c m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba...

26
Competencias Tipos de textos Coñecemento da lingua Fonética Morfosintaxe Unha ILP, inspirada en Paz- Andrade, pide promover o portugués no ensino e nas empresas galegas A comunicación oral O vocalismo Manifesto surrealista André BRETON Textos expositivos orais: relatorio e presentación O consonantismo O galego non serve para nada Jon AMIL O texto argumentativo oral: o debate e a mesa redonda Valores dos tempos verbais O neno suicida Rafael DIESTE A publicidade oral e escrita O infinitivo conxugado A verdade de «As Marías» Por un uso non discriminatorio da lingua Tipos de oración segundo a natureza do predicado Luís Seoane. Retrato de esguello Os textos do ámbito comercial Oración composta I. Coordinación e xustaposición Autopoética Vicente ARAGUAS O currículo e a carta de presentación A oración composta II. Subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais Polaroid Suso de TORO Textos argumentativos dos medios de comunicación: o editorial e as cartas á dirección A oración composta III: as bipolares causais, consecutivas e comparativas Quero ser grande Roberto SALGUEIRO Os textos argumentativos dos medios de comunicación: o artigo e a columna, a tira cómica ou viñeta e a crítica A oración composta IV: as bipolares adversativas, condicionais e concesivas 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Anexo Perífrasis verbais UNIDAD DE MUESTRA

Upload: others

Post on 15-Oct-2019

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

Competencias Tipos de textosCoñecemento da lingua

FonéticaMorfosintaxe

Coñecemento da lingua Propiedades

textuaisHistoria da

literatura Lingua e sociedade Proba

Unha ILP, inspirada en Paz-Andrade, pide promover o portugués no ensino enas empresas galegas

A comunicación oral O vocalismo A produción dun texto: informacióne organización

Que é a literatura? A lusofonía Unidade 1

Manifesto surrealistaAndré Breton

Textos expositivos orais: relatorioe presentación

O consonantismo A oración Primeiro terzodo século xx: a poesía das Irmandades

A lingua noprimeiro terzo do século XX

Unidade 2

O galego non serve para nadaJon Amil

O texto argumentativo oral:o debate e a mesa redonda

Valores dos tempos verbais O parágrafo) Primeiro terzo do séculoxx. A narrativa de preguerra: GrupoNós e Castelao

As actitudes, os prexuízos e o proceso de normalización lingüística

Unidade 3

O neno suicidaRafael Dieste

A publicidade oral e escrita O infinitivo conxugado Uso das TIC: elaboración dun texto e presentacións

As vangardas e Rafael Dieste Os prexuízos lingüísticos Unidade 4

A verdade de «As Marías» Por un uso non discriminatorioda lingua

Tipos de oración segundo anatureza do predicado

Os rexistros. A adecuación A narrativa de posguerra e do exilio

A lingua galega do 36 ao 75 Unidade 5

Luís Seoane. Retrato de esguello

Os textos do ámbito comercial

Oración composta I.Coordinación e xustaposición

A coherencia A poesía de posguerra Uso e valoración da variedade estándar e das variedades xeográficas

Unidade 6

AutopoéticaVicente Araguas

O currículo e a carta depresentación

A oración composta II.Subordinadas substantivas,adxectivas e adverbiais

A cohesión A poesía galega a partir de1975

A lingua galega desde 1975 ata hoxe

Unidade 7

PolaroidSuso de toro

Textos argumentativos dos medios de comunicación: o editorial e as cartas ádirección

A oración composta III: as bipolares causais, consecutivas e comparativas

Os conectores dos textos argumentativos

A narrativa de 1975 ata a actualidade

Presenza da lingua galega no ensino desde 1975

Unidade 8

Quero ser grandeRoberto Salgueiro

Os textos argumentativos dos medios de comunicación: o artigoe a columna, a tira cómica ou viñeta e a crítica

A oración composta IV: as bipolares adversativas, condicionais econcesivas

Claves para unha boa escrita O teatro do século xx e xxi O audiovisual galego Unidade 9

1

2

3

4

5

6

7

8

9

Anexo Perífrasis verbais

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 2: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

Competencias Tipos de textosCoñecemento da lingua

FonéticaMorfosintaxe

Coñecemento da lingua Propiedades

textuais Historia da

literatura Lingua e sociedade Proba

Unha ILP, inspirada en Paz-Andrade, pide promover o portugués no ensino enas empresas galegas

A comunicación oral O vocalismo A produción dun texto: informacióne organización

Que é a literatura? A lusofonía Unidade 1

Manifesto surrealistaAndré Breton

Textos expositivos orais: relatorioe presentación

O consonantismo A oración Primeiro terzodo século xx: a poesía das Irmandades

A lingua noprimeiro terzo do século XX

Unidade 2

O galego non serve para nadaJon Amil

O texto argumentativo oral:o debate e a mesa redonda

Valores dos tempos verbais O parágrafo) Primeiro terzo do séculoxx. A narrativa de preguerra: GrupoNós e Castelao

As actitudes, os prexuízos e o proceso de normalizaciónlingüística

Unidade 3

O neno suicidaRafael Dieste

A publicidade oral e escrita O infinitivo conxugado Uso das TIC: elaboración dun texto e presentacións

As vangardas e Rafael Dieste Os prexuízos lingüísticos Unidade 4

A verdade de «As Marías» Por un uso non discriminatorioda lingua

Tipos de oración segundo anatureza do predicado

Os rexistros. A adecuación A narrativa de posguerra e do exilio

A lingua galega do 36 ao 75 Unidade 5

Luís Seoane. Retrato de esguello

Os textos do ámbito comercial

Oración composta I.Coordinación e xustaposición

A coherencia A poesía de posguerra Uso e valoración da variedade estándar e das variedades xeográficas

Unidade 6

AutopoéticaVicente Araguas

O currículo e a carta depresentación

A oración composta II.Subordinadas substantivas,adxectivas e adverbiais

A cohesión A poesía galega a partir de 1975

A lingua galega desde 1975 ata hoxe

Unidade 7

PolaroidSuso de toro

Textos argumentativos dos medios de comunicación: o editorial e as cartas á dirección

A oración composta III: as bipolares causais, consecutivas e comparativas

Os conectores dos textos argumentativos

A narrativa de 1975 ata a actualidade

Presenza da lingua galega no ensino desde 1975

Unidade 8

Quero ser grandeRoberto Salgueiro

Os textos argumentativos dos medios de comunicación: o artigoe a columna, a tira cómica ou viñeta e a crítica

A oración composta IV: as bipolares adversativas, condicionais econcesivas

Claves para unha boa escrita O teatro do século xx e xxi O audiovisual galego Unidade 9

Anexo Perífrasis verbais

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 3: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

1Consulta a unidade e responde.

Que significa a palabra latina LITTERA? Cita o nome de dous escritores da literatura galega do século xx.

Historia da Literatura

Que é a linguaxe non verbal? Que trazos ten unha comunicación oral planificada?

Tipos de textos

Cantos sons vocálicos ten o

galego?

Que deberías preguntarte antes de

escribir un texto?

Coñecemento da lingua

Que cres que significan as siglas ILP e DOG?

Que che suxire a persoa Valentín Paz-Andrade?

Competencias

Que é a lusofonía?

Enumera tres países lusófonos.Lingua e sociedade

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 4: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

8

No DOG do 8 de abril de 2014 publícase a Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía. A súa aprobación conséguese grazas a unha iniciativa popular posta en marcha un par de anos antes.

Vas coñecer os pasos que se seguiron nese proceso.

Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras deste 2012, era un claro defensor do achegamento de Galicia aos países da lusofonía, sobre todo ao Brasil, que coñecía ben polas súas actividades empresariais. E son o empresariado e o ensino os ámbitos que os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular que esta mañá se rexistrou no Parlamento consideran fulcrais para o fomento da lingua portuguesa en Galicia.

A ILP, que leva o nome de Valentín Paz-Andrade, contén unha serie de medidas concretas, coma a pro-gresiva incorporación do portugués no ensino (nun prazo de catro anos), o fomento da participación das institucións e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, a recepción aberta das televisións e radios lusas e o recoñecemento desta competencia lingüística para o acceso á función pú-blica. Salientan que son peticións realizables, tanto no caso do ensino –a través de pasarelas ou das pro-pias materias de galego–, coma no da recepción das televisións portuguesas en Galicia –xa aprobada polo

Parlamento–, coma no da participación de entidades galegas en foros empresariais ou culturais, aos que xa foron convidadas en varias ocasións.

Unha vez admitida, necesitará 15 mil sinaturas para ser debatida na cámara, sempre dentro desta lexislatura, e despois pasaría a ser debatida polos gru-pos políticos. Un dos seus promotores, Xosé Morell, asegura, con todo, que se non hai tempo para que a ILP se debata antes das vindeiras eleccións autonómi-cas, volverá presentarse na vindeira lexislatura.

«Unha iniciativa asumible por todos»Os promotores, entre os que están Valentim Fagim ou Isaac Alonso Estravis, indican que «a iniciativa parte da sociedade civil, non nace dun esquema ideolóxico ou académico previo. É asumible por todos os gale-gos e galegas independentemente da concepción que teñan do idioma, tanto se pensan que o galego e o portugués son a mesma lingua, ou son nai e filla ou linguas irmás». «Queremos concienciar a sociedade ci-

Unha ILP, inspirada en Paz-Andrade, pide promover o portugués no ensino e

nas empresas galegas

5

10

15

20

25

30

35UNIDAD D

E MUESTRA

Page 5: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

9

Competencias 1

UN

IDA

DE

vil, especialmente o empresariado, de que Galicia non debe desaproveitar unha das súas principais riquezas. Castela-León, Estremadura ou A Arxentina teñen au-las de Portugués e nós en Galicia vivimos de costas a isto. É un luxo que non nos podemos permitir, xusto nun momento no que hai que aproveitar todos os re-cursos», di Morell.

Os demandantes argumentan que «é coñecido que a economía do Brasil é a quinta maior do mun-do e a primeira de toda América Latina, respondendo por tres quintas partes de toda a produción industrial de América do Sur» e que «a vantaxe competitiva que

para as xentes da Galicia representa a lingua non se limita á potencialidade de establecer novas relacións comerciais ou culturais directas, mais en acadar un estatuto de mediador entre bloques xeográficos e lin-güísticos».

Morell conclúe que «non é nada que vaia contra ninguén» e lembra que esta iniciativa non parte de ningunha ideoloxía concreta, polo que lles pediu aos voceiros dos tres grupos políticos con representación parlamentaria que sacasen esta cuestión dos seus de-bates partidarios.

Marcos Pérez Pena. Praza (16 maio 2012) <http://praza.gal>

40

45

50

55

60

17 mil assinaturas levam ao Parlamento a ILP para promover o português

Na tarde de hoje, seis meses depois de ser apresentada ante o Parlamento da Galiza, a Comissão Promotora da Proposta de Lei por Iniciativa Legislativa Popular que leva o sobrenome do homenageado do Dia das Letras Galegas do passado ano, Valentim Paz-Andrade, formaliza a entrega das 17 000 assinaturas que assegu-ram a continuação da sua tramitação parlamentar. A iniciativa procura uma série de medidas que facilitem o acesso dos galegos ao universo de língua portuguesa e um maior relacionamento com a Lusofonia.

Entre as propostas do articulado, figuram a pro-gressiva incorporação do português no ensino, o fo-mento da participação das instituições e empresas galegas nos foros económicos, culturais e desportivos lusófonos, a recepção aberta das televisões e rádios portuguesas e o reconhecimento desta competência linguística para o aceso à função pública.

[...] Alcançado o objetivo de superar a 15 000 assi-naturas requeridas, a Comissão Promotora destaca a sensibilidade das galegas e dos galegos para a proxi-midade ou unidade (em função da perspectiva) da língua falada na Galiza e as restantes falas lusófonas, permitindo a consecução dos apoios necessários.

Apresentada no Parlamento em 16 de maio de 2012, a proposta une-se ao espírito da comemoração de Valentim Paz-Andrade, que, para além de ser um dos principais impulsores da moderna indústria pes-queira galega, foi também vice-presidente da Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, que possibilitou a participação da Galiza nas reuniões para o acordo ortográfico da língua portuguesa que decorreram no Rio de Janeiro (1986) e Lisboa (1990).

<http://academiagalega.org>

5

10

15

20

25

30UNIDAD D

E MUESTRA

Page 6: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

10

Comprensión lectora1. Le estas dúas noticias sobre o mesmo tema

que se publicaron con dez meses de diferenza e responde as seguintes cuestións:

a) De que informa a primeira noticia? E a segunda?

b) Cal é o procedemento para que unha iniciativa popular sexa debatida no Parlamento?

c) De que xeito se pretende promover o portugués en Galicia con esta Iniciativa Lexislativa Popular?

d) Que argumentos se empregan para promover a presenza do portugués en Galicia?

Comprensión oral

2. No vídeo (http://qr.teide.eu/007W) que acabas de ver preséntase unha guía de mercados tradicionais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Aínda que está en portugués seguro que podes contestar as seguintes cuestións:

a) Con que periodicidade se celebran este tipo de mercados?

b) Que valores se destacan das feiras en xeral?c) Que produtos se poden adquirir nelas?

Expresión escrita

3. A iniciativa de promover o portugués en Galicia recibe o nome de Valentín Paz Andrade. Procura información sobre a súa actividade cultural, política e empresarial para redactares un texto biográfico.

Expresión oral

4. Os prexuízos teñen a súa orixe no descoñecemento da realidade que se xulga. Na actualidade séguense a manter moitos prexuízos sobre Portugal e os seus habitantes. Que sabes ti deste país e da súa cultura? Que ideas tes formadas sobre os portugueses? Reflexionade sobre se teñen unha base real ou responden a un prexuízo.

Coñecemento da lingua5. No curso pasado vimos que as perífrases son

construcións formadas por un verbo auxiliar, conxugado nun tempo e persoa determinados, e un auxiliado (infinitivo, xerundio ou participio). Nalgunhas perífrases aparece unha preposición ou conxunción entre ambos. Localiza no primeiro texto as perífrases. Cal delas indica obriga? E pasividade? Hai algunha que indique que a acción se repita?

6. A colocación do pronome nas perífrases admite varias posibilidades. O pronome colócase antes ou despois do verbo auxiliar, dependendo das regras xerais (Non o dei feito). Tamén o podemos colocar despois do verbo auxiliado sempre que sexa un infinitivo ou xerundio (Teño que irme. Foi amañándose). Naquelas perífrases con nexo o pronome tamén pode aparecer entre este e o verbo auxiliado (Teño que me ir). Substitúe o subliñado nestas oracións por un pronome indicando todas as colocacións posibles.

a) Quen vai expoñer mañá o traballo?b) Acabou por facer a tarefa el só.c) O teu pai está a preparar a cea.d ) Alterouse tanto que deu en tirar ao chan todo

o que tiña diante.e) Ese corredor xa leva gañado moitas

medallas.f ) O grupo vén de presentar o seu último disco. g) Hai que levar o can ao veterinario.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 7: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

UN

IDA

DE

A comunicación oral

É practicamente imposible vivir totalmente illados, sen relación ningunha. A comunicación é unha necesidade básica da sociedade en xeral, un proceso complexo e dinámico no que un emisor envía unha mensaxe a un receptor co obxectivo de obter unha determinada resposta.

Os seres humanos comunicámonos para satisfacer unha serie de necesida-des básicas: informar ou informarse, agruparse para conseguir metas comúns e establecer relacións interpersoais. Considerando o noso comportamento e observando a resposta que obtemos das persoas que nos rodean, podemos saber se nos comunicamos de xeito adecuado.

Como mellorar a nosa capacidade de transmitir calquera mensaxe coa maior eficacia? Non abonda con dicir o que temos que dicir, tampouco se trata de que quede bonito, senón que debemos lograr que quen nos escoite compren-da e reteña sen esforzo nin dificultade o que nós desexamos expresar.

A boa comunicación non é só un asunto de intelixencia, cultura e aptitude, se-nón principalmente de destreza e habilidade para transformar adecuadamente as ideas en palabras. Unha boa comunicación oral é aquela na que un emisor, coas técnicas de expresión axeitadas, transmite unha mensaxe clara, precisa e ordenada a un grupo de receptores ou destinatarios. Estes, sen faceren un esforzo especial, deben captar facilmente o contido da mensaxe, grazas a un contexto favorable, á acertada utilización dun código común e ao correcto funcionamento dunha canle adecuada a través da cal circulou e chegou a men-saxe de forma fluída e nítida (sen «ruídos» nin distorsións).

Tipos de textos

11

1

Lembra que a grafía x pode representar un son

fricativo palatal xordo (calexo, queixo) ou o grupo

consonántico /ks/ (complexo, sexo,

sufixo).

Comunicación oral

Establécese entre dúas ou máis persoas para compartir información mediante a linguaxe.

Características

Interveñen (alternando os papeis)

Emisor Receptor

Transmite a información, fala, comunica, expresa...

Recibe a información, escóitaa, interprétaa...

• É efémera.• Posúe unha maior liberdade expresiva. • É máis espontánea do que a comunicación escrita.• Apóiase na entoación da voz, nos xestos, no movemento corporal...

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 8: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

12 13

A comUNIcAcIóN orAl

Contesta1. A asertividade é a habilidade de expresar os nosos desexos dun xeito amable, aberto, directo e axeitado,

logrando dicir o que queremos sen ofender os demais e sen crear un sentimento de culpa.

u Responde este test para saberes se te comunicas de xeito asertivo ou non.

a Un compañeiro emprega sempre un alcume que che desagrada para chamarte, ti:c a) Sénteste molesto e dislle: «O que fas amólame, por

favor deixa de facelo».c b) Cabréaste e dislle: «Non me amoles! Acaso ti es

perfecto?».c c) Quedas calado e actúas como se non pasase nada.

b Un amigo acaba de chegar a cear, pero unha hora máis tarde. Non chamou para avisar de que se atrasaría. Estás irritado pola tardanza. Que fas?c a) Saúdalo coma se nada e dislle: «Entra, a cea está na

mesa».c b) Dislle: «Levo esperando unha hora sen saber o que

pasaba e puxéchesme nervioso. Se outra vez te atrasas avísame, farás a espera máis agradable».

c c) Dislle: «Que tarde chegas! Nunca máis te volvo invitar... Non podes ser puntual?».

c Un compañeiro dáche constantemente o seu traballo para que llo fagas. Decides terminar con esta situación, que lle dis?c a) Dígolle que estou bastante ocupado pero que, se

non consegue facelo, podo axudarlle.c b) Dígolle que é un desconsiderado, que eu tamén teño

tarefas pendentes e que o faga el.c c) Dígolle: «Sempre me pides axuda, porque non che

dá tempo ou porque non sabes facelo, pero xa estou farto, intenta facelo ti mesmo e aprende a ser responsable».

d Vas cear a un restaurante. Cando o camareiro trae o que pediches, ves que o teu vaso está sucio. Que fas?c a) Non digo nada e uso o vaso sucio aínda que a

desgusto.c b) Armo un grande escándalo no local e dígolle que,

como o servizo é noxento, nunca volverei a ese establecemento.

c c) Chamo o mozo e pídolle que por favor me cambie o vaso.

e Estás nunha fila moi longa para entrar no banco, chega un señor e cóase diante túa, ti:c a) Bérraslle dicíndolle que chegaches antes e que non

sexa maleducado, que espere a súa quenda.c b) Quedas calado, ao fin e ao cabo todos imos ser

atendidos.c c) Dislle que por favor se retire porque debe de

respectar a fila.

f Estás nun grupo facendo un traballo, ti propós unha idea nova para mellorar, porén o teu compañeiro di que está mal, que non serves para nada, ti:c a) Faslle entender que todos podemos propor ideas,

sexan correctas ou erradas, e que se ti estás enganado hai que saber dicilo.

c b) Quedas calado e non volves propor máis ideas.c c) Enfádaste coa persoa e dislle con retranca: «Seguro

que ti o fas mellor».

g Estás nun cine vendo un filme, de pronto soa o móbil dunha persoa e contesta. Ti que fas?c a) Dígolle que por favor o apague ou que saia porque

molesta.c b) Armo un escándalo, dicíndolle que non é o lugar

para falar por teléfono, que sexa educado.c c) No lle digo nada, aínda que me desgusta non poder

escoitar o filme.

h Unha persoa convídate a tomar algo, pero non che agrada a súa personalidade. Que lle dis?c a) Négome poñéndolle unha escusa para que non se

ofenda.c b) Acepto aínda que non queira.c c) Dígolle que nin tolo, que nunca aceptaría un

convite seu.

i Burláronse da túa resposta na clase, ti:c a) Oféndeste porque ti nunca cometes erros e

bérraslles que calen.c b) Evitas volver a dar as túas opinións, tes medo de

quedar outra vez coma un parvo.c c) Dislles: «A miña resposta estivo mal, pero non vos

burledes, porque todos podemos cometer erros».

j Estás facendo un exame e decátaste de que o teu compañeiro está copiando as túas respostas. Que fas?c a) Acúsoo diante do profesor en voz alta para que

todos o saiban.c b) Dígolle en voz baixa que deixe de copiar porque, se

continúa, terei que dicirllo ao profesor.c c) Deixo que copie, aínda que sei que estou facendo

mal e me preocupa que o profesor se decate.UNIDAD D

E MUESTRA

Page 9: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

12 13

Tipos de textos 1

UN

IDA

DE

Principios da comunicación oral

Cando temos que falar en público, para conseguir que o noso discurso sexa eficaz, cómpre ter en conta unha serie de principios:

•Saudar e presentarse antes de comezar a falar.

• Antes de entrar en materia, é necesario indicar o motivo da nosa intervención e, se o consideramos oportuno, que pretendemos conseguir con ela.

• Estruturar a mensaxe de forma ordenada e coherente, centrándonos no tema.

• Resaltar aquelas palabras ou expresións que reforzan a nosa intervención ou exposición elevando un pouco o ton de voz ou mediante pausas estra-téxicas.

• Repetir as palabras e frases chave para axudar a comprender o máis impor-tante.

• Expoñer as ideas de xeito claro e sinxelo, cun vocabulario accesible para os interlocutores, evitando palabras rebuscadas e expresións demasiado técnicas.

• Empregar expresións en primeira persoa e evitar tratar os interlocutores de xeito impersoal.

A linguaxe non verbal

Cando nos comunicamos oralmente, ademais de expresármonos con pala-bras, tamén empregamos a mirada, os acenos, as posturas etc. Con eles transmitímoslles información aos nosos interlocutores. Debemos ser conscien-tes de que todos estes elementos da linguaxe non verbal nos axudan a comu-nicarnos de xeito eficaz. Cando nos atopemos nunha situación comunicativa, cómpre ter en conta os seguintes elementos:

•A aparencia persoal: a hixiene persoal, a forma de vestirnos ou peitearnos etc. din moito de nós e poden provocar rexeitamento ou aceptación.

•A mirada: con ela expresamos sentimentos, desexos e tamén inquietudes; é importante mirar as persoas coas que falamos aos ollos porque nos poden revelar moitas cousas.

•A expresión facial: serve, no caso do emisor, para transmitir o seu entusias-mo; no receptor mostra o seu grao de interese e se está comprendendo a mensaxe.

•Os acenos: o movemento das mans, por exemplo, pode destacar aquilo que consideremos importante.

•A postura: o modo de sentar, o xeito de movernos e andar, a posición que adoptamos de pé reflicten actitudes do emisor, pero tamén dos receptores, cara aos demais.

•A proximidade: en xeral, mostrarse accesible e cordial cos interlocutores fa-vorece a comunicación.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 10: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

14 15

Indica

3. Indica que actitudes son propias dunha escoita activa e comenta oralmente cos teus compañeiros por que.

a) Preguntar algo antes de que o noso interlocutor remate de falar.

b) Observar a linguaxe non verbal do noso interlocutor para comprender mellor o que di.

c) Intervir, cando o interlocutor deixa claro que o fagamos, para aclarar se estamos entendendo ou para manifestar as nosas dúbidas.

d ) Mirar noutra dirección: para as paredes, para o teito, pola xanela...

e) Pensar que o que estamos escoitando é información e que toda información é útil.

f ) Estomballarse na cadeira nunha postura pasiva.

g) Xulgar o que se nos vai dicir antes de coñecelo ou xulgar a persoa e non o que di.

h) Poñerse a facer calquera outra cousa: debuxar, manipular un obxecto...

A comUNIcAcIóN orAl

Avalía2. Observa este vídeo (http://qr.teide.eu/007X). Nel, unha moza expón

un discurso sólido contra os estereotipos da vida no rural nun dos «Parladoiros» organizados pola Fundación Galicia Sustentable. Repara na linguaxe non verbal e avalíaa tendo en conta os seguintes parámetros:

•Faiunhaboaentradaenescenaeiniciaasúaintervencióndunxeito distinto para captar a atención do público.

•Aaparenciapersoaléadecuadaaocontexto.•Mostraseguridadeeconfianzanoxeitodefalar.•Asúaposicióncorporaléaaxeitada:aberta,vertical,simétricae

estable.•Manténocontactovisualcopúblicoeestásorrindotodoo

tempo.•Esfórzaseenmiraratodoomundoeevitamirarcontinuamente

para a pantalla.•Contaxiaemociónscomovementodasmanseosacenos:mostra

as mans abertas e móveas para reforzar o que está a dicir,•Anteosfallosoudificultadesreaccionaconnaturalidade,comase

non pasase nada.•Móstrasetalecomoé,nonactúa.•Diríxeseaopúblicopresentenasalaparamanterasúaatención.•Adiccióneotondevozsoncorrectos,enténdeseperfectamente

todo o que di.

A escoita activa

Un dos aspectos máis importantes de todo o proceso comunicativo é saber escoitar. Hoxe en día estamos máis pendentes do que dicimos e da nosa ne-cesidade de comunicar que de escoitar os demais. Esta actitude dificulta en moitos casos a comunicación.

Pola contra, cando prestamos atención estamos transmitindo a nosa vontade de entender o que se nos está comunicando. Este é un comportamento fun-damental, sen o cal non se produce a comunicación.

Son moitas as vantaxes dunha escoita activa: conseguimos estimular a comu-nicación facendo que o emisor se sinta a gusto, con confianza e valorado, e transmita mellor a súa mensaxe.

Contesta4. Partindo do exercicio anterior, escribe un decálogo no que resumas o

que debes ter presente para escoitar activamente.UNIDAD D

E MUESTRA

Page 11: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

14 15

Tipos de textos 1

UN

IDA

DE

5. A continuación relaciona o tipo de comunicación coa súa definición: charla, coloquio, debate, discurso, foro, mesa redonda, relatorio e simposio. Clasifícaos segundo o número de participantes.

a) Disertación oral ante un público, sen solemnidade nin excesivas preocupacións formais.

b) Exposición oral ordenada e minuciosa nun acto público sobre un tema que se somete a exame.

c) Razoamento oral de extensión determinada dirixido a un público por unha soa persoa que pretende persuadir.

d ) Intercambio, fronte a fronte, entre persoas que comparten como mínimo un tema de interese sobre o que discutir, solucionar un problema ou tomar unha decisión.

e) Controversia oral entre varios individuos, cuxa intención é demostrar a superioridade duns puntos sobre outros.

f ) Conversa entre especialistas na que expoñen as súas opinións sobre un tema que pode ter múltiples aspectos.

g) Desenvolvemento de diferentes partes dun mesmo tema ou problema, de forma sucesiva por parte dunha serie de expertos, fronte a un grupo de xente.

h) Reunión dun grupo de persoas para discutir asuntos, feitos ou problemas normalmente de actualidade, conducidos por un coordinador, ante un auditorio que ás veces intervén na discusión.

Prepara6. Debes preparar un discurso sobre a pirataría

musical para un foro que se vai organizar na aula. Recompila toda a información necesaria para defender a túa postura e ten en conta os principios da comunicación verbal e a linguaxe non verbal.

T ipos de comunicación oral

Atendendo ao número de participantes, as comunicacións orais adoitan clasi-ficarse en:

•Singulares: o receptor non ten a posibilidade de responder, como, por exem-plo, nun discurso político.

•Duais: dous participantes fan uso da quenda de palabra alternando os pa-peis de emisor e receptor. É o caso dos diálogos entre amigos, as entrevistas ou as conversas telefónicas.

• Plurais: tres ou máis persoas asumen alternativamente os papeis de emisor e receptor, como, por exemplo, nunha xuntanza de veciños, nun debate etc.

Segundo precisemos ou non unha preparación previa, distinguimos entre co-municación oral espontánea e planificada.

A comunicación oral espontánea non se organiza previamente, é un proceso que se vai creando e depende da información que se vaia intercambiando, e o seu estilo é informal. Adoita implicar a dous ou varios interlocutores (conversa coa veciña, cos amigos...).

A comunicación oral planificada baséase nunha preparación previa, o seu es-tilo é formal, coñécense os temas que se van tratar, a estrutura e as regras que determinarán a comunicación. Este tipo de comunicación pode ser multidirec-cional, con varios protagonistas que, dependendo do momento, se converten en emisores e receptores (debates, coloquios, entrevistas...), ou unidireccional, cun único emisor fronte a varios receptores (charlas, conferencias, discursos...).

Relaciona e clasif ica

Entre o 75 e o 80 % das persoas teñen medo a falar en público. Para controlar e xestionar ese medo, o primeiro é enfrontarse a el tratando de falar en público cada vez que temos ocasión, para que a experiencia se fixe na nosa mente. Canto máis o fagamos máis pracenteiro será para nós. Tamén poden ser útiles estes consellos:•Cómprebeberungrolo

de auga antes porque así mandamos unha mensaxe de tranquilidade ao cerebro.

•Debemosrespirarprofundamente desde o abdome para aliviar os nervios.

•Sernósmesmos,nonpretender ser o que non somos para procurar a aprobación dos demais: a opinión dos demais non é tan importante como pensamos.

•Axudamoitocentrarsenamensaxe, no que imos dicir.

•Secometemosunerro,obvialoe continuar coma se nada.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 12: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

O vocalismo

Cando falamos emitimos un gran número de sons combinados dun xeito de-terminado segundo a lingua que falemos. Mais estes sons moitas veces per-tencen a un único fonema. Por exemplo, o fonema /s/, dependendo da zona ou do contexto, pódese pronunciar máis ou menos sonoro, predorsal... Isto percíbelo facilmente se escoitas dicir «o sapo» a unha persoa de Cangas, outra de Mazaricos e outra de Ourense.

Do estudo dos sons dunha lingua encárgase a fonética [de'βer], mentres que a fonoloxía estuda os fonemas /de'ber/. O cambio dun fonema nunha palabra implica un cambio de significado /'kan/, /'kal/, /'kεn/ (can, cal, quen).

Na escrita, os fonemas representámolos por medio de grafemas (letras) ou dí-grafos, conxunto de dúas letras para expresar un único fonema: chave /'t∫abe/, palla /'paλa/.

O sistema vocálico

As vogais caracterízanse por ter unha articulación libre; cando as pronuncia-mos o aire sae libremente sen atopar como obstáculo a lingua, os dentes, os beizos... No caso do galego contamos con sete fonemas vocálicos que permi-ten distinguir palabras (oso-óso-iso, vota-bota, bata-veta, presa-présa).

As vogais clasificámolas segundo o grao de abertura (temos a boca máis ou menos aberta) e segundo a localización (preto do veo do padal, na parte ante-rior da boca e no centro da boca).

Se temos en conta o grao de abertura, distinguimos vogais:

• Pechadas: /i/, /u /.• Medias: segundo o nivel de abertura distinguirmos entre medias abertas (/ε / ,

/ɔ / ) e medias pechadas (/e/, /o/).• Abertas: /a/.

Segundo a localización tamén se distinguen tres tipos de vogais:

• Palatais ou anteriores: pronúncianse na parte anterior da boca, no padal duro (/i /, /e /, /ε /).

• Velares ou posteriores: pronúncianse preto do veo do padal (/u /, /o /, /ɔ/).• Centrais: sitúanse no centro da boca (/a/).

Coñecemento da lingua. Fonética

16

Pon en práctica1. Crea outras palabras

cambiando só un fonema cada vez, tal e como se mostra no exemplo (ten en conta que os grafemas b e v se pronuncian igual, polo tanto podes usalos indistintamente; non acontece o mesmo con o e e, de aí que teñas que reparar en se é aberto ou pechado):

peta > pita, pota, bota, bote, vote, vota...

a) voda b) tella c) laña d ) mala

Hai moitos menos fonemas que sons. Os primeiros transcribímolos entre raias /'kasa/, mentres que os sons se representan entre parénteses cadradas ['kasa].

Así mesmo, no caso do galego e doutras linguas romances, existe un grafema que non representa nin-gún fonema e o seu uso unicamen-te vén determinado por factores históricos: humano /u'mano/.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 13: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

Coñecemento da lingua. Fonética 1

UN

IDA

DE

17

Grao de aberturaLocalización

Palatal ou anterior Central Velar ou

posteriorPechada /i / /u /

Medio pechada /e/ /o /

Medio aberta /ε / /ɔ/Aberta /a /

Aínda que os fonemas vocálicos da nosa lingua son sete, na escrita emprega-mos o grafema o para /o/ e /ɔ / (polo, bote) e a letra e para /e / e /ε / (ver, mel ). Á hora de falar, é moi importante distinguir estes dous fonemas, xa que doutro xeito podemos estar transmitíndolle á persoa que nos escoita unha informa-ción incorrecta (non é o mesmo dicir «Atopei un oso» que «Atopei un óso») e, mesmo sen producir confusión, estariamos a falar a nosa lingua de forma incorrecta.

2. Sinala se as vogais destacadas en letra grosa son abertas ou pechadas.

a) petar c) comad ) xoves

e) mecenasf ) golpe

g) golh) quenb) neta

3. Os seguintes pares de palabras distínguense polo timbre da vogal tónica. Crea un enunciado con cada unha delas e logo leo en voz alta de xeito correcto.

a) sela (asento) sela (de selar)vós (pronome tónico)compre (do verbo comprar)pega (de pegar)pola (galiña nova)

b) vos (pronome átono)c) cómpre (do verbo cumprir)d ) pega (paxaro)e) póla (rama)

4. Escoita o primeiro minuto desta gravación (http://qr.teide.eu/0063) do Diario Cultural da RTVG e indica se a vogal tónica das seguintes palabras é aberta ou pechada:

museos•hoxe•lema•novecentos•setentaesete institucións•todo•arredor•centro•galego•valor

5. Grávate pronunciando correctamente o timbre das vogais e a contracción ao. Escoitade despois o resultado na aula.

a) Chegou ao campo no mesmo momento en que o Celta metía o primeiro gol.

b) Agora mesmo non me podo parar, que levo présa.c) Viviu fóra moitos anos, mais nunca esqueceu as súas orixes.d ) Á tarde só teñen atención ao público ata as cinco.e) As bestas báixanas ao curro para marcalas.

Pon en práctica Se queres, podes consultar o Dicionario de pronuncia da lingua galega (http://q r.teide.eu/0062), no cal se indica o timbre das vogais e podes escoitar como se pronuncia.

Moitas palabras só se diferencian polo timbre da vogal, de aí que en

moitos deses casos empreguemos a acentuación diacrítica para distinguilas

na escrita. Acentuamos, polo tanto, présa, óso e fóra, que se pronuncian

con vogal aberta, mais non acentuamos presa, oso e fora, que teñen vogal

pechada.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 14: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

18 19

A produción dun texto: información e organización

Á hora de elaborarmos un texto sempre nos asusta a chamada «páxina en branco» e asáltanos a pregunta: e agora como empezo? Pois aquí intentare-mos comezar do xeito máis oportuno, para que logo, cando queiras redactar, o teñas máis doado. Sabemos que existen moitos tipos de textos (expositivos, argumentativos, instrutivos...) e que cada un deles ten unhas características determinadas, mais existen unhas técnicas de construción previas que pode-mos empregar en calquera caso.

O primeiro que temos que ter claro é o tema do noso texto: de que imos falar ou escribir? Posiblemente de aí saia o noso título. A continuación debemos saber a quen vai destinado ese texto oral ou escrito, xa que diso vai depender o tipo de lingua que empreguemos. E por último: para que? Isto é, que preten-demos co texto: entreter (un relato), convencer (argumentos), dar instrucións ou normas (instruír)...

Unha vez que temos respondidas estas cuestións (que?, para quen? e para que?), se é preciso debemos buscar información. Imaxinemos por un momen-to que temos que expoñer un traballo sobre as abellas, mais o que nós co-ñecemos destes animaliños é moi pouco. Que é o primeiro que preciso? Si, información. Ás veces xa a temos, mais, con frecuencia, é necesario ampliala, ben sexa en todos os apartados que imos tratar ben só nalgúns.

Seguimos coas abellas... Sabemos que hai raíñas, abáboros e obreiras, mais non sabemos en que se diferencian. Tamén sabemos que producen mel, cera e xelea real, pero non como o fan. Existen varios tipos de colmeas, dos máis tradicionais aos máis modernos. Ademais, temos oído que ultimamente están desaparecendo. Pois xa temos moitos aspectos relacionados coas abellas! O primeiro que teño que ter claro é: cales vou tratar?, todos?, só algúns? Voume decantar só polo tipo de abellas e polo mel?

Coñecemento da lingua. Propiedades textuais

1. Intenta responder as cuestións «para quen?» e «para que?» nos seguintes textos:

a) Unha carta á dirección dun xornal sobre o ensino.b) A historia das túas vacacións de verán.c) Un folleto de como xogar á petanca.d ) Unha exposición na clase sobre as abellas.

Pon en práctica

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 15: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

18 19

2. Relé atentamente o texto anterior sobre as abellas raíña e subliña as ideas principais de cada parágrafo e as palabras ou termos específicos.

Pon en práctica

Coñecemento da lingua. Propiedades textuais 1

UN

IDA

DE

Unha vez acoutado o tema, é preciso que busquemos información. As fontes de que dispoñemos na actualidade son moitas e temos que aprender a distin-guir aquelas que nos poden servir daqueloutras que non se axeitan ás nosas necesidades ou que a información que nos achegan non é de todo precisa.

Esta información podémola atopar en distintos formatos: papel e dixital. O for-mato en papel inclúe obras especializadas sobre un tema, obras de divulga-ción, dicionarios enciclopédicos etc. Este material poderémolo atopar na bi-blioteca. Porén, na actualidade é Internet a plataforma máis empregada á hora de buscarmos información, xa que, á parte do tipo de información que nos pode ofrecer o formato en papel, tamén nos permite ampliala grazas a vídeos, imaxes, mapas...

Despois de localizarmos as fontes de información adecuadas ao noso traballo, debemos lelas con atención e ir subliñando e / ou anotando aquilo que nos inte-resa. Buscamos información na Galipedia sobre a «abella raíña», xa que quere-mos ampliar os nosos coñecementos para os incorporar ao noso traballo. Isto é o que nos aparece, e os pasos a seguir serían:

1. Lectura do texto.2. Lectura e subliñado (ou anotado) daqueles aspectos que nos interesan.

A abella raíña ou abella mestra é unha das tres castes que teñen as abe-llas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas obreiras infértiles e pon ovos non fecundados que dan orixe a abellóns fértiles.

Ciclo de vida de Apis melliferaAs abellas melíferas sobreviven ao inverno como colonia, a abella raíña comeza a desovar na primavera. Deposita os seus ovos en panais de cera que as obreiras constrúen con celas hexagonais. O ovo, despois do terceiro día, transfórmase nunha pequena larva que é alimentada por abellas ama de cría ou nutrices (abellas obreiras novas). Logo dunha semana, máis ou menos, a larva é selada na súa cela por abellas ama de cría, producíndose o estado de ninfa ou pupa. En aproximadamente outra semana, a ninfa emerxe como unha abella adulta.

A abella raíña non abandona a colmea, salvo durante os voos de fecunda-ción ou cando se produce un enxame para dar lugar a unha nova colonia. Vive unha media de tres anos.

<http://gl.wikipedia.org> (adaptación)

Para teres máis información sobre a importancia de contrastar información que aparece na rede,

podes consultar a páxina da Asociación Socio-pedagóxica Galega

(AS-PG): http://qr.teide.eu/0064.

Como subliñarConsiste en destacar as frases ou

palabras principais dun texto.

Que debemos subliñar?• A idea principal de cada parágrafo.• Palabras técnicas ou específicas.

Lembra que nunca se debe subliñar na primeira lectura.

O plural das palabras compostas cuxos lexemas non están graficamente unidos depende da clase de palabras que as forman.

Neste caso, substantivo + substantivo, só se pon en plural o primeiro substantivo,

como en escolas taller, coches cama, cans policía.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 16: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

20 21

A proDUcIóN DUN tExto: INformAcIóN E orgANIzAcIóN

Unha vez que dispoñemos da información precisa, debémola organizar e, dese xeito, indirectamente, organizar o futuro texto. Evidentemente, o primeiro que imos facer é un borrador que iremos modificando ata conseguir un que se axeite ao noso gusto e / ou interese. O tempo que «perdamos» neste borrador ímolo gañar na redacción do texto e no resultado final.

3. Aquí tes un esquema dos aspectos que imos tratar do texto sobre as abellas.

a) Busca na biblioteca e mais en Internet información sobre aqueles aspectos que descoñezas. Toma notas ou subliña o máis importante.

b) Modifica o borrador da organización se o consideras oportuno e de acordo coa información que atopaches.

c) Elabora un breve texto de tres parágrafos no cal inclúas os datos fundamentais a partir do esquema.

Pon en práctica

Definición, nome científico Tipos de abellas

Raíñas: que fan, cantas hai...

Abáboros: que fan, cantos hai...

Obreiras: que fan, cantas hai...

Mel: como o elaboran, como se

extrae e tipos

Cera: como a forman, como se

extrae e tipos

Abellas

Produtos: mel, xelea, cera...

4. Imaxina que tes que elaborar un texto sobre un tema (por exemplo, a violencia no deporte, as redes sociais, os produtos ecolóxicos, a contaminación das rías, o quecemento global etc.). Responde estas cuestións:

a) A quen estaría dirixido?b) Con que finalidade: informar, convencer, dar instrucións, entreter?c) Unha vez respondido o anterior, busca información sobre o tema escollido e elabora o esquema de

organización dos contidos.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 17: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

20 21

1

UN

IDA

DE

Que é a literatura?

Se alguén nos pregunta polo significado da palabra literatura non nos resulta fácil dar unha resposta, pois o seu sentido é complexo. Na súa orixe, a palabra literatura procede da palabra latina littera (‘letra’) e fai referencia á palabra es-crita, aínda que dende a Antigüidade existiu tamén a literatura de transmisión oral.

A literatura ten como principal obxectivo a procura consciente da beleza na expresión dun discurso estruturado para persuadir o lector; é dicir, a crea-ción dunha obra de arte empregando como material a palabra. Para consegui-lo, o escritor ou a escritora manipula a linguaxe dun xeito orixinal servíndose das súas posibilidades metafóricas (connotación) e dos recursos estilísticos, para así facer máis expresiva a súa mensaxe e chamar a atención sobre ela (función expresiva e función poética da linguaxe).

Non hai que esquecer, porén, que a literatura é tamén un feito social, un acto peculiar de comunicación entre autor e lector no que é importante saber que quería comunicar o autor analizando os valores e preocupacións da súa época, así como o seu contexto persoal. Isto non lle impide ao lector interpretar os textos de maneira subxectiva e persoal segundo as súas circunstancias indivi-duais: idade, formación, ideoloxía, cultura, experiencias vitais, lecturas anterio-res etc., enriquecendo así o seu significado, sempre que o faga de xeito crítico, xustificando esa lectura.

A mensaxe, o texto literario, ten que ser quen de provocar pracer estético no receptor, pero, para que este sexa capaz de aprecialo, ten que educar a súa sensibilidade artística. Igual que se educa o padal para degustar a boa comida indo a restaurantes de calidade, para gozar coa literatura debemos exercitar-nos na lectura de obras mestras.

A literatura, porén, pode ter finalidades diversas que non exclúen a procura do pracer estético. Os lectores tamén teñen en conta a súa dimensión social, filosófica e histórica, así como a súa capacidade para nos proporcionar evasión e entretemento, entre outras moitas.

Segundo a forma na que se presenten as mensaxes na literatura, distinguimos tres xéneros literarios: a lírica, a narrativa e o teatro. Un escritor ou escritora pode reflexionar sobre o amor ou calquera outro tema nun poema, nunha no-vela ou relato ou nunha obra teatral.

Historia da literatura

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 18: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

22 23

1. Le con atención as seguintes afirmacións e despois redacta coas túas palabras as ideas que transmiten sobre a literatura e a lectura:

a) «O pracer máis fondo é a literatura, xa que é dar realidade ao que non existe». Óscar Wilde (escritor)

b) «A lectura é a intelixencia o que o exercicio ao corpo». Richard Steele (escritor e político)

c) «Era nos libros onde encontrara o universo: dixerido, clasificado, etiquetado, meditado aínda que formidable». Jean Paul Sartre (filósofo e escritor)

d ) «O coñecemento da humanidade pode obterse grazas aos libros; mediante eles é posible saber como viven e actúan outros seres humanos que en definitiva teñen os mesmos goces e sufrimentos ca nós». Juan rulfo (escritor)

e ) «É completamente inútil, desde o punto de vista da educación literaria, ler algo, por moi clásico que sexa, cuxa lectura non proporcione deleite ao lector». Bertrand ruSSell (filósofo)

f ) «Lemos para non ser nós. Para esquecer nas palabras doutros a ficción na que vivimos unha realidade demasiado críbel». Baldo ramoS (poeta e artista plástico)

g) «Os libros son o mellor viático que encontrei para esta humana viaxe». montaigne (filósofo)

h) «As Autoridades advirten que a Lectura prexudica seriamente o Pensamento Único». forgeS (humorista gráfico)

Redacta

O sistema foral significaba que os campesiños tiñan arrendadas as

terras que traballaban. O arrendamento, que se herdaba de pais a fillos,

pagábaselles en diñeiro e en especies aos propietarios das terras, na súa gran

maioría fidalgos. Coa posibilidade de mercar os foros, que culmina coa Lei de redención foral de 1926 despois

de moitas mobilizacións agraristas, os campesiños pasaron a ser propietarios

das terras. Este foi un dos cambios máis importantes do inicio

do século xx.

QUE é A lItErAtUrA?

O escritor irlandés Oscar Wilde.

Etapas da literatura no século xx

O estudo da literatura na ESO pretende fomentar o interese e o goce persoal que proporciona a comunicación literaria mediante o coñecemento das súas peculiaridades e recursos e o achegamento ás obras literarias, aos seus auto-res e á época histórica na que foron escritas.

A complexidade do século xx fai necesario establecer tres etapas para a súa análise: preguerra, posguerra e ditadura, fins do século xx e comezos do xxi.

Preguerra (1916-1936)

É unha época de cambios sociais na que desaparece o vello sistema foral e os labregos acceden por vez primeira á propiedade da terra. Comeza tamén a crearse un incipiente tecido industrial nas cidades, onde chegará man de obra proce dente do rural. Malia isto, a emigración cara a América segue a ser moi forte.

Son anos nos que a literatura galega vive un momento de esplendor. Xorden grupos, como as Irmandades da Fala (1916), que basean o seu programa na difusión oral e escrita do galego e no coñecemento da nosa propia cultura.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 19: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

22 23

Historia da literatura 1

UN

IDA

DE

Posteriormente, no ano 1922, aparece a revista Nós e o Seminario de Estudios Galegos, iniciativas impulsadas por membros das Irmandades como Vicente Risco, A. Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo. No ano 1931 fún-dase o Partido Galeguista, que ten como obxectivo acadar a autonomía para Galicia. A aprobación do Estatuto de autonomía ten lugar no ano 1936, un mes antes do levantamento militar fascista que provoca a Guerra Civil.

Escríbense importantes obras poéticas (Manuel Antonio, Amado Carballo, Ál-varo Cunqueiro) e narrativas (Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, Rafael Dieste), consolídase a produción teatral e aparece o ensaio.

Posguerra e ditadura (1939-1975)

O 20 de xullo de 1936 prodúcese en Galicia a sublevación militar contra o go-berno lexítimo da Segunda República. Isto marca o comezo de tres anos de guerra, seguidos dunha cruenta represión: os sublevados instauran un réxime de terror eliminando de xeito violento todo o que teña que ver coa esquerda e co galeguismo.

Coa implantación dun réxime ditatorial, autoritario e centralista, o galego prac-ticamente desaparece como vehículo de cultura e como lingua literaria; só se mantén vivo no exilio americano, onde moitos intelectuais galegos que tiveron que fuxir para salvar a vida desenvolveron un importante papel político e cultu-ral. No exilio cómpre destacar o labor do poeta e artista plástico Luís Seoane e dos narradores Xosé Neira Vilas e Eduardo Blanco Amor, entre outros.

A partir dos anos 50 iníciase unha lenta recuperación en Galicia propiciada pola creación de grupos editoriais, principalmente a Editorial Galaxia, fundada en 1950, e polo labor na clandestinidade de partidos políticos (UPG, PSG) e asociacións culturais que adoptan o galego como forma de expresión. Con todo, esta incipiente recuperación vese dificultada pola censura franquista e pola imposición do castelán como lingua única da administración e da cultura.

Nestes anos superpóñense varias xeracións poéticas, a xeración do 36 (Aquili-no Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Celso Emilio Ferreiro...), a xeración de enlace (Luz Pozo, Antón Tovar...) e a xeración dos 50 (Manuel María, Uxío Novoneyra, María Mariño...). Na narrativa destacan voces individuais como Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro e a corrente denominada Nova Narrativa Galega, integrada por mozos e mozas nacidos tras a Guerra Civil (Gonzalo Rodríguez Mourullo, X. L. Méndez Ferrín, M.ª Xosé Queizán...).

2. Investiga sobre as Irmandades da Fala e redacta un texto expositivo explicando como naceron, como estaban organizadas, cales foron os seus membros máis destacados e que obxectivos perseguían.

Investiga

3. Elabora un esquema da literatura galega de posguerra coa información do libro de texto.

Elabora un esquema

A pegada dos avós é un documental galego sobre a memoria

histórica dirixido por Xosé Abad, no que un grupo de rapaces percorren, 75 anos despois, un particular camiño tratando de investigar a historia da xeración que viviu o golpe de 1936. Absolutamente recomendable para coñecer o noso

pasado.

A produción teatral ocupa un segundo plano ante a imposibilidade de ser representada; os textos teatrais producidos nesta etapa por Á. Cunqueiro e outros escritores agardarán na gabeta a que cheguen tempos mellores.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 20: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

24 25

QUE é A lItErAtUrA?

Fins do século xx e comezos do xxi

No ano 1975 morre o ditador e iníciase entón unha serie de cambios políticos que levan á creación dun réxime de democracia parlamentaria. No ano 1978 promúlgase a constitución que configura o Estado das autonomías, recoñe-cendo a realidade plurinacional e plurilingüe do Estado español. En Galicia establécese un Goberno autónomo e no ano 1981 apróbase por referendo o Estatuto de autonomía.

O galego adquire o rango de lingua oficial de Galicia, empeza a ser implantado na administración e accede a ámbitos como o ensino e os medios de comu-nicación, grazas á aprobación da Lei de normalización lingüística (1983). A introdución do galego no ensino supuxo que a partir dese momento as novas xeracións de mozos e mozas tivesen maior dominio da lingua oral e escrita e a conseguinte capacidade de acceder ao discurso literario.

Foron tamén os anos oitenta un tempo de gran vitalidade social no eido da cul-tura que, entre outras manifestacións, implicou o crecemento e a transforma-ción da industria editorial coa aparición de editoriais novas e a consolidación das xa existentes. Disto derivouse un considerable aumento dos libros edita-dos ao ano e a aparición dunha oferta variada: novela, poesía, relato curto, ensaio...

Tamén é fundamental a aparición de numerosos premios literarios na década dos 80 (Modesto R. Figueiredo, Blanco Amor, Xerais, Esquío, Merlín...) que ser-viron para dar a coñecer novos escritores e novas escritoras e para potenciar a diversificación dos xéneros literarios.

É necesario salientar o crecemento e a importancia que adquiriu nestes anos a literatura infantil e xuvenil (LIX) que na actualidade é un dos sectores máis vigo-rosos tanto en número de títulos e autores como en calidade da obra publica-da. Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Xabier P. Docampo e tantos outros iniciaron o camiño da LIX nos anos 80, hoxe seguido co mes-mo éxito por autores como Ledicia Costas, Elena Gallego ou Marcos Calveiro.

Asistimos á consolidación da literatura galega que camiña desde a promoción dos 70 ata as xeracións máis novas dos 80 e 90, adaptando a estética e a temática aos novos tempos e proxectándose fóra de Galicia. E así continúa ao longo do século xx i. Desta etapa cómpre destacar a numerosa incorporación de voces femininas, cada vez máis presentes tanto na lírica como na prosa.

4. Investiga sobre os premios literarios Modesto R. Figueiredo, Blanco Amor, Xerais, Merlín, Esquío e Álvaro Cunqueiro. Como, cando e onde se instituíron, que premian etc.

5. As novas tecnoloxías están a revolucionar o mundo da creación literaria e da lectura. O primeiro escritor galego en empregar un formato electrónico foi Fran Alonso no poemario Poétic@. Mergúllate nel (http://qr.teide.eu/007U) e redacta un breve texto expoñendo a túa opinión.

6. Iniciade un debate sobre a literatura e a lectura a partir das seguintes ideas:

•Lerseránofuturounactode rebeldía.

•Aloitaporcomprendere utilizar as novas tecnoloxías dixitais esixe moitos coñecementos novos, pero presupón os antigos. E o máis importante deles é a lectura.

Investiga

7. Entra nas páxinas web das seguintes editoriais galegas e indica en que tipo de publicacións están especializadas: Xerais, Rinoceronte, Urco Editora, Kalandraka, Apiario, Hugin e Munin, Editorial Galaxia e Laiovento.

InvestigaUNIDAD D

E MUESTRA

Page 21: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

24 25

A lusofonía

Enténdese por lusofonía o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués. Está constituída por oito países: Portugal, O Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Angola, Mozambique, Timor Oriental e San Tomé e Príncipe.

A comunidade lusófona intégrana máis de 250 millóns de falantes distribuídos en varios continentes. Polo tanto, o portugués é a 5ª lingua máis falada no mundo.

Lingua e sociedade

Ide ntifica1. Neste mapa aparecen sinalados os países de fala portuguesa.

Identifícaos:

1

UN

IDA

DE

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 22: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

26 27

A lUsofoNíA

Países lusófonos: un pouco de historia

Para explicar por que a lingua portuguesa é falada en países tan afastados é preciso coñecer un pouco a historia de Portugal.

Denomínase etapa dos Descubrimentos ao período entre o século xv e o inicio do xvii durante o cal os europeos exploraron o globo terrestre en busca de novas rutas de comercio. Portugal foi nese momento unha gran potencia que baseou o seu poder internacional na descuberta de novas rutas marítimas e nas oportunidades que lle abrían para o comercio en Europa.

O inicio das expedicións márcao a toma de Ceuta en 1415, punto clave na costa norteafricana. Despois, os navegantes portugueses explorarán a costa occidental africana. En 1419 descobren a illa de Madeira e en 1427 chegan ao arquipélago dos Azores. Cabo Verde foi descuberta en 1456 por Diogo Gomes e na década dos 60 exploran o golfo da Guinea. En 1483 os portugueses es-tablécense no río Congo e en 1575 fundan unha colonia en Luanda, que ten como finalidade a trata de escravos. Portugal tomou gradualmente o control desta parte da costa africana ao longo do século xvi a través dunha serie de tratados e guerras e formou a colonia de Angola.

Pero o maior éxito para a coroa lusa produciuse cando, en 1498, Vasco de Gama dobraba o cabo de Boa Esperanza, establecendo un novo camiño ata A India. Isto supuña unha alternativa á chamada ruta da seda, terrestre, e á ruta das especias, por terra e mar, que estaban controladas polos imperios musulmán e otomán. A China e A India eran os grandes produtores de espe-cias como a pementa, a canela, a noz moscada, o cravo etc. Estes produtos estaban entre os máis caros e procurados na Idade Media, xa que eran usados na medicina, na perfumaría e na alimentación, como aditivos ou conservantes. Portugal controlará, grazas a esta descuberta, o comercio das especias con Europa.

A finais do século xv a coroa española iniciara un proceso de expansión e de busca de novas rutas comerciais. Cristovo Colón tentou descubrir para os reis españois un novo camiño para chegar á India navegando cara ao oeste e arri-bou ao continente americano en 1492, concretamente ás illas do Caribe, que el chamou as Indias occidentais. A esta seguíronlle outras expedicións polo Atlántico, como a da frota do portugués Pedro Álvares Cabral, que chegou ás costas do Brasil en 1500. En virtude do Tratado de Tordesillas (1494), estas terras pertencerán ao reino luso.

Portugal tamén inicia relacións coa China a través dun tratado comercial que en 1557 establecía Macau, o actual Hong Kong, como unha base comer-cial oficial portuguesa. Así se configurou o Imperio portugués, formado por un conxunto de colonias ás que a metrópole impón a súa cultura e a súa lingua, que acabarán mesturándose coas autóctonas.

Busca información

2. Busca información sobre os procesos de independencia dalgún dos países que foron colonia portuguesa.

Unha vez descuberta a nova ruta, Portugal creará portos

comerciais na costa oriental de África, no océano Índico. En 1507

fundou un asentamento permanente na illa de Mozambique e cara a

1530 logrou o obxectivo de ter baixo control portugués a zona.

Sete dos 13 buques portugueses na expedición de Pedro Álvares

Cabral á India en 1500.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 23: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

26 27

Lingua e sociedade 1

UN

IDA

DE

Galicia e o galego dentro da lusofonía: diferenzas e semellanzas lingüísticas

Arredor do século ix nacen as linguas románicas. A partir deste momento no noroeste da Península Ibérica vaise desenvolvendo unha lingua que nun co-mezo só se emprega na comunicación oral, pero que na Baixa Idade Media acadará tanto un esplendoroso cultivo literario como un uso práctico en textos notariais, xurídicos ou administrativos.

O galego amplía a súa extensión territorial cara ao sur a medida que avanza o proceso da Reconquista. O que se fala no norte e no sur do Miño nesta etapa é unha mesma lingua, unha unidade. Porén, por circunstancias políticas, este territorio divídese en dous condados. O condado ao sur do río Miño atinxe a independencia coa coroación do primeiro rei portugués, Afonso Henriques, en 1121, e o do norte intégrase na coroa de Castela.

Malia a separación política, a diferenciación das linguas galega e portuguesa é un proceso gradual e estará influída pola conformación dunha norma culta con base nas variedades dialectais do sur, da capital portuguesa, e non nas varie-dades do norte, con maiores semellanzas co galego.

Galego e portugués teñen un pasado en común e, por tanto, unha forte se-mellanza nas súas características lingüísticas fundamentais. Por iso o grao de comprensión entre falantes dunha e doutra lingua é moi alto, especialmente se se trata dun texto escrito. Vexamos agora algunhas diferenzas que nos han permitir achegarnos con máis facilidade á nosa lingua veciña:

Diferenzas gráficas e fonéticas

Portugués Galego

Grafía lh (molhar, velho) e nh (caminho, ganhar).

Grafía ll (mollar, vello) e ñ (camiño, gañar).

Grafía -m en final de palabra (bem, cantaram).

Grafía -n en final de palabra (ben, cantaran).

Vogais e ditongos nasais: ão (limão, irmão), õe (limões), ã (irmã, manhã).

Vogais orais seguidas dunha consoante nasal: on (limón, limóns), an (irmán) ou non: a (irmá, mañá).

Diferenza entre os sons [b] e [v]: beber, viver.

Un mesmo son, [b], para dúas letras, b e v: beber, viver.

Non existe o son [θ]: cedo [‘sedo], maçã [ma’sã].

Existe o son [θ]: cedo [‘θedo], mazá [ma’θa].

Diferenza entre os sons xordos e sonoros:[s] massa [‘masa] / [ z] mesa [‘meza][∫  ] deixar [dei’∫ ar] / [ʒ] jornal [ʒor’nal], geral [ʒe’ral]

Perda dos sons sonoros, a favor dos sons xordos:[s] masa [‘masa], mesa [‘mesa][∫   ] deixar [dei’∫ ar], xornal [ ∫ or’nal ], xeral [∫ e’ral]

Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal.

Pronuncia en portugués3. Intenta pronunciar en

portugués estas palabras: árvore, caça, casa, central, certeza, cidade, cozinha, dizer, linha, molhar, passar,veloz, verão, *verdade, vida.

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 24: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

28 29

A lUsofoNíA

Portugués Galego

Sufixo -vel nos adxectivos tipo adorável, amável.

Sufixo -ble ou -bel: adorable ou adorábel, amable ou amábel.

Forma tu do pronome de 2ª persoa (forma usada para un trato moi familiar).

Forma ti do pronome de 2ª persoa (cun uso máis parecido a você en portugués).

Forma de cortesía da 2ª persoa: o senhor, a senhora.

Forma de cortesía da 2ª persoa: vostede.

Tempos verbais compostos, construídos co auxiliar ter.

Inexistencia de tempos compostos na conxugación verbal.

Terminacións no pretérito de indicativo:•1ªpersoadosingularsen-n na

2ª e 3ª conxugacións: comí, partí.•2ªpersoadosingularterminadaen

-ste: lavaste, comiste.•3ªpersoadopluralterminadaen

-ram: lavaram, comeram, partiram.

Terminacións no pretérito de indicativo:•1ªpersoadosingularen-n na 2ª e

3ª conxugacións: comín, partín.•2ªpersoadosingularterminadaen

-ches: lavaches, comiches.•3ªpersoadopluralterminadaen

-ron: lavaron, comeron, partiron.

Le e comprende5. Comproba que es quen de comprender un texto en portugués lendo

este fragmento. A continuación busca exemplos das diferenzas.

Escribe en portugués4. Aplica a información do

cadro anterior para escribir en portugués estas palabras: alemá, alemán, barullo, can, canción, comen, digan, estudarán, fin, limón, mariño, miña, muralla, ollar, sen, teño, verán.

Era dos DescobrimentosOs europeus tinham conhecimentos remotos sobre o continente Asiático, vindos de relatos parciais, muitas das vezes obscurecidos por lendas, ainda dos tempos das ex-plorações de Alexandre o Grande e dos seus sucessores. Outra fonte eram relatos árabes do tempo da ocupação cristã da Palestina e dos reinos cristãos da altura das cru-zadas. Pouco era conhecido para lá da Anatólia e do mar Cáspio, regiões bárbaras nos limites, sítios dos últimos cristãos «civilizados». O continente africano era conhe-cido parcialmente, não se conhecendo o seu limite a Sul, ou sequer se haveria esse limite, existindo apenas rela-tos de grandes reinos africanos para lá do Sahara, sendo o conhecimento real dos europeus das costas mediter-rânicas e pouco mais, já que o bloqueio árabe não per-mitia explorações mais aprofundadas, senão o dos con-tactos com os escravos negros vendidos na Europa. O conhecimento das costas africanas atlânticas era remoto e provinha essencialmente de mapas antigos e de rela-tos de um tempo estranho e distante em que os romanos chegaram a explorar a Mauritânia. Do mar Vermelho, sa-bia-se da sua existência e pouco mais, sendo que só com o desenvolvimento dos laços comerciais das repúblicas marítimas italianas, Génova e Veneza principalmente, se começou a verdadeira exploração dessa zona.

Viagens medievais por terraO prelúdio para a Era dos Descobrimentos foi uma série de expedições que atravessaram Eurásia por terra na Baixa Idade Média. Embora os mongóis tivessem ameaçado a Eu-ropa com a pilhagem e destruição, os estados mongóis tam-bém unificaram grande parte da Eurásia. A partir de 1206, a Pax Mongolica permitiu criar rotas comerciais e vias de co-municação que se estendiam desde o Médio Oriente até à China. Uma série de europeus aproveitaram para explorar o Oriente. Estes eram maioritariamente italianos, pois o co-mércio entre a Europa e o Médio Oriente era então quase totalmente controlado por comerciantes das Repúblicas marítimas –Génova, Veneza e Ragusa. A estreita relação dos italianos com o Levante suscitou uma grande curiosidade e interesse comercial sobre os países situados a oriente.

O primeiro desses viajantes foi Giovanni da Pian del Carpine, que viajou para a Mongólia e de volta entre 1241-1247. O viajante mais famoso, porém, foi o veneziano Mar-co Pólo que na sua obra As viagens relatou as suas viagens em toda a Ásia entre 1271-1295, descrevendo ter sido um convidado da Dinastia Yuan na corte de Kublai Khan. A sua obra foi lida por toda a Europa e tornou-se num dos grandes mananciais de informação na época.

<https://pt.wikipedia.org>

Diferenzas morfolóxicas

UNIDAD D

E MUESTRA

Page 25: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

28 29

Diferenzas léxicas

O léxico do galego e portugués é, en gran medida, o mesmo. Pero has de ter coidado cos chamados «falsos amigos», casos nos que hai unha forma coinci-dente pero con significados diferentes nas dúas linguas. Velaquí algúns deles:

O Acordo Ortográfico En 1990 sete dos países lusófonos asinaron un acordo para establecer unha norma ortográfica común. O Acordo tiña o obxectivo de instituír unha ortografía oficial e única en todos os países nos que o portugués é lingua oficial. Ata ese momento existía unha norma baseada no modelo lingüístico do portugués de Portugal e na súa tradición escrita, que se empregaba na maior parte destes países. Mais O Brasil posuía unha norma ortográfica que representaba algu-nhas das súas particularidades fonéticas.

Ademais do gran peso que representan os falantes do Brasil na totalidade da lusofonía (repara no cadro sobre o número de falantes dos países nos que o portugués é lingua oficial), tivéronse en conta outros criterios para impulsar a unificación das normas como:

•O uso dunha única forma en institucións internacionais como a Organización de Nacións Unidas.

•A promoción e divulgación do ensino dunha mesma lingua no estranxeiro.•A ampliación do mercado para as manifestacións e os produtos culturais en-

tre os oito países lusófonos.

En 2004 súmase tamén Timor Leste e en 2008 todos os países acordan que entre en vigor e que deberán coordinar a aplicación e execución da nova norma (nos documentos e publicación oficiais, no ensino, no mundo editorial etc.). Isto supón a culminación dun proceso que pretende afianzar o prestixio internacio-nal desta lingua.

Lingua e sociedade 1

UN

IDA

DE

Escoita e anota6. Escoita este vídeo (http://

qr.teide.eu/007Y) da Radio Televisão Portuguesa (RTP) e anota as semellanzas e diferenzas entre ambas as linguas que se mencionan nel.

7. Inventa un diálogo, xogando cos equívocos provocados polos «falsos amigos», entre un grupo de persoas galegas e o camareiro dun restaurante portugués.

Falsos amigos Significado en portugués

carro automóbilcoche carruaxecopa parte alta dunha árboredose ración (de comida)espantoso asombroso, admirableexquisito (en portugués, esquisito) raro, estrañoligar telefonaroficina taller de cochespresunto xamónpreto negroración (en portugués, ração) comida para os animaistaza (en portugués, taça) copa ou copa dun premio deportivotaller (en portugués, talher) cubertos (garfo, culler...)vaso floreiroxantar (en portugués, jantar) cea

Falantes lusófonos

191 791 000 - Brasil21 397 000 - Mozambique17 024 000 - Angola10 623 000 - Portugal1 695 000 - Guinea1 155 000 - Timor Leste

530 000 - Cabo Verde158 000 - San Tomé e

PríncipeUNIDAD D

E MUESTRA

Page 26: C m e ci p s d ex s n tca o i d es o a d n u e c dad oba ...novedades.editorialteide.com/demo/9173.pdf · o s d e t e xt o s Cantos sons vocálicos ten o galego? eguntarte antes de

30

Proba 1. A linguaxe oral:

c a) É espontánea e apóiase na linguaxe corporal, nos acenos etc.

c b) É cordial e fluída, pois permite máis liberdade expresiva.

c c) É asertiva e garante a escoita activa.

2. Cando teñamos que falar en público, debemos:

c a) Expoñer o motivo da nosa intervención e utilizar sempre a terceira persoa.

c b) Elevar o ton de voz ou facer pausas estratéxicas para resaltar algo.

c c) Non repetir nunca o que xa dixemos para non aburrir.

3. As vogais /e/ e /ε / diferéncianse:

c a) Na localización: a primeira é palatal e a segunda, velar.

c b) Na localización e no grao de abertura.c c) No grao de abertura: a primeira é medio pechada e

a segunda, medio aberta.

4. A contracción ao débese pronunciar:

c a) Como un o medio pechado. c b) Como un o medio aberto. c c) Coas dúas vogais que a forman.

5. Sinala a opción incorrecta. A literatura é:

c a) Calquera discurso que empregue a palabra escrita, que ten como obxectivo a procura consciente da beleza na expresión para persuadir o lector.

c b) Un acto peculiar de comunicación entre autor e lector que proporciona evasión e entretemento.

c c) Un tipo de arte que emprega como material a palabra e procura o pracer estético do lector.

6. As etapas da literatura galega no século xx son:

c a) Séculos Escuros (xvi-xvii), preguerra (1916-1936), posguerra e Ditadura (1939-1975).

c b) Séculos Escuros (xvi-xvii), Ilustración (xviii), Rexurdimento (xix).

c c) Preguerra (1916-1936), posguerra e Ditadura (1939-1975), fins do século xx e comezos do xxi.

7. A eliminación do sistema foral, a emigración a América, o nacemento das Irmandades da Fala e a fundación do Partido Galeguista producíronse:

c a) A comezos do século xx, no período de preguerra.c b) A comezos do século xxi, en democracia.c c) En plena ditadura franquista, nos anos corenta.

8. Sinala a opción incorrecta. Entre 1939 e 1975:

c a) Os intelectuais e escritores galeguistas teñen que exiliarse en América debido á represión.

c b) Instáurase un réxime ditatorial que elimina de forma violenta toda oposición ideolóxica.

c c) Aparece a revista Nós e fúndase o Seminario de Estudios Galegos.

9. Non son características da literatura galega de finais do xx e comezos do xxi:

c a) A aprobación da Lei de normalización lingüística e a falta dunha infraestrutura teatral.

c b) A progresiva incorporación da muller, a diversificación de xéneros literarios e a calidade da literatura infantil e xuvenil.

c c) A oficialización do galego, a consolidación da industria editorial e a aparición de numerosos premios literarios.

10. Son países africanos pertencentes á Lusofonía:

c a) Guinea-Bisau, O Brasil, Angola, Mozambique e Cabo Verde.

c b) Guinea-Bisau, Timor, Cabo Verde, Angola e Mozambique.

c c) Guinea-Bisau, San Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Angola e Mozambique.

11. Son trazos do portugués:

c a) A inexistencia do son [θ] e a forma de cortesía o senhor / a senhora.

c b) A forma de cortesía você(s) e a diferenza de pronuncia entre [b] (bilabial) e [v] (labiodental).

c c) A forma de cortesía você(s) e a existencia de falsos amigos.

UNIDAD D

E MUESTRA