cs 6ºprimaria. unidade 2. as paisaxes de europa

24
OS PAISAXES DE EUROPA CIENCIAS SOCIAIS 6º PRIMARIA 2015-2016

Upload: pablo-quintas-barros

Post on 13-Apr-2017

290 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

OS PAISAXES DE EUROPA

CIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA

2015-2016

Page 2: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO DE EUROPA: ONDE ESTÁ EUROPA? Situado no hemisferio norte, forma parte da mesma

masa continental ca Asia, da que a separan unha serie de barreiras físicas externas: Os montes Urais, o río Ural e o mar Caspio, ao leste. A cordilleira do Cáucaso, algo máis ao sur.

O resto da superficie do continente, que ocupa uns 10 millóns de quilómetros cadrados, está rodeada de mares e océanos: Polo norte, o océano Ártico. Polo oeste, o océano Atlántico. Polo sur, o mar Mediterráneo e o Mar Negro.

Page 3: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO DE EUROPA: AS UNIDADES DO RELEVO EUROPEO

En el continente europeo predomina el relieve de llanura, con una altitud media de 340 metros.

A pesar de esa circunstancia, cuenta también con una gran variedad geográfica: grandes elevaciones, costas, penínsulas, islas, etc.

Chairas: a máis importante é a (1) Gran Chaira Europea. É percorrida por varios ríos que forman numerosos vales. Tamén destacan a (2) chaira de Europa oriental, a (3) chaira húngara e a (4) chaira do mar Negro.

Page 4: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO DE EUROPA: AS UNIDADES DO RELEVO EUROPEO Mesetas: principalmente sitúanse ao norte e no centro.

Caracterízanse polas súas formas arredondadas e por non superaren os 2.000 metros de altitude. Algunhas das máis importantes son a (1) Meseta Central, en España, a meseta de (2) Valdai, en Rusia; e a (3) meseta de Finlandia.

Sistemas montañosos: sitúanse no centro-sur do continente, e caracterízanse por ser elevados e escarpados, en especial as cordilleiras novas do sur. As máis importantes son (1) Pireneos, (2) Alpes, (3) Apeninos, (4) Balcanes, (5) Cárpatos, (6) montes Escandinavos, (7) Cáucaso y (8) montes Urais .

Litoral: Europa conta cunha gran variedade de accidentes costeiros. Destacan os (1) golfos de Finlandia, de (2) Xénova e de (3) Biscaia; os (4) cabos de Fisterra, de (5) Matapán e do (6) Norte; os (7) estreitos de Xibraltar, do (8) Bósforo e o (9) canal da Mancha; e as (10) penínsulas de Escandinavia, de (11) Kola, de (12) Crimea, (13) Ibérica, (14) Itálica e (15) Balcánica.

Page 5: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 6: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO LITORAL DE EUROPA: AS COSTAS CONTINENTAIS

A costa europea conta con case 38.000 km de extensión. Presenta unhas formas moi recortadas, pola acción da auga do mar, que desgasta as rochas máis brandas.

Ás veces a auga do mar invade antigos vales. Outras veces, as montañas chegan ata o mar e dan lugar a acantilados.

E se o terreo que chega ao mar é chan, dá lugar a costas baixas, como Bélxica, Países Baixos, Alemaña ou Polonia.

Page 7: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO LITORAL DE EUROPA: AS COSTAS CONTINENTAIS

Nas costas do norte do continente hai montañas que chegan ata o mar, e forman grandes acantilados.

O impacto da ondada na base dos acantilados orixina socavacións profundas por debaixo da rocha.

Page 8: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO LITORAL DE EUROPA: AS ILLAS E OS ARQUIPIÉLAGOS

Europa conta, ademais, con miles de illas, que representan o 8 % do territorio europeo.

En xeral, as illas agrúpanse en arquipélagos, como o canario, balear, báltico, grego, etc. Pero tamén hai illas soltas de gran tamaño, como Gran Bretaña e Irlanda

Page 9: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 10: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO LITORAL DE EUROPA: QUE VERTENTES HIDROGRÁFICAS HAI?

As vertentes ártica, do mar Caspio e do mar Negro. Teñen ríos longos e caudalosos que atravesan grandes chairas. Son navegables no verán, pero no inverno moitos deles conxélanse.

Destacan o río Pechora, o Volga e o Danubio, respectivamente. Vertente atlántica. Inclúe os ríos máis caudalosos do continente

por atravesar zonas con abundantes chuvias. Son ríos longos que discorren por extensas chairas e, polo xeral, navegables. Adoitan orixinar estuarios nas súas desembocaduras.

Os máis importantes son os ríos Rin, Elba, Loira, Texo e Vístula. Vertente mediterránea. Inclúe ríos curtos e irregulares, xa que,

aínda que son caudalosos no inverno, diminúen o seu caudal no verán. Nacen en terreos altos e con fortes pendentes.

Destacan os ríos Ebro, Ródano e Po.

Page 11: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 12: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

O RELEVO LITORAL DE EUROPA: COMO SON OS LAGOS EUROPEOS? Lagos setentrionais:

Son de orixe glaciaria. Atópanse fundamentalmente en Finlandia e Rusia, onde destacan o Ladoga, o Onega, o Saimaa e o Peipus.

Lagos alpinos: Atópanse ao longo da cordilleira dos Alpes, como sucede

cos lagos suízos. En Hungría tamén destaca o Balaton, e en Italia, o lago de Garda.

Lagos mediterráneos: Son de menor tamaño. En España destaca a Albufeira de

Valencia; en Francia, os lagos do Roselló, e entre Albania e Montenegro, o lago Skadar.

Page 13: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

OS CLIMAS DE EUROPA A maior parte do territorio de Europa atópase na

zona temperada do hemisferio norte. Porén, unha pequena parte do territorio norte de Europa está dentro da zona fría.

Ademais limita en tres dos seus catro puntos cardinais con mares e océanos, a influencia marítima e oceánica condiciona os climas na maior parte do continente.

Page 14: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 15: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 16: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 17: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 18: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

VEXETACIÓN DE CADA CLIMA Un dos elementos máis

característicos que determinan a paisaxe dun lugar é a súa vexetación. Pola gran variedade de climas é moi sinxelo diferenciar as distintas paisaxes en función da súa vexetación.

O feito de que crezan unhas ou outras plantas débese fundamentalmente a tres factores: a humidade, as horas de luz e a altitude á que se encontran as plantas.

Page 19: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

VEXETACIÓN DE CADA CLIMA

Page 20: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

VEXETACIÓN DE CADA CLIMA

Page 21: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

VEXETACIÓN DE CADA CLIMA

Page 22: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO

1. Aumento global da temperatura, sobre todo no sur do continente e na rexión ártica, que derrete os xeos dos glaciares. Isto provoca á súa vez o aumento do nivel do mar.

2. Aumento das precipitacións, o que causa inundacións, sobre todo nas zonas costeiras, os deltas e as chairas aluviais. Porén, no norte e noroeste de Europa empézase a notar certo descenso das precipitacións.

3. Cambio nos ecosistemas, o que determina o desprazamento de especies vexetais e animais cara ao norte de Europa e cara a cotas máis elevadas.

Page 23: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa
Page 24: CS 6ºPRIMARIA. UNIDADE 2. As paisaxes de Europa

COMO PRACTICAR O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

1. Impulsar unha produción e un consumo sustentables: cambiar a maneira en que os produtos e servizos son deseñados, producidos, utilizados e refugados.

2. Loitar contra o cambio climático: reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

3. Entender que os recursos naturais que sustentan a vida, tales como a auga, o aire e o solo, son limitados.

4. Construír comunidades sustentables, mediante o desenvolvemento de espazos verdes e a construción de vivendas que non impliquen un consumo excesivo de enerxía.