biólogos

29
MACARENA RUIBAL COUSO 1ºB CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO

Upload: mak-rc

Post on 22-May-2015

161 views

Category:

Education


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Biólogos

MACARENA RUIBAL COUSO 1ºB

CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO

Page 2: Biólogos

LYNN MARGULIS (Chicago, 5 de marzo de 1938 – 25 de

novembro de 2011)

Page 3: Biólogos

Lynn Margulis naceu en Chicago en 1938 e con tan só dezaseis anos ingresou na Universidade de Chicago donde se licenciou con vinte anos.

En 1958 continuou a súa formación na Universidade de Wisconsin para cursar un máster á vez que era profesora auxiliar. Alí estudiou tamén bioloxía celular e xenética.

BIOGRAFÍA

Page 4: Biólogos

Margulis pensaba que o mundo microbiano tiña unha gran importancia na evolución.

Para poder demostrar a súa teoría apoiouse en estudos que foran esquecidos ou simplemente ignorados.

Page 5: Biólogos

Lynn Margulis conseguiu revolucionar o panorama científico actual, principalmente con tres teorías:o Teoría endosinbiótica da evolución.o Teoría da simbioxénese.o Teoría Gaia.

APORTACIÓNS

Page 6: Biólogos

Hoxe sabemos que o ADN non só se atopa no núcleo celular, senón que está presente noutros orgánulos. Lynn Margulis realizou unha serie de estudos cos que probou que a importancia das relacións simbióticas entre os organismos e a o seu papel na evolución.

1. Teoría endosimbiótica da evolución.

Page 7: Biólogos

A teoría endosimbiótica da evolución dinos que as células eucariotas son o resultado de sucesivas incorporacións simbioxenéticas de organismos procariotas.

Page 8: Biólogos

Lynn Margulis asegura que as maioría das características que os seres pluricelulares van adquirindo ao longo do tempo son resultado, principalmente, da incorporación simbiótica de bacterias de vida libre. Con isto contradice totalmente as teorías expostas polo neodarwinismo e ofrecenos unha explicación as descontinuidades do rexitro fósil, xa que sería un proceso rápido e non gradual como se pensaba.

2. Teoría da simbioxénese.

Page 9: Biólogos

3. Teoría Gaia.Margulis apoia

amplamente ao cintífico James Lovelock quen propuxo en 1969 que as condicións da Terra se ven modificadas pola comunidade de seres vivos que a habitan, e que esta é tamén a responsable das grande diferencias existentes entre o noso planeta e os demáis.

Page 10: Biólogos

JEAN B. DE LAMARCK(Francia1, 1 de agosto de

1744 -18 debembro de 1829)

Page 11: Biólogos

Lamarck recibiu unha educación eclesiástica ata os 17 anos, cando morreu seu pai. Entón ingresou por un tempo no exército.

Cando saíu do exército comezou a dedicarse ao estudo da medicina e da botánica.

En 1778 publicou “Flora francesa”, obra na que se clasificaba a flora por medio dunha clave dicotómica.

BIOGRAFÍA

Page 12: Biólogos

Posteriormente ingresou na Academia Francesa das Ciencias e traballou como botánico no “Jardín du Roi” ata que a institución foi convertida no Museo Nacional de Historia Nacional.

A pesar de ser considerado un precusor da bioloxía morreu cego e na indixencia.

Page 13: Biólogos

As principais aportacións de Lamarck á bioloxía foron:o O concepto de organización dos seres vivos.o Unha división clara entre o mundo orgánico e o

inorgánico.o A clasificación dos animais en función da súa

complexidade.o A primeira teoría que incluía dalgún xeito o

concepto de evolución biolóxica.

APORTACIÓNS

Page 14: Biólogos

Lamarck realizou unha clasificación funcional dos seres vivos tendo en conta a sua centralización e complxidade. Divideunos en:o Os dotados de irratibilidade (invertebrados

inferiores).o Os dotados do que chamaba “sentimento

interior” (invertebrados superiores).o Os que demostran intelixencia e vontade

(vertebrados).

1. Clasificación dos seres vivos

Page 15: Biólogos

Lamarck defendía que a materia viva e a inerte só diferían no modo de organización interna dos elementos que os compoñen, que serían os mesmos para ambas. A partir desa teoría, Lamarck atribúe a orixe da vida á xeración espontánea: as forzas da natureza actuarían sobre a materia provocando un movemento que desembocaría na aparición dos organismos vivos máis sinxelos. A partir de aí, todo consistiría nun incremento da complexidades destes.

2. Xeración espontánea.

Page 16: Biólogos

Lamarck postulou a primeira teoría que incluía o concepto de evolución biolóxica e que estaba asentada sobre dúas leis principais: lei de uso e desuso e caracteres adquiridos. Esta teoría foi considerada como errónea coa aparición do Darwinismo e, poosteriormente, da Teoría Sintética da Evolución; pero hoxe en día Lynn Margulis demostrou que tal vez non estivera de todo equivocada.

3. Lamarckismo.

Page 17: Biólogos

Lei de uso e desuso.Segundo esta lei, as

características dos organismos cambiaban en función das súas necesidades. Cando nun órgano era moi utilizado desenvolvíase máis e, pola contra, se non se usaba atrofiábase.

Un exemplo moi popular foi o do pescozo das xirafas que, según Lamarck, sería o resultado do seu uso extremo para poder conseguir alimento.

Page 18: Biólogos

Lei dos caracteres adquiridos.Segundo a cal, todas as

características que os organismos adquirin ao longo da súa vida son transmitidas aos seus descendentes; sempre e cando os dous proxenitores a posúan.

Así explicaba Lamarck que as xirafas naceran xa co pescozo máis alongado en lugar de estiralo co tempo e o uso.

Page 19: Biólogos

Esta teoría foi descartada principalmente por dous motivos:

o En primeiro lugar, non explica porque dentro dunha comunidades hai xirafas co pescozo máis longo que outras.

o En segundo lugar, hoxe sabemos que os caracteres adquiridos non se herdan.

Por que non é válida?

Page 20: Biólogos

G. CUVIER (Montbéliard, 23 de agosto de 1769 – París, 13 de maio de

1832)

Page 21: Biólogos

Georges Cuvier naceu en Francia en 1769 e considérase o pai da anatomía comparada e da paleontoloxía.

Estudou Na Universidade de Caroline, preto de Alemania, e foi nomeado profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Tivo un papel moi importante na reforma de educación pública en Francia e en outros ámbitos do goberno.

En agradecemento á súa contribución, foi nomeado cabaleiro.

BIOGRAFÍA

Page 22: Biólogos

Cuvier tivo tres aportacións moi importantes no ámbito biolóxico e paleontolóxico, aínda que non todos acertadas: o Catastrofismo.o Principio de correlación orgánica.o Clasificación dos animais.

APORTACIÓNS

Page 23: Biólogos

A través das súas observacións, Cuvier decatouse de que existían restos de especies diferentes das que se observaban daquela. Negándose a aceptar o concepto de evolución, elaborou unha nova teoría para explicar a aparición deses fósiles.

1. Catastrofismo.

Page 24: Biólogos

O catastrofismo dinos que todas as especies son inmutables e permanentes (por iso é unha teoría fixista) creadas seguindo dun plan divino.

Ao longo da historia da Terra sucederíanse unha serie de catástrofes que aniquilarían todas as especies existentes para, posteriormente, aparecer outras diferentes pero tamén inmutables.

Page 25: Biólogos

É un dos principios básicos da paleontoloxía e consiste na seguinte afirmación: as partes de todos os organismos compleméntanse de forma que se determinan unhas a outras, dando como consecuencia a posibilidade de recoñecer a dito organismo por un fragmento calquera, bastando un fragmento óseo para identificalo.

2. Principio de correlación orgánica.

Page 26: Biólogos

Cuvier foi o primeiro biólogo que realizou unha clasificación dos organismos agrupados no reino animal dende un punto de vista estrutural.

Agrupounos en catro conxuntos: o Vertebradoso Moluscoso Articuladoso Radiados

3. A súa clasificación dos animais.

Page 27: Biólogos

A clasificación víase amplamente condicionada pola situación dos sistemas vitais esencias; principalmente o cerebro e o sistema circulatorio.

Page 28: Biólogos

O seu nome completo é Georges Léopold Cherétien Frédéric Dagobert Cuvier.

Dise que un grupo de alumno entrou no seu dormitorio disfrazado de demo e que o espertou dicíndolle que o ía comer. A resposta de Cuvier foi : “Todos os seres con cornos e pezuños son herbívoros, non poderás comerme.” Deuse a volta e seguiu durmindo.

ANÉCDOTAS E CURIOSIDADES