castelao e nós

2
No ámbito persoal, sofre a perda do fillo e o agravamento da súa doenza ocular. Nestas circunstancias marchou para a Bretaña, onde comezou As cruces de pedra na Bretaña, dada a coñecer en 1930. Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista comezará o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas galeguistas. A finais dese ano contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación nacionalismo galego. Porén, en 1934 foi desterrado a Badaxoz, onde comezará a escribir o Sempre en Galiza. De volta a Pontevedra, convócanse as eleccións en 1936 e consegue o escano con maior número de sufraxios da provincia pontevedresa. Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir , Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional. Logo de realizar unha viaxe institucional á URSS, tamén estivo en distintos lugares de América (Nova York e outras cidades dos Estados Unidos, Cuba, e finalmente Bos Aires), para facer unha campaña de axuda á República dende o exilio. En 1946 foi nomeado ministro do goberno no exilio de Giral, en representación dos partidos antifascistas galegos, e volve a París. Pero o seu desencanto foi aumentando, e en xullo de 1947 regresa a Bos Aires, logo da dimisión do goberno no exilio. Nos primeiros meses do ano 1949 detectóuselle un cancro no pulmón que o afastou da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece en Bos Aires o 7 de xaneiro. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de volver a Galicia, e soterrado no cemiterio da Chacarita. Os seus restos mortais foron repatriados e levados ao Panteón de Galegos Ilustres, en Compostela, o 28 de xuño de 1984, en medio de protestas populares que acusaban as autoridades de que “os que o exiliaron agora fanlle honores”. Con motivo da celebración neste ano 2011 do 125 aniversario do nacemento de Castelao, volvemos sacar á luz unha exposición da súa obra ideada no ano 2000 pola AS-PG, e patrocinada pola Fundación Castelao e diferentes concellos entre os que se atopaba o Concello de Redondela. Titulouse daquela “Castelao e nós. Unha viaxe pola súa obra”. Hoxe, ao conmemorarmos este 125 aniversario, queremos mostrar a vixencia do seu pensamento e da súa obra, achegando á cidadanía unha selección de debuxos e textos significativos do autor. Idea orixinal Revisión e edición dos textos Servizo de Normalización Lingüística Patrocinio Concellaría de Normalización Lingüística Concello de Redondela Castelao e nós 125 aniversario Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950 “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma” Sempre en Galiza

Upload: snl-redondela

Post on 15-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Folleto da exposición 125 aniversario

TRANSCRIPT

No ámbito persoal, sofre a perda do fillo e o agravamento da súa doenza ocular. Nestas circunstancias marchou para a Bretaña, onde comezou As cruces de pedra na Bretaña, dada a coñecer en 1930.

Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista comezará o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas galeguistas. A finais dese ano contribuíu con numerosos mitins por todo o país á unificación e consolidación nacionalismo galego. Porén, en 1934 foi desterrado a Badaxoz, onde comezará a escribir o Sempre en Galiza.

De volta a Pontevedra, convócanse as eleccións en 1936 e consegue o escano con maior número de sufraxios da provincia pontevedresa. Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que se reflicte nos álbums de guerra (Galiza Mártir, Atila en Galiza, Milicianos), de grande difusión internacional.

Logo de realizar unha viaxe institucional á URSS, tamén estivo en distintos lugares de América (Nova York e outras cidades dos Estados Unidos, Cuba, e finalmente Bos Aires), para facer unha campaña de axuda á República dende o exilio. En 1946 foi nomeado ministro do goberno no exilio de Giral, en representación dos partidos antifascistas galegos, e volve a París. Pero o seu desencanto foi aumentando, e en xullo de 1947 regresa a Bos Aires, logo da dimisión do goberno no exilio.

Nos primeiros meses do ano 1949 detectóuselle un cancro no pulmón que o afastou da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece en Bos Aires o 7 de xaneiro. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de volver a Galicia, e soterrado no cemiterio da Chacarita.

Os seus restos mortais foron repatriados e levados ao Panteón de Galegos Ilustres, en Compostela, o 28 de xuño de 1984, en medio de protestas populares que acusaban as autoridades de que “os que o exiliaron agora fanlle honores”.

Con motivo da celebración neste ano 2011 do 125 aniversario do nacemento de Castelao, volvemos sacar á luz unha exposición da súa obra ideada no ano 2000 pola AS-PG, e patrocinada pola Fundación Castelao e diferentes concellos entre os que se atopaba o Concello de Redondela. Titulouse daquela “Castelao e nós. Unha viaxe pola súa obra”.

Hoxe, ao conmemorarmos este 125 aniversario, queremos mostrar a vixencia do seu pensamento e da súa obra, achegando á cidadanía unha selección de debuxos e textos significativos do autor.

Idea orixinal

Revisión e edición dos textos

Servizo de Normalización Lingüística

Patrocinio

Concellaría de Normalización LingüísticaConcello de Redondela

Castelao e nós125 aniversario

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Rianxo, 30 de xaneiro de 1886

Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950

“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”

Sempre en Galiza

A exposición inclúe debuxos e textos dos seguintes libros.

NósÁlbum de estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918, coa intención de mostrar “as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro”.O contido do álbum apareceu primeiro en exposicións (a primeira delas na Coruña en marzo de 1920, e a continuación en todas as cidades galegas, en Madrid e en Barcelona), e impulsou numerosos actos culturais e conferencias ao seu redor.

A primeira edición saíu do prelo de Hauser y Monet, de Madrid, en 1931, “ cando Galicia se espreguizaba dun longo sono”.

Cousas da vida

Con este nome xenérico a editorial Galaxia publicou, entre 1961 e 1971, unha escolma dos debuxos (reunidos en seis libros temáticos), publicados entre 1924 e 1925 na portada dos xornais vigueses Galicia e Faro de Vigo.

Cada debuxo ía acompañado dun breve texto ao pé: ás veces un comentario ou pensamento, outras un diálogo entre as figuras representadas. Reflicten cun humor satírico a realidade social e económica da Galicia do momento.

Galiza mártirÉ o primeiro dos tres álbums de guerra, nos que defende a República e denuncia a represión que estaba sufrindo Galicia. Foi editado en Valencia, en 1937, polo Ministerio de Propaganda da República. Está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa, cun breve título manuscrito en galego (que o editor completou coa tradución en castelán, francés e inglés). Estaba dedicado aos galegos que andan polo mundo: “estas estampas, arrincadas da miña propia dor, van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade e sodes a única reserva que nos queda para reconstruír o fogar desfeito”.

Atila en GaliciaEste foi o segundo dos álbums de guerra, publicado tamén en Valencia, en 1937, pola Confederación Nacional de Trabajadores. Segue a mesma estética e estrutura que o anterior, e a tradución dos textos fíxose neste caso en castelán, francés, inglés e sueco.

O propio Castelao explicaba así a súa motivación: “Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir. E na miña Terra cumprirase a vontade dos mártires”.

Sempre en GalizaÉ un libro de ensaio político no que Castelao reúne artigos, ensaios, conferencias e discursos, xunto a material pensado especificamente para a obra.

A obra estrutúrase en catro libros e un Adro, a xeito de limiar da obra. Este abrangue os artigos que escribiu para A Nosa Terra en 1935, dende o seu desterro en Badaxoz. Mostra o seu posicionamento no seo do Partido Galeguista e a súa orientación ideolóxica, enfrontado co principal ideólogo do galeguismo ata entón, Vicente Risco.

Os catro libros seguintes foron escritos durante a Guerra Civil (artigos publicados en Nueva Galicia, o xornal dos galegos exiliados en Madrid); en Nova York e durante a viaxe que o levou a Bos Aires en 1940, e nesta cidade arxentina entre 1942 e 1943. Neles manifesta o posicionamento dos diferentes grupos políticos ante o problema nacional, analiza

as avantaxes dunha república federal, a historia do galeguismo e do Estatuto, fala dunha posible colaboración cos republicanos españois, albisca un triunfo dos aliados que fará posible a desfeita do réxime franquista, e finalmente mostra a súa desilusión coa política e céntrase no federalismo.

No último libro inclúe o discurso Alba de Gloria pronunciado no Teatro Arxentino de Bos Aires o 25 de xullo de 1948.A obra publicouse o 10 de marzo de 1944 en Bos Aires.

“A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu preguntaríalles: dialecto de que idioma? Do que vós chamades español? De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do galego. Acaso queredes decir que é un dilecto do latín? Pois entón chamádelle dialecto ao francés, ao italiano, ao rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego”.

BiografíaAfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao é a figura máis relevante da Historia da Galicia do século XX. Naceu en 1886 en Rianxo e, con once anos, tivo que saír da súa vila para coñecer de preto o mundo da emigración na Pampa arxentina. De regreso a Galicia, concluíu o Bacharelato e iniciou os estudos de Medicina en Compostela (1903-1909). Participa, xa daquela, nalgúns episodios teatrais, pintando caricaturas e asistindo ao faladoiro do Café Colón.

En 1910 comezou a traballar como médico rural na súa vila, a colaborar na política local, e pronunciando conferencias como artista plástico. Mais a profesión médica non conseguiu satisfacelo e unha crise de cegueira en 1914 precipitou o seu afastamento da Medicina. En 1916 gañou unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra, traballo que alternou co de profesor auxiliar de debuxo no Instituto Xeral e Técnico da cidade.

Nesta altura Castelao é xa un artista recoñecido e o seu labor centrarase nas artes plásticas: exposicións (estampas Nós) e conferencias ("Algo acerca da caricatura"). Reflexiona sobre as relacións entre a Arte e a Terra: Arte e Galeguismo (1919), e Diarios de Arte, despois da viaxe por Europa en 1921. Logo entrará definitivamente na literatura: Cousas da vida (1922), Cousas (1929), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934).