corte 2007

20
LA CORTE 2007

Upload: xogos-florais

Post on 29-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

XOGOS FLORAIS - CORTE 2007

TRANSCRIPT

Page 1: CORTE 2007

LA CORTE

2007

Page 2: CORTE 2007

IAGO REGAL DEL RÍO Fai dezaoito anos nacín en Ourense. Nos meus primeiros anos era un neno moi chorón e tamén moi dormilón. Ós tres anos comencei a ir ó colexio en LAGOAS III. Un ano despóis canbiáronme para FRANCISCANAS, onde estiven ata agora. Durante todos este anos compartín moi bos momentos con todos os meus compañeiros e nunca me esquecerei dunha morea de anécdotas que enchen os meus petos. Pero antes de nada voume presentar: chámome IAGO, son un mozo alegre, divertido e moi aloucado. Ntre as miñas aficións atópanse os videoxogos, saír cos amigose coa noiva e os deportes: balocesto, ciclismo... entre outros. Non son moi afecionado á lectura nin ó estudo, algo que xa saben os meus profesores. Neste colexio coñecín a moitísimas persoas, os meus amigos, a miña moza... e despóis de todos este anos nunca esquecerei o meu paso por FRANCISCANAS, porque é unha desas cousas que recordarei sempre. Querría darlle as grazas ós profesores, porque aínda que tivemos os nosos rifirrafes, sempre me apoiaron e tiraron por min para que estudara algo. Tamén quero agadecerlles ós meus compañeiros toda a axuda e amizade que me brindaron sempre. Ó longo deste anos compartimos boas e non tan boas experiencias,pero sempre sacamos algo positivo de todo o que fixemos, aínda que fora algunha das nosas falcatruadas. As excursións, as festas do colexio, as risas cos compañeiros... son cousas que sempre levarei no coazón e que non esquecerei nunca. Por último, desexarvos toda a sorte do mundo e que todos os vosos soños se cumpran. Non cambiedes nunca porque sodes os mellores. Unha fortísima aperta dos voso compañeiro. Ata sempre...

Page 3: CORTE 2007

MARTÍN OTERO JUSTO Nacín o 31 de decembro de 1989, curiosa data, si... O que máis em marcou na miña infancia foi vivir nas Torres do Pino, o mellor sitio para ser neno. Lembro cruzar unha estrada bastante perigosa todas as mañás para coller o autobús que me levaba ó colexio CASARDOMATO, quizáis de alí provén a miña afeción ó deporte, e sobre todo ó fútbol sala. Logo mudei de colexio. Unha vez chegado a FRANCISCANAS o primeiro día un mestre de gafas chamado Gonzalo, púxonos a todos no paredón e foi pasando lista, malia semellar ser moi serio ó principio, logo resultou ser un home do máis simpático, recórdoo ben por ser o meu primeiro día. Agora xa levo case seis anos e as anécdotas son infinitas... Recordo cn especial cariño as pachamgas míticas do equipo ATLÉTICO CATEQUISTAS, as excursións, que foron inesquecibles, axente en xeral, algúns en particular... Moi bos recordos. Collín a rama de Humanidades, porque, como digo eu “son de letras cerrao”, e en canto puiden perdín de vista as Mates e demáis. Sempre quixen ser futbolista, malia nun principio ser literalmente un “paquete”, mellorei bastante xogando cos meus amigos e sempre pasándoo o mellor que puiden. O que non podo comprender é a miña vida e o que son se o meu irmán Juan. É unha desas persoas que che marca, que contaxia o seu espírito activo e feliz. Sempre animando e dando o mellor de se mesmo en todo o que fai. Malia ser o irmán maior, aprendín eu máis del que ó revés. Temén debo todo o que son o esforzo da miña nai, sen ela sería un mendigo, ou peor. Todo o mundo di que somos como dúas gotas de auga. Verdadeiramente a súa dedicación merece o nome dunha rotonda ou dunha avenida. Meu pai, literalmente, é un “crack”, o seu aspecto serio e tranquilo poden confundirte, pero se o coñeces ben atopará nel unha grandísima persoa. Por se acaso, como opción “b”, por se me lesiono, estudio e probablemente faga INEF, que é o

Page 4: CORTE 2007

máis acorde ca miña vocación. Considérome unha boa persoa en xeral como aspectos positivos: son moi traballador, para o que eu quero, directo e gústame acabar as cousas dunha vez por todas Cando me propoño un reto adoito conseguilo sempre, pero en tódolos casos con moito esforzo. Considero que todo o que vou tendo é a base de traballo e dedicación. A xente adoita collerme aprecio basante rápido. Só paro quieto cando durmo, son activo e extrovertido. Tamén destacar que ás veces teño momentos nos que se e vai a pinza literalmente, de aí ese aire impredecible que me caracteriza. Ás veces inocente, outras demasiado espabilado...

Page 5: CORTE 2007

AARÓN SABURIDO REPRESA Chámome Aarón, teño dezasete anos e estudio en FRANCISCANAS desde os dez. Agora estou estudando 2º de Bacharelato na rama tecnolóxica xa que me gustaría estudar a carreira de Enxeñería de Canais, Portos e Camiños. Dende que estou no colexio, unha das cousas que máis me encantaron foi participar en Grupos Anamo, levoume a coñecer un montón de xente en campamentos como Rianxo, ou cando fixen o Camiño de Santiago o ano pasado, pero como recordo máis salientable dos meus anos no colexio foi a gran excursión a Salou: non a esquecerei nunca. Non podo esquecer deste tempo tan longo no colexio a todos os meu compañeiros cos que pasei bos ratos en todo momento e cos que tivn que afrontar moitos problemas no curso. As miñas afición son, sobre todo, xogar ó baloncesto co que o paso moi ben e me sinto feliz de xogar con todos os do meu equipo, escoitar música, ler algúns libros e, tamén, saís cos amigos polas tardes e polas noites. Considérome unha persoa alegre que sempre intenta ter un sorriso na cara, intento caerlle ben a todo o mundo e que as persoas que me rodean poidan ter o mesmo sorriso ca min. Non creo que poida definir con palabras, xa que o que mellor me define é o meu comportamento cos demáis. Outra das cousas que considero que me definen é a importancia que lle dou ás persoas que quero: considéroos moi importantes para min e, se podo, gustaríame telos sempre ó meu carón, que xamáis salgan da miña vida. Un saúdo a todos os que formastes parte da miña vida durante todo este tempo e moitas grazas polos bos momentos pasados.

Page 6: CORTE 2007

RENNY MAZAIRA RODRÍGUEZ Chámome RENNY e nacín en Ourense o 19 de abril de 1989, polo que agora teño dezaoito anos, dos cales levo seis en FRANCISCANAS. Daquela, cando me matriculei, a primeira elección que tiven que tomar foi a optativa a escoller: Obradoiro en ciclo I de E.S.O. , e Tecnoloxía e Cultura Clásica no ciclo II. No Bacharelato optei polas Humanidades, que marcaron os meus estudos de cada ás saídas universitarias posibles, pero xa tiña na cabeza a carreira que dentro duns meses, se Deus quere, empezarei: Dereito, a cal gústame dende pequeno, xa que en parte das miñas facetas gústame ser algo “gobernador” e levar sempre a razón, aínda que considérome tamén moi alegre, vago, impaciente e divertido. Aparte dos estudos, que son importantes, doulle moito máis valor ós bos momentos que pasei: festas do colexio, excursións..., os cales non serían tan bos se non fora polos grandes amigos que tamén fixen aquí e que, na maioría das veces, estiveron sempre para apoiarme e axudarme, o que se agradece. Tamén os consellos dos profesores, que inda que no momento non lles deas importancia, co paso do tempo encontras que son de gran utilidade. O colexio, en definitiva, é algo parecido a unha segunda familia, porque é un lugar, xunto ca casa, no que pasamos a maior parte do tempo e nos axuda á nosa formación académica e persoal. A verdade é que teño moitas gañas de que remate este ano para poder marchar do colexio, porque iso querrá dicir que aprobo todas e podo ir á Universidade onde me agardan bos e malos momentos, e ¡a estudar moito!, pero seguro que haberá momentos tamén para ir de festa cos amigos, pois non hai outra cousa mellor que andar de festa. Os amigos é algo moi importante que levo de aquí e creo que non o atoparía noutro lugar: sempre me acordarei deles.

Page 7: CORTE 2007

NEREA FERNÁNDEZ FREIRE Nacín en Ourense un 16 de febreiro de 1989. Levo neste colexio dende os catro anos, polo que a meirande parte dos meus recordos están relacionados con FRANCISCANAS e coas actividades e excursións que aquí se realizaron. Nun futuro non moi lexano gustaríame estudar Maxisterio ou Turismo, xa que son traballos nos que te relacionas ca xente e podes estar con nenos pequenos. Considérome unha persoa positiva e optimista, pero creo que quen mellor me pode definir son a miña familia e os meus amigos, que son quen me coñecen realmente tal e como son eu. Entre as miñas aficións destaca xogar ó voley, aínda que este ano téñoo un pouco descoidado, xa que estar en 2º Bach. Significa estudar un pouco máis que os outros anos, e supón prepararse para a selectividade, polo que non teño demasiado tempo; mais espero poder seguir o ano que ven, xa que facer deporte nunca está de máis. Nos ratos libres gústame escoitar música e aproveitar para estar coa xente que eu quero, entre os que destacan os meus amigos, cos que paso gran parte do día e os que espero conservar aína que cada un estea nunha cidade distinta. Sempre quedará no meu recordo esas tardes de risas, as excursións, as festas, os veráns na piscina...

Page 8: CORTE 2007

IRIA RUIZ LAMEIRAS Chámome Iria e nacín o18 de agosto de 1989 en Ourense. Levo en FRANCISCANAS desde os tres anos e cando era pequena vía moi lonxe o día de rematar o colexio, deixar de vivir na casa e ir á Universidade; pero o tempo pasou sen darme conta, e aquel futuro lonxano é agora presente. Aínda que pareza mentira, non teño moi claro o que vou estudar, pero gustaríame facer algo relacionado coas Ciencias da Saúde: Medicina, Enxeñería Química ou Farmacia. Unha das miñas principais afeccións e das que gardo moi bos recordos é o voleibol, tanto no equipo do colexio como no meu equipo actual. Os comezos foron duros, pero despóis, co traballo, chegaron os éxitos, algún que outro fracaso tamén, pero, sobre todo, destacaría os momentos que pasamos xuntas e o chamado “espírito do equipo”. Este ano tiven que deixalo un pouco de lado polos estudos, mais espero retomalo xa no verán. Outra da miñas afecións son escoitar música e sobre todo: ás mañás, tarde e noites, saír cas miñas amigas. Con elas as risas estan aseguradas, tanto para momentos bos como para os malos, sempre estivemos ahí: ¡espero que siga sendo así!. Considérome unha persoa alegre e responsable, aínda que as malas linguas digan o contrario. A punto de rematar esta etapa, gardo con agarimo os momentos vividos no meu colexio, o lugar onde tanto tempo pasei e que non esquecerei nunca.

Page 9: CORTE 2007

LAURA FEIJÓO PAZ Chámome Laura. Nacín o 2 de novembro de 1989 en Ourense. Levo en FRANCISCANAS dende os tres anos, polo que foi para min coma unha segunda casa. Teño moi bos recordos destes anos nos que, ademáis de aprender moitas cousas, pasei moitos momentos de lecer. Cando era pequena parecíame imposible que chegara este momento, mais dentro duns meses comezará unha nova etapa para min, deixando atrás o colexio, a miña casa, os meus amigos... Daquela, xogaba a ser doctora e curaba ás miñas bonecas, mais agora ese xogo pódoo facer realidade. Teño a intención de estudar Pediatría, xa que me gustan moito os nenos pequenos e satisfaríame moito podelos curar. Entre as miñas aficións preferidas destacan as de ler e escoitar música nas tardes libres para relaxarme, xa que o resto dos días pásoos enteiros entre libros e papeis. Gústame facer deporte polo que cando teño algo de tempo libre vou a aerobic, aínda que cada vez podo ir menos, xa que a Selectividade atópase á volta da esquina. Eso sí, unha vez que todo remate non só retomarei o deporte, senon as tardes de lecer, os días de verán na piscina, as festas cos meus amigos..., xa que o curso que vén cada un estará nunha cidade e non nos poderemos ver tan a miúdo. Considérome unha persoa responsable, alegre e traballadora, pero os que mellor me poden definir son as persoas que me queren, xa que son as que mellor me coñecen, entre as que destacan os meus amigos e familia.

Page 10: CORTE 2007

MARÍA ELENA SAMPAYO BALBOA (A RAÍÑA) Chámome Elena. Nacín o 21 de decembro de 1989. Aínda que son de Vista Hermosa case nunca estou alí. Recordo os anos da miña infancia con moito cariño, anos nos que xogaba tódalas tardes no parque Miño coas miñas amigas, cas que, por sorte, inda manteño a amizade. As aficións que máis me caracterizaban naquela época eran bailar e xogar á comba no patio, aínda lembro cómo a Nai Gloria axudábanos e xogaba con nós, pero sen dúbida, o dato máis característico é cómo me gustaba meter culleres no video. Hoxe en día considero que son unha persoa bastante alegre, sincera e cariñosa inda que as veces son moi negativa, insegura e nerviosa; de feito hai algún por ahí que me chama “a angustias”. Agora, entre os meus gustos, destaco saír de festa e esa miña curiosa habilidade para imitar. É algo que descubrín cando ía en 6º de Primaria, xa que comecei imitando á Nai Milagros, a persoa que, inda que non se atopa xa no colexio, lembro con moito agarimo, pois ensinounos a moitos de nós a tocar a frauta e, inda que o fixeramos mal, ela nunca se enfadaba. Cando verdadeiramente descubrín que me gustaba esta habilidade foi imitando a Cristina Bravo cas súas frases características... Levo catorce anos en FRANCISCANAS, uns anos que, sen dúbida, non esquecerei. Son demasiados os momentos vividos e toda a xente a que coñecín aquí, xente a que, por certo, queroe seguirei querendo sempre.

Page 11: CORTE 2007

PRESENTADORAS DO ACTO

Mª Isabel Rodríguez Gómez

Laura Vázquez Crespo

Page 12: CORTE 2007

CABALEIRO 1: IAGO REGAL DEL RÍO

Catorce anos levas no cole, amigo IAGO REGAL, toda unha vida semella, non che pode dar igual. Por iso, IAGO, valoras estes anos entre nós pasados con cousas boas e non tanto, como ben aproveitados. Alto e fornido, feito un home, saes ó terreo dos maiores. Bombeiro queres ser, e quizá o teu soño logres pois nada na vida escapa sempre que, de corazón, loites. Defíneste como aloucado, divertido, con bo humor e moi activo. Tamén “amante de tocar todas as cousas”; home, parece bo costume se o fas para arranxalas e non as rompes ó tocalas. Xa o dicían os gregos na clásica antigüidade: “a cerámica rota pegar sempre podes, mais as gretas permanecen por moita cola que botes”. Chegou o momento da despedida, que teñas moita sorte, amigo, na vida. E se queres unha visita facernos as portas quedarán abertas agardando que veñas a vernos.

Page 13: CORTE 2007

DAMA 1: NEREA FERNÁNDEZ FREIRE Aquí vemos chegar a unha dama de altura, mais non pensen vostedes que é dito con segundas. NEREA, aquí a vedes, fixádeos nela: ¡que linda! Ten ela carácter de abondo para trunfar na súa vida. Gústalle moito o deporte, o voley é a súa paixón: Marcar tantos e loitar recio faino con moito tesón. Estas calidades, NEREA, seranche de utilidade para atopar algún día a estrela que será a túa guía. Non sei se sabes que é certo que cada quen unha temos: colgadiña está no ceo aínda que non a vemos. Maxisterio desexas estudar, así pois, o día de mañá, seremos colegas quizá se non cambias o teu pensar. Que che imos decir da profesión elixida: tan só que traballarás con persoas toda a vida. Bonito é, mais non é xogar, pois moitos que o catan, despois de poucos días, escóitaos falar: “Isto é máis duro do que parecía”. Así que, NEREA, con paciencia e serenidade, serás unha mestra de gran calidade. Rematou o que se daba,o cartel de “FIN” colgado está, as portas da escola ábrense, ó outro lado xa tes que cruzar. Trunfa na vida que podes, todos nós o desexamos. Mais faino coa sinxeleza de quen loita a vida enteira pola harmonía e a beleza.

Page 14: CORTE 2007

CABALEIRO 2: MARTÍN OTERO JUSTO

Martín foi un neno Que ó noso colexio chegou Con once anos de idade. Coa música sempre ligou, a frauta foi a súa debilidade, mais hoxe o Heavy Metal é o que lle mola de verdade. Como o famoso conto do frautista de Hamelín, Así nos levas a todos Detrás do teu corazón, Martín. Xá que vale máis un corazón Que latexa apaixonado, Que un cofre de ouro puro No ventre da terra pechado. Xogar a futbol sala é o teu deporte favorito, pois gústanche máis as pachangas que o sal a un ovo frito. Xá estás no camiño, MARTÍN, Deixas por fin o noso andén, Xa, na estación da realidade, Terás que coller outro tren. Tócache, Martín, compoñer xa A verdadeira melodía: Consiste en vivir sen máis, Pero faino coa mestría De quen pasa pola vida Sen facer a ninguén feridas. Cando voltes de visita non esquezas, amigo, que as portas están dispostas, sempre abertas e sen postigo.

Page 15: CORTE 2007

DAMA 2: LAURA FEIJÓO PAZ

Sae ante todos nós, LAURA, camiña serena e feliz, Achégate ó teu escano,querémoste connosco aquí. É a hora de lembrar,xa feita unha muller, cando viñeches ó colexio aquela primeira vez: Pequeniña, cos ollos moi abertos, chegaches con tres aniños e coñeciches ós teus compañeiros. Hoxe chamalos amigos e con eles choraches e riches Por moi diversas razóns, xa que coa xente da clase tes moi boa relación. Cando o tempo vaia pasando, Que, sen dúbida, marcha voando, A estes amigos da infancia seguiralos lembrando, Pois estes anos de malos e bos momentos Vivirán contigo sempre a pesar do paso do tempo. Pouco queda xa para pechar os cadernos e os libros onde figura o selo deste colexio. Moitas páxinas inda che quedan por escribir da túa vida, agardamos que o fagas e acades o que estimas: por exemplo: estudar MEDICINA. Tes que ser forte e loitar con ganas e sen ter medo, só así poderás lograr trunfar e ter éxito.

Page 16: CORTE 2007

CABALEIRO 3: RENNY MAZAIRA RODRÍGUEZ

Unha mañá chegou ó colexio un neno fermoso con moito e bo pelo. Con once aniños cumplidos e amante do alboroto presume ante todos de ter moito ollo: ollo para xogar ó fútbol e ó cesto, ollo para correr e saltar con xeito, mais á hora do estudo, o ollo que tiña para todo isto, quedábaselle máis pequeno. Hoxe xa está feito un home, mirade que rapaz ben feito, e segue a ter moito e bo pelo. O tempo foi pasando e o tesouro da madurez impoñendo, aquilatou á persoa por dentro que é o que realmente valemos. Cando saia do colexio ten pensadas dúas opcións: estudar para avogado ou traballar nos fogóns. Saudámoste, RENNY ¡que bo mozo estamos vendo!, A hora da verdade, amigo, chegou de certo: Tócache saír a xogar no campo da vida real. Sorte, amigo, sorte. Sorte e moito éxito, Pois é o que se merece Quen camiña pola vida Co seu traballo ben feito. Un “deica logo” agarimoso Dámosche os teus mestres, Agardando que, se queres, Ata aquí, a nos ver, voltes.

Page 17: CORTE 2007

DAMA 3: IRIA RUIZ LAMEIRAS

Hai moito tempo xa, IRIA, chegaches ó noso colexio. Os anos non pasan de balde, iso non hai máis que velo: Feita unha muller xa vas Saír ó mundo a pé feito, A estudar unha carreira, cousa que farás con xeito. Medicina, Farmacia ou Química... No fondo: ¡que máis dá! Pois traballando, amiga IRIA, O éxito lograrás... Sempre e cando ós teus mestres fagas caso, non o deixes para mañá e vaias ó día estudando. Mais o que importa non é Acadar soamente un posto Que che dea, sen máis, proveito. O que vale máis na vida, O que importa máis có diñeiro É o que enche a alma: Ser feliz, vivir a pouco, E loitar polo que un ama. As portas da nosa casa Non se pechan, IRIA, Estarán sempre para ti abertas Cando voltes de visita, E nos contes que che foi ben, Que acadaches os teus soños... Mais o que quereremos escoitar Non serán os teus logros, Senón que vives chea de gozo. Oxalá acades os teus soños, e sempre sexas feliz. A pesar do lonxe que marches Deixas amigos aquí.

Page 18: CORTE 2007

CABALEIRO 4: AARÓN SABURIDO REPRESA

É a túa quenda, AARÓN, hoxe estás moi elegante. ¿Lembraste cando ó colexio por vez primeira chegaches? Perniñas de arame, voceciña queda, Olliños dun neno de dez anos Que aquí ¡non se queda! Voltar para casa pedía Hoxe é o que che toca, Queiras ou non queiras… Na vida, xa ves, o que un quere cando non se pide chega. Simpático, alegre, atento, moi loitador e bo compañeiro. Así é, AARÓN: un rapaz discreto e o día de mañá quizá un enxeñeiro. Marchas a gobernar a túa vida, terás moitos camiños para que elixas, mais tes que saber que os menos doados van ser, de certo, os máis recomendados. Soamente unha cousa tes que ter en conta pois é unha verdade moi certa e pouco tonta: ¡POR MOITO QUE QUEIRAS PARAR UNHA VEZ EN MARCHA A VOLTA NON PODES DAR! Así que, amigo, moita sorte: Sae á vida a soñar, Sofrir, rir e loitar. Loitar pola meta desexada, Sen esquecer xamáis Que por moito que avances Nunca se chega ó final, Pois ó caso non é ch egar, Senón camiñar...

Page 19: CORTE 2007

RAÍÑA: MARÍA ELENA SAMPAYO BALBOA

Aquí chega a Raíña, mirade,non a perdades de vista. Fermosa moza é Mª ELENA, mais non é o único o que en posesión leva. Simpática, alegre, doce e sincera fan da Raíña unha muller completa. Por iso foi elixida,¡para reinar neste día! Camiña amodo, nosa ELENA, non sexa o demo que caias e voltes a estropear a perna. Avanza con paso firme e seguro, así debes camiñar. O que na vida espera é como o debes afrontar. O capítulo do colexio referido á túa vida está a punto de se pechar. Novas páxinas cheas de aventuras vas agora comezar: gústache Sicoloxía,quizá estudes Maxisterio, mais fagas o que fagas,tómate o traballo en serio, E lémbrate dos teus mestres Cando tanto repetían: “Mª Elena, Bonita, ¿levas o traballo ó día?” Sen medo, Mª ELENA, e coa ledicia do traballo feito Chegarás á meta que tes soñado. Con traballo e con esforzo o éxito está asegurado. Ánimo pois, Raíña, hoxe é o teu día, e chegues onde chegues que sexas feliz na túa vida.

Page 20: CORTE 2007

FOTO DE GRUPO Y DISPOSICIÓN DEL ESCENARIO