colección 4

40
41 Colección doc umental Capítulo IV 1º de Bacharelato A implantación do Réxime liberal O antigo réxime e o pensamento preliberal As monarqías absolutas A. O pensamento dun estadista “Deus estabrece ós reis como os seus ministros e reina a través deles sobre os pobos (...). Actúan, pois, como m inistros de Deus e son os seus lu gartenentes na terra. (...) Sin autoridade absoluta, o rei non podería facer o ben nin reprimir o mal. É preciso que o seu poder sexa tal que naide poida esperar escapar a él (...). Cando o príncipe ten xuzgado, xa no hai outro xuizo. Os xuizos soberanos atribúense a Deus mesmo. Cando Josafat estabreceu xuíces para xuzgar ó pobo dixo: “non xuzguedes en nome dos homes, senón en nome de Deus”(II Crónocos, 19,6) (...). Hai que obedecer ós príncipes como á xustiza mesma. Eles son deuses e participan dalgun xeito da independencia divina. Só Deus pode xuzgar os seus xuizos e as súas persoas. (...) Nun Es tado só o príncipe debe estar armado. Doutro xeito, todo está en c onfusión e os E stado cae na anarquía (...). Non hai mellor que deixar todo o poder do Estado á aquel que ten máis interés na conservación e na grandeza do propio Estado” (BOSS UET, J. B.: La politica sacada de la Sagrada Escritura. Libro II. 1679) B. A opinión dun monarca “O poder soberano só reside na miña persoa; é só por min que os meus tribunais existen e teñen autoridade, e como eles exercen no meu nome, o seu uso non se pode volver nunca contra miña; o poder lexislativo só é meu, sen nengunha dependencia nin nengunha participación (...); o orde público todo enteiro emana de min, e os dereitos e os intereses da miña nación (...) Reposan nas miñas máns.” (Discurso de Luís XV ó Parlamento de París o 3 de marzo de 1766) Cara o cambio politico A ideoloxía C. O estado de natureza A. O poder “Para comprender ben en que consiste o poder político, será forzoso que consideremos cal era o estado natural en que se atopaban os homes: era un estado de completa libertade para ordenar os seus actos e para dispor das súas propiedades e das súas persoas como mellor lles parecera, dentro dos límites da lei natural(...).” B. O dereito de facer xustiza “E para impedir que os homes asoballen os dereitos dos demáis, e para que sexa obs ervada a lei da natureza, que busca a paz e a conservación de todo o xénero humano, foi posta en máns de todos os homes a execución da lei natural, se non houbese nadie para facela executar(...).” C. O estado liberal “En consecuencia, sempre que certo número de homes se unen en sociedade e renuncian cada un deles ó poder de executar a lei natural, cedéndollo á comunidade, entón e só entón se constitúe unha sociedade politica ou civil(...). Resulta, pois evidente, que a monarquía absoluta, á que certas persoas consideran como o único goberno do mundo, é, na realidade, incompatible coa sociedade civil, e por iso non pode nin xiquera considerarse como unha forma de poder civil (...).” D. O poder lexislativo “ A primeira lei fundamental de todas as comunidades politicas é a do estabrecemento do poder lexislativo (...). Non só é o poder máximo naquela máns nas que a comunidade o sitúou unha vez. Nengún edicto, sexa de quen sexa, ten a forza dunha lei se non foi aprobada polo poder lexislativo, elexido e nomeado polo pobo (...). O poder supremo de calquer Estado (debe estar), sometido ás restriccións seguintes: en primeiro

Upload: ismael-vide-gonzalez

Post on 18-May-2015

116 views

Category:

Education


11 download

DESCRIPTION

Colección de documentos escritos, gráficos e de imaxes sobre as orixes do Estado Liberal en Europa e América a finais do século XVIII e principios do XIX. Restauración e ciclos revolucionarios. Nacionalismos. Revolución Meiji

TRANSCRIPT

Page 1: ColeccióN 4

41

Colección documental Capítulo IV 1º de Bacharelato

A implantación do Réxime liberal

O antigo réxime e o pensamento preliberal As monarqías absolutas

A. O pensamento dun estadista

“Deus estabrece ós reis como os seus ministros e reina a través deles sobre os pobos (...). Actúan,

pois, como ministros de Deus e son os seus lugartenentes na terra.

(...) Sin autoridade absoluta, o rei non podería facer o ben nin reprimir o mal. É preciso que o seu poder

sexa tal que naide poida esperar escapar a él (...). Cando o príncipe ten xuzgado, xa no hai outro xuizo. Os

xuizos soberanos atribúense a Deus mesmo. Cando Josafat estabreceu xuíces para xuzgar ó pobo dixo: “non

xuzguedes en nome dos homes, senón en nome de Deus”(II Crónocos, 19,6) (...). Hai que obedecer ós príncipes

como á xustiza mesma. Eles son deuses e participan dalgun xeito da independencia divina. Só Deus pode xuzgar

os seus xuizos e as súas persoas.

(...) Nun Estado só o príncipe debe estar armado. Doutro xeito, todo está en confusión e os Estado

cae na anarquía (...). Non hai mellor que deixar todo o poder do Estado á aquel que ten máis interés na

conservación e na grandeza do propio Estado”

(BOSS UET, J. B.: La politica sacada de la Sagrada Escritura. Libro II. 1679)

B. A opinión dun monarca

“O poder soberano só reside na miña persoa; é só por min que os meus tribunais existen e teñen

autoridade, e como eles exercen no meu nome, o seu uso non se pode volver nunca contra miña; o poder

lexislativo só é meu, sen nengunha dependencia n in nengunha participación (. ..) ; o orde público todo enteiro

emana de min, e os dereitos e os intereses da miña nación (...) Reposan nas miñas máns.”

(Discurso de Luís XV ó Parlamento de París o 3 de marzo de 1766)

Cara o cambio politico A ideoloxía

C. O estado de natureza

A. O poder

“Para comprender ben en que consiste o poder político, será forzoso que consideremos cal era o

estado natural en que se atopaban os homes: era un estado de completa libertade para ordenar os seus actos

e para dispor das súas propiedades e das súas persoas como mellor lles parecera, dentro dos límites da lei

natural(...).”

B. O dereito de facer xustiza

“E para impedir que os homes asoballen os dereitos dos demáis, e para que sexa observada a lei da

natureza, que busca a paz e a conservación de todo o xénero humano, foi posta en máns de todos os homes a

execución da lei natural, se non houbese nadie para facela executar(...).”

C. O estado liberal

“En consecuencia, sempre que certo número de homes se unen en sociedade e renuncian cada un deles

ó poder de executar a lei natural, cedéndollo á comunidade, entón e só entón se constitúe unha sociedade

politica ou civil(...). Resulta, pois evidente, que a monarquía absoluta, á que certas persoas consideran como

o único goberno do mundo, é, na realidade, incompatible coa sociedade civil , e por iso non pode nin xiquera

considerarse como unha forma de poder civil (...).”

D. O poder lexislativo

“ A primeira lei fundamental de todas as comunidades politicas é a do estabrecemento do poder

lexislativo (...). Non só é o poder máximo naquela máns nas que a comunidade o sitúou unha vez. Nengún edicto,

sexa de quen sexa, ten a forza dunha lei se non foi aprobada polo poder lexislativo, elexido e nomeado polo

pobo (...). O poder supremo de calquer Estado (debe estar), sometido ás restriccións seguintes: en primeiro

Page 2: ColeccióN 4

42

lugar, non é nin pode ser un poder absolutamente arbitrario sobre a vida e os bens das persoas (...). En segundo

lugar, tales leis non terán outra finalidade que o ben do pobo. En terceiro lugar, o poder supremo non pode

arrebatar nengunha das súas propiedades a un home sin o consentimento deste. En cuarto lugar, o poder

lexislativo non pode transferir a facultade de facer leis a nengunha outra persoa (...). O pobo é o único que

pode sinalar cal debe ser a forma de goberno da súa comunidade politica, e iso faino ó instituír o poder

lexislativo e sinalar en que máns debe estar”

(LOCKE , J.: Dos t rata dos de l gobie rno civ il . 1690)

D. A separación de poderes

“En cada Estado hai tres clases de poderes: o lexislativo, o executivo das cousas pertencentes ó

dereito de xentes e o executivo das cousas que pertencen ó civil.

Polo primeiro, o principe ou o maxistrado fai as leis para certo tempo ou para sempre, e corrixe ou

deroga as que están feitas . Polo segundo, fai a paz ou a guerra, envía ou recibe embaixadores, estabrece a

seguridade e prevén as invasións. E polo terceiro, castiga os crimes ou decide as contendas entre particulares.

Este último chamaráse poder xudicial, e o outro, simplemente, poder executivo do Estado.

A libertade política nun c idadán é a tranquilidade de espírito que provén da opinión que cada un ten

da súa seguridade, e para que se goce dela é preciso que sexa tal o goberno que nengún cidadán teña motivo

de temer a outro.

Cando os poderes lexislativo e executivo se atopan reunidos nunha mesma persoa ou corporación, non

hai liberdade, porque é de temer que o monarca ou o Senado fagan leis tiránicas para executalas do mesmo

xeito.

Así acontece tamén cando o poder xudicial non está separado do poder lexislativo e do executivo. Se

está unido ó primeiro, o imperio sobre a vida e a liberdade dos cidadáns sería arbitrario, por ser un mesmo o

xuíz e o lexislador, e se está unido ó segundo sería tiránico, por canto gozaría o xuíz da mesma forza que un

agresor”.

(MONT ESQ UIEU , J.: El espíritu de las leyes. 1748)

E. A libertade e a igualdade.

“Se se busca en que consiste o ben máis preciado de todos, que debe ser obxectivo de toda

lexislación, atoparáse que todo se reduce a dúas cuestións principais: a libertade e a igualdade, sen a que a

libertade no pode existir.

Renunciar á liberdade é renunciar a ser home, ós dereitos e ós deberes da humanidade.

A verdadeira igualdade non reside no feito de que a riqueza sexa absolutamente a mesma para todos,

senón que nengún cidadán sexa tan rico como para poder comprar a outro e que non sexa tan pobre como para

verse forzado a venderse. Esta igualdade, dise, no pode existir na práctica. Pero se o abuso é inevitable,

¿quere iso dicir que debemos renunciar forzosamente a regulalo?. Como, precisamente, a forza das cousas

tende sempre a destruír a igualdade, hai que facer que a forza da lexislación tenda sempre a mantela”

(ROUS SEAU , J. J.: El contrato social, 1762)

A independencia dos Estados Unidos de América. Un exemplo para Europa.

F. As condicións xeográficas dos Estados Unidos de América.

“Situado no centro de América do Norte, o territorio seguido (é dicir, antes que Alaska e Hawai se

converteran nos estados 49º e 50º da Unión, respectivamente en 1958 e 1959) que constitúe o obxecto de

toda a historia dos Estados Unidos presenta a forma dun inmenso rectángulo, entre o Océano Atlántico e o

Océano Pacífico. A súa superficie de 7.842.000 km cadrados equivale aproximadamente a dazaseis veces a de

Francia. Tres dos seus lados -a saber, a costa atlántica, a costa `pacífica e a parte meridional, que bordea

México e o golfo de México- ofrecen sobre o mapa un trazado lixeiramente convexo. Aparte do profundo corte

dos Grandes Lagos, (Ontario, Erie, Hurón, Míchigan e Superior) o cuarto lado do rectángulo -a fronteira

septentrional con Canadá- forma unha liña case rigurosamente recta, xa que na maior parte da súa lonxitude

coincide co paralelo 49 de latitude norte.

Page 3: ColeccióN 4

43

(FONTE : www.icarito.latercera.cl/infografia/hist_univ/revoluciones/colonias_norteamericanas.htm.)

O país, situado entre dito paralelo e o paralelo 30 -no que se apoia Nova Orleans-, corresponde en

latitude a unha parte do globo terrestre que, a cabalo do Mediterráneo, pode fixarse entre unha liña que unise

polo norte París con Viena e Kharkov (París está aproximadamente á mesma distancia do Ecuador que Seattle)

e outra que unise polo sur Agadir con El Cairo.

É dicir, en xeral o clima deste bloque continental debera corresponcer nos estados do norte ó clima

temperado de Francia, España ou Italia, e nos estados do sur ó clima xa case subtropical de Marrocos ou o sur

de Alxéria. Naturalmente, semellante esquema está alterado polas correntes oceánicas, a natureza e a altitude

dos solos, a sába de auga dos Grandes Lagos e o réxime dos ventos: e por exemplo, os invernos de Minnesota

adoitan ser máis fríos que os de Lorena ou Austria, que se atopan á mesma latitude que o citado estado

septentrional da Unión.”

( L. SCH OEL L, F. Historia de los Estados Unidos . Edicións Moreton S.A. Col. Panoramas de la historia Universal, nº 3, paxs. 21-

22. Bilbao, 1972)

G. A ubicación espacial das trece colonias.

H. Primeiras desavenenc ias con Inglaterra. A oposición a Stamp Act. (Proposta interdisciplinar)

“The members of this Congress, sincerely devoted, with the warmest sentiments of affection and

duty to His Majesty's Person and Government, inviolably attached to the present happy establishment of the

Protestant succession, and with minds deeply impressed by a sense of the present and impending misfortunes

of the British colonies on this continent; having considered as maturely as time wi ll permit the circumstances

of the said colonies, esteem it our indispensable duty to make the following declarations of our humble

opinion, respecting the most essential rights and liberties Of the colonists, and of the grievances under which

they labour, by reason of several late Acts of Parliament.

Page 4: ColeccióN 4

44

·That His Majesty's subjects in these colonies, owe the same allegiance to the Crown of Great-

Britain, that is owing from his subjects born within the realm, and all due subordination to that

august body the Parliament of Great Britain.

·That His Majesty's liege subjects in these colonies, are entitled to all the inherent rights and

liberties of his natural born subjects within the kingdom of Great-Britain.

·That it is inseparably essential to the freedom of a people, and the undoubted right of Englishmen,

that no taxes be imposed on them, but with their own consent, given personally, or by their

representatives.

·That the people of these colonies are not, and from their local circumstances cannot be, represented

in the House of Commons in Great-Britain.

·That the only representatives of the people of these colonies, are persons chosen therein by

themselves, and that no taxes ever have been, or can be constitutionally imposed on them, but by

their respective legislatures.

·That all supplies to the Crown, being free gifts of the people, it is unreasonable and inconsistent with

the principles and spirit of the British Constitution, for the people of Great-Britain to grant to His

Majesty the property of the colonists.

·That trial by jury is the inherent and invaluable right of every British subject in these colonies.

·That the late Act of Parliament, entitled, An Act for granting and applying certain Stamp Duties, and

other Duties, in the Brit ish colonies and plantations in America, etc., by imposing taxes on the

inhabitants of these colonies, and the said Act, and several other Acts, by extending the jurisdiction

of the courts of Admiralty beyond its ancient limits, have a manifest tendency to subvert the rights

and liberties of the colonists.

·That the duties imposed by several late Acts of Parliament, from the peculiar circumstances of

these colonies, will be extremely burthensome and grievous; and from the scarcity of specie, the

payment of them absolutely impracticable.

·That as the profits of the trade of these colonies ultimately center in Great-Britain, to pay for the

manufactures which they are obliged to take from thence, they eventually contribute very largely

to all supplies granted there to the Crown.

·That the restrictions imposed by several late Acts of Parliament, on the trade of these colonies, will

render them unable to purchase the manufactures of Great-Britain.

·That the increase, prosperity, and happiness of these colonies, depend on the full and free

enjoyment of their rights and liberties, and an intercourse with Great-Britain mutually affectionate

and advantageous.

·That it is the right of the British subjects in these colonies, to petition the King, Or either House

of Parliament.

Lastly, That it is the indispensable duty of these colonies, to the best of sovereigns, to the mother country,

and to themselves, to endeavour by a loyal and dutiful address to his Majesty, and humble applications to both

Houses of Parliament, to procure the repeal of the Act for granting and applying certain stamp dut ies, of all

clauses of any other Acts of Parliament, whereby the jurisdiction of the Admiralty is extended as aforesaid,

and of the other late Acts for the restriction of American commerce. “

(Resolutións of the Stamp Act . October 19, 1765. En: www.der .uva.es/con stitucion al/verdu go/sta mp_ act.ht ml.)

I. O motín do té.

“Posteriormente o rei Xurxo creou os impostos aduaneiros, pagos que debían facer os colonos por

Page 5: ColeccióN 4

45

algunhas mercadurías procedentes de Inglaterra, entre estas mercadurías estaba o té.

Deste xeito os cidadáns organizaronse para impedir a compra de mercadurías procedentes de

Inglaterra e con relación ó té decidiron impedir o seu desembarco en América. Tomaron medidas, en 1773

produciuse o Motín do té, os colonos disfrazados de peles vermellas, atacaron tres barcos ingleses cargados

te té e arroxaron os seus productos ó mar. Como represalia as autoridades inglesas pecharon o Porto de

Boston, principal porto das colonias norteamericanas.”

(Trad ucido d e: www .rena.e du.ve/t erce raet apa/h istoria /Cara ctInd EEU U.htm l.)

J. O motín do té na imaxe.

K. A declaración de independencia.

“Cando no curso dos acontecementos humanos faise necesario para un pobo disolver os vínculos

políticos que o ligaron a outro e tomar entre as nacións da terra o posto separado e igual a que as leis da

natureza e o Deus desa natureza danlle dereito, un xusto respecto ao xuízo da humanidade esixe que declare

as causas que o impulsan á separación.

Sostemos como evidentes estas verdades: que todos os homes son creados iguais; que son dotados

polo seu Creador de certos dereitos inalienables; que entre estes están a vida, a liberdade e a procura da

felicidade; que para gara ntizar estes dereitos se instituen entre os homes os gobernos, que derivan os seus

poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando queira que unha forma de goberno fágase

destructora destes principios, o pobo ten o dereito a reformarla ou abolirla e instituir un novo goberno que se

funde nos devanditos principios, e a organizar os seus poderes na forma que ao seu xuízo ofrecerá as maiores

probabilidades de alcanzar a súa seguridade e felicidade. A prudencia, está claro, aconsellará que non se cambie

por motivos leves e transitorios gobernos de antigo establecidos; e, en efecto, toda a experiencia demostrou

que a humanidade está máis disposta a padecer, mentres os males sexan tolerables, que a facerse xustiza

abolendo as formas a que está afeita. Pero cando unha longa serie de abusos e usurpaciones, dirixida

invariablemente ao mesmo obxectivo, demostra o designio de someter ao pobo a un despotismo absoluto, é o

seu dereito, é o seu deber , derrocar ese goberno e establecer novos resguardos para a súa futura seguridade.

Page 6: ColeccióN 4

46

Tal foi o paciente sufrimento destas colonias; tal é agora a necesidade que as obriga a reformar o seu

anterior sistema de goberno. A historia do actual Rei da Gran Bretaña é unha historia de repetidos agravios

e usurpacións, encamiñados todos directamente cara ao establecemento dunha tiranía absoluta sobre estes

estados. Para probar isto, sometemos os feitos ao xuízo dun mundo imparcial.

(Aquí os colonos expoñen Uns 25 agravios concretos de que acusan ao monarca británico. Entre outras

cousas... negouse a dar o seu asentimientoáás leis necesarias para o ben público; [impúxonos] "contribucións

sen o noso consentimiento", etc.)

En cada etapa destas opresiones, pedimos xustiza nos términos máis humildes: ás nosas repetidas

peticións contestouse soamente con repetidos agravios. Un Príncipe, cuxo carácter está así sinalado con cada

un dos actos que poden definir a un tirano, non é digno de ser o gobernante dun pobo libre.

Tampouco deixamos de dirixirnos aos nosos irmáns británicos . Previñémolos de tempo en tempo das

tentativas do seu poder legislativo para englobarnos nunha jurisdicción injustificable. Recordámoslles as

circunstancias da nosa emigración e radicación aquí. Temos apelado ao seu innato sentido de xustiza e

magnanimidade, e témolo conxurado, polos vínculos do noso parentesco, a repudiar esas usurpacións, as cales

interromperían inevitablemente as nosas relacións e correspondencia. Tamén eles foron xordos á voz da xustiza

e da consanguinidade. Debemos, pois, convir na necesidade, que establece a nosa separación e consideralos,

como consideramos ás demáis colectividades humanas:inimigos na guerra, na paz, amigos.

Polo tanto, os Representantes dos Estados Unidos de América, convocados en Congreso Xeral,

apelando ao Xuíz Supremo do mundo pola rectitud das nosas intencións, en nome e pola autoridade do bo pobo

destas Colonias, solemnemente facemos público e declaramos: Que estas Colonias Unidas son, e deben selo

por dereito, Estados Libres e Independentes; que quedan libres de toda lealdade á Coroa Británica, e que toda

vinculación política entre elas e o Estado da Gran Bretaña queda e debe quedar totalmente disolta; e que, como

Estados Libres ou Independentes, teñen pleno poder para facer a guerra, concertar a paz, concertar alianzas,

establecer o comercio e efectuar os actos e providencias a que teñen dereito os Estados independentes.

E en apoio desta Declaración, con absoluta confianza na proteccióón da Divina Providencia, empeñamos

a nosa vida, a nosa facenda e o noso sagrado honor.”

(Declaración de inde pend encia. F irma n: Joh n Han cock , Presid ente do Con gres o, Cha rles T hom son, secretario e os

representantes de cada unha das trece colonias. 4 de xullo de 1776)

L. A Declaración de dereitos do home de Virxinia.

I. Que todos os homes son, por natureza, igualmente libres e independentes, e posúen determinados dereitos

inherentes dos que, unha vez habendo ingresado no estado de sociedade, non poden, baixo ningún pacto, ser

privados ou desposeídos no futuro; a saber, o goce da vida e a liberdade, cos medios para adquirir e posuír a

propiedade, e perseguir e alcanzar a felicidade e a seguridade.

II. Que todo o poder pertence e, en consecuencia, deriva do pobo; que os maxistrados son os seus mandatarios

e sirvientes, e en todo momento responsables ante él.

III. Que o Goberno é, ou debe ser, creado para o común beneficio, protección e seguridade do pobo, nación

ou comunidade; que dos diversos modos ou formas de goberno, a mellor é aquela que sexa capaz de xerar o

maior grado de felicidade e seguridade así como de protexerse efectivamente fronte ao perigo da mala

administración; e que, cando se considere que un goberno é inadecuado ou contrario a estes obxectivos, unha

mayoría da comunidade terá un indiscutible, inalienable e imprescriptible dereito a reformalo, cambialo ou

abolilo, no xeito que se xulgue máis conveniente para o ben público.

IV. Que ningunha persoa ou grupo de persoas teñen dereito a recibir emolumentos exclusivos ou especiais ou

privilexios da comunidade, salvo en consideración á prestación de servizos públicos; os cales non serán

transmisibles, como tampouco serán hereditarios os cargos de maxistrado, lexislador ou xuíz.

V. Que os poderes lexislativo e executivo do Estado deben estar separados e diferenciados do xudicial; e que

para impedir que os membros dos dous primeiros incurran en opresión han de sentir as cargas do pobo e

participar delas, recuperando cada certo tempo a súa condición privada ao volver ao corpo do que procedían,

suplindo as vacantes mediante eleccións frecuentes e regulares nas que, todos ou parte dos antigos membros,

poderán ser de novo elexibles ou inelexibles, según o que establezan as leis.

VI. Que as eleccións para as asembleas dos representantes do pobo deben ser libres; e que todos os homes,

habendo suficiente constancia do seu permanente interés na comunidade e da súa vinculación á mesma,

Page 7: ColeccióN 4

47

ostentan o dereito de sufraxio e non poden ser suxeitos a gravámes ou privados da súa propiedade para usos

públicos sen o seu consentimento ou o dos seus representantes elixidos para tal fin, nin obrigados por ningunha

lei que non haxan, da mesma forma, consentido, para o ben público.

VII. Que o poder de suspender as leis ou de executalas por calquera autoridade, sen o consentimento dos

representantes do pobo, é lesivo dos seus dereitos e non debe exercerse.

VIII. Que en todos os procesos penais ou por pena capital a persoa ten dereito a coñecer a causa e natureza

da acusación para confrontarse cos acusadores e testemuñas, a practicar probas no seu favor, e a un xuízo

rápido por un xurado imparcial do seu vecindario, sen cuxa unánime decisión non poderá ser considerado

culpable, e tampouco poderá ser obrigado a declarar contra sí mesmo; e que ninguén será privado da súa

liberdade senón en virtude da lei do país ou do xuízo dos seus iguais.

IX. Que non se poderán esixir fianzas excesivas, nin impoñer multas excesivas; nin inflinxir castigos crueis

e inusuais.

X. Que os mandamientos xerais, en virtude dos cales encoméndese a un oficial ou delegado o rexistro de

lugares sospeitosos sen proba da comisión do feito, ou o arresto de persoa ou persoas innominadas, ou cuxa

falta non esté sufic ientemente identificada ou probada, son ofensivos e oprimentes e non deben ser

autorizados.

XI. Que nos litixios sobre propiedade e nos preitos entre particulares, o antigo xuízo por xuradoéé preferible

a calquera outro e debe conservarse como sagrado.

XII. Que a liberdade de prensa é un dos mellores baluartes da liberdade e non pode ser nunca restrinxida máis

que por un goberno despótico.

XIII. Que unha milicia ben ordenada, composta do conxunto do pobo, adestrada no uso das armas, é a defensa

adecuada, natural e segura dun Estado libre; que os exércitos permanentes en tempo de paz deberían evitarse

por ser unha ameaza para a liberdade; e que, sempre, os militares deben estar estrictamente subordinados ao

poder civil e gobernados por éste.

XIV. Que o pobo ten dereito a un goberno uniforme; e que, en consecuencia, ningún goberno separado ou

independente do goberno de Virginia, pode ser erixido ou establecido dentro dos seus límites.

XV. Que ningún goberno libre, nin as bendicións da liberdade poden preservarse por un pobo sen un fi rme

compromiso coa xustiza, a moderación, a templanza, a frugalidad e a virtude e recorrendo con frecuencia aos

principios fundamentais.

XVI. Que a religión, ou o deber que temos para o noso Creador e o modo en que o recoñecemos, han de guiarse

pola razón e a convicción, e non pola forza ou a violencia; e por iso, todos os homes teñen igual dereito ao libre

exercicio da religión, de acordo cos dictados da súa conciencia; e que é un deber mutuo de todos practicar a

benevolencia cristiá, o amor e a caridade para con todos.

(Declaración de dereitos de Virxinia. 12 de xullo de 1776)

LL. A Constitución dos Estados Unidos.

NÓS, o Pobo dos Estados Unidos, a fin de formar unha Unión máis perfecta, establecer Xustiza, afirmar a

tranquilidade interior, prover a Defensa común, promover o benestar xeral e asegurar para nós mesmos e para

os nosos descendientes os beneficios da Liberdade, estatuimos e sancionamos esta CONSTITUCION para

os Estados Unidos de América.

ARTICULO UN

Primeira Sección

Todos os poderes lexislativos outorgados na presente Constitución corresponderán a un Congreso dos Estados

Unidos, que se comporá dun Senado e unha Cámara de Representantes.

Segunda Sección

1. A Cámara de Representantes estará formada por membros elixidos cada dous anos polos habitantes dos

diversos Estados, e os electores deberán posu ír en cada Estado as condicións requeridas para os electores da

rama mais numerosa da legislatura local.

2. Non será representante ningunha persoa que non cumpra 25 anos de idade e teña sido cidadán dos Estados

Unidos durante sete anos, e que non sexa habitante do Estado no cal desígneselle, ao tempo da elección...

Terceira Sección

1. O Senado dos EE.UU. comporase de dous Senadores por cada Estado, elixidos por seis anos pola lexislatura

do mesmo, e cada Senador disporá dun voto...

Page 8: ColeccióN 4

48

ARTICULO DOUS

Primeira Sección

1. Deposítase o poder executivo nun Presidente dos Estados Unidos. Desempeñara o seu encargo durante un

término de catro anos e, xuntamente co Vicepresidente designado para o mesmo período,...

ARTICULO TRES

Primeira Sección

1. Se depositará o poder xudicial dos Estados Unidos nun Tribunal Supremo e nos tribunais inferiores que o

Congreso instituya e estableza en diante. Os xuíces, tanto do Tribunal Supremo como dos inferiores,

continuarán nas súas funcións mentres observen boa conduta e recibirán en períodos fixos, unha remuneración

polos seus servizos que non será diminuída durante o tempo do seu encargo...

ARTICULO CUARTO

Primeira Sección

Se dará enteira fe e crédito en cada Estado aos actos públicos, rexistros e procedementos xudiciais de todos

os demáis. E o Congreso poderá prescribir, mediante leis xerais, a forma en que ditos actos, rexistros e

procedementos se probarán e o efecto que producirán.

Segunda Sección

1. Os cidadááns de cada Estado tenrán dereito nos demáis a todos os privilexios e inmunidades dos cidadáns

destes...

Terceira Sección

1. O Congreso poderá admitir novos Estados á Unión, pero ningún novo Estado poderá formarse ou erixirse

dentro de limítes doutro Estado, nin un Estado constituírse mediante a reunión de dous ou máis Estados ou

partes de Estados, sen o consentimento das legislaturas dos Estados en cuestión, así como do Congreso.

2. O Congreso terá facultade para executar actos de disposición e para formular todos os reglamentos e regras

que sexan precisos con respecto ás terras e outros bens que pertenzan aos Estados Unidos, e nada do que esta

Constitución contén se interpretará nun sentido que cause prexuízo aos dereitos aducidos polos Estados

Unidos ou por calquera Estado individual.

Cuarta Sección

Os Estados Unidos garantizarán a todo Estado comprendido nesta Unión unha forma republicana de goberno

e protegerán a cada un en contra de invasións, así como contra os disturbios internos, cando o soliciten a

legislatura ou o executivo (no caso de que non fose posible reunir á legislatura)...

(Fonte: Prog ramas de Inform ación Intern acional do Dep artam ento de Es tado de E E.UU.)

M. A independencia en imaxes.

1 . A D e c l a r a c i ó n d e

Independencia. Pintura de

John Trumbull (!756-1843).

Representa a entrega da

declaración de ind epe nden cia

ó Presidente do Congreso,

John Hanco ck, pola Comisión

de Redacción: John Adams,

Robert Sherman, Thomas

Jefferson e Benx amín Fran klin.

Page 9: ColeccióN 4

49

O significado da Revolución Francesa. ¿Mito Histórico ou realidade transcendental?

N. A Revolución Francesa no debate historiográfico.

A Revolución francesa foi tradicionalmente considerada como un mito, como un fenómeno histórico

de repercusión extraordinaria en todo o mundo e que verdadeiramente contribuíu de xeito substancial a

cambiar a forma de vida do home sobre a terra. A Historia quedou dividida, desde que se produciu aquel

acontecemento, en dúas fases: o que ocurríu antes e o que ocurríu despois de 1789. Aínda, fai poucos anos,

o historiador francés Pierre Chaunu escrib ía: "A Revolución segue sendo, despois de dous séculos, a referencia

privilexiada do noso pasado... o mito fundador da nación". Iso explica a desmesura bibliográfica arredor da

Revolución francesa. Os dez anos que durou suscitaron máis b ibliografía que os trescentos anos de Monarquía.

Aínda hoxe, o ano do seu estalido goza de vinte e cinco ou trinta veces máis páxinas adicadas que calquera ano

do século XIX ou do século XVIII. A media de utilización de calquera documento conservado é de quince ou

vinte veces superior para os dez años de Revolución que para o século anterior ou posterior. Aínda por riba, a

recente celebración (ano 1989) do Bicentenario da Revolución produciu tal abundanc ia de literatura histórica

que difícilmente pode ser abarcada por un só lector. Agora ben, a historiografía sobre a Revolución francesa

non só destaca pola súa sobreabundancia senón pola controversia que a súa interpretación suscitou sempre por

parte dos historiadores das diferentes escolas e ideoloxías. En efecto, desde o mesmo momento en que o

fenómeno revolucionario foi tratado como obxecto de análise histórica -e iso comenzou a producirse o mesmo

ano de 1789 cando Lescène des Maisons publicou a súa Histoire de la Révolution Française- tomou unha

posición determinada, dándolle interpretacións diversas e, a miúdo, contrapuestas. O feito revolucionario de

1789 abríu, pois, dende o principio , un violento debate e inaugurou agrias loitas políticas e ideológicas que se

prolongaron durante décadas, e ata durante séculos. “

(Traduc ido de: www.artehistoria .com)

Francia en vésperas da Revolución Antecedentes económicos, sociais e politicos

O. Crise económica e financeira

Orzamento do Estado francés en 1788

Millóns de libras

-Gasto s civís 145

-Corte e privilexiados 36

-Intrucción pública e axistencial 12

-Gastos militares e diplomaticos 165

-Débeda pública 318

-Total Gastos 628

-Total ingresos 503

-Défic it 125

P. O concepto de “crise de subsistencia”.

“O antigo réxime económico vinculaba, en alto grado, o desenvolvemento da poboación ás fluctuacións

das colleitas. A dieta baseábase nos cereais panificables, mentras a extremada deficiencia dos transportes

reducía a maior parte dos territorios ós seus exclusivos recursos. Así, nos anos críticos, a falla de gran alzaba

o prezo do alimento a unhas cotas tan elevadas, que significaban a súa privación para a masa dos consumidores.

Entón, a pouco que a situación se prolongase, desatábase o círculo infernal: carestía, déficit alimenticio, fame

e epidémia conxugábanse para producir unha mortalidade de dimensións extraordinarias. Non é preciso insistir

máis encol dun mecanismo descrito en todos os seus térmos polos aritméticos do século XVIII.”

(NADA L, J.: La Población española . Sig los XVI a XX. Ed. Ariel, Col. Ariel, nº 12. Pax. 24. Barcelona, 1986)

Page 10: ColeccióN 4

50

Q. Crise de subsistencia en Francia.

R. Os “Cadernos de queixas”

1. Por unha reforma dos impostos.

“Os habitantes queixanse de estar sobrecargados pola taille* e a capitación** e outros impostos

(...). Os dereitos son moi perxudic iais para o comercio do viño, tanto ó por maior como en pequenas

cantidades. O sal, artícu lo de consumo tan necesario á vida non só dos homes, senón tamén do gando, acada

hoxe un prezo excesivo (.. .). Sería preciso suprimir a taille e a capitación (...), as corveas.”

(Cahiers de doleances. Senescalía de Draquignan, 1789)

* Imposto francés que gravaba as posesións persoais e que recaía exclusivamente sobre o campesiñado.

** Imposto baseado na poboación. Afectaba principalmente á burgues ía e campesiñado

2. Contra o feudalismo.

“Aquí o pobre non ten dereito a encender o lume na súa cabana para poñerse ó abrigo do fío se non

llo compra ben caro ó señor, por unha contribución descontada dos seus medios de subsistencia e os da súa

familia. Este dereito inhumano existe en Broues baixo o nome de dereito de fogo. Ali o agricultor non ten

nin xiquera o dereito de alimentar o seu gando coa herba que medra no seu campo; se a toca, se lle denuncia

e castiga con unha multa que o arruina, e o exercicio máis lexítimo dos dereitos da súa propiedade esta

subordinado á vontade arbitraria do señor, que ten a pretensión ó dereito universal sobre todos os pastos

do territorio. Debense abolir todos os dereitos dos señores...”

(Cahiers de doleances. Valençay, Berry, 1789)

3. Pola reforma do Estado

“A asamblea pide que sexa establecido que o Terceiro Estado terá nas asambleas da Nación, polo

menos, tantos diputados como os outros dous ordes reunidos, que as deliberacións se realizarán nos tres

ordes reunidos e que os votos serán contados por cabezas.

Page 11: ColeccióN 4

51

O obxecto do que deben ocuparse esencialmente e en primeiro lugar é o de asegurara a Francia

unha constitución boa e sólida que fixe para sempre e do xeito máis claro posible os dereitos do trono e os

da nación.

Que as leis aprobadas pola nación reunida como Estados xerais precisan só a aprobación conxunta

pola vontade da nación er a autoridade do Rei para ser válidas e obrigatorias en todo o reino.”

(Cahiers de d oleances. Bailía de N anci e Ucha u, 1789)

Francia durante a Revolución As constitucións revolucionarias

S. Declaración dos dereitos do home e do cidadán

Art. 1º - Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. As distincións sociais non

poden fundarse nada máis que sobre a utilidade común.

Art. 2º - O obxecto de toda asociación política é a conservación de todos os dereitos naturais e

imprescriptibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á

opresión.

Art. 3º - O principio de toda soberanía reside esencialmente na nación. Ningún corpo nin individuo

pode exercer autoridade que no proceda directamente dela.

Art. 4º - A libertade consiste en poder facer todo aquelo que non dane a outro; polo tanto, o

exercicio dos dereitos naturais de cada home non ten outros límites que os que aseguren ós demáis

membros da sociedade o disfrute destes mesmos dereitos. Estes límites non poden ser determiñados máis

que pola lei (...).

Art. 6º - A lei é a expresión da vontede xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a contribuír

persoalmente, ou por medio dos seus representantes á súa formación. A lei debe ser idéntica para todos,

tanto para protexer como para castigar. Sendo todos os cidadáns iguais ante os seus ollos, son igualmente

admisibles a todas as dignidades, postos e empregos públicos, segundo a súa capacidade, e sin outra

distinción que a das súas virtudes e talentos (...).

Art. 11º - A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un dos máis preciosos dereitos

do home. Todo cidadán pode, pois, falar, escribir, imprimir libremente, agás a origa de responder do abuso

desta liberdade nos casos determiñados pola lei (...).

Art. 16º - Toda sociedade na que a garantía dos dereitos non está asegurada, nin a separación

dos poderes determiñada, non ten Constitución.

Art. 17º - Sendo a propiedade un dereito inviolable e sagrado, naide pode ser privado dela, se non

é nos casos en que a necesidade pública, legalmente comprobada, o esixa evidentemente, e baixo a

condición dunha indemnización xusta e previa.”

(Decretados pola Asamblea Nacional Francesa. Agosto de 1789)

T. A abolición do réxime feudal e dos privilexios.

“Art. 1º. A asemblea Nacional suprime enteiramente o réxime feudal e decreta que os dereitos e

deberes tanto feudais coma censuais, os que se refire á man morta real ou persoal e á servidume persoal e

os que os representan son abolidos sen indemnización, e toólos demáis declarados redimibles, e o prezo e

modo de redención serán fixados pola Asemblea Xeral.

Art. 4º. Tódalas xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización.

Art. 5º. Os décimos de calquera tipo e os censos a que desen lugar... serán abolidos.

Art. 9º. Os privilexios pecuniarios persoais ou reais en materia de subsidios (impostos) son

abolidos para sempre. A percepción farase sobre tódolos cidadans e sobre tódolos bens, de igual maneira e

na mesma forma.

Art. 11. Tódolos cidadans, sen distinción de nacemento, poderán ser admitidos a tódolos empregos

e dignidades eclesiásticas, civís e militares, e ningunha profesión útil reportará deshonra.”

(Dec reto de 4 de agos to de 1 789.)

Page 12: ColeccióN 4

52

Toma da Bastilla en 1789. En: www.portalmundos.com/mundohistoria/clave/revolucionfrancesa.htm

U. A teoría do goberno revolucionario.

“A teoría do goberno revolucionario é tan nova coma a revolución que a trouxo. Non hai que buscala nos

libros dos escritores políticos, que non viron en absoluto esta Revolución, nin nas leis dos tiranos que,

contentos con abusaren do seu poder, ocúpanse pouco de procura-la lexitimidade; esta palabra non é para a

aristocracia máis que un asunto de terror; para os tiranos un escándalo; para moita xente un enigma.

O principio do goberno constitucional é conserva-la República; o do goberno revolucionario é fundala:

O goberno constitucional ocúpase principalmente da liberdade civil; e o goberno revolucionario da liberdade

pública. Baixo o réxime constitucional abonda con protexe-los individuos dos abusos do poder público; baixo

o réxime revolucionario, o propio poder público está obrigado a defenderse contra tóda-las faccións que o

ataquen. O goberno revolucionario debe ós bos c idadans toda a protección nacional; ós inimigos do pobo non

lles deben se non é a morte”

(ROBESPIERRE: 25 de decembro de 1793)

V. O terror.

“Solicitamos a morte do rei para gravar profundamente nos corazóns o desprezo da realeza e encher

de estupor a todos os partidarios do rei... ¿Tendes medo que o castigo do derradeiro dos nosos reis irrite aos

países estranxeiros?...

Os reis son os máis soberbios dos mortais; son os máis viles e en canto escoiten retumbar a tormenta

da cólera do pobo, tremerán no fondo dos seus palacios; en canto treman, xa deixan de existir. Eu sei que para

evitar este golpe, intentarán sementar en medio de vosoutros a confus ión e a discordia; que derramarán ouro

a mans cheas e que ensaiarán outros medios de seducción. Pero ahí acabarán todas as súas forzas...

Non tendes ningunha sentencia que dictar a favor ou en contra dun rei, senón tomar unha medida de

saúde pública, exercer un acto de providencia nacional. Un rei destronado, na República,non serve máis que para

dúas cousas: ou confundir a tranquilidade do Estado e esnaquizar a liberdade, ou reforzar unha e outra ao

mesmo tempo.

En consecuencia, eu sosteño que... , para cimentar a República nacente, debe gravarse profundamente

nos corazóns o desprezo á realeza e deixar atónitos a todos os partidarios do rei.”

(ROBE SPIER RE, M.: Carte ao Com ité executivo. 1792)

W. A revolución en imaxes.

Page 13: ColeccióN 4

53

X. Xeografía das actividades revolucionarias.

Y. A Constitución de 1791.

“A Asemblea Nacional... abole irrevocablemente as institucións que ferían a liberdade e a igualde de

dereitos -non existirán máis nin nobreza, nin distincións hereditarias, nin distincións de Ordes, nin réxime

feudal, nin xustizas patrimoniais, nin ningúns títulos, denominacións e prerrogativas que delas se derivan, nin

ningunha Orde de cabalería, nin ningunha das corporacións ou decoracións para as que se esixían probas de

nobreza, ou que supoñan distincións de nacemento, nin ningunha outra superioridade senón a dos funcionarios

públicos no exercicio das súas funcións. Non existirán máis nin venda nin herdanza de ningún cargo público. Non

haberá máis en ningunha parte da nación, nin para ningún individuo, calquera privilexio ou excepción ó dereito

común de todos os franceses. Non haberá máis corpos xudiciais nin corporacións de profesións, artes e oficios.

Page 14: ColeccióN 4

54

A lei non recoñece nin votos relixiosos, nin calquera outro compromiso que sexa contrario ós dereitos naturais

ou á Constitución...

Título III - Dos poderes públicos.

Art. 1 - A soberanía é unha, indivisible, inalienable e imprescptible. Pertence á Nación; ningunha

sección do pobo, nin ningún individuo pode atribuírse o seu exercicio.

Art. 2 - A Nación, da que únicamente emanan todos os poderes, só pode exercelos por delegación. A

Constitución francesa é representativa: os representantes son o Corpo Lexislativo e o rei.

Art. 3 - O poder lexislativo é delegado a unha asemblea nacional composta de representantes

temporais, libremente elexidos polo pobo, para ser exercido por ela coa sanción do rei, da maneira que se

determinará a continuación.

Art. 4 - O goberno é monárquico: o pder executivo é delegado ó rei para ser exercido baixo a súa

autoridade por ministros e outros axentes responsables da maneira que se determinará despois.

Art. 5 - O poder xudicial é delegado ós xuíces elixidos por un tempo limitado polo pobo

Capítulo I - Da Asemblea Nacional Lexislat iva.

Art. 1 - A Asemblea Nacional formando o corpo lexislativo é permanente e composto por unha única

Cámara. Será formada cada dous anos por novas eleccións. Cada período de dous anos constituirá unha

lexislatura...

Sección II - Asembleas Primarias. Nomeamento de electores.

Art. 1 - Para formar a Asemblea Nacional lexislativa, os cidadans activos reuniranse cada dous anos

en Asembleas primarias nas cidades e nos cantóns...

Art. 2 - Para ser cidadán antivo é preciso: Ter nacido ou terse tornado francés; ter 25 anos de idade

completos... Pagar... de contribución directa polo menos o valor de tres días de traballo...

Art. 6 - As Asembleas primarias nomearán ós electores na proporción do número de cidadáns activos

domiciliados na cidade ou cantón...

Art. 7 - Ninguén poderá ser nomeado elector se non reune as condicións necesarias para ser cidadán

activo máis as seguintes: (ser propietario ou arrendatario de fincas urbanas ou rústicas polo valor de entre cen

e trescentos días de traballo, segundo os casos)...

Sección III - Asembleas electorais. Nomeamento de representantes.

Art. 1 - Os electores nomeados en cada departamento reuniranse para elixir o número de

representantes que corresponda ó seu departamento...

(Extracto da C onstitución francesa do 3 de set embro de 17 91)

Z. A Constitución de 1793.

“-Da República

Artículo 1º. A República Francesa é unha e indivisible...

-Da Distribución do Pobo.

Artículo 2. O pobo francés distribúese, para o exercicio da súa soberanía, en asembleas primarias de cantóns.

Artículo 3. Para a administración e para a xustiza distribúese en departamentos, distritos e municipios...

-Do Estado dos Cidadáns

Artículo 4. Todo home nado e domiciliado en Francia, con vinteún anos de idade cumpridos. Todo estranxeiro

con vinteún anos de idade, domiciliado en Francia desde fai un ano, que viva aquí do seu traballo, ou adquira

unha propiedade, ou despose unha francesa, ou adopte un neno, ou alimente a un vello; todo estranxeiro, en fin,

que o pobo considere que mereceu ben a humanidade. Será admitido ao exercicio dos dereitos de cidadán

francés...

-Da Soberanía do Pobo.

Artículo 7. O pobo soberano é a universalidad dos cidadáns franceses.

Artículo 8. Nomea aos seus deputados de forma directa.

Page 15: ColeccióN 4

55

Artículo 9. Delega en electores para a designación dos administradores, dos árbitros públicos, dos xuíces

penais e de casación.

Artículo 10. Delibera sobre as leis...

-Das Asembleas Primarias .

Artículo 11. As asembleas primarias están compostas polos cidadáns domiciliados desde fai seis meses en cada

cantón.

Artículo 12. Compóñense dun mínimo de douscentos cidadáns chamados a votar e dun máximo de seiscentos...

-Da Representación Nacional

Artículo 21. A poboación é a única base da representación nacional.

Artículo 22. Hai un deputado por cada corenta mil individuos...

-Da Xustiza Civi l

Artículo 85. O código das leis civís e penais é uniforme para toda a República.

Artículo 86. Non pode atentarse de ningún modo contra o dereito dos cidadáns a resolver as súas diferenzas

mediante árbitros da súa elección...

-Das Forzas da República

Artículo 107. A forza xeral da República está composta polo pobo na súa totalidade.

Artículo 108. A República mantén á súa costa, ata en tempo de paz, unha forza armada de terra e mar.

Artículo 109. Todos os franceses son soldados; todos se ejercitan no manexo das armas...

-Da Garantía dos Dereitos

Artículo 122. A Constitución garante a todos os franceses a igualdade, a liberdade, a seguridade, a propiedade,

a débeda pública, o libre exercicio dos cultos, unha instrucc ión común, axudas públicas, a liberdade ilimitada

da prensa, o dereito de petición, o dereito de reunirse en asociacións populares, o goce de todos os dereitos

do home...”

( Extracto da Constitución francesa de 1793)

O Imperio Napoleónico. Moderación e exportación da Revolución.

Z. 1. O golpe de Estado de Napoleón Bonaparte.

“Acudiron á casa de Bonaparte tódolos grandes personaxes do goberno, da lexislatura, do exercito,

e tódolos que gozaban dunha gran consideración persoal. Todos estaban canson das tentativas das

autoridades; moi consternados pola súa impotencia, asustados polo retorno da demagoxia. Tanta alegría e

amor se expandía nos seus corazóns desde o regreso do heroe que, sen se deteren na idea de concederlle a

autoridade suprema todo o mundo a recoñecía; todo o mundo encontraba imposible, mentres el (Napoleón)

estivese en Francia, a realización dos horribles presaxios polos que estaba acosada; parecía que un

insuperable dique había dete-lo desbordamento tan temido...

Sieyés, o único home intelixente que houbo no Directorio, pero que tiña en contra súa á amioría, os

membros máis honorables da lexislatura, os máis ilustres xenerais do exercito.. . puxeronse de acordo para

dicirlle a Bonaparte que a nación esperaba del o cambio da situación desastrosa na que se atopaba.”

(Memorias do funcionario napoleónico Roederer)

Z. 2. As directrices básicas do Código Civil de Napoleón.

“... Nos Estados despóticos, onde o príncipe é propietario de todo o territorio, onde todo o comercio se

realiza en nome do xefe do Estado e no seu proveito, onde os particulares non teñen nin propiedade nin

liberdade, hai máis xuíces e verdugos que leis; pero alí onde os cidadáns teñen bens que conservar e

defender, alí onde teñen dereitos civís e políticos, alí onde o honor é valorado como outro ben calquera,

compre un certo número de leis para facer fronte a todo. As diversas clases de bens, os diversos xéneros

de industria, as diversas situacións da vida humana, demandan regras diferentes...

Page 16: ColeccióN 4

56

Os diversos pobos non poden vivir máis que baixo o imperio do dereito; os membros de cada cidade

están rexidos, como homes polo dereito, e como cidadáns polas leis...

Tales son as principais bases das que partimos para a redacción do proxecto de Código Civil...”

(Discurso prreliminar sobre o estabrecemento do Código Civil dos Franceses de 21 de marzo de 1801)

Z. 3. A expansión territorial do Imperio.

Z. 4. A coroación imperial de Napoleón.

Napoleón I investido coas dignidades imperiais. Cadro realizado por Ingres,

Page 17: ColeccióN 4

57

A Restauración. O regreso a ortodoxia da tradición.

Z. 5. As bases ideolóxicas.

- O pensamento de De Maistre.

“En ámbolos casos, vese como Deus nos lembra a nosa debilidade e o dereito que El mesmo se reservou

no goberno dos pobos.

1º. Ningunha Constitución é o resultado dunha deliberación: os dereitos dos pobos nunca están

escritos...

3º. Os dereitos do pobo propiamente dito parten moi a miudo das concesións dos soberanos.

10º. A liberdade, en certo sentido, foi sempre un don dos reis, porque tódalas nacións libres foron

instituídas por reis.”

( DE MA ISTRE , J.: Consideracións sobre Francia. 1796)

Z. 6. As bases ideolóxicas.

- Os plantexamentos de Metternich.

“A idea fundamental de Metternich é a do equilibrio. Ante todo, según él, existe un equilibrio no

interior dos Estados, onde a orde social debe ser defendida contra as forzas da destrucción. Existe, ademáis,

un equilibrio entre os Estados, xa que estes últimos non deberían quedar abandonados á súa inspiración

particular, senón sometidos a unha comunidade supranacional. E se isto é certo que “só o orde confire o

equilibrio”, nada resultaría máis perigoso para a existencia deses estados que o desenvolvemento dos

movementos liberais e nacionais.

Cons idera que a saúde da sociedade descansa sobre a conservación das monarquías e sobre o respecto

a unha xerarquía aristocrática, “crase intermedia entre o trono e as capas inferiores do corpo social”.

Precisamente esta fé no equilibrio nacional e internacional é a que o fai particularmente sensible ós

intereses xerais de Europa, e determiña a súa creenza na necesidade dun concerto europeo, como algo superior

ós intereses de cada Estado. Non só é necesario que os soberanos estean dacordo entre sí, e que se reunan

con frecuencia para aprobar as medidas a adoptar senón tamén que poidan intervir, en caso de necesidade, nos

países viciños para restableceer a orde amenazada.”

(DROZ , J. : Europa: Restauración e revolución, 1815-1848. Madrid, 1974)

Z. 7. As bases ideolóxicas.

- As ideas de Louis de Bonald.

“En todo tempo o home quixo erixirse en lexislador da sociedade relixiosa e da sociedade política, e

dar unha constitución á unha ou á outra; pero... o home non pode dar unha constitución á sociedade relixiosa

ou política da mesma maneira que non pode dar peso ó corpo ou extens ión á materia, e que, ben lonxe de poder

constiruír a sociedade, coa súa intervención o home pode impedir que a sociedade se constitúa, ou... retrasar

o éxito dos esforzos que fixo a sociedade para alcanzar a súa constitución natural. En efecto, só existe unha

única constitución da sociedade política, e unha sóa constitución da sociedade relixiosa.. . ambalas dúas resultan

da natureza dos seres que a compoñen como o peso é o resultado da natureza dos corpos.”

(DE BONA LD, Louis: Teoría del poder político y religioso dentro de la sociedad civil, demo strada por el ra zonam iento de la

historia.. Ed. Tecnos, Ma drid, 1988)

Z. 8. O congreso de Viena.

“Art. 1º: As grandes potencias contratantes (Gran Bretaña, Rusia, Prusia, Austria...) Comprometéndose

solemnemente a reuni-los medios dos seus Estados respectivos para manteren en toda a súa integridade as

condicións do tratado de paz concluído en París o 30 de maio de 1814, así como as estipulacións establecidas

e asinadas no Congreso de Viena, co obxecto de completa-las disposicións dese tratado, de protexelas contra

todo ataque, e particularmente contra os intentos de Napoleón Bonaparte.

Art. 2º: Aínda que un obxectivo tan grande e tan beneficioso non permite que se midan os medios

destinados para acadalo, e que as altas partes contratantes estean resoltas a consagrarlle tódolos seus

esforzos... elas acordaron manter constantemente en campaña 150.000 homes cada unha... e empregalos activa

Page 18: ColeccióN 4

58

Os Estados europeos despois da Restauración en 1815.

e concertadamente contra o inimigo común.

Art. 3º: As altas partes contratantes comprométense recíprocamente a non utiliza-las armas máis ca

de común acordo e unha vez que o motivo da guerra sinalada no artigo 1º do presente tratado sexa vulnerado,

momento en que se despoxará a Bonaparte de toda posibilidade de perturbar e de renova-las súas tentativas

para apoderarse do poder supremo en Francia.

Feito en Viena, o 25 de marzo de 1815.

(FHOLE N e SU RATTE AU, J.R.: Textes d’ Histoire Contemporaine, Ed. Sedes, Paris, 1967. Paxs. 191-192)

Z. 9. O mapa de Europa redibuxado pola Restauración.

Z. 10. Fernando VII anula a Const ituciónde Cádiz en España.

“As Cortes, no mesmo día da súa instalación, e polo principio das súas actas , despoxáronme da

soberanía, pouco antes recoñecida polos mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiarse

dela eles mesmos, e dar despois a ésta sobre tal usurpación as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que

forzosamente as recibise nunha nova Constitución, que sin poder de provincia, pobo nin xunta, e sin noticia das

que se dicían representadas polos suplentes de España e Indias, estableceron os diputados, e les mesmos

sancionaron e publicaron en 1812. Este primeiro atentado contra as prerrogativas do trono, abusando do nome

da nación, foi como a base dos moitos que a este se seguiron; e a pesar da repugnancia de moitos deputados,,

tal vez do maior número, foron adoptados e elevados á leis, que chamaron fundamentais, por medio da gritería,

Page 19: ColeccióN 4

59

O Congreso de Viena . J. B. Isabey. En: www. l iceus.com/cgi-bin/oce/pu/eur/.asp.

ameazas e violencia dos que asistían ás galerías das Cortes, con que se impoñía e aterraba; e ó que era

verdadeiramente obra dunha facción, revestíaselle do espaciosos colorido de “vontade xeral”, e por tal fixo

pasar a de unhos poucos sediciosos, que en Cádiz e despois en Madrid, ocasionaron ós bos coidados e

pesadumbre...

Conformándome coas decididas e xerais demostracións da vontade dos meus pobos, e por ser elas

xustas e fundadas, declaro que o meu real ánimo é non somentes non xurar nin acceder á dita constitución nin

a decreto algún das Cortes xerais e extraordinarias, e das ordinarias actualmente abertas, a saber os que sexan

depresivos dos dereitos e prerrogativas da miña soberanía, establecidos pola constitución e as leis en que longo

tempo a nación viviu, senón o declarar aquela constitución e tales decretos nulos e deningún valor nin efecto...”

(Fernando VII: Real decreto, 4 de maio de 1814. En: EGIDO LE ÓN, A ., MONTE RO GA RCÍA , F. e outros: La hist oria

contemporánea en la práctica. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A. Madrid, 1996. Paxs. 67-68)

Z. 11. A Restauración nas imaxes.

As revolucións liberais. Nova carga contra o Antigo Réxime.

Z. 12. O liberalismo doutrinario.

“A liberdade é o dereito que cada un ten a ser sometido só ás leis, de non ser detido, encarcerado nin

condenado a morte ou molestado, en calquera forma que sexa, polo capricho de un ou máis individuos. É o

dereito que todos teñen a expresa-la súa opinión, a segui-las súas inclinacións, a trasladarse dun lugar a outro,

a asociarse. É, finalmente, o dereito a influír sobre a marcha do Estado, quer nomeando a todos ou parte dos

funcionarios quer aconsellando ou preguntando...

Compárese esa liberdade coa dos antigos. Aquela consistía no exercicio colectivo e directo de moitos

dos privilexios que correspondían á soberanía, en deliberar a cerca do ben público, sobre a guerra, sobre a paz,

en votar leis, dictar sentencias, examinar contas, etc.; máis ó mesmo tempo que era esta a liberdade para os

antigos, consideraban compatible coa mesma a suxeición dos individuos ó poder da colectividade...

Entre os antigos, o individuo soberano en canto ós negocios públicos, era escravo en tódalas súas

relacións de carácter privado.”

(CONS TANT , Benxam ín: Da liberdade dos antigos comparada á dos modernos. 1819)

Page 20: ColeccióN 4

60

Z. 13. A crítica do lexitimismo.

“A autoridade do príncipe, como emanada directamente do ceo, é unha idea mítica e anticuada que os

lexitimistas, pesie a tódolos seus esforzos, non conseguen xa impoñer á comprensión das nacións, xa maduras.

Unha idea así mesmo insustentable é aquela da propiedade hereditaria sobre un territorio habitado por todo

un pobo; e, de igual xeito, a idea dunha autoridade patriarcal, tomada das condicións de vida das tribus

primitivas sometidas ós seus xefes, non é máis ca unha imaxe poética. A autoridade, en definitiva finita, e que

non confire outro título có propio, non pode constituí-lo fundamento da relación xurídica. Non queda, poís, máis

co contrato -expreso ou tácito- ou sexa, contrato social estatal.”

(VON R OTTE CK, K. en KÜH NL Reinha rd: Liberalismo e fascismo, Barcelona, 1978. Pax. 42)

Z. 14. As revolucións de 1820. O pronunciamento de Riego en España.

“España está vivindo á mercé dun poder arbitrario e absoluto, exercido sen o menor respecto ás leis

fundamentais da nación. O rei, que debe o seu trono a cantos loitaron na guerra da Independencia, non xurou,

sen embargo, a Constitución, pacto entre o monarca e o seu pobo, alicerce e encarnación de toda nación

moderna. A Constitución española, xusta e liberal, foi elaborada en Cádiz entre sangue e sufrimento. Pero o

rei non a xurou e cómpre para que España se salve, que o rei xure e respecte esa constitución de 1812,

afirmación lexítima e civil dos dereitos e deberes dos españois, de todos os españois, desde o rei ao último

labrador... Si, si, soldados, a Constitución. ¡Viva a Constitución!”

(RIEGO , Rafaél: Proclama. 1-I-1820)

Z. 15. As revolucións de 1820. A independenc ia de Grecia.

“Nós, descendentes dos sabios e nobles pobos da Hélade, nós que somos os contemporáneos das

esclarecidas e civilizadas nacións de Europa, nós que contemplamos as vantaxes de que gozan protexidas polo

impenetrable escudo da lei, non encontramos xa posib le sufrir sin cobardía e autodesprezo o xugo cruel do

poder otomano que nos ten sometido por máis de catro séculos; un poder que non escoita razóns e non coñece

outra lei que a súa propia vontade, que o ordena e dispón todo despóticamente e de acordo co seu capricho.

Despois desta prolongada escravitude, decidimos recurrir ás armas para devengarnos e vengar a nosa patria

contra unha terrib le tiranía, cuxa esencia mesma é inicua, un despotismo sin paralelo co que ningún outro pode

compararse.

A guerra contra os turcos na que nos achamos empeñados non é a de unha facción ou o resultado dunha

sedición. Non está destinada aobtención de vantaxes para unha parte aillada do pobo grego; é unha guerra

nacional, unha guerra sagrada, unha guerra cuxo obxecto é reconquistar os dereitos da liberdade individual,

da propiedade e da honrra; dereitos que os pobos civilizados de Europa, nosos viciños, gozan hoxe; dereitos dos

que nos priva a tiranía cruel e inaudita dos otomanos.

... A natureza gravou profundamente estes dereitos nos corazóns de todos os homes; as leis, en

armonía coa natureza, consagráranos tan acabadamente que nin tres nin catro séculos -nin miles de millóns de

séculos- puideron destruílos. A forza e a violencia conseguiron restrinxilos e paralizalos por unha temporada,

pero a forza pode resucitalos e devolverlles o vigor do que gozaron antes durante moitos séculos...

Construíndo sobre os cementos dos nosos dereitos naturais e desexando asimilarnos ó resto dos

cristianos de Europa, nosos irmáns, temos comenzado unha guerra contra os turcos...

Dez meses transcurriron desde que comenzamos esta guerra nacional. Deus todo poderoso

socorréunos. Aínda que non estamos preparados para unha tan grande empresa, as nosas armas conseguen a

victoria por todas partes... Tivemos que loitar nunha situación plagada de dificultades e estamos aínda

empeñados no esforzo de superalas. Non debe polo tanto sorprender que non puideramos proclamar dende o

principio a independencia e ubicarnos entre os pobos covilizados do mundo para marchar cara adiante xunto con

eles... Confiamos en que estas razóns poderá xustificar ante os ollos das nacións a nosa demora, como tamén

consolarnos da anarquía na que nos temos atopado mergullados...”

(Proclamación da independencia na Asemblea Nacional Grega reunida en Epidauro o 27 de xaneiro de 1825, en: KOHN , H.: El

nacion alism o. Su sig nificad o y su his toria . Ed. Paidós, Bos Aires, 1966, paxs. 159-161)

Z. 16. As revolucións de 1830. Aspectos sociais.

Page 21: ColeccióN 4

61

Ataque ó Hot el de Ville en París en 1830, en: w w w .a r te h is t or ia . co m .

“O Sr. Grandet está, igual ca min, á cabeza da banca e, desde xullo, a banca está á cabeza do Estado.

A burguesía substituíu o suburbio de Saint-Germain e a banca é a nobreza da clase burguesa. As circunstancias

chaman á alta banca a recupera-lo poder... Acúsase ós banqueiros de ser feroces... Eu sei mellor ca ninguén que

estas palabras non son razóns e o rei (Luís Filipe de Orleáns) non ama outra cousa que o diñeiro. Hai neces idade

de moitos soldados para conter ós obreiros e ós repúblicanos. O goberno ten grande interese en favorece-la

bolsa. Un ministerio non pode desface-la bolsa, pero esta pode desface-lo ministerio.

O diñeiro é o nervio non só da guerra senón tamén da paz armada da que gozamos desde xullo. O outro

é o exercito, indispensable (na loita) contra os obreiros...”

(STHE NDA L: Lucien Leuwen.. Alianza editorial. Col. El libro de bolsillo, Madrid, 1967)

Z. 17. As revolucións de 1830. O réxime da “Carta Outorgada” en Francia.

“A Divina Providencia, volvéndonos chamar ós Nosos Estados despois dunha longa ausencia, impúxonos

grnades obrigacións. A primeira necesidade dos nosos subditos é a paz; estámonos ocupando dela sen descanso;

e esta paz, tan necesaria para Francia como para o resto de Europa, está asinada.

O Estado actual do reino pedía unha Carta Constitucional, prometerámola e publicámola. Consideramos

que, aínda que en Francia a autoridade resida completamente na persoa do Rei, os nosos predecesores non

vacilarían en modifica-lo seu exercicio conforme á evolución dos tempos... Tomando exemplo dos reis que nos

antecederon, puidemos aprecia-los efectos do sempre crecente progreso da ilustración, as novas relacións que

estes progresos introduciron na sociedade, a dirección imprimida ós espiritos desde hai medio século e as

graves alteracións que todo iso orixinou; xa recoñecemos que o voto dos nosos subditos dunha Carta

Constitucional era expresión dun desexo real, pero, ó cedermos a este voto, tomamos tódalas precauc ións para

que esta carta fose digna de nós e do pobo que con tanto orgullo mandamos.

Ó mesmo tempo que recoñecemos que unha Constitución libre e monárquica debe enche-la esperanza

da Europa ilustrada, cumpríu lembrarmonos de que o noso primeiro deber cara ós nosos pobos era o de

conservar, para o seu propio interés, os dereitos e as prerrogativas da nosa coroa. Esperamos que, instruídos

pola experiencia, se convencerán de que soamente a autoridade suprema pode dar ás institucións que estableza,

a forza, a permanencia e a maxestade das que ela mesma está revestida; que, mentras que a prudencia dos reis

estea de acordo co voto dos pobos, unha Carta Constitucional pode ter unha longa vida, pero que cando a

violencia arrinca concesións á debilidade do Goberno, a liberdade pública corre tanto perigo coma o mesmo

Trono.”

(Carta Outorgada de Luís XVII I de Franc ia en 1814, en: VO UILLIA RD, O. e out ros: Documents d`Histoire contemporaine. Tomo

I (1776-1850). Ed. Armand Colins. París 1976. Paxs. 145-147)

Z. 18. As revolucións de 1830. A insurrección en Francia.

Page 22: ColeccióN 4

62

Repr esión da revo lución en Polonia po r Nicolás. En : www.artehistoria.com

Z. 19. As revolucións de 1830. A derrogación da Carta Outorgada en Francia.

“Carlos X, rei de Francia. Nós ordenámo-lo que segue:

Artigo 1º: A liberdade da prensa períodica queda suspendida.

Artigo 4º: Os períodicos e escritos publicados transgredindo o artigo 2º serán inmediatamente

secuestrados.

Artigo 5º: Ningún escrito por debaixo de vinte follas de impresión poderá aparecer sen a autorización

do noso ministro Secretario de Estado do Interior en París e dos prefectos dos departamentos”.

“Carlos, etc. A tódolos presentes, ssaúde.

Visto o artigo 50 da Carta Constitucional.

Sabedor das alteracións producidas en varios puntos do noso reino, para enganar e perturba-los

electores durante as últimas eleccións nos Colexios electorais...

Nós, ordenamos:

Artigo 1º: A Cámara de Deputados dos departamentos queda disolta.”

(Ordenanzas de xul lo de 1830 promulgadas por Calos X, en: GONZÁLEZ SALCEDO e RAMÍR EZ AL EDÓ N: Historia del Mundo

Contemporáneo a través de sus documentos. Ed. Teide, Barcelona, 1985, pax. 85)

Z. 20. As revolucións de 1830. A represión da revolución en Polonia.

Z. 21. As revolucións de 1830. O triunfo revolucionario en Bélxica.

“A noite do 25 de agosto de 1830 representábase no teatro da Monnaie A muda de Porci, ópera aquí

prohibida (evocaba a revolta dos pescadores italianos contra o ocupante español)... O conde e mais eu

atopabámonos alí. A obra foi vivamente aplaudida. O entusiasmo chegou a tal punto que a menor chispa podía

provoca-lo incendio. E isto foi o que sucedeu á saída do teatro. Algúns xendarmes disfrazados foran postos nas

portas. Foron recoñecidos, golpeados e perseguidos pola multitude ata a rúa Fossé-Aux-Loupa, onde se imprimía

o xornal Libri-Banano, diario vendido ó rei Guillerme... As pedras crebaban os vidros... ¡A revolución comezaba!”

(Tenente Xeneral PLETINCKI)

Z. 22. As revolucións de 1830. Fracaso en Italia.

“Tampouco tiveron (os movementos revolucionarios), na súa orixe, carácter nacionalista as

insurreccións dos Estados Italianos. Foron dirixidas contra o absolutismo dos gobernantes e tiveron os

seusprincipais episodios nos Estados Pontificios e nos ducados de Parma, Módena e Toscana. Coma no caso de

Page 23: ColeccióN 4

63

A expansión dos movementos revolucionarios de 1830. FONTE:

www.portalplanetasedna.com.ar

Polonia, as únicas esperanzas dos insurxentes estaban nunha intervención da Francia “revolucionaria” ó seu

favor que tampouco aquí se producíu. Si houbo, en cambio, intervención de Austria pero en contra dos

sublevados e a favor do Papa e dos príncipes austríacos que gobernaban os Ducados.

Foi, precisamente, esta intromisión austríaca a que avivou o sentimento nacionalista. Pero dos sete

Estados italianos, só dous, Nápoles e o Piamonte estaban en condicións de levantar un exercito contra Austria

e aínda que ambolos dous estaban máis que interesados en liberarse dos austríacos, demostraron ter máis medo

ós liberais que a eles.”

(CORT ÉS SA LINAS , C.: Restaur ación e prim eiras oleadas r evolucionarias (181 5-1830). Ed. Aka l. Col. Akal Historia do Mundo

Contemporáneo, nº 4. Madrid, 1984. Pax.50)

Z. 23. As revolucións de 1830. Expansión por Europa.

Z. 24. As causas da revolución de 1848. A crise económica.

Fonte: GAR CÍA ALMI ÑAN A, E. e outros: Historia do Mundo

Contemporáneo. Ed. ECIR. Valencia, 2002. Pax. 95

Page 24: ColeccióN 4

64

Z. 25. As causas da revolución de 1848. Crise social: paro e descontento.

“A crise financeira chegou a ser máis terrib le que nunca. Onte, o tribunal de comeercio rexistrara

corenta e nove crevas desde o primeiro de agosto... As consecuencias de semellante estado de cousas pesan

directamente sobre o traballador. En tódolos lugares pechan os talleres, decláranse en folga os obreiros, e

establécese a loita entre o capital e o salario. O pan é escaso, o salario insuficiente..., falta o crédito, o patrón

vese forzado a facer que recaia sobre o obreiro a reducción do salario ante a impos ibilidade de subilo. A cidade

de París está consternada, os departamentos non son máis felices; os capitais desertaron do traballo...

Obreiros e burgueses son igualmente víctimas deste furor especulativo, o cal subministra novos

descontentos, e a guerra social provocada pola nosa detestable lexislación exténdese e desenvólvese...”

( LA REFORME. Artigo publicado o 11 de agosto de 1847)

Z. 26. As causas da revolución de 1848. Crise política.

“Frustradas as esperanzas de maior participación política suscitadas coa monarquía xurdida en 1830,

os liberais franceses influídos polo individualismo de Benxamín Constant (popular en Suíza e Alemaña), o

catolicismo liberal de Lamennais (extendido sobre todo por Bélxica, Renania e Baviera) e o republicanismo

mesiánico que impelía a Francia a cumplir o deber de difundir e apoiar a liberdade e o nacionalismo en toda

Europa, levan as súas doutrinas, sobre todo os republicanos arredor de Le National (periódico que propugnaba

unha república liberal) a esixir o sufraxio universal fronte ó sufraxio censatario, e un goberno responsable ante

o Parlamento. Ademáis, o programa incluía a liberdade absoluta de prensa e asociación, a educación primaria

obrigatoria e un imposto sobre a renda.

Os socialdemócratas que escribiron en La Reforme (periódico partidario da república social),

propuxeron tamen reformas sociais como a organización dos obreiros, a creación de cooperativas e asociacións

de productores, e a nacionalización das principais industrias, incluíndo os seguros e os ferrocarriles.

Os liberais europeos nun programa máis s inxelo, querían a garantía da liberdade individual, a reforma

do procedemento legal, a introducción do xurado, a liberdade de prensa, as Asembleas representativas, unha

Garda Nacional, a abolición do Estado Confesional e do réxime policial. Postulados que ían contra a actuación

do absolutismo nos distintos países como os Estados Alemáns, a Austria de Metternich ou Italia, onde o Antigo

Réxime, apoiado na censura e a policía segreda, controlaba ós cidadáns que estaban en permanente

inseguridade.

Fronte á reacción conservadora, os elementos liberais tomaron conciencia da súa solidariedade. París

converteuse na capital do liberalismo europeo, e o idioma francés serviu para transportar as ideas liberais ata

os Balcans.

Organizacións políticas como a Liga dos Poscritos, que se formara en 1834, a Xoven Italia de Mazzini,

en 1844, os Annales Franco Alemáns, etc., permiten falar de que se non houbo en 1848 unha Conspiración

internacional, si se deu unha comunidade de causas, un cosmopolitismo revolucionario e unha profunda

solidariedade entre todos os liberais.”

(JUARRANZ DE LA FUEN TE, J. M.: Las Revoluciones de 1848. Ed. Akal. Col. Akal Historia del Mundo Contemporáneo, nº 5.

Madrid, 1984. Paxs. 17 e 18)

Z. 26. As causas da revolución de 1848. Unha crise económica de “novo tipo”.

“En 1847 e en 1789 prodúcense fenómenos ideénticos. As estructuras e as coxunturas económicas son

asombrossamente parecidas.

Ademáis, no mercado téxtil, aparecen as repercusións que nos son xa coñecidas. No momento en que

o custo da vida aumenta, a producción téxtil fúndese: o beneficio téxtil desaparece e, como veremos máis

adiante, o mesmo ocurre cos salarios.

Renace, pois, a crise de antigo tipo. A revolución de 1848 estala no cruce da crise de tipo antigo e de

tipo novo. Á crise da econmía trigueira e téxtil se lle engade, como xa temos dito, a crise da metalurxia. Por

primeira vez a economía francesa coñece unha dura crise metalúrxica. Poden lembrarse algunhas datas ben

coñecidas: en 1841 promulgase a gran lei de expropiacións indispensables para a construcción da rede

ferroviaria e, en 1842, acordase o estatuto, a carta a dita rede.

Page 25: ColeccióN 4

65

Establécese un plan de construccións baixo a ilusión da prosperidade, case no momento en que

remataban, en 1846, os tempos fáciles. Nadie pensaba na crise próxima. O plan establecía a rápida construcción

do ferrocarril gracias a aportación de capitais privados e de créditos do Estado. A era do ferro, a economía

do ferro e do aceiro, comenzaba.

A metalurxia moderna, co emprego do coque, acadar xa un rápido crecemento. Pero ó estalar a crise

as dispoñibilidades desaparecen, os créditos non teñen lugar e o plan ten que ser suspendido. Renúnciase a case

cincocentos millóns de xornadas de traballo, ó prezo de dous francos por xornada, como consecuencia de

terense aprazado as obras públicas. Esto provoca o afundimento da industria metalúrxica e da mineira. Entre

1847 e principios de 1848 a producción da metalurxia, expresada en valor, diminúe nun tercio. Moi pronto

disminúe á metade. A producción mineira disminúe un 20 por 100. E máis que a producción en valor disminúe

o volume de negocios ó non poder venderse toda a producción. Por último, o beneficio baixa máis que o volume

de negocios, xa que certos elementos do custo de producción seguen a ser os mesmos: alugueres, impostos,

e os enormes intereses dos capitais investidos.

No que se refire ó salario, exercen unha violenta presión sobre él as mesmas causas que xa temos

analizado. Na gran industria, por exemplo, na industria téxtil, a disminución do salario é de arredor do 30 por

100. Engadamos o paro como consecuencia do gran descenso da producción e a disminución do poder de compra

motivado pola alza do prezo dos gráns entre un 100 e un 150 por 100.

A crise social acada o seu apoxeo en 1847...”

(LABR OUSS E, Ernest ,: Fluctuaciones económicas e historia social. Ed. Tecnos. Madrid, 1973. Paxs. 468-469)

Z. 27. O desenvolvemento da Revolucion de 1848 en Francia.

“Tódolos elementos que prepararan ou realizaran a revolución, a oposición dinámica, a burguesía

republicana, a pequena burguesía democrático-republicana, o proletariado social-demócrata, atoparon

provisionalmente o seu posto no goberno de febreiro.

Non podía ser doutro xeito. As xornadas de febreiro non se propoñían mais ca unha reforma electoral

para ensancha-lo círculo dos privilexiados políticos dentro da mesma crase posuidora e derruba-la dominación

exclusiva da aristocracia financeira. Pero cando estalou o verdadeiro conflicto, e resultou que o pobo subíu ás

barricadas, que a Garda Nacional se mantivo en actitude pasiva, que o exercito non puxo unha resistencia seria

e que a realeza fuxiu, a República parecía impoñerse por si mesma. Cada partido interpretábaa á súa maneira.

Como fora conquistada polo proletariado coas armas na man, este último imprimiulle o seu selo, e proclamouna

república social. Principiaba con isto o contido xeral da moderna revolución, contido que se contradicía do xeito

máis peregrino con todo aquilo que, de momento,podía poñerse en práctica directamente, na situación e nas

condicións dadas, cos materiais existentes e co grao de desenvolvemento acadado pola masa. Por outra banda,

as pretensións dos demáis elementos que participaran na revolución de febreiro foron recoñecidos na parte

leonina que obtiveron no Goberno...

Mentres que o proletariado de París se deleitaba aínda na visión da grande perspectiva que se abría

diante del e se entregaba seriamente á discusión sobre os problemas sociais, as vellas forzas da sociedade

agrupáranse, reuníranse, volveran en si e atoparan un apoio inesperado na masa da nación: nos campesiños e nos

pequenos burgueses, que se precipitaron todos de sócato na escena política, despois de caren as barreiras da

monarqía de xullo.”

(MARX, C.: El 18 brumario de Luís Bonaparte, 1852. En: “Obras Escogidas” de C. Marx e F. Engels, Moscú, 1973. Tomo I. Paxs.

413-414)

Z. 28. Algunhas conquistas da revolución de 1848.

“NO NOME DO POBO FRANCÉS,

Segundo o informe da Comisión do Goberno para os traballadores,

Considerando:

1º Que un traballo demasiado prolongado arruina a saúde do traballador, e, ó impedirlle cultiva-la súa

intelixencia, atenta contra a dignidade humana;

2º Que a explotación dos obreiros polos subcontratistas é esencialmente inxusta.

Page 26: ColeccióN 4

66

As revolucións de 1848 en Europa. FONT E: Historia do Mundo Contemporáneo. Ed. Rodeira-edebé. A

Coruña, 2002. Pax. 66.

O goberno provisional da República decreta:

1º A xornada de traballo diminúe nunha hora. En consecuencia, en París , onde era de 11 horas, queda

reducida a 10; nas provincias,onde era de 12 horas, queda reducida a 11;

2º A subcontratación é abolida.”

(Traducción de: CISN EROS FRAIL E, F. e outros: Historia del Mundo contemp oráneo. Introducción al trabajo universitario. Ed.

ECIR. Valencia, 1986. Pax. 164)

Z. 29. Os escenarios revolucionarios europeos en 1848.

A independencia das colonias latinoamericanas e Filipinas. O fin do imperio español.

Z. 30. Aspectos xerais da independencia.

“É de salientar que o rumbo que tomou a independencia nma América española percorreu en riguroso

sentido inverso o itinerario da conquista do século XVI. As rexións conqu istadas en derradeiro lugar foron as

primeiras en alzarse e en axudar a outraas a da-lo salto, converxendo en Perú como reflexo en negativo do

movemento do s. XVI, no que dita rexión foi a base cara cúio exterior comenzou todo. O paralelismo é tan

exacto que as primeiras rexións conquistadas polos españois, as principais illas caribeñas, foron as derradeiras

en perderse, tendo que esperara a finais do século XIX para ve-la súa independencia. Naturalmente, a

proximidade das illas a España e o simple feito do seu carácter isleño puideron ser cruciais para o seu

prolongado estatuto colonial. A evidente inversión do itinerario mencionada viuse acompañada dunha estreita

correspondencia coa tipoloxía rexional das Indias. O movemento revolucionario extendeuse dende unha ampla

franxa de rexións periféricas a outras de trnasición e, finalmente, ás antigas rexións centrais; en términos de

poboación indíxena, dende as terras de pobos non sedentarios ás de semisedentarios, para acabar nas de pobos

enteiramente sedentarios. Examinado doutro xeito, máis complementario que contradictorio, o impulso foi das

rexións da costa oriental, cunhas economías en vertixinoso crecemento, a rexións de crecemento moderado

e situacións menos ventaxosas, para rematar nas rexións ailladas dos novos centros de desenvolvemento e, polo

Page 27: ColeccióN 4

67

tanto, en declive ou a punto de estalo.”

(LOCKHART, J. e SC HW ART Z, S. B .: Am érica latina en la E dad M odern a. Una histor ia de la A mér ica esp añola y el Bra sil

coloniales. Ed. Akal, Col Akal Universitaria, série historia moderna, nº159. Madrid, 1992. Paxs. 385 e 386)

Z. 31. A independencia de Venezuela. Proclama da Xunta de Caracas o 20 de abril de 1810.

“A nación española, despois de dous anos dunha guerra sangrenta e arrebatada para defender a súa

liberdade e independencia, está próxima a caer en Europa baixo o xugo tiránico dos seus conquistadores... A

Xunta Central Gubernativa do Reino que reunía o voto da nación baixo a sú autoridade suprema, foi disolta e

dispersa na quela turbulencia e precipitación, e destruíuse finalmente nesta catástrofe aquela soberanía

constituída legalmente para a conservación xeral do Estado. Neste conflicto, os habitantes de Cádiz

organizaron un novo sistema de goberno, co título de Rexencia, que non pode ter outro obxecto senón o da

defenssa momentánea dos poucos españois que lograron escaparse do xugo do vencedor para proveer a súa

futura seguridade, nin reune en sí o voto xeral da nación, nin menos o destes habitantes, que teñen o lexítimo

e indispensable dereito de velar sobre a súa conservación e seguranza como partes integrantes que son da

monarquía española. ¿Poderíades acadar tan importante obxecto coa dependencia dun poder ilegal, fluctuante

e axitado? ¿Sería prudente que desprecíasedes o tempo precioso correndo detrás de vanas e lisonxeiras

esperanzas en vez de anticiparvos a constituír a unión e forza que soamente pode asegurar a vosa existencia

política e libertade ó noso amado Fernándo VII do seu triste cautiverio? ¿Perpetuarase así nestes fermosos

países a augusta e santa relixión que temos recibido dos nosos maiores?... Non, amados compatriotas. Xa o pobo

de Caracas coñeceu ben a necesidade que temos de axitar a nosa causa con vigor e enerxía, se queremos

conservar tantos e tan amados intereses. Con este obxecto, instruídos do mal estado da guerra en España polos

derradeiros buques españois chegados ás nosas costas, del iberou constituír unha soberanía constitucional

nesta capital para ela e os demáis pobos desta provincia que se lle unan coa súa acostumbrada fidelidade ó

señor don Fernando VII.”

(DÍAZ -PLAJA, Fer nando: Histo ria de E spañ a en su s docu men tos. S iglo XI X. Ed. Catedra. Madrid, 1983. Paxs. 81 e 82)

Z. 32. En Tucumán proclámase a independencia da Arxentina.

“Nós, os representantes das Provincias Unidas de Sud América, reunidos en congreso xeral invocando

ó Eterno que preside o universo, no nome e pola autoridade dos pobos que representamos, protestando ó ceo,

ás nacións e homes todos do globo, a xustiza que regula os nosos votos, declaramos solemnemente á faz da

terra, que é vontade unánime e indubitable destas provincias rompe-los violentos vínculos que as ligaban ós reis

de España, recuperá-los dereitos, de que foron despoxadas, e investirse do alto caráter de nación ibre e

independente do rei Fernando 7, os seus sucesores e metrópole. Quedar, en consecuencia, de feito e de

dereito con amplo e pleno poder para darse as formas, que esixa a xustiza, e impere o cúmulo das súas actuales

circunstancias. Todas, e cada unha delas, así o publican, declaran e ratifican, comprometéndose polo noso

medio, ó cumplimento e sostén desta a súa vontade, baixo o seguro e garantía das súas vidas, haberes e fama.

Comuníquese a quen corresponda para a súa publicación, e en obsequio do respecto que se debe ás nacións,

detállense nun manifesto os gravísimos fundamentos impulsivos desta solemne declaración.”

(DÍAZ -PLAJA, Fer nando: Historia de España en sus documentos. Sig lo XIX. Ed. Catedra. Madrid, 1983. Paxs. 122 e 123)

Z. 33. A independencia de Cuba. A derrota de Santiago de Cuba.

“Cablegrama do almirante Cervera transmitido polo xeneral en xefe da Habana:

Almirante Cervera me transmite por telégrafo dende a práia do Este e con esta data o seguinte: Saín

onte pola mañán con toda a escuadra e despois dun combate desigual e contra forzas máis que triples das miñas,

toda a miña escuadra quedou destruída, incendiada e embarrancados Teresa, Oquendo e Vizcaia que voaron,

e o Colón según informe dos americanos, embarrancado e rendido e os cazatorpedeiros a pique; ignoro aínda

as perdas de xente pero seguramente suben de seiscentos mortos; a xente toda raiando a unha altura que

mereceu os lácemes máis entusiastas dos inimigos; ó comandante do Vizcaia deixaronlle a súa espada; estou

moi agradecido á xenerosidade e fidalgúia con que nos tratan; entre os mortos está Villamil e creo que Lazaga

e entre os feridos Concas e Eulate. Perdemos todo. Cervera.”

Page 28: ColeccióN 4

68

Independencia dos Estados latinoamericanos. FONTE: Historia do Mundo

Contemporáneo. Ed. Rodeira-Ed ebé. A coruña. 2002.

(DÍAZ -PLAJA, Fer nando: Historia de España en sus documentos. Sig lo XIX. Ed. Catedra. Madrid, 1983. Pax. 475)

Z. 34. Desastre en Filipinas. A derrota de Cavite.

“Do parte oficial do almirante Dewey:

... Ás sete da mañán o buque almirante Raiña Cristina fixo un esforzo desesperado para saír da liña e

combater a curta distancia pero foi recibido con tan tremendo fogo... que a duras penas si puido volver

abrigarse na Punta. Entón estalaron dous incendios en dito buque que non puideron ser apagados ata que se foi

a pique.”

(DÍAZ -PLAJA, Fer nando: Historia de España en sus documentos. Sig lo XIX. Ed. Catedra. Madrid, 1983. Pax. 470)

Z. 35. A xeografía da independencia de América latina.

Page 29: ColeccióN 4

69

Os movementos nacional istas. A aparición de novos estados e conciencias nacionais.

Z. 36. Os fundamentos teóricos do nacionalismo. Nación, nacionalidade, nacionalismo, Estado, territorio.

“Simplificando en extremo, a nacionalidade constituiríase sobre uns trazos singulares, uns factores

obxectivos de tipo económico, social e cultural. Se esa personalidade é percibida e asumida cunha vontade

activa por mantela e desenvolvela, estaremos ante un feito nacional. Trátase, polo tanto, dun fenómeno primario

e moi enraizado na comunidade.

A nación supón un estadio máis avanzado, no que o desenvolvemento da conciencia colectiva chega a

presentar unha série de reivindicacións para conseguir o poder político. O nacionalismo, finalmente, sería o

movemento que pretende activar e realizar a conciencia nacional nos distintos planos que a integran...

Os Estados coinciden coas nacións no caso dos chamados Estados nacionais (Italia, Portugal,

Venezuela, Bolivia, Xapón...); pero hai ocasións nas que unha nación vive dividida en dous Estados -Alemaña (no

seu momento), Corea, Vietnam (no seu momento) ou abrangue un conxunto nacional máis amplo -España con

respecto a Cataluña-, e, incluso pode darse a circunstancia de que exista un Estado que non acolla no seu

territorio a unha nación definida e cristalizada: Laos, por poñer un exemplo, xurdíu como Estado tra-la guerra

de Indochina (1954) por acordo dos participantes nas conversas que puxeron fin ó conflicto, pero entó os

laosianos non constituían aínda unha nación total e claramente configurada.

Un requisito básico para a existencia dun Estado é a dimensión espacial, é dicir, o soporte material

dun territorio delimitado por unhas fronteiras dentro das cales se extende a soberanía estatal. Os polacos

viron o seu solo repartido ata 1918 entre Rusia, Alemaña e o Imperio Austro-Húngaro: non constituían, por tanto

un Estado, pero en calquer caso resultaba incuestionable a súa realidade nacional.

En suma, a síntese da nación e o estado da lugar ós xa citados Estados nacionais, nos cales veñen

coincidir a realidade histórico-social da nación e os límites da soberanía do Estado.

(Reelaborado de: GUTIÉ RREZ CONT RERA S, F.: Nación, naciona lidade, naciona lismo. Ed. Salvat, col. Temas clave. Aula Abierta

Salvat, nº 8 . Barcelona, 198 0. Paxs. 5, 6 e 7)

Z. 37. O nacionalismo conservador procedente do romanticismo. As ideas de Fichte.

“En primeiro lugar, non ten dúbida que os límites primeiros, orixinarios e verdadeiramente naturais do

Estado son os seus límites internos. Tódolos que falan un mesmo idioma..., atópanse unidos entre si desde o

principio por un cúmulo de lazos invisibles, porque poden comprenderse uns a outros e comprenderanse cada

vez con maior claridade formando, naturalmente, un todo homoxéneo. Sendo así, élle imposible ó Estado aceptar

de ningún outro pobo calquera noción de avoengo e de idioma diferente sen perxudicarse a si mesmo e

perxudica-la súa propia formación. Deses lím ites internos, constituídos polas propias forzas da natureza

espiritual humana, orxínanse os limites ou fronteiras materiais, de modo que os homes non forman unha nación

porque vivan neste ou o outro lado dunha cadea de montañas ou dun río senón porque viven xuntos porque

primitivamente formaban xa un pobo.

Así, a nación alemana, gracias a posuír un idioma e unha maneira de pensar comúns, atopábase

suficientemente unida e distinguida con claridade dos demáis pobos na vella Europa.”

(FICHT E, J. G.: Discursos á nación alemana. 1807)

Z. 38. O nacionalismo conservador procedente do romanticismo. As ideas de Herder.

“Posto que o home nace dunha raza e dentro dela a súa cultura, educación e mentalidade teñen carácter

xenético. De ahí eses caracteres nacionais tan peculiares e tan profundamente impresos nos pobos máis antigos

que se perfilan tan inquívocamente en toda a súa actuación sobre a terra. Así como a fonte se enriquece cos

compoñentes, forzas activas e ssabor propios do solo de onde brotou, así tamén o carácter dos pobos antigos

se orixinou dos rasgos raciais, a relixión que habitaban, o sistema de vida adoptado e a educación, como tamén

das ocupacións preferidas e as fazañas da súa temperana historia que lle eran propias. Os costumes dos

maiores penetraban profundamente e servían ó pobo de sublime modelo.”

(HERD ER, J. G.: Ideas p ara una filosofía de la Historia de la Humanidad (1748-91). En: AR TOLA, M.: Textos fundamentales

para la hist oria,. Ed. Revista de Occidente. Madrid, 1968. Pax. 555)

Page 30: ColeccióN 4

70

Z. 39. O nacionalismo conservador procedente do romanticismo. As ideas de Müller.

“Un pobo é a comunidade sublime de toda unha longa série de xeneracións pasadas, en vida e vindeiras,

unidas todas de por vida e morte nun só vínculo íntimo e grandioso.

¡Que fermosa e inmortal comunidade non se fai patente ós ollos e ós sentimentos en xeral no idioma

común, nos costumes e leis comúns, en mil institucións benditas, en moitas familias de alcurnia...; por último,

nunha familia inmortal colocada no centro do Estado, a familia reinante...!”

(MÜLLER, A.: Elementos de política. 1809 . En: GU TIÉ RRE Z CO NTR ERA S, F.: Nación, nacionalidad, nacionalismo. Ed. Salv at. Col.

Temas Clave. Aula Abierta Salvat, nº 8. Barcelona, 1980. Pax. 17)

Z. 40. O nacionalismo progresista procedente do liberalismo da Revolución Francesa. As ideas de Mazzini.

“Somos un pobo de 21 ou 22 millóns de homes, coñecidos desde tempos inmemoriais cun mesmo nome

-o de pobo italiano- encerrados nos límites naturais máis precisos que Deus trazase nunca, o mar e as montañas

máis altas de Europa, que falan a mesma língua modificada por dialectos menos distintos entre si có escocés

e o inglés, coas mesmas crenzas, os mesmos costumes, as mesmas tradicións, con diferencias menores cas que

separan as poboacións vascas das bretonas en Francia, o país máis unitario do mundo; orgullosos do paasado

político, científico, artístico máis glorioso de toda a historia europea...

Non temos bandeira, non temos nome político nin posto entre as nacións europeas. Estamos dividos

en oito estados..., cada un independente dos demáis, sen alianzas, sen obxectivos comúns, sen enlaces entre

eles. Oito liñas alfandegueiras limitan os nosos mercados e impídennos crear grandes industrias, e grandes

actividades comerciais... Todos estes estados, así divididos, están dirixidos por gobernos despóticos... Alí non

existe liberdade de prensa, nin de asociación, nin de palabra, nin de ensino.”

(VILLAR ES PA Z, R.: Histo ria do m undo c ontem porá neo. Te xtos e scollido s. Ed. Galaxia/ed. SM. Vigo, 1986. Pax. 75)

Z. 41. O nacionalismo progresista procedente do liberalismo da Revolución Francesa. As ideas de E. Renan.

“Unha nación é un alma, un principio espiritual. Dúas cousas que, a dicir verdade, non son máis que unha,

constitúen esta alma, este principio espiritual. Unha está no pasado, a outra no presente. Unha é a posesión

en común dun rico legado de recordos; e a outra é o consentimento actual, o desexo de vivir xuntos, a vontade

de continuar facendo valer a herdanza que se recibiu sen dividir. O home, señores, non se improvisa. A nación,

como o individuo, é a consecuencia dun pasado prolongado de esforzos, de sacrificios, de desvelos...

Unha nación é polo tanto unha gran solidariedade constituída polo sentimento dos sacrificios que se

fixeron no pasado e os sacrificios que aínda se está disposto a facer. Supón un pasado; resúmese, non obstante,

no presente por un feito tanxible: o consentimento, o desexo claramente expresado de continuar a vida en

común. A existencia dunha nación é (perdóenme a metáfora) un plebiscito de todos os días, da mesma maneira

que a existencia do individuo é unha perfecta afirmación da vida. Oh, xa sei, isto é menos metafísico co dereito

divino, menos brutal co suposto dereito pretendidamente histórico. Na orde das ideas que eu expoño, unha

nación non ten máis dereito ca un rei a dicirlle a unha provincia: “pertencesme e, xa que logo, cóllote”. Unha

provincia, para nós, son os seus habitantes; se alguén ten dereito a ser consultado neste tema, é o habitante.

Unha nación xamaís ten un verdadeiro interese en anexionarse ou reter un país en contra da súa vontade. O

voto das nacións é, en definitiva, o único criterio lexítimo ó que coma sempre é necesario volver.”

(RENAN, E.: Conferencia pronunciada en 1882. En: LÓPEZ FACAL e DÍAZ OTERO: Historia do Mundo Contemporáneo. Mate riais

curriculares. Ed. Xunta de galicia. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 53)

Z. 42. O nacionalismo progresista procedente do liberalismo da Revolución Francesa. As ideas de O’Connell.

“No segundo tercio do século (s. XIX) producíuse en Europa unha verdadeira eclosión de nacionalismos.

O caso de Irlanda ofrece unha vertente relixiosa -enfrontamento de católicos e anglicanos-, e outra social e

económica: oposición entre campesiños pobres irlandeses e terratenentes ingleses. A metrópole quixo

solucionar o problema coa concesión do voto e medidas de reforma agraria, pero os irlandeses dirixidos polo

movemento Xoven Irlanda de O’Connell (1775-1847), ían máis alá, en pos dunha independencia total, que lles

facía evocar o pasado celta da illa ou a fase inicial do Medievo, tempo no que se producíu unha labor de difusión

cultural moi notable.”

(GUTIÉRREZ CON TRE RAS , F.: Nació n, nacio nalidad e, nacio nalism o. Ed. Salvat. Col. Temas clave. Aula Abierta Salvat, nº 8.

Page 31: ColeccióN 4

71

Barcelona , 1980. Pax.24)

As primeiras manifestacións do galeguismo. Provincialismo, federalismo e rexionalismo.

Z. 43. O provincialismo. Sentimento de Galicia.

“Fondas e profundas matinacións embargan o pensamento e a imaxinación do que alampado por un

relumbre de virtude que loce na súa alma, mira a Galicia como á súa nai e como á súa patria. O que erguéndose

en alas do pensamento aos séculos, mide o espacio que percorreu este pobo, onde o sol se durme molmente nos

brazos do Océano como cantaba a lira do Tiber, raiolante de gozo contempla un pasado heroico, arrodeado de

combates e de batallas, engrandecido con arrinques de patriotismo e de virtude; un pasado de cultura e de

nacionalidade, no que as grandes palabras de patria e independencia se asociaban ó nome galego. Mais, triste,

moi triste, abátese o ánimo observando un presente de desgracias que enloita a alma e que fai caer melancolía

pinga a pinga sobre a frente, porque en valuto se amorearon acontecimentos sobre acontecimentos e o xenio

e a filosofía, despois dunha loita de séculos triunfaron do pasado, e eergueron das súas ruinas un presente cheo

de xuventude e de libertade. As ideas do século XIX non atoparon culto na terra onde o sol se pón e os homes

que baixo os seus ceos alentan atravesan o día da vida, sin erguer a vista ao alto, sin se abritar coas lembranzas

dos seus pais e sin albiscar algo de maxestoso e de grande nese porvir que se peneira sobre as cabazas dos que

creen e agardan...”

(FARA LDO A SORE Y, Antolin: Estu dios de Galicia . En: El recreo compostelano. Nº 18. 2 de set embr o de 1842)

Z. 44. O rexionalismo federalista. Qué é o rexionalismo.

“Os rexionalistas españoles non piden tanto. Eses mesmos acusados de separatismo, os catalanistas,

non chegan deica ahí. Formulan en termos craros e sinxelos as súas aspiracións. Á rexión -din- debe

confiáreselle o coido da súa língua, da súa literatura, do seu arte, dos seus costumes e leis especiais de dereito

privado e dos seus intereses administrativos particulares, pero baixo o único e inmediato subordinamento do

poder soberano civil ou político. ¿E é esto posible? Prescindirei de vos ofrecer como exemplo Suíza e os

Estados Unidos de América do Norte: os exemplos están máis perto. Na Alemaña os estados que entraron a

formar parte a Confederación xermánica, manteñen a súa autonomía en asuntos importantes, conservan

tribunais e inst itucións representativas particulares; e ás mesmas provincias de Alsacia e Lorena, onde cada

día é máis vivo o espirito de protesta contra a conquista, quíxose nos 1877 e 1879 darlles parte da súa

autonomía, comprendendo que a devolución das libertades é o único meio de atraer a aquelas provincias.”

(PEREIRA DE LA RIVA, A ureliano, J.: O rexiona lismo. Discurso pronunciado nunha velada literaria celebrada no “Círculo de las

Artes de Lugo, no 1887)

Z. 45. O rexionalismo tradicionalista. A relixión na conciencia de nacionalidade.

“O galego non se dí e se cree fillo de Galicia, porque estudiara e comprenda cal é a súa procedencia

etnográfica, nin porque fale unha linguaxe que non se asemelle ás demáis, nin porque seipa que salvando as

fronteiras se atopa con outros individuos desemellantes, sinón que se sinte galego porque ten conciencia da

súa personalidade típica, intereses creados e dereitos adquiridos á sombra protectora de seculares institucións

e porque aprecia e coñece a diferencia específica que dos demáis o afasta. E esta conciencia que os pobos

teñen da súa libertade natural, este sentimento de identificación con uns e desemellanza con outros, é o que

constitúe e forma o conceito de nacionalidade.

Por eso os pobos se agrupan arredor de calquera que os tire do cautiverio no que xemen. Irlanda

católica sigue ao protestante Parnell, como noutro tempo fora tras o infadigable e cristianísimo O’Connell.

¿Quererá esto decir que a relixión non seña un fortíssimo vencello de unión nacional e que non pode deixar de

se considerar como un factor esencial na constitución e desenvolvemento das nacionalidades? Lonxe de nós tal

idea; o que afirmamos e sostemos é que na loita das nacionalidades e no período da súa formación e das súas

posteriores modificacións, a relixión ou as creencias non son máis que un de tantos elementos integrais, quezais

o de meirande importancia, que compoñen a entidade nacional. Convertir unha crencia, ou unha igrexa, en punto

de partida e termo á vez da formación das nacionalidades , sería introducir a división dos pobos e levar o odio

e a mútua desconfianza e a separación ao seo dos mesmos.”

Page 32: ColeccióN 4

72

(BRAÑ AS MÉ NDE Z, Alfredo : Artigo pu blicado én: La patria gallega, 30 de ma rzo do 1891 )

Z. 46. O rexionalismo liberal. A diferenciación histórica de Galicia.

“Galicia formou unha provincia durante a dominación dos romanos; un Estado soberano durante os cento

setenta anos que durou o imperio dos suevos; foi país subordinado baixo o poder godo. Durante o período da

Reconquista -xa cando era rexida por monárcas que se tiduaban reis de Galicia, xa cando se apelidaban de León-

era ela a que gobernaba, eran as súas ideas e sentimentos os que informaban a vida pública do reino. No período

que vai da trece á décimo esxta centuria viviu ssoia e entregada a sí mesma: non lle faltou para ser un

verdadeiro Estado independiente máis que un rei propio. Nunca como daquela puido decírese que, aínda sofrindo

a hexemonía castellana, gozaba existencia particular. Acentuando a súa personalidade no lapso de tempo que

decorre desde o século XVI ao XIX gozou de tódalas ventaxas do réxime local, baixo o cal viviu entón, sendo

recoñecida como unha entidade distinta, como unha circunscrición intermediaria entre a provincia e o Estado;

nunha palabra, como unha nación . Recoñecérona así como tal, ate polas inxurias con que a cada momento a

ferían. Cunha fidelidade teimosa, da que só os pobos con plena conciencia de sí mesmos dan exemplo,

permaneceron os seus fillos unidos para sempre aos costumes, sentimentos, lembranzas e liberdade da súa

patria. Nada é capaz de os borrar do seu corazón.”

(MARTÍNEZ MURGU ÍA, Manuel: A rt igo publicado en: “Revista Gallega. Sem anario de Literatura e interese s Regionales”.

Coruña, 26 d e febre iro e 5 de ma rzo de 189 9)

A unificación de Italia e Alemaña. O xurdimento de dúas grandes potencias.

Z. 47. A unificación italiana. Garibaldi e Cavour, dúas personalidades diferentes.

“Dous homes disputan hoxe os destinos de Italia; dous homes, dous sistemas: Garibaldi e Cavour...

Garibaldi segue a vía directa; Cavour a a oblicua. O primeiro está institivamente inspirado pola lóxica

da revolución; o segundo adopta deliberadamente a táctica oportuna para conseguir reformas. Cavour resumiu,

de feito, o seu programa ante Europa cando, con xesto visiblemente hostíl á revolución, dixo: ou reforma ou

revolución. Garibaldi ten por lema: non reforma, senón revolución. Cavour, xurdido da aristocracia do país é

aristócrata por natureza, non cre no pobo, non ama ópobo. Garibaldi, nado do pobo, democrático por hábitos,

ama ó pobo e cre nel. Cavour, aborrecendo a intervención popular, está constrinxido a buscar noutra parte un

apoio á propia obra; e búscao nunha potencia estranxeira, escollendo entre todas aquelas á que os intereses

propios podían suxerir hostilidade a Austria: a Francia Imperial. Garibaldi busca a propia forza en Italia, no seu

pobo, na potencia impulsora da isurrección, na forza dun país chamado a salvarse a si mesmo.”

(MAZZ INI, G.: Sobre a unidade italiana., 25 de xullo de 1860)

Z. 48. A unificación italiana. A expedición de Garibaldi.

“Cando cheguei a Xénova nos primeiros días do mes de agosto de 1860, a miña primeira impresión foi

de sorpresa, pois a expedición de Garibaldi á que queria unirme, reclutábase sin ningun misterio. Sustraída, por

así dicilo, á acción do goberno de Turín, Xénova parecía unha especie de praza de armas de onde o dictador

sacaba para Sicilia as armas e as municións que precisaba. É xusto engadir que cando o Ministerio piamontés,

tratando de opoñerse á partida da falanxe que ía desembarcar en Marsala, pedira ó goberno militar de Xénova,

se podía contar coas súas tropas, este respondeu que ó primeiro sinal de Garibaldi todos os soldados do

exercito sardo desertarían para seguilo. Neste estado de cousas, o mellor era absterse, cerra-los ollos e

expresar en notas diplomáticas queixas que quizais a penas se podían probar...

Os voluntarios, recoñecibles pola súa camisa bermella, marchaban ruidosamente polas estreitas rúas

de Xénova ó redoble de tambores...; no porto, os barcos de vapor quentaban motores, mentras se cargaban as

tropas, e os que partían para o seu destino en tanto que voluntarios lanzaban este berro de unidade que debía

conquistar un reino: Viva Italia toda e unha.. . Cada provincia honrábase en enviar soldados para unirse á

expedición liberadora; os vellos odios provinciais, os amores propios municipais, que en tempos pasados fixeran

tanto dano á nación italiana, esquecíanse nun só pensamento.”

(MAXIME DU CA MP: Expeditions des Deux-Siciles, 1860. En: EGID O LEÓ N, A. e outros : La Histor ia Contemporánea en la

práctica. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces, s.a. Madrid, 1986, pax. 97)

Page 33: ColeccióN 4

73

Italia antes da unificación

Z. 49. A unificac ión italiana. A alternatiba de Gioberti para a unidade italiana.

“Que o Papa sexa naturalmente e deba ser efectivamente o xefe civil de Italia, é unha verdade

probada pola natureza das cousas, confirmada pola historia dos pasados séculos, recoñecida noutro tempo polos

pobos e polos príncipes do noso país, e soamente posta en dúbida desde que uns e outros beberon nas fontes

estranxeiras e trouxeron o veneno á súa patria. E para efectuar esta confederación, non é preciso que o Papa

reciba ou tome un novo poder, senón soamente que el faga vixente un dereito antigo, interrompido sen dúbida,

pero non abolido, inalienable pola súa natureza, e moitas veces exercido solemnemente... Innumerables son os

beneficios que Italia obterá dunha confederación política, baixo a autoridade modradora do Papa. Porque unha

tal asociación acrecentaría a forza e o poder dos diversos príncipes, sen perxudica-la súa independencia e faría

comúns a todos os beneficios de cada un.”

(Reelaborado de: VILLA RES P AZ e out ros: Historia do mundo contemporñaneo. Textos escollidos. Ed. Galaxía/ SM.. Vigo, 1986.

Pax 84)

Z. 50. A unificación italiana. Escenario xeográfico.

Page 34: ColeccióN 4

74

G a r i b a l d i e nt r a n d o e n Ná p o l e s .Fonte;www.liceus.com/cgi-bin/gba/100735.asp

Z. 51. A unificación italiana nos mapas.

1. Reino de Cerdeña-Piamonte. 2. Territorios cedidos a Francia en 1860. 3.Anexión do Milanesado. 4. Anexión da Italia Penínsular e Sicilia.

5. Véneto. 6. Roma e rexión romana.

Z. 52. A unficación italiana en imaxes.

Page 35: ColeccióN 4

75

FONT E: WWW .ICARITO.CL/. ../UNIFICACIÓN ALEMANA.HTM

Z. 53. A unificación alemana. Motivación económicas.

“Nós os abaixo asinantes, comerciantes e fabricantes alemáns, reunidos na feira de Francfort,

abafados pola triste situación do comercio e da industria, dirxímonos ó goberno supremo da nación alemana para

desvelarlle as causas da nosa anguria e para implorarlle axuda.

...Os pobos non alcanzarán o seu máis alto grao de prosperidade económica máis que despois de que

estableceran entre eles unha liberdade comercial ilimitada... Os alemáns, pola súa banda, non fan senón

encerrarse maís cada vez. Trinta e oito liñas de aduanas para lizan o comercio interior... Para comerciar entre

Hamburgo e Austria ou entre Berlín e Suíza hai que franquear dez Estados, estudiar dez regulamentos de

aduanas, e pagar dez dereitos de pagamentos.

...En consecuencia atrévense a solicitar da Dieta.

1º Suprimir as aduanas no interior de Alemaña.

2º Establecer coas nacións estranxeiras un sistema común de aduanas baseado no principio da

compensación, ata que estas nacións adopten o principio de liberdade do comercio europeo.”

(LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A.: Historia do Undo contemp oráneo. Ed. Consellería de Educación e O.U. Santiago 1998.

Pax. 53)

Z. 54. A unificación alemana. Mapa da unificación.

Z. 55. Unificación alemana. Bismarck reflexiona sobre a unificación.

“¿Somos unha gran potencia ou somentes un membor da Confederación Xermánica? ¿Debemos ser

gobernados monárquicamente como unha gran potencia ou por profesores, xuíces e charlatans de pequenas

cidades, como sería admisible no caso dun pequeno Estado federal? A persecución do fantasma da popularidade

Page 36: ColeccióN 4

76

Guillerme I de Prusia. 1861-1888 Otto Von Bismarck. 1871-1890.

“por Alemña” que vimos facendo dende 1840 costounos a nosa posición en alemaña e en Europa, e non a

recuperaremos deixandonos levar pola corrente coa esperanza de dirixila; pola contra, non a recuperaremos

máis que mantendonos firmes sobre as nosas propias pernas; temos que ser unha gran potencia en primeira liña,

e logo Estado confederado. É o que Austria, no noso detrimento, sempre recoñeceu como verdade para si

mesma; e a comedia que representa facendo alarde das simpatías alemanas non a fará renunciar ás súas alianzas

europeas... Credes que hai na “opinión pública alemana”, nas cámaras, nos diarios, etc.; algo que podería darnos

axuda e apoio con vistas a unha política de unión ou de hexemonía. Vexo nisto un erro radical, unha quimera. O

noso crecemento non pode xurdir dunha política parlamentaria e de prensa, senón somentes dunha política

militar de gran potencia.”

(Carta de Bismarck a Von der Goltz, em baixa dor en París, 2 4 de de cem bro d e 186 3. En: E GID O LE ÓN, A .:La hist oria

contemporánea en la práctica. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces, s.a. Madrid, 1966. Pax. 98)

Z. 56. A unificación alemana. Os protagonistas.

Z. 56. A unificación alemana. A anexión de Alsacia e Lorena en 1871.

"1. Os territorios de Alsacia e Lorena, cedidos por Francia en virtude do artículo 1º dos preliminares da paz do

26 de febreiro de 1871, serán incorporados para sempre ao Imperio alemán, según os límites fixados polo

artículo 1º do tratado de paz do 10 de maio de 1871 e o terceiro protocolo alleo a él.

2. A Constitución do Imperio alemán será cumprida en Alsacia- Lorena a partir do 1 de xaneiro de 1873. Partes

illadas da Constitución poderán ser postas en vigor antes por orde do emperador con o consentimento do

Conselleiro Federal...

3. O emperador exerce a autoridade pública en Alsacia - Lorena. Ata a entrada en vigor da Constitución do

Imperio, o emperador debe obter o consentimento do Consello Federal para o exercicio do poder lexislativo

e, por outra banda, o consentimento do Reichstag para autorizar empréstitos ou dar garantías en nome da

Alsacia- Lorena, cando puidese resultar diso unha carga para o imperio. Durante este período se fará un informe

anual ao Reichstag das leis e ordenanzas xerais ditadas, así como da marcha da administración. Después da

posta en vigor da Constitución do Imperio, e ata que se decida outra cousa, o poder legislativo será exercido

mediante leis do Imperio, ata nos casos nos que o poder legislativo nos Estados Confederados non pertence

Page 37: ColeccióN 4

77

O s B a l c a n s e n 1 8 1 7 . E n :

www.ucm.es/info/romanica/rumano02.htm

O s B a l c a n s e n 1 8 3 4 . E n :

www.ucm.es/info/romanica/rumano02.htm

O bispo Yermanos rebélase en Ayia Lavra.

ao Imperio.

4.As ordenanzas e os regulamentos do emperador, para ser válidos, deben ser refreados polo chanceler do

Imperio, quen asume así a responsabilidade."

(Lei pola que se fixa o estatus da nova te rra do Imper io)

Os novos Estados balcánicos. A desmembración do Imperio Otomán.

Z. 57. Os Balcans no primeiro tercio do século XIX

Z. 58. A Independencia grega nas imaxes.

Page 38: ColeccióN 4

78

Eugéne Delacroix. A matanza de Scio. 1824

Z. 59. A independencia grega na arte europea.

Page 39: ColeccióN 4

79

O emperador Mitsu-Hito Meiji, líder da Revolución

M e i j i . 1 8 6 8 . F O N T E :

www.bujinkandodojo.com.ar/periodo_meiji.html

O Xapón Meiji. A apertura ó exterior do imperio do sol nacente.

Z. 60. As razóns do cambio en Xapón.

Ocurriron os acontecementos como ocurren os grandes temblores de Terra, sin previo aviso: a

trnasformación dos daimiatos (señoríos feudais) en prefecturas, a supresión das crases militares e a

reconstrucción do sistema social todo. Estes acontecementos enchían de tristura a alma do xoven xaponés,

aínda que comprendese que non era dificil traspasar na súa misión de príncipe ó emperador, e aínda que a

fortuna da familia non se houbese resentido polo choque. Todas estas reconstruccións falábanlle da grandeza

do perigo nacional, e anuncíabanlle a desaparición certa dos vellos e altos ideais e de case todas as cousas

amadas. Pero sabía que o pesar era vano. Só transformándose podía a nación aspirar a salvar a súa

independencia, e o deber fundamental dun patriota era recoñecer a necesidade do cambio e prepararse

convenientemente para representar o papel propio dun home no drama do futuro... Dende o instante da

decraración de guerra con China, o Xapón non tivo nunca a menor dúbida da victoria final. Existía un entusiasmo

xeral e profundo... Os fabricantes de xoguetes puxeron repentinamente no mercado lexións de inxeniosos

mecanismos... Os xoguetes militares antigos, que representaban samurais en armadura, eran sustituídos por

figuras... representativas da cabaleiría, infantería e artillería xaponesa, ou por modelos de fortes de baterías

e de acourazados. .. Inmensas iluminacións de lanternas de papel, ilustradas con frases de lealdades ou de

entusiasmo patriótico, celebraban o éxito das armas imperiais... Vendíanse paquetes de palillos en pequenas

caixas, e en cada palillo había grabado, en letras microscópicas, un poema difernte sobre a guerra.”

(HEARN, Lafcadio: “Kok oro” (1894). En : Textos, mapas y cronología. Historia Moderna y Contemporánea. Ed. Teide. Barcelona,

1979. Paxs. 323-325)

Z. 61. O lider da Revolución Meiji.

Page 40: ColeccióN 4

80

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. Foise co vento. EE. UU. 1940. Dir. Michael Curtiz. Xénero: drama. Duración: 121 m.

2. Guerra e paz. EE. UU.-Italia. 1956. Dir. King Vidor. Xénero: drama. Duración: 208 m.

3. Historia de dúas cidades. EE. UU. 1980. Dir. Jim Goddard. Xénero: drama. Duración: 150 m.

4. Revolución. Reino Unido-Noruega. 1985. Dir. Hugh Hudson. Xénero: drama. Duración: 125 m.

5. Senso. Italia. 1954. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 115 m.

6. A carga da brigada lixeira. EE. UU. 1936. Dir. Michael Curtiz. Xénero: drama. Duración: 122 m.

7. A Marsellesa. Francia. 1937. Dir. Jean Renoir. Xénero: drama. Duración: 130 m.

8. Ludwig. Réquiem por un rei virxe. Alemaña. 1972. Dir. Hans-Jürgen Syberg. Xénero: drama. Duración: 135

m.

9. Napoleón. Francia. 1925. Dir. Abel Gance. Xénero: drama. Duración: 220.

10. O Congreso divírtese. Alemaña. 1932. Dir. Eric Charrel. Xénero: musical. Duración: 85 m.

11. O Gatopardo. Francia-Italia. 1963. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 197 m.

12. Vanina Vanini. Italia. 1961. Dir. Roberto Rosselini. Xénero: drama. Duración: 137 m.

13. Waterloo. Unión Soviética-Italia. 1970. Dir. Serguei Bondarchuk. Xénero: bélica. Duración: 125.

14. O nacemento dunha nación. EE. UU. 1915. Dir. D. W. Griffith. Xénero: drama. Duración: 90 m.

15. O Lincoln novo. EE. UU. 1939. Dir. Jhon Ford. Xénero: drama. Duración: 95 m.

16. O que levou o vento. EE. UU. 1939. Dir. Víctor Fleming. Xénero: drama. Duración: 220 m.

17. Tempos de gloria. EE. UU. 1989. Dir. Edward Zwick. Xénero: bélica. Duración: 122 m.

18. A noite de Varennes. Italia. 1982. Dir. Ettore Scola. Xénero: Drama histórico. Duración: 155 m

19. Danton. Francia. 1982. Dir. Andrzej Wajda. Xénero: Drama histórico. Duración: 136 m.