cálculos químicos
DESCRIPTION
química, reaccións,TRANSCRIPT
CÁLCULOS QUÍMICOS
1. Axusta as ecuacións químicas:
2. Cantos moles hai en 44 g de dióxido de carbono? E cantos átomos de osíxeno? 3. Cal das seguintes cantidades contén máis átomos de hidróxeno? Marca cun círculo a resposta
correcta. a. 1 g de hidróxeno molecular. b. 1 g de átomos de hidróxeno. c. 10 g de auga. d. 3·∙1023 moléculas de auga.
4. Disóvense 20 g de ácido clorhídrico en auga ata formar un litro de disolución. Cal é a concentración molar da disolución? (Hai que calcular a molaridade)
5. Nun recipiente vérteronse 200 cm3 dunha disolución de hidróxido de potasio 2 M. Que masa de hidróxido hai no recipiente?
6. O sulfuro de cinc reacciona co osíxeno formando óxido de cinc e dióxido de xofre. a. Escribe e axusta a ecuación química correspondente. b. Se temos 5 g de sulfuro de cinc, calcula a masa de óxido de cinc que se formou.
7. Quéimanse 10 g de C, que se transforman por completo en CO2: a. que masa de dióxido de carbono se obteñen? b. Cantos moles de osíxeno se consumiron?
8. O clorato potásico se descompón pola calor, transformándose en cloruro de potasio e osíxeno molecular:
a. Escribe e axusta a ecuación química da reacción. b. Se se parte de 1 kg de clorato de potasio, Que mása de cloruro se obterá? c. que volume se desprenderá de oxíseno en condicións normais?
9. O dióxido de xofre reacciona co osíxeno formando trióxido de xofre: a. Escribe e axusta a reacción. b. Sabendo que en condicións normais as tres substancias son gases calcula o volume de
osíxeno necesario para obter 100 L de trióxido de xofre. c. Que volume se necesita no apartado anterior de dióxido de xofre nas mesmas condicións?
10. Ao tratar o cinc con ácido clorhídrico fórmase cloruro de cinc e despréndese hidróxeno. a. Escribe e axústa a ecuación química correspondente. b. que cantidade de ácido clorhídrico reaccionaraá con 3 moles de cinc? c. que volume de hidróxeno, medido en condicións normais, desprenderase no caso anterior?
Solucións: 1.
2. 1 mol de CO2 e 12, 044 ·∙ 1023 átomos de osíxeno. 3. c) 4. 0, 53 M 5. 22,4 g 6. a) 2 ZnS + 3 O2 -‐-‐-‐-‐ 2 ZnO + 2 SO2
b) 3 moles de oxíseno reaccionan con 2 moles de sulfuro de cinc. Obtéñense 2 moles de óxido de cinc e 2 moles de dióxido de xofre; 1, 6 g ZnO
7. a) 36,7 g de dióxido de carbono. b) 0,83 mol de osíxeno.
8. a) 2 KClO3-‐-‐-‐-‐ 2 KCl + 3 O2 b) m = 608,7 g c) V = 274,2 L de O2
9. a) 2 SO2 + O2 -‐-‐-‐-‐2 SO3 b) V = 50 L de osíxeno. c) V = 100 L de SO3
10. a) Zn + 2 HCl -‐-‐-‐-‐ Zn Cl2 + H2 b) n = 6 mol de HCl c) V = 67,2 L de H2