caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica...

12
O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas XERAIS «Hai libros que son como a chuvia desértica ou as fornadas de pan quente na inver- nía. É o caso de O lapis do carpinteiro (Vigo, Xerais, 1998), última novela do coñe- cido escritor e periodista Manuel Rivas» Armando Requeixo, La Voz de Galicia «Unha das obras máis compactas do autor, sen fisuras, valente, lograda, atractiva, de fácil leitura, sinxela e complexa, trascendente» Xosé M. Eiré, A Nosa Terra «O lapis do carpinteiro dinos de Manuel Rivas o que xa era obvio e non facía falta demostrar: que é un escritor co don de crear mundos máxicos e envolventes, pero tamén capaz de grandes doses de seducción e comunicabilidade co lector. Por iso, desde o agradecemento, Laus tibi, auctor» Xosé Manuel Enríquez, Guía dos Libros Novos caderno de críticas caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 1 © GRUPO ANAYA, S.A

Upload: lamanh

Post on 23-Jan-2019

226 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

Atuado na brañade Xabier Quiroga

cader-no

«Estamos ante un gran

relato de consumo

que vén confirmar

a emerxencia dunha

literatura nacional,

á altura de calquera

outra.»

FFeerrnnaannddoo CCaarrbbaallllaa,,

AA NNoossaa TTeerrrraa

«Un volume que

cobreguea nas mans

satisfacendo todos

os posibles puntos

de interese (morbo,

intriga, paixón…)

dos lectores.»

XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,,

FFaarroo ddee VViiggoo

«Nunha novela na que

a natureza ten tanto

protagonismo, o idioma

ten que ulir, cheirar,

saber, cegar, ten que

poder acariñarse e

mastigarse. E abofé

que isto é o que

acontece aquí.

A lectura destas

páxinas é unha festa

para os sentidos.»

DDoolloorreess VViillaavveeddrraa,,

OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

O lapis do carpinteirode Manuel Rivas

X E R A I S

«Hai libros que son como a chuvia desértica ou as fornadas de pan quente na inver-

nía. É o caso de O lapis do carpinteiro (Vigo, Xerais, 1998), última novela do coñe-

cido escritor e periodista Manuel Rivas»

AArrmmaannddoo RReeqquueeiixxoo,, LLaa VVoozz ddee GGaalliicciiaa

«Unha das obras máis compactas do autor, sen fisuras, valente, lograda, atractiva, de

fácil leitura, sinxela e complexa, trascendente»

XXoosséé MM.. EEiirréé,, AA NNoossaa TTeerrrraa

«O lapis do carpinteiro dinos de Manuel Rivas o que xa era obvio e non facía falta

demostrar: que é un escritor co don de crear mundos máxicos e envolventes, pero

tamén capaz de grandes doses de seducción e comunicabilidade co lector. Por iso,

desde o agradecemento, Laus tibi, auctor»

XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,, GGuuííaa ddooss LLiibbrrooss NNoovvooss

cadernode críticas

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 1 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 2: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

2 O lapis do carpinteiro

A realidadeintelixente de Rivas

Hai libros que son como a chuviadesértica ou as fornadas de panquente na invernía. É o caso de

O lapis do carpinteiro (Vigo, Xerais,1998), última novela do coñecido escri-tor e periodista Manuel Rivas.

O libro todo el é unha enorme ara-ñeira de personaxes e historias que desti-lan agridoces licores de angor e tenrura.O amor, a paixón pola vida, redime o serhumano das máis baixas felonías, talcomo semella debuxar nas súas páxinasRivas: Santiago, 1936. Un grupo dedemócratas (republicanos de diversosigno político) é encarcerado na Falcona–prisión santiaguesa–. Entre eles sobreér-guese por riba de todos a figura ética dodoutor Daniel Da Barca –inspirado napersoa real do médico Paco Comesaña– ea figura estética de «O pintor» –trasuntonarrativo do histórico artista plásticoCamilo Díaz Baliño–. Úneos a todos omáxico fío de Ariana, encarnado estavolta nun humilde lapis de carpinteiroque vai cambiando de dono ó longo danovela, mudando, asemade, a óptica vitaldaqueles que sentiron o seu trazo.

O lapis do carpinteiro é unha metáforaperfecta da espiral histórica na que sedesenvolveu Galicia neste último século.As volutas do ADN demócrata galaico,tronzada pola incivil guerra civil, van ser-vir de escenario á fiel relación amorosa dodoutor Da Barca e a súa muller, MarisaMallo, coa que casa por poderes atafegadopola distancia carceraria que os obriga.Pero entreveradas coas novas desta rela-ción van xurdindo na novela esoutras his-torias de represión bélica e barbarie amo-ral coas que se alimentou o voraz bandu-llo franquista no horror da guerra fratrici-da: os «pasados» sen razón e aqueles quesufriron a miseria dun presidio infame pormor das súas ideas libertarias. Neste senti-do, Rivas rende homenaxe aquí ó editorÁnxel Casal –expresamente aludido nanovela–, así como ó xa amentado DíazBaliño, Mais tamén son lembrados conadmiración outros intelectuais galegosdeste século, como o sabio patólogoNóvoa Santos, defensor da teoría da «rea-lidade intelixente», o vello Carré dasIrmandades da Fala, o pintor Lugrís, etcé-tera. E todo asolagado pola tenrura omni-

ARMANDO REQUEIXO, La Voz de Galicia, xaneiro de 1999

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 2 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 3: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

O lapis do carpinteiro 3

presente, o afago da paciencia milenaria queblinda os nervios dos demócratas galegoscastigados e que é rememorado na novelanun prolongado «flashback» a través daslembranzas do vello cabo Herbal, sombratráxica do doutor Da Barca, unido irreme-diablemente a el polo sino da mediocridadeque rodea a súa vida de grisallo garda de pri-sións. E orquestrando todo este inmensoviveiro de personaxes os versos de Antero deQuental («Mas se paro un momento, seconsigo/fechar os olhos, sinto-os a meulado/De novo, esses que amei: viven comi-go…»), que estenden o seu manto protec-tor, como bálsamo da memoria, a todasaquelas almas brancas que na novela sofreno látego da sinrazón violenta e o desamor: abela Marisa Mallo, a doce inxenuidade afro-atlántica da prostituta Maria da Visitaçao, ocruel asasinato do preso cantor PepeSánchez, a «dor pantasma» do eivadoBiqueira, a loita xorda da Madre Izarne,etcétera.

Estigmas da memoria, cicatrices do cora-zón. O lapis do carpinteiro ou a omnipoten-cia taumatúrxica do amor. E é que Rivas sabemoi ben que «soio volven os que recordan».

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 3 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 4: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

4 O lapis do carpinteiro

XOSÉ M. EIRÉ, A Nosa Terra, 2 de xullo de 1998

Intelixente realidade

Agardábase con impaciéncia, curio-sidade. Qué nos ofreceria esta vezManuel Rivas despois da preciosa

¿Que me queres, amor? Continuaria a evolu-ción desde En salvaxe compaña? Volveríaseao mal chamado «realismo suxo» que con-tribuiu a crear con Un millón de vacas e Oscomedores de patacas? Tamén podia ser poe-sia, non en van é un dos máis interesantespoetas actuais. Pero semellaba máis lóxicoaproveitar o tirón do seu recente PremioNacional de Narrativa. É máis, seguro que oleitor preferiria a súa faceta narrativa, taménaquí funciona iso do morbo: aturaría otirón?, porque estar, estaba obrigado. Utilizoa palabra morbo e non outra, consciente-mente e como sinal de éxito. Que un comu-nicador logre un horizonte de expectativasque se define con termos comunmente apli-cados a séries televisivas, shows e demaisralea, é síntoma inequívoco de que a sinto-nia é fluida e apresenta interese.Deixémonos de inxenuidades, todos sabe-mos que detrás acostuma a haber fortes cam-pañas de marketing, pero ningunha de elas écapaz de soster un producto endeble e poucosólido, de nada serve a moita publicidade dehoxe se o tempo te esquece. O tempo, xuízimplacábel, é quen finalmente decide, que,hoxe por hoxe, o produto literário ainda nonsó é ben de consumo inmediato e proxécta-se na posterioridade. Cando así non sexaestaremos ficando, sen história, e seremos sóinstantáneas tristes e inútiles.

E chegou O lapis do carpinteiro.Ademais poñia a primeira pedra da remo-delación da Colección Narrativa de Xerais,nada extraordinário pero si efectivo, osvolumes son un pouco máis grandes e isopermite unha meirande sensación decomodidade na leitura. E O lapis do carpin-teiro ven de demostrar canto arriba dixe-mos, e o que por dicer nos resta. Eis logoque esta história de amor (como xa tantasveces foi chamada) é unha história da his-tória. A preguerra, a guerra civil, a posgue-rra, ese é o tempo onde se encadra un dis-curso onde os valores humanos teñen unhaimportáncia decisiva. Ánxel Casal, Lugrís,A Falcona, San Simón, a tise, os paseos…son história da nosa história… e parte datrama. E non esquezamos a R. NóvoaSantos e a sua teoria da realidade intelixen-te, tan indefiníbel como necesária, porquefinalmente está constituída polo pouso queos nosos actos –conscientemente ou non–van deixando, humanizándonos.

De Nóvoa Santos temos que falar áparte porque é culpábel esencial da exis-téncia de O lapis do carpinteiro, el e a suaengaiolante personalidade fan que nonpoidamos falar nen de realismo máxico–un pouco atrevido, pero posíbel– nendunha novela cun fío condutor artificial erebuscado. Moi pola contra, é unha novelaque nace na realidade histórica e se desen-volve como a parahistória da realidadeintelixente, ese pouso inmorrente que as

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 4 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 5: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

O lapis do carpinteiro 5

«Unha das obras máis compactas do autor, sen fisuras, valente, lograda, atractiva, de fácil leitura, sinxela e complexa, trascendente»

nosas accións van deixando no ar, nas cou-sas, enchéndoas de humanidade. E comohai veces que somos tan desalmaos percisa-remos a realidade intelixente deses obxectosque gardamos con tanto agarimo –aindasendo de pouco releváncia monetária– noslembren que somos humanos. Así lle suce-de a Herbal, garda da Falcona con especialinterese en perseguir ao médico republica-no Daniel Da Barca non só como inimigopolítico senón tamén como rival nos amo-res do médico con Marisa Mallo. Un lapisde carpinteiro vaino humanizando namesma medida en que Herbal, narrador,vai tinxindo a figura do narrador principalprogresivamente deica rematar nunha totalmestura. Como se fora unha aperta, todocomeza de forma fragmentária pero o lapisunirá todas as partes definitivamente.

Xa sabemos que é unha história de amor,ben incardinada dentro da história real dasociedade galega. Xa vimos o papel unifica-dor do lapis e a catarse curativa que protago-niza. Pero hai máis. Ante todo é unha novelamoi intelixente, as personaxes todas teñenunha forza inusual por casual que sexa o seuprotagonismo. A caracterización das perso-naxes móstranos a un Manuel Rivas domi-nando cada faceta narrativa. Intimamenteligado a este mundo está o da descrición etanto nun como noutro hai aquí páxinas deantoloxia. O periodo curto dá viveza, axilida-de. A efectiva estructura da acción confireamenidade. E sobre todo iso, a forza da pala-

bra: o adxectivo adecuado no lugar preciso eabonda, un bon narrador descóbrese alí ondeé capaz de transmitir unha história utilizandosó as palabras precisas e desbotando o super-fluo. Ademais a sensibilidade narrativa –sem-pre foi unha das cousas que máis admiraronna escrita de Manuel Rivas– impide que odomínio se torne en tirania de tal maneiraque estamos na fronteira da novela coral:todo o que gravita en torno de Daniel DaBarca ten a súa función imprescindíbel.

Quede ben claro, história de amor si–mesmo agroma o romanticismo en estadopuro, non o sentimentalismo– pero taménunha crónica social reivindicadora da liber-dade, do humanismo. Nada de novela his-tórica, nada de biografía novelada; ben oadvirte o autor e esta adverténcia é sinalinequívoco de que algo se logrou: fundirrealidade e ficción da man de un relato quese centra sobre todo nos aspectos positivos(imaxínense o que é humanizar a un gardaraposeiro e reanarte!) sen que poida ser acu-sado de «amarelismo» (a crueldade resaltaainda máis cando todo se ve desde o ladopositivo) ou sentimentaloide.

Esa é, sen dúbida, unha das obras máiscompactas do autor, sen fisuras, valente,lograda, atractiva, de fácil leitura, sinxela ecomplexa, trascendente. Incrementarase onúmero de leitores de Rivas. É certo, ao lei-tor hai que darlle o que quere-debe-podeler, pero sempre con calidade, e aquí trans-píraa cada páxina.

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 5 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 6: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

6 O lapis do carpinteiro

XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ, Guía dos Libros Novos, decembro de 1998

Aestas alturas do tempo,poucos deben de ser oslectores, incluíndo

mesmo a aqueles máis inconse-cuentes e desapegados dasletras, que descoñezan o extra-ordinario éxito de público e devendas que a obra que hoxe nosocupa ten. Con seis ediciónspublicadas desde o momentoda súa aparición (maio 1998),traducida para o castelán, con30.000 exemplares vendidos–7.000 deles ás cegas, antes desaír ó mercado–, o que a con-verte na obra máis vendida deGalicia. O lapis do carpinteirosupón, para a nosa literatura,un fenómeno inusual e impro-pio, máis axeitado para outrasroupaxes e mercados culturaisque para o noso discreto, fami-liar e húmido país.

Acostumados a un oficio –odos escritores galegos– vividocomo un ministerio doente eentregado, de afirmación e tes-temuño a un tempo, con mag-nitudes e repercusións normal-mente circunscritas e abarca-bles, a acollida soberbia destelibro e a notoriedade que lle

proporciona ó seu autor podelevar a que sexa visto como unproducto sospeitoso, un purobluff, máis resultado da merca-dotecnia e da presión publicita-ria do que dotado de verdadeiracalidade. Manifestacións desteteor, cualificando a obra despec-tivamente de best-seller, témolasescoitado. Quen así opina,apóiase só nunha das defini-cións, que calquera diccionarioescolar dá (best-seller: «Obra,xeralmente novela, programadapara provocar apetencia nopúblico aproveitándose de téc-nicas de mercado dirixidas»),pero esquecendo deliberada-mente aqueloutra que considerao best-seller como unha «Obrade grande venda e que constitúeun éxito editorial».

Neste caso, a segunda acep-ción, con moita seguridade,achégase máis á realidade dascousas. De calquera xeito, aliteratura galega, de alta oubaixa roda, non ten por querexeitar –máis ben o contra-rio– ningunha obra que a pro-mova, difunda e achegue áxente o libro en galego.

A pregunta que cómprefacerse é se en O lapis do car-pinteiro hai literatura que res-palde ese éxito e esas vendas,porque, en literatura, a únicaverdade ética ten que ser, só enecesariamente, estética.

A resposta inicial é afirmati-va. En O lapis do carpinteiro hailiteratura, hábil e eficaz, litera-tura que consegue o obxectivode achegarse ó lector medio,sen por iso deixar de parte aatención e o puimento daexpresión, o traballo delicadoda palabra, a precisión naensamblaxe dos feitos e nadecoración dos personaxes.Apoiándose nun estilo directo,limpo e liso que foxe da quinca-lla verborreica cun fraseo sim-ple, case de florilexio gramatical(raras son as oracións que supe-ran a estructura estándar: suxei-to-verbo-complementos) e bo-tando man dun léxico usual efamiliar, pouco dado ó paseoenxebrista, co que se elaboran asimaxes (símiles e metáforas)preciosas e pouco extravagan-tes, M. Rivas constrúe o seurelato nun rexistro idiomático,

Liñas ppaarraalleellaass,,

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 6 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 7: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

O lapis do carpinteiro 7

vidas espelladascorrente e neutral, que se moveno amplo territorio do común,do compartido entre linguas(válido, pois, para galegos untanto españolizados ou paraespañois incipientemente gale-guizados), e que renuncia aoutro tipo de construcciónigualmente eficaz e formosa,pero máis encamada e exclusi-va, enormemente enriquecedo-ra, pero tamén máis distanciadae esixente para o lector. Nestaorde de cousas, é de destacar aagudeza e enxeño dos seus diá-logos ou conversas (entre ospresos na Falcoa, entre o lapis eHerbal, entre Da Barca e amonxa…), nos que sempre bri-llan as faíscas de sal dunha ideasutil e penetrante, o brincoinesperado dun razoamento oua herexía amable e fulgurantedunha contrarréplica. En O lapisdo carpinteiro, o lector recibeunha historia bonita, contadanunha sintaxe accesible e cunvocabulario aberto e que non odescontrola.

Esta historia lévanos desdeo presente ós tempos da guerrae da primeira posguerra, con

prolongacións actuais, da mandun garda prisional, Herbal,que nos evoca e fai revivir aguerra e a represión política,que nos mostra a figura dodoutor Da Barca, de MarisaMallo, que nos fala do amor,das desesperanzas e miseriashumanas, e tamén das súasgrandezas, nunha peregrina-ción pola historia e o tempoque é, simultaneamente, o dia-rio dunha redención (Herbal)e unha reivindicación de dig-nidade (Da Barca).

No fondo, O lapis do car-pinteiro é un relato profunda-mente esperanzado e humanis-ta en relación á capacidade daspersoas para seren rescatadaspara a vida e a felicidade, oamor, a tolerancia e a liberda-de. Mesmo Herbal, o antago-nista perenne do Dr. Da Barca,a súa almorrá sangrante e dori-da, é quen de sublimarse –econ el todos os infectados doespírito– e retomar a súa lim-peza inicial.

Menos interesante comorelato amoroso ou testemuñodun tempo e unhas vidas (as

páxinas referidas a B. Mallo, porexemplo, son perfectamentedesculpables) do que comosumma sentimental (dos senti-mentos varios do home), O lapis do carpinteiro atravesapor entre ferros e muros, baixo asarabia e o insulto, sobre ciladase tumbas que os homes se afa-nan en erguer unha e outra vezpara negarse a si mesmos, paracontradicir a súa humanidade,da única maneira que o podefacer se quere ser fiel ó queconta que é e ó que debería ser,isto é, botando do «sobremun-do» ou da «realidade intelixen-te» nun exercicio de marabillis-mo, de realismo fantástico emáxico (que o autor tan bendomina) e que consitúe un dosgrandes achados do libro.

O lapis do carpinteiro dinosde Manuel Rivas o que xa eraobvio e non facía falta demos-trar: que é un escritor co donde crear mundos máxicos eenvolventes, pero tamén capazde grandes doses de seduccióne comunicabilidade co lector.Por iso, desde o agradecemen-to, Laus tibi, auctor.

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 7 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 8: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

8 O lapis do carpinteiro

Eidos do Libro, outubro de 1998

No mes de maio saíu do prelo aprimeira edición da últimanovela de Manuel Rivas, un

autor longamente premiado que xa nonprecisa de galardóns para que a publica-ción de cada nova obra sexa un acontece-mento. En O lapis do carpinteiro (Xerais,maio 1998), Rivas mantense fiel ao seuestilo, con constantes e traballadas imaxesque conseguen crear momentos de inten-so lirismo na aparente sinxeleza dunhaprosa fluída. Outros elementos como ohumor –a pesar da crueza dos acontece-mentos que se narran–, a ironía –presentesobre todo nos diálogos– e mais a tenrurano tratamento dos personaxes converten alectura da novela nunha experiencia moigrata.

Utilizando como foco narrativo o per-sonaxe do garda Herbal, cóntase, desde ostempos actuais, a historia de amor entreMarisa Mallo e o doutor Daniel da Barca,condeado a cadea perpetua tras salvarmilagrosamente a vida en dúas ocasións,durante a guerra civil e os primeiros anosda posguerra. O lapis do carpinteiro que,

tras pasar por varias mans, utilizara un pin-tor para debuxar na cadea, trasunto litera-rio de Camilo Díaz Baliño, convértese noinstrumento que torna humano ao embru-tecido garda, símbolo da conciencia dopintor, que desde o outro mundo visita aHerbal e lle fala na orella, mostrando quizáo poder humanizador da arte por ribamesmo da morte. Neste sentido, a propianovela salva do esquecemento a historia eo testemuño de homes que, como o editorCasal, o intelectual galeguista Carré oumoitos outros presos políticos padeceronpolo seu compromiso social e a súa éticahumanista a persecución, a morte ou oexilio durante esa etapa histórica que con-vén non deixar no olvido.

É precisamente o valor da dignidade oque representa o personaxe protagonista,salvado da desesperación e da morte polopoder do amor e mais da ilusión, estupen-damente expresado na escena do hipnóti-co banquete que o doutor Herbal fai vivira Gengis Khan na cadea; unha dignidadeque se alza mesmo ante a crueldade daguerra.

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 8 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 9: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

O lapis do carpinteiro 9

CÉSAR C. MORÁN, La Voz de Galicia, xuño de 1998

Hai luces, por veces, crepusculares eesvaídas como nos días douradosen que o sol penetra entre a folla-

xe da fraga, fragmentándose en mil feixes deluz a través dun caleidoscopio vexetal.Entón ábrense os espellos de finísimo orba-llo e, como nun cadro prerrafaelista, aparecea dama do lago ou «a femia bañada no río».Esa captación da beleza natural, da tristerosa, da beleza murcha, é sen dúbida un dosefectos que no lector suscita á lectura de O lapis do carpinteiro, e con tal omnipresen-cia que invade plenamente o líquido plas-mático onde navegan os horrores máisnoxentos da crueldade humana, comotamén a tenrura, a ollada compasiva ou ainxenuidade. Quero afirmar, coas liñas pre-cedentes, que a nova novela de ManuelRivas non é unha do xénero sobre a guerracivil do 36, aínda que esta referencia consti-túa o eixo espacio-temporal do relato.Trátase máis ben de ollar no corazón huma-no e descubrir o xogo de contrarios que defi-ne a complexidade do ser. Porque, entreoutras cousas, O lapis do carpinteiro, lonxede calquera tentativa de maniqueísmo, étamén unha novela poliédrica, tanto polacreación dese espléndido personaxe que éHerbal como pola variedade de visións queconforman unha perspectiva múltiple. É a

súa mellor novela, a máis perfecta na súaestructura, a de maior fluencia unitaria naexpresión verbal, sen que iso vaia nunca endetrimento da aparente espontaneidade, porveces coloquial, que semella máis próximadun amplo público. Neste sentido, é hora deobservar que a crecente aceptación da litera-tura de Rivas procede en grande parte dunprofundo dominio da comunicación, ondeo máis complicado está como diríaSchumann nos consellos aos novos músicos,en facer fácil o difícil, ou mellor aínda, eninterpretar ben o aparentemente simple.Mais esta actitude directa agroma nunhaperspectiva culta que brinca e se mistura conoutras dimensións e lecturas. Non é que sexaimprescindible, pero cumpriría notar queUn millón de vacas é un verso de Lorca, queOs comedores de patacas é un cadro de VanGogh. En Salvaxe compaña un verso dePondal, ¿Que me queres, amor? de FernandoEsquío. Este coidado xogo intertextual costítulos das obras está tamén en O lapis docarpinteiro, mais nunha intertextualidadeinterna que nos leva á autopoética de O poboda noite, á semellanza entre o escritor e o car-pinteiro, á sección áurea, á proporción entreos segmentos. Son as palabras do pintor,palabras que teñen o don de curar, como asdo menciñeiro. Salvarse pola palabra.

Unha novelasen concesións

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 9 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 10: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

10 O lapis do carpinteiro

DOLORES VILAVEDRA, Tempos, xullo de 1998

O lapisNARRADOR

Entramos nunha galería dende a quese escoitan os melros e atopamos oprotagonista desta historia, o dou-

tor Daniel Da Barca, e a quen supomos odetonador das súas lembranzas, Sousa, unxornalista frustrado e infeliz. Todo está pre-parado para un discruso narrativo máis oumenos convencional, a modo de extenso edemorado flash-back que desenvolva asmemorias dun vello loitador anti-franquis-ta. Pasamos ó capítulo seguinte e atopamosun ex-garda convertido en anxo custodiodunha barra americana e das súas pupilas.Herbal, o ex-garda, está a debuxar. E fainocun lapis de carpinteiro.

A partir de aí vai ser el quen reconstrúaese período escuro da guerra e da primeiraposguerra, quen proxecte a luz da memoriapara alumear as tebras, a luz que se des-prende dun lapis transmutado en variñamáxica. Ese lapis que conservou paraHerbal vencendo a miseria e a brutalidadeás que o condenou a vida, a beleza e a bon-dade, encarnados na memoria do doutorDa Barca e da súa dona: eles foron, confesaHerbal, o mellor que a vida lle deu, esa putada Vida que condenou a súa irmá Morte avagar solitaria e errante polos camiños domundo. Así que Herbal, cando se atope porfin con Morte, irá lixeiro de equipaxe.

Nin sequera levará Herbal a canda el olapis de carpinteiro, legado a unha prostitu-

ta africana como arma salvífica coa queesconxurar a sordidez do presente. Só con-servará a memoria, e non só a de Da Barca ea dona: tamén a de Ánxel Casal, a de CamiloDíaz Baliño e a de tantos outros heroes–aínda no anonimato– que nos transmiti-ron en herdanza un patrimonio de ideais edignidade abonda como para seguir a loitarpor eles. Carpinteiros anarquistas, ferrovia-rios sindicalistas, un tenente de carabineirosrepublicano… E Dombodán. Rescatadopor Manuel Rivas doutras páxinas súas paraerixilo aquí definitivamente en símbolo dainocencia. Deixade que os nenos se ache-guen a nós, porque deles é o futuro.A Dombodán, como a tantos outros, a bar-barie acabou roubándolle o futuro.

Quédannos, por obra e gracia destelapis de carpinteiro, a súa lembranza. E porriba de todos eles, fica pairando como unhasombra benfeitora a do doutor NóvoaSantos, elevado á categoría de heroe, libe-rado da borralla do esquecemento con quenos achegou a súa persoa e a súa obra a ofi-cialidade dunha historia allea.

Rivas constrúe todo este mundo coatranquilidade que lle dá ter os seus lectoresinstalados nun futuro no que o doutor DaBarca está vivo. Queda así xustificado uncapítulo inicial que confunde un tanto asespectativas do lector, pero que funcionacomo desactivador da tensión xerada polos

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 10 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 11: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

O lapis do carpinteiro 11

HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Lateral, setembro de 1998

O lapisdo carpinteiro

acontecementos, o que nos permite aten-der con vagar os múltiples fíos diexéticosque, tal unha arañeira, se van despregan-do ante nós: a historia da desgraciadairmá de Herbal, a da monxa Izarne e,sobre todo, a de Marisa Mallo e o seu pin-toresco avó.

Porque en O lapis do carpinteiro haitamén unha historia de amor clásica, desasque triunfan sobre todos os obstáculos eque rematan por dotar os seus protagonis-tas dunha sorte de dimensión sobrehuma-na. Quizais a fermosa portada de Xosé Luísde Dios pretende subliñar esa dimensión danovela. Pero penso eu que lle fai un fracofavor, pois propicia ou condiciona unhalectura reduccionista. O amor é, sen dúbi-da, unha das claves desta historia, máis é unamor expansivo, mutante, dotado en certaforma de poderes curativos e salvíficos. O amor como esconxuro fronte a tantascarautas que o home foi quen de inventar-lle ó mal. E todo isto narrado de xeitosumamente plástico. Se xa en entregas ante-riores o estilo de Manuel Rivas se ía carac-terizando por unha imaxinería de inspira-ción telúrica, de vocación artesanal, forte-mente arraizada no empírico, nesta ocasióna plasticidade do discurso é consecuenciacase inevitable da mediación do lapis queproxecta sobre toda a historia o punto devista do pintor asasinado por Herbal.

As vivencias da guerra civil en Galiciaforon rescatadas do esquecementoe reescritas por autores tan diferen-

tes como X. Alcalá, C. Casares, A. Conde,X. Fernández Ferreiro, C. Gonsar, X. NeiraVilas ou X. L. Méndez Ferrín. E agora fainoManuel Rivas. Como o pintor da súa nove-la, colle un lapis de carpinteiro para retrataras paisaxes que a dor psíquica labra nos ros-tros dos que padeceron a guerra. Así, ofréce-nos en clave intimista algunhas das historiassilenciadas daqueles anos, que tinguiron tan-tas vidas de sangue, de dor, de violencia emedo. A partir da imaxe do Pórtico daGloria da catedral de Santiago, que funcionana novela como metáfora dunha sociedadeconmocionada pola guerra, imos coñecendomártires e tiranos cun ton próximo e cotián,mesmo sentimental (o fío argumental éunha historia de amor). Aparece un sorrinteprofeta Daniel (o doutor Da Barca), o infer-no coa besta apocalítica, os benaventura-dos… Só faltan as figuras centrais do pórti-co, os xuíces (Deus ou o apóstolo), porque anovela articúlase a través das memorias des-farrapadas do carceleiro e este foxe tanto datese como da autoxustificación.

Furgar con tenrura na memoria íntima eno cotián para devolver a literatura á vida,para devolverlle o patrimonio da palabra e dasemocións á xente. Velaí, de novo, a fórmulade Manuel Rivas nesta historia que é, de feito,un conto longo que se le dunha tirada.

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 11 © GRUPO ANAYA, S.A

Page 12: caderno cader- de críticas no - anayainfantilyjuvenil.com · novela, mudando, asemade, a óptica vital daqueles que sentiron o seu trazo. O lapis do carpinteiro é unha metáfora

FICHA TÉCNICA

Título: O lapis do carpinteiroAutor: Manuel RivasXénero: NarrativaISBN: 84-8302-261-3152 páxinasPREMIO ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 1999PREMIO ARCEBISPO JUAN SAN CLEMENTE, 1999PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1999PREMIO LITERARIO AMNISTÍA INTERNACIONAL, 2001

SINOPSE

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempode guerra e posguerra, que chega aos nosos días.Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filladunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel DaBarca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente dodoutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiñamedo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condiciónde ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do car-pinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do carpinteiro é o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora detodas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvíficodo amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulcodunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.

X E R A I S

Dep

ósito

Leg

al: V

G. 8

42-2

004

caderno/o lapis do carpinteiro 20/9/04 12:48 Página 12 © GRUPO ANAYA, S.A