concello de pontevedra...iglesias, d. jacobo moreira ferro, dª maría celia soto espiña, dª...

42
CONCELLO DE PONTEVEDRA ACTA NUMERO SETE CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN QUE TIVO LUGAR O DÍA 21 DE MAIO DE 2010 . -----------oOo----------- No Salón de Butacas do Teatro Principal, sendo as doce horas e dezaseis minutos do día vinte e un de maio de dous mil dez reúnese, en sesión ordinaria e primeira convocatoria, o Pleno da Corporación baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Miguel Anxo Fernández Lores e coa asistencia dos Sres. Concelleiros D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, Dª María dos Anxos Riveiro Portela, D. Raimundo González Carballo, Dª María Dolores Dopico Aneiros, D. Miguel Anxo Vázquez Plaza, D. Demetrio Gómez Xunqueira, D. Telmo Martín González, Dª María Te- resa Pedrosa Silva, D. Ricardo Alfonso Heliodoro Aguilar Argenti, Dª María Guadalupe Murillo Solís, D. José Manuel Barragáns Muñiz, Dª Begoña Laya Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo- al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo, D. Mi- guel Ángel Meijón Couselo, Dª María Teresa Casal García, Dª Margarita Cas- tejón García, D. José Antonio García Lores, Dª Celia Alonso Caramés, D. José Manuel Valcarcel Riveiro e D. Julio Castela Martínez, estando presente a titular do órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade, por substitución, Dª María Herculina Domínguez Martín e dando fe das actuacións, o Secretario Xeral do Ple- no D. José Luis Mato Rodríguez. Constatada a existencia de quórum bastante para a súa constitución, o Sr. Alcalde-Presidente, despois de felicitar á Concelleira Dª Begoña Laya pola súa re- cente maternidade, declara constituída e aberta a sesión, . ORDE DO DÍA A) APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR: 1.- APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE 03.05.2010. Dáse conta do borrador da acta da sesión ordinaria de 03.05.2010, que é aprobado por unanimidade (25) e sen modificación ningunha. B) PARTE RESOLUTIVA: 2.- APROBACIÓN INICIAL DO EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDI- TO Nº5/2010 (2CEXT-SUP/2010), MEDIANTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO. 1

Upload: others

Post on 07-Mar-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ACTA NUMERO SETE CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN QUE TIVO LUGAR O DÍA 21 DE MAIO DE 2010.

-----------oOo-----------

No Salón de Butacas do Teatro Principal, sendo as doce horas e dezaseis minutos do día vinte e un de maio de dous mil dez reúnese, en sesión ordinaria e primeira convocatoria, o Pleno da Corporación baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Miguel Anxo Fernández Lores e coa asistencia dos Sres. Concelleiros D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, Dª María dos Anxos Riveiro Portela, D. Raimundo González Carballo, Dª María Dolores Dopico Aneiros, D. Miguel Anxo Vázquez Plaza, D. Demetrio Gómez Xunqueira, D. Telmo Martín González, Dª María Te-resa Pedrosa Silva, D. Ricardo Alfonso Heliodoro Aguilar Argenti, Dª María Guadalupe Murillo Solís, D. José Manuel Barragáns Muñiz, Dª Begoña Laya Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo, D. Mi-guel Ángel Meijón Couselo, Dª María Teresa Casal García, Dª Margarita Cas-tejón García, D. José Antonio García Lores, Dª Celia Alonso Caramés, D. José Manuel Valcarcel Riveiro e D. Julio Castela Martínez, estando presente a titular do órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade, por substitución, Dª María Herculina Domínguez Martín e dando fe das actuacións, o Secretario Xeral do Ple-no D. José Luis Mato Rodríguez.

Constatada a existencia de quórum bastante para a súa constitución, o Sr. Alcalde-Presidente, despois de felicitar á Concelleira Dª Begoña Laya pola súa re-cente maternidade, declara constituída e aberta a sesión, .

ORDE DO DÍA

A) APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR:1.- APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE

03.05.2010.

Dáse conta do borrador da acta da sesión ordinaria de 03.05.2010, que é aprobado por unanimidade (25) e sen modificación ningunha.

B) PARTE RESOLUTIVA:2.- APROBACIÓN INICIAL DO EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDI-

TO Nº5/2010 (2CEXT-SUP/2010), MEDIANTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO.

1

Page 2: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

De orde do Sr. Alcalde-Presidente, polo Sr. Secretario dáse lectura ao ditame favorable (por maioría) da Comisión Permanente de Economía e Facenda, de data 18.05.2010, emitido sobre a proposta de acordo do Concelleiro Delegado da área de Medio Ambiente Urbano e Facenda relativa á aprobación inicial do expediente de modificación de crédito 5/2010 (2CEXT-SUP/2010), dentro de orzamento xeral do Concello de Pontevedra para o exercicio 2010, mediante crédito extraordinario e su-plemento de crédito, por un importe de dez millóns setenta e cinco mil trescentos setenta e oito euros con cincuenta e cinco céntimos (10.075.378,55.- €), aprobada como proxecto de acordo pola Xunta de Goberno Local na sesión de 14.05.2010.

Aberto o debate, en representación do grupo municipal do Bloque Nacionalis-ta Galego, fai uso da palabra don Raimundo González Carballo, manifestando: "Bos días Sr. Acalde; o tema que nos ocupa de modificación de crédito, evidente-mente está vinculado a outro asunto que figura na orde do día que é a liquidación do orzamento 2009, con independencia de que se fale nese asunto, cando corres-ponda, a cuestión é que o orzamento de 2009 dou un resultado positivo, como xa tiñamos previsto, como xa dixemos, pese aos augurios de outras forzas políticas de que íamos cara ao desastre, cara á ruína, e desgraciadamente para eles esa situa-ción ao borde do abismo non se ten producido e o feito é que estamos nunha situa -ción de estabilidade e con un remanente líquido de tesourería positivo de 10,7 mi-llóns de euros; tal como anunciamos xa no seu día, cando a aprobación dos orza-mentos, evidentemente, nós, unha vez coñecida a liquidación, unha vez coñecido o remanente líquido de tesourería, íamos a traer un expediente de modificación de créditos, xa o anunciamos daquela cando estabamos, xa digo, aprobando os orza-mentos neste pleno, co cal cumprimos esas manifestacións que fixemos no seu día e cumprimos o obxectivo económico, o obxectivo deste goberno, que é dinamizar a economía, de feito neste expediente de modificación de crédito de 10.075.000 a práctica totalidade das partidas que se incrementan ou se xeran novas son do ca-pítulo VI; en concreto, como xa vostedes saben, ben neste expediente de modifica-ción de crédito desde cuestións relativas a reformas e infraestruturas viarias por va-lor de 1.575.000 euros, a rede de sumidoiros na N550 por 1.290.000 euros, ou cuestións relativas ao museo da paraza de Valentín García Escudero, barrio de Sal-gueiriños, medianeiras, obras no pazo de Congresos, obras nas escolas, infraestru-tura parroquial, etc.; evidentemente, como xa dicía antes, esta modificación é con-secuencia de ese resultado orzamentario positivo e tamén se actuamos e o traemos a este Pleno; en primeiro lugar, darlle as gracias aos servizos municipais coa celeri -dade con que se tramitou o expediente para poder traelo a este Pleno e, ao mesmo tempo, dicir que o que pretendemos é nunha situación de crise, outro asunto que ta-mén imos a tratar máis adiante, destinar este remanente a inversións que xeneren emprego, en definitiva o que pretendemos con isto é actuar na economía produtiva

2

Page 3: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

e incrementar a actividade económica na medida das nosas posibilidades e, en defi-nitiva, con un orzamento expansivo para loitar contra a crise; evidentemente tamén a situación económica do Concello, vendo o que está pasando por outros lares ou por outros sitios que teñen incluso dificultades en pagar a nómina, ou que teñen difi-cultades ou non pagan as concesionarias, falo dende concellos bastante máis gran-des que Pontevedra, como León, Xerez, Huelva, etc., que non pagan por exemplo ás concesionarias e, sen embargo, a situación de Pontevedra nos permite ademais ter un remanente positivo coa que está chovendo, ao mesmo tempo dicir que nos dá tamén ata en esta modificación de crédito para facer fronte ás sentencias conde-natorias ao Concello que veñen da época do goberno do Partido Popular como pode ser a adxudicación da colaboración na recadación executiva, ou nas expropia-cións do anel da Eiriña, ou 12 de Novembro; en definitiva se isto é unha situación que temos por unha boa xestión realizada por traballar con sentidiño e nos permite, por tanto, actuar sobre a economía real e xa digo pese a eses discursos catastrofis-tas aos que nos ten acostumado o grupo da oposición."

A continuación, en representación do grupo municipal do PS de G-PSOE, in-tervén dona Margarita Castejón García, dicindo: "Moitas gracias Sr. Alcalde, bos días; simplemente para recordar que la aplicación de remanentes que traemos a este pleno pretende con ello poner todos los recursos del Concello a disposición, al servicio de los distintos proyectos que tenemos en marcha, proyectos todos de interés que consideramos que non se pueden aplazar y evidentemente no los únicos proyectos que tenemos porque tendríamos muchísimos más de disponer de más recursos, insisto en que consideramos que son proyectos que hay que ejecutar a la mayor brevedad y que la económica hay que darle toda la vida que se pueda cada uno desde donde le toque estar; solamente recordar algunas cuestiones sobre algunos temas concretos que vienen aquí, por ejemplo el museo de Valentín García Escudero que es un proyecto de interés económico, cultural, turístico e histórico para esta ciudad se da la circunstancia de que se encuentra ubicado en Pleno Centro Histórico, al lado del puente del Burgo, por el pasa el camino portugués, todos estos son elementos que están reconocidos como bienes de interés cultural; la recuperación de esta zona, la puesta en activo del museo es un elemento más en un proceso de promoción de Pontevedra como destino turístico, cultural e histórico de calidad, por esto creemos que es un proyecto que sabemos ambicioso y que no queremos paralizar, queremos hacer todo lo posible porque esto sea una realidad convencidos de que es un bien para esta ciudad; evidentemente creo que no cabe duda de lo que ya es el compromiso de este gobierno con los centros escolares y con la enseñanza pública, en los centros escolares pretendemos que se encuentren en la mejor condición posible e imaginable porque la enseñanza y la enseñanza pública, como ya dijimos tantas veces, contribuye a que la igualdad entre los

3

Page 4: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

ciudadanos sea cierta y verdadera y para eso necesitamos unos colegios públicos en condiciones, esperamos que el compromiso que de alguna manera adoptó la Xunta de Galicia y el propio Conselleiro de Educación se haga realidad y la parte de compromiso que le corresponde también se haga un esfuerzo presupuestario para llevarla adelante y por otra parte otro de los grandes temas es todo lo que tiene que ver con el rural infraestructuras y saneamiento, hay una parte de obligado cumplimiento evidente para el Concello como el convenio de la Xunta, hay otros temas que tienen que ver con el convenio de Fomento y lo que tiene que ver, sobre todo, es con el compromiso de este gobierno de que la calidad de vida en todo el municipio, en todos los lugares del municipio sea lo más alto posible, muchas gracias."

Seguidamente, fai uso da palabra dona María Guadalupe Murillo Solís, en representación do grupo municipal do Partido Popular, quen manifesta: "Buenos días; en primer lugar quería anunciar nuestro voto en contra de esta nueva modificación de crédito; no es nada inusual como usted puede comprender y nos parece de recibo después de cuatro meses de haber aprobado un presupuesto; está claro que había que incorporar remanentes de ejercicios anteriores que ustedes no han acabado, efectivamente del presupuesto anterior, pero si es importante que destaquemos una vez más que usted no deja de engañar a la ciudad de Pontevedra, Sr. González, usted ha vendido en la prensa hace unos días que le habían quedado 10 millones de euros de remanente en Tesorería para inversiones, esto es falso y usted sabe que es falso; mire, esta modificación de crédito no es para inversiones, es para improvisaciones y esa es la realidad de lo que trae usted aquí hoy, esta es una forma de aumentar el gasto en la ciudad de Pontevedra, una vez más, y una forma de financiar aquellos proyectos que han quedado años atrás efectivamente sin financiación, sin facturas y sin acabar y esa es la única realidad que ustedes presentan aquí hoy y esto es lo que tenemos que saber aquí todos, Sr. González; la realidad, y se lo voy a contar, en el año 2008 usted en el mes de julio elaboró un presupuesto ya con retraso, en ese momento todos conocíamos ya la crisis de este país y en ese momento usted aumentó el gasto corriente en un 26%, esa es su realidad, Sr. González, cuando Obama, la señora Merkel, economistas destacados de este país y de toda Europa y de todo el mundo recomiendan austeridad, control del gasto público, usted lo ha aumentado una vez y otra vez y una vez más; en ese mismo año 2008 donde ya todos conocíamos la situación de crisis de este país, usted en diciembre trajo un reconocimiento extrajudicial de crédito por valor de 9 millones de euros de facturas atrasadas que estaban sin pagar en este ayuntamiento, esta es su gestión, Sr. González; en el año 2009, que teníamos un presupuesto prorrogado, como usted bien conoce, trajo dos modificaciones de crédito que importan la elevada cantidad de 22 millones de euros, de los cuales otros 9 volvían a ser gasto corriente, Sr.

4

Page 5: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

González, usted parece que sigue, sigue y sigue y no acaba nunca y es justo lo contrario de lo que en este momento están opinando todos los economistas de prestigio del mundo, parece que usted todavía no se ha enterado, cuando le toque a usted le pasa lo que al Sr. Zapatero; en segundo lugar, en este año 2010 usted sabe que los 63 millones de euros que tenemos en el presupuesto inicial de este mes de enero, aprobado en este pleno, eran 53 millones de gasto corriente, esta nueva modificación de crédito, el 90% vuelve a ser gastos corriente, Sr. González, donde esta la contención del gasto que se predica en todo el mundo en este momento, no existe, esta es la realidad y una tras otra se la iré desmontando; la realidad, Sr. González, es que además ha vaciado la caja de este Ayuntamiento se lo dice el informe de Intervención, ha dejado exactamente 740.000 euros y si hay un imprevisto en esta ciudad, cosas imprevistas e imprevisibles que puedan pasar, ¿qué va a hacer usted?, y mire me quedan otras preguntas, porque claro si el 90% es para gasto corriente, ¿qué vamos a hacer con SOGAMA?, porque ya no hay dinero en caja, ¿qué vamos a hacer con las expropiaciones del edificio judicial de A Parda?, vemos que no va a empezar nunca, debe ser que no tienen interés; ahora nos comenta que efectivamente la nacional 550, que se firmó un convenio con fomento en el mes de marzo del año pasado, no tenía dotación para hacer el saneamiento, con lo cual jamás se podría iniciar, usted se salta a la torera todos los convenios firmados con otras administraciones, Sr. González, y esta es una, y otra, y otras más; simplemente contésteme a esas dos preguntas, si ha quedado la caja vacía ¿cómo va a pagar las indemnizaciones a SOGAMA?, ¿cómo va a pagar usted las ocupaciones del terreno de los Gafos?, que estamos condenados por sentencia en este Ayuntamiento; ¿cómo va a pagar usted las expropiaciones del edificio judicial de A Parda?, ¿qué piensa hacer usted con este Ayuntamiento?, otro crédito, Sr. González; en segundo lugar, ¿cómo vamos a financiar todas esas cosas que se nos van a quedar en el tintero?, muchas gracias Sr. González."

De seguido intervén de novo a Sra. Castejón García, para dicir: "Muchas gracias; solamente algunos comentarios, evidentemente era una intervención que no venía dirigida a este grupo que iba dirigida al Concejal de Facenda, me parece correcto, me parece perfecto; esto solamente por precisar lo de que esto mayoritariamente es gasto corriente, debo entender mal lo que es gasto corriente porque me pongo a mirar y aquí apenas hay gasto corriente, y por otra parte habla, estas cosas que prepara para impresionar, de improvisaciones y en todo lo que le expliqué no se por donde ve usted la improvisación ni otra cosa que dice a continuación la improvisación de aquellas cosas que no se hicieron y que tenían que haberse hecho; en cuanto a lo que es el edificio de los juzgados, está aprobado inicialmente el PERI, está este Concello haciendo toda la gestión previa a una velocidad increíble y esperamos que la Xunta cumpla con su compromiso y no se

5

Page 6: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

preocupe que el Concello va a cumplir con su compromiso, muchas gracias."

A continuación volve a a facer uso da palabra o Sr. González Carballo, quen manifesta: "Moitas gracias; realmente estou sorprendido porque dado que se absti-veran en comisión eu agardaba o seu voto favorable porque agardo que vostedes estean porque se cumpra o convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente e non sei que máis, claro, resulta que hai que poñer diñeiro para iso, entón parece que non están de acordo porque se votan en contra é que non queren iso, non que-ren que se faga ningún tipo de obra, entón realmente estou sorprendido porque dado que en Comisión se abstiveron dixen menos mal que desta vez van a votar a favor porque as circunstancias os requiren, parece que non é así, e ademais utili-zando xuízos de valor, mentiras, exclusivamente, eu sinceramente véxoos un plelín desquiciados politicamente, véxoos irascibles, véxoos, non sei, irritados, senten un pouquiño a cabeza porque imos a ver só fai falta ver o díxito da partida para saber que é do capítulo VI e que non hai que ir a mais lonxe e iso se aprende xa no pri -meiro día e non hai que esperar tres anos, parece que aínda non se enteraron o que é de un capítulo e o que é de outro, é dicir moléstame sinceramente que des-pois de tres anos leven aprendido nada, porque creo que os cidadáns de Ponteve-dra merecen uns concelleiros que sexan responsables e que teñan coñecemento do que di que non é o caso; por outro lado, orzamento, 63 millóns de euros, neste momento sabe perfectamente que estamos en 83 millóns de euros, por xeracións e con esta modificación de crédito, dos cales 24 millóns van a inversións, iso venlle aí, venlle nos papeis, entón parece que non saber ler; de todas maneiras admiro a efi -ciencia do gasto onde gobernan vostedes, o admiro, acabo de ler hoxe no periódico, entereime polo periódico que é un medio de información normal, que a eficiencia no gasto en Pasarón pasou de 7,2 millóns a 17 millóns e o xestiona a señora Deputa-ción Provincial de Pontevedra, é dicir é unha eficiencia no gasto apaixonante, un 140% de incremento, esa eficiencia, esa es la austeridade, esa é a previsión que tanto vostedes falan dela, senten un pouquiño a cabeciña, miren as cousas e eu sinceramente lle agradecería o voto a favor disto pero xa ata no terreo persoal, xa que vostedes se meten comigo no terreo persoal eu xa llo agradezo persoalmente; mire, voten a favor de isto porque estamos falando de obras necesarias para o Con-cello, de inxectar diñeiro á economía produtiva e, por tanto, é algo bo para os cida -dáns de Pontevedra, xa teremos cousas nas que discrepara ideoloxicamente, se ata discrepamos na intencionalidade da iluminación navideña, pero nisto que é bo para os cidadáns que é bo para a economía, etc., etc., home fagan unha lixeira reflexión e sinceramente lles agradezo o voto favorable, moitas gracias."

Novamente intervén a Sra. Murillo Carrasco, dicindo: "Sr. González, non é bo para Pontevedra é bo para tapar os seus agujeros, esa es la realidad, aquí hay facturas sin pagar, hay proyectos sin acabar, hay indemnizaciones que pagar, hay

6

Page 7: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

sanciones a este Concello, sanciones por vertidos, ustedes que son tan de izquierdas, tan ecologistas, están condenados, estamos pagando sanciones por vertidos en este Concello, si, Sr. González, esto es lo que va a esta modificación de crédito, porque no lo cuenta, Sr. González, nos habla de inversiones, ¿dónde están?, 260 euros para ajustes de personal del Concello de Pontevedra, también eso es inversiones, remanentes del año pasado, hemos incorporado 3 millones de euros de obras que están inacabadas, de facturas sin pagar, del pazo de la Cultura, lo dice el informe de los técnicos de este Ayuntamiento, que hay facturas sin pagar de la reforma del Pazo de la Cultura, quiere que le hable del campo de Fútbol de Gatomorto que se inició en el año 2007, se han hecho mal los vestuarios y ahora vamos a intentar arreglar lo que estaba mal hecho, esta es la realidad de esta modificación, Sr. González, que nos está contando, mire se lo voy a puntualizar poco a poco para que no diga lo que no es; mire, de los 10 millones de euros que trae usted aquí hoy, 3.140.840 euros son remanentes que incorporamos de todo lo que usted fue incapaz, porque son incapaces, incapaces de gestionar nada bien, son perfectos vendiendo la película esta, para esto son ustedes muy buenos y ademas la gente de vez en cuando le sigue creyendo, el problema es que detrás no hay nada, la realidad es que han dejado sin ejecutar el 66% de un presupuesto que venía prorrogado de dos años, el 66%, Sr. González, la realidad es que ha incorporado 34 millones de euros vía Alcaldía, sin pasar por este pleno, hace una semana, de lo que han dejado sin acabar del presupuesto anterior, esa es la realidad, Sr. González, como aquí ya no viene no nos enteremos pero dígalo todo, son los 34 más los 10, 44, del presupuesto que no se pudo acabar de ejecutar el año pasado ni el anterior; hablamos de cosas de 2007, hablamos de codirecciones de la guardería de la Parda, Sra. Castejón, una codireción y la tenemos aquí ahora y la guardería de la Parda, ¿cuándo tenía que haber sido acabada?, ustedes para que sirven, Sr. González, ¿qué estamos tapando aquí?, Sr. González; inversiones, mire, 3 millones de lo que no acabaron del año pasado, donde hay gastos como este, no creo que una codirección de 20.000 euros para un señor que codirige una guardería que no se acaba nunca, debe ser que no nos llega con los técnicos de este Concello que hay que buscar otros para que codirijan, creo que es casi peor, cuando hay dos ideas en vez de una nadie sabe por donde tirar, esa es su realidad; mire, de esos 3 millones después tenemos otros dos que son gastos, efectivamente, como el Concello con Fomento del millón y pico de saneamiento de la PO-550, que ya tenía que haber estado consignado, con una modificación el año anterior, porque si el convenio se firmó con Fomento el año pasado, al Sr. José Blanco no creo que le haga mucha gracia saber que ustedes nunca previeron empezar esa obra, ni nunca pensaron en consignar el dinero, entonces ustedes se saltan a la torera los convenios con otras administraciones, no figuraba en el presupuesto y no ha figurado en el inicial de este año tampoco; así mismo como el barrio de

7

Page 8: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

Salgueiriños, es algo plurianual que tenía que estar consignado que tampoco estaba; en tercer lugar, indemnizaciones, expropiaciones, que ha habido que ajustar, sanciones como le estaba contando, otros 2 millones, eso tampoco son inversiones, Sr. González; facturas como las del Pazo de la Cultura que, como dice el informe, estaban todavía por pagar de obras anteriores, Gatomorto que ya le digo que hicieron unos vestuarios en un sitio que, según parece, no era muy bueno o no era el adecuado, debe ser que aquí tampoco hay control de obras que es a lo que vamos, Sr. González, para que tienen 7 Directores Generales y 11 Concejales con dedicación exclusiva, 17 señores para cobrar o para trabajar, esa es al realidad, como se les dan los presupuestos de esta manera en este Ayuntamiento, Sr. González, porque Pasarón es uno pero aquí tenemos muchos ejemplos, la Casa de las Campanas, Santa María, ¿cuántas veces se les han ido a ustedes los presupuestos en este Ayuntamiento?; además debo recordarle que Pasarón se inicio con una Xunta del bipartito donde pusieron un arquitecto que para qué contarles, están ustedes en una comisión de seguimiento que para qué contarles, están ustedes en una comisión de seguimiento donde pueden opinar y esto no tenía que haber pasado nunca, pero ahora habrá que pagar también y tampoco habrá presupuesto para pagar; seguimos, finalmente pues ajustes de personal, estudio de medianeras, más dinero, efectivamente como usted dice Sra. Castejón, más dinero para una obra que no se empieza porque el museo este de Valentín García Escudero sigue parado y usted sabe que en el presupuesto ya había 460.000 euros, 500.000 euros más y sabe que no se puede empezar porque efectivamente el plan general no lo contempla, ¿no hay otras cosas más importantes en esta ciudad en este momento?; dicho esto, decirle que en el multiusos sigue lloviendo porque la cubierta no está presupuestada; tengo que decirle que hay calles en Pontevedra que cuando llueve se siguen inundando, parece que no importa, eso si son inversiones, eso no les preocupa; ustedes está ahora mismo, ¿para qué?, nos ha pasado, Sr. González, en todo esto que si finalmente si hay una inversión, hay un capítulo de inversiones, 1.500.000 euros para la concejalía del Sr. González sin expediente, esta es la realidad, el expediente en una hoja dice que él entiende que hay que gastarse 1.500.000 euros para zonas urbanas, no hay expediente detrás, entonces debo creer que con este dinero él va a hacer cosas muy importantes en esta ciudad, ese es el único capítulo que además desconocemos su contenido y como realmente no tiene ni idea, le recuerdo Sr. González, como a usted le gusta Keynes, Keynes dice que las ideas son las que gobiernan, ustedes no tienen ideas, ustedes tienen mala gestión, despilfarro total del gasto, muy mala ejecución y muy pocas ideas, muchas gracias, Sr. González."

De seguido fai uso da palabra a Sra. Castejón García, manifestando: "Muchas gracias; como tantas otras veces resulta bastante complicado contestar a un discurso alborotado, que mezcla unas cosas con otras, que va enfadándose

8

Page 9: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

cada vez un poquito más, que incluye el llamar por el medio incapaces a las personas que tiene enfrente y entonces a mi de verdad que me resulta bastante complicado porque después afirmaciones de esas como que hay dos millones en sanciones, como que no hay capítulo VI aquí y yo insisto en lo que dije antes y en lo que también dijo el Sr. González, basta mirar los numeriños que todo se ve aquí el VI, está clarísimo de lo que estamos hablando, entonces resulta bastante difícil; únicamente es un intento más, por su parte, de tratar de enredar, de crear un ambiente de hacer pensar que aquí no se sabe administrar con sensatez, en lugar de poder ir planteando otros modos y otras propuestas y otros modos de gobernar la ciudad y otras prioridades que suponemos que ustedes tendrían que tenerlas, porque de momento lo que estamos oyendo todo el tiempo son estas cosas medio dichas, medio no dichas, enredando unos datos con otros, no solamente en este pleno, en el que, insisto, es casi imposible contestar a su intervención, corresponde a toda esa línea de actuación en la que se van pidiendo unos datos pero que solamente la intención al pedir los datos es dejar en el ambiente como una sensación de que aquí puede que no se esté administrando bien, tienen que distinguir bien las cosas, una cosa es que sigamos una línea política con la que no están de acuerdo y eso es lo natural y otra cosa distinta es que venga aquí a decir todas estas cosas, llamarnos incapaces, hablar de obras que no se empiezan a la vez que se queja de que las obras ya se empezaron y a decir todas estas cosas, simplemente yo no lo se, creo que algo importante, es que cuando tuviese que informar sobre una cuestión de estas características se leyese con calma el informe, dispone de todos los informes, dispone de todo el apoyo y asesoramiento de Intervención, lo leyese con calma, se hiciese un esquema y fuese viendo bien lo que hay antes de salir aquí a hablar tan aprisa diciendo tantas cosas incoherentes imposibles de entender, gracias."

A continuación intervén o Sr. González Carballo, para dicir: "Moitas gracias; imos a ver, é tal cúmulo de falsidades, mentiras e inexactitudes que, sinceramente, non lle vou contestar, só lle vou dicir dúas cousas, Obama non estaba no 2008, co cal primeira falsidade; segunda falsidade, o proxecto é de Pilar Rojo e quen desig-nou o arquitecto foi Pilar Rojo que é dos seus, con esas dúas todos o demais, que quere que lle conteste?, moitas gracias."

Rematado o debate, sométese a votación a proposta do Concelleiro Delega-do da área de Medio Ambiente Urbano e Facenda e o Pleno do Concello, por mai-oría, co voto favorable de 13 concelleiros (os 7 concelleiros do grupo municipal do BNG e os 6 do grupo municipal do PS de G-PSOE) e o voto en contra de 12 conce-lleiros (os 12 concelleiros do grupo municipal do Partido Popular), e de conformida-de co ditame da Comisión Permanente de Economía e Facenda, acorda:

9

Page 10: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente o expediente de modificación de crédito N° 5/2010 (2 CEXT-SUP/2010), MEDIANTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLE-MENTO DE CRÉDITO, por un importe de DEZ MILLÓNS SETENTA E CINCO MIL TRESCENTOS SETENTA E OITO EUROS CON CINCUENTA E CINCO CÉNTI-MOS (10.075.378,55.- €).

SEGUNDO.- Someter dito acordo a información pública previo anuncio no boletín oficial da provincia e taboleiro de anuncios desta entidade polo período de quince días, durante os que os interesados poderán examinalos e presentar recla-macións ante o Pleno.

TERCEIRO.- Esta modificación orzamentaria considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se tiveran presentado reclamacións; en caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas. Entrará en vigor unha vez publicado o resumo por capítulos resultante, e remitidas copias á Comuni -dade Autónoma e á dependencia correspondente do Ministerio de Facenda.

C) MOCIÓNS URXENTES.3.- MOCIÓN DE APOIO Á MARCHA CONTRA CELULOSAS CONVOCA-

DA POLA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (APDR).

Previa declaración de urxencia en forma regulamentaria, o Pleno do Conce-llo, por unanimidade (25), acorda tratar a moción que figura no epígrafe.

Aberto o debate, fai uso da palabra, en representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, manifestando: "Grazas, Sr. Alcalde, bos días a todos e todas; ben, o punto que ven hoxe aquí e unha solicitude da APDR de apoio á manifestación que todos os anos se celebra, obviamente por cuestión de prazos a outra vez non veu, esta vez ven, digamos, por-que se presentou por esta asociación con bastante antelación para poder facer este trámite; creo que, á parte da orixe, creo que é absolutamente oportuno este debate en este Pleno sobre o fondo da cuestión e sobre a propia manifestación; en princi-pio ía vir como unha declaración institucional porque entendemos que a resolución tal como está non tiña maior problema entendendo que as declaracións que se es-tán facendo por parte de todos os grupos políticos, eran reais e non respondían a outros motivos tácticos digamos de ocasión, obviamente os que seguimos a política e sabemos ler entreliñas pois tiñamos claro que a situación non era esa, aquí houbo unha posición histórica do PP que era defensa a ultranza de que ENCE-ELNOSA seguiran onde están pasando por riba das determinacións da Lei de costas, incluso chegando cando fora aquela batalla do proxecto sectorial que declarara a Xunta de

10

Page 11: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

maneira belixerante co Concello e demais, chegando o grupo do Partido Popular a apoiar as manis e daquelas manis a favor da permanencia indefinida de ENCE-EL-NOSA aí e incluso con aplausos neste pleno a quen o rebentou; chegamos ao ano 2007 e houbo un cambio táctico electoral porque o PP debeu estimar que a súa postura, absolutamente pechada, en que ENCE-ELNOSA tiña que seguir aí de por vida, lle tiña custos electorais, entón iniciamos unha serie de movementos de dis-tracción con supostas alternativas imposibles, con supostas xestións que había que facer, que ían a resolver, non se sabe que marabillas falando coa empresa, etc. etc., pero os cambios que non son reais senón que son simplemente tácticos electo-rais cando un segue defendendo unha cousa e di outra así por cubrir pois desmón-tanse, o tempo encárgase de desmontalas dunha maneira absolutamente clara, nestes momentos estamos nesa situación, as declaracións van por un lado, pero o que sae nos boletíns, o que sae publicado, o que ten forza normativa, o que fixa a posición de cada quen pois vai absolutamente por outro; tivemos o POL que, como todo o mundo sabe o si quere sabelo, pretende clarisimamente perpetuar ENCE-EL-NOSA, non lle preocupa para nada afectar a vivendas a naves, incluso ás vivendas que están detrás do propio complexo pero pon como un asentamento correcto e polo tanto non lle afecta e polo tanto pretende que siga ENCE-ELNOSA, curiosa-mente o Partido Popular local, xa no digamos o galego que evidentemente foi quen fixo esa proposta aínda non lle agardamos dicir que non está de acordo con esa proposta do POL e propón outra cousa distinta, de momento non llo escoitamos di-cir porque non o quere dicir, obviamente, senón que quere dicir o contrario; non fa-lemos tamén das concesións que está habendo tanto ambientais como, parece ser hoxe polas noticias que hai, desa planta enerxética; aquí non teño máis remedio que darlle a razón á señora Pedrosa que foi a única coherente que sempre defen-deu que ENCE-ELNOSA tiña que estar aí, seguramente non polo seu gusto persoal senón seguindo as directrices do partido e seguiunas a pé teso pero o real e que esas declaracións así de enmarañe, de falar de outras cousas, de que si falando coa dirección, facendo non sei que operacións nós estamos porque non sei que, obviamente cáense todas polo seu propio peso, habería que votar man da que del dito de que antes se colle a un mentireiro que un coxo, esa é a situación na que está o Partido Popular en contra do que el mesmo sabe que é a opinión maioritaria dos cidadáns de Pontevedra, obviamente imos a votar a favor da moción."

Seguidamente, en representación do grupo municipal do PS de G-PSOE, in-tervén dona María Teresa Casal García, dicindo: "Moitas gracias, Sr. Alcalde, bos días a todas e a todos; o grupo socialista apoia esta convocatoria por unha razón moi clara e moi simple, porque sempre consideramos que a fábrica de papel está mal situada, no territorio no que está impide o desenvolvemento harmónico desta ci-dade, degrada un territorio altamente sensible dende o punto de vista paisaxístico e

11

Page 12: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

ecolóxico, que pertence ao patrimonio sentimental de todos os pontevedreses que un dia gozaron dos areais de Lourizán e que alí estaba, o que é agora, xa hai moi -tos anos, o colexio de monxas e como era tan bonito creo que por iso lle puxeron o nome dos praceres que agora parece que xa non lle vai tan ben; apoiamos a convo-catoria por riba de calquera consideración sobre a organización convocante coa que moitas veces podemos non estar de acordo; pensaba, simplemente, pasar por enri -ba do tema do fondo porque a verdade é que creo que está moi debatido en este Pleno, en distintos mandatos pero, indubidablemente, hai una nova que creo que forza a entrar, efectivamente, no tema de fondo e forza porque hai unha cousa que este Concello, dende que non manda o PP neste Concello, porque antes non era así loxicamente pois sempre tivo clara esta cuestión, sempre apostamos porque es-taba mal colocada esa factoría e que había que quitala de aí e iso creo que é unha constante, falo dende que estou neste concello que é dende o ano 99; como preten-do sempre e creo que o consigo, aínda que vostedes opinen o contrario, ser cohe-rente e clara, quero lembrar aquí que na última campaña municipal, cando falába-mos deste tema, propuxen, por exemplo, con respecto ao tema de ELNOSA, tema que creo que non foi compartido nin por vostedes nin por vostedes, que ELNOSA cabía perfectamente en calquera dos parques empresariais que estaban ou que se ían crear, unha vez que cambiara o tipo de tecnoloxía e sego pensando o mesmo, ELNOSA pode estar colocada por aí; outro tema completamente distinto é o de ENCE, pero claro, ENCE si que efectivamente vostedes cambiaron de opinión, des-de a postura férrea de Teresa Pedrosa no mandato anterior que lle valía eses aplausos que creo que se refería antes Mosquera, cando nos tiñan aquí pechados os señores de ENCE e nos abucheaban a algúns pero a ela lle aplaudían, pero che-gou o Sr. Martín e dixo que había cambialo, deixalo na comarca, e nos fixo outro power point moi bonito en que nos falaba do Monte Carrasco; eu lembro dun tempo en que en Pontevedra, hai uns anos, todo o que se quería facer de novo se dicía que ía para o mosteiro de Poio, digo por si alguén se lembra, o digo porque a UNED cando estábamos alí arriba na Caixa de Aforros, se dicía, non para Poio, a primeira facultade de Ciencias Sociais, para Poio, sempre dicíamos que era como chicle alí non cabía nada pero cabía todo e a vostedes lle está pasando un pouco isto co Monte Carrasco, porque claro o Sr. Martín efectivamente nos fixo unha exposición preciosa que alí cabía un complexo celulóxico industrial, creo que educativo, creo que alí tamén metía algo de crear alí algún tipo de institución universitaria, una ma-rabilla; resulta que cambiou un pouco a cousa e agora o que se di e se rumorea por aí é que o complexo que se vai facer no Monte Carrasco é un complexo sanitario, ou sexa agora fálase, se rumorea, de que vai un complexo sanitario, un hospital que parece ser que vai ser financiado con financiación privada, que ao cabo de trinta ou cincuenta anos ou non sei cantos cando xa estea velliño e obsoleto pasará a ser público; en fin, a min isto lémbrame a algo, que por desgraza está de moda, que son estas cinzas do volcán este que é tan difícil de dicir e que por iso ninguén di o

12

Page 13: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

nome, tampouco me vou atrever a dicilo, que unhas veces para o norte, para o sur, para o leste, ou para o oeste, e o tema de ENCE e os señores e señoras do Partido Popular pois dá a sensación que van así tamén porque xa aclaro dende antes que non estou de acordo con que ENCE fora para aí, pero quero lembrar que aí hai un millón e pico, bastante máis de un millón de metros cadrados en Barro-Meis, que al-gún Conselleiro do BNG, no mandato pasado, propuxo que fora para aí, insisto, non estou de acordo con iso, pero o Sr. Louzán e o Sr. Martín non se atreven a dicir que vaia para aí porque creo que o Alcalde de Barro poría o grito no ceo, xa o puxo no seu día, quero dicir que isto segue sendo; resulta que efectivamente onte entereime que hai unha resolución do 30 de abril pola cal a Consellería de Economía e Indus-tria, creo que é agora, lle concede, en un concurso que se está a celebrar para facer as concesións dos centros de biomasa, coa maior puntuación por certo, lle concede a ENCE en Lourizán unha planta de 10 megavatios, que é o máximo, as outras que se conceden algunha tamén é de 10 pero as outras son de menos; parece ser ta-mén que a esta planta se lle faría un investimento de ao redor de 30 millóns de eu-ros, creo que se calcula 3 millóns por megavatio, co cal serían 30 millóns de euros e creo tamén que se calcula que o tempo para amortizar ese investimento sería, como mínimo, 20 anos, iso é o que me din, xa sabe que nunca falo de temas técni -cos senón é asesorada por quen entende desas cousas; entón, resulta que se tar-dan tres anos en construíla, ten 20 anos por diante, perdóenme señores e señoras do Partido Popular pero o que vexo aí é a clara intención do Partido Popular da Xunta de Galicia, creo que deixando a vostede un pouco mal, Sr. Martín, pero a iso estamos todos acostumados, os nosos nos deixan mal moitas veces tanto a vos-tedes como a nós, ou sexa que iso non me preocupa, pero indubidablemente quere dicir que a intención da Xunta é perpetuar a factoría de ENCE en Lourizán, matando de verdade, non me quero poñer romántica, as ilusións de moitos pontevedreses, polo tanto creo que hai razóns máis que suficientes para que, de novo, acudamos a esta marcha e volvamos a dicir, ENCE si pero non aí, moitas gracias."

A continuación, en representación do grupo municipal do Partido Popular, fai uso da palabra don Telmo Martín González, quen manifesta: "Moitas gracias, Sr. Presidente; referente ao tema da moción que presentaron, que nós imos a votar en contra, pero como a moción se está levando por outro lado, de unhas noticias pare-ce que estar xurdindo agora á mañá e que o Sr. Mosquera nos veu aquí a explicar, o quixo meter no debate, e agora a Sra. Casal fai o mesmo tema de que o problema é a resolución do día 30 autorizando a ENCE unha planta de biomasa por 20 anos e por 10 megavatios, calculou; quero dicir unha cousa, en primeiro lugar este grupo que estamos aquí estamos en contra de que se lle dea ningunha autorización máis alá do ano 2018 a ENCE, o Partido Popular ten unha postura clara de que quere-mos que ENCE salga da ría, creo que iso está clarísimo, porque somos o único gru-

13

Page 14: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

po, a diferenza dos que falan moito pero nunca fan nada e levan 12 anos gobernan-do pero nunca traen ningunha solución, fomos o único grupo que hai dous anos dixo onde quería que se fixera un parque tecnolóxico de papel e dentro de ese parque ía recoller tamén a nova planta de ENCE o de quen fora en Pontevedra para apoiar o que é a industria forestal; como resulta que se abre un debate aquí que parece ser que agora todo xurdiu agora a mañá e creo que se está manipulando un pouco o tema, vou dicir unha cousa para que quede claro que é o importante que me imaxi-no que é o que lle interesará aos pontevedreses, sobre todo á xente que nos apoiou a nós na campaña do ano 2007, nós non estamos a favor, baixo ningún concepto, de que se dea unha concesión a ENCE para ningún tema novo, como é unha planta de biomasa máis alá do ano 2018; se resulta de que hai un concurso e resulta que a empresa ten dereito a ir a ese concurso e polas puntuacións ou o que sexa, que mi-raremos todo con detalle e con profundidade, lle poden e lle teñen que dar porque o gañarían por lei igual, unha concesión de biomasa na planta de Lourizán, loxica-mente, entendemos que nunca pode ser alá máis dos ano 2018, e si fora máis alá do ano 2018, como comprenderán, nós estamos en contra de iso e imos a loitar, como sexa, onde sexa, para que iso non vaia para adiante porque nós estamos en contra de que ENCE siga na ría, nós presentamos un sitio, que se amplíe todo o parque industrial de O Campiño e que alí ten que ir todo ese tipo de industria, si, ampliación de O Campiño na zona de Marcón, para non entrar outra vez, porque iso quedou claro que quedou presentado, non como vostedes que están no goberno e nós, que aínda que gañamos as eleccións nos habíamos comprometido que íamos a conseguilo para o 2015 ter o acordo asinado con ENCE pois aínda que estando na oposición creo que tivemos un apoio moi importante por parte dos cidadáns de Pontevedra e por iso fixemos e diciamos que era posible e nadie tecnicamente o discutiu, nin nadie maioritariamente o discutiu só uns cuantos que non lles gusta alí, entre eles vostedes; para que quede claro, a nosa postura inamovible de que non queremos que ENCE siga na ría e imos a estar en contra de calquera decisión que tome a Xunta de Galicia, ou o goberno local de Pontevedra, ou goberno do Estado ou que sexa, ou Europa, de que amplíen máis da alá do ano 2018 a concesión e vostede me dirá, claro pero que o 2018 aínda falta moito e prodúcense moitas cou-sas e despois xa deus dirá, non, vanse facer actuacións moito antes para demostrar aos cidadáns que iso non é posible, que a cidade de Pontevedra non quere que ENCE continúe aí, e outra cousa é que nós queremos que se quede aquí en Ponte-vedra, a Xunta di que na comarca e vostedes din que non sei onde, e nós temos esa solución e punto; entón para que quede claro, se iso fora así tan nítido como vostede di, que xa vexo que acaba de rectificar no aspecto que di, si acaba de recti -ficar dicindo, na súa intervención 20 anos dixo, 20 anos, me estraña, porque entre outras cousas terán que contar co estado español para ampliar a concesión que lle corresponde ao estado español máis alá do ano 2018, entón non creo que se vaia facer unha inversión de cartos nuns terreos que non se sabe se van a ter concesión

14

Page 15: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ou non, polo tanto que é un tema un tanto engorroso, se vai a aclarar todo loxica-mente, son o primeiro interesado pero para que quede claro, nós estamos en contra de calquera autorización para calquera tipo de cousas en ENCE, neste caso unha planta de biomasa, que vaia máis alá do ano 2018, e de iso todo miraremos e pro-nunciarémonos cando teñamos máis información, porque vostede sabe que é un concurso onde ENCE presentouse para que lle deran biomasa en Pontevedra, en Curtis, e en As Pontes, nada máis, moitas gracias."

Novamente intervén a Sra. Casal García, para dicir: "Moitas gracias, Sr. Al-calde; desde logo espero que, como sempre todo o que dicimos queda completa-mente gravado e reflexado, porque espero poder recordarlle moitas veces o que dixo agora de que nunca máis alá do 2018; mire, a min se hai algo que non me gus-ta é falar por falar, procuro sempre ser o máis coherente pero sobre todo tamén es-tar documentada e despois se quere lle dou unha copia desta resolución que non teño ningún problema e aquí hai unha orde do 14 de novembro.., era cando empe-zaba a orde para abrir o concurso para determinar o obxectivo de potencia máxima, megavatios, para tramitar no período 2008-2012, etc., aquí van todos os anteceden-tes de feito, todas as empresas que se presentaron, etc., efectivamente ENCE pre-sentou tres posibilidades, en Curtis, en As Pontes de García Rodríguez, que o Alcal-de está moi cabreado, dito así de paso, porque el é o único que quere levar para alí ENCE e quere que lle poñan a biomasa alí e resulta que non lla poñen e nola dan onde non a queremos, e Pontevedra, Lourizán, entón aquí hai unha serie de valora-cións, é un tema longo por iso non o vou ler aquí, pero o que se aproba cando se resolve é aprobar os anteproxectos que se relacionan e aquí temos o grupo empre-sarial ENCE, S.A. de Pontevedra, complexo industrial ENCE Pontevedra, 10.000 megavatios, 6 en canto a puntuación e logo di que se exclúen outros tantos e, por exemplo, o de As Pontes e Curtis quedan como en lista de espera, incorporan lista-do de proxectos suplentes e Curtis e As Pontes quedan como suplentes; o que lle dixen antes, Sr. Martín, e o que me din a min a xente que entende de isto, que un investimento nunha central de biomasa de 10 megavatios calcúlase que ten un cus-to de 3 millóns por megavatio, é dicir un gasto ou investimento de 30 millóns de eu-ros, e que o que se calcula tamén segundo din eses entendidos é un período de 20 anos para amortizar ese investimento; creo que os señores de ENCE teñen demos-trado ao longo da súa vida que non son tontos e non creo que se presenten a unha cousa destas que pensen facer ese investimento coas axudas que seguramente terán ou o que sexa, para marchar en 3 anos, Sr. Martín, é que en 3 anos xa lle digo que é o que calculan para facer a central, entón isto cheira un pouquiño así, aquí por desgracia cheira mal tamén, pola mesma razón, moi raro; entón, o que lle digo e estou convencida é que isto non se fai porque si, Sr. Martín, e alégrome que man-teña esa postura, a ver se é verdade que a mantén e por iso o invito a que veña con

15

Page 16: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

nós a esa marcha porque o que acaba de dicir aquí é que vostede está plenamente convencido que está mal ubicada e que polo tanto non debe estar na ría, é o que imos a pedir o día 5, que nola quiten da ría, logo xa virá o debate de onde a poñe-mos, pero o que imos pedir é que nola quiten da ría e vostede acaba de dicir aquí que quere que marche da ría antes do 2018, é o mesmo que vou pedir ese día, veña comigo, invítoo persoalmente, moitas gracias."

De seguido, fai uso da palabra o Sr. Mosquera, quen manifesta: "Gracias, Sr. Alcalde; supoño, aquí todo o mundo está a falar, sobre todo o PP de que ten unha postura moi clara, case sobraría dicir que o BNG, o nacionalismo, leva como trinta e tantos anos tendo unha postura e sempre a mesma, polo tanto intentar se-mentar dúbidas sobre que si se fai ou non se fai e se é unha postura clara ou non pois realmente é bastante delirante; Sr. Martín, xa o dixen antes, sei perfectamente que a postura do seu partido, a dualidade, a postura do seu partido é que siga aí e as súas constas electorais e que ten que facer algún movemento para aparentar como que non segue ou como que non quere que siga, iso está clarísimo, claro e cada vez que ten ocasión agora nos deleita aquí con unhas declaracións, 2018, moi ben, que o vai facer, pero tivo ocasión cando foi o POL que claramente di que se pide unha protección máis forte para evitar a súa consolidación e vostede non estivo de acordo, foi hai pouco, hai nada, léase outra vez o informe, e ten ocasión hoxe de votar a favor de esta moción, onde se trata de deixar claro que aí está mal ubicada e hai que sacala, tampouco vai votar, tampouco; claro, esas saídas do futuro son moi de vostede, iso de dicir unha cousa que despois sabe perfectamente que a súa postura é outra, niso é un artista pero xa dixen antes, antes se pilla a un mentireiro que a un coxo, entón teno fácil, deixa pasar as oportunidades, non deixe pasar a de hoxe, vote a favor, demóstreo, non con declaracións demóstreo con feitos, con vota-cións, xa non lle pido con resolucións porque vostede non está gobernando na Xun-ta, as resolucións da Xunta van todas en sentido contrario, van todas en consolidar ENCE aí e intentar incluso moito máis do 2018, pero xa digo con unha votación, vote a favor, pero xa anuncio que ía votar en contra, nin sequera absterse non vale o motivo, non a Administración, en contra, estou a favor de ENCE, despois di isto é moi feo, entón imos a dicir que estou en contra, para o 2018 propoñe unha alternati -va, pinta a cara verde e demais que iso se lle dá moi ben pero so feitos son contu -maces, son pesadiños, están aí, e cada vez que tivo que pronunciarse en algo, to-das e cada unha das veces que tivo que pronunciarse, mediante o seu voto, o seu posicionamento público sobre algunha decisión sobre ENCE sempre foi a favor da súa consolidación, sempre, de ENCE ou de ELNOSA, sempre, Sr. Martín, e aí están os feitos, con moitas declaracións non se arreglan os feitos, corrixa, vote a favor hoxe e xa teríamos o primeiro feito, o primeiro na súa historia, que non declara-cións, en que realmente trata de demostrar que non está pola consolidación, nós estamos agardando, alegraríanos por outro lado que todos os grupos políticos re-

16

Page 17: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

mataran nun posicionamento histórico noso, alegraríamos moitísimo, non queremos ningunha patente de iniciativa, nada que se pareza, moitas gracias."

Volve a intervir o Sr. Martín González, manifestando: "Moitas gracias, Sr. Presidente; Sra. Casal, non lle quepa a menor dúbida, non fai falta que mo recorde vostede que se houbera unha resolución onde se autoriza unha planta de biomasa a ENCE en Lourizán por 20 anos non ten vostede que tal porque son eu o primeiro que encabeza a manifestación, que lle quede claro, son o primeiro que encabeza a manifestación, pero xa que o Sr. Mosquera tiña unha moción que nos imos a votar en contra, loxicamente, porque o espírito do moción non era ese e como se enterou agora na mañá, entonces quere darlle a volta e converter a moción que está aquí por escrito e que nós temos estudada con unha cousa distinta que pasou, entón para que non haxa ningún problema e queden as posturas claras, propoño que esa moción se converta en que, e nós votamos a favor da moción loxicamente, que non está de acordo o Concello de Pontevedra en que se lle dea ningunha autorización a ENCE, xa non digo os 20 anos, para ningunha planta de biomasa, votámola a favor sen ningún problema, o Concello de Pontevedra non está a favor de que a Xunta autorice unha planta de biomasa en Lourizán e nós levantamos a man a favor, moi-tas gracias."

De seguido, a Sra. Casal García, sinala: "Non entendín."

Continua o Sr. Martín González, explicando: "Repítolle outra vez; que esta moción a cambiemos, a petición da moción é unha manifestación para o de sempre, para non entrar no debate do que nunca fixeron, os 20 anos de aquí que leva o Sr. Mosquera loitando e tal, pero nunca fixeron nada que tiveron 40 oportunidades, para non facer debate sobre todo iso, para que quedan as posturas claras e non se intente manipulas aos pontevedreses; o grupo municipal do Partido Popular propón que esta moción, a petición da moción que imos a aprobar é que o Concello de Pontevedra, insta á Xunta de Galicia ou como queiran redactala de que está en con-tra de que dean ningunha autorización para ningunha planta de biomasa na planta de Lourizán, creo que queda claro e xa non lle pido que poñamos os 20 anos, fíxese vostede."

De novo intervén a Sra. Casal García, para dicir: "O único que di o acordo é: "O Concello de Pontevedra consciente da problemática, ambiental, social e económica que provoca a presenza do complexo CELULOSA-ELNOSA no seu actual emprazamento expresa o seu apoio á marcha contra Celulosas convocada pola Asociación pola Defensa de Ría, para o sábado 5 de xuño", isto é o único que di a moción, aquí o teño moi claro vou alí e xa dixen antes sen meterme en

17

Page 18: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

consideración sobre ningunha cousa máis, polo tanto, perdón, Sr. Martín, remato xa porque creo que está moi debatido, o único que digo é o que lle dicía antes, se de verdade vostede o que quere e que salga de aí a planta de Celulosa, é o que imos a pedir o día 5, punto, aí non nos imos meter con nada máis e é o que toca hoxe, esa moción preséntela vostede para o próximo pleno que vámola apoiar todos, polo menos no grupo socialista, moitas gracias."

A continuación volve a facer uso da palabra o Sr. Mosquera Lorenzo, mani-festando: "Creo que as posturas están moi claras, obviamente o Sr. Martín quere escapar de facer ningún pronunciamento mediante voto e sobre a ubicación de EN-CE-ELNOSA; ben, nós non teríamos ningún problema en que, como punto dous da moción, se incorpore iso, non teríamos ningún problema, votamos a moción punto un, tal, punto dous; e que senón o outro e unha xogada, hábil pola súa parte, pero unha habilidade de curto..., aquí había, agora que se fala moito, na época do hai que roelo, había un extremo, que non vou dar o nome que queda feo, que xa cando íamos ao campo sempre sabíamos que cando collía aquel empezaba a regatear e a regatear e remataba batendo co banderín de corner, regateaba a todos, regateaba o banderín de corner, regateaba aos contrarios, aos seus e non sei canto, empeza-ba a culebrear así no curto, regateaba e remataba batendo co banderín de corner, quedo dicir que de táctica de posicionamentos o fútbol avanzou moitísimo e algo se aprendeu; entón hai un problema de posicionamento, e o posicionamento é, Sr. Martín, vostede quere escapar, polo que sexa, como escapou no POL, de votar algo que diga ENCE-ELNOSA está mal colocado e ten que irse de aí cos medios que sexa canto antes, iso escapa vostede de votalo nunca, entón escapa, si está en contra sumámollo non hai ningún problema, non se busca desculpa, sumámollo como punto dous da moción e, senón, pasamos a votar a moción e punto porque creo que as posturas están clarísimas, a ver que outro invento fai para darlle unha volta pero están clarísimas."

Novamente intervén o Sr. Martín González, para dicir: "Moitas gracias; para que queden as cousas claras, non é cuestión de entrar en debate e de feito creo que non estou entrando porque un tema como este xa é un tema importantísimo para o futuro de Pontevedra e polo tanto creo que require unha seriedade aquí no Pleno; creo que quedou claro e non é ningunha habilidade nin é nada, é o sono que teño, é unha ilusión, e por iso traballo, e por iso no ano 2007 o Partido Popular o discurso do Hospital e de ENCE o cambiou, senón eu hoxe non era, nin daquela candidato, nin hoxe portavoz, que quede claro e polo tanto a min gústame ser cohe-rente cos meus feitos, tanto na oposición como no goberno; nós estamos en contra de este tipo de mocións porque vostedes durante 12 anos de goberno, case 12 anos, 11 anos de goberno e o tempo que leva vostede, vinte e tantos anos que dixo aquí e a Sra. Casal seguramente menos, tiveron a oportunidade con 4 anos do bi-

18

Page 19: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

partito de solucionar o tema de ENCE, non vou a entrar en todo iso que xa o coñe-cen os pontevedreses; nós, o Partido Popular leva un ano ao fronte da Xunta de Galicia, e os pasos que se están dando con ENCE é para que ENCE teña que saír de aí, comprendemos que é moi difícil xa porque se perderon 4 anos e dende o Concello ao mellor 3 anos perdidos, os últimos 3 anos, de que salga antes do ano 2018, para ser serios co tema, entón o que estamos planteando é un tema que creo que lle interesa aos pontevedreses para coñecer de todos e que esteamos todos unidos por ese ben, todos os que estamos aquí queremos que ENCE salga da ría de Pontevedra, ese é o primeiro punto, entón se se dá unha concesión da Xunta de Galicia por unha planta de biomasa está en contra do discurso noso, do que nós es-tamos defendendo, polo tanto nós propoñemos, como tampouco vostedes non que-ren, propoñemos de que a moción se converta nun párrafo moi sencillo que di: "ins-tamos á Xunta de Galicia a que non autorice ningunha planta de biomasa e xa non pido 20 anos", nin 3, nin 2, ningún, que non queremos autorización; non teño a in-formación suficiente, espero que vostedes non estean mal usando a información que lle pasaron dende Santiago, me estraña moito que se firme unha resolución, por parte do goberno da Xunta de Galicia, para unha autorización adxudicando unha planta de biomasa en Lourizán a ENCE sen que nós sexamos coñecedores, este grupo que esta aquí, porque lle podo asegurar de que iso é verdade, tal e como dixen vostedes, que nós témola duda e non puiden facer as chamadas agora porque teño que estar no Pleno pero se iso fora así non se preocupe que imos a pe-dir a dimisión da persoa que firmou esa resolución, que quede claro, se é que hai firmada, ao día de hoxe, unha resolución, quero a resolución firmada da adxudica-ción de unha planta de biomasa a ENCE en Lourizán, non a puiden ler, Sra. Casal, non se preocupe, se vostedes non están mentindo, que sepa que nós imos a pedir publicamente a dimisión daquel responsable da Xunta que firmou esa resolución, e senón hai dimisión non se preocupe que iremos os que estamos aquí, ou ao mellor algún dos que estamos aquí, polo menos eu xa llo digo así claramente, entonces espero que non sexa unha manipulación e que haxa unha resolución firmada de adxudicación e que non anden manipulando vostedes os papeis, espero que sexa iso, espero que sexa iso e que non haxa ningunha adxudicación como están vos-tedes asegurando, como non puiden comprobalo non podo entrar aquí a consultalo, pero o debate da moción, é que non temos ningún inconveniente en pedir que a Xunta non autorice nada nesa liña, agora na liña dos arietes do Sr. Mosquera, acompañalos con manifestacións cada seis meses e tal, non, nós con iso non anda-mos, nós somos o grupo que nos últimos anos puxo as cousas claras encima da mesa e publicamente sobre o futuro de ENCE presentando unha ubicación, coas consecuencias que leva todo iso que tamén o comprendemos, porque as industrias, móntense onde se monten, resulta que molestan, incluso un bar cando o monta nunha calle, aquí na Michelena montar un bar e moléstalle aos veciños de arriba

19

Page 20: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

pero os negocios hai que abrilos e teñen que funcionar porque ademais é o que ne-cesitamos sobre todo nestes momentos, polo tanto creo que estamos sendo políti -cos valentes que poñen os intereses xerais dos cidadáns por enriba dos intereses de calquera partido e iso se vai ver proximamente, moitas gracias."

De seguido, fai uso da palabra a Sra. Casal García, quen manifesta: "Consi-dero que está debatido pero é que, claro, non imos a votar agora aquí un mitin por-que, Sr. Martín, votounos un mitin agora e eu non vou votar un mitin, creo que esta-mos debatendo algo e simplemente lle fago unha pregunta, a proposta que lle fixo Mosquera, se tal e como está moción quere que lle añadamos un apuntiño dicindo e ademais instamos á Xunta de Galicia.., senón dende logo non estou disposta a mo-ver nada do que pon a moción, iso era todo o que quería dicir, moitas gracias."

A continuación intervén o Sr. Mosquera Lorenzo, dicindo: Estaba comentan-do co Alcalde, como hai condicionantes de.., condicionantes de..; si, curiosamente, Sr. Martín, o do POL non o contesta pero a cuestión é a seguinte, o que está na orde do día é a moción, esa engádega se acepta, vostede non quere aceptar e, polo tanto, nesa redacción ou noutra calquera, porque ese un problema seu, vostede quere demostrar agora aquí que está non sei que.., eu sosteño que non e sostemos que non, os feitos están aí, como non hai présa polo fondo, porque o decreto estará ou non estará, iso chegará a oídos da Xunta ou o que sexa, votamos a moción e para o próximo Pleno haberá tempo de traer iso, senón acepta metela nesta moción pois votamos esta e deixámolo para outro día que en principio non ten tempo."

Rematado o debate, sométese a votación a moción de apoio á marcha contra Celulosas convocada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) e o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 13 concelleiros (os 7 concelleiros do grupo municipal do BNG e os 6 concelleiros do grupo municipal do PS de G-PSOE) e o voto en contra de 12 concelleiros (os 12 concelleiros do grupo municipal do Par -tido Popular), acorda:

PRIMEIRO.- O Concello de Pontevedra, consciente da problemática, social e económica que provoca a presencia do complexo CELULOSA-ELNOSA no seu ac-tual emprazamento, expresa o seu apoio á "MARCHA CONTRA CELULOSAS" con-vocada pola Asociación Pola Defensa da Ría para o sábado 5 de xuño, e chama á poboación deste Concello a participar activamente nesta mobilización reivindicativa.

SEGUNDO.- Dar traslado do presente acordo á Asociación pola Defensa da Ría.

4.- MOCIÓN DE REXEITAMENTO AO ANUNCIO DO GOBERNO POLO

20

Page 21: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

QUE SE PROPÓN A CONXELACIÓN DAS PENSIÓNS.

Polo Sr. Alcalde-Presidente explicase que, ademais do asunto que figura no epígrafe, existe outra moción urxente, sobre medidas contra a crise económica e si-nala entendida a apreciación da urxencia en ámbolos dous asuntos, ao que se asin-te por todos os presentes.

Aberto o debate, en representación do grupo municipal do Partido Popular, fai uso da palabra dona María Celia Soto Espiña, manifestando: "Gracias, Sr. Al-calde, bos días a todos; esta moción que presenta hoxe aquí o grupo popular é de un rotundo rexeitamento á conxelación das pensións que afecta a máis de 5 millóns de pensionistas, estamos dispostos arrimar o hombreiro ás medidas que anunciou Zapatero hai pouco, o pasado 12 de maio, pero parécenos que, concretamente, a que afecta aos nosos maiores, precisamente é esa capa da sociedade que non se pode tocar, de feito temos o famoso pacto de Toledo acordado entre todos os gru-pos parlamentarios para non tocar as pensións, polo tanto parécenos unha medida que hai que rexeitar e moi rotundamente, hai outras alternativas, perécenos que pode haber outras alternativas e outras medidas antes de chegar a esa capa, como digo, dos nosos maiores; unha, por exemplo, podería ser, é dicir teríamos 6 veces máis dos 1.500 millóns que quere recortar co pensionazo o Presidente do Goberno, por exemplo coa desgravación dos 400 euros pero soamente ás rendas máis bai -xas, ou os 2.500 por fillo pero distinguindo entre os que máis teñen e os que menos teñen, non é o mesmo un neto do Sr. Botín, por exemplo, o un dunha familia de cla-se media, ou tamén que é unha "voz pópuli" que anda soando moito que é a elimi -nación de ministerios, estas, repito, serían 6 veces os 1.500 millóns de euros que se pretenden recortar, polo tanto parécenos as pensións e os pensionistas, sagrados, instamos daquela ao goberno e, concretamente, ao seu Presidente a que retire esta medida drástica, porque estou convencida que os grupos que formamos o Concello e o municipio, estou convencida que tanto o Bloque Nacionalista como o Partido So-cialista, sobre todo, estarán de acordo nas medidas que estamos propoñendo para non conxelar as pensións, moitas gracias."

Seguidamente, en representación do grupo municipal do PS de G-PSOE, in-tervén don José Antonio García Lores, para dicir: "Bos días a todas e a todos; de-batemos estas dúas mocións que presenta o Partido Popular e o grupo do BNG, para min houbera sido tamén sinxelo presentar unha terceira moción, pero aquí es-tamos para defender cada un o seu, como se soe dicir, e esta é unha cuestión que transcende, evidentemente, o ámbito de Pontevedra aínda que nos afecta a moitos cidadáns e a moitos conveciños e mesmo a algún dos que estamos aquí; por iso vou tratar de desgranar algunhas cuestións que teñen que quedar claras porque é

21

Page 22: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

un tema que creo que non se pode pasar de puntillas sobre el e que hai que reflexar as cuestións coa rotundidade e cos argumentos que se deben de facer; no me que-da claro na moción do Partido Popular se está preocupado simplemente pola conxe-lación da revalorización das pensións contributivas, lle falta a palabra contributivas, porque falar de pensións, xenérico, pode inducir a erro e, en todo caso, creo que ta -mén responde ao ditado do argumentario que vostedes distribúen e cumpren fiel-mente, eleborado polo seu partido, e xa me estrañaba a min, porque xa interven-cións anteriores saíu a palabra Zapatero, es el demonio e creo que unha cuestión de oportunidade e, xa lle digo, estamos falando dunha cuestión de estado que ten un tratamento no parlamento do Estado e sobre todo cando sabemos que as pro-postas do Partido Popular normalmente van máis dirixidas a fomentar os plans de pensións de xubilacións privados, xa aclarou agora que si que están de acordo, dixo vostede, co resto das medidas que propón o goberno do Sr. Zapatero, o cal entra un pouco en contradición co que algúns dos seus dirixentes din; xa lle digo que xe -neralizar non é bo, por iso vou tratar de facer un esforzo así explicativo e vaia por diante, por se alguén ten dúbidas, que foron os gobernos socialistas, de Felipe Gon-zález fundamentalmente, que estableceron os dereitos universais, a educación, a sanidade, a percepción de pensións, servizos sociais, e tamén como di o Partido Popular na súa moción, foi o artífice de un dos maiores logros da nosa democracia acadando o pacto de Estado denominado pacto de Toledo, refrendado posterior-mente por todos os axentes sociais e políticos; na moción que nos presentan re-coñecen vostedes as graves dificultades económicas, o desmesurado déficit públi -co, que obrigan a tomar medidas extraordinarias tamén esixidas pola nosa pertenza á zona euro que tamén atravesa un período de inestabilidade, ao que é necesario dar solucións coordenadas, e o que lles digo e que lle transmitan estes párrafos ao Sr. Mariano Rajoy, de que a situación é grave; dicía que esta moción responde a ese argumentario e estratexia de acoso e derrubo ao Presidente do Goberno para xustificar as propias incongruencias de algún dirixentes do Partido Popular, sobre todo neste asunto das pensións; un xesto de demagoxia, baseado nun simple inte-rese electoral, nun momento en que o máis sensato sería facer un exercicio de res-ponsabilidade e de antepoñer aos intereses colectivos aos intereses do partido, os intereses persoais do Sr. Rajoy que, por outro lado, nin presenta propostas nin ar -gumentos nin pon sobre a mesa nada, por certo o que pon, criticado por todos os grupos políticos e por algúns sindicatos tamén en canto a esas famosas propostas de reducir ministerios e non sei que, porque podemos falar aquí de miles de propos-tas, reducirlle á Igrexa tamén a cousa da equis, eses 11 mil millóns, etc., pero iso é noutro ámbito onde se ten que decidir; miren, facture tempo á Sra. Cospedal que o pasado martes xa anunciaba o tema de que ían presentar vostedes unha serie de mocións nos concellos, xa a tiña cociñada para salvar a súa cara a Sra. Cospedal, porque fíxese que o propio diario de Castilla la Mancha, nada sospeitoso, por certo, de ser rojillo, reflexa o que dicía a Sra. Cospedal, di, cando Zapatero anunciou a su-

22

Page 23: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

bida do 6% das pensións mínimas no ano 2009 a Sra. Cospedal di textualmente: "non se poden subir as pensións cando hai menos afiliados á Seguridade Social", ou sexa, non lle parecía ben a subida e protestaba; o mesmo que aquel magnifico, entre comiñas, ministro Montoro, que di que todo o que sexa subir aos que menos teñen está ben; mire, a señora Saenz de Santamaría o mesmo día di que as pen-sións están para actualizar e ir actualizándose na medida que poida a capacidade económica do país e sobre todo para a asegurar á xente que vai a seguir cobrándo-as a medio e longo prazo e agora resulta que os mesmos dirixentes cando se to-man medidas protestan polo contrario, o goberno do Sr. Zapatero propón conxelar as medidas máis altas e seguir incrementando as mínimas, o Partido Popular volve a poñer o grito no ceo contradicindo o que dicía hai uns días, unha contradición máis da Sra. Cospedal, a mesma que hai dous meses negaba na televisión de Ma-drid que tivera un plan de pensións privado, resulta que na súa declaración de bens, pública, pois nos enteramos que fai unha aportación de 4.364,78 euros dun plan subscrito co BBVA, entón xa estamos acostumados ás súas mentiras, senón se to-man medidas malo, cando se toman peor, pero vostedes ou ao menos os seus diri -xentes parecen estar contentos xa que perciben e constatan aí nas enquisas a mai-oría absoluta, que é o que lles interesa, os réditos electorais da crise que afecta ao país e a toda a zona euro; miren, aínda admitindo que o demonizado Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, sexa un testarudo, que actuou tarde, que como gobernante responsable tivo que tomar medidas que non nos gustan a nin-guén dos que estamos aquí, excepto a algún, que tratou de protexer aos máis débi-les, que foi quen de rectificar, eu prefiro iso á dobre moralina dos dirixentes do Parti-do Popular, que están sencillamente interesados en dañar ao goberno e manter unha actitude que prexudica aos intereses de España, "nós somos comos os grie-gos, votaremos lume ao fogo"; mire, o Sr. Rajoy non foi quen de estar á altura de outros gobernantes europeos conservadores e da dereita que si apoiaron seus go-bernos e crin que vostedes eran o partido da austeridade, todos os dirixentes euro-peos están esixíndolle un sacrificio e un esforzo colectivo inevitable aos seus cida-dáns porque en todos se estivo vivindo por riba das posibilidades e, mire, lle aplica-ría eu ao meu presidente aquilo de máis vale tarde que nunca, ou máis vale paxaro en man que cento voando, porque aínda con este recorte social e, non se vanaglo-rien vostedes do pacto de Toledo que foi un recorte máis amplo que este nas pen-sións, recorda con 10 anos de cotización se tiña dereito a pensión e alí ampliáronse a 15; digo que aínda con este recorte o goberno do Sr. Zapatero e o goberno socia-lista vai seguir investindo en gasto social moito máis que o Sr. Aznar nos 8 anos que gobernou e, mire, que quede claro, non se baixan as pensións, no 2011 segui-rán subindo as pensións mínimas e as non contributivas e as contributivas subirán o que aumente o IPC, para o resto das pensión se conxela aquilo de revalorización automática, algo que, por certo, a señora Soralla Saenz de Santamaría ve correcto

23

Page 24: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

nunha situación de emerxencia como é a actual; evidentemente que se lle pide un esforzo serio aos pensionistas, aos funcionarios, pero non é menos certo que se lles pide este esforzo despois de 6 anos onde houbo unha máxima sensibilidade do Par-tido Socialista do goberno do Sr. Zapatero hacia as pensións e as retribucións dos funcionarios, voulle dar uns datos, o goberno do Sr. Zapatero subiu as pensións dende o ano 2004 máis de un 30% as pensións mínimas con cónxuxe a cargo de máis de 65 anos neste período gañaron 24 puntos de poder adquisitivo, nos 8 anos do PP gañaron 4 puntos, a pensión media anual no período 2004-2009 gañou 3,7 puntos de poder adquisitivo, nos 8 anos do Partido Popular gañaron medio punto, o pacto de Toledo convocarase cando os axentes sociais acaden un pacto, en caso contrario o goberno terá que volver a actuar en medidas como a xubilación aos 67 anos, xa plantexadas a principios de ano, medida que tamén criticou o Partido Po-pular cando de todos é sabido que a súa proposta en boca de Aznar va moito máis alá e mire eu case estou un pouco ansioso por coñecer as propostas do Partido Po-pular para o 2012, supoño que irán pola baixada de impostos, o despido libre á americana e todas as medidas esas de derogación de subida do IVA, de imposición sobre o aforro, da redución das cotizacións sociais, as mesmas que crearon a bur-bulla inmobiliaria que nos meteu neste déficit, as mesmas que propoñen vostedes e que todo o mundo critica porque supoñen una gasto de 15 mil millóns de euros can-do o que estamos é falando de aforrar; mire, falaba eu da tozudez do Sr. Zapatero pero o Sr. Rajoy non lle anda á zaga, en todo o seu empeño de reprocharle a Zapa-tero que improvisa, vostede mesmo o dixo tamén que se improvisa, se cambiaron os plans, que se é un veleta sen ideas firmes, mire, cando hai desastres naturais se procura salvar a vida das persoas e despois os bens materiais e todos os países da zona euro tiveron que adoptar dúas medidas urxentes o pasado día 9, día 9, tiveron que improvisar dúas medidas para protexer o euro fronte aos movementos especu-lativos dos mercados financeiros internacionais, os mesmos que orixinaron a crise mundial, como lle dicía, que non só en España, poñendo en risco a moeda única, dúas medidas, primeira, constituír un fondo de 750.000 millóns de euros, segunda, compromiso de todos os países de reducir o déficit ao ritmo máis rápido e todo elo para dar dos mensaxes, un de solvencia e outro de confianza nos mercados e nos inversores, xusto o contrario do que facía o Sr. Rajoy, somos como Grecia, a ver se non queiman a nos tamén; polo tanto xa lle digo que non só España, que xa tomou medidas en xaneiro, senón todos tiveron que improvisar unha reacción inmediata e todos son Alemania, o Reino Unido, Francia, Italia, Irlanda, Portugal e, por suposto, Grecia, o Sr. Rajoy parece que non se enterou, dixo que a economía española está intervenida pola europea, faltaría máis, non, para iso estamos dentro do euro, como o resto dos países, que hai unha moeda única, hai un banco central, hai un fondo monetario internacional, o Ecofin o propio Banco de España, todo o mundo dicindo o mesmo, toda a dereita europea dicindo o mesmo; eu non sei que pretende o Sr. Rajoy, se e que España abandone o euro ou a Unión Europea, porque ata o Sr. Du-

24

Page 25: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

rao Barroso, líder dos conservadores europeos, xa anunciou estes problemas deri-vados da evolución demográfica, por certo afecta máis a España que a outros paí-ses porque sabe vostede que temos o índice de prolongación de vida máis alto de todo o mundo terráqueo, co cal nos debería de facer sentirnos satisfeitos o alonga-mento da vida das persoas pero claro iso conleva problemas e axustes, problemas de sostebilidade do sistema de pensións que nin en Europa nin en España se im-provisan da noite á mañá, por iso hai que tomar medidas a longo prazo; se empeña tamén o Partido Popular en dicir que a xestión de Zapatero fai que España este peor que outros países, esta crise non a creou ningún goberno, non creo que a nin-gún goberno lle interese no seu país, no seu ámbito de actuación xerar unha crise, todos sabemos aquilo de Lehman Brothers, as hipotecas basura que viñan de Esta-dos Unidos, etc., e ata o país máis neoliberal o Reino Unido tivo que, bancos pri-vados, nacionalizalos, cousa que, por sorte, non sucedeu aquí; mire vostede, é cer-to que España ten un déficit alto pero aínda algúns nos gañan, en Europa aínda al-gúns nos gañan, podía ser menor este déficit se o goberno Zapatero non houbese dedicado esas medidas de axudas aos parados, ou senón houbera subido as pen-sións no ano 2009-2010, como lle pedía a Sra. Cospedal e o Partido Popular, e ta-mén se empeñan en dicir que España é un dos países con maior deuda de Europa, di o Sr. Montoro, estamos 20 puntos por debaixo da media da Unión Europea, 53% do PIB, Italia o 115, Francia o 77,6, Alemania o 73,2, o Reino Unido o 68,1; mire, e incuestionable que o goberno do Sr. Zapatero aumentou os dereitos e as políticas sociais en España nestes anos, por iso agora pide un esforzo colectivo, asuntos como cooperación que vostedes critican tanto, no 2004 adicaban 2000 millóns de euros, na actualidade 5.000 millóns e por iso se lles fai un recorte de 600; por certo, fondo de reserva da Seguridade Social para garantir as pensións que pasou de 15.000 millóns de euros no 2004 a 62.000 millóns de euros na actualidade, fondo de reserva para garantir as pensións que o Sr. Montoro se empeñaba en meter a man aí para amortizar deuda, se estamos tratando de garantir as pensións no futuro pois meter man aí; di o Partido Popular que o Sr. Zapatero despilfarrou e deu un xiro de 180º á súa política, supoño que dirán o mesmo do Sr. Sarkozy, de Berluscony, de Ángela Merkel que hai 15 días nas eleccións de Renania non ía subir impostos e, hai dous días, acaba de tomar esas mesmas decisións que se tomaron aquí en Es-paña, todos os líderes europeos tomaron medidas como a redución de soldos, líde-res da dereita, que alaban ao Sr. Zapatero pola súa valentía e responsabilidade, tar-de, xa llo dixen antes, tarde, probablemente, pero mire mentres tanto o Sr. Rajoy nin sabe nin contesta, é de supoñer que todos os líderes europeos, segundo o seu plantexamento deben de ser una veletas e debe estar esperando aquilo de que morto o can acabouse a rabia, nun exercicio absoluto de irresponsabilidade de con-tradicións e de falla de coherencia do líder que parece ser está chamado a gobernar este país, non, aínda que ten que andar con tento co Sr. Aznar que o que anda fa -

25

Page 26: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

cendo é propostas por aí; digo, falla de coherencia, porque comentaba por aquí ese que vostede di o peor concelleiro de facenda deste Concello, en contra do que din outros do PP, xa dicía antes que as comunidades autónomas e cidades onde a débeda é maior, onde o gasto é maior, son precisamente as que gobernan vos-tedes, o Partido Popular, están aí instalados nese modelo ideolóxico, co goberno de Galicia, por certo, desaparecido que no ano e medio que leva na Xunta o único que fixo ata o de agora e botar a culpa ao goberno central ou botar a culpa aos predece-sores, agora chicha ningunha; non sei se tiveron oportunidade estes días de ler na Voz de Galicia dous artigos de Fernando Ónega, un, imaxinemos España sen Zapa-tero e outro imaxinemos España con Aznar, eu llos recomendaría e llo recomenda-ría tamén a todo o mundo pola súa sensatez, non sei se ten pensado o Sr. Fernan-do Ónega escribir un no que diga que ao Sr. Rajoy ni se le escucha, ni se le ve, ni se le espera."

A continuación fai uso da palabra don Raimundo González Carballo, en re-presentación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, quen manifesta: "Moitas gracias, vou a intentar ser o máis breve posible; primeiro, creo que aquí e nós, en concreto, é dicir cada organización política ten a súa posición sobre este tema e, evidentemente, nós negamos a maior, porque a crise non ven orixinada polo déficit público, senón empezamos a cambiar as tornas, o que se pretende ago-ra é focalizar no déficit público e no gasto público e social a orixe da crise, mentira, a orixe da crise ben polo sector financeiro, as hipotecas lixo, os chamados Hedge Fund, ou como se diga, e estas historias, que seguen campeando a sus anchas, esa é a orixe e os estados, curiosamente, aí se desregularizou o mercado financei -ro, non se deixou o libre xogo da oferta e a demanda, non, resulta que os estados puxeron diñeiro para salvar á banca, banca que despois seguiu investindo neses bonos lixo, diñeiro que non chegou ás familias nin ás pequenas e medianas empre-sas, esa é a cuestión; aínda hoxe se negocian na city londinense que nos termos fi -nanceiros lle chaman wall street Guantánamo quere dicir aínda é pero que Guantá-namo cos presos americanos, é dicir ten menos controles públicos que wall street Nueva York que xa chega ben; esa é a situación que se segue especulando e que non chega o crédito ás familias, non se invirte e, polo tanto, non se crean postos de traballo polo tanto non hai emprego, etc., que é a lóxica; claro, aquí do que se trata é de tranquilizar a estes mercados financeiros, aos mercados financeiros en todo caso hai que controlalos, eles campan ás súas anchas e entón nós témoslle que dar mensaxes, que xa chega, o termo mensaxe xa é bo, a mensaxe é dicir "vostede a partir de xuño vai a cobrar un 7% menos" é o que lle está dicindo ao mercado; están impoñendo, o capital financeiro, o que provoca a crise, está impoñendo isto e están focalizando o déficit que é o causante da crise, mentira; evidentemente, nós esta-mos en contra da conxelación das pensións, estamos en contra de que se reduza o salario aos funcionarios e estamos en contra de que se recorten as inversións e así

26

Page 27: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

o levamos dito sempre, entón non imos a estar de acordo coa súa moción non polo que di que si estou de acordo perfectamente, que non se conxelen as pensión, senón polo que non di; é dicir, se lle engaden que non ao recorte do salario dos em-pregados públicos, se lle engaden que non a conxelación das pensións, se lle enga-den que teña efecto retroactivo a Lei de dependencia, se lle engaden que non se re-corten as inversións públicas estou de acordo senón non, porque entón si é pura demagoxia, á parte témolo o exemplo, na Xunta de Galicia polo que están apostan-do é pola privatización dos servizos públicos, o Sr. Feijoo prometeu un plan anticrise que nin se le ve, nin se le espera, hai hai uns exemplos; polo tanto, é evidente que nós estamos en contra como grupo político e así o levamos manifestado, en contra de esas medidas, caben outras?, efectivamente claro que caben outras, xa sei que non son do agrado de todos, non sei se tranquilizan aos mercados financeiros pero dende logo o que si tranquilizarían é a inmensa maioría da poboación, quero dicir controlemos os mercados financeiros, porque tamén é simpático a un banco témos-lle que garantir que vai a cobrar, porque para iso son os 750.000 millóns, para ga-rantizar, si ti vas ao mercado un día ganas e outro día perdes, se resulta que un pai-sano ou un autónomo lle fai un traballo a unha empresa que quebra se queda sen nada porque ese é o mercado, unhas veces ganas e outras perdes, o que non pode ser é aquí a banca sempre gana; entón claro, hai que regular e, en todo caso, hai que poñerlle impostos á gran banca, ata o di Obama, ou temos outras cuestións como pode ser o fraude, ou como pode ser o recuperar o imposto de patrimonio que moi alegremente se retirou, a tributación das SICAS que se fala moitas veces delas, ou as tropas que temos en Afganistan, é dicir hai mecanismos de sobra para facer un control eficiente do gasto, que é do que eu falo, non que a crise veña xerada polo gasto público, efectivamente ten razón Cáceres, o gasto público en España se-gue sendo dos máis baixos da Unión Europea, segue sendo dos máis baixos, a deuda pública exactamente igual, onde esta o problema?, o problema é iso, e que os que provocaron a crise queren ser os grandes gañadores da crise; polo tanto, outra situación, ou se queremos outro mundo é posible, se ía a reformular o capita-lismo e non sei que máis, pero así quedamos, polo tanto, estamos claramente en contra de este tipo de medidas e tende en conta unha cousa, é dicir nun sitio como Pontevedra con un elevado índice o número de funcionarios si se vai a notar espe-cialmente, quero dicir unha redución media do 5% evidentemente vai contraer máis que 5 décimas o PIB, moito máis porque é unha cidade que ten un elevado número de funcionarios, polo tanto si vai a sufrir moito o pequeno comercio, etc., porque vai a diminuír o gasto, entonces, evidentemente, un sitio como Pontevedra vai a ter máis dificultades engadidas; polo tanto, estamos radicalmente en contra, cremos que outras medidas son posibles e, dende logo, pensamos que a crise non a deben de pagar nin os traballadores, nin os autónomos, nin as pequenas e medianas em-presas, que curiosamente é quen a está sufrindo, polo tanto entendemos que debe

27

Page 28: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

ser, dende logo, quen a orixinou é quen ten a responsabilidade; creo que queda me-dianamente clarificada a nosa posición e, en todo caso, nós non teriamos ningún problema se lle engaden todas estas cousas porque senón, evidentemente, se só é a cuestións das pensións, como comprenderán, non lle imos a votar a favor senón ao contrario, ou engaden as outras cousas o senón estaríamos facendo demagoxia e déixeme dicirlle unha cousa o pacto de Toledo implicou a baixa real das pensións, o pacto de Toledo non foi apoiado por todas as forzas políticas, o pacto de Toledo non foi apoiado por todos os sindicatos, os 400 euros xa non os temos nas rendas máis baixas, o cheque bebé tamén desaparece, maticen as cousas pero no pacto de Toledo a base de cotización pasa de 10 a 15 anos para a media da base de coti-zación, incrementan os anos, etc., curiosamente nunha época que se fai co gober-no de Aznar que esas son as recetas que o porcentaxe de PIB para gasto social no seu mandato diminuíu e aí están todas as estatísticas, etc., nada máis e moitas gra-cias."

De seguido intervén novamente a Sra. Soto Espiña, dicindo: "Soamente quería facerlle unha pregunta ao Sr. Cáceres porque me perdín con tantas explica-cións e con esa memoria histórica, eu quería soamente preguntarlle e era moi fácil a resposta, hai que votar en contra ou a favor e eu tiña a esperanza, fun unha ilusa, este grupo tiña a esperanza, de que ese grupo do partido socialista de este goberno de Pontevedra votara a favor da conxelación dos soldos das pensións."

Seguidamente intervén de novo o Sr. García Lores, manifestando: "Mire vostede eu que estiven na organización dunha folga xeral o 14 de decembro do ano 94 contra o goberno de Felipe González, como comprenderá non lle vou votar a fa-vor da súa moción, porque tamén sei estar onde hai que estar e a veces e contradi-torio estar nos sitios pero hai que estar; simplemente unha aclaración, evidentemen-te o inicio da crise dixen que se orixinaba nas hipotecas basura Lehman Brothers, etc., e non é o gran problema a débeda dos gobernos ou neste caso do goberno de España é o déficit, o gran problema é a débeda privada, a dos particulares, a dos ci-dadáns deste país, ese é o gran problema, por iso hai que repartir custos entre to-dos ben entendida a xustiza social."

Rematado o debate, sométese a votación a moción de rexeitamento ao anun-cio do Goberno polo que se propón a conxelación das pensións e o Pleno do Con-cello, por maioría, co voto favorable de 12 concelleiros (os 12 concelleiros o grupo municipal do Partido Popular) e o voto en contra de 13 concelleiros (os 7 concellei -ros do grupo municipal do BNG e os 6 concelleiros do grupo municipal do PS de G-PSOE) ), acorda rexeitar a moción presentada.

MOCIÓN URXENTE DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE MEDIDAS

28

Page 29: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

CONTRA A CRISE ECONÓMICA.

Seguidamente, sométese a votación a moción urxente do grupo municipal do BNG sobre medidas contra a crise económica e o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 7 concelleiros (os 7 concelleiros o grupo municipal do BNG) e o voto en contra de 18 concelleiros (os 12 concelleiros do grupo municipal do Partido Popular e os 6 concelleiros do grupo municipal do PS de G-PSOE) ), acorda rexeitar a moción presentada.

D) CONTROL E SEGUIMENTO DO GOBERNO LOCAL.5.- COMPARECENCIA DO SR, CONCELLEIRO DE GOBERNO D. X.

CESÁREO MOSQUERA LORENZO EN RELACIÓN CON EXPROPIACIÓN ASOCIADA AO PASEO DO GAFOS.

Aberto o debate, o Sr. Alcalde Presidente concede a palabra ao Concelleiro de Goberno do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, quen manifesta: "Gracias, Sr. Alcalde, agardo que este punto sexa máis breve, imos a proceder; obviamente o motivo da comparecencia, foi unha comparecencia mediática, nunca plasmada no Concello por parte do Partido Popu-lar, na que metían unha arremetida absolutamente desproporcionada e non basea-da ningún feito real e ameazaban cun pleno extraordinario e eu, obviamente, para aforrarlle o traballo de convocar o pleno extraordinario como focalizaron a miña per-soa, non teño ningún problema como Concelleiro en comparecer aquí a dar conta do asunto; aquí hai unha parcela, os propietarios que xa tiñan solicitada a expropia-ción que se lle ofreceu incorporarse a un polígono, non quixeron, xa tiñan asesora-do legalmente, preferiron esa vía e que, polo tanto, primeira cuestión, ían a solicitar a expropiación si ou si, houbera ocupación ou non a houbera, por certo non é nada novidoso porque sucede con outros propietarios e noutras zonas onde non hai nin-gún paseo nin hai nada que se lle pareza e solicítano e demais; en segundo lugar, está acreditado no expediente, no contencioso que houbo, que a Xunta recoñece que foi a propia Xunta quen ocupou o terreo sen autorización, tan sequera sen o coñecemento do Concello, queda acreditado no expediente iso tamén; entonces, si a expropiación se ía facer porque o propietario ten dereito a solicitar a expropiación se o que sistema de expropiación e pasaron 5 anos dende que se aprobou o plan, e ía a haber igual como noutros casos, agora mesmo temos un Ernesto Caballero e hai noutros concellos casos semellantes, é se a apropiación que se fixo foi, é re-coñecido pola propia Xunta, por parte da Xunta e non tivo nada que ver este Conce-llo, non sei se para ben ou para mal pero non tivo nada que ver, francamente así como moi sorprendente esa arremetida desquiciada cunha cousa disparatada e de-mais, porque supoño que o pleno extraordinario non o pedirían porque non sei cal ía

29

Page 30: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

ser a conclusión, igual era solicitar que se modifique a Lei con efecto retroactivo, o propietario non tiña dereito, ao propietario ofrecéuselle devolverlle o terreo e non quixo porque ten dereito que se lle expropie, non sei, modificar a Lei, a LOUGA, con efecto retroactivo, podería ser unha solución aínda que me parece que non é moi posible, volverlle a reiterar aos propietarios que agarden a incorporar un polígono ao novo plan e que renuncien ao procedemento, non parece, xa se lle pediu; pedirlle a CMATI que pague o que ocupou, non sei, e que non sei exactamente porque liña discursiva podía ir, á parte desa suposta alarma que non se sabe que desgrazas había con todo iso que é nítido, transparente e clariño e, á parte, aínda por riba está obxectivado por un contencioso con datos e información diante de un xulgado, moi clariño e moi concomitante, incluso no propio expediente aparece citada unha con-versación que tiveran hai anos solicitando a expropiación, que dixo que se incorpo-raba a un polígono, polo tanto en fin, púidose proceder daquela, igual xa a tiñamos pagada, sería a diferencia, e a todo isto non se podía expropiar un só, había que ex-propiar todo o que estaba afectado ou sexa que tampouco daría moito a solución; entonces francamente non logramos entender, á parte de esa especie de desquicie de usar palabras grosas que non corresponden a nada dirixidas a persoas así de maneira especialmente áspera que cando non teñen correspondencia obxectiva o único que fai é descualificar a quen fai ese tipo de afirmación, creo que con isto queda suficientemente aclarado, se alguén quere intervir sobre isto."

Seguidamente, en representación do grupo municipal do Partido Popular, fai uso da palabra don Jacobo Moreira Ferro, dicindo: "Gracias Sr. Presidente; como non, Sr. Mosquera, non esperábamos menos, como sempre calquera é responsable menos vostedes ou menos o goberno de Pontevedra, isto é un clásico e o sinal de identidade do seu goberno, sempre a culpa a teñen outros, se o tráfico de Ponteve-dra vai mal calquera ten a culpa menos vostedes que levan 11 anos gobernando, se aparecen peces mortos no río gafos, foi unha sabotaxe, se batemos o record de paro o seu goberno non ten nada que ver con ese asunto nin minimamente, se le-van vostedes 7 anos, vostede, particularmente, 7 anos mareando a perdiz co plan xeral, e que a culpa é de que hai cambios lexislativos, senón fan vostedes un presu-posto, esa é unha sorte que temos os pontevedreses porque parece ser que mellor e non ter presuposto que ter presuposto, se o Ministerio de Medio Ambiente lle para os pés e lle tira das orellas por ocupar dominio público marítimo-terrestre sen con-cesión, a culpa é do PP que andivo alegando, e así podería tirarme un bo rato, Sr. Mosquera, pero non quero tampouco entreter máis a atención deste pleno, e a últi -ma que nos sorprendeu moito é que o Partido Popular é o responsable dos proble-mas de tráfico en Pontevedra, que paralizamos os proxectos viarios de Pontevedra; mire, Sr. Mosquera, hai unha regra básica nas democracias que despois de estar 11 anos gobernando, nós pensamos que vostede xa debería ter aprendido, é que en política sempre hai que dar explicacións, incluso, Sr. Mosquera, cando un non ten a

30

Page 31: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

responsabilidade, que non é o caso, pero incluso nese caso, sempre hai que dar ex-plicacións, vostedes nunca dan unha explicación e menos recoñecen erros, nin can-do gastan vostedes 30 mil euros en alugar un local que xamais ocupou o Concello non deron explicación, nin cando gastan vostedes 9 millóns de euros irregularmen-te, sen expediente, sen orzamento e ten que ser recoñecido logo extraxudicialmen-te, iso si que é un desfase, nin cando contratan unha rotonda ou uns xardíns a dedo, os inauguran e logo fan un teatrillo e intentan tapalo cun teatrillo, cun expe-diente de contratación; sabe vostede por que funmos aos xulgados?, porque vos-tedes non se dignaron a dar ningún tipo de explicación de este asunto, aínda hoxe seguimos esperando, e non só non dan explicación senón que ao final atacan á oposición cando denuncia estes comportamentos como se nós fóramos os que co-metéramos estes erros, é un síntoma claro de descomposición política do seu go-berno e agora mesmo demóstrase, unha vez máis, que temos que ameazar un ple-no extraordinario para que vostede se digne a vir aquí a este pleno e dar explica-cións aos pontevedreses sobre este asunto no que agora vou a entrar; Sr. Mosque-ra, a súa audacia en termos de manipulación le leva incluso a levarlle a contraria a un xuíz, a unha sentenza, ao mellor e que estamos ante unha nova conspiración xu-dicial contra a súa persoa ou contra ao seu goberno, en fin, todo pode ser, Sr. Mos-quera, todo pode ser, pero sinceramente entre a credibilidade de un xuíz e a súa non hai color, a súa credibilidade, como xa dixemos en moitas ocasións, está baixo mínimos e non foi o PP o que se marxinou a vostede neste lexislatura, vostede pa-sou de ser o home forte do goberno a actuar de manporrero da oposición porque é ao que se dedica, en vez de centrarse no goberno é manporrero da oposición; ago-ra temos que ir neste asunto ao Tribunal Superior de Xustiza outra vez e sempre que o Concello, sempre que vostedes van ao Tribunal Superior de Xustiza, Sr. Mos-quera, aos pontevedreses cústanos cartos, quero falarlle se quere dos recursos de Sogama, ou que nos está custando, o recurso contra o decreto da supramunicipali-dade do proxecto de ENCE que xa non ten ningún sentido pero vostedes van ao Tri-bunal Supremo, as sentenzas sobre as tarifas do parking da Alameda que, por cer-to, seguen vostedes sen cumprir, etc.; entón vostede sempre lle bota a culpa á Xun-ta de Galicia e acúsame particularmente a min, supoño que se refire a min de actuar de forma desquiciada con expresións desafortunadas, pero o tema da usurpación non o digo eu o di un xuíz, non o di o Partido Popular, Sr. Mosquera, se quere léolle o punto onde a sentenza di isto, di: "por otra parte la usurpación da parcela debe terse por total, se le dio a la finca el destino que tenía previsto según la ficha del plan general aunque sin acudir al procedimiento previsto precisamente por esa ficha", logo está claro que o Concello induce a erro, o Concello nunha resolución da Alcaldía, de 28 de febreiro de 2006, pon a disposición de Augas de Galicia o terreo que ao final foi ocupado, e vostedes dicían que era propiedade municipal, hai un in-forme técnico do Concello, de 8 de febreiro de 2005, que di claramente que a totali-

31

Page 32: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

dade do proxecto afecta soamente a terreos de titularidade pública, aínda que isto logo descubriuse no expediente xudicial que se contradicía cunha certificación do Secretario que dicía que non se podía certificar que fora de titularidade pública; logo cando se produciu un modificado, consta tamén na sentenza, non o digo eu, Sr. Mosquera, o di un xuíz na memoria, o técnico que fixo a memoria dixo que o modifi -cado non variaba o terreo de ocupación, o director de obras dixo o mesmo e logo hai, por se acaso realmente ocupara máis terreo, hai unha remisión da modificación a este Concello, que se recibiu o 20 de abril de 2007, no que se pon no coñecemen-to deste concello a modificación, ou sexa que aínda no caso de que fora certo que se producía máis ocupación o Concello o coñecía e non dixo nada, e outra cousa, antes de firmarse o convenio é verdade, Sr. Mosquera, pídolle aquí que conteste aos pontevedreses, e verdade que vostede antes da firma do convenio se reuniu cos propietarios dos terreos para intentar chegar a un acordo?, conteste aquí se é verdade ou non, e logo di que non sabía que había titularidade privada, pois de-berían sabelo entre outras cousas porque xa no ano 88, o 6 de marzo do 88, o ante-rior propietario o pai dos actuais propietarios ou o avó, non o recordo moi ben, xa nas alegacións ao plan xeral fixo constar que era propietario dese terreo e non soa-mente iso senón que o propio Concello de Pontevedra lle contestou a súa alegación cun plano no que recoñece a finca do propietario, é dicir, aquí isto de dicir e que non sabíamos que era titularidade privada non vale porque xa se sabe dende hai 20 anos; Sr. Mosquera e Sr. Alcalde, os erros do xestión do Sr. Mosquera, do seu Con-celleiro esixirían, como mínimo, que o Sr. Mosquera deixara de ser Concelleiro de Goberno, non poñemos ningunha pega que siga como Conselleiro do seu grupo no consistorio pero os feitos son tan graves que merece ser relevado como Concelleiro de Goberno, busque outras persoas porque, entre outras cousas, aos pontevedre-ses as súas fechorías cústannos cartos e vanos custar polo menos entre 2,5 millóns de euros e 4 millóns de euros a súa gracia, Sr. Mosquera, porque vanos saír de in-tereses, no mellor dos casos, 1.300.000, o recargo que lle impoñen ao Concello a sentenza xudicial, non o di o Partido Popular, o di un xuíz, do 25% sobre a cantida-de que hai que pagar pola parcela máis os intereses é outro millón de euros e logo hai que pagar a parcela que é verdade que habería que pagala de todos modos, como mínimo o suplemento ese serán 2 millóns de euros e no peor dos casos pode chegar incluso a 4 millóns de euros, 4 millóns de euros por non facer as cousas ben, Sr. Mosquera, polo menos asuma a súa responsabilidade, pida desculpas aos pontevedreses e nós as aceptaremos, vimos aquí a pedir explicacións, polo menos nunha democracia hai que dar explicacións, gracias."

A continuación, intervén novamente o Sr. Mosquera Lorenzo, quen manifes-ta: "Sr. Moreira, hai unha cousa obvia no seu discurso que é que meteu a pata ata empuñadura e agora fala do divino e do humano porque a metedura de pata con respecto a este tema é gloriosa, é glorioso, exactamente igual do calibre da ilumina-

32

Page 33: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ción navideña, máis ou menos, é do mesmo calibre, porque, primeiro, é falso que negociara nada, veu a pedilo antes de haber paseo e vostede sábeo, antes de abrir o paseo veu a pedir que se lle expropiara que se lle abrira expediente de expropia -ción, e díxenlle, incorpórate ao polígono non ten sentido porque senón temos que expropiar todo, e quedou aí o asunto e foi a única relación que tiven eu con todo este tema, antes do paseo, fíxese vostede como engana, veu un, como viñeron máis de outros lados, ven un a pedir a ver se lle vamos a expropiar, e di, incorpóra-se a un polígono no futuro e nós non estamos para iso porque á parte había que ex-propiar todo, o que estea como parque lineal do Gafos e non só iso, e foi toda a par-ticipación que tiven nisto; entón resulta que o Concello mandou unha, mírese o ca-tastro que os propietarios modificaron o catastro, vostede como avogado dos pro-pietarios sería bárbaro pero de Concello e público nada, modificaron o catastro e os terreos que se puxeron a disposición todos no catastro mesmo non figuraban como propiedade privada, ningún, está no expediente e sábeo perfectamente e tamén está acreditado no expediente que quen o ocupou foi Augas de Galicia, non nós, e despois cando foi a recepción mandaron o modificado para a recepción, xa unha vez consumados os feitos e reclamaron estes señores a expropiación, que ían re-clamar de todas maneiras houbera ou non houbera; mire, aquí o problema que hai, o problema que teñen vostedes, deixouno traducir claramente, dito moi mal, mam-porreiro significa outra cousa, mamporreiro significa que lle estou facendo o traballo sucio a vostedes, non son mamporreiro da oposición, en todo caso son o látigo da oposición, métense comigo con isto cando non teño nada que ver en resposta a que politicamente lle digo o que teño que dicir, deixouno traducir moi clariño; mire, cada vez teñen unha consigna e sabe cal teñen agora?, agora é todo o do pasado é malo, pasado, pasado, e dálle co pasado, o do pasado é malo, o do pasado será bo, malo ou regular cun pouco de obxectividade, pero claro levaron o asunto a tales extremos que cada vez algo do pasado, que a vostede lle soa a pasado, e claro em-pezan polo fundamental, a lóxica xa a formalizaron os gregos, antiquísimo, pasado, iso é o pasado, fóra lóxica, entón empezan con razoamentos moi propios dos diálo-gos de Mortadelo e Filemón, exactamente é o que están facendo, porque xa me dirá, unha expropiación que se ía a facer que ocupou, eses feitos quedan acredita-dos, non pode negar ningún, monta ese espolio, eu creo que todo o contrario; en todo caso, Sr. Moreira, o zapatazo que meteu coa iluminación e co zapatazo que está metendo con isto, non sei exactamente o que quere dicir; mire, eu tiven a expe-riencia de estar en tribunais de exposición, en contra do meu gusto, e o da ilumina-ción, pois aprendín luminancia, iluminancia, variedade cromática, aforro enerxético, en fin, orixinalidade, unha serie de cousas, son uns conceptos antigos pero xa nos dixeron vostedes cales son os conceptos novos, eses son do pasado, hai que quita-los, os novos son a intención da iluminación e ata nos fixeron crear a escala, veu o Sr. Martín a dicirnos cal era a escala, cando a iluminación a fai o PP e ten boa inten-

33

Page 34: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

ción e cando a fai o BNG ten mala intención, eses son razoamentos brillantes que fan vostedes, brillantes, como tamén veu o Sr. Martín, quero dicir, o do Gafos xa é espléndido, ou sexa, canto tempo levará aí o cauce do Gafos, mi madriña, millóns de anos, pasado, pasado, pasado, onde haxa uns tubos de formigón ou un cauce de formigón novo que se quite, iso é pasado, así propón a intermodal para cascarse o río, a estación para cascarse o río, e o desdobramento da avenida de Vigo para cascarse o río con 4 ou 8 carriles, exactamente, pasado, hai que quitar o pasado, empezando pola lóxica; mire, a metedura de zapato, unha máis, porque son todas en fila, o que fai o seu grupo, vostede ao fin e ao cabo supoño que exercerá de por -tavoz e nada máis, non, se fora vostede non era grave para o seu grupo, o proble-ma e que é o grupo enteiro, polo menos no que acabo de referir foi o Sr. Martín que o fixo, é francamente, que quere que lle diga?, ridículos deste calibre, desta Corpo-ración, vinos poucos, se cadra como vostedes están co pasado, no pasado igual foi mellor, polo menos ridículos deste calibre víronse poucos, asegúrolle que se viron bastantes poucos, polo menos dende que estou aí é cuestión de mirar as actas, afortunadamente na acta non conta o da iluminación, ese non está nas actas, o ri-dículo de ese calibre ou propoñer cascarse o Gafos co desdobramento da Avenida de Vigo ou similares; os feitos están clarísimos, hai unha lei que lle o dereito a un propietario, se está na expropiación para que se lle expropie, vale, e ía pedilo dunha maneira ou de outra porque consta no expediente, e ía pedilo dunha maneira ou de outra porque consta no expediente e, segundo, quen ocupou iso, quen ocupou a parte que non estaba ao público ou estaba fóra do catastro non foi ningunha certifi -cación municipal, foi Augas de Galicia e así o admite e acepta Augas de Galicia no expediente; evidentemente sei porque se meten comigo, supoño que saberán que quen firmou o convenio foi alguén, quen era responsable de parques e xardíns na-quel momento foi outro, de patrimonio ou non sei que, non era ningún deses, xa o deixou claro porque se meten comigo, non é que tivo ou quen xestionou a obra e al -guén que lle está molestando a vostedes e entón se meten sen ningunha razón, onde se veu tal disparate?, mándeseo mirar, francamente falou de todo menos dis-to, porque disto sabe perfectamente que non é tal; á parte pida explicación nunha comisión e se lle explica todo, antes de saír a dicir barbaridades ao público e de-mais, francamente creo que o asunto está clarísimo pero se se quere seguir dando voltas non hai ningún problema."

De seguido volve a facer uso da palabra o Sr. Moreira Ferro, para dicir: "Gracias Sr. Presidente; Sr. Mosquera, vostede segue votando balóns fóra, di que a culpa foi de Augas de Galicia pero o que é a sentenza non di iso, a sentencia di que foi o Concello quen recibiu as obras, foi o Concello quen dixo estes terreos son no-sos, fagan vostedes as obras aí, foi o Concello quen tivo constancia dunha modifi -cación do proxecto, recibiuna e non dixo nada co cal deu por válido que si erra te -rreo municipal e, mire, ao fin e ao cabo eu estou lendo unha sentencia dun xuíz,

34

Page 35: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

unha sentencia que o Concello recorreu pero que dá por feito que se produzo a ocu-pación, de feito a sentencia unicamente se limita a reclamar que se declare como solo urbano non consolidado en vez de como solo urbano consolidado, o Concello di, literalmente, no seu recurso que non discute a ocupación nin a responsabilidade do Concello pero parece ser que vostede aquí si que discute a responsabilidade do Concello, entón non sei póñase de acordo cos asesores xurídicos do Concello por-que a verdade o que se transmite non é iso; entón nesa parte a sentencia é firme e hoxe por hoxe mentres non haxa outra sentencia, que non sabemos canto vai tar-dar, pero que en todo caso o tempo que tarde vai seguir devengando intereses en contra de o Concello, hoxe por hoxe segue sendo solo urbano consolidado mentres un tribunal non diga o contrario; Sr. Mosquera, vexo que vostede se toma moi a bro-ma, moi a cachondeo entre 2,5 e 4 millóns de euros que nos van a custar aos pon-tevedreses, non sei se a vostede lle fai moita gracia iso, cando se se puideran facer as cousas ben non habería que pagar estes recargos, a broma, en total, computan-do intereses e computando o recargo, a penalización, que nos impón o xulgado do contencioso, sáenos, ao día de hoxe, xa non quero calcular o día que salga a sen-tencia, a día de hoxe son 10 millóns de euros, no peor dos casos, 5,5 millóns ou 6,5 millóns no mellor dos casos; a sentencia di tamén que consta unha carta na que Au-gas de Galicia lle remite ao Concello de Pontevedra a modificación e que foi recibi -da o 20 de abril de 2007, na que se lle pon en coñecemento as modificacións intro-ducidas no proxecto inicial e o di o xulgado, non o di o Partido Popular, Sr. Mosque-ra, non se enfade con nós que eu limítome a ler unha sentencia, "de esa documental resulta no solo resulta no sólo que el Concello si tuvo conocimiento de las variaciones al proyecto originario sino también que no hay prueba alguna de que esas modificaciones afectaran a una extensión de la superficie de la finca diferente a aquella que entregó el Concello", entón estaba vostede discutindo un contido de esta sentencia que non están recorrendo nos tribunais, entón non se pele comigo porque eu non son o que ditou a sentencia, é un xuíz, e parece ser que vostede in-cluso quere non facerlle caso e rebater a palabra dun xuíz nunha sentencia que vostede non ten recorrida; creo que non hai máis que falar, nós pedimos explica-cións aquí neste punto pero seguemos sen ter explicacións máis alá de que a culpa é de outro."

Novamente intervén o Sr. Mosquera Lorenzo, manifestando: "Imos a ver, e que antes dixo claramente, agora está lendo párrafos parciais da sentencia que di iso, evidentemente, pero a comunicación foi unha vez executado e a base substanti-va é que como o Concello recepcionou e disfruta del os cidadáns pois ten que pagar o Concello, esa é a base substantiva, de feito xa dixen antes que se lle ofreceu de-volver a parcela e non quixo; mire a todo isto unha pregunta retórica, exactamente este concelleiro que papel xogou nixo, pero a súa ignorancia é tan supina como

35

Page 36: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

para non saber que eu non levaba parques e xardíns, non levaba patrimonio, non ti-ven nada que ver con ese proxecto nin nada, é tan supina?, non fun nin a inaugura-ción, non fun a recepción, é tan supina?; os propietarios viñeron antes de haber o paseo a ver se expropiaba, como viñeron outros; mire, está claro, meteron a gamba outra vez e creron que tiña, meu can pillou unha mosca, saben aquela discusión de: meu can salta por un aro de metro e medio, outro cazaba lebres antes de saír a co-rrer e un que no sabía que dicir do seu can dixo meu can pillou unha mosca, como gran heroidicidade, e resulta que á mosca se lle ocorreu que se tiñan que meter co-migo cousa que agradezo, señores do PP, agradezo porque quere dicir que o que se está a facer colectivamente no goberno e o que está facendo humildemente este Concelleiro, en particular, está sendo polo ben dos cidadáns e a vostede lle irrita profundamente e se dedica a dar pedradas de cego; creo que acabou, Sr. Alcalde, sobra, e en todo caso vaime dar a teoría esa da iluminación, vaima teorizada, por escrito e tal, creo que non a colgaron na páxina web, é unha pena, porque senón xa podía lela alí, a teoría da iluminación, da boa intención e da mala, a ver se me a ex-plica un día que iso foi brillante, moitas gracias."

6.- INTERPELACIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP Á ALCALDÍA SO-BRE OS CRITERIOS Á HORA DE DECIDIR A CONCESIÓN OU NON DAS REUNIÓNS QUE SE SOLICITAN DENDE A OPOSICIÓN.

Aberto o debate, o Sr. Alcalde-Presidente concede a palabra ao portavoz do grupo municipal do Partido Popular, don Telmo Martín González, quen manifesta: "Moitas gracias, Sr. Presidente; a verdade e que estamos case nas tres da tarde e podíamos este debate producilo dúas horas antes e, polo tanto, periodistas, funcio-narios, ao mellor podían estar comendo tranquilamente nas súas casas pero vos-tede nunca quere adiantar os plenos e o que quere e que pase desapercibido o de-bate de cando temos a interpelación para non saír nas radios nin nada e con tal de que non se enteren os pontevedreses pois iso é o que vostede busca, porque é cu-rioso porque cando vostede accedeu á Alcaldía vendeu a bombo e platillo que ía le-var os plenos aquí ao Teatro Principal porque quería que se enteraran todos os pontevedreses e xa ve vostede os asistentes que hai todas as veces aos plenos, e lle pido, unha vez máis, sobre todo en plenos de tanto debate de que se poidan adiantar e así o pedín xa nunha xunta de portavoces, polo menos ás 10 da mañá e candos os plenos sexan moi sencillos pois se pode levar ás 12, non temos ningún interese, pero vostede comprometeuse comigo que cando foran plenos destes tal que se farían antes e o que lle pido que, por ben de todos, que os debates se pro-duzan nunha hora normal; quero dicirlle a vostede que eu o aplaudín no seu momento e llo sigo dicindo agora que hai cousas nas que vostedes foi un bo Alcal -de, hai cousas que fixo ben, e polo tanto eu iso recoñézollo e téñolle moito respecto, agora teño que dicirlle sinceramente de que vostede non é o Alcalde que nestes

36

Page 37: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

momentos necesita Pontevedra para conducir no futuro a esta cidade ou a este Concello, Pontevedra nestes momentos necesita un goberno unido, un goberno ca-paz de concluír ben as oportunidades que ten Pontevedra e que temos que poñer en valor polo ben de todos os cidadáns, sobre todo nesta crise onde hai unha falta e mire vostede co que antes se debateu da redución de fondos aos funcionarios, hai xente moi cabreada, temos que buscar outro modelo un pouco máis ambicioso polo ben de todos os pontevedreses; polo tanto, Sr. Lores, quérolle dicir todo isto porque a min me gustaría que vostede xa que non o fixo nestes tres anos que levamos de lexislatura, de esta última lexislatura que, polo menos, no último ano que queda res-pectara vostede un pouco máis a quen lle fala posto que representa case ao 45% dos pontevedreses que nos votaron nas urnas no ano 2007; mire, nestes tres anos, dunha maneira ou de outra lle levo pedido unhas cantas reunións, creo que máis de 7, a última reunión que lle pedín polo parque loxístico a verdade e que ma dou, que o creo que a dou forzado porque a Sra. Teresa Casal fixo público que si me ía reci-bir e automaticamente vostede se subiu ao carro e case lle teño que agradecer esa reunión máis e esa entrevista á Sra. Casal que a vostede mesmo porque non tivo esa iniciativa; para non facer un repaso de todas as que lle pedín o que si lle quero dicir hoxe aquí, que acabo de dicir e llo pido ao pleno formalmente, acabamos de di-cir en rolda de prensa que creo que de cara aos presupostos do ano 2011 debería-mos de sentar primeiro vostede e máis eu, cando vostede queira porque creo que hai tempo suficiente, imaxino que os presupostos como son eleccións no ano 2011 os quererán aprobar, porque eu faría o mesmo, alá por outubro ou novembro para que estean operativos dende o 1 de xaneiro, creo que deberíamos de sentarnos, eu llo pido outra vez aquí e creo que sería bo, sinceramente teño que dicir que se vos-tede non o fai así creo que se equivoca, creo que lle viría ben; por outro lado, gusta-ríame, se que o pode explicar ou dicir, cal é o criterio que vostede utilizou ata agora e se o vai a cambiar ou que polo menos explique un pouco porque este mal trato, por dicilo así, ou todo o que vostede fixo con este grupo ou con este portavoz du-rante esta lexislatura, nada máis, Sr. Alcalde, moitas gracias."

Seguidamente fai uso da palabra o Sr. Alcalde-Presidente, dicindo: "Moitas gracias, Sr. Martín; en primeiro lugar, non se atén á verdade, vostede acostuma a dicir cousas próximas á verdade para intentar convencer ao seu electorado, unha delas por exemplo é esa última reunión, eu chamei a Teresa e dixen vou a recibir a Telmo e logo Teresa chamouno a vostede para dicirlle que tamén o facía, iso non ten porque sabelo, pero como vostede simplemente do que se trata é desprestixiar absolutamente a todo o goberno e ao Alcalde se pode ser, dálle igual, di o que se lle ocorre; imos a ver, este goberno préciase por recibir a todo o mundo e como non, dende logo, aos membros do goberno e aos membros da oposición e, como non, ao portavoz da oposición, é máis creo que todos os membros da oposición e os porta-

37

Page 38: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

voces da oposición de agora e de antes teñen o meu teléfono; non sei se hai unha sola vez en que vostede me chamara por teléfono e que eu nin lle collera nin con-testara o teléfono, ou que vostede viñera pola porta e que este Alcalde non o recibi -ra, eu recibo absolutamente a todo o mundo e tamén lle podo dicir que dende que eu goberno este Concello absolutamente todos os temas, foran do interese ou non do grupo de goberno se trataron en todos os mecanismos e en todas as comisións, plenos, xuntas de portavoces, etc., dígame vostede un só tema que non se tratara nun organismo do Concello por parte de este Alcalde durante estes anos de manda-to e dende logo durante todos os anos que levo de mandato, iso que quede claro, aquí se recibe a todo o mundo e ao portavoz da oposición tamén e mellor ou, polo menos, en igual condición que todo o grupo da oposición e que todos os concellei -ros da oposición, ao momento ademais, ao momento, e se vostede me pode dicir al-gunha vez que se acercara a Alcaldía, algún dos seus concelleiros, e que non se re-cibira ao portavoz da oposición para falar dos temas que considera convinte, pois diga vostedes cando, como e onde, polo tanto iso ten que quedar claro; outra cousa é que vostede queira facer un circo ou un espectáculo ou gaiteradas, gaiteradas non porque eu téñolle moito respecto aos gaiteiros, tenderetadas, e eu para tende-retadas non estou, non estou para tenderetadas, vostede presenta onde ten que presentar as propostas e se lle tratarán, obviamente, coas maiorías e minorías coas que se xoga nunha corporación municipal; polo tanto, tamén é verdade que efecti-vamente tiven un momento de debilidade, pero home unha persoa tamén ten os seus momentos de debilidade e, nun momento determinado, o recibimos por unha cuestión que considero que, ao mellor, podería ou non podería, porque aínda estou esperando que se presente por escrito ningunha cousa no Concello para tratar nin-gún tema deses, non esta, non hai nada dixo, entón o único que quere vostede é unha tenderetada que non participo nela, nin vou participar ata o final do mandato, mire vostede e a oposición neste Concello ten todos os mecanismos democráticos, de funcionamento, de presentar propostas, e de debater todos e cada un dos asun-tos da orde do día, todos, cuestión que eu obviamente non fixeron comigo nalgún momento, nalgún momento estou dicindo, porque non se trataba cando estaba na oposición e levo moitos anos na oposición tamén, tantos como no goberno, e non se trataban os temas que planteaba a oposición, fora grande, fora pequena, fora mediana, dende que eu estou no goberno se tratan todos os temas, outras cousa e que se aprobe ou non se aprobe; claro, e que aquí hai que escoitar unhas cousas que é incrible, porque vostede falou de todo menos do que me ía preguntar, non lle fixen moito caso pero que lle vou facer, porque a pregunta era para outra cousa, claro e que aquí traemos hoxe a pleno tres temas de pago de intereses de asuntos dende a época do Partido Popular, teñen a santa cara de plantear que pasará cos intereses dunha sentencia que está recorrida polo Concello, xa veremos quen a paga, se coincide con algunhas das sentencias estas que temos agora, pasaron quince anos, e estámolas pagando, de Juan Luis Pedrosa, de Cobián e de Rivas,

38

Page 39: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

este goberno, non este mandato, en este mandato e en anteriores; polo tanto, déi-xense de facer demagoxia, vostede ten todas as posibilidades de plantexar temas nesta Corporación, de falar co Alcalde cando lle dea a gana e de que sexa recibido na Alcaldía cando lle dea a gana, vostede ten un problema distinto, distinto dos de-mais portavoces, porque eu non tiven problema con ningún Alcalde para falar con el nin ningún dos portavoces do Partido Popular que lle precederon a vostede tivo pro-blemas con este Alcalde para falar dos temas que houbera que falar, é un problema seu, única e exclusivamente seu e con isto dou resposta á súa pregunta, moitas gracias."

A continuación volve a intervir o Sr. Martín González, quen manifesta: "Moi-tas gracias, Sr. Presidente; como non me dá vostede razóns convincentes deduzo que vostede non se quere reunir comigo porque a vostede o impide o seu sectaris-mo e voulle a dar as razón de por que digo todo isto; de feito é unha actitude fre-cuente o seu comportamento cara a min e o acaba de demostrar agora mesmo aquí neste pleno; voulle recordar exemplos onde se contradí co que vostede está predi-cando hoxe aquí, mire, por exemplo, vostede utilizou o Concello para convocar e para facer unha rolda de prensa coa plataforma sobre o hospital, convocouna no Concello, mezclando para intentar manipular, vostede podía haber feito esa rolda de prensa perfectamente nun local de algunha plataforma pero vostede utilizou o Con-cello, iso se contradí co que vostede está dicindo; vostede trouxo aquí ao pleno o tema do POL, porque vostede o Alcalde, non o Sr. Mosquera, e vostede o Alcalde, trouxo o tema do POL non para melloralo, nin para beneficiar aos pontevedreses senón para entrar nunha confrontación coa Xunta, vostedes como son a única cida-de de Galicia onde goberna o Bloque, pois digamos que dalgunha maneira, ade-mais o noso amigo, por dicilo dalgunha maneira porque eu lle teño moito respecto, a Guillerme Vázquez pois ten que facer oposición ante a Xunta de Galicia dende o Concello de Pontevedra, polo tanto..."

Fai uso da palabra o Sr. Alcalde-Presidente, indicando: "Non teño inconve-niente en discutir esas cuestións con vostede, pero vostede me preguntou se o reci-bo ou non recibo e está mezclando cuestións, insista na pregunta da comparecen-cia e non me fale do hospital único, porque podemos falar aquí tres horas, eu non lle vou a contestar do hospital único nin lle vou a contestar do POL porque non é o momento desta discusión, vostede se me abre ese debate levará nas orellas pero non é o momento agora oportuno; entón, hai unha pregunta, unha interpelación, vostede afonde nos argumentos e eu se considero lle contestarei."

Continúa o Sr. Martín González, manifestando: "Como dixen que vostede está aplicando o sectarismo de cara a min pois quero demostrarlle por que digo

39

Page 40: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

todo isto, para que os cidadáns ou os periodistas vexan por que o digo, dá un trato sectario cara a miña persoa, entón estou poñendo os exemplos, puxen o exemplo da manifestación, non estou en contra de que vostede vaia á manifestación, senón que organice unha rolda de prensa utilizando o Concello como se é o Concello tal e despois se quere esconder e tal, o do POL o mesmo, voulle dicir unha moi recente, mire, a páxina web do Concello nos custa 25.000 euros ao ano aos pontevedreses e está aí para velo e vostede non lle permite nin tan sequera á oposición que a utili -ce, noutros concellos de España a oposición ten o seu espacio, vostede non, a utili-za vostede, é un sectario, teño que dicirllo así, nin tan sequera ao seu socio de go-berno, é así, senón comprobeo; que quere que lle diga, Sr. Lores, creo que sincer-amente vostede a este grupo non lle da o respecto que creo que se merece, falei antes ben de vostede, díxenlle que o apoio en certas cousas, díxenllo en varias oca-sión, entón vostede me salta dicindo de que o trato que me vai a dar é de que como teño o seu teléfono móbil que, por certo, que as veces que lle chamei son contadas, máis ben me chamou, que cando foron momentos de temas tristes estiven ao se-gundo aí con vostede para o que fixera falta, apoiando sempre, pero como com-prenderá se pensa que lle vou andar chamando ao móbil para pedir reunións ofi-ciais para tratar asuntos de Pontevedra non o vou a facer, e se vostede pensa que vou poñer á porta do seu despacho a esperar que me reciba como tal, como un máis, pois creo que me merezo un respecto como xefe da oposición que o que lle quería e trataba de dicir eu, se vostede quere seguir así son os pontevedreses os que teñen que valorar se vostede os está respectando ou non, quero volver a recor-dar aquí que creo que tivemos case o 45% dos votos, entón non é cuestión, vostede faga o que lle dea a gana pero, sinceramente, creo que non está ben que faga vos-tede todo iso, non estou buscándolle a crítica, estou buscando que creo que é malo e sabe o que estou pensando?, non estou pensando nin no PP, nin no PSOE, nin no Bloque, estou pensando en temas importantes para Pontevedra, cando o PP ac-ceder ao goberno da Xunta de Galicia, e eu xa lle mandei a vostede unha carta e outra á Sra. Casal, onde lles pedía, que creo que era bo, que nos xuntáramos para ver cales eran os proxectos e eu poñer o grao de area que fixera, arrimar o codo, como soe dicir o PSOE e o compañeiro do PSOE, de arrimar tal para tratar de loitar por eles porque é moi difícil que cando se presenta un proxecto que vai apoiado por todos os grupos nunha corporación o rechacen, casualmente hai un que se recha-zou aquí que non vou falar del que o tema da alternativa 5; en calquera caso, o que lle pido e que deixe de ser sectario con nós porque creo que iso non lle beneficia, non a vostede que me dá igual, senón a todo Pontevedra, moitas gracias."

Seguidamente, o Sr. Alcalde-Presidente, di: "Simplemente dúas cousas que confunde, utilizou antes Mosquera o da lóxica, a lóxica entendina sempre como hai que entendela, non entendín os argumentos que está dando vostede para dicir..; imos a ver se vostede me esta dicindo que eu, como Alcalde de Pontevedra, reivin -

40

Page 41: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

CONCELLO DE PONTEVEDRA

dicar un hospital público dentro do salón de plenos do Concello con 20 plataformas, non sei que me está dicindo, que me está dicindo vostede? e que eu me vou a poñer con todas as armas e bagaxes a que o POL vaia arriba nesta cidade, claro que si, e que vostede é o responsable, en parte, porque aí si que se podía utilizar a palabra, que a min non me gusta, que utilizar o Sr. Moreira, esa palabra, esa pala-bra non a uso, porque se eu usara esa palabra o algún do meu grupo estarían pe-dindo que a retiráramos do pleno, esa palabra que utilizou que era unha palabra de-sagradable, porque ademais César dixo que era facerlle o traballo sucio, ten unha cousa máis concreto, lavarlle algunhas partes e tal, iso é o que lle está facendo o grupo popular á Xunta de Galicia, vostedes están paralizando os proxectos de esta cidade, polo tanto non me mezcle as cousas; o único que lle digo é, ten vostede a porta aberta para facer proposta serias a este Concello, que se tratarán onde co-rresponde, pero a partir de aí non participo nesas outras cuestións que son gaiteira-das cara á galería, e aí non me topará vostede, e vostede está moi acostumado a iso e nese xogo non participo, de vez en cando xa lle digo que podo ter unha debili -dade e de repente, todos somos pecadores, e o que non sexa pecador que tire a primeira pedra e que lle vou a facer, non son firme as 24 horas do día, pero non par-ticipo diso, entón esa é a miña resposta ante a súa pregunta, agora se quere meter outros temas, planteeos outro día e os tratamos."

De seguido intervén de novo o Sr. Martín González, quen manifesta: "Un mi-nuto nada máis; voulle a recordar a vostede unha cousa onde vostede predica unha cousa e despois exerce outra; mire, aquí hai pouco, non sei que días se organizou o premio de seguridade vial, aquí neste mesmo salón, vostede nese premio, invitou-nos e nós viñemos aquí, cremos que non ocupamos o espacio que tiñamos que ocupar, llo digo sinceramente, pero non me queixo diso, pero si me queixo que creo que non está ben que vostede teña unha socia de goberno ou un socio de goberno e resulta que vostede subiu a un escenario onde dá un discurso, un mitin, e o Sr. Mosquera outro e a súa socia de goberno non estaba sentada onde lle correspon-día, ese é o exemplo de como é vostede, moitas gracias."

7.- DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO XERAL DO CONCELLO DO EXERCICIO 2009, INCLUÍDAS AS DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS (IMD E PAZO DA CULTURA).

O Pleno do Concello, por unanimidade (25), tomou coñecemento da liquida-ción do presuposto xeral do Concello do exercicio 2009, incluídas as dos seus or-ganismos autónomos.

41

Page 42: CONCELLO DE PONTEVEDRA...Iglesias, D. Jacobo Moreira Ferro, Dª María Celia Soto Espiña, Dª Patricia Abo-al Agrelo, D. Carlos Riveiro Veiga, Dª Rosa Encarnación Picallo Quiveo,

8.- COÑECEMENTO DE RESOLUCIÓNS E DECRETOS.

O Pleno do Concello toma coñecemento dos decretos ditados pola Alcaldía e resolucións ditadas polos Concelleiros de Goberno durante o mes de abril de 2010, así como das resolucións ditadas polos Directores Xerais durante o mes de marzo de 2010.

9.- PREGUNTAS.

Non se presentaron preguntas.

10.- ROGOS.

Non se formularon rogos.

E non sendo outro o obxecto desta sesión ordinaria, polo Sr. Presidente re-mátase a sesión ás catorce horas e corenta e cinco minutos, de todo o que eu, Se-cretario Xeral do Pleno, dou fe.

Visto e prace. O ALCALDE, O SECRETARIO,

Miguel Anxo Fernández Lores. José Luis Mato Rodríguez.

42