cartas de chispa 2006 2007

9
Ros.Rod País dos libros, 6 de outubro de 2006 Ola, queridos nenos e queridas nenas: Xa sei que levo moito tempo sen escribirvos, Chis, chis-plof,plof non me riñades; é que estiven moi ocupada estas vacacións viaxando, coma sempre, e buscando novos libros para vós. Este ano os vosos profes e eu temos grandes proxectos para a nosa BIBLIOTECA. Necesitamos a vosa axuda para que poidamos facelos todos, todos, todos, porque a BIBLIOTECA está un pouco “patas para arriba” e hai que poñela a andar. ¿Estades preparados? ¿Seguro que estades preparados? ¿Profe, ti tamén estás preparada? Onte xuntámonos para ver que día sería o mellor para que fagades, polo menos, a vosa visita semanal; así que hoxe envíovos o HORARIO para que poñades na aula. Xa me encargarei eu de que coloquen outro na BIBLIOTECA que se vexa moi ben. Por certo, estamos no tempo do OUTONO, e todos sabedes que ás árbores se lles caen as follas, ¿non é?; pola contra, os libros son de folla perenne, ha, ha, ha!; é unha broma que se me acaba de ocorrer, quería dicir que na BIBLIO están todos esperando por vós, listos e coas súas páxinas preparadas. ÁNIMO, EMPEZOU O NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof

Upload: rosana-rodiles

Post on 07-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Cartas de Chispa, a meiga que agasalla libros ao noso cole

TRANSCRIPT

Page 1: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 6 de outubro de 2006

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Xa sei que levo moito tempo sen escribirvos, Chis, chis-plof,plof non me riñades; é que estiven moi ocupada estas vacacións viaxando, coma sempre, e buscando novos libros para vós. Este ano os vosos profes e eu temos grandes proxectos para a nosa BIBLIOTECA. Necesitamos a vosa axuda para que poidamos facelos todos, todos, todos, porque a BIBLIOTECA está un pouco “patas para arriba” e hai que poñela a andar. ¿Estades preparados? ¿Seguro que estades preparados? ¿Profe, ti tamén estás preparada? Onte xuntámonos para ver que día sería o mellor para que fagades, polo menos, a vosa visita semanal; así que hoxe envíovos o HORARIO para que poñades na aula. Xa me encargarei eu de que coloquen outro na BIBLIOTECA que se vexa moi ben. Por certo, estamos no tempo do OUTONO, e todos sabedes que ás árbores se lles caen as follas, ¿non é?; pola contra, os libros son de folla perenne, ha, ha, ha!; é unha broma que se me acaba de ocorrer, quería dicir que na BIBLIO están todos esperando por vós, listos e coas súas páxinas preparadas.

ÁNIMO, EMPEZOU O NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!!

Un saúdo e moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof

Page 2: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 23 de outubro de 2006

HORA DE LER

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Xa case vai para vinte días que vos enviei a primeira carta e que vos deixei os horarios para poñerdes nas aulas. Espero que xa empezasedes a visitar a Biblioteca e collesedes algún libro. Eu, que teño tantas cousas na cabeza, esquecín levarvos a Maleta Viaxeira chea de libros. Hoxe deime conta e acabo de deixarlla a Eugenio na conserxería para que vola faga chegar. Son libros que falan do outono; xa sabedes que é tempo de magostos, de asar castañas, de recoller moitos froitos da época (xa vin a exposición que tedes montada aí arriba, gustoume moito) é tempo de esfollar as mazarocas do millo; é a época do Samaín (o Halloween dos ingleses), de adornar as cabazas, … Pero bueno, hai libros que están na maleta porque me gustaron e, se cadra, pensei, tamén lles gustan a eles; por iso están aquí dentro. Chis, chis-plof,plof ¿Cóntovos un segredo que, de momento, non sabe ninguén máis ca min? ¿Siiiiiiiii? Shhhhhhhhh, non llo contedes a ninguén. Sei de moi boa tinta, que mañá tedes conto na Biblio; isto que quede entre vós e eu, que non se entere nin a profe. ¡Ai, perdón, que é ela a que vos está lendo esta carta ¿non?, pois entón, xa se enterou. Entón agora o segredo só o sabe a profe, vós e eu, que non se entere ninguén máis ¿comprendido? Chis, chis-plof,plof Ben, dicía que estamos no outono,e os bosques e o campo énchense das follas douradas que caen das árbores e esas cousas pero recordade que…

OS LIBROS SON DE FOLLA PERENNE e

É HORA DE LER

Un quilo de bicos para repartir entre a clase, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof

Page 3: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

Shhhhhhh!

País dos libros, 28 de novembro de 2006

HORA DE LER

Ola, queridas nenas e queridos nenos: ATENCIÓN!, Chis, chis-plof,plof

ATENCIÓN!!, Chis, chis-plof,plof

ATENCIÓN!!!, Chis, chis-plof,plof

ATEEENCIÓNNN!!!!!!!!!

Teño un segredo para vós. Conto coa vosa

discreción; só llo podedes contar a mamá e a papá, aos avós, ás avoas, aos vosos padriños e

ás vosas madriñas, aos vosos tíos, ás vosas tías, ás vosas curmás e aos vosos curmáns, ás vosas amigas, compañeiras de cole e aos vosos amigos e compañeiros de cole e … non queda máis remedio: os profes tamén se poden enterar… Resulta que, coma

sempre que viaxo, sinto unha enorme necesidade de buscar libros novos. Non o podo remediar; cando vexo un que me parece interesante ocórreme como cando vexo diante unha riquííííííísima pizza ou un riquííííííísimo xeado de chocolate, ou de fresa, ou de limón… (Aaaai! cada vez que penso no verán…) En fin, estaba falando de libros que é o que nos interesa. Ben, atopei estes que vos metín na miña Maleta Viaxeira para que os disfrutedes na clase e para que saibades que os tedes na Biblioteca cando queirades. Hai que miralos con coidado porque son libros máxicos… e poden romper.

Este era o segredo, shhhhhhhhhhh! Agora só me queda recordarvos que tamén hai moitas revistas e libros novos que gardan marabillosas historias agochadas entre as súas páxinas. Teño que marchar, chicos/as. Teredes novas miñas dentro dunhas semanas.

Un quilo de bicos para repartir entre a clase, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof

Page 4: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

Ano Novo, Biblio Nova. Conseguirémolo.

País dos libros, 19 de decembro de 2006

Chis, chis-plof,plof

HORA DE LER

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Xa temos a Biblioteca “patas para arriba” outra vez. Pero que “requetebonita” está quedando, eh? Como estes días non podedes disfrutar dos libros que están tapados, pensei que tiñamos que buscar unha rápida solución e… XA ESTÁ! Que mellor que un libro novo para cada ciclo?! Un agasallo para que compartades entre os compañeiros e compañeiras, para que pase dunhas mans ás outras ou para que miredes en grupo. Tamén lle podedes botar un vistazo aos libros dos outro ciclos; porque a verdade é que só son catro, pero todos teñen algo especial. Chis, chis-plof,plof

Para Infantil atopei un libro que fala do Nadal; seguro que vos gusta porque está cheo de recunchiños con algunha cousiña agochada.

Pensando no 1º Ciclo, dei voltas e máis voltas ata dei algunha reviravolta e, por fin, apareceu. Eu creo que caeu do estante no que estaba, a propósito para que eu o vise. Caeume enriba do sombreiro pero non importa; non se me arrugou moito, que digamos. Espero que vos guste tanto como a min. Shhhhhhh fala dun rei…

Un marabillosísimo libro busquei para que o 2º Ciclo estivese contento. Tócavos un de consulta; pensei que algúns libros que vin na Biblioteca o último día que fun, estaban un pouco vellos e pareceume hora de cambialos. Xa me diredes que vos pareceu. A min estes libros gústanme moito e creo que a vós tamén, espero non equivocarme.

Ah, queridos e queridas!...Para vós, 3º Ciclo, atopei unha novidade: “ARTEFACTES”. É moi curioso; fará voar a vosa imaxinación e a de todos os que se acheguen a el. Ten propiedades máxicas e actúa contra o aburrimento. Sodes maiores e tócavos demostralo creando novas historias.

Recordade pedir, polo menos un libro

a Papá Noel ou aos Reis Magos e Feliz Nadal!

Page 5: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 15 de xaneiro de 2007

Chis, chis-plof,plof

HORA DE LER E DE CREAR!!

Que tal nenos e nenas? Como vos vai? Como se portaron eses Reis Magos? Traeríanvos algún libro, supoño... A min trouxéronme bastantes libros; xa vos irei enviando os que máis me gusten para que tamén os poidades disfrutar. A miña carta de hoxe ten un propósito: quero animarvos a confeccionar un libro sobre a PAZ. Pero temos que

participar todos e todas; dende os máis pequenos de Infantil Chis, chis-plof,plof ata os máis grandes de 6º. Se conseguimos facer un libro marabilloso que fale dos nosos sentimentos, das nosas esperanzas e dos nosos desexos dun mundo mellor, teremos dado o primeiro paso para que se convirta en realidade. Como ten que ser ese libro? Chis, chis-plof,plof Soporte: papel Tamaño: A3 Dirección: horizontal Contido: parte literaria (poesía, conto, manifesto, canción, cómic, teatro, anuncio...) e parte plástica (debuxo; fotografía, collage sen relevo, por favor, por se se plastifica ...) Extensión: “a gusto do consumidor”. Como mínimo, unha folla por aula. Data de entrega: 22 de xaneiro de 2007

Recordade que todos os/as artistas asinan a súa obra; polo tanto non esquezades poñer os vosos nomes na vosa obra de arte.

DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!!

Un bico moi grande da vosa amiga

Page 6: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 28 de febreiro de 2007

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

HORA DE LER NOVIDADES!!!

Ola nenos e nenas: Como vos vai? Eu, lendo e buscando novos libros para vós, coma sempre. Metín na maleta uns que atopei moi axeitados para Infantil e 1º Ciclo. Collédeos para ter uns días na clase e, despois prometédeme que os levaredes para a Biblioteca, alí poderédeos ver sempre que queirades. ¿De acordo?

Un bico moi grande da vosa amiga

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof... Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

Page 7: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 28 de febreiro de 2007

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

HORA DE LER NOVIDADES!!!

Ola nenos e nenas: Como vos vai? Eu, lendo e buscando novos libros para vós, coma sempre. Metín na maleta algúns dos que atopei máis axeitados para 2º e 3º ciclos. Collédeos para ter uns días na clase e, despois levádeos para a Biblioteca, alí poderédeos ver sempre que queirades. ¿De acordo?

Un bico moi grande da vosa amiga

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof... Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof...

Page 8: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 23 de abril de 2007

Chis, chis-plof,plof

FELIZ DÍA DO LIBRO

Queridos nenos e nenas: Hoxe é o “DÍA DO LIBRO” e quería desexarvos que pasasedes uns bos momentos recordando este día tan, tan importante para todos os que disfrutamos lendo ou ilustrando os contos que máis nos gustan ou escribindo as nosas primeiras historias. Chis, chis-plof,plof Envío unha sorpresiña para as clases, para que poidades xogar recordando os títulos dos contos clásicos que máis vos gustan cos vosos compañeiros e compañeiras. Un bico moi grande e moitos libros para todos e todas, a vosa amiga

Chis, chis-plof,plof

Page 9: Cartas de Chispa 2006 2007

Ros.Rod

País dos libros, 16 de maio de 2007

HORA DE LER

Ola, queridas nenas e queridos nenos: Chis, chis-plof,plof Nun día tan sinalado quería estar con vós, aínda que sexa só a través desta carta. Entereime de que tiñades pensado celebrar na Biblioteca o Día das Letras Galegas: Marabillosa idea!! Apúntome!! Chis, chis-plof,plof Levo un tempo viaxando para ver de atopar algunha novidade para enviarvos antes de que acabe o curso. Estou pensando nalgunha enciclopedia desas de animais que tanto vos gustan e tamén nalgún conto que non teñades. Por certo, as mestras dixéronme o outro día que queriades o conto de “O Principiño”. Xa o teño encargado. A próxima vez que envíe a maleta, metereino dentro. Chis, chis-plof,plof Hoxe quero felicitarvos por varios motivos: O primeiro é que xa sei que estades lendo moitos libros como a min me gusta: PARABÉNS; o segundo é que sabedes tratalos con coidado: PARABÉNS; o terceiro, que escribistes uns contos moi bonitos e que ilustrastes a vida de María Mariño, MENUDAS OBRAS DE ARTE!!: PARABÉNS e o cuarto é que participastes nunha actividade que se chamaba “Detectives na Biblioteca” que vos axudou a coñecela un pouco mellor: PARABÉNS, PARABÉNS, PARABÉNS!!!! . Cantos parabéns!!! Pffff… Chis, chis-plof,plof Así que nesta maleta traio un pequeno agasallo para os máis pequeniños por portárense tan ben cando veñen a ler e a escoitar contos, e, un merecido premio para todo o alumnado de Primaria por escribir eses contos, e porque conseguiu acadar as probas de “Detectives na Biblioteca”. Despídome ata a próxima carta agardando que sigades lendo e vindo á Biblioteca. HORA DE LER!

Un bico e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!