creatividade a terra no universo · 1. coñecer a orixe e a composición do universo e do sistema...

12
A Terra no Universo Páxinas 12 e 13 1. O Universo Páxinas 14 e 15 2. O sistema solar Páxinas 16 e 17 3. A Terra Páxinas 18 e 19 4. A Lúa Páxina 20 5. Eclipses e mareas Páxina 21 6. Un planeta con vida Páxina 22 Move o pensamento Páxina 23 Para rematar Páxinas 26 e 27 • Resolución da tarefa integrada: Ata o infinito e máis aló! P • O Universo. Orixe e composición. C • O sistema solar. C • Os planetas. Características e movementos. C • A Terra. Características xerais. C • Os movementos de rotación e translación e as súas consecuencias. C • Interpretación dos fenómenos naturais (día, noite, estacións) en imaxes. P • A Lúa. Movementos e fases. C • As eclipses. Tipos. C • As mareas. C • Curiosidade por entender como se producen as mareas. V • Factores que favorecen a vida na Terra. C • As capas da Terra. C • Rutina de pensamento: penso - interésame – investigo, sobre as eclipses. P Pon en práctica • Aplicación dos contidos traballados na unidade dun xeito competencial. Emprende • Ser capaz de expoñer oralmente un tema, con coherencia e seguridade. Reflexiona • Reflexión sobre a propia aprendizaxe. Avaliación Recursos para a avaliación (MC): rúbrica de avaliación da unidade Páx. xx; ficha de avaliación da unidade Páx. xx; rúbricas de habilidades xerais Páxs. xx-xx; táboa de observación de adquisición dos contidos Páx. xx. Unha escola para todos • Adaptación curricular (MC): Páxinas xx-xx, ampliación Páxina xx. • Detectámolo a tempo! (POD) Páxina 40. Aprendizaxe 360° • Unha volta polo mundo (LA) Páxina 18. Metodoloxías interactivas • Aplicar a metodoloxía cooperativa ás páxinas 13, 19 (LA) e á páxina 42 (POD). Creatividade • Tarefa integrada (LA) Páxina 13. Emprendemento • Emprende (LA) Páxina 27. Intelixencias múltiples • Actividades (LA) I. Naturalista Páxina 15; I. Espacial Páxina 17. • Actividades (POD) Páxinas xx-xx. Competencias • Pon en práctica as competencias (LA): Páxinas 26-27. • Fichas de competencias (MC): Páx XX • Actividades competenciais (POD): Páxina XX Cultura do pensamento • Rutina do pensamento penso – in- terésame – investigo (LA) Páxina xx. Ferramentas TIC • Recursos dixitais para a PDI: libro dixital interactivo, actividades complementarias etc. • Recursos dixitais para a aula. 1 A Terra no Universo Recursos para fomentar o talento na aula LA Libro do Alumno. MC Material Complementario. POD Programación e Orientacións Didácticas. CONTIDOS 28

Upload: others

Post on 11-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

A Terra no UniversoPáxinas 12 e 13 1. O UniversoPáxinas 14 e 15 2. O sistema solarPáxinas 16 e 17 3. A TerraPáxinas 18 e 19

4. A LúaPáxina 20 5. Eclipses e mareasPáxina 21

6. Un planeta con vidaPáxina 22 Move o pensamentoPáxina 23 Para rematarPáxinas 26 e 27

• Resolución da tarefa integrada: Ata o infinito e máis aló! P

• O Universo. Orixe e composición. C

• O sistema solar. C• Os planetas. Características e movementos. C • A Terra. Características xerais. C• Os movementos de rotación e translación e as súas consecuencias. C • Interpretación dos fenómenos naturais (día, noite, estacións) en imaxes. P • A Lúa. Movementos e fases. C

• As eclipses. Tipos. C• As mareas. C• Curiosidade por entender como se producen as mareas. V • Factores que favorecen a vida na Terra. C• As capas da Terra. C • Rutina de pensamento: penso - interésame – investigo, sobre as eclipses. P

Pon en práctica• Aplicación dos contidos traballados na unidade dun xeito competencial. Emprende• Ser capaz de expoñer oralmente un tema, con coherencia e seguridade.Reflexiona• Reflexión sobre a propia aprendizaxe.

AvaliaciónRecursos para a avaliación (MC): rúbrica de avaliación da unidade Páx. xx; ficha de avaliación da unidade Páx. xx; rúbricas de habilidades xerais Páxs. xx-xx; táboa de observación de adquisición dos contidos Páx. xx.

Unha escola para todos• Adaptación curricular (MC):

Páxinas xx-xx, ampliación Páxina xx.

• Detectámolo a tempo! (POD)Páxina 40.

Aprendizaxe 360°• Unha volta polo mundo (LA)

Páxina 18.

Metodoloxías interactivas• Aplicar a metodoloxía cooperativa

ás páxinas 13, 19 (LA) e á páxina 42 (POD).

Creatividade• Tarefa integrada (LA) Páxina 13.

Emprendemento• Emprende (LA) Páxina 27.

Intelixencias múltiples• Actividades (LA) I. Naturalista

Páxina 15; I. Espacial Páxina 17.• Actividades (POD) Páxinas xx-xx.

Competencias• Pon en práctica as competencias

(LA): Páxinas 26-27.• Fichas de competencias (MC):

Páx XX• Actividades competenciais (POD):

Páxina XX

Cultura do pensamento• Rutina do pensamento penso – in-

terésame – investigo (LA) Páxina xx.

Ferramentas TIC• Recursos dixitais para a PDI: libro

dixital interactivo, actividades complementarias etc.

• Recursos dixitais para a aula.

1A Terra

no Universo

Recursos para fomentar o talento na aula

LA Libro do Alumno. MC Material Complementario. POD Programación e Orientacións Didácticas.

CONTIDOS

28

Page 2: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía / Intelixencia naturalista)

2. Localizar a Terra como planeta do sistema solar e identificar as súas características básicas, a súa estrutura e os move-mentos que efectúa, para entender que é o único planeta con vida, a secuencia día-noite e as estacións. (Competen-cia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía / Intelixencia naturalista)

3. Iniciarse na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación cun espírito crítico. (Competencia dixital / Intelixencia lingüístico-verbal, visual-espacial)

4. Valorar a importancia do coñecemento científico, para comprender mellor o Universo e o sistema solar. (Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía / Intelixencia naturalista)

Obxectivos en termos de competencias/Intelixencias múltiples

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

• Explicar como é e de que forma se orixinou o Uni-verso e os seus principais compoñentes.

• Describir as características principais do sistema solar identificando diferentes tipos de astros e as súas características.

• Situar o planeta Terra no sistema solar explicando o paso do xeocentrismo ao heliocentrismo.

• Explicar os movementos da terra e as súas conse-cuencias.

• Explicar características da Lúa e dos movementos que realiza, identificando as fases lunares e as súas consecuencias.

• Explicar como e por que se producen as eclipses de Sol e de Lúa.

• Buscar, obter, procesar e comunicar información sobre o Universo e o sistema solar, utilizando re-cursos tecnolóxicos.

• Recoñecer os avances da ciencia no estudo do Universo e da Terra, e a súa aplicación na vida co-tiá das persoas, valorando a curiosidade humana e a importancia do coñecemento científico.

ESTÁNDARES

• Explica como é e de que forma se orixinou o Universo e identifica os seus principais compoñentes.

• Define galaxia, estrela, planeta, satélite, asteroide e cometa.

• Describe e interpreta esquemas e imaxes do Sistema Solar e dos astros que o forman.

• Describe a relación que existe entre meteoritos e estrelas fugaces.

• Describe a composición dos cometas e explica por que e cando se fan visibles.

• Explica as características do Sol e localiza os planetas segundo a súa proximidade a esta estrela.

• Describe a localización da Terra no Universo. A súa forma e algunhas características vista desde o espazo.

• Identifica e describe as capas da Terra.

• Define o movemento de translación terrestre, o eixe de xiro e os polos xeográficos e asocia as estacións de ano ao seu efecto combinado.

• Identifica as estacións, fixa a súa duración, e describe a luz solar nelas e os seus efectos sobre os seres vivos.

• Explica o día e a noite como consecuencia da rotación terrestre e como unidades para medir o tempo.

• Define a translación da Lúa e identifica e nomea as fases lunares.

• Utiliza láminas, debuxos e modelos tridimensionais para realizar descri-cións orais dos movementos da Terra e da Lúa.

• Representa graficamente e analiza os movementos de rotación e transla-ción.

• Define termos relacionado co Universo e co sistema solar como: asteroi-de, cometa, eclipse, galaxia, meteorito, órbita, planeta, rotación, satélite, translación, Vía Láctea.

• Explica que é un telescopio espacial e as vantaxes que ten fronte aos te-lescopios terrestres.

• Identifica un planetario como o lugar que simula o ceo nocturno no inte-rior dunha cúpula semiesférica.

• Utiliza as TIC para buscar información e elaborar traballos sobre o Univer-so, o sistema solar e a Terra.

• Valora a curiosidade humana e a importancia dos avances científicos para afondar no coñecemento do Universo.

29

Page 3: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

Unidade 1 A Terra no UniversoCl

aves

par

a m

otiv

arD

etec

tám

olo

a te

mpo

!

Pódense utilizar as seguintes propostas para prever e anticiparse ás posibles dificultades que poidan xurdir res-pecto dos contidos da unidade.

– Para axudarlles a ser máis conscientes das inmensas dimensións do Universo, da incontable cantidade de corpos celestes que o compoñen e do seu enorme tamaño, e das enormes distancias que os separan poden ver un vídeo, por exemplo:

– Para recoñecer os diferentes corpos celestes que conforman o Universo e o sistema solar:

• Adaptación curricular: proposta de actividade sobre o Universo e o sistema solar (páx. XX).

– Para comprender a relación entre os movementos da Terra e a Lúa e os fenómenos que estes provocan.

• Traballo cooperativo. Propoñer un traballo en grupo para comprender os movementos terrestres res-pecto ao Sol e a súa relación coas estacións ou o día e a noite (ver proposta concreta en páx. 34). Poste-riormente, ampliar este traballo incluíndo a Lúa no xogo (ver proposta concreta en páx. 35).

• Adaptación curricular: propostas de actividade sobre a Terra e a Lúa (páxs. XX e XX).

– Para poñer en práctica técnicas de traballo en grupo e traballo cooperativo.

• O xogo das palabras: o mestre ou mestra escribe no encerado o nome dos diferentes corpos celestes que forman o Universo. En grupos, cada membro debe construír unha frase para definir un destes corpos celestes e, despois, amósalla ao resto do grupo para corrixila, ampliala, matizala... Cando os grupos teñan todas as definicións listas, poñeranas en común. Esta posta en común representa unha síntese do tema traballado.

• Ler o título da unidade e observar a imaxe. Para motivar os alumnos e alum-nas a expoñer os seus coñecementos previos sobre o contido da unidade pódense formular cuestións como as seguintes:

– Que relación existe entre o título da unidade e a imaxe que a presenta? Ocórresevos outra imaxe que podería ilustrar o título da unidade?

– Recoñecedes que tipo de corpos celestes son os pequenísimos puntos de luz que se ven na imaxe? E as zonas coloreadas, que vos imaxinades que son? Coñecedes outros tipos de corpos celestes? Podedes ordenalos segundo o seu tamaño?

– Que tipo de corpo celeste é a Terra? Que estrela é a máis próxima a ela? Por que de noite non a vemos?

• Ler os apartados da unidade citados en «Vas aprender». E, para que os alumnos e alumnas sexan conscientes dos obxectivos da unidade e de cada apartado en concreto, propoñerlles as cuestións seguintes:

– Citar un ou varios aspectos que esperades que se expliquen en cada un dos apartados desta unidade.

– Que apartado vos parece máis interesante?

– Que obxectivos de aprendizaxe nos podemos propoñer segundo estes contidos?

• Transmitir a importancia que o estudo do Universo debe ter para o ser humano e podería ter nun futuro afas-tado, para achegar funcionalidade e valor significativo aos contidos.

• Conciencialos que eles serán protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe e que deben manter unha actitude proactiva.

Páxinas12 e 13

30

http://links.edebe.com/ybuifhttp://links.edebe.com/768wghttp://links.edebe.com/q3

Page 4: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

TAREFA

INTEG

RAD

A

Ata o infinito e máis aló!DESCRICIÓN

Nesta tarefa o alumnado buscará información e elaborará murais sobre as distintas misións levadas a cabo pola NASA.

Coa realización desta tarefa, o alumnado pode:

– Coñecer as distintas misións espaciais que levou a cabo a NASA para coñecer e explorar o Universo.

– Recoñecer a importancia que ten para o ser humano a exploración do Universo e os fitos máis significa-tivos conseguidos pola Nasa na súa carreira espacial.

– Aprender a buscar información sobre o tema nas webs suxeridas ou noutras fontes.

– Aprender a sintetizar e representar o aprendido nun mural e a preparar exposicións orais sobre o tema traballado.

– Desenvolver as habilidades interpersoais e de traballo en equipo, participando de forma activa e valo-rando e respectando as achegas e opinións dos demais.

PROCESO

Ler o título da tarefa proposta e o texto que a introduce e comentar colectivamente de que trata; ler as pre-guntas que suscita e describir en que consistirá esta tarefa.

1. Organización dos equipos de traballo. Antes de emprender esta tarefa será necesario organizar os alumnos en grupos.

2. Preparación do material. Cada grupo deberá poder acceder a un ordenador conectado a Internet ou dispoñer doutras fontes onde atopar a información necesaria. Cada grupo deberá organizarse e repartirse a tarefa de maneira que cada membro se responsabilice de recoller a información sobre un dos aspectos propostos.

3. Realización da actividade. Cada grupo poñerá en común a información atopada e deberá consensuar como van elaborar o mural: como se organizará a información e que materiais van utilizar. Ao levar a cabo a actividade, hai que ter en conta que todos os membros do grupo deben participar activamente respec-tando a quenda, así como amosar interese e respecto polo traballo de cada un.

PRESENTACIÓN

• Elaborar o mural tendo en conta tanto o contido conceptual como a presentación gráfica.

• Preparar a exposición oral por parte de cada grupo. O grupo deberá repartirse a explicación para que todos os membros participen da exposición na clase.

• Ao finalizar a presentación, deberán contestar as dúbidas que lles poida realizar o resto da clase.

31

Page 5: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

O Universo

Como dinamizo a clase?

01. Na táboa deben aparecer: galaxias, estrelas, planetas, satélites e astros menores (asteroi-des, cometas, meteoritos).

02. A nosa galaxia chámase Vía Láctea. Ten for-ma espiral. − O seu nome provén da mitoloxía grega e

significa «Camiño de leite».− En España denomínase Camiño de Santia-

go. Porque era usada como guía polos pe-regrinos que querían chegar á cidade de Santiago de Compostela.

03. Os planetas e os satélites son astros sen luz propia.

04. Os astros menores son astros de menor ta-maño. Por exemplo: os asteroides, os come-tas ou os meteoritos.− As estrelas fugaces son meteoritos que

cando entran en contacto coa atmosfera arden.

05. Resposta aberta.

Solucionario

Unidade 1Páxinas14 e 15

32

Unidade 1

Solucionario

CB

AC

Antes de comezar a traballar este contido, o mestre ou mestra pode preparar unha serie de fotogra-fías dos distintos corpos celestes que compoñen o Universo para amosarllas o alumnado: pregunta-ralles se recoñecen de que corpo se trata. Unha vez traballados os contidos do apartado, volveranse amosar as fotografías para comparar se o alumnado identifica máis corpos celestes que ao comezo da unidade.

Actividade competencial

• Propoñer aos alumnos que escriban unha redacción na que expliquen a que lugar do universo lles gustaría viaxar, como o imaxinan (tendo en conta o que aprenderon) e como cren que sería a súa estancia alí. Representalo cun debuxo.

• Elaborar un libro colectivo coas redaccións titulado «As nosas viaxes polo Universo».

Actividade complementaria

• Realizar unha visita a un planetario.

– Antes da visita, explicarase que é un planetario: lugar onde se poden observar simulacións do ceo nocturno en diferentes horas e momentos do ano, e desde lugares distintos. E traballaranse os distintos contidos que alí se expoñerán.

– Durante a visita observásense os diferentes corpos celestes, os seus movementos e as súas ca-racterísticas principais.

– Finalmente, na clase valorarase a visita e poñerase en común o aprendido.

•Propoñerllesosalumnosealumnasqueescribanunharedacciónnaqueexpliquenaquelugar do Universo lles gustaría viaxar, como o imaxinan (tendo en conta o que aprenderon) e como cren que sería a súa estancia alí. Representalo cun debuxo.

•Elaborarunlibrocolectivocoasredacciónstitulado«AsnosasviaxespoloUniverso».

Page 6: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

Unidade 1 O sistema solar

Como dinamizo a clase?

Unidade 1Páxinas16 e 17

06. Debe ter maior temperatura Mercurio, por-que é o planeta máis próximo ao Sol. E debe ter menor temperatura Neptuno, porque é o máis afastado do Sol.− A traxectoria dos planetas ao redor do Sol

chámase órbita. 07. Resposta aberta

08. Os planetas clasifícanse en interiores e exte-riores. Os interiores son os máis próximos ao Sol e son de pequeno tamaño, sólidos e de aspecto rochoso. Os exteriores son os máis afastados do Sol e son de maior tamaño, gasosos e están rodeados de aneis. 33

Solucionario

IM

CB

Explicarlles os alumnos e alumnas que de noite, ademais de verse estrelas, tamén se poden observar algúns dos planetas do sistema solar. E que o máis recoñecible deles é Venus, porque despois do Sol e a Lúa, é o terceiro astro máis brillante no ceo. Comentarlles que se distingue das estrelas porque a súa luz non pestanexa. Propoñerlles que nunha noite de ceo despexado intenten localizalo, para iso deberán axudarse dun planisferio celeste ou consultar en Internet ou a un adulto experto.

Intelixencias múltiples

O Universo en números (Lóxico-Matemática)• Propoñerlle o alumnado que resolvan os seguintes problemas matemáticos.

– Se o diámetro da Terra no ecuador mide uns 12.756 km e o de Urano 51.118 km, cantos quiló-metros é o diámetro de Urano maior que o da Terra?

– Se unha nave espacial viaxa a unha velocidade de 18.000 km/h, canto tempo tardará en chegar á Lúa se esta se atopa a uns 380.000 Km da Terra?

Actividade competencial

Construír un diorama do sistema solar

•Materialnecesario:unhacaixadezapatosgrande,dúasimaxesencoreaescaladosdis-tintos planetas, pintura negra, fío de pescar, tesoiras, cinta adhesiva e unha lámina de plástico transparente.

•Proceso: − Recortar unha cara lateral da caixa de zapatos deixando un marco duns 2 cm, a través

da cal poderase observar o diorama. − Pintar todo o interior da caixa con pintura negra e deixar que seque ben. − Mentres, recortar as dúas fotografías de cada planeta e pegalas unha coa outra de ma-

neira que se vexa o planeta polas dúas caras. − Facer un pequeno buraco na parte superior de cada planeta. Pasar o fío de pescar e facer

un nó para suxeitalo. − Na tapa da caixa de zapatos cun lapis, trazar unha diagonal desde un extremo ao outro,

e facer sete pequenos buracos ao longo da diagonal para colgar os planetas respectan-do a súa posición no sistema solar. Colgalos, empezando polo buraco máis próximo á tapa lateral recortada, desde o máis próximo ao Sol ao máis afastado.

− Suxeitar con cinta adhesiva a lámina de plástico, para cubrir a cara lateral recortada. Poñer a tapa cos planetas colgados.

Page 7: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

A Terra

Como dinamizo a clase?

09. Como consecuencia do movemento de ro-tación da Terra sucédese o día e a noite. E como consecuencia do movemento de translación da Terra prodúcense as esta-cións.

10. Por mor da inclinación do eixe terrestre os raios do Sol chegan ás distintas zonas da Te-rra con maior ou menor inclinación, quen-tan de forma distinta e prodúcense as esta-cións do ano.− Porque na metade norte, os raios de luz

chegan inclinados á Terra e a quentan me-nos, mentres que na metade sur chegan perpendicularmente e quéntana máis.

11. A estación na que medran as plantas con maior facilidade é a primavera, porque as temperaturas son suaves e é a época máis chuviosa.

12. Resposta orientadora. Ocorrería que os raios do Sol chegarían só a unha metade da Te-rra, cada seis meses. É dicir, que o día e a noite duraría seis meses.

Solucionario

Unidade 1Páxinas18 e 19

34

Unidade 1

Solucionario

IM

AC

Ler o texto «Unha volta polo mundo» e realizar as actividades propostas.

Intelixencias múltiples

Os movementos de rotación e translación (Corporal-Cinestésica e Naturalista)• Simular os movementos da Terra para entender como se producen e que fenómenos orixinan.

Para iso, formar parellas: un dos membros do grupo será o Sol e o outro a Terra. O primeiro alumno ou alumna representará ao Sol mediante un foco ou unha lanterna; o segundo elabo-rará a Terra mediante unha bóla de porexpan do tamaño dunha pelota de tenis atravesada por unha variña que represente o seu eixe de rotación. Cada parella simulará os movementos de rotación e translación da Terra e comprobará os fenómenos que orixinan.

Actividade complementaria

– Propoñerlles os alumnos preguntas relacionadas cos movementos da Terra coma se fosen adivi-ñas.

Por exemplo, «se en España é de noite e é verán, en Chile é...», «se en Estados Unidos é de día e outono, na India é...»Para facilitar as respostas, pódese traballar cunha esfera terrestre e un foco para que sexa máis fácil identificar os países e a súa situación no globo terráqueo.

Page 8: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

Unidade 1 A Lúa – Eclipses e mareas

Como dinamizo a clase?

Unidade 1Páxinas20 e 21

13. Resposta aberta− O cuarto crecente prodúcese cando a Lúa

se sitúa de forma que desde a Terra só se ve unha metade da súa cara iluminada polo Sol, a parte dereita. A lúa chea pro-dúcese cando a Lúa se sitúa de maneira que toda a súa cara iluminada se atopa en fronte da Terra.

14. A lúa nova prodúcese cando a cara non-ilu-minada da Lúa queda en fronte da Terra e non a vemos. En cambio, a eclipse de Lúa prodúcese cando a Terra durante o seu mo-vemento de translación se coloca entre a

Lúa e o Sol impedindo que a luz solar che-gue á Lúa.

15. As mareas son debidas ás forzas que exer-cen a Lúa e o Sol sobre as augas oceánicas. A forza da Lúa é maior que a do Sol.Cando a Lúa se atopa sobre a vertical dun océano atrae as augas e estas elévanse e prodúcese a preamar.Cando o Sol e a Lúa se situan en liña recta coa Terra, as súas forzas de atracción sú-manse e producen as mareas vivas.

35

Solucionario

IM

AC

A LúaComentarlle o alumnado que xa desde antigo, un dos soños da Humanidade foi visitar a Lúa. Para ilustralo e comparar a ficción coa realidade poden visionar:

– Curtametraxe «Viaxe á Lúa» de George Méliès (1902)»: http://links.edebe.com/2mep e as imaxes do «Primeiro ser humano en pisar a Lúa»: http://links.edebe.com/ntq6.

Eclipses e mareasPreguntarlles os alumnos e alumnas se observaron algunha vez unha eclipse. Propoñerlles consultar a páxina Eclipses lunares http://links.edebe.com/na2v para coñecer información sobre as eclipses que se produciron e as que terán lugar proximamente.

Intelixencias múltiples

O Sol, a Terra e a Lúa (Corporal-Cinestésica e Naturalista)Continuar a actividade iniciada no apartado anterior para comprender os movementos da Terra e a súa relación co Sol. Neste caso incorporar os movementos que efectúa a Lúa.• Simular os movementos da Lúa para entender como se producen e que fenómenos orixinan

(cara oculta da Lúa, fases lunares e eclipses). Para iso, formar grupos de 3. Cada un dos mem-bros do grupo representará o Sol, a Terra e a Lúa respectivamente. O primeiro alumno ou alum-na representará o Sol mediante un foco ou unha lanterna; outro, representará a Terra mediante unha bóla de porexpan do tamaño dunha pelota de tenis atravesada por unha variña que repre-sente o seu eixe de rotación e un terceiro representará á Lúa mediante unha bóla de porexpan do tamaño dunha bóla de vidro. Cada grupo simulará os movementos destes astros e compro-bará os fenómenos que orixinan.

Actividade complementaria

Calendario lunar•Amosarlle o alumnado un calendario no que estean marcadas as diferentes fases da Lúa. Com-

probar que os meses lunares duran 28 días e que cada sete iníciase unha nova fase.

• Pedirlles que conten cantos meses lunares ten un ano.

•Motivalos para que durante un mes lunar observen os cambios de fase.

Page 9: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

Unidade 1Un planeta con vida

Como dinamizo a clase?

16. Atmosfera / Capa gasosa que envolve a Te-rra. Xeosfera / Parte sólida da Terra. Hidros-fera / Capa de auga que recubre parte da Terra. Biosfera / Conxunto de seres vivos do planeta

17. É a capa intermedia / Manto. − É a capa máis interna e a súa temperatura

é moi elevada / Núcleo. − É a capa máis superficial e delgada, e está

formada por materiais sólidos / Codia.

Solucionario

Unidade 1Páxina

22

36

IM

AC

Comentarlle o alumnado o interese do ser humano por saber se existe vida máis aló da Terra e se existen seres intelixentes cos que poidamos contactar. Explicarlles que con este último obxectivo, lanzáronse ao espazo sondas con información sobre o noso planeta e a nosa forma de vida. Estas sondas viaxan polo espazo coa esperanza de contactar con seres intelixentes doutros planetas. A in-formación que conteñen foi elaborada por un comité de científicos. Para concretar que información conteñen estas sondas poden consultar por exemplo a páxina «Disco de ouro das Voyager» http://links.edebe.com/42n que explica que información conteñen os discos de ouro das sondas Voyager so-bre o noso planeta.

Intelixencias múltiples

Representar en 3D as capas da Terra (espacial, intrapersoal)• Para aprender cales son as capas da Terra, modelar unha representación en 3D con plastilina.

Para iso debe seguirse o seguinte proceso:

– Para representar o núcleo: facer unha bóla pequena de plastilina (da mesma cor coa que estea representada o núcleo no esquema da páxina 22 do Libro do Alumno).

– Sobre ela colocar outra capa de plastilina que representará o manto (da mesma cor que no Libro do Alumno).

– Colocar outra capa de plastilina marrón que representará a codia terrestre.

– Enriba fixar unha fina capa de plastilina azul que simulará a hidrosfera.

– E sobre esta última, colocar placas da mesma cor que a codia reproducindo os distintos conti-nentes, observando a súa forma, tamaño e localización nun globo terráqueo.

– Para rematar, cortar a esfera pola metade, para facer visibles as distintas capas. Vernizar ambas metades e deixar que seque ben.

Actividade complementaria

• Propoñerlles os alumnos que busquen información sobre os sondeos que se realizaron para coñecer as características do interior da Terra e que outros métodos se empregan para o estudo das capas internas da Terra. Para iso, por exemplo, poden ler a noticia «Sondeos cara ao interior da Terra»

http://links.edebe.com/r7t9rg

Page 10: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

A rutina de pensamento «penso, interésame, investigo» estimula a curiosidade do alumnado e centra as bases para afondar en coñecementos novos sobre un contido de aprendizaxe. Utilízase para centrar na reflexión e ex-ploración das súas ideas, para afondar no que coñecen e descoñecen incitándolles a investigar sobre cuestións ou aspectos que espertan o seu interese respecto ao contido que terán que aprender. Neste caso, podémolo aplicar ás eclipses.

Paso 0 (opcional): Deixar os alumnos e alumnas un tempo para reflexionar sobre o que xa saben das eclipses.

Paso 1: Preguntar que cres que sabes sobre os seres microscópicos? Os alumnos e alumnas escribirán o que saben no lugar elixido polo mestre ou mestra (unha tira de papel, unha nota adhesiva ou o seu propio ca-derno).

Paso 2: Preguntar que dúbidas ou preguntas tes sobre os seres microscópicos? Déixaselles o tempo necesario para que pensen a súa resposta e que a escriban no lugar indicado.

Paso 3: Remataremos preguntando que che gustaría investigar sobre os seres microscópicos? Déixaselles tempo para a reflexión e escritura dos seus pensamentos.

Paso 4: Posta en común. Cada un expoñerá ante o resto dos seus compañeiros as súas tres respostas e ano-taraas ou pegará a nota adhesiva nun mural destinado a iso.

Ao pechar este contido poderiamos volver sobre o anotado nos seus cadernos para valorar o que aprenderon e se atoparon resposta ás súas dúbidas e aos seus intereses.

Propoñemos utilizar esta rutina antes de iniciar o estudo do apartado sobre eclipses.

– Todos os alumnos participarán na posta en común das tres preguntas. Cando os alumnos saian a compartir os seus pensamentos é conveniente que o fagan sen interrupcións e usando antes de cada un deles, eu penso… a min interésame… gustaríame investigar…

– Pódese facer a posta en común da rutina pregunta a pregunta, en función do grao de madurez da clase.

– Esta rutina pódese traballar en grupo, aínda que é conveniente que se dea tempo para que cada alumno explore previamente os seus propios pensamentos.

– É importante escribir ou pegar as respostas nun mural. Se se anotan as respostas no encerado despois ha-bería que borralo e non poderiamos deixar visibles os pensamentos para usalos máis adiante ou reforzar as aprendizaxes.

37

Move o pensamento: penso - interésame - investigo

Como dinamizo a clase?

Unidade 1Páxina

23

Orientacións didácticas

Recomendacións

Unidade 1

… … …

1. Penso

Que cres que sabes sobre os seres microscópicos?

2. Interésame

Que dúbidas ou preguntas tes sobre os seres microscópicos?

3. Investigo

Que che gustaría investigar ou saber sobre os seres microscópicos?

PENSO-INTERÉSAME-INVESTIGO

Page 11: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

00-txt-ud-tit Unidade 1

Solucionario

Repasamos

Como dinamizo a clase?

Unidade 1Páxinas

24 e 25

Solucionario

38

18.

19. O Universo é o conxunto formado polos corpos celestes, como as galaxias, as estrelas, os plane-tas e os astros menores; e o espazo que os contén.

20. Un planeta describe o movemento de rotación e o de translación. O movemento de rotación é o xiro que efectúa o planeta sobre si mesmo; e o movemento de translación, é o xiro do planeta ao redor do Sol. – Como consecuencia do movemento de rotación da Terra sucédese o día e a noite. E como con-

secuencia do movemento de translación da Terra prodúcense as estacións. 21. Resposta aberta.

– Planetas interiores: Mercurio, Venus, Terra e Marte. Planetas exteriores: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

22. – Cando no hemisferio norte é inverno, no hemisferio sur é verán. No hemisferio norte é inverno porque os raios do sol inciden moi inclinados e quentan pouco e, por iso as temperaturas son baixas. Mentres que no hemisferio sur os raios do sol inciden perpendicularmente e quentan con grande intensidade, dando lugar a altas temperaturas.

– Cando é outono no hemisferio norte, é primavera no hemisferio sur. No hemisferio norte, no outono, as horas de luz e de escuridade iguálanse e os raios do sol inciden lixeiramente inclina-dos e quentan menos que no verán, polo que as temperaturas descenden. Mentres que no hemisferio sur tamén se igualan as horas de luz e de escuridade, pero os raios do sol inciden máis perpendicularmente e as temperaturas ascenden.

23. A: Lúa chea: a lúa sitúase no lado contrario ao Sol, de maneira que a súa cara iluminada queda totalmente en fronte da Terra.

B: Lúa nova. A lúa sitúase ente o Sol e a Terra de modo que a cara non-iluminada queda total-mente en fronte da Terra e non vemos a Lúa.

C: Cuarto crecente. A lúa sitúase de forma que desde a Terra só se ve unha metade iluminada polo Sol, a da dereita.

D: Cuarto minguante. A lúa sitúase de forma que desde a Terra só se ve media cara da lúa ilumi-nada polo Sol, a da esquerda.

O SISTEMA SOLAR

O Sol

Urano

Neptuno

Saturno

Xúpiter

Marte

A Lúa

A Terra

Venus

Mercurio

Astros menoresPlanetas

nela distinguimos

o seu satélite

consta de tres capas

Codia

Manto

Núcleo

Biosfera

Atmósfera

Hidrosfera

Xeosfera

Page 12: Creatividade A Terra no Universo · 1. Coñecer a orixe e a composición do Universo e do sistema solar, para unha mellor comprensión do medio que habita-mos. (Competencia matemática

00-txt-ud-tit

39

Para rematar

Como dinamizo a clase?

Unidade 1Páxinas26 e 27

Solucionario

01. Terra: planeta. / Vía Láctea: galaxia. / Sol: estrela. / Lúa: satélite.

02. 1. Mercurio. / 2. Venus. / 3. Terra. / 4. Marte. / 5. Xúpiter. / 6. Saturno. / 7. Urano. / 8. Nep-tuno

03. Resposta orientadora. Desde un punto de vista científico non é correcto porque nin o Sol nin a Lúa se ven en ningún sitio. Que vexamos estes astros ou non os vexamos é un efecto dos movementos da Terra e da Lúa.

04. − Venus ten o período de translación máis parecido á Terra. E Marte, o de rotación.

− En Venus dura máis o seu día que o seu ano.

− Xúpiter empregará 4.380 días en orbitar ao redor do Sol. Saturno empregará 10.585 días.

05. Ano: Tempo que tarda a Terra en describir unha órbita ao redor do Sol. Día: tempo que tarda un planeta ao virar ao redor do seu eixe.

39

Unidade 1

Pon en prácticaNa primeira actividade, o alumnado poderá aplicar o que aprendeu sobre os diferentes elementos do Uni-verso.

A segunda actividade permite repasar o nome dos planetas do sistema solar e a súa posición respecto ao Sol.

Na terceira actividade aplicarán os contidos aprendidos para valorar, desde o punto de vista científico, ex-presións da vida cotiá.

Na cuarta actividade, analizarán a información contida nunha táboa e aplicaranse os contidos aprendidos sobre os movementos dos planetas do sistema solar para resolver as cuestións propostas.

E finalmente, na última actividade identificarán o significado das palabras ano e día.

EmprendeEn primeiro lugar, o mestre ou mestra deberá recordarlle o alumnado que unha exposición oral realízase ante un auditorio. Por iso é importante preparala con antelación, para ter seguridade ao realizala e expre-sarse con claridade.

Deseguido, o alumnado deberá ler a proposta, desenvolver unha exposición oral sobre un traballo en gru-po sobre O Universo, e analizar os aspectos que se lle amosan como exemplo.

A partir desta análise deberá reflexionar e propoñer que outros aspectos pensa que deben terse en conta para levar a cabo a exposición oral, por exemplo, a elaboración dun guión cos puntos que se van explicar, decidir e elaborar os recursos audiovisuais que se utilizarán durante a exposición, practicar antes para ter unha pronunciación clara e boa entoación…

Finalmente, realizar unha posta en común dos aspectos propostos polos alumnos e alumnas e elaborar un sinxelo manual de como realizar unha boa exposición oral.

ReflexionaResponder, de xeito individual, as preguntas formuladas no apartado. Despois, poñer en común as respos-tas, para valorar, en xeral que aspectos consideraron que son os máis importantes que aprenderon e os que lles chamaron máis a atención.