castro de elviña

29
O CASTRO DE ELVIÑA

Upload: agrela-elvixeo

Post on 21-Apr-2017

46 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Castro de Elviña

O CASTRO DE ELVIÑA

Page 2: Castro de Elviña

As orixes da cidade

• A cidade de A Coruña ten na súa orixe histórica un puzzle difícil de realizar onde moitas pezas non encaixan polo que a lenda e a mitoloxía seguen en pé. Problemas como os dos antecedentes constructivos do Faro de Hércules, a situación de Brigantia, a importancia do porto da cidade no pasado, o orixe da Cidade Vella cos seus templos pagáns, o Castro de Elviña e os seus moradores...

Page 3: Castro de Elviña

A Coruña castrexa• Os inicios da Coruña están na prehistoria.• A cultura castrexa é a primeira manifestación

de urbanización.• O pobo prerromano ártabro representa o

antecedente máis destacado desta civilización.• Topónimos como: Os Castros, Castrillón son

indicios de antigas ocupacións prerromanas.• Pero será o castro situado en San Vicenzo de

Elviña o marco máis coñecido desta civilización prerromana.

Page 4: Castro de Elviña

A Galicia castrexaSituación dos castros no territorio galego

Máis de 4000Castros

Están catalogados en

Galicia

Page 5: Castro de Elviña

A cultura castrexaFotografía e plano do castro de Baroña e Viladonga

COAG. Proxecto Terra

Page 6: Castro de Elviña

Situación do castro de Elviña

• O Castro de Elviña é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña, nunha pequena elevación que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro, no concello da Coruña.

Page 7: Castro de Elviña

A Coruña e a súa orixeO castro de Elviña

Page 8: Castro de Elviña

O castro de Elviña

• Hai 60 anos o arqueólogo Luís Monteagudo, inicia a escavación do Castro de Elviña.

• Xacemento arqueolóxico que ata entón practicamente descoñecíase. Situado nos dominios dos antigos ártabros.

• Dende que en 1947 fíxose a primeira escavación, esta continúa tras varios cortes ata a actualidade.

Page 9: Castro de Elviña

Fases das escavacións• As primeiras escavacións datan dos anos

40, podéndose establecer tres etapas no seu estudo:

• 1ª Etapa: (1947 - 1953) na que se realizan escavacións dirixidas por Luis Monteagudo e José Mª Luengo. Ditas escavacións lévanse a cabo fóra da muralla, ao sueste da croa. Saen á luz casas (entre elas a casa da exedra e a casa do tesouro), o alxibe, a muralla e os cubos da entrada sueste da croa.

Page 10: Castro de Elviña

Fases das escavacións

• As primeiras escavacións datan dos anos 40, podéndose establecer tres fases no seu estudo:

• 1ª Fase: (1947 - 1953) na que se realizan escavacións dirixidas por Luis Monteagudo. Ditas escavacións lévanse a cabo fóra da muralla, ao sueste da croa. Saen á luz casas (entre elas a casa da exedra e a casa do tesouro), o alxibe, a muralla e os cubos da entrada sueste da croa.

Page 11: Castro de Elviña

Fases das escavacións

• 2ª fase: (1979 - 1985) anos nos que se realizaron escavacións dirixidas por Felipe Senén. Fixéronse traballos de recuperación das zonas anteriormente escavadas, e sondaxes no interior do recinto amurallado.

• 3ª fase: (2002 - actualidade) na que se levan a cabo escavacións dirixidas por Xosé María Bello enmarcadas dentro do Proxecto Artabria de posta en valor do xacemento

Page 12: Castro de Elviña

O castro de Elviña• Os resultados das escavacións permiten deducir a

existencia de catro fases de ocupación: • 1ª dende o s. III a.C., prerromana e tipicamente

castrexa. As fases máis antigas de ocupación atopáronse na croa ou acrópole, con restos relacionados como cerámica datada no século II a.c., moldes de espadas de antena ou o conxunto de xoias áureas.

• 2ª dende I a.C. ata o século I d.C., de progresiva romanización (presenza de cerámica de importación) pero caracterizadas pola presenza de casas circulares.

Page 13: Castro de Elviña

O castro de Elviña• 3ª fase e ocupación foi o maior momento de apoxeo da

comunidade, un auxe económico que se testemuña a través de restos arqueolóxicos de mercancías froito da actividade comercial marítima. Durante esta etapa o castro sofre un proceso de transformación urbana, visible principalmente nos seus muros e portas e na construción de casas rectangulares.

• 4ª fase un cuarto período de progresivo abandono. Probablemente, o castro foi abandonado no século II d.C. e quizais a súa poboación trasladouse cara á cidade romana de Brigantium, establecida na península coruñesa, na actual zona do Parrote. Caracterizase pola reutilización e transformación de algunhas construcións preexistentes aproveitando os materiais.

Page 14: Castro de Elviña

O castro de ElviñaFotografía aérea

SIGPAC

Page 15: Castro de Elviña

Casa da exedra

• As construcións máis notorias son a Casa da Exedra, de arredores do século I a.C.. É rectangular e ergueuse sobre varias circulares anteriores, unha das cales foi reaproveitada deixando un semicírculo (exedra) que foi abovedado. A Casa da Exedra foi posiblemente un forno. Nunha segunda etapa dividiuse en dúas partes, engadíndoselle un vestíbulo pequeno.

Page 16: Castro de Elviña

Fonte alxibe• A fonte-alxibe. Trátase dunha construcción

rectangular, de case 12 metros de longo, con dúas escaleiras enfrontadas de 12 chanzos de pedra que descenden, máis de 5 metros, ata a rocha, onde existiría un pozo manancial. Aínda hoxe brota auga do manancial e, en épocas de chuvia, pode encherse ata arriba. Na actualidade, está rodeada dun pequeno muro que posiblemente fose construído no século XVIII polos habitantes da zona, para evitar caídas perigosas, e que foi consolidado durante as escavacións arqueolóxicas.

Page 17: Castro de Elviña

Castro de Elviña. Alxibe

Page 18: Castro de Elviña

O castro de Elviña• O templo do “ídolo fálico”. Así chamado polo seu

descubridor, José María Luengo, aínda que non poidamos afirmar que fose un verdadeiro santuario ou templo; posiblemente, sería un lugar de reunión colectiva dos habitantes do castro. Trátase dunha construción, situada entre a fonte-alxibe e a entrada monumental, de maior tamaño que as demais, de formas mixtas, con zonas rectas e curvas, e da que só se conservan os restos incompletos da parte baixa das súas paredes. Pegado aos seus muros, existe un banco corrido cun espacio libre no medio no que apareceu un ídolo de formas fálicas, o que permite deducir a posible existencia de cerimonias rituais relacionadas coa fecundidade.

Page 19: Castro de Elviña

Detalle do castro de Elviña

Page 20: Castro de Elviña

O Tesouro de Elviña• O tesouro de Elviña. Atopado oculto

debaixo do pavimento dunha das casas do castro, está formado por un colar articulado, unha diadema e unha gargantilla; todas elas de gran beleza e feitas dunha aliaxe de ouro cunha pequena proporción de prata. A súa decoración é moi variada e combina técnicas e motivos de tradición centroeuropea e mediterránea.

• Este tesouro atópase actualmente no museo arqueolóxico provincial de San Antón.

Page 21: Castro de Elviña

O Tesouro de Elviña

Page 22: Castro de Elviña

Tesouro de Elviña

Page 23: Castro de Elviña

Castro de Elviña: a súa recuperación

• 55 anos despois de Monteagudo, todo indica que chegou o momento da definitiva recuperación de Elviña. O actual proxecto municipal conseguiu saír adiante e, tras un período de elaboración e trámites, este ano se inician por fin las actuacións no castro, seguindo un amplo e ambicioso programa que, promovido polo concello, conta co apoio e a colaboración financeira da Xunta de Galicia, e que foi elaborado coa colaboración ata o momento de equipos técnicos das universidades de Santiago e Barcelona.

Page 24: Castro de Elviña

Castro de Elviña visto dende o instituto de Someso

CASTRO DE ELVIÑA

Page 25: Castro de Elviña

O castro de Elviña: recuperación

• O proxecto actual coincide en parte co plan que, baixo o título “Turismo en Elviña”, redactara Luis Monteagudo pouco despois da súa dirección da campaña de 1947, e que na actualidade pretende recuperar e consolidar o Castro coa creación dun museo: “Casa do Antepasados”.

Page 26: Castro de Elviña

O castro de Elviñavista do castro dende o val de Mesoiro

Castro deElviña

Page 27: Castro de Elviña

Castro de Elviña

Page 28: Castro de Elviña

Castro de Elviña

Page 29: Castro de Elviña

Castro de Elviñaacceso sueste á croa