contas anuais · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das...

36
Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO CONTAS ANUAIS EXERCICIO 2016 1. CERTIFICACIÓN DE APROBACIÓN DAS CONTAS 2. DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN 3. DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL 4. CONTAS ANUAIS BALANCE CONTA DE PERDAS E GANANCIAS ESTADO DE CAMBIOS EN EL PATRIMONIO NETO MEMORIA FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO CIF G-27.816.271 Rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 36209 - VIGO Páxina 1 de 36

Upload: others

Post on 17-Oct-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

CONTAS ANUAISEXERCICIO 2016

1. CERTIFICACIÓN DE APROBACIÓN DAS CONTAS2. DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN3. DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL4. CONTAS ANUAIS

◦ BALANCE◦ CONTA DE PERDAS E GANANCIAS◦ ESTADO DE CAMBIOS EN EL PATRIMONIO NETO◦ MEMORIA

FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADOCIF G-27.816.271Rúa Fotógrafo Luís Ksado 1736209 - VIGO

Páxina 1 de 36

Page 2: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

PÁXINA EN BRANCO

PARA A LEGALIZACIÓN

Páxina 2 de 36

Page 3: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

SumarioCERTIFICACIÓN DE APROBACIÓN DAS CONTAS.............................................................4DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN.................................................................................6BALANCE – ACTIVO..............................................................................................................8BALANCE – NETO E PASIVO................................................................................................9CONTA DE PERDAS E GANANCIAS..................................................................................11INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL...................................................................................12INVENTARIO DE EXISTENCIAS.........................................................................................13MEMORIA ANUAL DE FGDA DO EXERCICIO 2016...........................................................14

Nota 1 – NATUREZA DA FEDERACIÓN...............................................................................14Nota 2 – BASES DE PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS...........................................14Nota 3 – NORMAS DE REXISTRO E VALORACIÓN...........................................................15Nota 4 – INMOBILIZADO MATERIAL, INTANXIBLE E INVERSIÓNS INMOBILIARIAS.......19Nota 5 – ACTIVOS FINANCEIROS.......................................................................................20Nota 6 – PASIVOS FINANCEIROS.......................................................................................21Nota 7 – FONDOS PROPIOS...............................................................................................22Nota 8 – SITUACIÓN FISCAL...............................................................................................22Nota 9 – OPERACIÓNS CON PARTES VINCULADAS........................................................23Nota 10 – OUTRA INFORMACIÓN.......................................................................................23Anexo 1 – LIQUIDACIÓN ORZAMENTO..............................................................................26Anexo 2 – RECLASIFICACIÓN DE GASTOS E INGRESOS................................................27Anexo 3 – ORZAMENTO ANO 2017.....................................................................................32Anexo 4 – ESTATÍSTICAS FEDERATIVAS...........................................................................35

Páxina 3 de 36

Page 4: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

ERTIFICACIÓN DE APROBACIÓN DAS CONTASC

CERTIFICACIÓN 2016FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO CIF G-27.816.271

Dª Sonia Mª Iglesias Cabaleiro, con DNI 36148215N, Tesoureira da FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO, en cumprimento da lexislación vixente reguladora das federacións deportivas galegas

CERTIFICA:

Que a Asemblea Xeral Ordinaria da FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO celebrada o día 5 de maio de 2017, no Edificio das Federacións de Vigo, na rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, debidamente constituída, no punto da Orde do Día correspondente á Aprobación das Contas decide:

1.- Dar lectura e aprobación da Acta da Comisión Delegada.

2.- Examinar e aprobar o Balance, Conta de Perdas e Ganancias, Proposta sobre o destino dos resultados sociais, Memoria, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, Orzamento do ano seguinte, e xestión da Xunta Directiva da Federación correspondentes ó anterior exercicio social pechado o día 31 de decembro de 2016.

Declarada legal e validamente constituída a Asemblea Xeral Ordinaria ó abeiro da Lei Xeral do Deporte de Galicia e da Orde Reguladora das Federación Deportivas Galegas vixentes, sendo obxecto de debate tódolos puntos económicos e tras breves intervencións, adóptanse por unanimidade os acordos que literalmente son transcritos e constan na Acta da Asemblea que pola presente se certifica en extracto, e que é legalmente aprobada no mesmo día por tódolos membros da Asemblea concorrentes á mesma.

PRIMEIRO.- Presentadas e lidas pola Xunta Directiva da Federación, a Memoria, o Balance, a Conta de Perdas e Ganancias, e a proposta de destino dos resultados sociais correspondentes ó exercicio inmediatamente anterior, son aprobadas por unanimidade por tódolos asistentes, xunto coa xestión da Xunta Directiva a quen se lle agradece o labor desenvolvido.

A distribución de resultados da Conta de Perdas e Ganancias é a seguinte:

Resultado contable (positivo) ……………………….... 621,33€TOTAL …………………………………………………... 621,33€

A Fondo Social........................................................... 621,33€TOTAL ....................................................................... 621,33€

As referidas Contas Anuais son as presentes e constan impresas en papel branco e numeradas correlativamente nun total de 36 páxinas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Páxina 4 de 36

Page 5: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

CERTIFICACIÓN 2016FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADOCIF G-27.816.271

SEGUNDO.- Por unanimidade de tódolos asistentes á reunión, acórdase facultar a D. Marcos Casal Grajal, con DNI 36147411J, no seu exercicio do cargo de Presidente, para que, se fose mester e no exercicio das atribucións que lle concede a lexislación vixente reguladora das federacións deportivas galegas, poida comparecer ante Notario, ou outros calquera funcionarios, e elevar a públicos os acordos precedentes, subscribindo ó efecto cantos documentos públicos ou privados fosen precisos ata acadar a súa inscrición nos Rexistros competentes.

Así mesmo CERTIFICA que as contas anuais son as que figuran a continuación asinadas polo Presidente e pola Tesoureira da Federación.

Faise constar que, no momento da celebración da Asemblea Xeral e da presentación destas contas os responsables aínda non coñecían se están obrigados a verificalas mediante auditoría externa.

E non tendo máis asuntos económicos que tratar, continúase coa sesión da que se estende, a continuación da mesma, a correspondente Acta, e unha vez lida, é unanimemente aprobada e asinada.

E para que conste expido a presente certificación en Vigo a 15 de maio de 2017.

Asdo.: Dª Sonia Mª Iglesias CabaleiroTesoureira da FGDA

Páxina 5 de 36

Page 6: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN.DATOS XERAIS DE IDENTIFICACIÓN IDP1

E INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA REQUIRIDA NA LEXISLACIÓN ESPAÑOLA

IDENTIFICACIÓN DA ENTIDADE SA (01011) SL (01012)

FORMA XURÍDICA

NIF: (01010) G27816271 Outras (01013) FEDERACIÓN DEPORTIVA GALEGA

DENOMINACIÓN SOCIAL 01020 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

DOMICILIO SOCIAL 01022 RÚA FOTÓGRAFO LUÍS KSADO 17

MUNICIPIO 01023 VIGO PROVINCIA 01025 PONTEVEDRA

CÓDIGO POSTAL 01024 36209 TELÉFONO 01031 +34 986 234 694

DIRECCIÓN E-MAIL DE CONTACTO 01037

ACTIVIDADE

ACTIVIDADE PRINCIPAL 02009 Outras actividades deportivas. Federación Galega de Deporte Adaptado.

CÓDIGO CNAE 02001 9319

PERSOAL ASALARIADO

a/ Número medio de persoas empregadas no curso do exercicio, por tipo de contrato e emprego con discapacidade:

EXERCICIO 2016 EXERCICIO 2015

PERSOAL ASALARIADO (CIFRA MEDIA DO EXERCICIO) FIXO 04001 1 1

NON FIXO 04002

Do cal: Persoas empregadas con discapacidade maior ou igual ó 33% (ou cualificación equivalente local):

04010 0 0

b/ Persoal asalariado ó final do exercicio, por tipo de contrato e por sexo:

EXERCICIO 2016 EXERCICIO 2015

Homes Mulleres Homes Mulleres

FIXO 04120 04121 1 1

NON FIXO 04122 04123

PRESENTACIÓN DE CONTAS

EXERCICIO 2016 EXERCICIO 2015

ANO MES DÍA ANO MES DÍA

Data de inicio á que van referidas as contas 01102 2016 1 1 2015 1 1

Data de peche á que van referidas as contas 01101 2016 12 31 2015 12 31

[email protected]

Número de páxinas presentadas ó depósito: |01901| 36 |

No caso de non figurar consignadas cifras nalgún dos exercicios, indique a causa:(01903):

MICROEMPRESASMarque cun X se a entidade optou pola adopción conxunta dos criterios específicos, aplicables por microempresas, previstos no Plan Xeral de Contabilidade de PEMES: |01902| X |

Páxina 6 de 36

Page 7: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Páxina 7 de 36

Page 8: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

BALANCE – ACTIVO

Páxina 8 de 36

Page 9: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

BALANCE – NETO E PASIVO

Páxina 9 de 36

Page 10: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Páxina 10 de 36

Page 11: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

CONTA DE PERDAS E GANANCIAS

Páxina 11 de 36

Page 12: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Páxina 12 de 36

Page 13: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

INVENTARIO DE EXISTENCIASFGDA 2016

Control de Existencias

CANTIDADE TALLE/TIPO PRODUTO VALOR SUBTOTAL

4 S SUDADERA ALGERIA ROYAL – FGDA – DEP. GALEGO 17,67 € 70,66 €4 S POLO SUD GOLD BLANCO – FGDA – DEP. GALEGO 12,83 € 51,30 €

15 L MEDIAS BASICA FUTBOL BLANCO 3,63 € 54,45 €9 M SUDADERA ALGERIA ROYAL BLANCO 17,75 € 159,72 €

15 L SUDADERA ALGERIA ROYAL BLANCO 17,75 € 266,20 €9 XL SUDADERA ALGERIA ROYAL BLANCO 17,77 € 159,96 €2 2XL SUDADERA ALGERIA ROYAL BLANCO 17,91 € 35,82 €9 M POLO SUD GOLD BLANCO 12,91 € 116,16 €

15 L POLO SUD GOLD BLANCO 12,91 € 193,60 €9 XL POLO SUD GOLD BLANCO 12,93 € 116,40 €2 2XL POLO SUD GOLD BLANCO 13,07 € 26,14 €1 n/c COMPRESOR ELECTRICO BASIC 88,48 € 88,48 €1 2 LIÑAS XOGO PETANCA PROFESIONAL 9,04 € 9,04 €1 1 LIÑA XOGO PETANCA PROFESIONAL 9,04 € 9,04 €2 48 UD. SET CONOS CHINOS 18,37 € 36,74 €

Valor total das existencias a fin de ano: 1.393,70 €

Información complementaria sobre a variación de existencias. Nesta federación hai que ter en conta compras e vendas de material (que por norma son a prezo de custe sen beneficio), pero en especial as variacións con orixe na entrega de material por subvencións (ver plan de contabilidade de federacións deportivas).

2016FED. GAL. DEPORTE ADAPTADOCONTROL DE VARIACIÓN DE EXISTENCIAS

Existencias iniciais 816,75 €+ Compras 576,95 €ENTRADAS DE EXISTENCIAS 1.393,70 €

- Subvencións en material 0,00 €0,00 €

SAÍDAS DE EXISTENCIAS 0,00 €

Existencias finais 1.393,70 €

Variación de existencias +576,95 €

- Vendas de material deportivo (a custo)

Páxina 13 de 36

Page 14: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

EMORIA ANUAL DE FGDA DO EXERCICIO 2016M

Que presenta Dª Sonia Mª Iglesias Cabaleiro á Comisión Delegada e á Xunta Xeral Ordinaria da FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO, en aplicación da normativa vixente, o día 5 de maio de 2017.

Nota 1 – NATUREZA DA FEDERACIÓN.

A FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO é unha persoa xurídica con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. Nace como federación deportiva, por imperativo legal da Xunta de Galicia, con data un de xaneiro de dous mil quince.

A súa actividade consiste en agrupar ós deportistas e clubs de tódolos deportes adaptados non asumidos por outras federacións galegas, así como colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación destes deportes en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos.

A FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO é unha entidade autónoma, pero tamén está asociada / integrada dentro das federacións españolas de distintos deportes adaptados. Neste intre pertence a: FEDDI (Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual), FEDDF (Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física), FEDPC (Federación Española de Deportes de Persoas con Parálise Cerebral e Dano Cerebral Adquirido), FEDS (Federación Española de Deportes para Xordos). Ten o seu domicilio social e estatutario na rúa Fotografo Luís Ksado 17, c.p. 36209 de Vigo, con CIF G-27.816.271.

No ano 2016 o seu exercicio económico coincide co ano natural.

A moeda funcional destas contas é o euro.

Nota 2 – BASES DE PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS

As presentes contas son presentadas conforme ó novo P.X.C., tendo presente aínda non foron publicadas as novas recomendacións e adaptacións sectoriais das Federacións Deportivas.

1.- IMAXE FIEL:

A Federación declara explicitamente que as contas anuais reflicten a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados federativos. No momento actual e cos coñecementos existentes non existen dúbidas razoables para a Federación da veracidade que estas contas mostran.

Non hai razóns excepcionais que afecten á imaxe fiel da Federación; non se teñen aplicado disposicións legais en materia contable e con influencia sobre o patrimonio, a situación financeira e os resultados da Federación.

As contas anuais adxuntas atópanse pendentes de aprobación, extraéronse dos rexistros

Páxina 14 de 36

Page 15: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

auxiliares, xa que os libros oficiais están pendentes de legalización.

2.- PRINCIPIOS CONTABLES:

Para mostrar a imaxe fiel, non ten habido razóns excepcionais que xustifiquen falla de aplicación dalgún principio contable obrigatorio.

Non se teñen aplicado outros principios contables non obrigatorios, para mostrar a imaxe fiel.

3.- ASPECTOS SOBRE A INCERTEZA:

Non hai supostos claves, nin datos sobre a estimación da incerteza na data de peche do exercicio, que leven asociado un risco importante, ou poidan supor cambios significativos no valor dos activos e pasivos.

Non hai cambios en estimacións contables que sexan significativos e afecten ó exercicio actual, ou se espere que poidan afectar ós exercicios futuros.

A dirección non é consciente de incertezas importantes, relativas a eventos ou condicións que poidan achegar dúbidas significativas sobre a posibilidade de que a federación siga funcionando normalmente.

4.- COMPARACIÓN DA INFORMACIÓN:

A estrutura xeral do Balance e Conta de Perdas e Ganancias do presente exercicio non foi modificada con respecto do ano anterior, co fin de poder comparar a información dos dous exercicios obxecto de análise.

5.- ELEMENTOS RECOLLIDOS EN VARIAS PARTIDAS:

Non hai elementos patrimoniais que co seu importe, estean rexistrados en dous ou máis partidas do Balance.

6.- CAMBIOS EN CRITERIOS CONTABLES

Non se produciron axustes por cambios nos criterios contables durante o exercicio.

Nota 3 – NORMAS DE REXISTRO E VALORACIÓN.

Os aceptados pola Federación, que de ser de aplicación, se teñen utilizado, conta por conta, son os seguintes:

1.- Inmobilizado intanxible

Os elementos patrimoniais aquí contidos de carácter intanxible valóranse polo seu prezo de adquisición, se se compraron ó exterior, ou polo seu custo de produción, se foron fabricados no seo da propia Federación.

As eventuais adquisicións a título gratuíto, actívanse co seu valor venal.

Dedúcense as depreciacións duradeiras irreversibles debidas ó uso do inmobilizado intanxible, aplicando amortizacións, con criterio sistemático, e segundo o ciclo de vida útil do produto, atendendo á depreciación que sufran por funcionamento, uso ou obsolescencia. En xeral aplícanse as táboas de amortización fiscal vixentes.

Páxina 15 de 36

Page 16: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

2.- Inmobilizado material

Os bens comprendidos no inmobilizado material valoraranse polo prezo de adquisición ou o custo de produción.

Con posterioridade ó seu recoñecemento inicial, os elementos do inmobilizado material valoraranse polo seu prezo de adquisición ou custo de produción menos a amortización acumulada e, no seu caso, terase en conta o importe acumulado das correccións valorativas por deterioración do valor recoñecidas (seguindo as mesmas pautas que para os inmobilizados intanxibles).

A Federación NON ten subscrito ningún contrato de arrendamento financeiro.

3.- Terreos e construcións de investimento

Os criterios contidos nas normas anteriores, relativas ó inmobilizado material, aplicaranse aos investimentos inmobiliarios.

4.- Permutas

A Federación non ten realizado, nin ten compromisos contractuais deste tipo de operacións.

5.- Activos e financeiros

Rexístranse inicialmente polo valor dos bens e servizos entregados, corrixíndose o seu valor no peche do exercicio polo deterioro dos saldos antigos, vencidos, ou aqueles outros nos que hai circunstancias que xustifican a súa cualificación como de dubidoso cobro.

6.- Valores de capital propio en poder da Federación

Non corresponde.

7.- Existencias

As existencias están valoradas ó prezo de adquisición, ó custo de produción ou ó valor neto realizable o menor. No custo inclúense materiais valorados a custo estándar que se aproxima a prezo medio ponderado, traballos con terceiros e os custos directamente imputables ó produto, así como a parte que razoablemente corresponde dos custos indirectamente imputables aos produtos.

O valor neto realizable representa a estimación do prezo de venda menos todos os custos estimados de terminación e os custos que serán incorridos nos procesos de comercialización, venda e distribución.

8.- Transacción en moeda estranxeira

Os saldos de debedor, acredores, clientes e provedores, contraídos en moeda estranxeira e non cancelados, contabilízanse polo contravalor en euros, segundo cotización ó peche de exercicio, salvo que segundo o principio de importancia relativa, non mereza variar o valor contable, ou exista seguro de cambio.

Contravalor en euros no momento da incorporación ó patrimonio. Aplícase o do Custo real ó día da liquidación da operación.

Se son positivas, ata tanto a débeda non sexa cancelada, anótase na Conta 7681 (Diferenzas Positivas de Cambio).

As diferenzas negativas de cambio non realizadas ó peche do exercicio impútanse aos resultados do exercicio.

9.- Imposto sobre beneficios

Páxina 16 de 36

Page 17: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

O gasto por imposto sobre beneficios representa a suma do gasto por imposto sobre beneficios do exercicio así como polo efecto das variacións dos activos e pasivos por impostos anticipados, diferidos e créditos fiscais.

O gasto por imposto sobre beneficios do exercicio calcúlase mediante a suma do imposto corrente que resulta da aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible do exercicio, logo de aplicar as deducións que fiscalmente son admisibles, máis a variación dos activos e pasivos por impostos anticipados e diferidos e créditos fiscais, tanto por bases impoñibles negativas como por deducións.

Os activos e pasivos por impostos diferidos inclúen as diferenzas temporarias que se identifican como aqueles importes que se prevén pagadeiros ou recuperables polas diferenzas entre impórtelos en libros dos activos e pasivos e o seu valor fiscal, así como as bases impoñibles negativas pendentes de compensación e os créditos por deducións fiscais non aplicadas fiscalmente. Ditos importes rexístranse aplicando á diferenza temporaria ou crédito que corresponda o tipo de gravame ó que se espera recuperalos ou liquidalos.

Recoñécense pasivos por impostos diferidos para todas as diferenzas temporarias impoñibles excepto do recoñecemento inicial (salvo nunha combinación de negocios) doutros activos e pasivos nunha operación que non afecta nin ó resultado fiscal nin ó resultado contable. Pola súa banda, os activos por impostos diferidos, identificados con diferenzas temporarias só se recoñecen no caso de que se considere probable que a Federación vai ter no futuro suficientes ganancias fiscais contra as que poder facelos efectivos. O resto de activos por impostos diferidos (bases impoñibles negativas e deducións pendentes de compensar) soamente recoñécense no caso de que se considere probable que a Federación vaia ter no futuro suficientes ganancias fiscais contra as que poder facelos efectivos.

Con ocasión de cada peche contable, revísanse os impostos diferidos rexistrados (tanto activos como pasivos) con obxecto de comprobar que se manteñen vixentes, efectuándose as oportunas correccións aos mesmos de acordo cos resultados das análises realizadas.

10.- Ingresos e gastos

Nas Contas de Compras, anótase o importe propiamente devengado, con exclusión de descontos comerciais en factura, incrementado en todos os custos e gastos de instalación, transportes e impostos non recuperables a cargo da Federación, etc.

Na Conta de Vendas ou Ingresos, rexístranse polo importe neto, é dicir deducindo as bonificacións e descontos comerciais en factura.

En xeral, todos os Ingresos e Gastos, así como os intereses por eles xerados, contabilízanse no momento do seu deveño, é dicir, cando se produce a corrente real de bens e servizos que os mesmos representan, con independencia do momento en que se produza a corrente monetaria ou financeira derivada deles. Concretamente, os ingresos calcúlanse ó valor razoable da contraprestación a recibir e representan impórtelos a cobrar polos bens entregados e os servizos prestados no marco ordinario da actividade, deducidos descontos e impostos.

Os ingresos por intereses devéñanse seguindo un criterio financeiro temporal, en función do principal pendente de pago e o tipo de interese efectivo aplicable.

Nota sobre a imputación de ingresos e gastos das licenzas:

Debido a que na federación coexisten varios períodos contables das federacións españolas, sendo uns baseados no ano natural e outros baseados no ano deportivo (dende setembro ata agosto do ano seguinte), acordouse tomar como referente o que marca a Xunta de Galicia, é dicir, o ano natural.

Non proceden as periodificacións de ingresos e gastos por licenzas e taxas federativas españolas, tal como tampouco por seguros deportivos. A súa xestión implicaría moitísimos esforzos administrativos e contables, e a información (por ser o número de licenzas anuais moi estable) non transmitiría información de relevancia.

Páxina 17 de 36

Page 18: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

11.- Provisións e continxencias

As responsabilidades probables ou certas de calquera natureza, con orixe en litixios en curso, reclamacións, avais, garantías, indemnizacións e obrigacións pendentes de contía indeterminada, se provisionan contra os resultados do exercicio, de acordo cunha estimación razoable da súa contía.

Os fondos necesarios para cubrir as obrigacións legais ou contractuais referentes ó persoal da Federación con motivo da súa xubilación ou atencións de carácter social: viuvez, orfandade, etc. contabilízanse tendo en conta as estimacións realizadas de acordo con cálculos actuariais.

12.- Subvencións, doazóns e legados

Non poden existir subvencións, doazóns e legados non reintegrables recibidos de socios ou propietarios, xa que non existen estas figuras nas Federacións deportivas. Así constitúen ingresos, debéndose rexistrar directamente no exercicio salvo que sexan ligados a algunha inversión, de forma que sexa unha inversión en capital, imputándose en función da vida útil do ben.

Valoraranse polo valor razoable do importe concedido, e as de carácter non monetario ou en especie valoraranse polo valor razoable do ben recibido, referenciados ambos os valores ó momento do seu recoñecemento.

13.- Negocios conxuntos

Non existen elementos desta natureza.

14.- Transaccións entre partes vinculadas.

Non aplicable.

Páxina 18 de 36

Page 19: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Nota 4 – INMOBILIZADO MATERIAL, INTANXIBLE E INVERSIÓNS INMOBILIARIAS.

A Federación non ten rexistrados valores para os citados inmobilizados.

Este epígrafe comprende as partidas indicadas no modelo MPa4.

Páxina 19 de 36

Page 20: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Nota 5 – ACTIVOS FINANCEIROS.

Este epígrafe comprende as partidas indicadas no modelo MPa5.

Páxina 20 de 36

Page 21: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Nota 6 – PASIVOS FINANCEIROS.

Este epígrafe comprende as partidas indicadas no modelo MPa6.

Páxina 21 de 36

Page 22: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Nota 7 – FONDOS PROPIOS.

A Federación deberá imputar cada ano os resultados do ano precedente co fin de calcular o fondo social.

TOTAL SALDO INICIAL FONDOS PROPIOS ......................................-3.615,02€

Resultado contable do exercicio ...............................................................621,33€

TOTAL SALDO FINAL DE FONDOS PROPIOS .................................--2.993,69€

Neste momento os fondos propios son NEGATIVOS.

Nota 8 – SITUACIÓN FISCAL.

1. Imposto sobre beneficios

A Federación ten abertos tódolos exercicios económicos precedentes ata o día de hoxe, xa que as declaracións non poden considerarse definitivas ata a súa prescrición e a súa aceptación polas Autoridades Fiscais, e con independencia de que a Lexislación Fiscal é susceptible a interpretacións. A Federación estima que no caso dunha eventual inspección de Facenda, esta non tería efecto excesivo ou relevante sobre as contas anuais no seu conxunto.

O Real Decreto Lexislativo 4/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades, no seu capítulo III establece os suxeitos pasivos exentos (art. 9), remitindo á Lei 49/2002, de 23 de decembro, do “réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ó mecenado”, sendo no art.2 e) dentro das que se atopa incluída a FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO polo que se refire á súa actividade federativa e sen fins lucrativos.

a) Diferenzas permanentes: en xeral tódolos ingresos da Federación non son computables como ingresos suxeitos a tributación, polo que o resultado contable é considerado compensado por diferenzas permanentes de signo contrario.

b) Diferenzas temporais: polo anterior, non proceden.

A Federación presenta o ISS anualmente.

2. Imposto sobre o valor engadido

Con respecto ó Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), a FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO comportase como usuario final e os ingresos que realiza de forma habitual están exentos do citado imposto.Os ingresos da actividade exentos pola súa propia natureza son as licenzas federativas, subvencións, inscricións a campionatos e cursos, donativos e colaboracións.

3. Outros impostos e liquidacións tributarias.

A Federación presenta as liquidacións trimestrais e anuais correspondentes ás retencións do IRPF, os resumes anuais de operacións con terceiros, etc.

Páxina 22 de 36

Page 23: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Nota 9 – OPERACIÓNS CON PARTES VINCULADAS.

Dadas as características da Federación non existen operacións vinculadas.

Os membros dos órganos de goberno da Federación (Presidente, Xunta Directiva, Comisión Delegada, Asembleístas, Delegados e outros colaboradores) realizan a súa labor de forma totalmente altruísta e non perciben ingresos, nóminas, retribucións, primas de asistencia, ou outros importes que poidan considerarse gratificacións polo seu esforzo.

Os citados membros só reciben a compensación dos gastos que durante a súa colaboración e asistencia ós actos federativos lles poidan xurdir, como son os gastos de quilometraxe, dietas ou aloxamentos. En ningún caso estes exceden das cantidades máximas exentas fiscalmente recollidas nas vixentes Lei e Orde sobre o IRPF.

Dada a falta de movementos non son incluídos os modelos MPa9.1, MPa9.2, MPa9.3 e MPa9.4, correspondentes a este epígrafe.

Nota 10 – OUTRA INFORMACIÓN.

Número medio de persoas empregadas.

Número medio de persoas empregadas por categoría. Exercicio 2016 Exercicio 2015

Empregados de tipo administrativo 1 1

TOTAL EMPREGO MEDIO 1 1

Natureza e propósito de acordos que non figuran no balance.

Neste exercicio non existen acordos desta natureza.

Importe e natureza de determinados ingresos e gastos.

SUBVENCIÓNS, DOAZÓNS E LEGADOS

Neste exercicio recollemos na contabilidade a asignación excepcional de 3.500’00€ por parte de ASISA. Este importe será compensado contra a débeda viva a fin de exercicio coa citada compañía aseguradora.

Páxina 23 de 36

Información detallada das subvencións:

Entidade subvencionadora Importe Destino Cobrado Pendente

Secretaría Xeral para o Deporte 58.022,00

Actividade deportiva e ordinaria propia

58.022,00 0,00

0,00

Asisa Seguros 3.500,00 0,00 3.500,00

TOTAL 61.522,00 58.022,00 3.500,00

Page 24: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Compromisos financeiros, garantías e continxencias.

Neste exercicio non existen acordos desta natureza.

Operacións posteriores ó fin de ano con importancia relativa.

Chegouse ó acordo de compensación e liquidación con Asisa, reducíndose o saldo inicial de débeda e compensando parte contra a subvención asignada pola aseguradora.

Saldo inicial débeda con Asisa 9.369,92 €

Compensación con subvención Asisa -3.500,00 €

Corrección de valor débeda (Bº excepcional) -1.485,00 €

Saldo final débeda con Asisa 4.384,92 €

Recóllese este axuste no balance e na conta de perdas e ganancias.

Información sobre aprazamentos de pago.

INFORMACIÓN SOBRE OS APRAZAMENTOS DE PAGO EFECTUADOS A PROVEDORES. DEBER DE INFORMACIÓN DA LEI 15/2010, DE 5 DE XULLO.

A disposición final segunda da Lei 31/2014, de 3 de decembro, pola que se modifica a Lei de Sociedades de Capital para mellora do goberno corporativo, modifica a disposición adicional terceira da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para requirir que todas as sociedades mercantís inclúan de forma expresa na memoria das súas contas anuais o seu período medio de pago a provedores.

As federacións deportivas de Galicia, salvo casos puntuais, en xeral carecen de operacións comerciais puras asimilables ás das sociedades mercantís ou de servizo público semellante ás da Administración. Polo anteriormente indicado, a Federación, non desenvolvendo operacións comerciais nin sendo unha sociedade mercantil, non está obrigada a subministrar o citado dato, xa que carece de provedores comerciais puros.

Información sobre os órganos de goberno.

Como consecuencia do proceso electoral de constitución da Federación desenvolvido no ano dous mil quince os órganos de goberno da entidade están ocupados polas seguintes persoas:

XUNTA DIRECTIVA

Presidente: Marcos Casal GrajalVicepresidente: José Antonio Beiro RodríguezVicepresidente: Fernando Pena SánchezSecretaria: Susana García Senra

Páxina 24 de 36

Page 25: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Tesoureira: Sonia Mª Iglesias CabaleiroVogal: Ana Rodríguez DapenaVogal: Francisco Bouzada Albela

COMISIÓN DELEGADA

Polo estamento de clubsClub San RafaelPlaya de SamilEsclavas de la Virgen DolorosaClub Tiro O. Lucero

Polo estamento de deportistasFrancisco Pérez CarreraSusana Otero Pérez

Polo estamento de técnicosFernando Pena Sánchez

ASEMBLEA XERAL

Polo estamento de clubsClub Deportivo Esclavas Virgen DolorosaClub San XeromeCentro Educación Especial VilagarcíaClub Polideportivo San RafaelAsociación Deportiva Playa SamilClub AspanaexRacing ChapelaA.D. SodimClub AMFIVClub AsdamClub MenelaClub Playa de SamilClub Saladino CortizoClub Tiro LuceroClub Tamiar Apamp

Polo estamento de deportistasJuan Carlos Iglesias VázquezFrancisco Pérez CarreraPilar Rodríguez LópezJosé Siota GonzálezManuel Brage VilaPedro Paz Díaz

Polo estamento de técnicosFernando Pena SánchezDomingo Salinas Costa

Outros ColectivosJuan Rodríguez FeijooSonia Iglesias CabaleiroJosé Luis Álvarez Camiña

Órganos técnicos e de xestión (Staff Profesional)

Secretaria de administración: Susana García SenraDirector técnico: Domingo Salinas CostaContabilidade: (Servizo externo) FL Consultores

Páxina 25 de 36

Page 26: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Anexo 1 – LIQUIDACIÓN ORZAMENTO.

BASES DE PRESENTACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO

Os criterios de liquidación do orzamento baséanse nos conceptos xerais seguintes:

Cumprimento da legalidade. O orzamento é liquidado en base as normas legais establecidas pola lexislación estatal e autonómica, dentro dos marcos normativos vixentes do deporte, das subvencións, contables, laborais e fiscais.

As modificacións sobre o orzamento inicial aprobado e o definitivo, veñen dadas pola diferenza entre os recursos solicitados ás administracións públicas e os realmente percibidos, polas estimacións do número de licenzas e as realmente expedidas, así como polas variacións nas liquidacións das actividades e campionatos realizados contra os gastos estimados segundo históricos.

ANEXO I

Cadro resumo da liquidación orzamentaria de ingresos e gastos para o exercicio do que se informa.

RESUMO LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA INGRESOS E GASTOS 2016Entidade FEDERACION GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO Data Valor 31/12/2016

Importes en Euros

ORZAMENTO REALIZADOCODIGO DESCRICION DEBE HABER SALDO DEBE HABER SALDO Desviación %

600 COMPRAS DE MATERIAL DEPORTIVO 0,00 576,95 576,95 -576,95 n/s601 GASTOS LICENCIAS 5.813,00 5.813,00 5.175,00 5.175,00 638,00 10,98%602 GASTOS TAXAS FED. ESPAÑOLAS 300,00 300,00 290,00 290,00 10,00 3,33%610 VARIACION DE EXISTENCIAS DE MATERIAL DEPORTI 0,00 576,95 -576,95 576,95 n/s613 REDUCCION DE EXISTENCIAS POR SUBVENCIONES 0,00 0,00 0,00 n/s623 SERV.PROFESIONALES INDEPEND. OTROS PROFESIO 4.500,00 4.500,00 4.702,84 4.702,84 -202,84 -4,51%624 TRANSPORTES 0,00 451,00 451,00 -451,00 n/s625 PRIMAS DE SEGUROS. ACTIVIDADES DEPORTIVAS 4.237,50 4.237,50 4.387,60 4.387,60 -150,10 -3,54%626 SERVICIOS BANCARIOS Y SIMILARES 500,00 500,00 511,58 511,58 -11,58 -2,32%627 PROPAGANDA, RR.PP., WEB FEDER. 450,00 450,00 0,00 450,00 100,00%629 OUTROS SERVIZOS 3.500,00 3.500,00 2.867,84 2.867,84 632,16 18,06%631 OTROS TRIBUTOS 0,00 9,74 9,74 -9,74 n/s640 NOMINAS 9.000,00 9.000,00 14.059,12 14.059,12 -5.059,12 -56,21%642 SEG. SOCIAL A CARGO FEDERACION 2.600,00 2.600,00 4.740,66 4.740,66 -2.140,66 -82,33%650 PERDAS CRÉDITOS COMERCIAIS 0,00 4.560,00 4.560,00 -4.560,00 n/s651 GASTOS EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS ORDINARIAS 51.816,50 51.816,50 47.858,06 47.858,06 3.958,44 7,64%659 SUBV. EN MATERIAL DEPORTIVO A CLUBES 0,00 0,00 0,00 n/s678 GASTOS EXCEPCIONAIS 0,00 2,57 2,57 -2,57 n/s681 AMORTIZACIONES 0,00 0,00 0,00 n/s700 INGRESOS VENTAS MATERIAL DEPORTIVO 0,00 0,00 0,00 n/s701 INGRESOS POR LICENCIAS FEDERATIVAS 21.905,00 -21.905,00 19.480,00 -19.480,00 -2.425,00 11,07%702 INGRESOS POR CUOTAS DE CLUBES Y OTRAS ASOCIA 2.790,00 -2.790,00 3.110,00 -3.110,00 320,00 -11,47%705 INGRESOS POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS 0,00 0,00 0,00 n/s740 SUBVENCIONES 58.022,00 -58.022,00 61.522,00 -61.522,00 3.500,00 -6,03%763 BENEFICIOS POR VALORACION 0,00 1.485,00 -1.485,00 1.485,00 n/s778 INGRESOS EXCEPCIONAIS 0,00 80,34 -80,34 80,34 n/s794 REVERSION DETERIORO 0,00 4.560,00 -4.560,00 4.560,00 n/s

SUMAS 82.717,00 82.717,00 0,00 90.192,96 90.814,29 -621,33 Gastos Ingresos Beneficio Gastos Ingresos Beneficio

Páxina 26 de 36

Page 27: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Anexo 2 – RECLASIFICACIÓN DE GASTOS E INGRESOS.

Asignación do Convenio coa Xunta de Galicia para a FGDA.

Páxina 27 de 36

Page 28: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

ANEXO II

Reclasificación dos importes por natureza da conta de Perdas e Ganancias en importes por actividade e conceptos desa actividade.

Gastos xerais de funcionamento

Páxina 28 de 36

Page 29: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Páxina 29 de 36

Page 30: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Páxina 30 de 36

Page 31: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Actividade deportiva e competitiva ordinaria + proxectos de especial relevancia

Páxina 31 de 36

Page 32: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Anexo 3 – ORZAMENTO ANO 2017

ANEXO III

Orzamento aprobado para 2017

ORZAMENTO Exercicio 2017Entidade FGDA Data: 31/12/2016

Importes en Euros

ORZAMENTO(Gtos.) (Ing.)

CODIGO DESCRICION DEBE HABER SALDO

600 COMPRAS DE MATERIAL DEPORTIVO 0,00

601 GASTOS LICENCIAS 0,00

602 GASTOS TAXAS FED. ESPAÑOLAS 5.300,00 5.300,00

610 VARIACION DE EXISTENCIAS DE MATERIAL DEPORTI 0,00

613 REDUCCION DE EXISTENCIAS POR SUBVENCIONES 0,00

623 SERV.PROFESIONALES INDEPEND. OTROS PROFESION 4.400,00 4.400,00

625 PRIMAS DE SEGUROS. ACTIVIDADES DEPORTIVAS 5.000,00 5.000,00

626 SERVICIOS BANCARIOS Y SIMILARES 350,00 350,00

627 PROPAGANDA, RR.PP., WEB FEDER. 0,00

62900 GASTOS DE VIAJE 950,00 950,00

62901 MATERIAL DE OFICINA 500,00 500,00

62903 COMUNICACIONES 800,00 800,00

62999 VARIOS. OTROS SERVICIOS 0,00

631 OTROS TRIBUTOS 0,00

640 NOMINAS 19.557,25 19.557,25

642 SEG. SOCIAL A CARGO FEDERACION 6.457,25 6.457,25

651 GASTOS EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS ORDINARIAS 41.800,00 41.800,00

659 SUBV. EN MATERIAL DEPORTIVO A CLUBES 0,00

681 AMORTIZACIONES 0,00

700 INGRESOS VENTAS MATERIAL DEPORTIVO 0,00

701 INGRESOS POR LICENCIAS FEDERATIVAS 19.200,00 -19.200,00702 INGRESOS POR CUOTAS DE CLUBES Y OTRAS ASOCIA 3.000,00 -3.000,00704 INGRESOS POR TAXAS ORGANIZACIÓN 0,00705 INGRESOS POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS 0,00740 SUBVENCIONES DE COMUNIDADES AUTONOMAS 62.914,50 -62.914,50

SUMAS 85.114,50 85.114,50 0,00GASTOS INGRESOS Resultado

Importes deducidos os movementos de existencias: 85.114,50 85.114,50

Páxina 32 de 36

Page 33: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

En partidas globais para explicación sinxela na Asemblea

ORZAMENTO Exercicio 2017Entidade FGDA

Importes en Euros

Data: 31/12/2016

INGRESOSINGRESOS POR LICENZAS FEDERATIVAS 19.200,00INGRESOS POR COTAS DE CLUBS E OUTRAS ASOCIA 3.000,00INGRESOS POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS 0,00SUBVENCIONES DE COMUNIDADES AUTONOMAS 62.914,50

GASTOSActuación deportivaCOMPETICIÓNS DEPORTIVAS OFICIAIS 41.800,00TECNIFICACION DEPORTIVA 950,00OUTROS PROXECTOS DE ESPECIAL RELEVANCIA 0,00

Gastos de estruturaESTRUTURA E RECURSOS PROPIOS 42.364,50

Resultado 0,00

Páxina 33 de 36

Page 34: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

En formato para a Xunta de Galicia.

INGRESOS TOTAIS TOTAIS 85.114,50 €

INGRESOS CONVENIO 62.914,50 €

INGRESOS PROPIOS 22.200,00 €

LICENZAS 19.200,00 €

COTAS CLUBS 3.000,00 €

PATROCINIO 0,00 €

GASTOS TOTAIS TOTAIS 85.114,50 €

GASTOS XERAIS 17.300,00 €

COTAS FED's.ESPAÑOLAs 5.300,00 €

CONTABILIDADE, LINGUA SIGNOS E OUTROS PROF. 4.400,00 €

SEGUROS DEPORTIVOS 4.000,00 €

SEGURO R.C.FEDERACION 1.000,00 €

GASTOS BANCARIOS 350,00 €

GTOS. VIAXE 950,00 €

MATERIAL OFICINA 500,00 €

TELEFONIA 800,00 €

ACTIVIDADE ORDINARIA – GASTOS DEPORTIVOS 66.264,50 €

NOMINA TECNICO DEPORTIVO 19.557,25 €

SEG.SOCIAL TECNICO DEPORTIVO 6.457,25 €

ATLETISMO 4.400,00 €

BADMINTON 550,00 €

BALONCESTO 7.450,00 €

BALONCESTO CADEIRA RODAS 3.000,00 €

BOCCIA 800,00 €

CAMPO A TRAVES 1.900,00 €

CICLISMO ADAPTADO 200,00 €

DARDOS (LIGA COPA XORDOS) 450,00 €

FUTBOL SA 4.750,00 €

HALTEROFILIA 200,00 €

NATACION 4.450,00 €

PADEL 200,00 €

REMOERGOMETRO 550,00 €

SLALOM 350,00 €

TENIS DE MESA 400,00 €

XORNADAS DE PROMOCION DEPORTE ADAPTADO 500,00 €

CPTO. AUTONOMÍAS - DEPORTES ADAPTADOS 1.800,00 €

7.800,00 €

OPEN IBERICOS 500,00 €

DEPORTE AUTÓCTONO E XOGOS TRADICIONAIS – GASTOS DEPORTIVOS 600,00 €

BOLOS CELTAS 200,00 €

CHAVE 200,00 €

PETANCA 200,00 €

TECNIFICACIÓN 950,00 €

XORNADAS DE TECNIFICACION MULTIDISCIPLINAR 950,00 €

RESULTADO 0,00 €

III XORNADA FGDA – DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (MULTIDISCIPLINAR)

Páxina 34 de 36

Page 35: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Anexo 4 – ESTATÍSTICAS FEDERATIVAS

ANEXO IV

Estatísticas comparativas entre algunhas federacións deportivas galegas.

Infórmase ós asembleístas de datos comparativos de FGDA con outras federacións importantes en Galicia, co fin de situar a situación económica do Convenio coa Xunta nun contexto de valoración semellante.

Os datos recollidos foron obtidos de fontes públicas coma a propia web do Deporte Galego e datos do INE (p.ex.).

Evolución do Convenio Xunta – FGDA.

EVOLUCIÓN CONVENIO FGDAANO CONVENIO LICENZAS RATIO2015 58.009,00 € 614 94,48 € 2016 58.022,00 € 540 107,45 € 2017 62.914,50 € 554 113,56 €

2015 2016 201755.000,00 €

56.000,00 €

57.000,00 €

58.000,00 €

59.000,00 €

60.000,00 €

61.000,00 €

62.000,00 €

63.000,00 €

64.000,00 €

CONVENIO

CONVENIO

Páxina 35 de 36

Page 36: CONTAS ANUAIS · 2017. 6. 22. · contas anuais exercicio 2016 1. certificaciÓn de aprobaciÓn das contas 2. datos xerais de identificaciÓn 3. declaraciÓn medioambiental 4. contas

Memoria económica – 2016 FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

Evolución comparada entre federacións galegas con FGDA.

COMPARATIVA CON OUTROS DEPORTES EN GALICIA 2016DEPORTE CONVENIO LICENZAS RATIOFUTBOL 106.426,00 € 61.729 1,72 € BALONCESTO 187.857,00 € 14.693 12,79 € ATLETISMO 170.662,00 € 6.559 26,02 € FGDA 58.022,00 € 540 107,45 €

FUTBOL BALONCESTO ATLETISMO FGDA-00 €

20,00 €

40,00 €

60,00 €

80,00 €

100,00 €

120,00 €

RATIO

RATIO

Páxina 36 de 36

FUTBOL BALONCESTO ATLETISMO FGDA0

20.000

40.000

60.000

80.000

100.000

120.000

140.000

160.000

180.000

200.000

CONVENIO LICENZAS