camiñando pola costa da morte de caión a punta nariga

38
Camiñando pola Costa da Morte: de Caión a Punta Nariga I.E.S. Agra de Leborís A Laracha Grupo Bioloxía - Xeoloxía 4º ESO

Upload: mariarei

Post on 12-Jul-2015

482 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Camiñando pola Costa da Morte:

de Caión a Punta Nariga

I.E.S. Agra de Leborís

A LarachaGrupo Bioloxía - Xeoloxía

4º ESO

Comezamos na zona intermareal, da Pedra do Sal, onde a vida está adaptada ás duras condicións que impón a

ondaxe e o risco de desecación durante a marea baixa.

As fendas das rochas e as pozas que convértense en refuxio para moitas especies

Por riba da liña da marea os liques colonizan as rochas e dan paso a pequenas plantas resistentes ao salitre.

Pero tamén atopamos especies invasoras, que compiten coas autóctonas.

Atopamos cantís espectaculares.

Do interior da Terra ascenderon as rochas que hoxe pisamos. O mar, en loita constante con elas, busca os seus puntos máis

febles para atacalas.

As enseadas e furnas son as feridas que o mar vai deixando.

A vexetación, condicionada polos fortes ventos e a falta de

solo, é de plantas e arbustos que medran pegados ao chan.

PRAIASO mesmo mar que lle rouba anacos á terra no acantilado,

devólvellos nas praias, adornados con anacos de cunchas e caparazóns dos seres que o habitan.

Vimos pequenas praias de peto, ao abrigo de saíntes de rocha.

Coídos

E areais inmensos coma o de Baldaio- Razo, cun dobre cordón de dunas que limitan a lagoa litoral

En Baldaio, se cruzas a ponte que separa a lagoa do mar.

Podes observar as adaptacións das plantas das dunas e da beira da lagoa.

As lagoas e marismas litorais son granxas moi productivas. Funcionan con enerxía solar e materia prima aportada polos ríos e o mar. Claro que aquí as colleitas son de berberechos, ameixas, ostras, ...

Con tanto alimento non resulta estraño que as visiten numerosas aves á procura de comida e acubillo.

Tamén podemos ver lamentábeis intervencións no litoral.

Pero tamén actuacións positivas, para recuperar e poñer en valor

paraxes excepcionais.

COMO A RECUPERACIÓN DO REGO DOS MUÍÑOS

Desde cabo San Hadrián puidemos contemplar moi preto as Illas Sisargas,

importante refuxio para as aves.

Rematamos en

PUNTA NARIGA:

ARTE NATURAL SOBRE GRANITO

FIN