concertos escenario xunqueira concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘o sentir dunha...

9

Upload: others

Post on 11-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante
Page 2: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA

SERGIO DALMA (| luns 16

Non hai demasiados artistas en España que conseguirar labrarse unhacarreira musical a partir da súa participación en Eurovisión. Sergio

Dalma é un deles. O concurso televisivo e aquel ‘Bailar pegados’ queaínda hoxe, vinte anos despois, é peza ineludible en toda verbe-na que se prece, foi o que o deu a coñecer a Sergio Dalma peroa partir daí foi a súa propia traxectoria, sempre coherente, eunha personalidade propia e un estilo moi recoñecible o que fixode Sergio Dalma o artista que hoxe coñecemos. Un artista queademais tivo o acerto e a sabiduría para pasar de ser poucomáis que un cantante melódico para adolescentes a un músicorespectado por toda a escena musical deste país.

Sergio Dalma chega a Vilagarcía no marco da súa xira“Trece Tour”, a máis espectacular da súa carreira. Nestescon ertos a súa xa coñecido repertorio de éxitos SergioDama engadeos temas do seu novo e recente disco,editado neste 2010. Entre todos conforman un showque a crítica definiu xa como “elegante, dinámico e

emocionante”.

Ao longo das dúas horas de concerto Sergio Dalma vai desgranando os seusmaiores éxitos versionados de novo. Clásicos como ‘Bailar pegados’, ‘Galilea’,‘Sólo para ti’ ou ‘Déjame olvidarte’ soan nesta xiracomo nunca o fixeron antes.

DAVID CIVERA (| martes 17

David Civera é outro artista xurdido da canteira deEurovisión. No seu caso, a súa participación tivo lugaren 2001, dez anos despois da de Sergio Dalma, coacanción ‘Dile que la quiero’. Daquel álbum vendéron-se en España 400.000 copias. Dende entón DavidCivera é sinónimo de diversión, desenfado, baile ealegría. Elementos todos estes que teñen a súa máxi-ma expresión nos seus concertos en directo.

san roque 10vilagarcia

Page 3: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

Tivo e ten David Civera a habilidade de interesar e gustar a públicos moi diver-sos. O seu aire de sempiterno mozo segue a gustar ao máis novos, pero taménos maiores gustan de disfrutar da súa calidad vocal e do ritmo das súas cancións,en moitos casos acompañados por atractivas coreografías.

Na súa discografía figuran auténticos éxitos das pistas de baile e dos camposda festa, auténticas cancións do verán como ‘Que la detengan’, ‘Bye bye’ou ‘Rosay espinas’ gravado xunto a David Bisbal.

Sucesivos traballos ata a data avalan a súa carreira sen paróns e permítenlledebullar nos seus concertos os seus moitos hits para deleite dos seus fans.

MELOCOS | mercores 18

Melocos é unha banda de pop-rock formada por cinco compoñenetes proceden-tes del Puerto de Santa María (Cádiz). Grabaron o seu primeiro disco en 2007

con colaboracións de Los Secretos, e cuns temas frescos, que tratansobre a amizade, o amor, a vida e o momento.... A crítica situounos

de seguido na órbita de bandas como Despistados, El canto delloco ou Hombres G.

Tras o éxito do seu primeiro disco, en2007 Melocos publican o seu segundodisco, ‘Somos’, con cancións que vandesde o power-pop con riffs rocanrolei-

ros a certos apuntes brit, pasandopor algo de reggae-ska e ritmosmoi potentes que se alternan conbaladas con orquestra...

Neste 2010 o grupo de publi-car o seu terceiro traballo ’45rpm’, producido por Alejo Stivel.

Melocos son un dos melloresexpoñentes da música de unhanova xeración que chega pidindopaso, buscando o seu lugar.

san roque 10vilagarcia

Page 4: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

ASTAROT (| xoves 19

No ano 1983 catro rapaces do Morrazo fundan un grupo de rock coaidea de facer versións heavys para tocar nos locais que eran berce damovida rockeira galega. 27 anos despois eses “rapaces” seguen na bre-cha e conforman, xunto con Los Suaves, o punto álxido do heavy-rockgalego. Cunha particularidade, o uso da lingua galega. Especialmentea partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o discoda consagración do grupo, e unha homenaxe impactante á culturamusical galega. Astarot soprende rockanrolizando a música galega sen

límites, con cancións como ‘Negra sombra’ , ‘Unha noite na eira do trigo’ ou‘Miudiño’, nun traballo que ten colaboracións de artistas como Suso Vaamonde,Os Tamara, Susana Seivane ou Fuxan vos Ventos.

O seu sexto, e ata o de agora último traballo en estudio, ‘Longa noite depedra’, é un disco de culto aos poetas galegos a través da música. Rosalia,Curros, Celso Emilio, Bernardino Graña, Méndez Ferrin, Darío Xohan Cabana…pasados polo tamiz musical de Astarot.

O pasado ano o grupo editou un disco no que recolle un dos seus contunden-tes directos, neste caso o que ofreceron no parque de Castrelos en Vigo. Un discoque se semella bastante ao repertorio que o grupo nos ofrecerá en Vilagarcía eno que incluén cancións como ‘A Santiago vou’ ou unha acelerada versión da‘Rianxeira’.

FRANCISCO | venres 20

A Francisco sóbranlle os apelidos. Cando unpensa nun artista latino de carácter mediterrá-neo ineludiblemente xurde a figura deFrancisco. E a súa rotunda e potente voz, quelle permite cantar tanto un aria escrita paratenores como unha balada ou un bolero.

‘Latino’ foi precisamente a canción que lan-zou a fama a este cantante en 1981 noutro fes-tival, neste caso o da OTI. Os anos 80 foron osanos dourados de Francisco con varios discos que superaron con creces as100.000 copias vendidas e colaboracións cos máis grandes artistas do momen-to, como Rocío Jurado, Raphael o Julio Iglesias.

No seu último disco ‘Grandes canciones italianas’ fai versións de clásicosrománticos, que en directo combina cos grandes éxitos dos seus trinta anos deexitosa traxectoria.

san roque 10vilagarcia

Page 5: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

OUTROS ESCENARIOS

BERROGUETTO | venres 13 | alameda

Practicamente desde o seu aclamado debut en disco –‘Navicularia’ (1996)-Berrogüetto excederon a etiqueta folk. As ancoraxes na tradición existían, sobretodo en forma de instrumentos e desenvolvementos melódicos, pero a súa pro-posta cadraba mellor no caixón de da ‘world music’ e así foi recoñecido polas máisprestixiosas revistas do xénero que lles outorgaron non poucos premios pola súamestura de paixón pola tradición musical e a experimentación na contempora-neidade. Entre eles destacan Po remio da Asociación da Crítica Alemá do Discoao Mellor Disco de World Music en varias ocasións, Premio Opinión ao Mellor Discode Folk, finalistas dos Premios da Música da Academia das Artes Escénicas eMusicais como Mellor Álbum en Galego e dos Grammy Latinos ao Mellor DiscoFolk, entre outros.

O seu directo transcende máis alá do son, supón unha experiencia na que seune a música, a danza e a imaxe.

Co seu último traballo ‘Kosmogonías’ (2010), Berrogüetto continua navegan-do océanos musicais por descubrir e explorando novas combinacións de artes ecomunicación. Kosmogonías’ pespuntea cos habituais ribetes jazzy e ecos newage as súas excursións a partir das raíces folclóricas gale

De Berrogüetto díxose: “Lúdicos, estéticos e abertos ao mestizaxe:Berrogüetto”…” Aí vai un cóctel do que non os resume, pero os suxire: multiins-trumentistas, cualificados, expertos, estetizantes, enerxéticos, lúdicos e abertosa outras culturas. E, sobre todo, seguros do que queren”.

Eles son, sen dúbida, o grupo máis internacional da música galega.

san roque 10vilagarcia

..

Page 6: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

MUSICAS PORTUARIAS | alameda | 6, 7 e 8 de agosto

Ciclo de cancións con aire a mar, evocacións de lendas e aromas a salitre, que enVilagarcía protagonizan tres grandes voces femininas da canción galega.

UUXXIIAA

Vintecinco anos de carreira artística converten a Uxía nunha das voces máispopulares e valoradas da nosa música. As súas cancións teñen sempre a presen-za latente ou explícita da música tradicional. Desde o seu debut con’”Foliada deMarzo’ en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferen-tes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes. Debnde entón nonparou no seu afán por renovar a música tradicional e por aproximala a outras cul-turas.

O seu último traballo, ‘Eterno Navegar’, é froito da continua busca de novoshorizontes desta cantante e compositora. Nel, as raíces galegas conviven coscantos portugueses e africanos de maneira natural, innovadora e vangardista. Oresultado son quince temas cun estilo moi persoal, que percorre as sonoridadesatlánticas, fundindo o fado, o alalá ou a morna.

‘Eterno Navegar’ é unha proposta de autora no que conviven letraspropias con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ouMarica Campo. É un traballo de madurez vital, repleto de sensi-bilidade, que amosa abertamente a plenitude serena da artis-ta, para quen “a música, a arte e a vida son un todo e,medrar, un eterno navegar”.

En directo, a voz de Uxía e o traballo conxuntodunha banda excepcional formada por Paulo Borges nopiano, Santi Cribeiro co acordeón, Xacobe Martinez cocontrabaixo, Quiné na batería, Jon Luz co cavaquinhoe Rúben Santos co trombón conseguen, ademais, queo directo reflicta a forza que transmiten as canciónsdeste disco xunto as que soarán algunhas das máisrepresentativas dos seus 25 anos de carreira.

UUGGIIAA PPEEDDRREEIIRRAA

Desde os 90 Ugía Pedreira ven tendo presenza constante na música rock galegada man de grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, Matraca Perversa eGalegoz.

san roque 10vilagarcia

--

--

-

Page 7: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

No eido da música tradicional, destaca a súa participa-ción no trío Nordestin@s, sobre cancións mariñeiras donorte de Galicia con Guadi Galego e o famoso pianista dejazz Abe Rábade e as súas propias composicións.

En xuño de 2006 presentou o seu primeiro disco conMarful, un disco considerado xa de culto da músicagalega, considerado por votación popular o mellorDisco do Ano 2006 segundo a Radio Galega. ConMarful Ugía Pedreira abriu a caixa de Pandora e orevival da música popular de autor.

Froito das súas numeross inquedanzas, no ano2000 fundou o Conservatorio de Música Tradicional eFolque de Lalín, e, desde aquela dirixe este centro refe-rencia do folk en Galicia, transformado agora na Central Folque

Actualmente Ugía Pedreira está preparando o novo disco de Marful que sairáen septembro do 2010 . Neste mesmo verán tamén verá a luz a súa primeiraobra asinada en solitario: un libro-cd de poemas e cancións ‘Noente Paradise’.

GUADI GALEGO

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas can-cións teñen ese sabor vello e novo a un tempo.

Sempre será recordada por ser a primeira vocalista deBerrogüetto, grupo co que permañeceu durante unha década sendoademais pianista e gaiteira. Dende entón ten participado en proxec-tos musicais tan interesantes como Nordestin@s ou Espido.

Nas cancións do seu primeiro disco en solitario, ‘Benzón’, GuadiGalego revitaliza e perpetúa cunha visión contemporánea o noso

rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza

dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa músi-ca e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto quearar.

Como di dela, a súa compañeira e amiga Uxía, “nesta morena de Cedeira traecanda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mari-ñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas dealecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nuncaseca”.

san roque 10vilagarcia

Page 8: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

OUTRAS MUSICAS

AAMMEENN GGOOSSPPEELL CCHHOOIIRR

martes 27 de xullo (| auditorio (| 21 h. (| entrada de balde

Amen Gospel Choir é un dos grupos máis versátiles no campo da música gospel.O seu repertorio inclúe desde gospel tradicional ata gospel contemporáneo,pasando polo negro espiritual e os himnos.

Orixinarios de Mississippi teñen actuado nas salas máis prestixiosas dosEstados Unidos, como o Carnegie Hall de Manhattan, o Apollo Theater, en plenocorazón do Harlem; o Superdome de Los Angeles; ou o Lincoln Center, tamén nacidade de Nueva York.

Ao longo do seus 16 anos de traxectoria Amen Gospel Choir é unha formaciónque destacou pola súa interpretación de temas vocais.

O seu director é David Curry, tamén de Mississippi. Curry ten participado nasformacións Unity, The Revelations, Epiphany e Last Appeal, e tocou piano e tecla-dos no Linden Ensemble for Christ, cos que foi galardoado cun Grammy.

En 1989 gañou o McDonald’s Tri-State Gospel Fest e o Gospel Academy Awardna categoría de Grupo do Ano.

David Curry é ademais cofundador e director musical desde 1988 dunha daslendas do gospel tradicional, a formación Mississippi Mass Choir.

san roque 10vilagarcia

-

Page 9: CONCERTOS ESCENARIO XUNQUEIRA concertos.pdf · a partir do seu quinto disco, ‘O sentir dunha terra’, sen dúbida o disco da consagración do grupo, e unha homenaxe impactante

JJOOVVEENN OORRQQUUEESSTTAA NNAACCIIOONNAALL DDEE EESSPPAANNAA

xoves 5 (| auditorio (| 21 h. (| entrada de balde

O auditorio vilagarcián terá a honra de acoller por vez primeira na súa historia unconcierto da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), unha formación queen moi poucas ocasións ten recalado en Galicia.

A JONDE pertence ao Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música,organismo dependente do Ministerio de Cultura. Foi creada en 1983 co propósi-to de contribuír á formación de músicos españois na etapa previa ao exercicio dasúa profesión. O seu obxectivo prioritario é a ampliación e o perfeccionamentodos seus coñecementos a través do estudo e a práctica do repertorio sinfónico ede cámara.

A JONDE ten participado na maioría dos festivais e dos auditorios da xeogra-fía española.

A proxección no estranxeiro da orquestra abarca xiras por Bélxica, Rusia,Ucraína, Estonia, Hungría, Francia, Estados Unidos, Italia, Reino Unido, Portugal,Luxemburgo, Alemaña, Holanda e Austria, actuando en salas de concertos comoo Théatre deas Champs Elysées de París, a Filarmónica de San Petersburgo, oCarnegie Hall de Nova York ou o Royal Albert Hall de Londres.

No seu concerto en Vilagarcía a JONDE, baixo a dirección de Pablo López,interpretará un programa con obras de Cristóbal Halftter, Richard Strauss, XavierMontsalvatge e Igor Stravinsky.

san roque 10vilagarcia

--