casa do muiñeiro. taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo,...

6
BENITO LOSADA Naceu en Lugo en 1946 Está vencellado a numerosos proxec- tos culturais entre os que destacan: Outono Fotográfico, Xornadas de Banda Deseñada, Bienal da Caricatura, Clube Cultural Alexandre Bóveda. Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, biblioteca. Corredor de entrada á casa.

Upload: others

Post on 06-Aug-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

BENITO LOSADA

Naceu en Lugo en 1946

Está vencellado a numerosos proxec-

tos culturais entre os que destacan:

Outono Fotográfico, Xornadas de

Banda Deseñada, Bienal da

Caricatura, Clube Cultural Alexandre

Bóveda.

Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, biblioteca.

Corredor de entrada á casa.

Page 2: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

31~

UN MUSEO DE FRONTEIRA

BENITO LOSADADirector da Casa da Xuventude de Ourense

MUSEOS

MU

SE

OS

MUSEOS

MU

SE

OS

n dos trece museos doPrincipado de Asturias –segun-do a guía oficial de 1997– está

en Grandas de Salime, capital doconcello do mesmo nome que lindacoa Fonsagrada, da que dista menosde trinta quilómetros de estreita erevirada estrada. Seguindo a teoríada botella medio chea ou mediabaleira, o Museo grandalés pode sergalego ou asturiano. Eu, desde logo,atópome entre os que opinan o pri-meiro; e a toponimia opina omesmo: os letreiros do camiño, xa noPrincipado anuncian Penafonte,Nogueirón, Xestoselo, Cereixeira, AFarrapa... estamos nun dominio dogalego oriental, e se a lingua é osoporte básico dunha cultura, os usose costumes que imos ver recollidos noMuseo Etnográfico de Grandas sonos que poderíamos ver noutros moi-tos lugares de Galicia, coa lóxicapeculiaridade local.

O museo nace no 1984, como moi-tos outros, dunha colección particu-lar; a partir de aí, e en pouco tempo,Concello, Principado, Caixa deAforros e Universidade de Oviedosacan adiante un proxecto de museovivo, obxectivo doutros moitos cen-tros semellantes pero que poucosacadan como o fai o de Grandas.Está instalado definitivamente navella e restaurada casa rectoral, edi-ficio característico da arquitecturapopular da zona, construído con

mampostería de lousa e carpinteríade castaño, cuberta á súa vez taménde lousa. Tal alarde de eficacia só foiposible gracias a José Naveiras,Pepe el Ferreiro, inspirador e anima-dor onde os haxa, que aportou a súacolección, froito dunha dedicaciónde vinte anos recollendo obxectos, apartir da que hoxe se reconstrúeunha unidade de explotación fami-liar baseada no autoabastecemento.Amosa o desenvolvemento dos labo-res cotiáns na casa dun labrego así

U

Exteriores da casa do muiñeiro, muíño e alpendre do muíño.

Page 3: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

32~

como os oficios tradicionais. Nomuseo todo funciona: no forno cóce-se o pan; o muíño de auga moe;faise a matanza alí mesmo, colgandochourizos e botelos na lareira onde

son afumados. O madreñeiro, tornei-ro, as teceláns... traballan cara ópúblico usando as ferramentas eobradoiros instalados, ensinandotécnicas que gracias a esta inicativa

xa non serán esquecidas. Aparte dascoleccións, das técnicas, e de recrea-lo ambiente dunha casa labrega,tamén se pretende conservar ó liño,do que se segue todo o ciclo que

Cuarto

Cociña-lareira

Page 4: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

33~

Ferreiro na forxa do propio Museo.

Vista parcial do horreo e paneira xunto ó palleiro.

Page 5: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

34~

Ferramentas de cullereiro e culleres.

comeza coa súa semente no mes demaio.

O dinamismo do museo tamén é visi-ble na súa constante evolución: sem-pre hai proxectos que se van mate-rializando pouco a pouco; a casaque inicialmente tiña corral cuncabanón e corredor cuberto, máis unpozo de auga, hoxe está acompaña-da dun hórreo con teito de palla edunha paneira; logo conseguiuse unmuíño perfectamente reconstruído eposto en funcionamento; nestes díasestán a piques de rematar un edificioque servirá de biblioteca, talleres eoficina; e xa está comprado o terreoe habilitada a partida corresponden-te para engadi-las cortes onde te-logando, o que suporá a posibilidadede ver en vivo os animais que ali-mentaban -aínda o fan en moitoscasos- e traballaban coas familiasdesta terra.

Tecelana.

Page 6: Casa do muiñeiro. Taller de restauración, arquivo, …lar; a partir de aí, e en pouco tempo, Concello, Principado, Caixa de Aforros e Universidade de Oviedo sacan adiante un proxecto

35~

A vila é algo máis que o museo;acaba de recibi-lo título de Puebloejemplar asturiano, distinción quelles foi a entrega-lo titular doPrincipado, Felipe de Borbón, garan-tía do coidado e esmero co que osgrandaleses tratan a paisaxe, rúas emonumentos, entre os que destaca aex-colexiata do Salvador, no mesmocentro da poboación, que conservano seu muro un pórtico románico conferraxes do século XV, que contribú-en a levar numerosos visitantes, oque, dada a súa posición no mapa,non se conseguiría nin cunha boaautoestrada. E para rematar deixe-mos constancia do paso pola viladun dos camiños asturianos aSantiago de Compostela, o máisvello, chamado do Salvador ou deAfonso II, perfectamente sinalizado edotado de pequenas pousadas queacollen a un crecente número deperegrinos; e tamén de que a proxi-midade de Grandas ós Oscos podeconvertela na primeira etapa dunhaviaxe a unha das paisaxes máis fer-mosas e mellor conservadas daGalicia interior. Paga a pena.

Zoqueiro ou “galocheiro”.

Muiñeiro picando a moa.