colección 11
TRANSCRIPT
181
Colección documental. Capítulo XI 1º de Bacharelato.
O período de entreguerras. (1919-1939)
As consecuencias da Gran Guerra. Desequelibrios na estructura económica.
A. O endebedamento europeo cos E.U.
Débedas europeas no ano 1919(en millóns de dólares)
Países: Cantidades:
Inglaterra
Fran cia
Italia
Bélxica
Polonia
Chec oslova quia
Iugo slavia
Rom anía
TOTAL
4.600
4.025
2.040
420
180
115
65
45
11.490
B. O control das reservas de ouro.
Reservas de ouro dos bancos centrais(En millóns de dólares)
Paises 1913 1918 1923 1928 1933 1938
Alemania
E.U.A.
Francia
Reino Unido
279
1.290
679
165
539
2.658
664
521
111
3.834
710
746
650
3.746
1.254
748
92
4.012
3.022
928
17
8.609
1.529
1.587
C. A caída dos prezos agrarios.
“Os traballadores dos campos, os propietarios das pequenas granxas, vixían e calculan. O ano será bó.
Están orgullosos porque a colleita é abundante gracias a eles. O seu xeito de facer transformou o mundo; así,
o trigo curto e ruín convértese en longo e productivo (...). As súas cresixas maduran antes. Un centavo centavo
e medio a libra. Non se poden coller a ese precio (...). Despois tócalles ás ameixas vermellas alcanzar o sabor
doce. Bo sangue; non se poden coller, porque non hai medio de pagar os salarios, por baixos que sexan. As
ameixas vermellas tapizan o chan.
Os pequenos granxeiros vían medrar as débedas e, tralas débedas, o espectro da creba. Coidan os
frutais, máis non vendían a colleita; podábanos e enxertábanos, e non podían rrecoller os froitos (...). Ó ano
seguinte, a pequena granxa era absorbida por unha Grande Compañía, porque o granxeiro, afogado polas
débedas, tería que abandonala. Este viñedo pertencía a un banco. Só poden spbrevivir os grandes propietarios
porque posúen ó mesmo tempo as fábricas de conservas e, catro peras, peladas, cortadas ó medio, cocidas e
embotelladas, sempre custan 15 centavos. E as peras en conserva non se derraman. Duran anos.”
(STEIN BECK , John: Las uvas de la ira.)
182
Gráfico A
Gráfico B
D. O aumento das taxas de paro.
183
E. Cambios nas relacións económicas entre Europa e América.
“Antes da guerra, o hábito do aforro era a condición necesaria do factor exterior máis importante para
o equilibrio de Europa.
Unha parte importante dos capitais acumulados por Europa era exportada a países distantes. Tales
investimentos contribuían ó desenvolvemento dos novos recursos de productos alimentic ios, de materias primas
e de transportes. Ó vello mundo permitínalle tamén reclamar unha parte das riquezas naturais e das forzas
ocultas e intactas do novo...
Pesie a isto, o equilibrio entre as civilizacións antigas e os novos recursos estaba ameazado desde
antes da guerra. En efecto a prosperidade de Europa baseábase nos feitos seguintes: en primeiro lugar, en
razón do grande excedente de materias alimenticias americanas obxecto de exportación, Europa podía
abastecerse a baixo prezo... En segundo lugar, como consecuencia dos investimentos anteriores tiña dereito
a unha suma importante, sen ter que pagar nada a cambio. O segundo destes factores parecía fora de perigo,
pero o primeiro víase ameazado polo crecemento da poboación de ultramar, e principalmente dos Estados
Unidos....”
(KEYNES, J.M.: Les conséquences économiques de la paix, Ed. NRF, Pa rís, 1920, paxs . 29-32. En: VILL ARE S, R. e outro s. Obra
citada. Paxs. 174-175)
F. Problemas de inflacc ión monetaria.
Evolución do cambio do dólar en marcos alemáns
Xaneiro de 1922 191,8
Xaneiro de 1923 17.792
Xullo de 1923 353.410
Agosto de 1923 4.620.455
Setembro de 1923 98.860.000
Outubro de 1923 25.260.208.000
Novembro de 1923 4.200.000.000.000
Fonte: elaboración pr opia con datos de: Historia do mundocontemporaneo. Ed. Rodeira-edebe. A Coruña, 2002. Pax. 188.
G. Desequi librio comercial entre Os Estados Unidos e Europa
Déficit comercial de Europa cos Estados Unidos,
1901-1929(Millóns de dólares)
1901-1905 553
1910-1914 514
1921-1925 1268
1926-1929 4195
Fonte: FAL KUS, M.E.: United States Económic Pol icy and the Dol lar Gap. En: Economic History Rev iew.
Os anos de prosperidade. (1924-1929) Unha prosperidade relativa e ilusoria.
184
Ilustración titulada “A hora do golf”
H. A venda a prazos e a capacidade de consumo.
Porcentaxe de bens comprados a prazos no 1929 en EE.UU.(Billóns de dólares)
% das ventas Obxectos comprados a prazos
90 Das máquinas de coser e lavar
80 Dos aparellos de radio e neveiras
70 De todo o mobiliario caseiro
60 Dos automóbiles
I. A venda a prazos estimula o consumismo.
Ademáis dos métodos de producc ión en masa, adoptados cada vez máis nas fábricas, moitos bens de
consumo estandarizados en calidade, prezo e presentación, enchían os múltiples grnads almacens e, sobre todo,
os da cadea Woolworth. Mediante compras en masa, pequenas marxes de beneficio e rápida venda, Wolworth
puido convencer á ama de casa obreira das vantaxes económicas da producción masiva barata. A introducción
do sistema da venda a prazos fixo posible que os modestos asalariados mercasen bens máis custosos coma
mobles, máquinas de coser, bicicletas, aspiradoras, neveiras...”
(GRUPO LLAVORS: Hª do Mundo Contemporáneo, Mestral, Valencia, 1987, pax. 422)
J. O “American way of life”
185
K. A racionalización e o aumento da producción nos EE.UU.
“En 1922, Henry Ford vendía trece millóns trescentas vinte mil duascentas nove latas de sardiñas; era
o home máis rico do mundo...
Chegara a gran properidade do automóbil. Na Ford, a producción mellorábase cada día: menos perdas,
máis vixiantes (quince minutos para comer, tres para ir aos labavos); Por todas partes a aceleración taylorista:
agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña,Agáchese-axuste-a-barra-enrosque-a-rosca-meta-a-
variña Agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña, ata que a derradeira parcela da vida sexa
aspirada pola producción e os obreiros regresen ás súas casas pola tarde, trementes, lívidos e completamente
valeiros.
Ford era o dono de todo desde o minuto en que se extraía o mineral dos outeiros ata o instante en que
o coche chegaba ao final da cadea e se poñía en marcha polos seus propios medios; as súas fábricas foron
racionalizadas ata o milímetro... En 1926 o ciclo da producción desde a extracción do mineral ata que o
automóbil deixaba a cadea, disposto para a venda, foi reducido a 81 horas.”
(DOS PASS OS, J.: O gran diñeiro. 1936. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 238)
L. A publicidade e a estensión do consumo.
186
LL. A exportación de formas de oc io americano como modelo a adoptar en Europa.
M. A aparición da moda como industria rendible económicamente.
A moda feminina nun cartel publicitario de 1920.
187
A crise das democracias. Estados liberais e Estados totalitarios.
N. A crise ideolóxica.
“Non foi senón despois da guerra cando as dictaduras irrumpiron en Europa, dictaduras que diferían
nas orixes e nos propósitos reais ou xactanciosos, pero que tiñan en común e a necisade de impoñer o
despotismo máis absoluto sobre todas as formas da vida nacional (...)
Catro anos de guerra ensinaron ós supervivíntes -ou polo menos a moitos deles- que a violencia era un
deber, incluso no campo moral, que a máis cega obediencia era unha virtude nacional, incluso nas maneiras do
espíritu. A disc iplina militar, pasiva e inmediata, non foi máis ca un xogo en comparación coa sumisión , brutal
e ebria ó mesmo tempo, que se lle esixiu con relación ás teorías máis falsas e artificiais, que causaron estragos
en todos os países belixerantes, e que o patriotismo consagrou como verdades de evanxeo (...)
Realmente, debaixo da pomposa solemnidade da divinización do Estado non era dificil descubrir
algunhas pasións e egoísmos que certamente, es tiveran existindo durante séculos, pero que nunca se
combinaron cinicamente coma agora (...). Estas pasións son:
- A revancha ofensiva das autocracias contra as democracias, debaixo dunha forma violenta que é o
efecto dos hábitos da guerra.
- A loita incitada polos industriais e grandes terratenientes aparentemente contra o perigo bolxevique,
en realidade contra toda forma de movemento socialista (...).
- E, finalmente, aínda que de menor importancia, polo menos fora de Alemania, o movemento
antisemita, do que se ten albiscado a súa aparición, por tras da dictadura, incluso en países (...) sempre exentos
del, como Italia (...).
Estivo máis o menos de moda estes derradeiros anos (...) falar da democracia como unha forma de
goberno das máis vulgares e mediocres, mentras que as dictaduras serían o réxime onde os mellores obtiveran
a súa fortuna ó abrigo da cega sorte das furnas. Cando os dictadores apelan ás pasións populares, é case sempre
ás pasións máis perigosas ás que eles recorren, aínda que só sexa por que se atopan obrigados a espertar os
sentimentos de guerra, de nacionalismo furioso. En efecto, as dictaduras non poden permanecer e prosperar
máis que nunha atmósfera de guerra.
Poderíase case dicir que esta excitación das pasións nacionalistas entre as masas constitúe a
característica esencial e común das dictaduras de postguerra, Stalin incluído a pesar do seu evanxeo
internacionalista.”
(Conde CA RLO S FORZ A: Dictateurs et dictatures d’ après guerre. París, Gallimard. 1931)
O. As preocupacións da burguesía e as crases medias.
“A economía precisa dun desenvolvemento sano e progresivo. Os numerosos partidos politicos loitaban
entre eles no medio da anarquía (.. .). Nós, os da firma Krupp, non somos idealistas, senón realistas. Tiñamos a
impresión de que Hitler nos daría a posibilidade dun desenvolvemento sano. Polo demáis, fíxoo.
Nos comenzos, votaramos polo partido populista, pero os conservadores non podían gobernar o país:
eran demasiado fébles. Nesta loita implacable pola subsistencia e o poder, precisabamos ser conducidos por
unha mán forte e dura. A de Hitler érao. Despois dos anos pasados baixo a súa conducción, sentiámonos moi
a gusto. Queriamos un sistema que funcionara ben e que nos dera os medios para traballar tranquilamente.
Xa teño dito que iñoraba todo sobre o exterminio dos xudeos, e teño engadido: “Cando se merca un
bó cabalo, non se rrepara nalgúns defectos.”
(A. KRUPP : Deposición perante o tribunal de Nuremberg (1945-46)
P. Os problemas das democracias occidentais. Crise de identidade.
“É natural que se faga responsable ó réxime das miserias e das inquietudes crecentes da época. Non
importa, houbo un pouco de todo isto. Pero todos estes elementos combinados non abondarían. Fixo falla unha
campaña de prensa metódica e tenaz, da que fomos testemuñas, para sobreexcitar todos eses sentimentos
confusos. Fixo falla un plano premeditado para explotar e dirixir cara un obxectivo que descoñecen estas
188
pasións populares. É iso, señores, o que se fixo. Lanzóuse a unha multitude ó asalto das institucións
republicanas. A continuación arrastróuselles con algunhas seccións de asalto ben seleccionadas, que sabían ben
o que facían. Quíxose facer da multitude o instrumento e o cómplice sumiso, inconsciente, dun golpe de mán
fascista. Esta non era a vontade das masas. Era o desprestixio concertado das organizacións que a encadraban,
que a guiaban e que deran a orde de marcha.”
(BLUM, L.: “Le go uvern eme nt du b loc nat ional et le fasc isme .” Le Populaire, 16 de febreiro de 1934)
Q. Os problemas das democracias occidentais. Incapacidade e inestabilidade políticas.
“Tanto no interior coma no exterior, o goberno non terá máis que un obxectivo: proporcionar a este
país, no traballo e co progreso, a paz que mereceu... Non permitiremos que se recorten as vantaxes adquiridas
polo mundo do traballo. Manteremos a lei de oito horas... Pero o axente esencial da producción, obreiro ou
campesiño, ten dereito a estar protexido contra o desemprego e a enfermidade, a vellez e a invalidez.
Queremos levar adiante os seguros sociais... Non é posible concebir a liberación dos traballadores sen o
desenvolvemento da instrucción. Suprimiremos os decretos que tendan a privar da cultura ós nenos... Un réxime
democrático debe ofrecer o exemplo da orde a da boa administración.”
(HERRIOT, E.:Debats parlamentaires, Chambre des députés. Discurso presentado a politica do novo goberno, o 17 de xuño de
1924. Citado por: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ O TERO, A. Obra citada. Pax. 151)
R. Os problemas das democracias occidentais. Mal funcionamento do sistema.
“Contrariamente a unha opinión moi estendida, a crise da democracia parlamentaria non tivo a súa orixe
na guerra do 14. Certamente a guerra non foi favorable para o réxime, aínda que exteriormente contribuíse a
asegurar o seu triunfo sobre as monarquías de Europa central. Económica, política, militarmente, a dirección
dunha guerra esixe o adormecemento das institucións parlamenterias, incapaces de garantir as condicións
indispensables de rapidez, eficacia e segredo. Aínda máis profundamente, o concepto mesmo de guerra, que
leva consigo a submisión do máis feble por medios de imposición, oponse ós principio propios da democracia
parlamentaria, que garanten o respecto da minoría e a súa libre expresión...
O funcionamento regular do sistema parlamenterio parece un elemento da “ante-guerra”, a crise da
democracia un elemento da “posguerra”; en realidade, acrise comezará dende o principio do século, segundo se
ía producindo a entrada das masas populares na vida política, que transformaba completamente a
infraestructura do réxime. Outros factores de crise engádense a este, xerais ou nacionais, pero respecto a
aquel, a importancia dos demáis aparece como secundaria.”
(DUVERGER, M.: La democracie parlamentaire. En: L’ Europe du XIX et du XX siècle. Problèmes et interprettións historiques.
Milan, 19 64. Cit ado p or: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍA Z OT ERO , A. Ob ra cit ada. Pa x. 151.)
O fascismo italiano. Unha alternativa á crise democrática.
S. As orixes do fascismo. Manifesto futurista.
“2. O coraxe, a audacia, a revolta, serán os elementos esenciais da nosa poesía.
3. A literatura exaltou, ata agora, a inmovilidade do pensamento. Nós queremos exaltar o movemento
agresivo, o insomnio febril, osalto mortal, o puñetazo.
7. Nada hai máis fermoso ca loita. Ningunha obra é maxistral se está desprovista de agresividade. A
poesía debe estar concebida como un asalto violento contra as forzas coñecidas.
9. Queremos glorificar a guerra, auténtica hixiene do mundo, o militarismo, o patriotismo, o xesto
destructor dos libertarios, as fermosas ideas polas que se morre e o desprezo da muller.
11. Nós cantaremos ás grandes multitudes axitadas polo traballo, polo pracer ou a revolta; cantaremos
ás marchas multicolores e polifónicas das revolucións nas capitais modernas; cantaremos ó vibrante fervor
nocturno dos arsenais, dos asteleiros incendiados (...).
Dende Italia lanzamos ó mundo este manifesto noso de violencia arrolladora e incendiaria, co que
fundamos hoxe o futurismo, porque queremos liberar a este país da súa fétida gangrena de profesores, de
arqueólogos e de anticuarios.
(MARINETTI, F.T.: Manifiesto futurista, 20 de febreiro de 1909)
189
T. A doutrina. O Estado totalitario fascista.
“Sendo antiindividualista, o sistema de vida fascista pon de relevo a importancia do Estado e recoñece
ó individuo só na medida en que os seus intereses coíncidan cos do Estado. Oponse ó liberalismo clásico que
xurdíu como reacción ó absolutismo e esgotou a súa función histórica cando o Estado se converteu na expresión
da conciencia e da vontade do pobo. O liberalismo negou ó Estado en nome do individuo; o fascismo reafirma
os dereitos do Estado como expresión da verdadeira esencia do individual. A concepción fascista do Estado
abárcao todo; fora del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta
maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Estado fascista, como síntese e un idade que inclúe tódolos valores,
interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo(...).
O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un
promotor da vida espiritual. Non intenta simplemente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido,
o seu caracter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplina e fai uso da súa autoridade, impregnando
a mente e rexendo con imperio indiscutible(...)”
(MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932)
U. A doutrina. A violenc ia fascista.
“A expedición de castigo parte, pois, case sempre, dun centro urbano e difúndese polo campo
circundante. Montados en camións e armados, (...) os camisas negras diríxense ó lugar fixado como meta da súa
expedición.
Unha vez alí, empezan golpeando con bastóns a todos os que atopan polas rúas e que non se descubran
ó paso dos bandeiríns ou que leven unha garabata, un pañuelo ou unha blusa de cor vermella (...).
Diríxense logo (...) ó Sindicato, á Cooperativa ou á Casa do Pobo; derruban as portas, arroxan á rúa
mobiliario, libros, mercadurías e rocíano todo con gasolina, minutos despois todo está ardendo. A todos aqueles
que atopan no local, golpéanos salvaxemente ou asasínanos.”
(TASC A, A.:O nace mento d o fascism o. Ed. Ariel. Barce lona. 1969)
V. A doutrina. Rexeitamento do liberalismo e a democracia.
“O fascismo rexeita as ideoloxías democráticas, tanto nas súas premisas teóricas coma nas súas
aplicacións prácticas. O fascismo nega que o número, polo único feito de ser número, poida dirixir a sociedade
humana; nega que este número poida gobernar, por medio dunha consulta períodica; afirma a desigualdade
irremediable, fecunda e benéfica dos homes, que non poden nivelarse, por un feito mecánico e extrínseco como
sufraxio universal... O fascismo rexeita, na democracia, a absurda mentira convencional da igualdade política,
o espírito de irresponsabilidade colectiva e o mito da felicidade e do progreso indefinido. Pero, se a democracia
pode ser interpretada de xeito diferente, é dicir, se a democracia significa non colocar ao poboa á marxe do
Estado, o fascismo pode ser definido por quen escribe estas liñas como unha “democracia organizada,
centralizada, autoritaria.”
(MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932.. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ, X. e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 261)
W. O fascismo. O sistema corporativo.
”¡Camisas negras de Milán, camaradas obreiros!. Hai cinco anos as columnas dun templo que parecía
desafiar ós séculos viñéronse abaixo. ¿Que había baixo as súas ruínas? O final dun período da historia
contemporánea, a fin da economía liberal e capitalista.
... Ante este ocaso constatado e irrevocable, aparecen dúas solucións. A primeira sería estatificar toda
a economía da Nación. Nós rexeitámola porque non queremos multiplicar por dez o número de empregados do
Estado. Por lóxica imponse outra, esta é o corporativismo, englobando ós elementos productores da Nación,
e cando digo productores refírome non só ós industriais, senón tamén ós obreiros. O fascismo estableceu a
igualdade de todos diante do traballo. A diferencia, únicamente existe na escala das diferentes
responsabilidades.
Xa dixen que o obxectivo do réxime corporativo era a realización dunha máis alta xustiza social para
o pobo italiano... ¿Que significa “a máis alta xustiza social”? Significa: traballo garantido, salarios adecuados,
190
Gráfico da crise industrial mundial. 1929-39
Evolución do comercio mundial. 1915-38
nivel de vida conveniente...
As masas obreiras italianas, dende 1929, achegaronse á revolución fascista... Se o século pasado foi
o do dominio total do capital, este é o século do dominio e gloria do traballo...”
(MUSS OLINI ,B. : Discurso en Milán. 1934. En:ALFEIRAN RODRIGUEZ, X. e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax.154)
A crise de 1929. Crise global do capitalismo.
X. A evolución dos índices macroeconómicos.
Gráfico A.
Gráfico B.
191
O paro mundial. 1925-39
A febre bolsista
Gráfico C.
( Fonte dos gráficos da série: BA LBOA LÓ PEZ, X. e outr os: Historia do mundo contemporáneo. Síntese e docume ntos. Ed. Xerais, Vigo,
1994. Pxs. 116-117)
Y. O crac de Wall Street.
Gráfico A.
192
O crac de 1929
Gráfico B.
Fonte: Historia do mundo contemporáneo. Ed. Santillana.
Z. A especulación como un dos factores da crise.
“Jones tiña en 1921 2.000 dólares aforrados. Como non sabía que facer con eles, mercou accións da
RCA e da Goodyear a prezos de entre dous e cinco dólares a acción. No 1924 felicitouse do seu enxeño. As
accións subiran e valían dez mil $. Multiplicara por cinco o seu capital. Animado, dec idiu non vender e tratar
de comprar outro paquete de accións . Non tiña cartos, máis depositando as súas accións como garantía, puido
obter un crédito de 6.000 dólares e así volvía mercar accións en bolsa. No 1927 os títulos valían 36.000$.
Confiado no devir, decide non vender máis que o imprescindible para pagar os intereses do crédito. Tampouco
aforra nin un dólar, xa que as subas da bolsa enriquéceno día a día.
Decide mercar un coche e unha casa boa, a prazos ambos e cunha hipoteca sobre a casa. Tamén segue
cos investimentos, sempre a crédito. Acepta cantas ampliacións se lle ofrecen. No 1928 posúe un capital en
accións de 136.000$, pero como dan pouco beneficio, ten que botar man do soldo para amortizar as cargas
financeiras que cada vez soben máis. Impón unha drástica reducción de gastos. ¿Vender accións? Só como
último recurso. Son un valor seguro e en alza. Ó comezar 1929 posúe xa 285.000, pero precisa diñeiro en
efectivo urxentemente. As letras do coche, os prazos da hipotece e os intereses dos préstamos comen os
ingresos. Hai que vender accións. Máis tódolos Jones do país fan o mesmo.
Os grandes especuladores hai tempo que se puxeron a salvo. Nun mes, as accións de Jones valen só
39.000. O seu capital en títulos non cobre o que debe, e innumerables Jones vense apremados polos vendedores
de coches, prestamistas e banqueiros. Hai que vender o coche, a casa e parte das accións. Perde diñeiro en
tódalas vendas, máis confia en que o resto das accións volvan subir. En 1930 non valen nada. No mesmo ano
perde o emprego por efectos da crise.
193
Cola de parados en espera dun reparto de alimentos en Cleveland, EE.UU. En 1929.
Esta é a historia de Jones; de feito , a do pobo americano. Nela ilustranse tódolos compoñentes dunha
crise. A especulación en bolsa -o índice de cotización pasou de 79, en 1921, a 448, 1929-. Os préstamos para
a especulación, de 77 millóns de dólares, a 6.800 no mesmo período. As compras de Jones representan o
desenfreo consumista, atizado pola necesidade de dar saída ó exceso de producción. É a prosperidade baseada
no crédito e non na solidez económica.”
(LEZCANO, J.: Artigo no El País , sábado 16 de abr il de 198 3. E n: BALB OA LÓ PEZ, X. e ou tros: Historia do mundo
contemporáneo. Síntese e documentos. Ed. Xerais, Vigo, 1994.Paxs. 115-116)
Z. 1. As consecuencias da crise. O paro.
“Había milleiros de persoas sen traballo en Oklahoma City. Íanse poñendo á fila da sopa gratuita, e a
comida era limpa e deliciosa. Eran moitisimos, brancos e negros, porque había tantos parados negros coma
brancos que perderon todo o que deran acumulado desde a súa mocidade. Iso foi unha realidade. Lembro avarias
familias que se viron na obriga de marchar en carromatos, coido que a California.
Decátese: 1929 foi o ano do auxe do petróleo e a xente viña de todas partes. Un par de anos despois,
aquelas persoas estaban vivindo en tendas de campaña ou en casas feitas de cartón e vellos anacos metálicos,
ou de calquera cousa que puidesen atopar para dar feito unha parede. Coñecín a unha familia aquí, en Oklahoma
City, un home, unha muller e máis sete raparigos, que vivían nun buraco no chan. Vostede abraiaríase do ben
apañado que o tiñan todo.
O meu home estaba moi enfadado, por dicilo dun xeito suave. Era un home intelixente e non podía
entender porque nun país rico coma este podía haber tanta xente morrendo de fame, cando tantas cousas, trigo
e tantas máis, se guindaban ó mar. Hai moitas escusas, pero el buscaba unha razón.
(Mary OWSLEY, residente en Oklahoma City entre 1929 e 1936. En: ARÓSTE GUI SÁNCH EZ, J. e outros: Obra citada. Pax.161)
Z. 2. As consecuencias da crise. A fame
As solucións á crise. F. D. Roosevelt e o New Deal.
194
O presidente Franklin Delano Roosevelt (1882-1945) O economista John Maynard Keynes (1883-1946)
Z. 3. Os protagonistas das medidas para a solución.
Z. 4. O New Deal americano.
“(...) A nosa tarefa prioritaria é facer que a xente volva a traballar. Isto pódese conseguir mediante
un recrutamento directo por parte do goberno. (...) Nós podemos facilita-la realización deste obxectivo
aumentando o prezo dos productos agrícolas, e con estes a capacidade adquisitiva dos agricultores. Podemos
facilitalo insistindo para que o goberno federal, o dos Estados e mailos dos gobernos locais se poñan a traballar
de contado para reducir dunha forma draconiana os seus custos de funcionamento. Podemos facilitalo
unificando as axudas ás victimas da crise. (. ..) Podemos facilitalo planificando e supervisando a nivel nacional
tódalas formas de transporte, de comunicacións e de servicios que teñen claramente un carácter de interese
público (...).
Finalmente, no noso camiño cara a plena ocupación, precisaremos levar a cabo tres medidas destinadas
a previr un rretorno ós malos tempos pasados: terá que haber unha estricta vixilancia de todas as actividades
bancarias, financeiras e de investimentos; haberá que limita-las actividades dos que especulan cos cartos dos
demáis; haberá que asegurarse de que a nosa divisa sexa a un tempo axeitada e saneada. (...)
As nosas relacións comerciais internacionais, aínda que teñan moita importancia, son, hoxe,
secundarias respecto da necesidade de establecer unha politica nacional saneada (...)”
(ROOSEVELT. F.D.: Primeiro discurso de inauguración. 4 de marzo de 1933)
Z. 5. A opos ición ó New Deal.
“Os dirixentes empresariais crían sinceramente que o goberno estaba en mans do diaño. Que estaba
en mans dunha mafia organizada que fomentaba o conflicto de clases, favorecendo ós pobres, e preparando o
camiño cara ó socialismo, ó comunismo ou a calquera outra variedade de antiamericanismo... Chamando a
atención sobre os demos da burocracia e das forzas do odio que estaban destruíndo o sistema americano, os
dirixentes empresariais a miudo recorreron a hipérboles melodramáticas que deixaban ós oíntes confundidos
e molestos. As opinións que vían o final da civilización en cada acto do New Deal non foron tan infrecuentes
como deberían ter sido. Un dos que o viron con alarma sinalou: “debemos remontarnos moitos séculos, ata os
días dos autócratas absolutos, para atopar tanto poder en mans dun ser humano falible”. Para outro, o New Deal
195
“seméllase máis a unha dictadura fascista ou comunista dos Estados de Europa que ó sistema americano”.
Comentando a Social Security Act, a publicación dunha organización de comerciantes pontificou que “a caída
do Imperio Romano” se iniciou con leis coma esa.”
(KROSS, H. E.: Executive opinión. What Business leaders said and thought, 1920-1960. 1970. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.
e outros. Obra citada. Pax. 165)
Z. 6. As solucións keynesianas.
A Alemaña nazi Hitler sube ó poder.
Z. 7. O antiparlamentarismo.
“Somos un partido antiparlamentario, que rexeitamos con bos fundamentos a Constitución de Weimar
e as institucións republicanas por ela creadas; somos inimigos dunha democracia falsificada, que inclúe nas
mesmas listas os intelixentes e os pailáns, os aplicados e os preguiceiros; vemos no actual sistema de maioría
de votos e na organizada irresponsabilidade, a causa principal da nosa crecente ruína.
¿Que imos facer, daquela, no Reichstag?
Imos ó Reichstag para procurarnos armas no mesmo arsenal da democracia. Facémonos deputados para
enfeblecer e eliminar a teoría de Weimar, mesmo co seu apoio. Se a democracia é tan parva que nos facilita
dietas e pases de libre circulación para este traballo, é cousa súa... Tamén Mussolini foi ó Parlamento. E aínda
así, non tardou moito en avanzar coas súas camisas negras sobre Roma.”
(GOE BBE LS, J .: Artig o no xor nal De r Ang riff, 1 928.)
Z. 8. O xefe único.
“Non debe haber decisión da maioría, senón únicamente persoas responsables (... ). Dende logo, todo
home terá conselleiros ó seu lado, pero a decisión será tomada por un só home (... ) só e l pode posuír a
autoridade e o dereito para mandar (...). Non será posible pasar sen o Parlamento. Pero os seus conselleiros
darán verdadeiramente consellos (. ..). En ningunha cámara debe levarse a cabo votación ningunha. Son
196
institucións de traballo e non máquinas de votar.”
(HITLER, A.: Citado por William Shirer, Auge y caída del Tercer Reich, Barcelona, Luís de Caralt, 1967)
Z. 9. A concepc ión racista.
“Se dividimos a raza humana en tres categorías -fundadores, conservadores e destructores da cultura-,
só a estir`pe aria podería ser considerada como representante da primeira categoría (...).
Para que se desenvolvese unha cultura superior, foi necesario que existisen individuos de inferior
civilización, pois ninguén, senón estes podían substituír o instrumento técnico sen o cal o progreso era
inconcebible (...)
Non foi senón des pois de que as razas conquistadas quedaron reducidas á escravitude, cando o mundo
animal correu idéntica sorte; o contrario non foi nunca o caso, como moitos poderían desexar crer. Porque o
primeiro en tirar do arado foi o escravo e despois veu o cabaleiro. Ninguen que non sexa un necio pacifista
podería contemplar este feito como unha proba máis da humana depravación; os demáis deben comprender
claramente que este proceso t ivo lugar para que chegásemos a unha situación que permite a semellantes
apóstolos difundir a súa estúpida charla polo mundo.
(HITLER, A.: Mein Kampf. En Bustinza-Ribas, pax. 305)
Z. 10. A organización económica do nazismo.
O 26 de novembro de 1.936, a Administraci0ón do III Reich decretou a conxelación no nivel existente o 17
de outubro dese mesmo ano, de todos os prezos "administrados" ou libres, existentes en Alemaña. Dita medida
non era máis que o colofón do proceso de "domesticación de prezos" que viña sufrindo Alemaña desde a chegada
ao poder dos nazis case catro anos antes.
A Zwangswirtschaft ou economía de compulsión nazi acabaría pasando á historia pola súa sistemática e
elaborada natureza, así como polas draconianas medidas que acompañaron a súa aplicación. Nunca antes e
quizais tampouco nunca despois, vira o mundo algo similar. A explicación seguramente se atopa no feito de que
para os nacionalsocialistas o control dos prezos non tiña a consideración dunha medida coyuntural, senón que
estaba enraizada no seu proxecto político totalitario e belicista. Como confesaba Herman Goering, o principal
administrador da Zwangswirtschaft xunto a Hjalmar Schacht e Walter Funk, en 1946 a un correspondente
americano: "Controlar os prezos e salarios , implica non só controlar o traballo da xente, senón tamén as súas
propias vidas. Ningún país pode conformarse só con facer parte do traballo."
En efecto, Hitler valeuse da economía de compulsión para construír a economía de guerra que constituía o
núcleo central do seu programa. A enorme cantidade de recursos que os nazis necesitaban vampirizar da
economía alemna, ía ser obtida mediante o vellísimo procedemento de imprimir papel moeda para o goberno en
grandes cantidades. Ata a xente pouco versada en economía sabe que ditas prácticas producen a subida
xeneralizada dos prezos, polo desaxuste entre unha demanda incrementada e unha oferta constreñida por
limitacións de natureza máis poderosa que a dispoñibilidade de tinta papel e selo.
Os nazis tiñan abofé que trala experiencia da hiperinflación alemana do 23, coa xente especialmente
sensibilizada aos incrementos de prezos, estas prácticas inflacionistas podían significar unha crecente
impopularidade. É por iso que Schacht comeza a establecer sucesivamente prezos máximos sobre aqueles
artigos que van véndose afectados pola inflación. Unha vez que o goberno embárcase en controlar prezos, o
proceso de compulsión xa non se detén. A combinación de máis diñeiro nas mans do goberno e do púúblico, cos
prezos invariables tipificados para algúns produtos, fai que a oferta xa non poida satisfacer a todos aqueles
que están dispostos a pagar o prezo que se pide. Aparecen así sucesivamente as colas, os desabastecimientos,
a acumulación por parte dos consumidores de calquera produto que teñen a sorte de atopar nas tendas, téñase
ou non necesidade perentoria del e finalmente o racionamiento. O economista francés Jacques Rueff relataba
cunha anécdota como funcionaba a política económica alemana: "Durante a miña visita a Schacht comunicáronlle
que xa non era posible atopar bañeiras en ningunha tenda. Ben, dixo Schacht, mañá publicaremos no Boletín
Oficial o seu racionamiento."
(DEL CASTILLO, J. I. : La economía de compulsión de la Alemania nazi. En: www.liberalismo.org. 1-III-2006)
197
Fonte: es.wikipedia.org.
Z. 11. O holocausto. Os campos de exterminio nazis
Z. 12. A suspensión das garantías constitucionales.
“Sobre a base do artículo 48, párrafo 2, da Constitución do Reich, decretamos para a defensa contra
os actos de violencia perigosos para o Estado, o que sigue:
1º. Os artículos 114, 115, 117, 118, 123, 124, e 153 da Constitución do Reich quedan suspendidos ata
nova orde. Por consiguiente, están autorizadas, incluso máis aló dos límites habitualmente fixados pola lei, as
restriccións á liberdade individual, o dereito da libre expresión das opinións, así como a liberdade de prensa,
o dereito de reunión e de manifestación, as violacións do segredo de correspondencia, do telegrafo e do
teléfono; as ordes de rexistro e requisa, asi como as restriccións á propiedade.
2º. Se nun land, as medidas necesarias para restablecer a seguridade e a orde pública non son tomadas,
o Goberno do Reich pode encargarse a título provisional dos poderes da autoridade suprema do land.
3º. As autoridades dos Länder e das comunas deben levar a efecto, no marco das súas atribucións, as
disposicións adoptadas polo goberno do Reich.
4º. ... Calquera que contraveña o párrafo 1, poña en perigo vidas humanas, será merecente de traballos
forzados -con circunstancias atenuantes a un mínimo de seis meses de detención- . Se a infracción provocou
198
Anexións territoriais alemanas entre 1936 e 1939
Fotogram a da pelicula: La cara del Führer. 1941
a morte dun home, será merecente da morte -con circunstancias atenuantes a un mínimo de dous anos de
traballos forzados-, ademais pode procederse igualmente á confiscación dos bens...
5º. Serán merecentes da pena de morte os delitos que o Código Penal castiga a traballos forzados nos
párrafos 81 (alta traición), 229 (tentativa de envelenamento), 307 (incendio voluntario), 311 (destrucción
mediante explosivos..., 315 (sabotaxes á vía férrea)...”
(Decreto para a protección do Pobo e do Estado do 28 de feb reiro de 1933 .En: La documentatión Photogrphique. Dossier nº
5.325, París, maio de 1972)
Z.13. O expansionismo nazi.
FONTE: FERNANDEZ, A. Obra citada, pax. 373.
Z. 14. A denuncia contra o réxime de Hitler.
199
Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.
1. As uvas da ira. EE. UU. 1940. Dir. John Ford. Xénero: drama social. Duración: 129 m.
2. Caballero sen espada. EE. UU. 1939. Dir. Frank Capra. Xénero: Drama. Duración: 129 m.
3. Esplendor na herba. EE. UU. 1961. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama romántico. Duración: 124 m.
4. Furia. EE. UU. 1936. Dir. Fritz Lang. Xénero: drama. Duración: 94 m.
5. Matar un reiseñor. EE. UU. 1962. Dir. Robert Mulligan. Xénero: drama racial. Duración: 129 m.
6. O gran salto. EE. UU. 1994. Dir. Joel Cohen. Xénero: comedia. Duración: 111 m.
7. O gran Gatsby. EE. UU. 1974. Dir. Jack Clayton. Xénero: drama. Duración: 144 m.
8. Tempos modernos. EE.UU. 1935. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 89 m.
9. A idade de ouro. Francia. 1930. Dir. Luís Buñuel. Xénero: drama surrealista. Duración: 60 m.
10 O pan noso de cada día. EE. UU. 1934. Dir. King Vidor. Sin datos nos demais apartados.
11. O triunfo da vontade. Alemaña. 1935. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental nazismo. Duración: 110
m.
12. Xoán Ningén. EE. UU. 1941. Dir. Frank Capra. Xénero: drama. Duración: 132 m.
13. Cayo largo. EE. UU. 1948. Dir. John Huston. Xénero: drama. Duración: 101 m.
14. Novecento. Italia. 1976. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 240 m.
15. Michael Collins. EE. UU. 1996. Dir. Neil Jordan. Xénero: drama biográfico. Duración: 132 m.
16. E o mundo marcha. EE. UU. 1928. Dir. King Vidor. Xénero: drama social. Duración: 90 m. Película muda.
17 Scarface, o terror da hampa. EE. UU. 1932. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama. Duración: 93 m.
18. Primeira plana. EE. UU. 1974. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 105 m.
19. De ratos a homes. EE. UU. 1992. Dir. Gary Sinise. Xénero: drama social. Duración: 110 m.
20. Nun lugar do corazón. EE. UU. 1984. Dir. Robert Benton. Xénero: drama social. Duración: 110 m.
21. Cabaret. EE. UU. 1972. Dir. Bob Fosse. Xénero: musical. Duración: 128 m.
22. O gran dictador. EE. UU. 1940. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 128 m.
23. Ser ou non ser. EE. UU. 1942. Dir. Ernst Lubitsch. Xénero: comedia. Duración: 99 m.
24. A caída dos deuses. Italia. 1969. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 164 m.
25. A condición humana. 1961. Dir. Masaki Kobayashi. Sin datos nos demais apartados.
26. A lista de Schindler. EE. UU. 1993. Dir. Steven Spielberg. Xénero: drama nazismo. Duración: 185 m.
27. A vida é bela. Italia. 1998. Dir. Roberto Benigni. Xénero: comedia/drama. Duración: 117 m.
28. Berlín Alexanderplatz. Alemaña. 1980. Dir. Rainer Wender Fassbinder. Sin datos nos demais apartados.
29. O conformista. Italia. 1970. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 108 m.
30. O delicto de Matteotti. Italia. 1973. Dir. Florestano Vancini. Xénero: drama político. Duración: 113 m.
31. O xardín dos Finzi-Contini. Italia. 1971. Dir. Vittorio de Sica. Xénero: drama. Duración: 92 m.
32. Olimpiada. Alemaña. 1938. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental. Duración: 225 m.
33. Sopa de ganso. EE. UU. 1933. Dir. Leo McCarey. Xénero: comedia. Duración: 70 m.
34. Carros de lume. Reino Unido. 1981. Dir. Hugh Hudson. Xénero: drama/deporte. Duración: 123 m.
35. O prado. Irlanda. 1990. Dir. Jim Sheridan. Xénero: drama. Duración: 110 m.
36. Sombras e néboa. EE. UU. 1991. Dir. Woody Allen. Xénero: comedia. Duración: 86 m.
200