bases convocatoria escolas de verán 2012

7
BASES CONVOCATORIA ESCOLAS E CAMPAMENTO URBÁN 2012 CONCELLO DE SADA A Concellaría de Benestar Social, Educación e Deportes e a Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e a mocidade no eido do ocio e o tempo libre. Son conscientes estas Concellarías da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, se convoca a oferta de escolas e campamento urbán do verán 2012. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual, cada día máis crecente, de rapaces e rapazas no eido do ocio e o tempo libre, así como as necesidades de conciliación. Artigo 1º.-Obxecto. 1. Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Sada, oferta as prazas para as actividades de Verán 2012. As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo nos centros de ensino de Pedro Barrié de la Maza (Mondego) en dúas quendas de duas semanas de duración cada unha (de luns a venres) durante o mes de xullo, no centro de ensino Sada e Contornos (Sada) en dúas quendas de dúas semanas de duración (de luns a venres) durante xullo e dúas quendas dunha semana de duración na 1ª quincena de agosto e na Cámara Agraria de Riobao en dúas quendas de dúas semanas de duración (de luns a venres) durante xullo. 2. A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase na páxina web www.concellodesada.com e no blogue omixsada.blogspot.com. Ademais, os/as interesados/as poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude, no telefono 981620331, en horario de 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:30 horas de luns a venres ( a partir de xuño só hai servizo pola mañá até ás 15:00h) ou no e-mail [email protected] . Artigo 2º.-Servizos ofertados 1. Ofértanse as seguintes actividades: ESCOLA DE VERÁN : PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA (MONDEGO) - 1ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo - 2ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25) ESCOLA DE VERÁN : SADA E CONTORNOS (SADA) - 3ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo - 4ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25)

Upload: omixsada

Post on 04-Jul-2015

647 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bases convocatoria escolas de verán 2012

BASES CONVOCATORIA ESCOLAS E CAMPAMENTO URBÁN 2012 CONCELLO DE SADA

A Concellaría de Benestar Social, Educación e Deportes e a Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e a mocidade no eido do ocio e o tempo libre. Son conscientes estas Concellarías da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, se convoca a oferta de escolas e campamento urbán do verán 2012. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual, cada día máis crecente, de rapaces e rapazas no eido do ocio e o tempo libre, así como as necesidades de conciliación. Artigo 1º.-Obxecto.

1. Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Sada, oferta as prazas para as actividades de Verán 2012. As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo nos centros de ensino de Pedro Barrié de la Maza (Mondego) en dúas quendas de duas semanas de duración cada unha (de luns a venres) durante o mes de xullo, no centro de ensino Sada e Contornos (Sada) en dúas quendas de dúas semanas de duración (de luns a venres) durante xullo e dúas quendas dunha semana de duración na 1ª quincena de agosto e na Cámara Agraria de Riobao en dúas quendas de dúas semanas de duración (de luns a venres) durante xullo. 2. A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase na páxina web www.concellodesada.com e no blogue omixsada.blogspot.com. Ademais, os/as interesados/as poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude, no telefono 981620331, en horario de 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:30 horas de luns a venres ( a partir de xuño só hai servizo pola mañá até ás 15:00h) ou no e-mail [email protected] . Artigo 2º.-Servizos ofertados 1. Ofértanse as seguintes actividades: ESCOLA DE VERÁN : PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA (MONDEGO) - 1ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo - 2ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25) ESCOLA DE VERÁN : SADA E CONTORNOS (SADA) - 3ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo - 4ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25)

Page 2: Bases convocatoria escolas de verán 2012

- 5ª Quenda (1 semana): 30 xullo -3 agosto - 6ª Quenda (1 semana): 6 agosto-10 agosto CAMPAMENTO URBÁN DE MOZOS/AS : CÁMARA AGRARIA (RIOBAO) - 1ª Quenda (1 quincena): 2-13 xullo - 2ª Quenda (1 quincena): 16-27 xullo (excepto festividade día 25) 2. Na oferta das Escolas de Verán e Campamento urbán 2012, os/as participantes disporán dos seguintes servizos: a) Un programa de actividades de carácter educativo, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a rapaz/a, mozo/a. b) Transporte gratuíto de ida e volta, previa solicitude da parada desexada (para a Escola de Verán de Pedro Barrié de la Maza). c) O material necesario para a actividade. d) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de tempo libre. e) Atención sanitaria de primeiros auxilios. 2.A. O percorrido que fará o bus para os participantes na ESCOLA DE VERÁN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA establecerá as seguintes paradas: 09:00 IGREXA NOVA CASA DO CONCELLO 09:10 FONTÁN (CASA DOS MARIÑEIROS) ESPIÑEIRO (CARNOEDO) 09:15 CHAN DA ALDEA (CARNOEDO) TAIBÓ (BAR CAÍNZO) 09:20 VEIGUE MEIRÁS 09:25 MOSTEIRÓN CASTELO (CASA PEPA) 09:30 SOÑEIRO (CASA CARRASCO) O CASTRO (CERÁMICAS) OSEDO (CRUCE) 09:35 SEIXEDA (XEITOSIÑA). NOTA: O servizo de bus será operativo sempre e cando haxa un mínimo de 20 participantes que o soliciten. Os horarios dos autobuses son orientativos, poden sufrir retrasos en función da climatoloxía ou circunstancias imprevistas. Os/as usuarios/as do servizo autobús que necesiten facer algunha modificación na parada solicitada, ou nalgún momento non vaían usar o servizo, deberán avisar previamente ao responsable da actividade con tempo suficiente para realizar a modificación.

Page 3: Bases convocatoria escolas de verán 2012

2.B. Os horarios para os participantes que soliciten ou non transporte serán: - Bus con saída de Sada ás 9:00 horas desde a Igrexa Nova e regreso ao lugar de partida arredor das 14:30 horas. - Os participantes que non soliciten o servicio de transporte das Escolas de Verán en Mondego, terán como hora de entrada á actividade no colexio ás 09:30 e saída, ás 14:00. - Os participantes das Escolas de Verán no colexio de Sada e Contornos , terán como hora de entrada ás 09:30 e como hora de saída ás 13:30. - Os participantes do Campamento urbán de mozos/as na Cámara Agraria de Riobao, terán como hora de entrada ás 09:30 e como hora de saída ás 14:00h. NOTA: As instalacións dos citados centros educativos permanecerán pechadas por seguridade unha vez que se sobrepase a hora de chegada estipulada. Se por calquera motivo xustificable o/a participante necesitara facer a incorporación, ou a saída da actividade, fóra do horario establecido, deberá avisar previamente ao responsable da mesma, que será quen se encargará de levar a cabo dita labor da maneira menos perxudicial para o desenvolvemento das actividades programadas. Artigo 3º.-Participantes. 1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os rapaces e rapazas nados entre os anos 1995 e 2008 (ámbos inclusive). Terán prioridade na concesión das prazas aqueles/as participantes que estean empadroados no Concello de Sada antes do 1 de maio de 2012. Non terán validez os empadroamentos de familiares dos solicitantes da praza (pais, nais, avós, avoas...etc). A comprobación do padrón farase de oficio, de maneira que os/as participantes non deberán entregar ningunha documentación adicional. 1.A. As prazas dispoñibles serán as seguintes: - Escola de Verán “ Pedro Barrié de la Maza”: * 1ª quenda: 45 prazas * 2ª quenda: 45 prazas - Escola de Verán “Sada e Contornos”: * 3ª quenda: 30 prazas * 4ª quenda: 30 prazas * 5ª quenda: 20 plazas * 6ª quenda: 20 plazas - Campamento urbán “Cámara Agraria” : * 1ª quenda: 20 prazas * 2ª quenda: 20 prazas

Page 4: Bases convocatoria escolas de verán 2012

NOTA: Para que as actividades se realicen, terá que cubrirse como mínimo o 50% das prazas ofertadas en cada quenda. Artigo 4º.-Tipos de solicitude. 1. As solicitudes das prazas poden ser individuais ou múltiples (só para casos de irmáns que soliciten a mesma quenda). Á hora da adxudicación das prazas, as solicitudes múltiples sortearanse de forma que eses solicitantes adquiran ou non as prazas de forma conxunta. 2. A presentación da solicitude poderá facerse, á elección do solicitante, por vía escrita, a través do correo electrónico ou dun formulario web: a) Vía escrita: As inscricións deberán formularse coa folla de preinscrición que aparece no folleto VERÁN 2012, que tamén poderán solicitar na Oficina M. da Xuventude (no caso do campamento urbán para mozos/as) ou ben descargar na páxina web www.concellodesada.com ou no blogue, para logo presentar na Oficina M. da Xuventude. b) Vía correo electrónico: Deberán ser enviadas ao enderezo [email protected] , indicando como asunto: PREINSCRICIÓN VERÁN 2012, e enviando a folla de inscrición asinada e escaneada como documento adxunto. Para que o/a solicitante teña xustificante do envío debe marcar o correo con acuse de recibo, para que lle quede constancia da data do envío. c) Vía formulario web: No noso blogue omixsada.blogspot.com na entrada denominada “Verán 2012” aparece un enlace a un formulario onde se poden deixar os datos de preinscrición a estas actividades. A recepción dos datos será confirmada posteriormente mediante correo electrónico ao enderezo facilitado nesta solicitude. 3. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas: a) Por cada participante/s deberá presentarse unha soa solicitude para cada actividade elixindo na mesma, por orde de prioridade, as quendas de actividade, se existise esa opción. b) Os datos do/a participante deben ser os do rapaz ou rapaza que solicita praza nas actividades. c) As solicitudes presentadas por escrito ou escaneadas deberán ser asinadas polos pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes, en caso contrario, non serán aceptadas por considerarse incompletas. e) A duplicidade dunha solicitude, para a mesma actividade, dará lugar á inadmisión de ámbas, e quedará o/a solicitante fóra da adxudicación de prazas desa actividade. Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o luns 21 de maio ás 10:00 horas e rematará o martes 5 de xuño ás 15:00 horas.

Page 5: Bases convocatoria escolas de verán 2012

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas. 1. A adxudicación das prazas realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por adxudicación directa no caso de participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos técnicos. Reservarase un 5% das prazas en cada quenda para estes supostos.

c) Por sorteo público no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas disponibles nalgunha das quendas das diferentes actividades.

Neste caso o sorteo realizarase o día 8 de xuño do 2012 ás 10:00 nun dos edificios municipais do Concello. Mediante este sorteo cubriranse nas distintas quendas que especifica esta convocatoria. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das quendas. A adxudicación de prazas realizarase en función da seguinte prioridade: 1º) Empadroados no Concello de Sada 2º) Non empadronados no Concello de Sada. Neste senso, o proceder no sorteo realizarase da seguinte maneira:

1. En cada unha das quendas, primeiro se sortearán as prazas entre os empadroados no concello que marcasen en primeiro lugar a quenda correspondente na folla de inscrición.

2. En cada unha das quendas, en segundo lugar se sortearán as prazas vacantes entre aqueles empadronados no concello que non obtiveron praza na ronda do epígrafe anterior e que marcaron na folla de inscrición a súa conformidade para desfrutar doutra quenda ademáis da solicitada, sempre e cando quedasen prazas vacantes tras aplicar o empigrafe anterior, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera.

3. En cada unha das quendas, en terceiro lugar se sortearán as prazas vacantes entre os non empadronados no concello que marcasen en primeiro lugar a quenda correspondente na folla de inscrición, sempre e cando quedasen prazas vacantes despois de aplicar os epígrafes 2 e 3 anteriores, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera.

4. En cada unha das quendas, e cuarto lugar, se sortearán as prazas vacantes entre os non empadronados que non obtiveron praza na ronda do epígrafe anterior e que marcaron na folla de inscrición a súa conformidade para desfrutar doutra quenda ademáis da solicitada, sempre e cando quedasen prazas vacantes tras aplicar os epígrafes 2, 3 e 4 anteriores, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera.

c). O Concello de Sada fará públicas as listas definitivas de admitidos/as, incluídas as listas de espera se as houbera, para cada quenda. Estas listas exporanse a partir do 12 de xuño no taboleiro de anuncios da Oficina M. da Xuventude, na páxina web www.concellodesada.com e no blogue omixsada.blogspot.com

Page 6: Bases convocatoria escolas de verán 2012

Artigo 7º.-Documentación e prazos 7.1. Unha vez realizada a adxudicación das prazas mediante o sorteo, os solicitantes con praza deberán entregar entre o 12 e o 22 de xuño (inclusive) a seguinte documentación para que a praza obtida sexa validada definitivamente:

- Folla inscrición con tódolos datos persoais - Autorización pai/nai ou titor para participar na actividade e a realización de

fotografías. - Cuestionario médico-sanitario. - Xustificante bancario do pagamento (mediante ingreso nun nº de conta que se

proporcionará unha vez se saiban as prazas adxudicadas tralo sorteo). A liquidación deste pago será consignada a nome do participante na actividade.

NOTA: o periodo de pago ordinario permanecerá aberto dende o 12 até o venres 22 de xuño. Establecerase un pago extraordinario dende o día 25 de xuño até o 3 de agosto para aqueles participantes que estando en listaxe de reserva obteñan praza por xurdir algunha vacante, ou para aquelas novas inscricións recibidas fóra dos prazos iniciais. Artigo 8º.-Prezos:

1. Os prezos de aplicación para participantes son:

- Praza individual en Escola de Verán en “Pedro Barrié de la Maza”: 50 € (quincena) - Praza individual en Escola de Verán en “Sada e Contornos” : 30 € (quincena) - Praza individual no Campamento urbán para mozos/as: 50€ (quincena) - Praza individual en Escola de Verán “Sada e Contornos”: 15 € (semana)

Descontos:

- 50%: Integrantes de Familia Numerosa (imprescindible acreditar condición de F.N.).

- 20% : 2º irmán nalgunha das Escolas de Verán ou campamento urbán ofertado (imprescindible aportar Libro de Familia). O desconto aplicarase sobre o total que resulte da suma das cuotas (non teñén por que estar na mesma quenda ou mesmo colexio ou centro).

- 20%: en caso de que ambos tutores/proxenitores da mesma unidade familiar se atopen en situación legal de desemprego (imprescindible aportar copia das tarxetas de demandante de emprego actualizadas. Non se aplica o desconto se o desemprego afecta só a un). En caso de familias monoparentais, tamén se aplicará esta reducción en caso de desemprego, aportando adicionalmente documentos que acrediten esta condición. Só neste caso, o desconto 2º irmán + desemprego será acumulable.

Artigo 9º.-Adxudicación de prazas e listas de espera. 1. As vacantes que se produzan por non realizar o pago en tempo e forma (segundo ven especificado na folla de inscrición correspondente) ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofrecidas, desde o momento en que se produzan, aos solicitantes que integren a listaxe de espera por estricto orde.

Page 7: Bases convocatoria escolas de verán 2012

No caso de que se produzan baixas, a Oficina da Xuventude contactará, seguindo a orde da listaxe, cos suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadas entre as 10:00 e 15:00 horas. De non contactar co interesado/a, este será dado de baixa e procederase a chamar ao seguinte na lista de espera. Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación restante e xustificante do pagamento nun prazo de 48h. 2. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza será ofertada ao seguinte da lista de espera.