benaventuranzas do profesor

15

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-Jan-2018

484 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Benaventurado o profesor que, aínda con risco de non ser entendido,

insiste na súa tarefa:

o tempo dará o seu froito.o tempo dará o seu froito.

Benaventurado o profesor que entende o seu traballo como unha vocación:

será unha fonte inesgotable.

Benaventurado o profesor que, ademais de promover a cultura, enche de valores as mentes dos seus alumnos:

será forxador da futura sociedade.

Benaventurado o profesor que confía nas posibilidades dos seus alumnos:

realizarase baleirándose neles.

Benaventurado o profesor que se actualiza e non se queda desfasado:

comprobará que as materias son as mesmas pero, as formas,

é bo axustalas.

Benaventurado o profesor que comparte o bo e o malo cos seus compañeiros:

non se sentirá só na difícil tarefa de educar.

Benaventurado o profesor que, máis alá das súas cualificacións, olla os seus alumnos

cun sorriso e comprensión:

a empatía será unha consecuencia.

Benaventurado o profesor que goza dando o que ten:

será rico polo que soubo dar e cómo o deu.

otros recogerán lo que él sembró.outros recollerán o que el sementou.

Benaventurado Benaventurado o profesor que o profesor que vive e goza sementando:vive e goza sementando:

Benaventurado o profesor que se baleira de si mesmo para encher a alma, a mente e o

corazón dos seus alumnos:

a súa esencia permanecerá nas futuras xeracións.

Benaventurado o profesor que se amosa tal e como é:

os seus alumnos recompensarano coa mesma medida.

Benaventurado o profesor que se involucra na súa tarefa con todos os seus valores e capacidades:

o seu compromiso será o seu mellor valedor.

Benaventurado o profesor que, ademais da súa materia, aprende a

levar ao encerado os sentimentos que afloran na aula:

chamarano “persoa”