biblioxornal 5

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 4º Trimestre 2007 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 5 A Biblioteca é unha festa! O cuarto luns de outubro, o 22, é a data. Ese día celebramos o Día Interna- cional da Biblioteca Esco- lar coa finalidade de facer visibles as bibliotecas nos centros de ensino. Neste ano o lema elixi- do pola IASL (Asociación In- ternacional de Bibliotecarios Escolares), LEARNING: POWERED BY YOUR SCHOOL LIBRARY (APRENDENDO MÁIS E MELLOR DENDE A TÚA BIBLIOTECA ES- COLAR ) , incide na im- portancia das bibliotecas escolares para a mellora dos procesos de ensino- aprendizaxe. Galiza tamén conmemora o mércores 24 de outubro o seu Día das Bibliote- cas para potenciar a presenza dos libros e das bibliotecas na sociedade galega. É tempo, pois, de sensibilizármonos respecto da importancia dunha activa presenza da biblioteca como recurso para fomentar a lectura, a busca de informa- ción e, por conseguinte, a mellora da calidade do ensino. Festexemos estas celebracións porque calquera motivo resulta estupendo para ler!

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 30-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Boletín trimestral da biblioteca

TRANSCRIPT

Page 1: Biblioxornal 5

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

4º Trimestre 2007 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 5

A Biblioteca é unha festa! O cuarto luns de outubro, o 22, é a data. Ese día celebramos o Día Interna-

cional da Biblioteca Esco-lar coa finalidade de facer visibles as bibliotecas nos centros de ensino. Neste ano o lema elixi-do pola IASL (Asociación In-ternacional de Bibliotecarios Escolares), LEARNING: POWERED BY

YOUR SCHOOL LIBRARY

(APRENDENDO

MÁIS E MELLOR DENDE A TÚA BIBLIOTECA ES-COLAR) , incide na im-

portancia das bibliotecas escolares para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe. Galiza tamén conmemora o mércores 24 de outubro o seu Día das Bibliote-cas para potenciar a presenza dos libros e das bibliotecas na sociedade galega. É tempo, pois, de sensibilizármonos respecto da importancia dunha activa presenza da biblioteca como recurso para fomentar a lectura, a busca de informa-ción e, por conseguinte, a mellora da calidade do ensino. Festexemos estas celebracións porque calquera motivo resulta estupendo para ler!

Page 2: Biblioxornal 5

P á x i n a 2 N ú m e r o 5 – 4 º t r i m e s t r e 2 0 0 7

“Memoria das paredes” en Tui Por xentileza da Biblioteca Pública “Miguel González Garcés” da Coruña e

dentro das actividades programadas con motivo da celebración do Día Interna-

cional da Biblioteca Escolar, na semana do 22 ao 26 de outubro, poderemos vi-

sionar, na entrada do instituto, unha presentación en Power Point da expo-

VISITAS Á BIBLIOTECA Como xa é habitual nestas datas e aproveitando a chegada de novo alumnado, a maioría de

1º da ESO, programaremos visitas por grupos e co acompañamento dos vosos titores e ti-

toras para que coñezades de primeira man a biblioteca do centro onde agora estudades.

Aproveitaremos para explicarvos como están clasificados os libros, como se poden atopar,

as condicións de préstamo ... Tamén visitaremos a Biblioteca Pública Municipal.

AMPLIANDO OS SERVIZOS OFERTADOS POLA BIBLIOTECA

Xa é posible xogar ao xadrez na Biblioteca pero temos que facelo en silencio para non interromper as actividades dos demais usuarios (préstamos, estudo, busca de información...) Nas próximas datas ampliaremos o número de publicacións periódicas de carác-ter xuvenil ao voso dispor. Tamén pronto comezaremos o préstamo de películas e gravacións musicais. Seguimos á espera de que adapten o noso local para po-der ofertarvos catro postos de ordenadores con acceso a internet.

sición “Memoria das pa-

redes”: ampla mostra de

carteis (de festas, espec-

táculos, feiras, publicida-

de, política...) impresos

na provincia da Coruña

desde 1958 ata hoxe,

obra de deseñadores grá-

ficos, ilustradores, fotó-

grafos, pintores.. algúns

da importancia de Luís

Seoane, Laxeiro, Fernan-

do Quesada ou Rafael

Barros.

Page 3: Biblioxornal 5

P á x i n a 3 N ú m e r o 5 – 4 º T r i m e s t r e 2 0 0 7

O NOSO HORARIO

No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente. Como vedes están cubertas todas as horas lectivas de terceira a sexta inclusive (10.45 – 14.25) e todos os recreos; tamén está aberta a segunda hora (9.35-10.25) dos luns, martes e mércores.

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9.35-10.25 Aberta Aberta Aberta

1º RECREO Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

10.45-11.35 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta 11.35-12.25 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

2º RECREO Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

12.45-13.35 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

13.35-14.25 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

Para préstamos, renovacións e entrega de libros están reservados todos os recreos.

LEMBRA:

• Aforra tempo: non esquezas o teu número de lector ou lectora.

• Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis de libre acceso, fíxate onde está para, cando remates con el, reintegralo ao seu sitio, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro.

• Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa deles

e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas.

• Cumpre os prazos: os préstamos de libros teñen unha duración

de 15 días, pasado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.

• Respecta o traballo dos teus compañeiros: evita

as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios. Mantén o máximo silencio na Biblioteca.

• Un lugar para cada cousa: a Biblioteca non é lugar axeitado

para comer ou beber.

Contigo é posible mellorar a biblioteca!

Page 4: Biblioxornal 5

P á x i n a 4 N ú m e r o 5 – 4 º t r i m e s t r e 2 0 0 7

Un tudense para o Día das Letras Galegas 2008 No Día das Letras Galegas de 2008 honraremos ao egrexio tudense

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Poeta, en-

tusiasta pioneiro de iniciativas editoriais e erudito patriota, realizou

importantes achegas en materia de literatura popular e ilustrada, así

como de arqueoloxía, de historia, de etnografía, e pronunciou innu-

merables conferencias e discursos, entre os cales cómpre salientar o

primeiro do que hai noticias, pronunciado en Tui no ano 1934 e publi-

cado pola Federación de Mocidades Galeguistas: Berro en lembranza

dos herois de Carral. O noso instituto escolleu como poesía do mes

de outubro un epigrama da súa autoría. Amais, entre os fondos da

nosa biblioteca, podedes atopar as seguintes publicacións súas:

Abril (poesía 1912-1932), Canle segredo, Escolma de poesía medieval, Poesía gale-ga completa e a novela Enchen as augas.

YxÄ|é tÇ|äxÜátÜ|É O 17 de outubro de 1920 naceu o novelista Miguel Delibes. Celebremos os 87 anos lendo algunha das súas obras. Na biblioteca ofrecemos: El Camino, Cinco

horas con Mario, El príncipe destronado, Las ratas, Los santos inocentes, Señora de rojo sobre fondo gris e La sombra del ciprés es alargada.

Adeus a Paco Umbral Remataba o pasado agosto cando o escritor autodidacta e periodista Francisco Umbral nos deixaba para sempre. Súa é a frase “Cervantes é imprescindible para un xornalista pero Quevedo é im-prescindible para un escritor”, tamén aquela que podería ser o seu epitafio: “son un home amortallado na tinta impresa, un cadávre que vive a vida infundida nos libros”. Dous dos seus máis de cen libros esperan por vós na biblioteca: Los helechos arborescentes e Travesía de Madrid.

O Nobel de Literatura 2008, feminino singular

A británica Doris Lessing, “narradora épica da experiencia feminina, que con escepticismo, ardor e poder visionario someteu a escrutinio a unha civilización dividida” acaba de obter o Nobel. Unha das súas obras, exemplo do seu compromiso radical co feminismo, Un hom-bre y dos mujeres, pode consultarse na nosa biblioteca.