bases do concurso de disfraces

4
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES OROSO 2012 As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 son: PRIMEIRA: Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos. SEGUNDA: O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 terá lugar o sábado día 18 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro. TERCEIRA: Quedan establecidas dúas categorías en función da idade: 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos) 2ª: categoría infantil (ata 16 anos) CUARTA: O prazo de inscrición esténdese ata o día 18 de febreiro ás 17:30 horas.

Upload: ceipacn-tic

Post on 24-Mar-2016

240 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Concurso de disfraces do Concello de Oroso

TRANSCRIPT

Page 1: Bases do concurso de disfraces

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

OROSO 2012

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido

Oroso 2012 son:

PRIMEIRA:

Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e

cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:

O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 terá lugar o

sábado día 18 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de

Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun

desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:

Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)

2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:

O prazo de inscrición esténdese ata o día 18 de febreiro ás

17:30 horas.

Page 2: Bases do concurso de disfraces

A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural

Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono

981690903 ata as 14.00 horas do día 17 de febreiro e o propio

día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS

CATEGORÍA XERAL (MAIORES DE 16 ANOS)

MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)

• Gañador: 500 euros

• Finalista: 300 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)

• Gañador: 350 euros

• Finalista: 220 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL

• Gañador: 250 euros

• Finalista: 180 euros

CATEGORÍA INFANTIL (ATA 16 ANOS)

MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)

• Gañador: 350 euros

• Finalista: 200 euros

Page 3: Bases do concurso de disfraces

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)

• Gañador: 220 euros

• Finalista: 150 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL

• Gañador: 180 euros

• Finalista: 120 euros

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO

DE 150€

SEXTA:

Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón

percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do

concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que

determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo

(como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SÉTIMA:

A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do

concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco

membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a

laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a

xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

Page 4: Bases do concurso de disfraces

OITAVA:

A entrega de premios para todas as modalidades

efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa

presentación de certificación bancaria nas dependencias

municipais.

NOVENA:

Normas finais

O feito de participar no concurso implica o coñecemento e a

aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.

Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con

cargo á partida 452.226.11.

Así o dispoño, en Oroso o 10 de xaneiro de 2012.

O Alcalde,

Manuel Mirás Franqueira