cando petan na porta pola noite

8
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE

Upload: patricia-aa

Post on 22-Mar-2016

260 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Paula Gestal

TRANSCRIPT

Page 1: Cando petan na porta pola noite

CANDO PETAN NA

PORTA POLA NOITE

Page 2: Cando petan na porta pola noite

AUTOR: Xabier P. Docampo

EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia

XÉNERO: Narrativo

NÚMERO DE PÁXINAS: 81

BIOGRAFÍA DO AUTOR: Francisco Xabier Ponte Docampo, coñecido

como Xabier P. Docampo naceu o 5 de abril en Rábade no ano 1946.

Estudou a carreira de Maxisterio. Percorreu case toda Galicia como actor

de teatro e posteriormente incorporouse como colaborador á Radio Nacional

de España en Galicia, emisora para a que escribiu e dirixiu diversos

programas. Con Cando petan na porta pola noite recibiu o Premio Rañolas

1994 ó mellor libro galego editado nese ano.

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Axexei polo poxigo e souben por fin cal era o lume causante de

tanta luz: a forza dun ferreiro.

Amarrei a besta na argola e, co pau que levaba, petei con forza na porta ó

tempo que berraba: Laus Deo.”

Empecei a ler o libro e ó principio non entendía moitas das palabras

que aparecían, pero seguín lendo e funme interesando máis. O que sigo sen

Page 3: Cando petan na porta pola noite

entender é porque o protagonista deste capítulo para saudar di esas

palabras que para min non teñen sentido ningún.

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Pouco a pouco fun perdendo o reparo que me producira comprobar a

semellanza que entre nós os dous había.”

Se realmente a min me pasara o mesmo que ó protagonista desta

historia sentiríame moi incómoda, xa que é como se estivese a ver a miña

cara seguido nun espello.

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Estiven un bo anaco sentado nunha pedra ollando de cada pouco o meu

rostro no aparello. Unha e outra vez vin o rostro do ferreiro. O meu

corazón íase enchendo de xenreira. ¡Aquilo non fora un accidente! ¡Todo

fora feito adrede!”

Gustoume esta historia, pareceume

interesante aínda que ó principio non pensaba

que me ía gustar tanto, xa que non entendía

moitas das palabras que aparecían.

Page 4: Cando petan na porta pola noite

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Pon e compón, pensaron que a mellor maneira de poñer á vella no

seu sitio era arrimarlle unha boa somanta sen lle dar

máis explicacións que os paus que levase.”

Cando lin esta frase pensei que o de pegarlle a

unha vella por andar meténdose na vida dos demais e

inventando cousas era demasiado grave. Entendo que ás

persoas desta historia lles pareza mal todo o que ela

inventa, pero non por iso lle habería que pegar, o mellor sería pasar de

todo xa que todo o mundo sabía que ela era así. Se isto pasara na vida real

pareceríame unha parvada o de pegarlle.

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Efectivamente, pegou o lume na vella e as lapas viraron a facer

cores azuis e verdes. O cheiro da carne queimada non é precisamente un

perfume, pero eles permanecían alí, diante do portelo ollando o

espectáculo.”

De momento esta historia é a que máis me gusta. É moi entretida e

hai anacos que hasta me dan medo. Gustaríame que esta historia fose máis

longa e que dela se fixese unha película.

Page 5: Cando petan na porta pola noite

Xoves, 3 de xaneiro de 2013

“Seguiu achegándose e cando estivo ó pé da cama estricou o brazo

cara a min, pousoume a man –ósos esburgados con anacos de carne que

fumegaban a pendurar dalgúns dedos-, no ventre, e penetrou dentro de min

coma un coitelo quente nunha pela de manteiga.”

Foi ler estra frase e pensar nunha das miñas películas preferidas:

Insidious. Nesa película pasaba algo parecido ao que, segundo o Fornadas,

lle fixera a vella a el.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

“– Boa a teña vostede, que en de por si non é. Prenda aí e pase, que

a noite non é boa para estar fóra. –respondeu a silueta arredándose para

lle deixar o paso franco.”

Sendo sincera, ao empezar a ler esta historia recordoume moito á

primeira que lera, xa que as dúas empezan de similar forma: cun home

camiñando co seu animal, con mal tempo e sen sitio en onde pasar a noite.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

“- ¿E logo a vostede, que xa estivo varias veces na Reborica, nunca

lle contaron a historia da Isaura?”

Page 6: Cando petan na porta pola noite

Esta muller recórdame moito a forma de falar da xente maior.

Recórdame aos meus avós e cando algunha vez me contaban algunha das

historias de cando eles eran máis novos.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

“O becho saltou uns chantos e meteuse na aira dunha casa,

atravesouna e foise agochar nunha palleira de herba

seca. Chegaron os das escopetas e o home da casa

indicoulles onde se metera. Foran cara a alí pero, cando

aínda lles faltaban dez ou quince pasos para chegar, a

loba chantouse na porta facéndolles fronte.”

Quizás esta historia sexa a que menos me guste, pero aínda así está

ben. O que menos me gustou dela é que para o meu punto de vista bota

demasiado tempo falando da vida do Silvestre e non se centra tanto no que

realmente importa, pero o final si que me gustou moito, foi moi entretido.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

Page 7: Cando petan na porta pola noite

“Todo comezara un día que chegou á casa e retirou da caixa do correo

un sobre que xa lle resultou estraño, traíalle lembranzas da infancia, tanto

porque era dos de loito, coma pola súa propia textura; era dos que se

chamaban de tea, que tiñan efectivamente un tacto coma dun tecido fino.”

Supoño que o que un pensa cando lle chega un de eses sobres á casa

e que algo malo ocorreu e que algún familiar ou amigo que estaba enfermo

puido falecer, pero neste caso o protagonista abre o sobre con toda

normalidade.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

“Viña atado cunha fita na que estaban pegadas unhas letras nas que se podía

ler: NON TE ESQUEZO. Aquilo xa comezaba a pasar de broma, porque

de seguro que se trataba dunha broma.”

Esta historia cada vez estase a pór máis interesante, cada vez

gústame máis. Engánchate dunha maneira que parece que non podes deixar de

lela.

Venres, 4 de xaneiro de 2013

Page 8: Cando petan na porta pola noite

“No inferior, debaixo dunha cruz viña o seu nome a imprenta seguido

da data fatídica na que sempre recibía as cartas do seu cumpremortes; pero

o ano non era o que corría, nin o seguinte, senón outro máis, e debaixo, as

letras D.E.P.”

Ao final esa data chega e o home non morre, pero sigo sen entender

como a muller puido adiviñar a data da suposta morte do home. Quizás foi

porque ela xa non era real, segundo di ela non foi capaz de cambiar o seu

destino e por iso a data do seu cumpremortes si ocorreu. Un final confuso,

pero sen dúbida a miña historia preferida.

Paula Gestal Rodríguez 1ºB