blogs con blogger · a traballar é crear un novo blog. en ... vamos a ver os pasos para ... nesa...

84
BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Upload: hamien

Post on 01-Oct-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

BLOGS CON BLOGGER

MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Índice1.- Creando o Blog ............................................................................................................................... 2 2.- Configuración básica do blog .......................................................................................................... 9 3.- Configuración avanzada do blog ................................................................................................... 13

3.1.- Traballando cos gadgets ........................................................................................................ 13 3.2.- Modificando a cabeceira ........................................................................................................ 22 3.3.- Modificando a plantilla .......................................................................................................... 24

4.- Engadindo entradas ....................................................................................................................... 26 4.1.- Configurando as entradas ...................................................................................................... 29 4.2.- Editando as entradas .............................................................................................................. 32 4.3.- Entradas con imaxes, vídeos... ............................................................................................... 34 4.4.- Entradas con enlaces .............................................................................................................. 48 4.5.- Entradas con ficheiros para descargar ................................................................................... 50 4.6.- Engadindo entradas por correo electrónico ........................................................................... 57 4.7.- Filtrado de entradas ............................................................................................................... 61

5.- Creando novas páxinas .................................................................................................................. 62 5.1.- Páxina de eventos .................................................................................................................. 67

6.- Últimos retoques ........................................................................................................................... 77 6.1.- O novo interface do blogger .................................................................................................. 82

Páxina 1 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

1.- Creando o BlogO primeiro paso é ter creada unha conta de correo en gmail. Unha vez temos esa conta de

correo entramos en http://www.blogger.com e veremos a seguite pantalla:

Na parte dereita da pantalla (remarcada cun recadro vermello na captura anterior) teremos que poñer os datos da nosa conta de gmail:

Páxina 2 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Unha vez introducidos os datos aparecerá a seguinte pantalla:

Nela teremos que completar o rexistro en blogger. Aparecerá xa posta a dirección de correo electrónicoe o nome que usamos ó crear a conta de gmail. O que falta será poñer un nome na caixa de texto (que será o nome que aparecerá na “firma” das entradas que publiquemos no blog), escoller o sexo e aceptar as condicións. Eses tres apartados están remarcados na pantalla anterior. Unha vez cubertos pulsamos no botón de CONTINUAR.

Páxina 3 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Agora veremos a seguinte pantalla:

Nela podemos ver que xa somos usuarios de blogger. O que nos falta para poder comenzar a traballar é crear un novo blog. En blogger podemos ter varios blogs. Ó iniciar sesión a partires de agora en blogger apareceranos esta páxina, onde poderemos ver os blogs que temos creados e xestionalos. Vamos a ver os pasos para crear o primeiro.

Páxina 4 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Pulsamos en CREAR BLOG AHORA. Sairá a seguinte pantalla:

Nesta pantalla darémoslle un título ó blog (pode ser o que nos queiramos, pero debemos pensar que ese título se mostrará na cabeceira do blog). Ademáis debemos poñer unha dirección para o blog. Esa dirección será a que utilizen os usuarios para poder acceder ó noso blog dende o seu navegador. Neste caso podemos poñer tamén a que queiramos, pero con algunhas limitacións (non debe existir xa e algúns caracteres non poderemos usalos). Para saber si unha dirección que queiramos poñer está dispoñible temos o enlace que pon “Comprobar la disponibilidad” xusto debaixo da dirección. Neste exemplo puxemos unha dirección e comprobaremos que está dispoñible gacendo click nese enlace:

Páxina 5 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Podemos ver que aparece un texto en color verde que nos indica que a dirección está dispoñible. Pulsamos entón no botón CONTINUAR para ir ó seguinte paso:

Páxina 6 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Neste paso escolleremos a plantilla de inicio do blog. As plantillas serven para configurar como se verá o noso blog. Escollemos unha calquera, xa que máis adiante veremos onde podemos cambiala si non nos gusta. Para escoller unha facemos click sobre ela e logo pulsamos CONTINUAR. Pasaremos ó último paso:

Agora xa temos o blog creado e podemos empezar a publicar entradas. Para facelo pulsaremos no botón EMPLEZAR A PUBLICAR e aparecerá unha nova pantalla cun pequeno editor para crear a nosa entrada:

Para publicar unha entrada unicamente necesitaremos poñerlle un título e un corpo. Unha vez cubertos pulsamos no botón PUBLICAR ENTRADA e xa aparecerá no noso blog.

Páxina 7 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Pero antes de empezar a publicar entradas imos a configurar un pouco a interface do noso blog.

Páxina 8 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

2.- Configuración básica do blogO primeiro que imos a cambiar é a plantilla de deseño do noso blog. Para iso na barra

superior da pantalla de blogger veremos algo coma isto:

Nese menú pulsaremos en Escritorio e volveremos ó escritorio de blogger (a pantalla que podemos ver na páxina 5 deste manual e na que podemos escoller o blog co que queremos traballar):

Nesta pantalla aparecerá un enlace que pon Diseño e é no que debemos premer para configurar a plantilla. Si no menú superior non vemos o enlace ó escritorio é porque si estamos dentro do blog non aparece ese menú. No seu sitio aparecerá un enlace que pon Diseño e facendo click sobre el levaríanos directamente á mesma pantalla.

Páxina 9 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

A imaxe anterior mostra a pantalla de Diseño de blogger. O primeiro que imos a facer é cambiar a plantilla do noso blog. Faremos click no enlace que pon Diseñador de plantillas (remarcado en vermello na imaxe). Levaranos a unha nova pantalla onde veremos o seguinte menú:

Páxina 10 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Na parte esquerda podemos escoller que sección da plantilla queremos modificar e logo na parte dereita modificarémola. Neste caso o único que imos a facer é escoller a plantilla Picture Window para usar no nos blog (podemos escoller a que queiramos. Ó seleccionar unha veremos na parte de abaixo da páxina unha vista previa de como quedaría).

Unha vez seleccionada a plantilla pulsamos no botón que aparece arriba á dereita que pon Aplicar al blog e logo pulsamos no enlace que pon Ver blog para volver ó noso blog e ver o resultado.

Así quedaría o noso blog coa plantilla aplicada:

Páxina 11 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

No diseñador de plantillas podemos modificar esta plantilla de novo si queremos (escollendo outra, cambiándolle o fondo a esta, ...) É cousa de ir probando as opcións hasta obter un resultado que nos guste.

Páxina 12 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

3.- Configuración avanzada do blogUnha vez configurado o aspecto básico do noso blog podemos personalizalo un pouco

máis. Na páxina anterior podemos ver o aspecto que ten agora o noso blog. Na parte de arriba temos a cabeceira (que contén o texto que puxemos coma título do blog cando o creamos). Debaixo da cabeceira temos o corpo do blog, que está dividido en dúas partes: a zona de entradas e a barra lateral. Nesa barra lateral podemos poñer unha serie de elementos chamados gadgets para personalizar un pouco máis o blog. Imos ver como se pode facer iso.

3.1.- Traballando cos gadgets

Na parte de arrriba do blog podemos ver unha barra de menús. Como estamos dentro do blog non vemos a opción de Escritorio da que falábamos no punto 2, senon que veremos unha un pouco distinta:

Nesta barra faremos click en Diseño e iremos a páxina de diseño do blog:

Podemos ver nesta páxina as distintas partes do blog cos elementos que conteñen. Vemos a zona de cabeceira, a zona de entradas e unhas zonas para gadgets. Os gadgets pódense colocar en

Páxina 13 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

distintas partes da páxina. Con este diseño de plantilla vemos que os podemos colocar debaixo da cabeceira e na parte da dereita da páxina. Con outro deseños de plantilla poderíamos colocalos tamén na parte esquerda si quixésemos.

Vexamos como engadir un gadget.

Iremos á parte dereita da páxina e veremos a seguinte zona da mesma:

Pulsaremos no enlace de arriba de todo que pon Añadir un gadget e aparecerá unha nova pantalla:

Páxina 14 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesa pantalla podemos elixir entre os gadgets que nos ofrece blogger para insertar algún na nosa páxina. Imos a insertar un gadget que nos presente as novas que aparecen na páxina de http://www.edu.xunta.es e nos permita acceder a elas si queremos.

Normalmente as páxinas de novas e outras páxinas dinámicas ofrecen as súas publicacións a través de feeds que podemos incrustar na nosa páxina. Para facelo usaremos un gadget que se chama Feed:

Páxina 15 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Ó seleccionalo aparecerá a seguinte pantalla:

Nesta pantalla debemos introducir a dirección de onde imos a sacar os titulares das novas. Como queremos usar os da páxina da xunta imos a ela a ver onde os podemos obter. Entramos en http://www.edu.xunta.es e vemos o seguinte:

Si imos á parte de abaixo da páxina veremos un enlace para suscribirnos ás novas deta páxina:

Páxina 16 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Facemos clic neste enlace e vemos a páxina de feeds de edu.xunta:

Na barra de direccións do navegador teremos o enlace a esta páxina:

Ése é o enlace que necesitamos para poñer no noso gadget. Copiámolo e pegámolo no gadget de blogger:

Agora prememos no botón de CONTINUAR e o gadget recuperará a información dese enlace e mostrará unha pantalla coma a seguinte:

Páxina 17 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesta pantalla configuraremos como queremos que se presente o noso gadget. Neste caso deixaremos que se mostren unicamente os últimos 5 artigos e faremos click na opción de Abrir enlaces en una ventana nueva, para que si algúen está a visitar o noso blog e fai click nunha das

Páxina 18 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

novas que se lle abra unha nova ventana do navegador, de xeito que non perda de vista o noso blog. Ademáis diso modificaremos o título para que sexa máis curto:

Páxina 19 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Unha vez feito iso pulsaremos en GUARDAR e podemos ver que se engadiu o gadget á nosa páxina:

Si imos agora ó noso blog veremos que cambiou un pouco, mostrándonos agora as novas de edu.xunta:

Podemos tamén eliminar algún gadget que xa non nos interese. Por exemplo, debaixo do

Páxina 20 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

que acabamos de engadir aparece un que se chama Seguidores. Para eliminalo volvemos á páxina de Diseño e na zona de gadgets buscamos o que queremos eliminar e pulsamos nun enlace que pon Editar:

Ó pulsar nese enlace sairá a pantalla de configuración dese gadget que nos permite, entre outras opcións, a de eliminalo:

Pulsamos no botón ELIMINAR e sairá un aviso pedindo a confirmación da eliminación:

Pulsamos en Aceptar e xa teremos eliminado o gadget:

Páxina 21 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

3.2.- Modificando a cabeceira

Dentro da pantalla de deseño, ademáis de cos gadgets, podemos traballar coa apariencia da cabeceira. Na zona de cabeceira temos un enlace que pon Editar:

Facendo click nese enlace aparecerá a pantalla de configuración:

Páxina 22 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesa pantalla poderemos modificar o título do blog, engadir unha descripción e poñer unha imaxe. No caso de poñer unha imaxe temos a opción de que vaia detrás do título e a descripción (de fondo dos mesmos), en lugar deles ou que apareza a imaxe e elogo a descripción xusto debaixo. Ademáis podemos marcar a opción Reducir hasta ajustar para que si a imaxe é moi grande no la axuste ó ancho do noso blog.

Esa imaxe podemos collela dun ficheiro que estea no noso PC ou dun enlace web (imaxe subida a Picassa ou almacenada noutra páxina web, por exemplo). Neste caso imos a usar unha imaxe que temos no nosos PC, polo que pulsamos no botón Examinar e buscámola. Aparecerá logo a seguinte pantalla:

Páxina 23 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Neste caso a imaxe xa ten o ancho exacto do blog xa que foi editada e recortada para que se axustase. Pulsamos en GUARDAR e volvemos ó blog para ver o resultado:

3.3.- Modificando a plantilla

Outra cousa que podemos facer para personalizar o noso sitio web é modificar a plantilla que escollemos para axustala un pouco máis ós nosos gustos. Para ver un exemplo do que podemos facer vamos a modificar o ancho dos compoñentes da nosa páxina.

Páxina 24 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Imos á pantalla de Diseño e na parte de arriba facemos click no enlace Diseñador de plantillas:

Na parte esquerda podemos, por exemplo, cambiar o fondo da páxina ou modificar outras opcións. Neste caso imas a Ajustar ancho:

Aquí podemos ver que o noso blog ten un ancho de 960 píxeles dos cales a barra laterla dereita ocupa 310. Vamos a reducir o ancho desa barra para permitir entradas máis anchas. Poremos unha barra de 260 píxeles. Logo pulsaremos en Aplicar al blog e cando volvamos ó blog xa estarán feitos os cambios. Mentres os estamos a facer xa veremos unha vista previa de como vai a quedar. Vemos nas seguintes imaxes como estaba antes e como quedou despois do cambio:

Páxina 25 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

4.- Engadindo entradasVamos a empezar a engadir entradas ó noso blog. Para iso podemos facelo desde a barra

superior das pantallas que estamos a usar hasta o de agora indo a unha pestaña que pon Creación de entradas:

Outra opción é acceder dende a pantalla principal da nosa conta de blogger facendo click nun botón que pon NUEVA ENTRADA dentro do noso blog:

Os dous nos levan ó mesmo sitio:

Páxina 26 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesa pantalla poremos un título para a entrada e un corpo. Ademáis podemos ver que debaixo do corpo da entrada temos un espazo para engadir etiquetas. Esas etiquetas sirven para catalogar as entradas de xeito que máis adiante ós visitantes do noso blog lles sexa máis fácil localizar as entradas dunha temática similar. Vexamos un exemplo de como crear a primera entrada:

Páxina 27 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesta primeria entrada puxemos un título, un corpo e un par de etiquetas (as etiquetas sepáranse por comas si queremos poñer máis de unha). Agora podemos facer unha vista previa da entrada para ver como quedaría (por si queremos revisala antes de publicala e facer cambios si non nos gusta), gardala como un borrador (para volver a editala máis adiante en lugar de publicala agora mesmo) ou publicala. Neste caso pulsamos en PUBLICAR ENTRADA. Aparecerá a seguinte mensaxe:

Si imos ó noso blog vemos como quedou publicada:

Páxina 28 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Vemos que aparece a entrada publicada. Ten unha cabeceira coa data (lembremos que nos blogs as entradas están ordenadas por data de publicación, polo que as entradas máis novas irán por enriba das máis antiguas). Ademáis, na parte de abaixo da entrada vemos que nos di quen a publicou, en que hora, mostra unha serie de botóns para compartila por correo, facebook, tuenti, ... e logo mostra as etiquetas que lle puxemos á entrada. Esta configuración das entradas pódese modificar. Vexamos como.

4.1.- Configurando as entradas

Para iso imos a Diseño (no enlace na parte de arriba do noso blog) e pulsamos en Editar na parte correspondente ás entradas:

Páxina 29 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aparecerá a seguinte pantalla:

Páxina 30 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesa pantalla vemos que podemos editar todas as opcións das nosas entradas. Imos eliminar os botons de Facebook, Tuenti, ... e quitamos tamén a hora de publicación e a ubicación:

Páxina 31 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Ó darlle a guardar e volver ó blog vemos como quedou modificada a entrada:

4.2.- Editando as entradas

As entradas que xa temos editadas (ou as que temos gardadas coma borradores) podemos editalas ou eliminalas. Para iso estando no escritorio de blogger nas pestaña superiores buscamos a que pon Creación de entradas e pulsamos nela:

Aparecerá a pantalla para engadir unha nova entrada, pero na paret de arriba veremos unhas opcións para poder facer outras cousas. A segunda desas opción é unha que pon Editar entradas:

Páxina 32 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Ó facer click nese enlace aparecerá a seguinte pantalla:

Nela podemos ver todas as entradas que temos publicadas. Vexamos as distintas partes desta pantalla. No lado esquerdo temos un pequeno menú que nos permite publicar unha nova entrada ou navegar polas que xa temos publicadas aproveitando as etiquetas:

Esta é unha das utilidades que ten usar etiquetas. Si tivésemos moitas entradas e quixésemos editar unha que sabemos que está etiquetada como texto faríamos click no enlace que pon texto e so aparecerían as entradas con esa etiqueta, facilitando a busca da entrada que queremos editar. Por outra banda na parte de arriba temos un botón cunha caixa de texto para poder buscar algunha entrada en particular:

A zona principal da pantalla mostra isto:

Páxina 33 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

É unha lista das entradas que podemos editar. Temos un enlace para Editar, co que podemos modificar o título ou o contido da entrada. Mandaranos a unha pantalla similar á de crear unha nova entrada pero estará xa cuberta cos datos (título e corpo) da que queremos editar, para así poder modificala. O enlace Visualizar sirve para ver a entrada nunha ventana e comprobar como quedaría. Na dereita de todo temos un botón para Suprimir a entrada. Por outra banda na esquerda de todo temos una casilla cuadrada que podemos marcar. Si temos varias entradas podemos marcar máis de unha ó mesmo tempo. Unha vez que temos marcadas varias entradas podemos, por exemplo, aplicarlle unha etiqueta a todas usando a opción que está na parte de arriba:

Para finalizar, temous unha serie de enlaces que nos permite seleccionar que tipo de entradas queremos ver (por defecto móstranse todas). Podemos filtrar por Publicadas, Borradores, Todas, ...

4.3.- Entradas con imaxes, vídeos...

Hasta agora vimos como traballar con entradas básicas (so con texto). Vexamos coma facer unhas entradas algo máis bonitas. Empezaremos engadindo unha entrada con imaxes.

Iremos á pantalla de crear unha nova entrada tal e como vimos nos puntos anteriores. Aparecerá o editor de entradas:

Páxina 34 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Comezaremos por poñerlle un título á entrada e escribiremos un pequeno texto tal e como fixemos hasta agora:

Para engadir unha imaxe que teñamos gardada no ordenador faremos o click no botón con forma de marco de imaxe que temos no editor e aparecerá a seguinte pantalla:

Páxina 35 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Desde aquí poderemos subir imaxes que teñamos no PC, usar unha imaxe do blog, dun álbum de Picasa ou dende unha URL. Escollemos a primeira opción e eliximos no PC o arquivo que queremos subir:

Páxina 36 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Ó pulsar en Abrir sibirá á imaxe a internet e daranos a opción de usala no blog:

Pulsaremos agora en Añadir las imágenes seleccionadas (podemos subir máis de unha si queremos) e a imaxe engadirase á entrada:

Páxina 37 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Agora pulsaríamos en PUBLICAR ENTRADA e xa teríamos a nosa entrada con imaxes publicada no blog:

Páxina 38 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

¿Onde se gardou realmente esa imaxe? Cada vez que subimos unha imaxe ó noso blog o que fai blogger e poñela nun álbum web de Picasa que se creou xunto co noso blog. Para ver ese álbum podemos entrar en picasa na web http://picasaweb.google.com e veremos a seguinte pantalla:

Páxina 39 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nela podemos ver que temos un álbum que se chama igual co noso blog (Blog de exemplo). Si entramos nese álbum vemos as seguintes imaxes:

Que son as imaxes que subimos ó noso blog (cando insertamos a cabeceira e cando creamos a nova entrada coa imaxe).

Aproveitando que estamos en Picasa veremos como insertar una pase de diapositivas nunha entrada. Para iso imos a un álbum de Picasa que teña as imaxes que queremos insertar no pase de diapositivas e veremos na parte dereita un enlace que pon Enlazar a este álbum. Facemos click sobre el:

Páxina 40 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Abriranse unhas opcións entre as que aparecerá unha que pon Incrustar proyección de diapositivas.

Ó facer click nese enlace sairanos unha pantalla onde podemos configurar o reproductor do pase de diapositivas:

Nesta pantalla podemos escoller o tamaño na parte esquerda. Si lembramos, nun punto anterior víramos que o noso blog ten un ancho de 960 píxeles, dos cales deixamos 260 para a barra

Páxina 41 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

lateral, polo que nos quedan 700 para as entradas. Seleccionamos entón un tamaño que nos colla nese espazo e que sexa o suficientemente grande para que as fotos se vexan ben:

Neste caso escollemos 600, xa que o seguinte tamañño (800) sería demasiado grande. Unha vez seleccionado o tamaño debemos copiar o texto que sae na caixa amarela que aparece debaixo. Ese texto necesitarémolo máis tarde.

Volvemos ó blog e creamos unha nova entrada. Nesa entrada imos a incrustar o pase de diapositivas xerado antes.

Páxina 42 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Escribimos o título e o texto que queiramos. Na imaxe puxemos unha liña de texto e agora queremos insertar o pase de diapositivas debaixo. Faremos click no enlace que se ve na parte de arriba do editor que pon Edición de HTML e vemos que o editor cambia un pouco a súa interface:

Neste modo de edición non escribimos texto normal, usaremos código HTML. Agora pegaremos o código copiado de Picasa quedando algo así:

Páxina 43 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Pulsamos agora en PUBLICAR ENTRADA e imos a ver o resultado no blog. Será algo así:

Este sistema de copiar código HTML noutra páxina e pegalo no noso blog serve para multitude de utilidades (incrustar vídeos, audio, carpetas na web, ...)

Si o que queremos é incrustar un vídeo (por exemplo de Youtube) podemos seguir os mesmos pasos: buscamos onde nos da o código para incrustar no noso blog, copiámolo e pegámolo na nosa entrada. De todos xeitos, para os vídeos de YouTube o sistema é máis sinxelo (xa que YouTube e Blogger están ben integrados ó ser os dous de Google). Vexamos como:

Creamos unha nova entrada e poñemoslle un título e os datos que queiramos:

Páxina 44 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Facemos click agora no botón de insertar vídeo (sinalado cunha frecha na imaxe anterior). Aparecerá unha pantalla onde podemos indicar que queremos un vídeo de YouTube (tamén poderíamos na mesma pantalla usar un vídeo que teñamos almacenado no noso PC).

Ó facer click no enlace Desde YouTube sairanos un buscador onde podemos facer unha busca dos vídeos de YouTube que nos interesen. Neste caso buscaremos un vídeo de Peppa Pig para insertar no noso blog:

Páxina 45 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Ó facer click no botón de busca aparecerá un lista de vídeos. Seleccionaremos o que desexamos e pulsaremos no botón que pon Seleccionar:

Dese xeito insertaremos o vídeo na nosa entrada:

Páxina 46 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Agora soamente quedaría colocalo na posición desexada e publicar a entrada.

Como curiosidade, si queremos, podemos ver como modificar o tamaño do vídeo para que se axuste mellor ó ancho das nosas entradas (poremos un ancho de vídeo de 600, igual que no pase de diapositivas). Para iso, antes de publicar a entrada pulsamos donde pon Edición de HTML na parte de arriba do editor para ver o código que inserta YouTube na nosa entrada:

Nese código, nalgunhas partes podemos ver como se axusta o alto (height) e o ancho (width) do noso vídeo. Podemos modificar eses valores, pero debemos tentar manter as proporcións para non distorsionar a imaxe (si duplicamos o ancho debemos tamñen duplical o alto, por exemplo). Neste caso poermos uns valores aproximados de 600 píxeles de ancho por 500 de alto, quedando o código así:

Agora publicamos a entrada e vemos como queda:

Páxina 47 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Vemos que o ancho queda similar á do pase de diapositivas. Dese xeito facemos un pouco máis uniformes as nosas entradas.

4.4.- Entradas con enlaces

Podemos tamén poñer enlaces a páxina web no texto que escribamos nas nosas entradas. Para iso creamos unha entrada de exemplo na que poremos un enlace a google. Creamos unha entrada:

Páxina 48 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Nesta entrada queremos que cando o usuario faga clic na palabra aquí se abra o buscador de google. Para iso seleccionamos a palabra e facemos click onde di Enlace. Aparecerá a seguinte pantalla:

Nela escribimos a dirección web que queremos abrir e podemos indicar, si queremos, que se abra nunha pantalla nova para non cerrar o noso blog marcando a opción que aparece na parte de abaixo. Quedaría algo así:

Páxina 49 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Pulsamos en Aceptar e publicamos a entrada, quedando deste xeito:

4.5.- Entradas con ficheiros para descargar

A veces interésanos dar a posiblidade de descargar añgún tipo de ficheiro dende as nosas entradas ou outra parte da páxina. Para iso é como dispor dun espazo de almacenamento “na nube” no que poder gardar ficheiros e logo poñer os enlaces ós mesmos dentro do noso blog. Podemos facelo publicando o enlace ó ficheiro gardado en internet do mesmo xeito que fixemos no paso anterior, pero tamén temos a posibilidade de “incrustar” unha carpeta web no noso blog de onde os usuarios poidan descargar ficheiros. Para ver como facer iso imos a usar unha páxina de almacenamento web chamada box (aínda que temos máis posibilidades, como DropBox, SkyDrive, ...).

O primeiro é entrar na páxina http://www.box.com/ e rexistrarnos nela. Para iso faremos click no enlace da parte superior dereita que pon Sign In e seguimos os pasos:

Unha vez rexistrados na páxina e iniciada a sesión procedemos a almacenar no espazo que nos da (uns 5 GB) os ficheiros que queiramos. Neste caso vamos a crear unha carpeta web e almacenar nela un par de ficheiros para ver o seu funcionamento.

Estando na páxina de box.com e iniciando a sesión creamos a carpeta web facendo click en New e aparecerá un menú no que seleccionaremos New Folder:

Páxina 50 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aparecerá unha pantalla onde introduciremos o nome da carpeta a crear:

Páxina 51 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

E pulsaremos no botón Create Folder. Neste caso creamos unha carpeta chamada Exemplo e vemos que unha vez creada no la mostra na pantalla:

Facemos click nesa carpeta para entrar nela e, unha vez dentro, pulsamos en Upload para subir arquivos:

Páxina 52 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Abrirase unha pantalla na que buscaremos o ficheiro que queremos subir do noso PC e ó pulsar en Abrir subirase o ficheiro á páxina web. Neste caso subimos un par de ficheiros de exemplo para comprobar o funcionamento:

Vexamoas agora como insertar eses ficheiros para poder descargalos no noso blog. Na parte dereita da páxina de box.com veremos un enlace que pon Sharing e debaixo podemos ver un link:

Ese link podemos pegalo en calquera entrada do blog coma un enlace (vimos no punto anterior como facelo), pero imos a aproveitar unha opción que nos da box para deixalo un pouco máis bonito. Ó facer clik en donde pon Link aparecerán unhas opcións:

Páxina 53 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Vemos que unha das opcións das pestañas superiores pon Embed. Nesa pestaña aparecerá un código en HTML que podemos copiar e usar do mesmo xeito que cando insertamos o pase de diapositivas nunha entrada anterior. O primeiro que aparece será unha pantalla na que podemos escoller o ancho e alto do elemento embebido que imos insertar:

Escolleremos un ancho de 600 para axustalo ó anco da entrada, por exemplo, e un alto de 400 e seleccionamos o texto que aparece debaixo para copialo:

Páxina 54 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Unha vez copiado o texto imos ó noso blog e creamos unha nova entrada onde indicaremos que se poden descargar ese ficheiros e pegaremos ese código (lembrade que para pegar o código HTML debemos ter seleccionado no editor o modo Edición de HTML na pestaña superior:

Páxina 55 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Publicamos a entrada e o resultado será algo así:

Páxina 56 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

4.6.- Engadindo entradas por correo electrónico

No noso blog teremos un editor (ou máis de un) que se encargará de publicar as entradas, pero a veces interésanos que outros usuarios poidan publicar entradas aínda que non teñan permisos de editores (por exemplo si queremos que os alumnos publiquen entradas no blog da aula). Para iso blogger ofrece a opción de publicar entradas enviándoas a unha dirección de correo electrónico, de xeito que se publiquen de forma automática. Vexamos os pasos para conseguilo.

Na ventana de configuración do noso blog imos á opción que se chama Correo electrónico y móvil:

Nesa opción aparecerán, entre outras, as seguintes seccións:

Páxina 57 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

A primeira opción permite poñer unha serie de direccións de correo electrónico separadas por comas (hasta 10) de xeito que cada vez que se publique algo no noso blog lles chegue un correo a esas direccións avisándoos da nova publicación. A outra opción (que é a que agora nos interesa), permite configurar unha conta de correo “imaxinaria” na que os mensaxes recibidos se converten en entradas do noso blog. Aparecerá como inicio da dirección o noso nome de usuario de gmail seguido de un espazo no que podemos poñer calquera texto. A combinación desas dúas cadeas de texto co finalizador @blogger.com conformarán a dirección á que debemos enviar as entradas a publicar. Por defecto esta opción de blogger está deshabilitada, pero na parte de abaixo podemos activala de dous xeitos: de xeito que os correos enviados se publiquen coma entradas de forma inmediata ou de xeito que se garden en borradores hasta que o editor as revise. A primeira opción é sinxela: marcámola e os correos publícanse sen automaticamente nada máis enviar o correo. Vexamos como funciona a segunda opción:

Configuramos a dirección de envío coma [email protected] e marcamos que queremos que se garden en borradores:

Páxina 58 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Pulsamos en GUARDAR CONFIGURACIÓN e probamos a enviar unha mansexa de correo á dirección indicada:

Pulsamos en Enviar para enviar esta mensaxe de correo electrónico e vemos que pasou. Si imos á opción de Creación de entradas do noso blog e pulsamos en Editar entradas veremos que aparece unha nova entrada coma borrador que ten de título o mesmo título que puxemos co correo electrónico:

Páxina 59 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Si pulsamos en Editar podemos visualizar como é a entrada:

Páxina 60 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Agora podemos facer os cambios que desexemos (si queremos cambiar algo) e pulsar en PUBLICAR ENTRADA para facer visible esta entrada no noso blog.

Deste xeito podemos facer que usuarios sen permisos de edición no noso blog nos “axuden” a publicar contidos enviando entradas que nos podemos revisar e, se as consideramos interesantes, aceptalas e publicalas.

Os correos enviados polos usuarios poden ter imaxes adxuntas que aparecerán na entrada (non teñen que ser entradas de texto unicamente).

4.7.- Filtrado de entradas

Xa vimos antes como etiquetar as entradas e algunha das utilidades de facelo. Vexamos agora outra utilidade para as etiquetas. Supoñamos que alguén entra no noso blog e lle gusta unha entrada dun tipo en particular e quere saber si temos máis entradas cunha temática similar. Na parte de abaixo da entrada terá uns enlaces cos nomes das etiquetas usadas nesa entrada. Ó pulsar nunha desas etiquetas blogger filtrará as entradas e unicamente mostrará as que estean etiquetadas con esa opción. Por exemplo, a seguinte entrada está etiquetada coma texto:

Si facemos click na palabra texto filtraremos todas as entradas con esa etiqueta e blogger mostrará unicamente as que a teñan:

Páxina 61 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Neste caso so temos esa entrada con esa etiqueta, polo que se mostrará soamente unha. Si nos fixamos na parte de arriba vemos que blogger nos avisa de que está filtrando entradas e si queremos velas todas debemos pulsar no enlace que pon Mostrar todas las etiquetas.

5.- Creando novas páxinasTodo o traballo que fixemos hasta o de agora no noso blog foise publicando na chamada

Páxina principal. Esa páxina é a que vai a conter as entradas que imos publicando durante a vida do noso blog, pero blogger permite que teñamos máis páxinas no blog. Esas páxinas serán máis sinxelas, xa que unicamente conterán unha entrada (aínda que pode ser unha entrada longa que conteña varias imaxes, vídeos, ...), pero que é útil para información que queremos que estea sempre dispoñible de xeito rápido sen que o usuario teña que andar a buscar polas entradas do blog.

Por exemplo, vamos a crearunha páxina con información acerca do blog, indicando quen o creou. Imos á páxina de Creación de entradas e pulsamos en Editar páginas:

Páxina 62 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Vemos que nos di que aínda non temos ningunha páxina creada. Pulsaremos no botón PÁGINA NUEVA para crear a primeira páxina (referímonos por suposto a primeira páxina distinta da páxina principal):

Vemos que a pantalla é similar á de publicar unha entrada. A dirferencia é que o título que poñamos será o título da páxina e coma contido terá unha única entrada. Vexamos un exemplo:

Páxina 63 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Publicamos esta páxina e aparecerá a seguinte pantalla:

Páxina 64 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aquí está a preguntarnos onde queremos colocar o acceso ás páxina que creeemos. Por defecto blogger vainas a colocar na barra lateral usando un gadget similar ós que vimos ó principio deste manual. Podemos modificar ese comportamento e colocalo na parte de arriba do blog usando pestanas para escoller entre as páxina que aparecerán entre o título do blog e a primeira entrada. O único problema que temos ó escoller esa opción é que nese espazo (parte superior do blog) soamente podemos colocar un gadget, polo que si colocamos as pestanas xa non poderemos colocar nada máis. Como en principio non queremos colocar nada máis aproveitamos e colocamos as pestanas para as páxinas:

Páxina 65 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Publicamos e vemos como queda:

Vemos que entre o título do blog e a primeira entrada apareceron unhas pestanas que nos permiten escoller que páxina queremos ver. Si facemos click na pestana Acerca deste blog... vemos o publicado antes:

Páxina 66 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

5.1.- Páxina de eventos

Imos aproveitar esta opción que nos ofrece blogger da publicación de páxina para insertar unha páxina cun calendario de eventos do noso colexio. Dese xeito a xente que visite o noso blog terá un acceso rápido á información dos eventos que se produzan no colexio.

O primeiro paso será crear un calendario de google para despois incrustalo no blog. Entramos en http://www.google.com/calendar e vemos a seguinte páxina:

Páxina 67 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Na parte esquerda temos un apartado que pon Mis calendarios e xusto debaixo vemos o noso nome de usuario en gmail. Ese é o noso calendario persoal. Si buscamos unha data na que queiramos publicar añgún evento, facemos click na hora de inicio e arrastramos o rato hasta a hora de finalización aparecerá a seguinte pantalla:

Nesa pantalla escribiremos un pequeno texto que describa o evento e podemos pulsar en

Páxina 68 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Crear evento. Si pulsamos no enlace que pon Editar evento aparecerá unha pantalla donde podemos ampliar a información do evento (poñer unha descrición do mesmo e un lugar de realización, por exemplo):

Unha vez pulsamos o botón Guardar o evento publicarase no noso calendario e aparecerá na pantalla principal de google calendar:

Repetindo estes pasos podemos crear todos os eventos que queiramos no nos calendario.

Páxina 69 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Agora vexamos como incrustar o noso calendario no blog. Si nos poñemos encima do noso nome na barra esquerda vemos que aparece unha pequena frecha ó lado do nome. Si facemo click sobre ela aparecen unhas opcións:

O primeiro que imos a facer será ir a Compartir este calendario e comprobar que é de acceso público (para poder accedelo dende o blog):

Na parte de arriba vemos ademáis un enlace que pon Detalles del calendario. Facemos click nel e vemos a seguinte pantalla:

Páxina 70 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Na parte central vemos un código HTML que podemos copiar e usalo para incrustar o calendario no noso blog. Antes de facelo vemos que hai un enlace xusto nesa zona que pon Personaliza el color, el tamaño y otras opciones. Entramos nela para configurar un pouco o calendario:

Páxina 71 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aquí podemos configurar o calnedario para que a súa visualización se axuste ó que nos queremos ter no blog. Imos eliminar, por exemplo, o título (para que non se vexa a dirección de correo electrónico) e podemos axustar o ancho si queremos (neste caso poremos un ancho de 600 e un alto de 500 para axustalo ó ancho do noso blog, xa que lembremos que o blog tiña 960 de ancho dos que 260 eran para a barra lateral, co que nos queda un máximo de 700 para as páxinas, pero debemos deixar un marxe xa que temos que ter en conta os bordes da páxina).

Seleccionamos o código HTML que aparece na parte de arriba e copiámolo:

Ese código é o que imos insertar no noso blog. Para insertalo crearemos unha nova páxina chamada Eventos na que incrustaremos este calendario.

Páxina 72 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Publicamos a páxina e vemos como queda no blog:

Páxina 73 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

O calendario, unha vez insertado, non se volverá a tocar desde o blog. Si entramos en http://www.google.com/calendar e introducimos novos eventos actualizaráse de xeito automático o calendario do blog, xa que o que temos no blog é o calendario de google “incrustado”.

Vemos que a nova páxina se colocou á dereita de todo nas pestanas de selección de páxinas. Si queremos que a da dereita de todo sexa a de Acerca deste blog... quedando a de Calendario de eventos no medio imos no nos blog a Diseño e editamos o gadget que contén as pestanas:

Páxina 74 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aparecerá a seguinte pantalla:

Nela arrastramos a páxina Acerca deste blog... hasta o final e xa estaría. Ademáis si queremos podemos cambiarlle o nome á páxina principal para que apareza outro texto na súa

Páxina 75 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

pestaña (en lugar do de Página principal):

Pulsamos en GUARDAR e vemos como quedou o noso blog:

Páxina 76 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

6.- Últimos retoquesPara finalizar este exemplo de blogs imos facer uns últimos retoques no blog. Na barra

lateral dereita imos recolocar algo os gadgets:

Páxina 77 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Si nos fixamos o gadget de Archivo del blog, que contén as entradas do blog agrupadas por anos e meses non se ve moi ben xa que ten pouco espazo. Imos á páxina de deseño e colocámolo nunha zona onde teña algo máis de ancho:

Si nos fixamos está nunha zona con dúas columnas que son estreitas, pero podemos subilo á zona superior (debaixo de Noticias edu.xunta que nos permite ter un pouco máis de ancho:

Páxina 78 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Podemos ver como queda agora no blog:

Páxina 79 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Vemos que se ve moito mellor.

Por outra banda imos aproveitar o calendario que temos en google para insertar un calendario nesa barra lateral. Lembremos que o ancho da barra era de 260 píxeles, polo que repetimos os pasos que fixemos antes para xerar o código HTML en google calendar pero agora xeramos un calendario con un ancho menor e outras opcións:

Seleccionamos o código HTML e volvemos a blogger na pestana de Diseño:

Vemos que xusto encima de Noticias edu.xunta podemos engadir un novo gadget.

Páxina 80 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Facemos click e escollemos o gadget que se chama HTML/Javascript:

Naventana de configuración deste gadget pegamos o código HTML copiado antes pulsamos en GUARDAR:

Agora o noso blog terá esta aspecto:

Páxina 81 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Este modo de engadir gadgets permite personalizar o noso blog dun xeito moito máis potente, xa que non estamos limitados ós gadgets que nos ofrece google, xa que podemos xerar compoñentes coma calendarios, reloxos, animacións, reproductores de audio, vídeo, ... noutras páxinas e incrustalos como código HTML nun gadget do noso blog.

6.1.- O novo interface do blogger

Todas as capturas de pantalla usadas neste manual están feitas usando o interface “clásico” de blogger, pero agora blogger ofrece un novo interfaz que podemos usar tamén si queremos. Para cambiar entre un e outro non temos máis que seleccionalos. No interface “clásico” si nos situamos en calquera páxina de edición do blog podemos ver na parte arriba un enlace que nos permite probar o novo interface:

Páxina 82 de 83

Manual de blogger Miguel Mourón Regueira

Aparecerá o seguinte interface:

Vemos que agora en lugar de pestanas temos un menú lateral na parte esquerda para seleccionar as distintas opcións. O uso do blog segue a ser o mesmo, se ben algunhas cousas cambian de sitio (por exemplo, a creación de entradas e de páxinas, que no interface clásico estaban xuntas baixo a pestana Creación de entradas aquí están en dous menús separados). Si nos gusta máis o interface “clásico” podemos volver a el pulsando na parte de arriba a dereita na pequena roda dentada e, nas opcións que saen, escoller a de Interfaz anterior de Blogger:

Páxina 83 de 83