licenciada enFiloloxía Románica natural de Rusia e residente na Coruña, cun bocurrículo (que achegamos como parte da documentación requirida)e, para o caso, que podía acreditar o seu dominio da lingua galega, ben,pois foi excluída... por acadar unha puntuación inferior ao 50 % domáximo total, signifique isto o que signifique. En fin, que en 2015 nonveremos a novela de Turgueniev en galego, cando menos non no seloHugin e Munin.

Non querería, porén, limitalo ao noso caso; se o cito é porque setrata do único que vivín en carne propia e polo que estou en con-dicións de responder sen medo a equivocarme. Menos aínda quereríacircunscribilo á nosa experiencia cando sei que houbo outras editoriaisque presentaron, tanto en 2013 coma en 2014 (os casos que eu mellorcoñezo) infinidade de boas obras que sen dúbida merecían o interesee o apoio económico da Administración galega, e que, coma o pobreTurgueniev, a mesa de selección non considerou con méritos abondos.

13

Táboas de concesión de axudas 2011-20141

Non tanto para a xente do sector ou para os implicados como para opúblico en xeral, procedo a facilitar unhas táboas realizadas a partirdos datos públicos do DOG, onde se detalla quen cobramos e cantocobramos neste último período 2011-2014. Insisto, na teoría, a editorialsó exerce de avalista e intermediaria, pois a regra di que as axudasdeben ir de xeito íntegro a remunerar o tradutor. Tal foi o caso deHugin e Munin, que é a editorial pola que eu respondo.

1Os datos desagregados, por editorial e obra, eran accesibles na rede no mes de outubro de 2014.

14

Apuntamentos xerais

Deito agora uns poucos apuntamentos acerca das cantidades adxudi-cadas en concepto de axudas á tradución:

Edicións Xerais non presentou nada a concurso durante este pe-ríodo por ser o seu director, Manuel Bragado, tamén o presiden-te da Asociación Galega de Editores. Nada lle impedía conco-rrer, pois legalmente non existe unha incompatibilidade laboral,mais por decisión editorial optaron por non facelo. En 2015, éprobable que a historia sexa outra, pois Bragado xa non pertenceá directiva da AGE.

Santiago de C. A Internacional Editores (Scq.), a quen en 2011 aXunta adxudicou tres axudas por un total de 12.586,80 €, é un entedescoñecido entre os actores do mundo editorial. Cando menosnos círculos nos que eu e as persoas que traballan comigo nosmovemos. Só conseguimos saber que en 2014 a Xunta lle reclamouparte desas axudas de 2011, entendemos que por incumprimentodo acordo. Até onde soubemos, esas propostas de tradución nuncase plasmaron sobre o papel. O que está claro é que faltan datos;agradeceríase unha aclaración.

Chama poderosamente a atención que o PEN Clube de Galicia,presente baixo o nome comercial de Editorial Danu S.L., recibise61.133,16 nos exercicios de 2011 e 2012. Non menos rechamanteresulta que unha das propostas trasladadas fose a tradución aocastelán de Estúrdiga Materia, do propio presidente do Club,Luís González Tosar. A consellaría destinou a esa tradución4.494,30 €. Preocupante resulta tamén a dificultade para atoparos libros do PEN Clube, xa non nos andeis das bibliotecas (aíseguro que os hai, que a Xunta tamén fai compra para a dotación

15

de bibliotecas) ou nas librarías, senón simplemente cunha referen-cia na rede ou por parte da crítica, na prensa... Algúns démolosatopado, outros non. Ademais, a editorial parece actuar, e istotampouco non se axusta á lei, como home de palla para outrasempresas. Así, por exemplo, a ourensá Ediciones Linteo foi aocabo a que asumiu a publicación en castelán de Estúrdiga ma-teria, título que a Xunta lle subvencionara, nominalmente e demaneira intransferible, a Ed. Danu S.L. Alguén debería dar unhaexplicación.

A editorial Galaxia é unha editorial básica na historia da litera-tura galega. Sen ela non se entende nada. Por desgraza, taméné a pedra de toque para entender o despropósito destas axudas.Unha iniciativa privada, con ou sen avoengo, non debería recibircase 28.000 euros para traducir 6 libros ao castelán e 4 ao portu-gués do Brasil. Esas aventuras, motivadas, estou convencido, porun afán recadador, non poden ser sufragadas pola Administra-ción, coa escusa e o bombo dunha pretendida universalización daliteratura galega, algo que si se debe facer, pero non de maneirabilateral consellaría-Galaxia. Así non. Isto é outra cousa.

Edicións da Curuxa pediu en 2011 unha axuda para traducir oCancioneiro de Petrarca, e en 2013 outra axuda para traducirA divina comedia de Dante. O tradutor foi, como en 1989 e 1990respectivamente, Darío Xohán Cabana; o editor, Martiño Cabana,fillo do anterior. Para cada unha destas dúas re-traducións damesma obra polo mesmo tradutor, a Xunta concedeu 6.000 euros,o máximo estipulado. Alguén, tamén aquí, debería dar unha ouvarias explicacións por isto.

O caso de Rinoceronte é tan complexo que cumpriría analizalo porseparado. En todo caso, comentar que 156.044,95 € en catro anos é

16

a todas luces disparatado. É máis do dobre da segunda gran benefi-ciada, Galaxia. Menos pase ten se cadra que se lle outorguen estasremesas desproporcionadas cando –non é ningún segredo– o grupoten unha política, perfectamente lícita, de acudir a diversas fontespúblicas para financiar os seus libros; sexan as axudas do FondoCultural Nacional Húngaro e as da Fundación Húngara do Libro,as do Programa Cultura 2000 da Unión Europea, as da Asociaciónde Tradutores Galegos, as do Centro de Información de LiteraturaFinlandesa, as do Instituto do Libro de Polonia, as do Ministeriode Cultura de España, as do Fondo para a Promoción da Lite-ratura Islandesa, as do Instituto para a Tradución de LiteraturaHebraica, as do Programa Sur da República Arxentina e proba-blemente algunhas outras.

É incomprensible que o tribunal adxudicase axudas á traducióna determinadas obras que xa contaban cunha versión en galego.Se é por descoñecemento, valla para pór novamente de manifesto anecesidade de designar uns membros expertos na materia. Se foiá mantenta, daquela non se entende nada. Nós detectamos, ade-mais do estraño caso que incumbe a Edicións da Curuxa, outrostítulos como Otto é un rinoceronte, Tarzán de goma ou Peter Pan.

En 2014 chama a atención unha remesa de 8.360 € para AsociaciónCultural, así chamada, sen máis datos. Que asociación cultural éesa? A transparencia brilla pola súa ausencia.

A consellaría, a través do Diario Oficial de Galicia, fixou unhacontía máxima de 200.000 € para as axudas de 2011, unha contíaespecífica de 168.000 € para 2012 e de novo volveu sobre a contíamáxima de 200.000 € para os exercicios de 2013 e 2014 respectiva-mente. Namentres que si se respectou practicamente ao milímetroa cifra sinalada para 2012 (en concreto 167.999,20 €), nos outros

17

tres casos o orzamento destinado, cando menos en réxime de com-petencia, non foi de 200.000 euros, senón, en cifras redondas, de196.000 € en 2011, 126.000 € en 2013 e 98.000 € en 2014.

Por unha cuestión ética, as editoriais non deberiamos presentartodo e esperar que tanga a campá e o mandril analfabeto daXunta, encargado de separar as obras en dúas pías (adxudica-cións e descartes), deixe caer os dados. Como a ética non entendede imperativos, daquela é deber da Xunta, máis concretamente docomité de avaliación, verificar a produción real, sempre en galego,da editorial que presenta as obras. A partir de aí, valorar a pro-posta concreta e, en función da súa calidade e interese obxectivosdecidir se a apoia economicamente.

Para ben ser

En vista de como están as cousas e en virtude da transparencia e daequidade, esta é a nosa proposta para un novo modelo de concesiónde axudas á tradución de e para o galego.

1. Que o tribunal de avaliación das propostas sexa externo e o seuveredicto vinculante; isto é, os membros da comisión deberáncinguirse a un orzamento que a administración lles comuniquede maneira previa, e á súa vez a administración non poderámodificar nin as contías nin os destinatarios das axudas concedi-das. A consellaría só disporá dun membro nese tribunal, que selimitará a exercer labores de secretariado.

2. Que a reunión ou reunións nas que se dilucide a adxudicación dascontías queden reflectidas nunha ou varias actas ás cales poidaacceder calquera cidadán que o demande.

18

3. Que se distinga as propostas de tradución en función do xéneroe tamén en función do público ao que van destinadas: infantil,xuvenil ou adulto/xeral.

4. Que neste tribunal externo e independente figuren polo menos unmembro da Facultade de Tradución da Universidade de Vigo,un da Asociación de Tradutores Galegos, unha persoa especialistaen literatura galega (sistema no que se haberán de integrar as tra-ducións propostas), un representante das Facultades de Filoloxíaen Galicia elixido polos distintos departamentos de lingua (e quedeberá rotar periodicamente co gallo de facer visible as distintaslinguas impartidas na Universidade galega).

5. Que non sexa posible destinar ningunha dotación económica parapropostas que xa conten cunha tradución previa ao galego.

6. Que na resolución pública figuren non só as traducións que logra-ron unha axuda senón tamén aquelas que foron desestimadas polocomité.

7. Que a axuda se fragmente en dous conceptos: remuneración para otradutor e gastos editoriais. De preferencia, a maior contía deberádestinarse ao pagamento da tradución. A parte correspondente átradución non pasará pola conta da editorial senón que irá direc-tamente á do tradutor.

8. Que, na medida do posible, o comité quede dividido en dúasfaccións: unha encargada de analizar as propostas de traduciónde literatura infantil e xuvenil e outra para facer o propio coaliteratura para adultos.

Estes oito puntos pretender anovar o proceso de concesión de axu-das sen mudar o marco. Con todo, habería unha segunda opción:

19

convocar as axudas a través de Asociación de Tradutores Galegos,colectivo que ben merece unha maior visibilización e ao cal se dotaríaanualmente duns cartos para a tradución. A ATG debería funcionarcomo catalizador das propostas das diversas editoriais e escolmar apartir dun criterios adoptados por consenso dos seus membros. Exer-cería o papel que agora ten o comité das catro persoas designadas polaAdministración.

A Consellaría debe xa que logo pór termo canto antes a este des-propósito. Así a todo, a responsabilidade é compartida tamén polaseditoriais, grandes e pequenas, que asumen á calada tan lamentablesituación.

É ben que se divulguen estes feitos e que o lector en galego estea encondicións de valorar que hai detrás dos libros que merca ou tomaen préstamo.

20