ciencias sociais. unidade 6. a máquina do tempo....ciencias sociais. unidade – 6. a máquina do...
TRANSCRIPT
Ciencias Sociais. Unidade – 6. A máquina do tempo.
Nesta ultima unidade de sociais imos repasar contidos vistos ou que estamos vendo en
matemáticas e as lenguas, en relación ao tempo e como medilo, reloxos, calendarios, etc,
iniciándonos deste xeito na história.
Ler ben os enunciados antes de comezar a facer as actividades.
Na actividade 1, relacionamos o que usamos para medir as horas e os días.
Na actividade 3 escolledes una data de celebración da localidade, feira do viña, destas do
verán…
Repasade as actividades que vos proponen no ximnasio. Cústalles entender o paso do tempo
cando pasan moitos anos.
Ver o vídeo polo menos dúas veces. As etapas da historia van ser estudiadas en cursos
seguintes.
Ler os descubrimentos importantes da historia e quen os fixo. Podedes ampliar algo o que di
na lectura.
Poden buscar información sobre a biografía dos seguintes personaxes da historia de España, e escribir o máis destacado no caderno, catro ou cinco liñas: − Lucio Anneo Séneca. − Alfonso X O Sabio. − Diego de Velázquez. − Pablo Picasso.
Enlace do Museo do Pobo Galego.
http://www.museodopobo.gal/web/expo-sala-arqueoloxia.php
Neste enlace vemos imaxes de restos arqueolóxicos dos nosos antepasados.
Actividade 13. As normas a seguir nun museo.
A creación do calendario é una decisión vosa.
Facemos unha liña de tempo, se non queredes facelo dunha persoa, podedes buscar imaxes da
vosa localidade, como eran as rúas, os coches…, a través do tempo, ou de outro lugar que sexa
significativo para vos.
Xa sei.
Aconsello ver algún vídeo de Erase una vez las civilizaciones, de la serie Erase una vez el
hombre, aínda que son en castelán daralles unha idea de cómo cambiou a historia da
humanidade e os seus avances. O enlace é sobre os contructores das catedrais na Idade Media
e o Descubrimento de América.
https://www.youtube.com/watch?v=XfkDUQG6jDc
https://www.youtube.com/watch?v=VPoNbYOjhQw