borrador - usc.gal · borrador 1 . resolución da universidade de santiago de compostela do de de...

21
BORRADOR 1 Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do de de 2019, pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) polas quendas de promoción interna e de acceso libre. O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001 do 21 de decembro de universidades, así como polos Estatutos desta universidade, e en execución do previsto nas Resolucións do 30 de setembro de 2016 (DOG do 18 de outubro) do 18 de decembro de 2017 (DOG do 27 de decembro) e do 21 de decembro de 2018 (DOG do 31 de decembro) polas que se aproban as ofertas de emprego público para os anos 2016, 2017 e 2018, resolve convocar probas selectivas para acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, con suxeición ás seguintes: BASES DA CONVOCATORIA 1 NORMAS XERAIS 1.1 Convócanse probas selectivas para cubrir 10 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC, subgrupo A2, 4 pola quenda de promoción interna e 6 pola quenda de acceso libre. 1.2 Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse conxuntamente. As prazas vacantes que non se cubran por promoción interna, acumularanse ás de acceso libre. 1.3 As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso 1.4 As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo 1.5 O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria. 1.6 A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I. 1.7 O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II. 1.8 Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os Estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia e as bases desta convocatoria.

Upload: others

Post on 08-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

BORRADOR

1

Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do de de 2019, pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) polas quendas de promoción interna e de acceso libre. O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001 do 21 de decembro de universidades, así como polos Estatutos desta universidade, e en execución do previsto nas Resolucións do 30 de setembro de 2016 (DOG do 18 de outubro) do 18 de decembro de 2017 (DOG do 27 de decembro) e do 21 de decembro de 2018 (DOG do 31 de decembro) polas que se aproban as ofertas de emprego público para os anos 2016, 2017 e 2018, resolve convocar probas selectivas para acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, con suxeición ás seguintes:

BASES DA CONVOCATORIA 1 NORMAS XERAIS

1.1 Convócanse probas selectivas para cubrir 10 prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC, subgrupo A2, 4 pola quenda de promoción interna e 6 pola quenda de acceso libre.

1.2 Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse conxuntamente.

As prazas vacantes que non se cubran por promoción interna, acumularanse ás de acceso libre.

1.3 As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso

1.4 As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo

1.5 O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.6 A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase

de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.7 O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.8 Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os Estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia e as bases desta convocatoria.

BORRADOR

2

2 REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

2.1 Para ser admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a data de toma de posesión, os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún estado membro da Unión Europea ou país

estranxeiro nos termos previstos no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión de titulación universitaria oficial de grao, enxeñaría técnica, diplomatura

universitaria, arquitectura técnica ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Será requisito indispensable para o ingreso, ter acreditada a aptitude médica para o

desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da escala á que se pretende incorporar.

e) Non estar separado/a de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de

expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, nin sancionado/a coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas.

f) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no apartado 3.8.2 desta convocatoria

para as persoas con discapacidade, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

2.2 As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán posuír

ademais, os seguintes requisitos:

a) Pertencer como persoal funcionario de carreira á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, en servizo activo, con destino definitivo ou en adscrición provisional na USC.

b) Ter prestados servizos efectivos durante polo menos dous anos, como funcionario/a da

escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1.

BORRADOR

3

3 SOLICITUDES

3.1 Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá facelo constar na solicitude, que se

axustará ao modelo oficial publicado como anexo IV desta convocatoria, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

A solicitude estará a disposición das persoas interesadas na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

3.2 A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación: - Fotocopia do DNI ou do pasaporte. - Orixinal ou fotocopia compulsada do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4

ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou do certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

- Xustificante bancario do pagamento das taxas por dereitos de exame ou, de ser o caso, documentación que acredite a súa exención.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

- Fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

- Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

- De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas de realizar a proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada do diploma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas, e deberán realizar a proba á que se refire a base 6.5.

Os antigos diplomas de español nos seus niveis, intermedio e superior serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguintes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2).

b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (nivel C2).

BORRADOR

4

3.3 A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, e non serán valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.3.1 Certificado acreditativo dos servizos prestados, no que conste a escala e categoría e os

períodos nos que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude, se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

3.3.2 O certificado acreditativo indicado no apartado anterior, expedirase de oficio e engadirase á solicitude para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC.

3.4 Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de

presentación de solicitudes.

3.5 En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes, os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.6 Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de

discapacidade igual ou superior o 33% indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións específicas e o seu motivo.

3.7 A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase na Oficina

de Asistencia en Materia de Rexistros da USC, situada na Reitoría (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (Avenida Bernardino Pardo Ouro, Polígono de Fingoi 27002 Lugo), no rexistro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.8 Os dereitos de exame serán de 35,78 €, que se ingresarán na conta de Abanca “oposicións” número: ES07 2080 0388 2031 1000 0646. En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. 3.8.1 Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame

dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

BORRADOR

5

3.8.2 Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e tamén as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación do grao de discapacidade e/ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50% da taxa á inscrición no proceso selectivo, solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria no DOG, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. Os certificados relativos á condición de demandante de emprego, así como, o de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, serán expedidos polo Servizo Público de Emprego cos requisitos sinalados no parágrafo anterior e presentaranse coa solicitude de participación nas probas selectivas.

3.8.3 Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

4 ADMISIÓN DE PERSOAS ASPIRANTES

4.1 Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución declarando aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as causas que motivaran a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2 As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión.

4.3 As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a

omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.4 Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia,

indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación de

BORRADOR

6

conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.5 O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas

interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5 TRIBUNAL CUALIFICADOR

5.1 O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.2 Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da

USC.

5.3 Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao reitor da Universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran algunha das circunstancias antes citadas.

5.4 Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia

resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír a quen teña perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5 Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6 A partir da súa constitución, o tribunal para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría

absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

BORRADOR

7

5.7 Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.8 O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos

de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. O persoal asesor deberá posuír titulación de igual ou superior nivel que a exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutras/os funcionarias/os para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9 O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes ás que se refire o apartado

3.6 participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

5.10 O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos

sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11 En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un

número superior de persoas aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, cando se produza renuncia da persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan ás persoas propostas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario.

6 DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS

6.1 A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra -- de conformidade co establecido na resolución do ---- de --- de 2019 da Consellería de Facenda.

BORRADOR

8

6.2 As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

6.3 A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizara o primeiro deles así como na Reitoría da universidade, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación cunha antelación de, polo menos, vinte e catro horas á sinalada para o seu inicio.

6.4 Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.5 Persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua. O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma de español como lingua estranxeira, (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exentas, e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita anteriormente.

6.6 O tribunal poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade

das persoas admitidas. Así mesmo, se tivera coñecemento de que algunha das persoas aspirantes non cumpre calquera dos requisitos exixidos na convocatoria, deberá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, previa audiencia da persoa interesada. Contra a exclusión da persoa aspirante, poderase interpor recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7 LISTAXE DE PERSOAS APROBADAS

7.1 Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no lugar ou lugares da súa celebración, no taboleiro electrónico

BORRADOR

9

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes, pola quenda de promoción interna e de acceso libre, que acadaran o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e coa identificación do/a aspirante conforme o establecido na Disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

7.2 As persoas aspirantes disporán de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte á realización

de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3 Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de 7 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao

da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para presentar reclamacións ás cualificacións.

7.4 A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso publicarase unha vez realizado o derradeiro

exercicio da fase de oposición.

7.5 A publicación indicada no punto anterior irá acompañada da cualificación final do proceso selectivo realizada de acordo co previsto no anexo I desta convocatoria, e mais da proposta provisional das persoas que superaron o proceso selectivo. Contra esta publicación, as/os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

7.6 O tribunal publicará, pola quenda de acceso que corresponda, a proposta de nomeamento a favor

das persoas aspirantes seleccionadas, tendo en conta o previsto no número 5.11 desta convocatoria. Esta proposta será elevada ao reitor e publicarase no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html e no taboleiro de anuncios da Reitoría.

8 PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

8.1 No prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que se fixese pública a

relación definitiva de persoas aprobadas na Reitoría da universidade, as persoas aspirantes que figuren nela deberán presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación, para realizar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia de persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade. b) Fotocopia compulsada do título exixido. c) Declaración xurada de non teren sido separadas mediante expediente disciplinario de

ningunha administración pública e de non acharse inhabilitadas para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidas a

BORRADOR

10

sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) A acreditación do requisito exixido na base 2.1.d) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

8.2 Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base

anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3 Quen, dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou

do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeada/o funcionaria/o de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9 ADXUDICACIÓN DESTINO

9.1 As persoas seleccionadas deberán solicitar por orde de preferencia, as prazas vacantes que

previamente se lle oferten.

9.2 As persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna terán preferencia para a elección de praza sobre as da quenda de acceso libre

9.3 A adxudicación de destinos efectuarase de acordo coa puntuación final obtida.

9.4 O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33% poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntárselle un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

10 NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA

10.1 A toma de posesión das persoas seleccionadas efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

11 LISTAXES DE ESPERA 11.1 Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas

persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición, distinto do de galego. Para estes efectos e co fin de determinar a súa opción, as persoas aspirantes indicarán o/os campus de preferencia na epígrafe correspondente da solicitude.

12 NORMA DERRADEIRA

BORRADOR

11

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, de de 2019 O reitor Antonio López Díaz

BORRADOR

12

ANEXO I

Denominación das prazas: escala axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que a continuación se indican: I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indican para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e de conformidade coas especificacións que se indican para a realización do segundo exercicio. Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o quinto que será obrigatorio e non eliminatorio. As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou con outro documento que, a xuízo do tribunal, permita acreditar fidedignamente a súa identidade. Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio, as persoas aspirantes que acreditaran documentalmente xunto coa solicitude, estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega. Este exercicio terá a seguinte estrutura: Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión escrita. As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lle facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-video. A duración máxima desta proba será de noventa minutos. Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión oral. As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-video, e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral. A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante. Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

BORRADOR

13

Segundo exercicio: Para aspirantes da quenda de acceso libre: Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, baseadas no contido do programa, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será a correcta. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 120 minutos. Para aspirantes da quenda de promoción interna: Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 90 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, baseadas na parte específica do programa, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será a correcta. O tempo máximo para a súa realización será de 90 minutos. Este segundo exercicio cualificarase de 0 a 15 puntos, e para superalo será necesario obter un mínimo de 7.5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Cada pregunta respondida incorrectamente detraerá ¼ de pregunta respondida correctamente. Terceiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito dous (2) temas a elixir entre catro (4), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte especifica do programa. Para a realización do exercicio escrito ás/os aspirantes disporán de dúas horas. Posteriormente, o tribunal convocará ás/aos aspirantes para ler o exercicio en sesión pública quen o cualificará valorando os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade, a orde de ideas e a calidade de expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a durante un período máximo de 10 minutos, sobre aspectos dos temas desenvolvidos. Este exercicio cualificarase cun máximo de 25 puntos sendo necesario obter un mínimo de 12,5 puntos para superalo. Cada tema cualificarase cun máximo de 12,5 puntos e será necesario obter en cada tema, un mínimo de 6,25 puntos. Cuarto exercicio: constará de dúas partes: 1ª parte. Consistirá na realización de asentos bibliográficos de tres documentos modernos en calquera soporte e en calquera lingua viva occidental que se realizará de acordo coas vixentes regras de catalogación en formato MARC21. Utilizaranse calquera das listas de encabezamentos de materia existentes indicando o/a opositor/a a lista empregada, e a CDU. Os/as opositores/as traballarán sobre fotocopias, podendo consultar os orixinais na mesa do Tribunal. Para realizar esta primeira parte do exercicio, as persoas aspirantes disporán de dúas horas. 2ª parte. Consistirá na resolución dun suposto práctico, de carácter técnico, a elixir entre dous propostos polo tribunal relacionados co programa da convocatoria. Valorarase, ademais da correcta resolución dos

BORRADOR

14

supostos, a facilidade e corrección da expresión escrita, o rigor analítico, a sistemática e claridade de ideas. O tempo máximo para a realización desta segunda parte será de noventa minutos. A valoración é de 0 a 25 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 12,5 puntos. En cada parte deberá acadarse como mínimo, 6,25 puntos para poder superar o exercicio. Quinto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución por escrito, sen dicionario, para o castelán ou galego dun documento relacionado co temario da convocatoria redactado nunha das seguintes linguas comunitarias: inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. As persoas aspirantes deberán facer constar na epígrafe correspondente da solicitude o idioma elixido. O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e a súa valoración será de 0 a 5 puntos.

BORRADOR

15

II. Fase de concurso: consistirá na valoración ás persoas aspirantes que superen a fase de oposición, dos seguintes méritos referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes: Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos a) Antigüidade: máximo 9 puntos.

- Por cada ano completo de servizos prestados: 0,65 puntos - Por cada mes completo de servizos prestados que reste: 0,054 puntos

b) Nivel de complemento de destino: máximo 20 puntos Valorarase o nivel de complemento de destino correspondente ao posto de traballo que se desempeñe con carácter definitivo na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, de acordo coa seguinte puntuación:

Nivel complemento destino Puntos 21 20 20 19 19 18 18 17 17 16

No caso de non ter posto definitivo, puntuarase o grao persoal consolidado, e non tendo grao consolidado atenderase ao mínimo correspondente á escala á que pertenza a persoa funcionaria. c) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes: máximo 1 punto.

- Licenza por maternidade: 0,2 puntos/licenza - Permiso de paternidade: 0,2 puntos/permiso - Redución de xornada do artigo 106 da Lei de emprego público de Galicia: 0,2 puntos. Para estes

efectos só se computará unha redución por ano. - Excedencia para o coidado de fillas, fillos e familiares: 0,04 puntos/mes Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos. Valoraranse os servizos prestados da seguinte forma: - Na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC: 0,150

puntos por mes. - Na categoría de diplomado ou técnico de grao medio de información da USC realizando funcións da

escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas: 0,150 puntos por mes

- Noutras administracións públicas en corpos ou escalas que teñan atribuídas as mesmas funcións que as da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC: 0,050 puntos por mes.

BORRADOR

16

A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I.

Os empates nas puntuacións resolveranse a favor da persoa aspirante que obtivese unha maior puntuación na fase de oposición, e se isto non fose suficiente, pola maior puntuación obtida no cuarto exercicio, no terceiro exercicio e na fase de concurso, por esta orde ata que se resolva o empate. Para a valoración da experiencia acreditada noutras Administracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan resolveranse por unha comisión composta por dúas persoas en representación da Xerencia e dúas pola Xunta de Persoal. Esta comisión intervirá a petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas nos corpos ou escalas en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

BORRADOR

17

ANEXO II Denominación das prazas: escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas.

Programa

I. Parte xeral

1. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Dereitos e deberes dos cidadáns. Garantías e tutela dos dereitos e liberdades.

2. O procedemento administrativo: concepto e fases. Notificación e eficacia dos actos administrativos. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos: réxime xurídico da administración electrónica. Identificación dos cidadáns. Documentos electrónicos e arquivos electrónicos.

3. Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da relación de servizo. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. A Lei de emprego público de Galicia

4. Concepto de autonomía universitaria. A Lei orgánica de universidades (LOU): estrutura e goberno nas universidades. Peculiaridades do réxime xurídico do profesorado universitario.

5. A Lei orgánica de protección de datos persoais e de Garantía dos dereitos dixitais: obxecto e ámbito de aplicación. Principios de protección de datos. Dereitos das persoas. Ficheiros de utilidade pública e privada. Axencia de protección de datos. Instrucións e sancións.

6. Competencias estatais e autonómicas en materia de cultura, arquivos e bibliotecas. A lexislación de patrimonio histórico: bibliográfico e documental. A lexislación estatal e autonómica en materia de arquivos e bibliotecas.

7. Os Estatutos da USC. Estrutura e órganos. A comunidade universitaria. Os servizos universitarios de biblioteca e arquivo.

8. Lexislación en materia de propiedade intelectual e a súa aplicación no ámbito documental e bibliotecario. Os dereitos de autor na contorna dixital. Tipos de licenzas.

9. A Investigación e Innovación impulsada dende a Unión Europea: estrutura xeral, mecanismos de participación e modalidades de financiamento. A Lei da ciencia a tecnoloxía e a innovación: obxecto e obxectivos xerais. A Investigación, Desenvolvemento e Innovación na USC: normativa e organización.

II. Parte específica

1. A biblioteca universitaria: concepto e evolución. A súa contribución a aprendizaxe, investigación e innovación na Universidade. Impacto e valor social das Bibliotecas Universitarias. Situación actual en España e Galicia.

2. A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela: normativa e organización actual. 3. O novo rol do bibliotecario: habilidades, perfís e competencias como xestor da información e

da documentación 4. Concepto de comunicación científica. Evolución e tendencias. Situación actual da edición

científico-técnica. Principais tipos de publicacións científicas. 5. A produción científica nas Universidades. Criterios para a avaliación da carreira científica dos

investigadores

BORRADOR

18

6. O movemento de acceso aberto: Situación actual e perspectivas de futuro. Repositorios Institucionais. Minerva: repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela

7. Desenvolvemento e xestión das coleccións impresas. Criterios, fontes e métodos para a súa formación, mantemento e avaliación. Sistemas de organización e almacenamento. Estado actual da industria editorial. As editoras universitarias

8. A colección electrónica: selección, contratación, modelos de comercialización, licenzas de uso e avaliación. Impacto e transformación dos servizos bibliotecarios. Estado actual do mercado.

9. Planificación, organización espacial e equipamentos de bibliotecas universitarias. Novos espazos para novos servizos.

10. Preservación e conservación de materiais bibliográficos e documentais. A preservación de materiais electrónicos.

11. A Biblioteca dixital. Selección de documentos. Técnicas, procedementos e estándares da dixitalización. Normativa nacional e internacional

12. Automatización das actividades e servizos bibliotecarios. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas (SIXB) e as plataformas de servizos bibliotecarios. Panorama dos SIXBs nas bibliotecas universitarias en España

13. O proceso técnico e a súa normalización. Tendencias actuais na catalogación: normas descritivas (ISBD, Regras de Catalogación Españolas, FRBR e RDA); xestión dos puntos de acceso (FRAD e FRASAD); formatos de codificación (Formato Marc 21).

14. Os Metadatos. Principais modelos de metadatos: Dublin, Core, METS, PREMIS. A súa aplicación nas Bibliotecas Universitarias

15. Os catálogos das Bibliotecas: concepto e evolución. Do web Opac ás ferramentas de descobrimento (Discovery). Os catálogos colectivos. Principais catálogos colectivos en España e Galicia

16. Os servizos a usuarios nas bibliotecas universitarias e a súa organización nas contornas presenciais e virtuais.

17. Da Alfabetización Informacional á Competencia Dixital (DIGCOMP): conceptos, aplicación e avaliación. Novas metodoloxías docentes e elearning aplicadas en Bibliotecas. O programa de formación en competencias informacionais da BUSC.

18. Servizos de acceso aos documentos. O préstamo e o préstamo interbibliotecario. As plataformas de préstamo de libros electrónicos. Os estudos de satisfacción dos usuarios.

19. Servizos de apoio aos investigadores e a xestión da investigación: recompilación, acreditación e avaliación científica do Persoal Docente e Investigador. Recursos de información para a acreditación e avaliación científica. Axencias de calidade e índice de citas.

20. Sistemas de Xestión de Contidos. Portais web, intranets. Accesibilidade, usabilidade e estándares.

21. Marketing en bibliotecas universitarias. Ferramentas de xestión e canles de comunicación. Redes sociais.

22. Recursos de información de carácter xeral. Recursos de información en Ciencias Sociais e Humanidades.

23. Recursos de información en Ciencia e Tecnoloxía. Recursos de información en Ciencias da Saúde

24. A Cooperación bibliotecaria no ámbito universitario. Tendencias actuais, con especial referencia a España e Galicia. REBIUN. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BuGalicia).

25. Avaliación das bibliotecas universitarias. Principais indicadores para a medición dos seus servizos. Modelos de acreditación de calidade.

BORRADOR

19

26. A documentación. Concepto de documento e tipoloxía documental. Análise documental. Linguaxes documentais: encabezamentos de materias e tesauros. Sistemas de clasificación bibliográfica

27. Bibliometría. Concepto e función. Aplicacións á xestión bibliotecaria. 28. O libro e as bibliotecas ata a invención da imprenta. 29. O libro e as bibliotecas desde a invención da imprenta ata o século XVIII inclusive. 30. O libro e as bibliotecas dende o século XIX ata a actualidade. 31. A ilustración e a encadernación do libro: evolución histórica. 32. Historia das bibliotecas universitarias. Historia da Biblioteca Universitaria de Santiago de

Compostela.

Nota: As referencias normativas deste temario poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame, e nese caso entenderanse referidas á lexislación en vigor.

BORRADOR

20

ANEXO III Denominación das prazas: escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas Tribunal titular: Presidenta: - , funcionaria de carreira da USC. Vogais: - , funcionario de carreira da USC. - , funcionario de carreira da USC. - , funcionaria de carreira da USC. Secretario: - , funcionario de carreira da USC. Tribunal suplente: Presidenta: - , funcionaria de carreira da USC. Vogais: - , funcionaria de carreira da USC. - , funcionario de carreira da USC. - , funcionario de carreira da USC. Secretaria: - , funcionaria de carreira da USC.

BORRADOR

21

ANEXO IV

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL FUNCIONARIO

1. CONVOCATORIA DENOMINACION DAS PRAZAS CONVOCADAS DATA PUBLICACION ANUNCIO BOE SISTEMA DE ACCESO

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas ☐ PROMOCIÓN INTERNA

☐ ACCESO LIBRE GRAO DE DISCAPACIDADE RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE TAXAS

______ % ☐ SI ☐ NON

☐ Importe dereitos de exame [35,78 €] ☐ Exención de taxas discapacidade ☐ Exención de taxas familia numerosa especial ☐ Bonificación 50% familia numerosa xeral [17.89€] ☐ Bonificación 50% desempregado [17.89 €]

NO CASO DE DISCAPACIDADE, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO

2. DATOS PERSOAIS N.I.F./N.I.E. APELIDOS NOME

DATA DE NACEMENTO (DÍA/MES/ANO) LOCALIDADE DE NACEMENTO PROVINCIA DE NACEMENTO NACIONALIDADE

ENDEREZO CÓDIGO POSTAL

MUNICIPIO PROVINCIA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

3. TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS 4. LINGUA COMUNITARIA QUINTO EXERCICIO (marcar opción) EXIXIDOS NA CONVOCATORIA

☐ INGLÉS ☐ FRANCÉS ☐ ALEMÁN ☐ ITALIANO ☐ PORTUGUÉS

5. SERVIZOS PRESTADOS ☐ SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ☐ SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS

6. PARA A LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DESTA CONVOCATORIA, MARQUE O/OS CAMPUS DA SÚA PREFERENCIA ☐ CAMPUS COMPOSTELA ☐ CAMPUS LUGO

De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta: CÓDIGO IBAN (imprescindible cubrir os 24 díxitos)

- - - - -

NOME ENTIDADE BANCARIA LOCALIDADE

Se non figuraran estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. Quen asina abaixo solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e, especialmente, os requisitos sinalados por esta convocatoria, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

________________________________________________ , ________de ________________ de ________.

(Sinatura) Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica ou xustificante de pagamento da entidade bancaria. Ingreso na conta número: ES07 2080 0388 2031 1000 0646. ABANCA Reitor da Universidade de Santiago de Compostela