boletÍn fete ugt...24 horas lectivas para os compañeiros da eso desde o 1 de setembro deste ano,...

7
NADAL E RECESIÓN Nº 03 Decembro 2010 BOLETÍN FETE UGT A crise económica na que aínda estamos inmersos xa ten nome. Existe un consenso bastante xeneralizado en denominala a gran recesión. Produciuse unha forte contracción do crecemento económico mundial repartida dun xeito desigual. A recesión en termos de emprego e de dereitos laborais é aínda máis profunda : as presións xeradas pola globalización aumentaron e aumentan a vulnerabilidade dos e das traballadores someténdonos a unha maior intensidade do traballo, á diminución das proteccións sociais e laborais e a perda do poder da negociación, ameazando con deixar unha herdanza de maior inseguridade e informalidade no ámbito laboral. Hai agora un ano UGT levou a cabo a primeira mobilización contra as ameazas do debilitamento que comezaban a anunciarse contra o sistema de pensións. No transcurso do ano leváronse a cabo outras mobilizacións que rexeitaron a actuación do goberno que nos empobreceu recortando dereitos laborais e salariais poñendo en perigo as pensións, o ensino e a sanidade pública. Estas mobilizacións tiveron como puntos máis culminantes o mes de xuño cunha folga de empregados públicos e o mes de setembro cunha folga xeral. Os recortes sociais e salariais non foron compensados de ningún xeito: non se reactiva o crecemento económico, non hai creación de emprego, non hai reformas para mellorar os ingresos do Estado, para atallar o fraude fiscal … non hai un plan de futuro, so un plan de axuste e sobre todo moita incerteza. No contexto do marco internacional so atopamos a evidencia do interese particular de cada país impoñéndose este ao consenso, facilitando a xeración de novos problemas (guerra de divisas) retardando a adopción de reformas útiles non lesivas e animando a estabilidade. NADAL E RECESIÓN 1 E. CONCERTADO 3 FORMACIÓN 6 RECURSOS NA REDE 7 ÍNDICE Marcelino Brea, Sº Xeral FETE UGT

Upload: others

Post on 03-Feb-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • NADAL E RECESIÓN Nº 03 Decembro 2010

    BOLETÍN FETE UGT

    A crise económica na que aínda estamos inmersos xa ten nome. Existe un consenso bastante xeneralizado en denominala a gran recesión. Produciuse unha forte contracción do crecemento económico mundial repartida dun xeito desigual.

    A recesión en termos de emprego e de dereitos laborais é aínda máis profunda : as presións xeradas pola globalización aumentaron e aumentan a vulnerabilidade dos e das traballadores someténdonos a unha maior intensidade do traballo, á diminución das proteccións sociais e laborais e a perda do poder da negociación, ameazando con deixar unha herdanza de maior inseguridade e informalidade no ámbito laboral.

    Hai agora un ano UGT levou a cabo a primeira mobilización contra as ameazas do debilitamento que comezaban a anunciarse contra o sistema de pensións. No transcurso do ano leváronse a cabo outras mobilizacións que rexeitaron a actuación do goberno que nos empobreceu recortando dereitos laborais e salariais poñendo en perigo as pensións, o ensino e a

    sanidade pública. Estas mobilizacións tiveron como puntos máis culminantes o mes de xuño cunha folga de empregados públicos e o mes de setembro cunha folga xeral.

    Os recortes sociais e salariais non foron compensados de ningún xeito: non se reactiva o crecemento económico, non hai creación de emprego, non hai reformas para mellorar os ingresos do Estado, para atallar o fraude fiscal … non hai un plan de futuro, so un plan de axuste e sobre todo moita incerteza.

    No contexto do marco internacional so atopamos a evidencia do interese particular de cada país impoñéndose este ao consenso, facilitando a xeración de novos problemas (guerra de divisas) retardando a adopción de reformas útiles non lesivas e animando a estabilidade.

    NADAL E RECESIÓN 1

    E. CONCERTADO 3

    FORMACIÓN 6

    RECURSOS NA REDE 7

    ÍNDICE

    Marcelino Brea, Sº Xeral FETE UGT

  • Página 2 BOLETÍN FETE UGT

    No ámbito local, a nivel autonómico, atopámonos cunha Administración que sobre o ámbito público prioriza o aspecto económico sobre o social todo baixo un criterio electoralista : o ámbito público non é o meu electorado, non adopto medidas favorables ao sector público. Os Consellos da Xunta volven priorizar a rendibilidade electoral do asfalto e formigón sobre os servizos sociais.

    UGT manterá o nivel e ritmo da presión sobre os gobernos, tal e como sucedeu o pasado 18 de decembro, facendo sentir as reivindicacións dos e das traballadores demandando os dereitos detraídos e manifestando a nosa negativa a aceptar imposicións regresivas.

    Marcelino Brea Mella

    Sº Xeral FETE UGT Galicia

  • Página 3 BOLETÍN FETE UGT

    As organizacións sindicais FETE-UGT, CCOO, FSIE e USO interpoñemos conflito colectivo contra a Administración educativa e a Patronal polo incumprimento do Acordo 2008-10

    Contra a Administración

    Porque a Consellería deixou de aplicar o Acordo 2008-10 desde xaneiro de 2010 ao non incrementarnos os 45€ máis o 2% do CRCA que nos correspondían. É dicir, a Consellería de Educación e O.U. débenos como mínimo 700€ a todos os docentes en pago delegado. QUE PAGUEN!!

    Contra a Patronal

    Porque a patronal, polo menos así o manifestaron publicamente na CTEPC os seus representantes e así están a facer en moitos centros, NON está a facer efectiva a redución a 24 horas lectivas para os compañeiros da ESO desde o 1 de setembro deste ano, tal e como establece o Acordo. QUE REDUZAN!!

    máis información

    Conflito colectivo AGASFRA de Educación Especial FETE-UGT interpuxo conflito colectivo contra as organizacións empresariais, pois no centro AGASFRA de Vigo estase a obrigar ás coidadoras a medicar aos usuarios, o cal non entra dentro das súas funcións. Cómpre dicir que os representantes das organizacións empresariais non se presentaron ao acto de conciliación. FETE-UGT, polo tanto, seguirá adiante co proceso xurídico, agardando que os xuíces determinen o que é lóxico e xusto: que non entra dentro das funcións das coidadoras, nin

    teñen a formación suficiente para realizala, a de subministrar medicación aos usuarios do centro.

    Negociación Convenios.

    FETE-UGT está a desenvolver un grande esforzo negociador no convenio IX Convenio de centros de ensinanza privada de réxime xeral ou ensinanza regrada sen ningún nivel concertado ou subvencionado e o VII Convenio de Ensinanza e Formación Non Regrada, (máis información), aínda que as circunstancias son moi desfavorables para acadar melloras significativas, especialmente no Ensino non Regrado debido á perda de

    ENSINO PRIVADO e CONCERTADO

    CONFLITO COLECTIVO ACORDO 2008/10

    http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1583&Itemid=28http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1574&Itemid=166

  • Nº 03 Página 4

    No sector de ensino privado estamos en proceso electoral sempre, pois en calquera momento poden producirse eleccións sindicais nalgún centro, mais hai épocas onde se concentran a maior parte das mesmas. Desde este mes de decembro ata fin de curso terán lugar a maior parte das eleccións nos centros de ensino privado. FETE-UGT parte como primeira forza sindical no conxunto do ensino privado en Galicia e aspiramos a manter esta posición que nos permite ter unha presenza cuantitativa e cualitativa importante na negociación de acordos autonómicos.

    Somos conscientes da situación difícil que está atravesar o conxunto dos traballadores, do retroceso que estamos a sufrir nos nosos dereitos laborais (a reforma laboral é un exemplo) e sociais (posible reforma das pensións) e por iso estamos convencidos de que os sindicatos de clase temos un labor fundamental que desenvolver neste momento. Co teu apoio.

    FETE-UGT non pode prometer outra cousa que traballo e máis traballo, compromiso e máis compromiso cos intereses de todos os traballadores do ensino privado. Non somos a Administración nin as empresas que teñen os cartos, non podemos contratar nin asignar tarefas, o único que podemos facer, e faremos, e velar polos dereitos e intereses de todos os

    traballadores. Co teu apoio.

    Por iso, alí onde haxa un candidato de FETE-UGT pedímosche que lle deas o teu voto, e onde non o haxa que te atrevas a selo. Porque voto a voto, delegado a delegado co teu apoio faremos máis. GRAZAS.

    Cómpre engadir que FETE-UGT mediou eficazmente entre as organizacións empresariais ACADE e CECE que mantiñan unha gran discrepancia pola representación de cada unha das organización na mesa negociadora do IX Convenio de Ensino Regrado, o que permitiu que as negociacións puidesen avanzar.

    ELECCIÓNS SINDICAIS E. PRIVADO

    http://www.feteugtgalicia.es/eleccions/index.html

  • Página 5 BOLETÍN FETE UGT

    Trienios

    Xubilación anticipada

    FETE UGT gaña o recoñecemento dos trienios ante o Tribunal Europeo. Un dereito máis para o colectivo interino.

    máis información

    Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se regula a convocatoria para o ano 2011 da xubilación anticipa-da voluntaria conforme á disposición transitoria segun-da da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    máis información

    Orde do ….de decembro de 2010 pola que se regula o procedemento de avaliación das

    direccións dos centros docentes públicos nos que se imparten algunha das ensinanzas

    reguladas na Lei Orgánica de Educación.

    máis información

    Orde avaliación de directores

    http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1591&Itemid=126http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1595&Itemid=27http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1589&Itemid=27P5KPL-AMSello

  • Página 6 BOLETÍN FETE UGT

    CURSOS NA REDE

    máis información

    Máis información na túa sede comarcal

    FORMACIÓN

    http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1580&Itemid=184http://www.feteugtgalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1577&Itemid=184http://feteform.com/index.php?ac=p2

  • Actividades infantil

    Encerado dixital Interactivo

    Recursos EDI

    FETE-UGT AROUSA Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT A CORUÑA Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT COSTA LUGUESA García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT DEZA Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT FERROL Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT LEMOS Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT LUGO Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT OURENSE Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT PONTEVEDRA Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT SANTIAGO Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: [email protected]

    FETE-UGT VALDEORRAS Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: [email protected]

    FETE-UGT VIGO García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: [email protected]

    http://exchange.smarttech.com/index.html?lang=es_ES#tab=0http://contomundi.blogspot.com/http://heroinasdesalvora.blogspot.com/http://actividadesinfantil.com/

    Sin títuloSin títuloSin título