cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo ingredientes...

13
Bolachas Herbas Sucre sal I L U S T R A D A S D iv e r ti d a s r e c e itas a n i m a d a s p a r a p r e p arar e p a p a r c o a c a t iv a da R E C E T A RI O C O C I Ñ E I R A S

Upload: others

Post on 14-Dec-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Bolachas

Herbas

Sucre

sal

ILUSTRADASDivertidas receitas animadas

para preparar e papar coa cativadaRECETARIO

COCIÑEIRA

S

Page 2: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Pratos• Roliños de arroz• Crema de arroz con cabaza e luras• Cordon bleu de pescada• Luriñas de salchicha con pasta• Niño de paspallás

Merendas• Bolo preñado con xamón cocido e queixo • Cornete de pavo e verduras• Sándwich mixto con corazón fantasía de amanita muscaria

Sobremesas• Galletas de leite condensado• Crema de chocolate branco e iogur

Page 3: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Pratos

Roliños de arroz

Necesitas• 1 coitelo• 1 tixola• 1 cazo

Ingredientes• 100 g de arroz • 50 g de brotes de soia• 4 follas de pasta �lo• 1 cenoria• Aceite• Sal

Fácil - 4 persoas - 50 minutos

1. Para empezar, coce o arroz co dobre de auga e un chisco de sal durante uns 20 minutos.

2. Despois, corta a cenoria en tiras o máis �nas posibles. 3. A continuación, mestura o arroz cocido cos brotes de soia e as tiras de cenoria.

4. Agora, sobre as follas de pasta �lo, colocamos o recheo que preparamos. Dobramos e selamos as follas de pasta �lo de tal modo que o recheo quede ben pechado.

5. Por último, fritimos os roliños na tixola con aceite.

Consello: En vez de fritir os roliños, podes metelos no forno, quedarán ben dourados.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 4: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Pratos

Crema de arroz con cabaza e luras

Necesitas• 1 pota alta• 1 cullerón• 1 espátula • 1 coador chinés• 1 coador • 1 tixola

Ingredientes• 1 cebola• 400 g de cabaza picada• 75 g de arroz• 100 g de luras desconxeladas e cortadas en tiriñas �nas• 2 litros de caldo de peixe• Aceite de oliva• Sal• Pementa

Fácil – catro persoas – 1 hora

1. Na pota, refoga no aceite a cebola picada, a cabaza e mais o arroz.

2. Despois engádelle o caldo e deixa cocer todo media hora.

3. Pasado ese tempo, retira do lume e tritura todo cun batedor.

4. Logo, coa a crema, primeiro por un coador chinés e despois por un coador normal.

5. Proba para ver como está de sal e pementa, engade o que lle falte e reserva en quente.

6. Agora tócalle ás luras. Nunha tixola cun pouco aceite, saltéaas uns minutos.

7. Por último, coloca as luras salteadas no centro do prato. Engade a crema de arroz e cabaza e serve quente.

Consello: Se ao saltear as luras co aceite, botas tamén um pouco de allo picado, o prato estará moito máis rico.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 5: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Pratos

Cordon bleu de pescada

Necesitas• 1 tixola• 1 táboa para cortar• 1 coitelo• 3 cuncos para empanar• 4 escarvadentes• Papel de cociña

Ingredientes • 4 �letes de pescada grandes sen espiñas nin pel• 4 rebandas de xamón serrano• 4 rebandas de queixo• 2 ovos• Sal• Fariña • Pan relado• E aceite para fritir

Moi fácil – catro persoas – 20 minutos

1. Estende o �lete nunha táboa, bótalle sal, coloca o xamón e o queixo por enriba e dobra pola metade cubrindo o xamón e o queixo para que quede en forma de bocadillo. (É como facer unha manualidade)

2. A continuación, pasa un escarvadentes dun lado ao outro para que non se separe e reboza en fariña, ovo e pan relado por todos os seus lados.

3. Agora, frite en abundante aceite e escorre sobre papel de cociña o exceso de graxa.

Consello: Se tes un bo xamón ibérico e un bo queixo manchego o resultado será exquisito.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 6: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Pratos

Luriñas de salchicha con pasta

Necesitas• 1 pota• 1 tixola ou fritideira• 1 prato• 1 coitelo• 1 culler

Ingredientes • 8 salchichas • 300 g de espaguetis negros• Mollo de tomate• Sal

Moi fácil – catro persoas – 30 minutos

1. Coce os espaguetis nunha pota seguindo as instrucións da caixa. Escórreos e coloca a pasta nun prato en forma de onda.

2. Corta as salchichas pola metade co coitelo e faille dous cortes a cada metade en forma de cruz, sen chegar ao �nal.

3. Frite as salchichas na tixola ou na fritideira e ponas sobre un papel de cociña para absorber a graxa.

4. Coloca as salchichas enriba da pasta e ponlle por riba o mollo de tomate.

Consello: Tamén podes engadirlle ao prato gambas, lagostinos ou mexillóns.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 7: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Pratos

Niño de paspallás

Necesitas• 1 pota• 1 mandolina ou relador• 1 escoadoiro• 1 garfo

Ingredientes• 350 g de espagueti ou tallarín• 1 cabaciña• 2 cenorias• 8 ovos de paspallás• 125 g de mollo de tomate

Fácil – catro persoas – 30 minutos

1. Coa axuda da mandolina, corta a cabaciña e a cenoria en tiras longas e �nas, como espaguetis, e reserva.

2. Nunha pota, coce os ovos de paspallás uns tres minutos desde que empece a ferver a auga. Pélaos e resérvaos.

3. Coce a pasta nunha pota seguindo as instrucións do paquete, uns nove minutos desde que empeza a ferver a auga, e antes de escorrer engade a cenoria e deixa que pasen uns segundos.

4. Coloca as tiras de cabaciña no fondo do escoadoiro e escorre os espaguetis e a cenoria por riba deles.

5. Coa axuda dun garfo, dándolle voltas, imita a forma dun niño, coloca dentro os ovos e decora co mollo de tomate.

Consello: Se non tes unha mandolina, corta a cabaciña primeiro en rebandas �nas e despois ao longo. Tamén podes usar bonito, carne ou outros ingredientes.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 8: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Merendas

Bolo preñado con xamón cocido e queixo

Necesitas• 1 rolo• 1 placa de forno• 1 recipiente

Ingredientes• 350 ml de auga morna• 10 g de fermento prensado• 10 g de sal• 4 rebandas de xamón cocido• 4 rebandas de queixo• Medio kilo de fariña

Laboriosa – Catro persoas – 40 minutos + 30 minutos de repouso

1. Mestura nun recipiente a auga coa levadura até disolvela e vai engadindo a fariña e o sal até que consigas unha masa homoxénea.

2. Deixa repousar durante 30 minutos aproximadamente.

3. Fai bólas e estíraas coa axuda do rolo.

4. A continuación, enche cada porción de masa co xamón e co queixo e enrólaas.

5. Coloca os boliños sobre a placa e cocíñaos no forno durante 20 minutos a 200 °C.

Consello: Proba a facer diferentes versións desta receita, substituíndo o xamón cocido por beicon ou mesmo chourizo.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 9: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Merendas

Cornete de pavo e verduras

Necesitas• 1 cunca ou recipiente• 1 coitelo

Ingredientes• 4 tortiñas mexicanas• 4 rebandas de pavo cocido• 4 follas de leituga• 2 cenorias reladas• Maionesa• Kétchup

Moi fácil – catro persoas – 20 minutos

1. Primeiro, pica a leituga e o pavo en tiriñas �nas.

2. Mestura nun bol a leituga, o pavo, a cenoria relada, a maionesa e o kétchup ao teu gusto.

3. Por último, envolve o pan en forma de cornete e enche coa mestura anterior.

Consello: Innova e crea os teus propios recheos a partir dos ingredientes que máis che gusten: atún, tomate, salmón, xamón, etc.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 10: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Merendas

Sándwich mixto con corazón fantasía de amanita muscaria

Necesitas• 1 prancha ou tixola• 1 cazo• 1 espátula• 1 coitelo • 1 escarvadentes.

Ingredientes • 8 rebandas de pan de molde• 4 ovos• 4 rebandas de queixo• 4 rebandas de xamón cocido• 2 tomates maduros• 1 chisco de sal• 2 culleradas de maionesa• 1 chisco de manteiga

Fácil – catro persoas – 20 minutos

1. Coce os ovos en auga con sal, fervendo durante 10 minutos, e despois resérvaos.

2. Unta o pan de molde con manteiga e tórrao na prancha ou na tixola. Unha vez torrado, nunha das rebandas fai un burato.

3. Pon o xamón e o queixo sobre a rebanda de pan enteira e tápaa coa rebanda furada.

4. Córtalle as cabezas aos ovos cocidos para que se manteñan de pé dentro do

oco do pan. Corta o tomate e pon unha das metades encima do ovo.

5. Coa axuda dun escarvadentes, decora o tomate cunhas pingas de maionesa de tal modo que pareza un cogomelo: a amanita muscaria.

Consello: Para facer o burato no pan, podes axudarte dun vaso de tubo.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 11: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Sobremesas

Galletas de leite condesado

Necesitas• 1 batedor manual • 1 cunca ou recipiente• 1 culler

Ingredientes • 1 xema de ovo • 125 g de manteiga a temperatura ambiente• 200 g de leite condensado• 350 g de maicena• 25 g de azucre• 15 g de fermento de tipo Royal

Fácil – catro persoas – 45 minutos

1. Mestura ben o ovo , a manteiga e o leite condensado nun recipiente un pouco alto para non manchar.

2. A continuación, engade a maicena e o fermento e mestura ben.

3. Agora, saca a masa do recipiente e forma as galletas a temperatura ambiente. Non as fagas moi grandes, xa que logo no forno aumentarán case o dobre.

4. Por último, méteas no forno a 160 °C durante 12 ou 15 minutos, déixaas enfriar e xa están listas para servir.

Consello: Cando estean frías, éncheas de crema de abelás, marmelada ou calquera ingrediente que che apeteza.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 12: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Crema de chocolate branco e iogur

Necesitas• 1 cunca ou recipiente• 1 batedor manual• 1 coitelo normal• 1 cazo

Ingredientes• 420 g de tona líquida para montar• 280 g de chocolate branco picadiño en anacos pequenos• 250 g de iogur• 4 galletas tipo Oreo

Moi fácil – catro persoas – 20 minutos

Sobremesas

1. Limpa e reserva a parte branca das Oreo. Pica o resto das galletas en anaquiños.

2. Nun cazo, pon a ferver a tona coa parte branca das galletas e despois engádelle o chocolate branco.

3. Traballa a mestura ben co batedor até que se disolva.

4. Por último, engádelle o iogur previamente batido e mete na neveira a enfriar.

5. Só queda presentalo. Nunha copa tipo cocktail ou nunha cunca, pon a crema fría e decora cos anacos da galleta por enriba.

Consello: Esta crema está moi boa cunha boliña de xeado de vainilla dentro.

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S

Page 13: cocineiras ilust recetario...• 1 mandolina ou relador • 1 escoadoiro • 1 garfo Ingredientes • 350 g de espagueti ou tallarín • 1 cabaciña • 2 cenorias • 8 ovos de paspallás

Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

cidadedacultura.gal

Cociñeiros: Xenxo Pereiro, Santiago Martínez, David Cidre e Miguel A. Caruncho da Escola de Escola de

Hostalaría Belarmino Fernández. Sober (Lugo).

Fotos: Toño Arias

ILUSTRADASCOCIÑEIRA

S