boletin abril 2016

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 189 - Abril 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ANO SANTO DA MISERICORDIA Hai un ano, o Papa Francisco, coincidindo co domingo pascual da Divina Misericordia, proclamou este ano como “Ano Santo da Misericordia”. Acollemos este anuncio con moita alegría pero, a medida que pasan os días dá a sensación de que xa non é noticia non só na sociedade senón incluso tampouco na propia Igrexa. Por que chego a esta conclusión? A nivel da UE decídese que aos milleiros de refuxiados se lles pechen as portas de entrada a Europa, mentres que o Papa Francisco visitará, nos próximos días, a illa de Lesbos (Grecia) para amosar a súa implicación cos dereitos humanos. É un xesto moi importante do Papa, pero que tamén nos invita a todos, crentes e non crentes, a preguntarnos se estamos a exercer a misericordia. A nivel parroquial, hai unha serie de propostas: acoller e coller os “corazóns misericordiosos” levándoos á vida persoal e comunitaria; fixarnos nos carteis que, cada semana no templo, nos invitan a poñer en práctica unha obra de misericordia; facer o Camiño Portugués, dende Valença do Miño a Santiago, exercendo a miseri- cordia con todos os que encontremos no camiño; recoñecer a misericordia de Deus perdoando os que non ofenderon ou os que ofendemos; acudir á reconciliación con Deus e cos irmáns a través do Sacramento da Penitencia. Propostas temos moitas e variadas. Non deixemos pasar esta oportunidade que a Igrexa nos ofrece de ser misericordiosos e, como fillos, de sentirnos queridos e perdoados polo Pai da Misericordia.

Upload: parroquiadostilos

Post on 12-Apr-2017

488 views

Category:

Spiritual


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletin abril 2016

BOLETÍN PARROQUIALNº 189 - Abril 2016

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

ANO SANTO DA MISERICORDIA

Hai un ano, o Papa Francisco, coincidindo co domingo pascual da DivinaMisericordia, proclamou este ano como “Ano Santo da Misericordia”.Acollemos este anuncio con moita alegría pero, a medida que pasan os díasdá a sensación de que xa non é noticia non só na sociedade senón inclusotampouco na propia Igrexa. Por que chego a esta conclusión? A nivel da UEdecídese que aos milleiros de refuxiados se lles pechen as portas de entradaa Europa, mentres que o Papa Francisco visitará, nos próximos días, a illa deLesbos (Grecia) para amosar a súa implicación cos dereitos humanos. É unxesto moi importante do Papa, pero que tamén nos invita a todos, crentes enon crentes, a preguntarnos se estamos a exercer a misericordia.

A nivel parroquial, hai unha serie de propostas: acoller e coller os “corazónsmisericordiosos” levándoos á vida persoal e comunitaria; fixarnos nos carteisque, cada semana no templo, nos invitan a poñer en práctica unha obra demisericordia; facer o Camiño Portugués, dendeValença do Miño a Santiago, exercendo a miseri-cordia con todos os que encontremos no camiño;recoñecer a misericordia de Deus perdoando osque non ofenderon ou os que ofendemos; acudir áreconciliación con Deus e cos irmáns a través doSacramento da Penitencia.

Propostas temos moitas e variadas. Non deixemospasar esta oportunidade que a Igrexa nos ofrece deser misericordiosos e, como fillos, de sentirnosqueridos e perdoados polo Pai da Misericordia.

Page 2: Boletin abril 2016

Hoxe, Xesús, segue liberando e aco-llendo as mulleres e nós temos onoso papel e a nosa responsabilidade,pero debemos actuar como seguido-ras e seguidores de Xesús.Recoñezamos, na nosa oración, anosa culpa por omisión e permisivi-dade.

Deus e Pai de Misericordia, pedí-mosche perdón porque no nosomundo hai tantas mulleres que sofrena soidade e a pobreza, o paro e a des-igualdade no traballo, a discrimina-ción polo feito de ser nais, a violen-cia física e psicolóxica.

Axúdanos a restablecer a dignidadeque merece toda filla e fillo de Deuse a poñer en práctica a misericordiaque nos ensinas por medio do teuFillo e irmá noso Xesucristo. Fai quecoa forza do teu Espírito e o nosoarrepentimento celebremos o Xubileodeste Ano Santo.

PARROQUIA VIVA2.- Primeira etapa do CamiñoPortugués (Valença do Miño - OPorriño).11-15.- Encontros de Noivos, ás20:30, nun local da AsociaciónRecreativa e Cultural.16.- Segunda etapa do CamiñoPortugués (O Porriño - Redondela),saída ás 8 h.21.- Reunión dos pais e nais dosnenos/as de 2º da PrimeiraComuñón, ás 20:30, nun local daAsociación Recreativa e Cultural.27.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20:30.30.- Terceira etapa do CamiñoPortugués (Redondela - Pontevedra),saída ás 8 h.

PERDOAR AS OFENSAS

Para comentar esta obra de miseri-cordia, encontramos no Evanxeo deS. Lucas moitos textos que nos podenaxudar; non en van se identifíca esteevanxeo como o da Misericordia.

Fixarémonos na curación dunhamuller en sábado: Lc 13,10-17.Xesús está ensinando na sinagoga, vea unha muller e dille: “Muller, que-das libre”. A muller non pode velo,está encurvada, pero si que pode oílo.Libre da súa enfermidade, enderéita-se. A muller, ata aquel intre, non tenvoz nin para laiarse nin para pediraxuda. Acepta esta situación coamarxinación social e legal que com-porta. Xesús fixouse directamentenela e curouna. Ela ségueo e glorifi-ca a Deus. Para Xesús é máis impor-tante liberar a muller da súa enfermi-dade que gardar o sábado, e inclusovai máis alá porque lle recoñecetodos os seus dereitos ao chamalafilla de Abrahán.

A actualidade do Evanxeo constata asituación de tan-tas mulleres quedende sempreforon marxina-das, afastadas depostos de respon-sabilidade, eti-quetadas e insul-tadas polo feitode ser mulleres.

PAZ E CARIDADE

Unha das mensaxes máis pascuais é: “a

paz sexa contigo ou convosco”.

Xesús tróuxonos unha mensaxe clara eben definida de amor porque non foi sóde palabra senón de obras, foi o seu tes-temuño permanente: “amádevos como

eu vos amei”.

Foi unha mensaxe, ademais, identita-ria: “nisto coñecerán que sodes meus

discípulos, se vos amades uns a

outros”.

Ser persoa de paz é unha clave de vidapara un crente, conscientes de que estapaz de Xesús supon esixencias porquea paz tamén a constrúen:

• Os que sofren polo Evanxeo.• Os que se entregan ao servizo da cari-dade en Cáritas ou noutros servizospara os excluídos.• Os que están preto dos que sofren porenfermidade, cárcere, inmigración,droga, sida… A Igrexa sempre foisamaritana nestas situacións.• Os que levan a súa axuda aos máisnecesitados en pobos marxinados ou endesenvolvemento. Aí están os nososmisioneiros ou quen os axuda, MansUnidas, etc.• Todos os voluntarios, moitas vecesanónimos, sempre serviciais e dispos-tos a axudar aos demais.

Nas primeiras comunidades cristiás, oque máis chamaba a atención era a súacaridade, o amor que se tiñan, a axudaaos pobres −“ninguén pasaba necesida-de”−; por iso vivían en paz.

PORTAS E CHAVESTemos demasiadas portas e temosdemasiadas chaves.Que esas chaves do amor nonpechen senón que abran todas asportas.As das nosas casas, para acoller atodos.As das nosas mentes, para que este-an sempre dispostas a abrirse á ver-dade. As dos nosos corazóns, para que nonprescindan de ninguén.Aínda que ti podes entrar inclusocoas portas pechadas, nós preferi-mos que entres coas portas abertasde par en par.

ORACIÓN