d:\documents and settings\pt\escritorio\a escola fala
TRANSCRIPT
EEQQUUIIPPOO DDEE NNOORRMMAALLIIZZAACCIIÓÓNN EE DDIINNAAMMIIZZAACCIIÓÓNN LLIINNGGÜÜÍÍSSTTIICCAA
xío Novoneyra é o autor ao que este ano
a Real Academia Galega ven de adicarlle o Día das
Letras. Como en anteriores edicións (e xa van 13!),
esta “Edición Especial Letras Galegas” da Escola
Fala centra a súa atención no poeta do Courel.
Esta terra máxica do Courel foi o escenario da
maioría dos poemas de Novoneyra, por iso
tentamos achegarnos a unha comarca tan distinta
á nosa, na paisaxe, nas costumes… a través
dunha exposición fotográfica e dun intercambio
epistolar con colexios da provincia de Lugo.
Intercambiáronse experiencias, vivencias,
cartas, debuxos... cos seguintes centros: CPI
Seoane (O Courel), CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita
do Cebreiro) Colexio da Asunción (Sarria).
Estas experiencias tan enriquecedoras
contribuíron a que nos achegásemos tamén a
concellos veciños, como o CEIP Praia Xardín de
Boiro, co que se cartean algúns alumnos de cuarto
curso.
Aproveitando tamén a condición de poeta de
Uxío, este curso mergullámonos na poesía, coa
que os nenos e as nenas desfrutaron, lendo,
creando, recitando…
Vida, obra e poesía de Uxío Novoneyra
O Courel O nome das nosas
aulas Ana Romaní Ramón Cabanillas Correo epistolar
EDITA CEP Salustiano Rey Eiras Coordinan Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e TICs Nº: 13 Tirada: 500 Exemplar gratuíto
Novoneyra,Uxío (1991): O cubil do xabarín. Ed. Edelvives.
Novoneyra, Uxío (1998): Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín. Ed. Edelvives.
http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/ux
io.php http://www.uxionovoneyra.com http://www.realcademiagalega.org
http://sondepoetas.blogspot.com
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa
http://gl.wikipedia.org http://bvg.udc.es http://www.vieiros.com http://www.librosylugares.com http://www.turgalicia.es Alonso, Fran (2010): Folerpas de Novoneyra.
Xerais.
.Novoneyra, Uxío (2002): Os Eidos. Ed. La Voz de Galicia
3
illo e neto de labregos, Eugenio naceu e criouse no Courel, ateigado das palabras do campo. Palabras que lle evocarían os olores, os sabores, as paisaxes, os sons, os traballos, os momentos inesquecibles da súa propia vida e que el faría eternos nos seus poemas.
F
No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
Cai a neve, quedo fóra
riba dos teitos calada
mentres tí fías e soñas
nunha cousiña lonxana.
A casa de pedra e cal
vella
_solaina e ventanas
prá serra_
feita fai cen anos á
miña maneira.
edrou na Casa da Fonte, o fogar familiar, unha casa ampla e espaciosa. A lareira para estar aos contos ao pé do lume. Os sequeiros nos que se preparaban deliciosas castañas. E os xogos, sobre todo o xogo das agachadas naquela casa chea de labirintos que percorrer.
.
M
4
Canta a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo
entendela.
os seus pais, José e Manuela, e dos seus avós herdou a fala.
O galego.
D Petra Vello foi a única avoa que Uxío coñeceu. Ulises Neira, o pai da súa nai, morrera antes de que o neno nacera e os seus avós paternos, Manuel Novo e avoa Benita, cando o cativo non tiña máis que dous anos.
erá o seu amigo Anxel Fole quen , sendo mozos, comezará a chamalo Uxío. Ata ese momento todos o coñecían polo nome no que fora bautizado, Eugenio.
S
5
“Escoitamos uns pasos lentos e longos no corredor.
Entrou un mozo alto e delgado de bigote. Era Uxío
Novoneira xa coñecido por referencias amigas. E foi esta
a primeira vez que o oímos recitar versos, poemas seus.
Recitábaos con voz grave e ton confidencial. Coma si
estivese revelando un segredo. E estábao facendo: o
segredo da súa primeira poesía. Non se parecían aos
poemas de ninguén. Animámolo a que os reunise nun
libro e os publicase.(...) Eu non estaba afeito a oír falar
así. Tan sosegadamente, con tanto fondo de silencio,
traendo cada palabra á outra como chamándoa”.
Anxel Fole (1952)
O camiño sobe
baixa torce
e morre ó lonxe…
Vai o José de Parada
atravesando il solo
a Devesa do Rebolo.
Cabalagando vagariño
cruza a terra do viño
cara Viana do Bolo.
Deixa a serra pasada.
Leva a alma asiñada
ca mágoa do camiño.
Eugenio Novo Neira
ando Uxío non tiña máis ca seis anos prodúcese o levantamento militar do Xeneral Franco contra o lexítimo goberno da República, o que vai dar lugar á Guerra Civil española e ao inicio de 40 anos de ditadura. Para Uxío, ao igual que para a maioría dos españois, a vida cambia totalmente.
C
6
O seu tío, Manuel Novo, alcalde do Courel, ten que agocharse porque a súa vida corre perigo. Agóchase na Casa da Fonte e o neno aprende de moi novo a enorme importancia dos segredos. O silencio é a consigna coa que o cativo medra e xa, dende moi neno, o pequeno entende o que significa a falta de liberdade. Tres longos anos de guerra e de silencio aos que seguirían os duros anos da posguerra. Ameazas, abusos, asasinatos marcarán a súa vida dun xeito dramático.
“Din que eran catro os que o pasearon
E que todos eles morreron arrabeados”.
stes versos son parte dun romance que escribe en 1976 a raíz do asasinato de Manuel de Ribadabia, labrego de Parada que fora paseado polos falanxistas uns corenta anos antes. O neno nunca esquecería o pranto inconsolable da nai e das irmás de Manuel.
E
Dobran as campás da neve
A alma de seu gardada (...)
on quince anos marcha a Lugo a estudar o bacharaleto, cidade na que coñece ao poeta Manuel María, co que iniciará unha intensa e longa amizade que durará toda a súa vida. Con Manuel María introducirase nos ambientes intelectuais da cidade. Nesa época, sendo un xoven de 18 anos, escribe os seus primeiros poemas en castelán, que nunca serán publicados .
De esquerda a dereita. Manuel
María, María Mariño e Uxío
Novoneyra.
C
7
n 1949 marcha a Madrid. O Madrid da posguerra: triste, pobre, amedrentado, seco, sen ilusión.. Na capital, Uxío descubre a Biblioteca Nacional e convirte a lectura na súa actividade fundamental. Le, sobre todo, poesía. Española e estranxeira. .
E Matricúlase como oínte na Faculade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid, o non aprobar o Examen de Estado . Escribe dous ou tres libros en castelán que nunca chega a publicar. O poeta está en periodo de formación, descubrindo e analizando o mundo ao mesmo tempo que experimenta coa literatura. Son tempos moi difíciles para o galego.
E n 1952 Uxío volve a Galicia para facer o Servizo Militar e reencóntrase co seu gran amigo Manuel María. É precisamente o poeta de Outeiro de Rei o que o introduce na tertulia de escritores do Café Español, local no que vai coñecer a ilustres personaxes galegos como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Maside, Ramón Piñeiro, Bouza Brey ou García Sabell.
Paseando por Compostela
con Ramón Piñeiro.
8
Da súa man entra de cheo en contacto co galeguismo. Uxío empeza a escribir unicamente na lingua propia de Galicia e faino de xeito definitivo e para sempre, convertindo o galego na súa lingua literaria. Ramón Piñerio, director literario da editorial Galaxia e gran admirador da poesía de Novoneyra, apoiou dun xeito definitivo ao poeta, que se convertiu nunha “especie de poeta oficial” da editorial , como comentaría nalgunha ocasión Manuel María.
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos tiesos
ruxindo nafolla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis
medosa.
. n 1953 e debido a unha doenza, unha pleurite, Uxío volve á Casa da Fonte da súa nenê., A súa recuperación alongarase durante nove anos, período de tempo no que escribe Os Eidos, a súa obra máis importante e unha obra referente da poesía galega, publicada por Galaxia no ano 1955.
E
“Eu nacín entre unha
natureza inda moi dotada;
o que fixo simplemente foi
collerme, valéndose,
xogando oportunamente,
porque eu estaba enfermo,
non podía desprazarme
moito, entón a natureza
botoume a mao”.
Coñece a María Mariño que vive en Parada dende que en 1949 o seu marido, mestre, é destinado na vila . Entre a poetisa e o poeta xurde unha amizade profunda e duradeira.
Fala a tarde baixiño
i o corazón sínteo
Chove para que eu soñe
9
Os Eidos é un libro de poemas breves, concisos, esenciais, onde as
palabras escritas sempre teñen un sentido e nunca pretenden ser
un adorno. É un libro cun olor que arrecende a Terra, á
natureza, á vida, que nace da soidade da reflexión do poeta a
partir das súas vivencias nas montañas do Courel.
Fran Alonso
Folerpas de Novoneyra
n 1956 o seu amigo Luis Pimentel vivía na cidade de Lugo nunha casa que daba xusto fronte da alameda. Cada noite oía o canto dunha ave que, aínda que o intentaba, non conseguía identificar. Nunha visita que fixo Novoneyra á cidade coicidiron os dous poetas nunha tertulia. Pimentel comentoulle o caso e esa mesma noite, o poeta do Courel paseou a alameda durante horas ata que a ave cantou.
E
Pimentel visto por Mouriz
-Sen dubida é un moucho, dixo
Moucho que cantas pra noite queda
na sombra das flairas tecidas
ti fais distas arbres de cidade
un bosque antigo no que eu estuven sempre...
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
O sol que locía
i eu vía
e ouvía
cantar o día.
10
Esa foi a primeira vez que oín falar en galego en
público, xa nas primeiras palabras Miñas donas e
meus señores eu, o mesmo que os demais, sentín
escorrer un arrepío por todo o corpo.
Franco Grande
Os anos escuros
1957. Círculo Mercantil de Santiago de Cospostela. Novoneyra ten o valor que ninguén tivera.
Fala en galego nun acto público.
n 1958 chora o pasamento de dous grandes amigos: Luis Pimentel e Carlos Maside.. A súa morte deixará profunda pegada na poesía de Novoneyra.
E Poemas da dor, a dor pola perda, polo que falta, polo que desaparece.. Tamén a dor da guerra e dos tempos que viñeron despois.
11
A Carlos Maside
A Luis Pimentel
A Herminio
“nunca escribín un verso sin pavor do seu xuízo”
A túa morte deixoume núo.
Ca túa perda sinto todo o que hei de perder.
A túa imaxen está diante de min, no espacio que a
dor envisa
Laia a curuxa i eu velo.
Morrer é ficar morto.
Eu non sei pensarte morto.
Abrio a fiestra e ollo a serra para ti.
LIBERTÁ, chamas dos ollos tristes, das caras do Metro,
dos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto,
na gran cidade, non tesos cumes i en todo o silencio
preguntando.
olve a Madrid onde colabora en programas de radio e televisión. Alí relaciónase cos membros do grupo Brais Pinto, formado por intelectuais e escritores, galegos, fundado do ano 1958.
V Mantén unha moi estreita e durareida amizade co pintor Reimundo Patiño, persoa que terá unha grande influenza na súa obra, sobre todo na publicación dos seus poemas caligráficos.
Reimundo Patiño. Creador
da primeira banda deseñada
en galego.
Méndez Ferrín, anos 60.
O escritor Méndez Ferrín, tamén do grupo Brais Pinto, sempre procuraba contar coa opinión de Novoneyra cando escribía poesía.
12
n 1966 Uxío volve ao Courel por mor da enfermidade dos seus pais. Ali entérase da enfermidade terminal que sofre a súa amiga María Mariño.
E
Daquela María Mariño estaba a escribir o seu libro de poemas “Verba que comeza”. Será Uxío quen a axude a rematar o poemario. Pasaba a máquina pola tarde, cada un dos poemas que a poetisa de Noia escribía pola mañá.
.
.
“El viu nesta muller unha poeta revolucionaria,
que buscaba a verdade en cada verso”.
Fran Alonso
“Folerpas de Novoneyra”
María Mariño morre o 19 de maio de 1966.
ERGUÉSTEVOS cedo aquel día/o costume do
traballo/Mañá cedido para facernos ca vosa
morte
enfermidade de Alzeimer que padecía a súa nai vai influír dun xeito inesperado e definitivo na poesía de Novoneyra.
A “(...)na primeira fase da enfermidade a señora Manuela repetía frases constantemente en
forma de ladaíña como: Non hai remedio, non hai remedio, non hai remedio...Non hai
remedio pra min, non hai remedio pra min, non hai remedio pra min”.
En palabras do seu amigo Xosé Lois García:
As repeticións que se dan tanto en Letanía de Galicia como en Vietnan Canto teñen a súa orixe nas frases que a súa nai repetía constantemente .
13
GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña GALICA viva inda
recóllote da terra estás mui fonda
recóllote do pueblo estás nil toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM
Adicado a Amador Rei e a
Daniel Niebla, sindicalistas
asasinados pola policía
franquista nunha protesta en
Bazán.
CHILE ametrallado
SALVADOR e AUGUSTO e VICTOR e tanto Nome
E tanto anónimo aceso rematado a escuras
Diante vós o silencio é o burullo das verbas máis quentiñas
Atrancando o intre-peito como un bloque
bloque
bloque
Sobre o golpe de estado en
Chile impulsado por Pinochet.
asa con Elba en 1973, o mesmo ano en que morre a súa nai. O seu pai xa falecera dous anos antes.
C
“Eu namorábame das miradas, dunha
voz. No verán de segundo de maxisterio
fun veranear a Vicedo. Unha tarde de
verán, cando eu tiña 17 anos, fun pasear
coa miña amiga Ana María. Iamos a
tascas ás que só ían homes. Entramos no
bar Juma, que era moi bonito. Había
unha exposición de pintura. Colliamos
notas da exposición porque estabamos
artellando unha revista. Xusto entón
entrou un home deslumbrante que viña de
Madrid. Era Uxío. Era completamente
distinto aos outros homes. Levaba bolso,
vaqueiros, sandalias e unha cazadora tan
bonita que lle trouxeran de Canadá, que
era vermella e negra ”.
Fran Alonso
“Folerpas de Novoneyra”
Tiveron tres fillos: Branca Petra (1976), Uxío
(1981) e Arturo (1983).
14
BRANCA UXÍO i ARTURO
quedárense no Futuro
quedaredes no Futuro
pre que sega o Pasado
e ti Galicia a durar
anque se funda o lousado
e caia neve no lar.
Anque se funda o lousado
e se descubra o faiado
No coarto en que fun nado
E no mesmo leito ha nevar.
Canto para ter favores de Venus
CÁNTOCHE aposta para ter os teus favores deusa
gran cousa é abondar o teu seo a vrao vido
namais chegarlle terte a toda ti por beira
xa señas nova e noiva de en por hoxe
xa señas diaria miña sola sempre.
Longuismo labiolingua lambe lua
sal quente e nembro a nembro atopa todo
para perdelo e volver de novo novamente
clameando chamando en chama pedindo
un novo intre aquíl tan prometido
cando eramos ninos do sol soltos polos soutos
perdidos e certismos de atoparte oh núa.
Biquei
Biquei a súa tristura e atopei os labios.
Na aperta prendémolo Mundo.
15
A forza do noso amor non pode ser inútil
nspirado no movemento artístico Action painting técnica que pretendía expresar sensacións como o movemento, a velocidade e a enerxía escribe os seus poemas caligráficos. Publicados en Brais Pinto por Reimundo Patiño por decisión propia.
I “Patiño ía facer un número dedicado á
caligrafía en todo o mundo:caligrafía
chinesa, gaélica, árabe, etc. Estaba
fascinadocoa miña grafía, por iso ma
pide, para participar, a miña parte ía ser
unha das partes. Pero recibe os poemas e
fíxome un libro do que eu lle mandara de
colaboración para unha revista. E el
mesmo puxo o título de poemas
caligráficos”
Do libro “Folerpas de Novoneyra” de
Fran Alonso
Todo bruido sen
nome é un agoiro
“Entramos na vella casa familiar,
atopámolo no interior do salón xunto a
unha fiestra debuxando cun groso
rotulador, totalmente concentrado,
absorto.
De “Folerpas de Novoneyra” de
Fran Alonso
relato de Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín céntrase nunha lenda medieval en terras do Courel. Trala morte da súa nai, a nena Ilda medra pechada nunha torre coa única compañía dun lobo, un corzo e un xabarín e soña con que un príncipe a rescate.
O
Xulio Cobas Brenlla, da editorial Edelvives, pediulle a Novoneyra que se animara a escribir un conto para nenos. Novoneyra sorprendeuno dicíndolle que xa tiña varios escritos e que estaban inéditos pechados nun armario.
16
oemas da madurez, creados dende a melancolía. Poemas que falan do abandono do campo, da resignación da xente ante a agonía dos pobos e aldeas do interior de Galicia, especialmente do seu amado Courel.
P
Os vellos camiños cegos.
Rotas deixadas!
Chancela limpa da costa irada
Toda de toxos e silvas altas.
I estes brazos inda son aqueles
Que sosteron no souto a cabeza dos soños?
En 1995 participa na obra Camelio Xaponés. Consorcio da cidade de Santiago.
En 1998 publica Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas..
En 1999 publícase os libro Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas.
17
ovoneyra morreu no hospital Gil Casares de Santiago de Compostela, ás 11 da mañá do sábado 30 de outubro de 1999, sendo velado en San Domingos de Bonaval. N
A viúva de Uxío, Elba Rei, declarou nunha entrevista que para el “a vida e obra están
tan encaixadas que é difícil distinguilas.
Uxío dicía que un poeta é o que está niso.
Non necesita nin publicar”
“Considero que ser poeta é o máximo
destino porque é o máis solidario coa túa
existencia e coa existencia dos demais. É
a mirada máis compasiva: Tamén é o
camiño para a felicidade e para estar
sempre aberto á beleza”.
18
CPI Seoane(Courel)
Colexio da Asunción
(Sarria)
CEIP Praia
Xardín (Boiro)
CPI Uxío Novoneyra
(Pedrafita do Cebreiro)
19
BOIRO
SARRIA
PEDRAFITA
O COUREL
20
21
Os nenos e nenas do Courel foron a casa de Uxío Novoneyra
Contannos…
22
Fixemos unha exposición dos terras máxicas do Courel
Os nosos amigos tamén nos enviaban traballos asi de guais!!
Ola amigos, Neste sobre enviámosvos unas postais para que nos coñezades: somos Candela, Uxía e Dani (de 4º de EI), Arnau (de 6º de EI), Adrián (de 1º EP) e Antía (de 2º de EP); estamos todos xuntos na mesma aula. Enviámosvos tamén un mapa do noso concello onde sinalamos as parroquias nas que vivimos.
Moitos bicos
23
Asi escribían os nosos amigos de Boiro…
Dende o CPI Uxío Novoneyra cóntannos que ben o pasan cando neva e …
24
3º B Francisca Herrera
3º A Luz Pozo
3º C Fina Casaderrey
P.T. 2 Eduardo Pondal
5º D M. Curros Enriquez
Informática Manuel Antonio
Música Alfonso X, O Sabio
Sala de profes Castelao
A.L. X. Mª Alvarez Blazquez
Orientación Ramón Piñeiro
P.T. Carlos Casares
2º B Antón Aviles de Taramancos
Desdobres Manuel Lugrís
Freire
P.T. 1 Pascual Veiga
2º A Xaquín Lorenzo
1º B Manuel María
1º A Lorenzo Varela
1º C María Mariño
Sala de profes Rosalía de Castro
EDIFICIO PEQUENO
1º ANDAR
PLANTA BAIXA
2º ANDAR
4º A Ana Romaní
1º ANDAR 4º C
Uxío Novoneyra
4º B Ramón Cabanillas
EDIFICIO GRANDE
CEP SALUSTIANO REY EIRAS Nome das aulas adicadas a
autores galegos
25
Aula de 4º A
Aula de 4º C
Aula de 4º B
RRAAMMÓÓNN CCAABBAANNIILLLLAASS
26
O día 9 de novembro de 2009 celebrouse o 50
cabodano dun dos autores máis destacados da nosa
literatura; un autor que foi quen de conducir a nosa
poesía cara a modernidade, xogando un papel
fundamental na superación dos cánones do Primeiro
Renacemento.
A súa vida e a súa poesía
Ramón Cabanillas naceu en Fefiñáns (Cambados), o 3 de
xuño do ano 1876. Logo de abandonar a carreira eclesiástica
que iniciara en Santiago de Compostela, regresou a
Cambados, onde traballou como funcionario do Concello.
Aos trinta e catro anos emigrou a Cuba, onde residiu
entre os anos 1910 e 1915, e onde publicou na revista Suevia o que sería o seu primeiro
poema, “Lonxe” (1910), e onde vería a luz en 1913 o seu primeiro libro, No desterro.
Tamén na Habana publicou Vento Mareiro no
ano 1915.
Xa en Galiza traballaría en varios
concellos e coñecería a loita agrarista.
Comprometido co proxecto das Irmandades da
Fala, foi tornando a súa poesía intimista por
outra máis social e cívica, colaborou con
frecuencia en A Nosa Terra, e chegou a recibir o
apelativo de Poeta da Raza.
Esta nova etapa na súa poesía vese
reflexada tanto en Da terra asoballada (1926) como
nas novas edicións dos poemarios publicados na
Habana, Cabanillas pretendeu conscienciar ao
pobo e achegalo ao nacionalismo.
casa de Ramón Cabanillas en Cambados
na casa de Ramón Cabanillas
en Cambados
RRAAMMÓÓNN CCAABBAANNIILLLLAASS
27
Nunha nova etapa viu a luz o poemario Na noite
estrelecida (1921), onde, seguindo as teorizacións de
Vicente Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo
artúrico que funcionen como símbolos produtivos.
Máis adiante, recuperou o lirismo intimista dos
seus primeiros tempos no poemario amoroso A rosa de
cen follas (1927).
En 1920 foi elixido membro da Real Academia
Galega, onde leu un discurso titulado "A saudade nos
poetas galegos". En 1929 ingresaría tamén na Real
Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal.
Instalado en Madrid desde a súa incorporación a esta
institución, o poeta atravesou un longo período de
silencio que rompería a finais da década dos 40 con
Camiños no tempo.
Comeza entón unha nova etapa na que viron a
luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954),
Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o
seu último libro publicado en vida.
Faleceu en Cambados, a onde regresou ao final
da súa vida, en 1959.
No ano 1976 adicóuselle o Día das Letras
Galegas.
LUME NO PAZO
Prendeu lume no pazo. A roxa labarada alumea a campía. Atronan as campanas o val. Quentan o aire espesas bafaradas de fume. Corre a xente. Berrando, atolondrada. Ó arde-lo cume, as tellas enroxecen e estalan. Caien, cruxindo, as vigas, e o lume ás catro bandas envolve a torre. Muxen de medo os bois nas coadras. A xente rube ó adro pra ver onde é a disgracia e ó mirar cara ó pazo detense amontoada. Érguense as mans ó ceo, e sanguiñenta, tráxica, refréxase nos ollos a roxa labarada. E un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, que vive de milagre, xantando cando xanta, vestido de farrapos e durmindo onde cadra, —todo por mor dun preito de rendas atrasadas, no que os donos do pazo deixárono sin nada—, ollando cara ó lume, rise, barulla e fala ¡de ir busca-lo gaiteiro para que toque a gaita!
Vento Mareiro (reedición de 1926)
casa de Ramón Cabanillas en Cambados
RRAAMMÓÓNN CCAABBAANNIILLLLAASS
28
A súa obra
No desterro (1913)
(poesía)
Vento Mareiro (1915)
(poesía)
Da Terra asoballada (1917) (poesía)
A saudade nos poetas galegos (1920)
(ensaio; discurso de ingreso na Real
Academia Galega)
A man de Santiña (1921) (teatro)
O cabaleiro do Sant Grial (1922)
(poesía)
Estoria do bendito San Amaro que foi
chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi
(1925) (poesía)
Na noite estrelecida (1926) (poesía)
O Mariscal (1926)
(teatro)
A rosa de cen follas (1927) (poesía)
Camiños no tempo (1949) (poesía)
Antífona da cantiga (1951) (poesía;
antoloxía)
Da miña zanfona (1954) (poesía)
Versos de alleas terras e tempos idos
(1955)
(poesía)
Samos (1958)
(poesía)
VÍA-CRUCIS
Para Castelao
Galicia rube ó calvario. Enrabiada co ceo, sentouse nunha pedra, á beira do camiño, cuberta astra os ollos co pardo mantelo. É o mantelo probe dos días de inverno; dos días de choiva, de vento, de neve, de fame, de enterro... É o mantelo das penas e os pagos; o mantelo probe, o mantelo vello con que vai a falar co filliño que está na cadea e darlle, ó chamado a servicio, o adiós derradeiro; o que leva a pagar o consumo, as oblatas, as rendas, os foros... e o demo do inferno; o que pon cando saien os barcos onde se van os galegos, mar a fóra, mar a fóra, lonxe dos nativos eidos; o que visteu o día das tromentas de Nebra e de Sofán -¡Trunfo do ferro! ¡Trunfo dos porcos bravos! ¡Trunfo dos homes roxos! ¡Trunfo dos homes negros!- para ir, afogada en bágoas, enrabiada co ceo, detrás dunhas caixas longas, camiño do cimiterio. Galicia rube ó Calvario. Non leva ás costas a cruz do Nazareno: leva o seu mantelo probe, leva o seu mantelo vello. Galicia está cansa, soia cos seus pensamentos. Non chora; secouse a fonte. Ten as serpes chuchándolle os peitos. Non prega nin pon xusticia. É mal da alma, e mal do desespero. Batede no corazón; poñédevos de xoenllos e perguntai con santo amor de fillos, alá no fondo, alá dentro onde resoan cristaíñas, craras, a voz da Raza, a voz do sentimento, a voz da nosa Terra máis forte que a oración, que a lei, que o ferro... decídelle á vosa sangre ¿Son chegados os tempos?
Da Terra Asoballada (reedición de1926)
29
EESSCCRRIIBBEE AA PPOOEESSÍÍAA QQUUEE MMÁÁIISS CCHHEE
GGUUSSTTOOUU DDEE UUXXÍÍOO NNOOVVOONNEEYYRRAA..
30