cine na aula

10
Ciencias para o mundo contemporáneo 1º bacharelato UD: “saúde e calidade de vida”

Upload: oicorojuara

Post on 14-Aug-2015

356 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cine na aula

Ciencias para o mundo contemporáneo1º bacharelato

UD: “saúde e calidade de vida”

Page 2: Cine na aula

Ano: 2006 Duración: 125 minutos País: Estados Unidos Director: John Curran Sinopsis: Años veinte. Kitty (Naomi Watts) es una

joven inglesa de la alta sociedad que, para escapar de su ambiente familiar, se casa con Walter (Edward Norton), un prometedor médico. Ambos se trasladan a Shangai, donde Kitty se enamora de un norteamericano (Liev Schreiber) con el que tiene una aventura. Cuando Walter descubre la infidelidad de su esposa, decide trasladarse con ella a una de las regiones más remotas de China, para intentar luchar contra una mortal EPIDEMIA DE CÓLERA.

Page 3: Cine na aula

Como se trata dunha película de longa duración (125 minutos) e o tempo na ensinanza é ouro, este filme será proxectado dende o minuto 34, posto que é a partires de aquí comeza a historia que realmente nos interesa traballar na aula.

A parte anterior comentaríaselle aos alumnos para poñelos en situación pero non é relevante posto que se centra na historia de amor dos protagonistas.

Así pois, quédannos aproximadamente uns 85 minutos de filme (sen os créditos).

O ideal sería ver a película de maneira continuada, o que se podería conseguir intercambiando unha sesión de clase con algún profesor para conseguir ter dúas seguidas.

Sendo así, sobraríannos uns 20 mintuos que empregariamos en comentar e debatir os aspectos de temática transversal que se reflexan na película.

Page 4: Cine na aula

O racismo e o sometimento que se aprecian no filme. A evolución do pensamento da protagonista dende o

egoismo ata a solidaridade. A crenza enfrontada á ciencia palpable ao longo da

película. A enfermidade como problema colectivo. A busca de beneficios economícos e/ou ideais (como

sucede na película) por riba doutras consideracións cando se trata de enfermidades epidémicas ou pandémicas.

A dedicación exclusiva á ciencia e a investigación, que se ve reflexada no protagonista, a pesares de arriscar a súa vida.

Os ideais dos nacionalistas que condenan a todo aquel que non sexa Chino/a a pesares de estar axudandoos, por vinganza ao sometimento que sofren nese momento.

Page 5: Cine na aula

Coñecemento da orixe infecciosa de enfermidades coma o cólera.

Asociación das epidemias cos axentes infecciosos que as producen. Neste caso:  Vibrio cholerae.

Principais métodos para convatir as epidemias. A importancia da auga potable como fonte de

saúde. A relevancia das vacinas como método preventivo

e dos antibióticos como método curativo.

Page 6: Cine na aula

Como o filme xa ocupa dúas sesións de clase, os alumnos entregarán un traballo que realizarán como tarefa fora da aula.

O traballo constará de dúas actividades, unha previa á proxección da película, que será individual e outra posterior que será en grupos de 3 alumnos cada un.

Page 7: Cine na aula

Realización dun breve informe que entregarán en formato pdf ou word no que tratarán os seguintes puntos: Breve explicación sobre as diferenzas entre

epidemia e pandemia. Que quere dicir que unha enfermidade sexa

contaxiosa? Que é o cólera? Por que se produce? En que

consiste? Que importantes epidemias sucederon no século XX?

Relaciona a importancia da auga contaminada coa trasmisión das enfermidades contaxiosas.

Cita e comenta brevemente as principais epidemias ou pandemias que se produciron ao longo da historia.

Page 8: Cine na aula

Esta actividade está deseñada para que os alumnos en grupos de 3 preparen un traballo en formato PowerPoint ou vídeo e o expoñan na clase ao resto dos compañeiros.

Nesta actividade, os alumnos terán que convertirse nun minigrupo de investigación.

Situaranse na zona xeográfica que desexen, pode ser o seu pobo, outro país, un lugar imaxinario,…

Este lugar será víctima dunha epidemia da enfermidade que eles prefiran, que novamente pode ser real ou inventada.

Page 9: Cine na aula

A continuación, deberán deseñar un paquete de medidas coas que combatir a epidemia.

Para elo terán en conta: A parte científica na que incluirán:

As medidas que van levar a cabo: tanto sobre as persoas como sobre a auga, os alimentos, e demais medios de transmisión.

Os custos das mesmas. A maneira de aplicalas. A súa eficacia.

A parte civil incluirá: A ideoloxía dos habitantes. Os recursos económicos da zona. Incluso poderían de maneira voluntaria

informarse dalgún tipo de subención ou finanzamento que poderían empregar se fose un caso real.

Page 10: Cine na aula