bbbbaaaallllaaaannncccceeee dddooossss ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a...

23
sindicato nacional de ccoo de galicia gabinete técnico económico 1 DOCUMENTOS BALANCE DOS RESULTADOS DA REFORMA LABORAL EN GALICIA gabinete económico do s. n. de cc oo de galicia secretaría de emprego, economía social e autoemprego n.º 144 / setembro de 2011

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 1

DDDDDDDDOOOOOOOOCCCCCCCCUUUUUUUUMMMMMMMMEEEEEEEENNNNNNNNTTTTTTTTOOOOOOOOSSSSSSSS

BBBBBBBBAAAAAAAALLLLLLLLAAAAAAAANNNNNNNNCCCCCCCCEEEEEEEE DDDDDDDDOOOOOOOOSSSSSSSS RRRRRRRREEEEEEEESSSSSSSSUUUUUUUULLLLLLLLTTTTTTTTAAAAAAAADDDDDDDDOOOOOOOOSSSSSSSS DDDDDDDDAAAAAAAA RRRRRRRREEEEEEEEFFFFFFFFOOOOOOOORRRRRRRRMMMMMMMMAAAAAAAA LLLLLLLLAAAAAAAABBBBBBBBOOOOOOOORRRRRRRRAAAAAAAALLLLLLLL EEEEEEEENNNNNNNN GGGGGGGGAAAAAAAALLLLLLLLIIIIIIIICCCCCCCCIIIIIIIIAAAAAAAA

ggggggggaaaaaaaabbbbbbbbiiiiiiiinnnnnnnneeeeeeeetttttttteeeeeeee eeeeeeeeccccccccoooooooonnnnnnnnóóóóóóóómmmmmmmmiiiiiiiiccccccccoooooooo ddddddddoooooooo ssssssss........ nnnnnnnn........ ddddddddeeeeeeee cccccccccccccccc oooooooooooooooo ddddddddeeeeeeee ggggggggaaaaaaaalllllllliiiiiiiicccccccciiiiiiiiaaaaaaaa

sssssssseeeeeeeeccccccccrrrrrrrreeeeeeeettttttttaaaaaaaarrrrrrrrííííííííaaaaaaaa ddddddddeeeeeeee eeeeeeeemmmmmmmmpppppppprrrrrrrreeeeeeeeggggggggoooooooo,,,,,,,, eeeeeeeeccccccccoooooooonnnnnnnnoooooooommmmmmmmííííííííaaaaaaaa ssssssssoooooooocccccccciiiiiiiiaaaaaaaallllllll eeeeeeee aaaaaaaauuuuuuuuttttttttooooooooeeeeeeeemmmmmmmmpppppppprrrrrrrreeeeeeeeggggggggoooooooo

nnnnnnnn........ºººººººº 111111114444444444444444 //////// sssssssseeeeeeeetttttttteeeeeeeemmmmmmmmbbbbbbbbrrrrrrrroooooooo ddddddddeeeeeeee 22222222000000001111111111111111

Page 2: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

2 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

© Documento do Gabinete Económico do S. N. de CC OO de Galicia

N.º 144 / setembro de 2011

Page 3: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 3

ÍNDICEÍNDICEÍNDICEÍNDICE

1. Introdución..........................................................................................................5

2. Os efectos da reforma laboral na evolución do emprego ...................................6

3. Os asalariados/as do sector privado pagan os efectos da reforma laboral ........7

4. A afiliación á seguridade social tamén cae.........................................................9

5. A precariedade laboral non mellora tras a reforma ..........................................10

6. Despois da reforma cae o emprego e sobe o paro ..........................................13

7. Coa reforma cae a contratación indefinida .......................................................14

8. A reforma non impulsa a flexibilidade interna das empresas ...........................16

9. Unha reforma que só serviu para abaratar o despedimento ............................19

10. Conclusións ......................................................................................................21

Page 4: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen
Page 5: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 5

1. 1. 1. 1. INTRODUCIÓNINTRODUCIÓNINTRODUCIÓNINTRODUCIÓN

O obxectivo deste informe é realizar un balance sobre os resultados da re-forma laboral imposta polo Goberno hai algo máis dun ano.

Co Real decreto 10/2010 aprobado en xuño de 2010, que logo se transfor-mou na Lei 35/2010, o Goberno central puxo en marcha un cambio na súa política laboral, que defendeu como imprescindible para crear emprego e loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral.

Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen estatísticas (EPA) e rexistros (SPEE e seguridade social) que permiten avaliar os efectos reais da reforma. E por iso elaboramos este documento, no que se analiza a evolución das variables fundamentais do mercado de traballo: o emprego —en especial do emprego asalariado—, a afiliación á seguridade social, o nivel de precariedade do emprego, o desemprego, a contratación laboral, a flexibilidade na xestión laboral das empresas e, por último, os despedi-mentos.

Velaí o amplísimo catálogo de temas, que se analizan de forma sintética e utilizando sempre fontes oficiais.

O período de estudo céntrase no sucedido no ano de aplicación da reforma, isto é desde xuño de 2010 a xuño de 2011. Pero, como non pode ser dou-tra forma, esta análise intégrase nun período algo máis amplo que se corresponde co ciclo da crise. Porque se trata de coñecer cales son os efectos da reforma no escenario de crise económica e de emprego que estamos sufrindo dende hai xa máis de tres anos. Para iso elaboramos ca-dros comparativos coa evolución das variables estudadas desde o segundo trimestre de 2008, que coincide, ademais, co inicio da crise do emprego en Galicia e en España, ata o segundo trimestre de 2011. Nalgúns casos, a comparación é entre os meses de xuño de cada exercicio.

Page 6: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

6 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

2. 2. 2. 2. OS EFECTOS DA REFORMOS EFECTOS DA REFORMOS EFECTOS DA REFORMOS EFECTOS DA REFORMA LABORALA LABORALA LABORALA LABORAL NA EVOLUCIÓN DO EMPRNA EVOLUCIÓN DO EMPRNA EVOLUCIÓN DO EMPRNA EVOLUCIÓN DO EMPREGOEGOEGOEGO

Unha variable fundamental na análise das repercusións que está tendo a reforma laboral en Galicia é a evolución do emprego, e en especial do em-prego asalariado, o máis afectado polos cambios nas normas legais que regulan o funcionamento do mercado de traballo.

Cando se debatía a reforma, o pensamento neoliberal situado na dereita política, pero asumido en parte polo Goberno, defendía a reforma laboral como un instrumento imprescindible para a creación de emprego. Desde esta posición dicíase que os sacrificios que impoñía a reforma aos traballa-dores eran necesarios para crear emprego.

Pola contra, os sindicatos dixemos desde o principio que os problemas tanto da economía española como do emprego non están nas normas do mercado de traballo, e que unha reforma imposta e baseada en abaratar o despedimento non ía servir para mellorar o emprego.

Hoxe, un ano despois de que a reforma se empezara a aplicar mediante o Real decreto 10/2010 de xuño de 2010, xa existe evidencia estatística abonda para tirar conclusións e ver quen tiña razón.

Cadro n.º 1. EVOLUCIÓN DO EMPREGO TOTAL

PERÍODO TOTAL MULLERES HOMES

2008 II trimestre 1.200.800 521.000 679.800

2009 II trimestre 1.147.400 524.900 622.500

2010 II trimestre 1.093.700 496.000 597.700

2011 II trimestre 1.091.400 503.000 588.400

FONTE: EPA

É evidente que na explicación desta caída brutal da ocupación coexisten moitas razóns; pero tamén o é que non se pode apreciar ningún elemento positivo derivado da reforma laboral.

Page 7: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 7

Comparando os datos da Enquisa de poboación activa (EPA) do segundo trimestre de 2011 co de 2010, vese ás claras o fracaso da reforma en ter-mos de creación de emprego.

Nun ano, o número de persoas con emprego caeu en 2.300, unha cifra que demostra por si mesma que a reforma non serviu para crear emprego se-nón todo o contrario.

No ano 2011 o PIB está crecendo o 0,7%, fronte á recesión de 2009 e de 2010, e aínda así non se xera emprego. Pero isto non é o peor. Ao integrar o dato do último ano no período máis amplo da crise, os datos son aínda moito peores.

Nos tres anos de crise, en Galicia destruíronse case 110.000 empregos, unha cifra que supón a perda do 9% do total do emprego que había e que nos fai retroceder sete anos ata o nivel de ocupación do ano 2004.

E é evidente que a reforma non serviu, non xa para recuperar unha parte do emprego perdido na fase máis intensa da recesión, senón que, aínda que a menor ritmo, segue a perderse emprego.

Hai que destacar que a destrución do emprego afecta tanto a mulleres como a homes, pero son estes últimos os que máis a sofren dadas as ca-racterísticas sectoriais da crise.

3333. OS ASALARIADOS DO . OS ASALARIADOS DO . OS ASALARIADOS DO . OS ASALARIADOS DO SECTOR PRIVADOSECTOR PRIVADOSECTOR PRIVADOSECTOR PRIVADO PAGAN OS EFECTOS DA PAGAN OS EFECTOS DA PAGAN OS EFECTOS DA PAGAN OS EFECTOS DA REFORMA LABORALREFORMA LABORALREFORMA LABORALREFORMA LABORAL

Un segundo paso na nosa análise é poñer o foco no colectivo de persoas afectadas de forma directa pola reforma, que son, obviamente, as que tra-ballan como asalariadas.

E aquí os datos son aínda peores. Utilizando o mesmo período de compa-ración, o segundo trimestre de 2010 e o de 2011, obtéñense datos moi preocupantes porque o número de traballadores asalariados reduciuse no último ano en 4.300.

Page 8: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

8 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

Cadro n.º 2. EVOLUCIÓN DO EMPREGO ASALARIADO

PERÍODO TOTAL SECTOR PRIVADO SECTOR PÚBLICO

2008 II trimestre 917.300 719.700 197.700

2009 II trimestre 892.700 703.000 189.700

2010 II trimestre 859.200 665.700 193.500

2011 II trimestre 854.900 657.400 197.500

FONTE: EPA

Pero o dato máis desacougante aparece ao analizar o colectivo máis di-rectamente afectado pola reforma das normas que regulan o mercado de traballo, que son os asalariados do sector privado.

Nos doce meses que van desde xuño de 2010 a xuño de 2011, o número de traballadores do sector privado en Galicia caeu en máis de 8.000 persoas.

Este dato confirma que a crise estana pagando de forma especial os traba-lladores por conta allea do sector privado.

Desde o segundo trimestre de 2008 ata hoxe, o número de asalariados re-duciuse en 62.300, e todos estes empregos perdidos concéntranse exclusi-vamente no sector privado da economía. Isto é, os traballadores afectados máis directamente pola reforma.

Tampouco aquí se lle pode botar toda a culpa ao cambio nas normas que regulan o mercado de traballo porque as cousas non son así de simples. Son múltiples os factores que inciden na evolución do emprego.

Porén, a reforma ten boa parte da responsabilidade. No último ano, o total de persoas ocupadas descendeu en 2.300 e os asalariados do sector pri-vado, en 8.300. Isto significa que toda a perda de emprego no último ano se concentra nos asalariados do sector privado, que son, obviamente, os afectados de forma directa pola reforma. Mentres que os asalariados do sector público e os ocupados non asalariados aumentan, todo o emprego que se perde se concentra nas persoas que están directamente sometidas

Page 9: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 9

á reforma. Sen poder culpar a reforma de todos os problemas, estes datos demostran que non tivo ningún efecto positivo na creación de emprego.

4444. A AFILIACIÓN Á SEG. A AFILIACIÓN Á SEG. A AFILIACIÓN Á SEG. A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL TAMÉNURIDADE SOCIAL TAMÉNURIDADE SOCIAL TAMÉNURIDADE SOCIAL TAMÉN CAE CAE CAE CAE

Para rematar a análise da evolución do emprego, en especial do asala-riado, utilizamos agora un indicador moi preciso: a afiliación á seguridade social no réxime xeral.

Cadro n. º 3. AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

PERÍODO RÉXIME XERAL

Xuño de 2008 790.265

Xuño de 2009 750.047

Xuño de 2010 738.422

Xuño de 2011 714.907

FONTE: IGE/Seguridade social

A Seguridade Social informa todos os meses do número de persoas que cotizan en cada réxime. Os asalariados intégranse no réxime xeral, e a súa evolución nos últimos doce meses é similar á estimada pola Enquisa de poboación activa (EPA).

Nos últimos doce meses —o tempo da reforma—, o número de cotizantes ao réxime xeral reduciuse en 23.515, unha cifra que se eleva ata os 73.358 se a comparación se fai co mes de xuño de 2008. Expresado en porcen-taxe, é unha caída de arredor do 9% nos últimos tres anos, unha cifra cohe-rente coa ofrecida pola EPA.

Porén, na comparación no último ano o resultado cambia radicalmente. Mentres que a EPA estima unha caída de 4.300 traballadores por conta allea, a seguridade social rexistra 23.525 cotizantes menos. Unha enorme diferenza que podería indicar desde problemas na medición da EPA ata un perigoso aumento do traballo irregular, isto é, sen dar de alta na seguridade social.

Page 10: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

10 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

5555. A PRECARIEDADE LAB. A PRECARIEDADE LAB. A PRECARIEDADE LAB. A PRECARIEDADE LABORALORALORALORAL NON MELLORA TRAS A RNON MELLORA TRAS A RNON MELLORA TRAS A RNON MELLORA TRAS A REFORMAEFORMAEFORMAEFORMA

O obxectivo fundamental da reforma, segundo o Goberno, era mellorar a calidade do emprego en España, o que significa reducir a elevadísima taxa de precariedade laboral que sufrimos os asalariados e asalariadas e que duplica a media europea.

Desde o primeiro momento —de feito, cando saíron os datos do primeiro mes—, o Goberno centrou o seu balance da reforma na posible melloría da estabilidade no emprego. Recoñecendo case de entrada que a creación de emprego dependía da recuperación da actividade económica, o Goberno defendeu a reforma polos seus efectos na calidade do emprego.

Pero tamén neste obxectivo central os datos reflicten que a reforma xa se pode considerar fracasada.

Cadro n.º 4. EVOLUCIÓN DO EMPREGO ASALARIADO

PERÍODO TOTAL INDEFINIDOS TEMPORAIS

2008 II trimestre 917.300 630.400 286.900

2009 II trimestre 892.700 658.600 234.000

2010 II trimestre 859.200 646.400 212.700

2011 II trimestre 854.900 644.700 210.200

FONTE: EPA

Aínda máis, a aplicación da reforma coincide no tempo cun cambio moi re-levante na forma de aplicaren as empresas os axustes nos seus cadros de persoal.

Nos primeiros dous anos da crise, o axuste do emprego fíxose fundamen-talmente contra os traballadores e traballadoras con contrato temporal.

Ás empresas resúltalles máis barato, rápido e fácil non renovar os contratos dos eventuais que despedir os indefinidos. Isto pode explicar que en ape-nas dous anos o número de asalariados/as con contrato temporal caera en case 75.000, mentres que o de indefinidos se mantivo ou mesmo medrou.

Page 11: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 11

Pero esta situación agravouse a partir de 2010 coincidindo coa reforma la-boral. A partir de entón, o axuste laboral que fan as empresas afecta case por igual a fixos e a temporais.

No último ano, dos 4.300 postos de traballo asalariado que se perderon, 2.500 estaban ocupados por persoas con contrato temporal pero 1.800 eran indefinidos.

Trátase dun cambio relevante porque a destrución do emprego tardou en afectar os cadros fixos das empresas, pero xa chegou. O que explica este cambio son as razóns tanto externas como vinculadas á propia reforma. Dunha banda, a prolongación da crise no tempo, que está provocando pe-ches de empresas; por outra, o esgotamento do modelo de axuste a través da non renovación dos contratos.

A reforma, na medida en que abarata e facilita o despedimento, fai que as empresas empecen a prescindir de parte do seu persoal fixo.

E estes datos empezan a ser concluíntes. Porque na creación de emprego inflúe unha ampla serie de factores, e os cambios nas normas laborais te-ñen un efecto menor a longo prazo e, desde logo, inapreciable a curto andar.

Pero no tipo de emprego si que os efectos son máis inmediatos, en espe-cial na modalidade de contrato que usan as empresas e que veremos nun apartado posterior.

Daquela, coñecidos os datos do primeiro ano de aplicación das novas nor-mas, xa se pode afirmar que a reforma está sendo un fracaso tanto na can-tidade como na calidade do emprego. Hai menos e non máis emprego, e o que hai é máis precario.

Un indicador sintético sobre a calidade do emprego é a denominada taxa de precariedade, que se calcula como a porcentaxe de persoas asalariadas que teñen un contrato precario.

Page 12: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

12 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

Cadro n.º 5. TAXA DE PRECARIEDADE

PERÍODO TAXA

PRIVADO

TAXA

PÚBLICO

TAXA

HOMES

TAXA

MULLERES TOTAL

2008 II trimestre 32,4 27,2 29,4 33,7 31,3

2009 II trimestre 25,8 27,8 23,7 29,1 26,2

2010 II trimestre 25,1 23,6 22,4 27,5 24,8

2011 II trimestre 25,4 21,7 22,0 27,5 24,6

FONTE: EPA

A taxa de precariedade baixou aceleradamente no primeiro ano da crise, pero a razón que explica esta caída é moi negativa: a precariedade cae, non porque aumente o emprego estable, senón porque as empresas reali-zan o axuste dos seus cadros de persoal non renovando os contratos tem-porais, como se dixo antes.

O resultado é que a taxa de precariedade cae do 31,3% do segundo tri-mestre de 2008 ao 24,8% no segundo trimestre de 2010. Pero xusto a partir da aplicación da reforma, a taxa de precariedade deixa de baixar e están-case. Se nos dous anos anteriores a mellora é de 6,5 puntos, no ano trans-corrido desde o cambio legal é de tan só 2 décimas.

A razón está na evolución do emprego asalariado e no modelo de axuste das empresas. A reforma que abarata e facilita o despedimento provoca que as empresas empecen a despedir tanto temporais como indefinidos.

O resultado é ese estancamento na taxa de precariedade. Este feito de-móstrase con claridade ao analizar a taxa de precariedade no sector pri-vado da economía. Nas empresas privadas, nas que se concentran maio-ritariamente os despedimentos, a taxa en 2011 é peor que en 2010. O ano pasado, a taxa de precariedade era do 25,1% do sector privado. No 2011 a taxa aumentou ata chegar ao 25,4% no segundo trimestre.

En calquera caso, a taxa de precariedade vén a confirmar os nulos efectos que a reforma está a ter contra a precariedade laboral, que é un dos princi-pais problemas do mercado laboral en España. A nova norma nada está a

Page 13: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 13

facer para potenciar o emprego estable e, como se dixo, tras a reforma non só se segue perdendo emprego asalariado, senón que se perde o que está ocupado por traballadores con contrato indefinido.

6666. DESPOIS DA REFORMA. DESPOIS DA REFORMA. DESPOIS DA REFORMA. DESPOIS DA REFORMA CAE O EMPREGO CAE O EMPREGO CAE O EMPREGO CAE O EMPREGO E SOBE O PAROE SOBE O PAROE SOBE O PAROE SOBE O PARO

Ata aquí analizamos como evolucionou o emprego nos meses posteriores á reforma. Agora imos estudar o funcionamento da contrapartida negativa do emprego, que é o paro.

Utilizamos a estatística de paro rexistrado nas oficinas do servizo público de emprego tomando como período de referencia o mes de xuño dos últi-mos catro anos.

Cadro n.º 6. PARO REXISTRADO

PERÍODO PARO REXISTRADO

Xuño de 2008 152.708

Xuño de 2009 200.240

Xuño de 2010 219.825

Xuño de 2011 233.557

FONTE: IGE/SPEE

Un primeiro dato destacable (aínda que non está recollido no cadro) é que en marzo do 2011 —polo tanto, no período de aplicación da reforma labo-ral—, Galicia alcanza unha triste marca: a cifra máis alta de paro de toda a nosa historia, case 250.000 persoas están rexistradas como paradas, un volume nunca antes coñecido no noso país.

Polo tanto, o tempo de aplicación da reforma coincide coa marca do paro, algo do que, obviamente, non se lle pode botar a culpa en exclusiva pero que, tamén aquí, desde logo non serviu para resolver o principal problema económico, social, laboral e persoal que temos os galegos e as galegas.

Page 14: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

14 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

A reforma non contribúe a loitar contra o paro; demóstrao o feito de que, dende que se aprobou, o paro rexistrado creceu seguido. En xuño do 2010 había 219.825 parados rexistrados no servizo público de emprego e en xuño de 2011 xa son 233.557.

Isto é, o paro aumentou en case 14.000 persoas en só doce meses; expre-sado en porcentaxe de variación, supón un incremento do 6% sobre a cifra inicial.

Sendo coherentes coas nosas análises sobre a influencia das normas labo-rais na evolución do mercado de traballo, tampouco podemos imputar toda a responsabilidade neste desastre do desemprego á reforma laboral. Exis-ten outras razóns, que van desde a estrutura produtiva e empresarial do país ás políticas económicas do Goberno central e da Xunta de Galicia, que son os factores máis determinantes nesta evolución.

7777. COA REFORMA CAE A . COA REFORMA CAE A . COA REFORMA CAE A . COA REFORMA CAE A CONTRCONTRCONTRCONTRATACIÓN INDEFINIDAATACIÓN INDEFINIDAATACIÓN INDEFINIDAATACIÓN INDEFINIDA

Sen dúbida ningunha, o medidor máis preciso dos efectos da reforma sobre o mercado de traballo é o funcionamento da contratación laboral, en espe-cial, a súa distribución entre os diferentes tipos de contratos.

Como xa se dixo, o obxectivo principal que o Goberno dicía buscar coa re-forma era potenciar a contratación estable, animando as empresas a utiliza-ren contratos indefinidos e reduciren o recurso ás contratacións temporais.

De feito, o Goberno fixo do contrato indefinido de fomento de emprego a peza básica do cambio na contratación, confiando en que a xeneralización deste contrato de indemnización reducida alentaría un cambio no modelo de contratación, corrixindo o peso excesivo das fórmulas temporais.

Vai alá un ano de reforma e no terreo da contratación xa se pode afirmar con rotundidade que o Goberno errou e que o seu contrato estrela é un fra-caso absoluto.

Page 15: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 15

Cadro n.º7. EVOLUCIÓN DA CONTRATACIÓN LABORAL

TIPO DE CONTRATO 1.º SEMESTRE

2010

1.º SEMESTRE

2011 VARIACIÓN

Indefinido ordinario 12.320 11.225 –9%

Indefinido fomento de emprego 5.278 3.908 –26%

Total indefinidos 17.598 15.133 –14%

Temporais 283.435 288.541 2%

Total contratos iniciais 301.033 303.674 1%

FONTE: SPEE

A comparación de semestres homoxéneos, o primeiro de 2010 e de 2011, proporciona datos ben reveladores da falta de resultados na contratación logo dos cambios normativos.

En Galicia, coma no resto de España, séguense asinando un número abu-sivo, case absurdo, de contratos temporais. En cifras anuais, rexístranse en Galicia máis de 600.000 contratos e máis de 12 millóns en España, datos disparatados nun período en que se destrúe emprego asalariado. E a re-forma non corrixiu este agudo desequilibrio.

No primeiro semestre de 2010 rexistráronse 303.674 contratos laborais, cun incremento do 1% sobre o mesmo período do ano anterior.

A diferenza, a terrible diferenza, é que despois da reforma mantense a contratación temporal, redúcese a indefinida ordinaria e afúndense os con-tratos indefinidos de fomento de emprego, o contrato estrela da reforma.

A contratación indefinida ordinaria cae o 9%, mentres que a contratación temporal medra un 2%: xusto o contrario do que se pretendía coa reforma laboral.

A evolución da contratación de carácter indefinido é unha impugnación total á reforma laboral, a constatación definitiva do seu fracaso.

Os contratos indefinidos caen en 2011, despois da reforma, o 14% en com-paración co ano 2010, colocando a súa porcentaxe sobre o total de contra-

Page 16: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

16 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

tos por baixo do 5%. Coa reforma funcionando, só cinco de cada cen con-tratos son indefinidos, a cifra más baixa en anos.

O máis sorprendente é o derrubamento do contrato indefinido de fomento de emprego, un contrato con indemnización de 33 días por ano en caso de despedimento improcedente e que o Goberno presentou como a peza clave da reforma. Aquí a desfeita é total. No primeiro semestre de 2011 só se asinaron 3.908 contratos deste tipo, unha cifra marxinal que supón un ín-fimo 1% de toda a contratación.

E o peor é que o contrato se utiliza agora menos do que antes da reforma: caen en 2011 un 26% sobre os asinados no ano anterior á reforma. Da-quela, se xa era un contrato moi pouco usado polas empresas, agora é ab-solutamente marxinal.

Deste feito é doado sacar unha conclusión: o eixe da reforma laboral era o abaratamento do despedimento, coa idea de impulsar os contratos indefini-dos. Esa peza clave salta polos aires porque as empresas non empregaron o contrato de menor custo de indemnización, malia que o Goberno o xene-ralizou para case todos os traballadores e traballadoras. A conclusión é evidente: non é o custo do despedimento a variable que condiciona a con-tratación estable. Aínda que se reduza a indemnización por despedimento, as empresas seguen instaladas de forma maioritaria na cultura da contrata-ción temporal.

8888. A REFORMA NON IMPU. A REFORMA NON IMPU. A REFORMA NON IMPU. A REFORMA NON IMPULSALSALSALSA A FLEXIBILIDADE INTEA FLEXIBILIDADE INTEA FLEXIBILIDADE INTEA FLEXIBILIDADE INTERNA DAS EMPRESASRNA DAS EMPRESASRNA DAS EMPRESASRNA DAS EMPRESAS

Unha das ideas que está no fondo da reforma é a falta de flexibilidade in-terna nas empresas para afrontar as crises que non pasen por forza polos despedimentos.

Os que defenden esta idea parten do prexuízo de que existe unha rixidez tanto na norma laboral como na postura sindical que obriga as empresas a xestionar a crise cos despedimentos.

Page 17: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 17

Para combater esta idea, o Goberno insistiu en que a reforma era unha porta cara á flexibilidade interna, ao proporcionar instrumentos que favore-cen os axustes dentro da empresa, de forma que o despedimento se con-vertería na última opción.

Mais a realidade dos datos demostra ás claras que estas ideas non deixan de ser boas intencións que non se trasladan á realidade.

Cadro n. º 8. FLEXIBILIDADE INTERNA FRONTE Á EXTERNA

CONCEPTO 2009 2010 VARIACIÓN

Traballadores en suspensión 20.962 10.896 –48%

Traballadores redución de xornada 1.166 937 –20%

Total flexibilidade interna 22.128 11.833 –47%

Despedimentos colectivos (ERE) 2.335 3.183 +36%

Despedimentos individuais 38.270 34.355 –10%

Total flexibilidade externa 40.605 37.538 –8%

FONTE: Elaboración propia sobre datos MTIN

Unha das modificacións que introduciu a reforma foi a de facilitar a aplica-ción dos ERE de redución de xornada, facendo directamente proporcional a redución do tempo de traballo e o consumo da prestación por desemprego.

Esta medida veuse a sumar ás existentes desde o inicio da crise econó-mica para facilitar a aplicación de ERE de suspensión temporal, subvencio-nando a cotización á seguridade social e mellorando o tratamento nas prestacións por desemprego.

Ben, pois nin con esas medidas incentivadoras economicamente e flexibili-zadoras na súa aplicación a situación cambiou, e as empresas seguen utili-zando o despedimento como principal instrumento da súa xestión laboral na crise.

No ano 2010, só 937 persoas reduciron a súa xornada laboral a través dun ERE, unha cifra que equivale ao 0,1% do total de traballadores asalariados en Galicia.

Page 18: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

18 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

Algo máis se usaron os expedientes de regulación de suspensión temporal do emprego, pero con todo, sumando ambos os colectivos, o número de persoas que mantiveron o seu emprego utilizando medidas conxunturais de suspensión do seu contrato ou de redución da súa xornada foi tan só o 1,4% do total de asalariados.

Este dato demostra a falta de vontade das empresas de xestionar a crise con medidas de flexibilidade interna. O lóxico é que unha empresa, antes de rescindir os contratos laborais, utilice medidas menos traumáticas e, sobre todo, reversibles para enfrontarse ás caídas de demanda e, polo tanto, de produción.

Esta lóxica sería a de reducir as horas de traballo para axustalas á caída da produción, ben con reducións de xornada para todo o cadro de persoal ben con períodos rotatorios de suspensión de emprego para unha parte deste.

Nada na norma laboral nin na actitude dos sindicatos impide esta aplicación de fórmulas de flexibilidade interna, como o demostra que o 90% dos ERE

deste tipo son con acordo de empresas e sindicatos.

No entanto, as empresas prefiren despedir; e a reforma, ao abaratar e faci-litar aínda máis o despedimento, non fixo máis que impulsar esta flexibili-dade externa. Isto é, despedir como fórmula preferente de xestión laboral na crise. Vexamos os datos.

En 2010, a flexibilidade interna, ERE de suspensión e de redución de xor-nada reducíronse nun 47% en comparación co ano 2009.

Pola contra, a flexibilidade externa, é dicir, os despedimentos, mantívose practicamente igual, cunha redución de só o 8%.

Pero o máis significativo é que o número de traballadores afectados por ERE

de extinción de contratos aumentou de forma moi notable en 2010. En comparación co ano anterior, os despedimentos a través de ERE aumenta-ron o 36%.

A conclusión de todo o anterior é evidente. Non é a norma laboral nin é a falta de actitude negociadora dos sindicatos o que explica que as empresas prefiran o despedimento á flexibilidade interna. Ao contrario, é a cultura

Page 19: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 19

empresarial deste país a que prefire xestionar despedindo ou non reno-vando os contratos temporais antes que xestionar con flexibilidade interna e con decisións consensuadas e compartidas cos traballadores.

9999. UNHA REFORMA QUE S. UNHA REFORMA QUE S. UNHA REFORMA QUE S. UNHA REFORMA QUE SÓ SERVIUÓ SERVIUÓ SERVIUÓ SERVIU PARA ABARATAR O DESPPARA ABARATAR O DESPPARA ABARATAR O DESPPARA ABARATAR O DESPEDIMENTOEDIMENTOEDIMENTOEDIMENTO

Nos meses transcorridos desde a aplicación da reforma confírmase, sen dúbida ningunha, que o seu obxectivo fundamental era abaratar o despe-dimento.

Esta era a crítica principal dos sindicatos, que os impulsores da norma, Go-berno e patronal, aceptaban parcialmente pero argumentaban que esa me-dida era necesaria para crear emprego e, sobre todo, para dar máis estabi-lidade á contratación.

Pasado o tempo xa é posible concluír que se cumpriu a primeira parte —é máis barato despedir—, pero non a segunda: nin aumentou o emprego nin mellorou a súa calidade.

Como ocorre en demasiadas ocasións, aplícase o fácil, imponse o sacrificio dos máis débiles coa coartada de conseguir beneficios posteriores que ao cabo non se alcanzan. O custo dos sacrificios si que o pagaron os traballa-dores e as traballadoras sen obteren a cambio beneficio ningún.

De todos os efectos que se perseguían, só se logrou un: facer más barato e más fácil o despedimento.

Cadro n. º 9. DESPEDIMENTOS EN GALICIA

2009 2010 VARIACIÓN

Despedimento Lei 45/2002 34.110 28.284 –17%

Desped. obxectivos individuais 4.160 6.071 46%

Desped. obxectivos colectivos (ERE) 2.335 3.183 36%

FONTE: SPEE

Page 20: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

documento 144

20 balance dos resultados da reforma laboral en galicia

A comparación de 2010 —despois da reforma— con 2009 proporciona re-sultados ben reveladores. Os despedimentos da Lei 45/2002, coñecidos como «despedimentos exprés», son os más utilizados polas empresas, porque recoñecen a improcedencia e pagan 45 días por ano de indemniza-ción para evitar un xuízo laboral. É, polo tanto, a fórmula máis cara para as empresas pero a máis fácil porque non necesitan autorización administra-tiva nin se someten á tutela xudicial.

En 2010, este tipo de despedimento cae de forma moi pronunciada e des-pois da reforma redúcese un 17% o número de persoas despedidas con indemnizacións de 45 días por ano.

Pola contra, os despedimentos por causas obxectivas, individuais ou colec-tivos dispáranse neste mesmo período.

Os despedimentos obxectivos teñen unha indemnización legal de 20 días por ano de traballo, pero debe aprobalos a autoridade laboral —os ERE—, ou sentencialos o xulgado social —os individuais—. Isto é, son máis bara-tos pero sometidos a control e tutela xudicial.

Pois ben, as modificacións legais impostas pola reforma facilitaron moito máis a estimación de causas obxectivas, e por iso as empresas as utilizan de máis en máis. Os despedimentos colectivos, ERE, incrementáronse o 36% e os despedimentos xudiciais por causa obxectiva dispáranse un 46%.

A conclusión é clara. A reforma laboral facilita o despedimento por causas obxectivas, o que fai que as empresas o utilicen máis e, ao esixir unha in-demnización menor, o resultado é un abaratamento do despedimento, que ao tempo abarata e facilita a rescisión do contrato fixo dos asalariados.

Page 21: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

sindicato nacional de ccoo de galicia

gabinete técnico económico 21

10101010. CONCLUSIÓNS. CONCLUSIÓNS. CONCLUSIÓNS. CONCLUSIÓNS

Menos emprego. Dende a aplicación da reforma, hai 2.300 persoas ocu-padas menos, unha cifra que se eleva ata 109.400 no período de crise ini-ciado en 2008.

Menos emprego asalariado. O número de traballadores e traballadoras asalariados do sector privado caeu en máis de 8.000 persoas no último ano, o que eleva ata máis de 62.000 a perda de persoas asalariadas nos últimos tres anos.

Menos emprego indefinido. Hai 1.700 asalariados indefinidos menos que hai un ano e 14.000 menos que no ano 2008 .

Máis precariedade laboral. A taxa de precariedade laboral do sector pri-vado é do 25,4%, máis alta polo tanto ca cando se aprobou a reforma labo-ral.

Máis paro. Dende a reforma hai 13.732 parados e paradas máis, un incre-mento do 6%, cifra que se dispara ata máis de 81.000 persoas en compa-ración co 2008.

Menos contratos indefinidos. Os contratos indefinidos ordinarios reducí-ronse o 9% e os de fomento de emprego indefinido, contrato estrela da re-forma, derrubáronse o 26%. Mentres, os contratos temporais medraron o 2%.

Despedimentos máis baratos. Baixa o número de despedimentos con 45 días (o 17%) e aumentan os obxectivos, de 20 días (o 46%).

Page 22: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen
Page 23: BBBBAAAALLLLAAAANNNCCCCEEEE DDDOOOSSSS ......loitar contra a dualidade do mercado de traballo e a precariedade laboral. Pasou un ano, de xuño de 2010 a xuño de 2011, e xa existen

gabinete técnico económico 23

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNSÚLTIMAS PUBLICACIÓNSÚLTIMAS PUBLICACIÓNSÚLTIMAS PUBLICACIÓNS DO GABINETE ECONÓMI DO GABINETE ECONÓMI DO GABINETE ECONÓMI DO GABINETE ECONÓMICOCOCOCO DO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONADO SINDICATO NACIONAL DE CCL DE CCL DE CCL DE CC OO DE GALICIAOO DE GALICIAOO DE GALICIAOO DE GALICIA

126. Os orzamentos xerais do estado 2010 e a súa repercusión en Galicia. Novembro

de 2009

127. Orzamentos autonómicos 2010. Novembro de 2009

128. As propostas de CC OO ante a crise económica. Xaneiro de 2010

129. As repercusións a crise económica no mercado laboral. Xaneiro de 2010

130. As repercusións a crise económica no mercado laboral feminino. Marzo de 2010

131. O sistema público de pensións en Galicia. Marzo de 2010

132. Impacto das enfermidades profesionais en Galicia. Abril de 2010

133. Aproximación dos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia. Maio

de 2010

134. As repercusións da crise económica no mercado laboral II. Maio de 2010

135. O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 200/2009. Xuño de

2010

136. As repercusións da crise económica no mercado laboral III. Agosto de 2010

137. O déficit público español en perspectiva europea: un problema de ingresos. No-

vembro de 2010

138. Os orzamentos xerais do estado 2011 e a súa repercusión en Galicia. Novembro

de 2010

139. As pensións contributivas en Galicia. Febreiro de 2011

140. As repercusións da crise económica no mercado laboral IV. Febreiro de 2011

141. O mercado laboral galego desde unha perspectiva de xénero. Marzo de 2011

142. Balance dos resultados da reforma laboral en Galicia. Abril de 2011

143. Aproximación aos custos económicos da sinistralidade laboral en Galicia.

Abril de 2011