cuspirei sobre as vosas tumbas

23

Upload: kalandrakacom

Post on 22-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Faktoría K de libros. Narrativa

TRANSCRIPT

Page 1: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 2: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 3: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 4: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 5: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Cuspirei sobreas vosas tumbas

Page 6: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Título orixinal en francés: J’irai cracher sur vos tombes

© da edición orixinal: Christian Bourgois e coherie Boris Vian 1973 e 1998© da edición en obras completas: Librairie Arthème Fayard, 1999© do texto orixinal: Boris Vian, 1973© da tradución: David Gippini Fournier© desta edición:Faktoría K de libros, 2007Urzaiz, 125 baixo - 36205 VigoTelf.: 986 127 [email protected]

Ilustración e deseño portada: Marc TaegerPrimeira edición: novembro, 2007Impreso en C/A GráficaISBN: 978-84-96957-08-4DL: PO 614-2007

Reservados todos os dereitos

Page 7: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Cuspirei sobreas vosas tumbas

Boris Vian

Traducido por David Gippini

Page 8: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 9: Cuspirei sobre as vosas tumbas

7

Foi cara ao mes de xullo de 1946 cando Jean d’Halluin1

coñeceu a Sullivan, nunha especie de reunión franco-ame-ricana. Dous días máis tarde, Sullivan levoulle o seumanuscrito.

Daquela díxolle que se consideraba máis negro ca bran-co, aínda que cruzara a fronteira: sábese que miles denegros (recoñecidos como tales pola lei) desaparecen cadaano das listas do censo e pasan ao outro lado. A súa prefe-rencia polos negros inspiráballe a Sullivan unha especie dedesprezo polos negros bos, eses aos que os brancos lles danpalmadiñas no lombo nos libros. Pensaba que era posibleimaxinar, e mesmo coñecer, negros tan duros ou máis queun branco. Iso é o que tratou de demostrar nesta novelacurta, da que Jean d’Halluin adquiriu os dereitos de publi-cación en canto soubo da súa existencia polo seu amigo.Sullivan non dubidou en deixar o seu manuscrito en Fran-cia, sobre todo tendo en conta que os contactos mantidoscon editores americanos lle amosaran que todo intento porpublicar a obra no seu país ía resultar van.

1 Editor francés, amigo persoal de Boris Vian, que lle suxeriu a este a creación do alter ego Vernon Sulli-van para a publicación de Cuspirei sobre as vosas tumbas e doutras obras polémicas. (N. do T.)

L I M I A R

Page 10: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Aquí, os nosos coñecidos moralistas reprocharon o rea-lismo extremo, por dicilo suavemente, dalgunhas páxinas.Parécenos interesante subliñar a gran diferenza que existeentre este libro e os relatos de Miller2; este último nondubida en ningún caso en percorrer ao vocabulario máisexplícito; polo contrario, Sullivan parece máis preocupadopor suxerir cos seus xiros lingüísticos e coas súas constru-cións que por empregar os termos máis obscenos. Nestesentido, está máis próximo da tradición erótica latina.

Nestas páxinas resulta evidente, por outra banda, ainfluencia de Cain3 (aínda que o autor non recorre á exis-tencia dun manuscrito ou a outros artificios similares paraxustificar o uso da primeira persoa, como o fai o escritoramentado no curioso prólogo de Three of a kind, unharecompilación de tres novelas publicadas hai pouco temponos Estados Unidos nunha única edición e traducidas aofrancés por Sabine Berritz), e igualmente a do máis moder-no Chase4 e outros amantes do horrible. Ao respecto, haique recoñecer que Sullivan se amosa moito máis sádico queos seus ilustres antecesores: non sorprende a ninguén que asúa obra fora rexeitada nos Estados Unidos; seguro que llaprohibirían ao día seguinte da súa publicación. Con respec-to á cuestión de fondo, hai que ver nela unha manifestacióndo afán de vinganza dunha raza que, por moito que se diga,

8

2 Henry Miller (1891-1980), novelista estadounidense establecido en París en 1930 e autor deobras consideradas pornográficas pola crítica do seu tempo, como Trópico de Cáncer, Trópico deCapricornio ou Primavera negra. (N. do T.)

3 James Cain (1892-1977), novelista e guionista estadounidense; autor, entre outras obras, d’Ocarteiro sempre chama dúas veces. (N. do T.)

4 René Brabazon Raymond, máis coñecido como James Hadley Chase (1906-1985), escritor bri-tánico autor de novelas negras como No orchids for Miss Blandish. (N. do T.)

Page 11: Cuspirei sobre as vosas tumbas

vive aínda aterrorizada e ameazada, unha especie de intentode exorcismo do dominio ao que os someten os verdadei-ros brancos, do mesmo xeito que os homes do Neolíticopintaban bisontes atravesados por frechas para que as pre-sas caesen nas súas trampas; tamén hai na obra un desprezobastante considerable da verosimilitude, ademais de certasconcesións aos gustos do público.

Por desgraza, Estados Unidos, a terra das oportunidades,é tamén o país elixido polos puritanos, polos alcohólicos etamén o país do que-vos-quede-ben-claro: e se en Franciaaínda nos esforzamos na procura da orixinalidade, do outrolado do Atlántico ninguén ten reparos en explotar sen ver-goña unha fórmula que funciona. Abofé que é un xeitocoma outro calquera de vender un produto.

Boris Vian

9

Page 12: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 13: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Ninguén me coñecía en Buckton. Clem elixira a cidadepor iso; e, de todos os xeitos, mesmo se me acovardaba,non me quedaba gasolina dabondo para continuar cara aonorte. Cinco litros escasos. Xunto co meu dólar e a carta deClem, todo o que tiña. Da miña maleta, mellor nin falar.Total, para o que había dentro. Esquecíao: tiña tamén nomaleteiro do coche o pequeno revólver do rapaz, un triste6,35 de ocasión; aínda o levaba no peto cando o shériff veudicirnos que levaramos o corpo á casa para enterralo. Debodicir que confiaba máis na carta de Clem que en todo odemais. Aquilo debía funcionar, tiña que funcionar. Mirabaas miñas mans no volante, os meus dedos, as miñas uñas. Averdade é que ninguén podía dicir nada. Por ese lado, nin-gún perigo. Quizais puidese conseguilo.

O meu irmán Tom coñecera a Clem na universidade.Clem non o trataba igual que os outros estudantes. Falába-lle gustoso; bebían xuntos, saían xuntos co Caddy

5de Clem.

Foi grazas a Clem que Tom foi aceptado. Cando se foi parasubstituír ao seu pai á fronte da fábrica, Tom tamén tivo quemarchar. Volveu connosco. Aprendera moito e non tivoproblemas para que o nomeasen mestre na nova escola. E a

11

C A P Í T U L O I

5 Abreviación común para os vehículos da marca de automóbiles estadounidense Cadillac, moipopular nos anos corenta. (N. do T.)

Page 14: Cuspirei sobre as vosas tumbas

historia do rapaz desbotouno todo. Eu era o bastante hipó-crita para non dicir nada, pero o rapaz non. Non vía nadamalo niso. O pai e o irmán da rapaza encargáronse del.

Esa foi a razón de que o meu irmán lle escribise a Clem.Eu non podía quedar na vila, e pediulle a Clem que atopasealgo para min. Non demasiado lonxe, para que me puidesever de cando en vez, pero o bastante para que ninguén noscoñecese. Pensaba que cun rostro coma o meu e co meucarácter, non había perigo ningún. Quizais tiña razón, peroaínda así acordábame do rapaz.

Encargado dunha libraría en Buckton, ese era o meunovo choio. Tiña que contactar co anterior encargado epoñerme ao corrente en tres días. Cambiaba de xerencia,conseguira un ascenso e quería deixar atrás todo aquilo.

Ía moito sol. A rúa chamábase agora Pearl Harbor Street.Probablemente Clem non o sabía. Aínda se podía ler taméno vello nome sobre as placas. Ao chegar ao número 270 vina tenda e aparquei o Nash

6diante da porta. O xerente

copiaba unhas cifras nunhas facturas, sentado detrás dacaixa: era un home de mediana idade, cuns ollos azuis durose pálidos cabelos louros, como puiden ver ao abrir a porta.Saudeino.

–Bos días. Que desexa?–Traio esta carta para vostede.–Ah!, vostede é a persoa á que teño que poñer ao corren-

te. Déixeme ver esa carta. Colleuna, leuna, deulle a volta e devolveuma.–Non é difícil –dixo–. Esta é a mercadoría –explicou

mentres amosaba o que había ao seu redor facendo un xesto

12

6 Marca de coches baratos estadounidenses. (N. do T.)

Page 15: Cuspirei sobre as vosas tumbas

circular cos brazos –. Esta noite estarán terminadas as con-tas. Para as vendas, a publicidade e todo o resto, non tenmáis que seguir as indicacións dos inspectores da empresae dos papeis que irá recibindo.

–É unha cadea?–Si. Sucursais.–De acordo –asentín–. Que é o que máis se vende?–Bah, novelas. Novelas malas, pero iso a nós tanto nos

ten. Bastantes libros relixiosos, e libros de texto tamén.Non moitos libros para rapaces, nin libros serios. Non soncampos dos que me ocupase demasiado.

–Así que, para vostede, os libros relixiosos non son serios.Pasou a lingua polos beizos.–Non me faga dicir o que non dixen.Rin de boa gana.–Non o tome a mal, eu tampouco creo moito neles.–Daquela voulle dar un consello. Non deixe que a xente

se decate, e vaia todos os domingos escoitar o pastor, por-que se non o fai, estará despedido en pouco tempo.

–Moi ben –dixen–. Irei á misa.–Teña –dixo tendéndome unha folla–. Comprobe isto. É

a contabilidade do último mes. É moi simple. Cada mes, aempresa envíanos todos os libros. Só hai que levar a contade todas as entradas e de todas as saídas, por triplicado.Cada quince días veñen recoller o diñeiro. Pagaranlle concheques, cunha pequena porcentaxe.

–Déixeme ver iso –díxenlle.Collín a folla e sentei sobre un mostrador baixo, cheo de

libros que foran sacados dos andeis para amosalos aos clien-tes, e que, probablemente, non tivera tempo de gardar.

13

Page 16: Cuspirei sobre as vosas tumbas

–Que se pode facer nesta cidade? –pregunteille de novo.–Nada –dixo–. Hai rapazas no drugstore ao outro lado da

rúa, e bourbon no bar de Ricardo, dúas rúas máis aló.Non me caía mal, a pesar dos seus modos bruscos.–Canto tempo leva aquí? –Cinco anos. E aínda me quedan outros cinco.–E iso por que?–É vostede moi curioso.–A culpa é súa. Por que dixo que aínda lle quedaban

cinco anos? Eu non lle preguntara nada.A súa boca suavizouse un chisco e os seus ollos engu-

rráronse. –Ten razón. Pois outros cinco anos e deixo este traballo.–Para facer que?–Escribir –dixo–. Escribir best-seller. Nada máis ca best-

seller. Novelas históricas, novelas nas que os negros se dei-ten con brancas e non sexan linchados, novelas con rapazaspuras que consigan crecer intactas entre a xentalla sórdidados arrabaldes...

Riu.–Best-seller, vaia! E novelas extremadamente audaces e

orixinais. É doado ser audaz neste país: non hai máis quecontar o que todo o mundo podería ver se fixese o esforzo.

–Vaino conseguir –dixen.–Claro que o conseguirei. Xa teño seis preparadas.–Nunca intentou publicalas?–Non son amigo nin amiga dun editor, e non teño car-

tos dabondo para investir.–Daquela?–Daquela, dentro de cinco anos, terei cartos dabondo.–Estou seguro de que o vai conseguir.

14

Page 17: Cuspirei sobre as vosas tumbas

Durante os dous días seguintes, o traballo non faltou, apesar do funcionamento verdadeiramente sinxelo da tenda.Houbo que actualizar a lista de pedidos, e Hansen –así sechamaba o encargado– deume varios sopros sobre os clien-tes. Algúns deles visitábano regularmente para falar de lite-ratura. Só sabían o que aprendían na Saturday Review ou napáxina literaria do xornal local, que tiraba a nada despreza-ble cifra de sesenta mil exemplares. De momento, contentá-bame con escoitalos falar con Hansen, tratando de recordaros seus nomes e as súas caras, porque o máis importantenunha libraría, máis que noutros negocios, é tratar polo seunome o cliente ao pouco de entrar pola porta.

Para o aloxamento, puxérame de acordo con el. Ocupa-ría o apartamento de dúas habitacións no que vivía, xustoenriba do drugstore do outro lado da rúa. Adiantáramealgúns dólares, mentres tanto, para que puidese vivir tresdías no hotel, e mesmo pretendía invitarme a compartirdúas de cada tres comidas, para evitar que a miña débedacon el aumentase. Era un bo fulano. Dábame mágoa a his-toria esa dos best-seller; un best-seller non se escribe asícomo así, nin sequera con cartos. Quizais tiña talento.Esperaba que o tivese.

O terceiro día, levoume ao bar de Ricardo a tomar ungrolo antes do xantar. Eran as dez da mañá, tiña que mar-char antes do mediodía.

Era o último almorzo que iamos compartir. Logo que-daría só fronte aos clientes e fronte á cidade. Tiña queaguantar. Xa fora unha sorte coñecer a Hansen. Co meudólar, sobreviviría os tres días vendendo trangalladas; pero

15

Page 18: Cuspirei sobre as vosas tumbas

deste xeito estaba recuperado totalmente. As cousas empe-zaban ben.

O bar de Ricardo era o típico local limpo e feo. Cheirabaa cebola frita e a rosquillas. Un tipo corrente lía distraído oxornal detrás do mostrador.

–Que van tomar? –preguntou.–Dous bourbons –pediu Hansen interrogándome coa

mirada.Asentín.O rapaz servíunolo en vasos grandes, con xeo e unhas pallas.–Sempre o tomo así –explicou Hansen–. Pero non se sinta

obrigado.–Está ben así –dixen.Se nunca beberon bourbon xeado cunha palla, non poden

imaxinar o que é. É coma unha lapa ardente que se incrustano padal. Lume doce. É terrible.

–Está bo! –dixen.A miña mirada descubriu o meu reflexo nun espello.

Tiña pinta de estar completamente guillado. Levaba temposen beber. Hansen botouse a rir.

–Non se preocupe –dixo–. Pronto estará afeito, por des-graza. En fin –continuou–, terei que ensinarlle as miñasmanías ao camareiro do próximo garito que me sirva debebedoiro.

–Sinto que marche –díxenlle.Riu.–Se eu quedase, vostede non estaría aquí!... Non –dixo–,

é mellor que marche. Só quedan cinco anos, carallo!Apurou o seu vaso dun só trago e pediu outro. –Afarase pronto –mirábame de pés a cabeza–. É vostede

16

Page 19: Cuspirei sobre as vosas tumbas

simpático. Hai algo en vostede que non se entende ben. Asúa voz.

Sorrín sen responder. Aquel fulano era un demo.–Ten unha voz demasiado redonda. É vostede cantante?–Bah, canto de cando en vez para distraerme.Daquela xa non cantaba. Antes si, antes da historia do

rapaz. Cantaba e tocaba a guitarra. Cantaba os blues deHandy7 e as cancións típicas de Nova Orleáns, e outras queeu mesmo compoñía coa guitarra, pero xa non tiña ganasde tocar a guitarra. Precisaba cartos. Moitos. Para conse-guir o demais.

–Con esa voz, debe conseguir todas as mulleres quequere –dixo Hansen.

Asentín con indiferenza.–Non lle interesa?Deume unha palmadiña no lombo.–Vaia dar unha volta polo drugstore. Están todas alí.

Teñen un club na vila. Un club de bobbysoxers. Xa sabe, esasrapazas que levan calcetíns vermellos e xerseis a raias, e quelle mandan cartas a Frank Sinatra. O drugstore é o seu cuar-tel xeral. Xa debeu ver algunha, non? Non, é certo, quedouna tenda case todos os días.

Bebín tamén outro bourbon. Sentíao circular ao tope nosmeus brazos, nas miñas pernas, en todo o meu corpo. Alónon tiñamos bobbysoxers. Pero claro que me gustaban.Raparigas de quince ou dezaseis anos cos peitos ben enpunta baixo os seus xerseis ben cinguidos, fano a propósi-

17

7 William Christopher Handy (1873-1958), o «pai do blues»; compositor, cantante e director deorquestra que recompilou, compuxo e popularizou moitos temas de blues. (N. do T.)

Page 20: Cuspirei sobre as vosas tumbas

18

to, as moi pendangas, sábeno ben. E os calcetíns. Calcetínsde cor amarela viva ou verdes, ben dereitos nos seus zapa-tos sen tacón; e saias amplas, xeonllos redondos; e sempresentadas no chan, coas pernas abertas e con bragas brancas.Si, gustábanme as bobbysoxers.

Hansen seguía mirándome.–A todas lles vai a marcha –dixo–. Non corre risco nin-

gún, coñecen unha chea de sitios para ir con elas.–Non pense que son un porco –dixen.–Ah, non! –dixo–. Quería dicir ir con elas a beber e a bailar.Sorriu. Estaba claro que eu tiña pinta de estar interesado.–Son divertidas –dixo–. Irán facerlle unha visita á tenda.–Que fan alí?–Compran fotos de actores e, como por casualidade,

todos os libros de psicanálise. Libros médicos, quero dicir.Todas estudan Medicina.

–Moi ben... –murmurei–. Xa veremos.Debín finxir ben a indiferenza desta vez, porque Hansen

comezou a falar doutra cousa. Despois xantamos e mar-chou cara ás dúas da tarde. Quedei só diante da tenda.

Page 21: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 22: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Page 23: Cuspirei sobre as vosas tumbas