bacharelato física e química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · obxectivos xerais para a física e...

142
1. Obxectivos xerais do Bacharelato. 2. Obxectivos xerais para a Física e Química. 3. Secuenciación de contidos. 4. Como contribúe a materia á consecución das competencias? 5. Metodoloxía. 6. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade. 7. Recursos didácticos. 8. Instrumentos para a avaliación. Bacharelato Física e Química 1 Introdución

Upload: dokhue

Post on 16-Dec-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Obxectivos xerais do Bacharelato. 2. Obxectivos xerais para a Física e Química. 3. Secuenciación de contidos. 4. Como contribúe a materia á consecución das competencias? 5. Metodoloxía. 6. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade. 7. Recursos didácticos. 8. Instrumentos para a avaliación.

Bacharelato

Física e Química 1Introdución

Page 2: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

1. OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO

No marco da LOMCE, o Bacharelato ten como finalidade proporcionar ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior.

O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e as alumnas as capacidades que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución Española así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lles permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con minusvalidez.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e, no seu caso, a lingua cooficial da súa comunidade autónoma.

f ) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a

comunicación.h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus

antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

i ) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.

j ) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l ) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

m)Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

- 2 -

Page 3: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

2. OBXECTIVOS XERAIS PARA A MATERIA DE FÍSICA E QU ÍMICA

En primeiro de Bacharelato, a materia de Física e Química ten un carácter esencial-mente formal, e está enfocada a dotar o alumnado de capacidades específicas asocia-dás a esta disciplina. A base dos contidos aprendida en cuarto de ESO permitirá un enfoque máis académico neste curso.

En 1.º de Bacharelato, o estudo da Química secuenciouse en catro bloques: aspectos cuantitativos de química, reaccións químicas, transformacións enerxéticas e espontaneidade das reaccións, e química do carbono. Este último adquire especial importancia pola súa relación con outras disciplinas que tamén son obxecto de estudo en Bacharelato. O estudo da Física consolida o enfoque secuencial (cinemática, dinámica, enerxía) esbozado no segundo ciclo de ESO. O aparato matemático da Física cobra, á súa vez, unha maior relevancia neste nivel polo que convén comezar o estudo polos bloques de Química, co fin de que o alumnado poida adquirir as ferramentas necesarias proporcionadas pola materia de Matemáticas.

Non debemos esquecer que o emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación merece un tratamento específico no estudo desta materia. Os estudantes de ESO e Bacharelato para os que se desenvolveu o presente currículo básico son nativos dixitais e, en consecuencia, están familiarizados coa presentación e transferencia dixital de información. O uso de aplicacións virtuais interactivas permite realizar experiencias prácticas que por razóns de infraestrutura non serían viables noutras circunstancias. Por outro lado, a posibilidade de acceder a unha gran cantidade de información implica a necesidade de clasificala segundo criterios de relevancia, o que permite desenvolver o espírito crítico dos alumnos e das alumnas.

Por último, a elaboración e defensa de traballos de investigación sobre temas propostos ou de libre elección ten como obxectivo desenvolver a aprendizaxe autónoma dos alumnos e das alumnas, afondar e ampliar contidos relacionados co currículo e mellorar as súas destrezas tecnolóxicas e comunicativas.

- 3 -

Page 4: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

3. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS

XENERALIDADESO desenvolvemento dos contidos no presente proxecto de Física e Química de 1.º de Bacharelato segue as directrices establecidas na actualidade polas administracións educativas. Os contidos adáptanse ás capacidades do alumnado que inicia esta etapa, e a profundidade coa que se trataron permite desenvolvelos na súa totalidade durante o curso académico.Os contidos de cada unidade achegan ao alumnado os conceptos xerais da Física e a Química, e introducen o alumnado no método científico a través dos procedementos propostos. A Física e a Química de 1.º de Bacharelato, seguindo o modelo da etapa anterior, estúdanse conxuntamente. Ambas as dúas disciplinas comparten algunhas características comúns, como son o método científico e a base experimental, e apóianse nos conceptos e nas técnicas das matemáticas.De acordo coas recomendacións curriculares que establece a LOMCE no que se refire ao estudo da Física e a Química en primeiro de Bacharelato, a secuenciación do libro comeza polo estudo da Química, e continúa co da Física, unha vez que o alumnado consolidou o uso das ferramentas matemáticas necesarias. Non obstante, se algún profesor ou profesora desexa comezar a docencia desta materia polas unidades de Física, o proxecto permíteo.Na secuenciación e desenvolvemento dos distintos contidos tivéronse en conta os seguintes criterios:- O tratamento transversal da unidade inicial sobre a investigación científica. Aínda

que se inclúe unha unidade sobre o método científico, o Sistema Internacional de Unidades, medida de magnitudes, erros na medida, etc., o profesorado debe ter en conta que estes contidos deben tratarse en todas as unidades e ao longo de todo o curso.

- O estudo da Química parte do coñecemento da natureza da materia incluíndo a exposición, seguindo a orde histórica, das leis ponderais, as fórmulas químicas e as técnicas espectrométricas de análise química; a continuación, lémbranse e amplíanse contidos que os estudantes xa coñecen de cursos anteriores, como son as relativos aos estados da materia e as reaccións químicas. Despois de explicar diversos aspectos relacionados coa termodinámica, a calor e a temperatura, abórdase o estudo dos aspectos enerxéticos e a espontaneidade das reaccións químicas, finalizando o estudo desta disciplina cos contidos relacionados coa química do carbono.

- Nos que se refire ao estudo da Física, como xa se indicou, séguese o enfoque curricular que establece a LOMCE, consolidando o enfoque secuencial (cinemática, dinámica, enerxía), esbozado no curso anterior. Non será ata segundo de Bacharelato cando se rompa con este enfoque secuencial para pasar a tratar de xeito global bloques compactos de coñecemento.

- Así, estúdanse en primeiro lugar a cinemática dos movementos rectilíneos e da súa composición e, a continuación, os movementos circulares e os aspectos cinemáticos do movemento harmónico simple. Na seguinte unidade, dedicada á dinámica, inclúese, xunto cos contidos habituais deste curso, a análise dinámica do m.h.s., cuxos aspectos enerxéticos se revisan na unidade dedicada ao traballo e a enerxía.

- Finalizamos o estudo da Física coa análise das leis da gravitación universal e de Coulomb.

- O libro inclúe, ademais, convenientemente secuenciados, traballos de laboratorio e outros relacionados coas tecnoloxías da Información e a Comunicación.

- 4 -

Page 5: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

SECUENCIACIÓN POR UNIDADES

Unidade inicial: A investigación científica- O método científico.- Magnitudes físicas. Sistema Internacional de Unidades.- Análise dimensional. - Medida de magnitudes. - Erros na medida. - Significado das ecuacións en Física e Química. - TIC: As follas de cálculo para a resolución de problemas. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 1: Natureza da materia - Clasificación da materia. - Estudo das reaccións químicas. Leis ponderais. - Teoría atómica de Dalton. - Lei dos volumes de combinación. - Medida de cantidades en Química. - Fórmulas químicas. - Determinación de fórmulas químicas. - Técnicas espectrométricas de análise química.- TIC: Condicionais en follas de cálculo. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 2: Estados da materia - Os estados de agregación da materia. - Leis dos gases.- Ecuación de estado dun gas ideal.- Os gases reais.- A teoría cinético-molecular (TCM). - Disolucións. - Concentración dunha disolución. - Preparación de disolucións. - Propiedades coligativas das disolucións. - TIC: Laboratorios virtuais: Química. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 3: Reaccións químicas e sociedade - Ecuacións químicas. - Estequiometría das reaccións químicas. - Cálculos estequiométricos. - Rendemento dunha reacción. - Reaccións consecutivas. - Reactivo común nunha mestura. - Reaccións en disolución acuosa. - Procesos industriais e substancias de interese. - Procesos metalúrxicos.

- 5 -

Page 6: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

- Reaccións químicas e novos materiais. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 4: Termodinámica. Calor e temperatura - Enerxía térmica, calor e temperatura. - Termodinámica. - Primeiro principio da termodinámica. - Enerxía interna e os cambios que experimenta.

- Relación entre ∆U e ∆H. - Segundo principio da termodinámica. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 5: Aspectos enerxéticos e espontaneidade da s reaccións químicas - A enerxía nas reaccións químicas. - Calor e entalpía de reacción. - Medida da entalpía de reacción. Lei de Hess. - Entalpías de formación e entalpía de reacción. - Enerxía de enlace e entalpía de reacción. - Espontaneidade das reaccións químicas. - Reaccións de combustión. - Combustibles fósiles e ambiente. - O papel do CO2 na atmosfera. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 6: A química do carbono - Clasificación das substancias con carbono. - O átomo de carbono. - Grupos funcionais e series homólogas. - Regras xerais de formulación e nomenclatura.- Hidrocarburos. - O petróleo e os seus derivados. - O gas natural. - Outros compostos do carbono. - Isomería. - Formas alotrópicas do carbono. - Reaccións de interese no nivel biolóxico. - TIC: Visualización de moléculas. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 7: Cinemática. Movementos rectilíneos e a s úa composición - Relatividade do movemento. - Posición e desprazamento. - Traxectoria e espazo percorrido. - Cambios de posición: velocidade. - Cambios de velocidade: aceleración. - Contribucións de Galileo ao estudo do movemento. - Movementos rectilíneos.

- 6 -

Page 7: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

- Composición de movementos rectilíneos. - TIC: patróns de ecuacións. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 8: Cinemática. Movementos circulares e osci latorios - Magnitudes cinemáticas angulares. - Movemento circular uniforme, m.c.u. - Movemento circular uniformemente acelerado, m.c.u.a. - Movemento harmónico simple. - TIC: Mapas conceptuais. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 9: Dinámica. As forzas e os seus efectos - As forzas como medida das interaccións. - Principios da dinámica. - Cantidade de movemento ou momento lineal. - Dinámica dalgúns movementos. - Estudo dinámico de situacións cotiás. - TIC: Laboratorios virtuais: Física. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 10: Traballo e enerxía - Traballo mecánico. - Enerxía cinética. - Enerxía potencial. - Conservación da enerxía. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 11: A lei da gravitación universal - De Platón a Newton. - As leis de Kepler do movemento planetario. - Lei da gravitación universal. - Carácter central da forza gravitacional. - Aplicación da lei da gravitación universal. - TIC: Simuladores astronómicos. - Estratexias de resolución de problemas.

Unidade 12: A lei de Coulomb - Fenómenos eléctricos. - Forza eléctrica entre corpos cargados. - Carácter vectorial da forza eléctrica. - Traballo, enerxía e potencial eléctricos. - Natureza eléctrica da materia. - Forza eléctrica e forza gravitatoria. - Estratexias de resolución de problemas.

Prácticas de laboratorio - Precipitación e filtración.

- 7 -

Page 8: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

- Destilación. - Cristalización. - Acidez e basicidade dun medio acuoso. - Obtención de hidróxeno. - Electrólise dunha disolución. - Manexo do calorímetro. - Estudo do m.r.u.a. - O tiro horizontal. - O oscilador harmónico. - A lei de Hooke. - O coeficiente de rozamento. - Conservación da enerxía. - Propiedades do péndulo simple.

Formulación - Capacidade de combinación. - Normas xerais. - Substancias simples. - Compostos binarios do osíxeno. - Compostos binarios do hidróxeno. - Outras combinacións binarias. - Oxiácidos. - Oxisales. - Sales ácidos. - Hidróxidos. - Guía sobre o uso da nomenclatura química.

- 8 -

Page 9: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

4. COMO CONTRIBÚE A MATERIA Á CONSECUCIÓN DAS COMP ETENCIAS?

Tal e como se describe na LOMCE, todas as áreas ou materias do currículo deben participar no desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas, de acordo coas especificacións da lei, son:

1.º Comunicación lingüística.2.º Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.3.º Competencia dixital.4.º Aprender a aprender. 5.º Competencias sociais e cívicas. 6.º Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. 7.º Conciencia e expresións culturais.

No proxecto de Física e Química para 1.º de Bacharelato, tal e como suxire a lei, potenciouse o desenvolvemento das competencias de comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; ademais, para alcanzar unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, incluíronse actividades de aprendizaxe integradas que permitirán ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Para valoralos, utilizaranse os estándares de aprendizaxe avaliables, como elementos de maior concreción, observables e medibles, poñeranse en relación coas competencias clave, permitindo graduar o rendemento ou o desempeño alcanzado en cada unha delas.

A materia de Física e Química utiliza unha terminoloxía formal que permitirá ao alumnado incorporar esta linguaxe ao seu vocabulario, e utilizalo nos momentos adecuados coa suficiente propiedade. Así mesmo, a comunicación dos resultados de investigacións e outros traballos que realicen favorece o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

A competencia matemática e competencias básicas en ci encia e tecnoloxía son as competencias fundamentais da materia. Para desenvolver esta competencia, o alumnado aplicará estratexias para definir problemas, resolvelos, deseñar pequenas investigacións, elaborar solucións, analizar resultados, etc. Estas competencias son, polo tanto, as máis traballadas na materia.

A competencia dixital fomenta a capacidade de buscar, seleccionar e utilizar información en medios dixitais, ademais de permitir que o alumnado se familiarice cos diferentes códigos, formatos e linguaxes nos que se presenta a información científica (datos estatísticos, representacións gráficas, modelos xeométricos...). A utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, solicitar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc., é un recurso útil no campo da física e a química que contribúe a mostrar unha visión actualizada da actividade científica.

A adquisición da competencia de aprender a aprender fundaméntase nesta materia no carácter instrumental de moitos dos coñecementos científicos. Ao mesmo tempo, operar con modelos teóricos fomenta a imaxinación, a análise, as dotes de observación, a iniciativa, a creatividade e o espírito crítico, o que favorece a aprendizaxe autónoma. Ademais, ao ser unha materia progresiva, o alumnado adquire a capacidade de relacionar os contidos aprendidos durante anteriores etapas co que vai ver no presente curso e no próximo.

Esta materia favorece o traballo de laboratorio, onde se fomenta o desenvolvemento de actitudes como a cooperación, a solidariedade e o respecto cara ás opinións dos demais, o que contribúe á adquisición das competencias sociais e cívicas. Así

- 9 -

Page 10: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

mesmo, o coñecemento científico é unha parte fundamental da cultura cidadá que sensibiliza dos posibles riscos da ciencia e a tecnoloxía e permite formar unha opinión fundamentada en feitos e datos reais sobre o avance científico e tecnolóxico.

O sentido de iniciativa e espírito emprendedor é básico á hora de levar a cabo o método científico de forma rigorosa e eficaz, seguindo a consecución de pasos desde a formulación dunha hipótese ata a obtención de conclusións. É necesaria a elección de recursos, a planificación da metodoloxía, a resolución de problemas e a revisión permanente de resultados. Isto fomenta a iniciativa persoal e a motivación por un traballo organizado e con iniciativas propias.

A elaboración de modelos que representen aspectos da Física e a Química, o uso de fotografías que representen e exemplifiquen os contidos teóricos, etc., son exemplos dalgunhas das habilidades plásticas que se empregan no traballo da Física e Química de 1.º de Bacharelato, o cal contribúe ao desenvolvemento da conciencia e expresións culturais , ao fomentarse a sensibilidade e a capacidade estética e de representación do alumnado.

- 10 -

Page 11: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

5. METODOLOXÍA

A metodoloxía didáctica no Bacharelato debe favorecer a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os métodos apropiados de investigación, e tamén debe subliñar a relación dos aspectos teóricos das materias coas súas aplicacións prácticas.

En Bacharelato, a relativa especialización das materias determina que a metodoloxía didáctica estea fortemente condicionada polo compoñente epistemolóxico de cada materia e polas esixencias do tipo de coñecemento propio de cada unha.

Ademais, a finalidade propedéutica e orientadora da etapa esixe o traballo con metodoloxías específicas e que estas comporten un importante grao de rigor científico e de desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas, explicativas e interpretativas).

CRITERIOS METODOLÓXICOS

En relación co exposto anteriormente, a proposta didáctica de Física e Química elaborouse de acordo cos criterios metodolóxicos seguintes:- Adaptación ás características do alumnado de Bacharelato, ofrecendo actividades

diversificadas de acordo coas capacidades intelectuais propias da etapa.- Autonomía: facilitar a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo.- Actividade: fomentar a participación do alumnado na dinámica xeral da aula,

combinando estratexias que propicien a individualización con outras que fomenten a socialización.

- Motivación: procurar espertar o interese do alumnado pola aprendizaxe que se lle propón.

- Integración e interdisciplinariedade: presentar os contidos cunha estrutura clara, formulando as interrelacións entre os propios da Física e a Química e os doutras disciplinas doutras áreas.

- Rigor científico e desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas, explicativas e interpretativas).

- Funcionalidade: fomentar a proxección práctica dos contidos e a súa aplicación ao contorno, co fin de asegurar a funcionalidade das aprendizaxes en dous sentidos: o desenvolvemento de capacidades para ulteriores adquisicións e a súa aplicación na vida cotiá.

- Variedade na metodoloxía, dado que o alumnado aprende a partir de fórmulas moi diversas.

ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS

A forma de conseguir estes obxectivos queda, en cada caso, a xuízo do profesorado, en consonancia co propio carácter, a concepción do ensino e as características do seu alumnado.

Non obstante, resulta conveniente utilizar estratexias didácticas variadas, que combinen, do xeito en que cada un considere máis apropiada, as estratexias expositivas, acompañadas de actividades de aplicación e as estratexias de indagación.

As estratexias expositivasPresentan ao alumnado, oralmente ou mediante textos, un coñecemento xa elaborado que debe asimilar. Resultan axeitadas para as formulacións

- 11 -

Page 12: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

introdutorias e panorámicas e para ensinar feitos e conceptos; especialmente aqueles máis abstractos e teóricos, que dificilmente o alumnado pode alcanzar só con axudas indirectas.

Non obstante, resulta moi conveniente que esta estratexia se acompañe da realización polo alumnado de actividades ou traballos complementarios de aplicación ou indagación, que posibiliten o engarzamento dos novos coñecementos cos que xa posúe.

As estratexias de indagaciónPresentan ao alumnado unha serie de materiais en bruto que debe estruturar, seguindo unhas pautas de actuación. Trátase de enfrontalo a situacións problemáticas nas que debe poñer en práctica, e utilizar reflexivamente, conceptos, procedementos e actitudes, para así adquirilos de forma consistente.

O emprego destas estratexias está máis relacionado coa aprendizaxe de procedementos, aínda que estes levan consigo á súa vez a adquisición de conceptos, dado que tratan de poñer o alumnado en situacións que fomenten a súa reflexión e poñan en xogo as súas ideas e conceptos. Tamén son moi útiles para a aprendizaxe e o desenvolvemento de hábitos, actitudes e valores.

As técnicas didácticas en que poden traducirse estas estratexias son moi diversas. Entre elas destacamos, polo seu interese, as seguintes:

- As tarefas sen unha solución clara e pechada, nas que as distintas opcións son igualmente posibles e válidas. O alumnado reflexiona sobre a complexidade dos problemas humanos e sociais, sobre o carácter relativo e imperfecto das solucións achegadas para eles e sobre a natureza provisional do coñecemento humano.

- Os proxectos de investigación, estudos ou traballos. Habitúan o alumnado a afrontar e a resolver problemas con certa autonomía, a considerar preguntas, e a adquirir experiencia na busca e a consulta autónoma. Ademais, facilítanlle unha experiencia valiosa sobre o traballo dos especialistas na materia e o coñecemento científico.

- As prácticas de laboratorio e as actividades TIC. O alumnado adquire unha visión máis práctica e interdisciplinara da materia, aprende a desenvolverse noutros ámbitos distintos ao da aula, e fomenta a súa autonomía e criterios de elección.

AS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

En calquera das estratexias didácticas adoptadas é esencial a realización de actividades por parte do alumnado, posto que cumpren os obxectivos seguintes:

- Afianzan a comprensión dos conceptos e permiten ao profesorado comprobalo.- Son a base para o traballo cos procedementos característicos do método

científico.- Permiten dar unha dimensión práctica aos conceptos.- Fomentan actitudes que axudan á formación humana do alumnado.

Criterios para a selección das actividadesTanto no libro de texto como na web propóñense actividades de diverso tipo para cuxa selección se seguiron os criterios seguintes:

- Que desenvolvan a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, utilizando diversas estratexias.

- 12 -

Page 13: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

- Que proporcionen situacións de aprendizaxe que esixan unha intensa actividade mental e leven a reflexionar e a xustificar as afirmacións ou as actuacións.

- Que estean perfectamente interrelacionadas cos contidos teóricos.- Que teñan unha formulación clara, para que o alumnado entenda sen

dificultade o que debe facer.- Que sexan variadas e permitan afianzar os conceptos; traballar os

procedementos (textos, imaxes, gráficos, mapas), desenvolver actitudes que colaboren á formación humana e atender á diversidade na aula (teñen distinto grao de dificultade).

- Que dean unha proxección práctica aos contidos, aplicando os coñecementos á realidade.

- Que sexan motivadoras e conecten cos intereses do alumnado, por referirse a temas actuais ou relacionados co seu contorno.

Tipos de actividadesSobre a base destes criterios, as actividades programadas responden a unha tipoloxía variada que se encadra dentro das categorías seguintes:

Actividades de ensinanza-aprendizaxe. A esta tipoloxía responde unha parte importante das actividades formuladas no libro de texto. Atópanse nos apartados seguintes:- En cada unha das epígrafes en que se estruturan as unidades didácticas

propóñense actividades ao fío dos contidos estudados. Son, xeralmente, de localización, afianzamento, análise, interpretación e ampliación de conceptos.

- Ao final de cada unidade didáctica propóñense actividades de definición, afianzamento e síntese de contidos.

Actividades de aplicación dos contidos teóricos á realidade e ao contorno do alumnado. Este tipo de actividades, nuns casos, refírense a un apartado concreto do tema e, polo tanto, inclúense entre as actividades formuladas ao fío da exposición teórica; noutros casos, preséntanse como interpretación de experiencias, ou ben como traballos de campo ou de indagación.Actividades encamiñadas a fomentar a concienciación , o debate, o xuízo crítico, a tolerancia, a solidariedade, etc.Actividades relacionadas coa independencia e a coop eración. Estas actividades son aquelas que se realizan tanto dentro como fóra da aula, e focalízanse máis na resolución de tarefas tanto con métodos individuais como grupais; é o caso das prácticas de laboratorio, os exercicios de busca de información que non está reflectida no libro do alumnado, etc.

Por outra parte, as actividades programadas presentan diversos niveis de difi-cultade. Desta maneira permiten dar resposta á diversidade do alumnado, posto que poden seleccionarse aquelas máis acordes co seu estilo de aprendizaxe e cos seus intereses.

O nivel de dificultade pode apreciarse no propio enunciado da actividade: localiza, define, analiza, compara, comenta, consulta, descubre, recolle información, sintetiza, aplica,calcula, etc. A maioría corresponde a un nivel de dificultade medio ou medio-alto, o máis apropiado para un curso de Bacharelato.

A corrección das actividades fomenta a participación do alumnado na clase, aclara dúbidas e permite ao profesorado coñecer, de forma case inmediata, o grao de asimilación dos conceptos teóricos, o nivel co que se manexan os procedementos e os hábitos de traballo.

- 13 -

Page 14: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

6. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN DA DIVERS IDADE

Un dos principios básicos que debe ter en conta a intervención educativa é o da individualización, consistente en que o sistema educativo ofreza a cada alumno e alumna a axuda pedagóxica que este necesite en función das súas motivacións, intereses e capacidades de aprendizaxe. Xorde diso a necesidade de atender esta diversidade. No Bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas, motivación e intereses adoitan estar bastante definidas, a organización do ensino permite que os propios estudantes resolvan esta diversidade mediante a elección de modalidades e optativas. Non obstante, é conveniente dar resposta, xa desde as mesmas materias, a un feito constatable: a diversidade de intereses, motivacións, capacidades e estilos de aprendizaxe que os estudantes manifestan. Daquela cómpre ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe dos estudantes e adoptar as medidas oportunas para afrontar esta diversidade. Hai estudantes reflexivos (detéñense na análise dun problema) e estudantes impulsivos (responden moi rapidamente); estudantes analíticos (pasan lentamente das partes ao todo) e estudantes sintéticos (abordan o tema desde a globalidade); uns traballan durante períodos longos e outros precisan descansos; algúns necesitan ser reforzados continuamente e outros non; hainos que prefiren traballar sós e hainos que prefiren traballar en pequeno ou gran grupo.

Dar resposta a esta diversidade non é tarefa doada, pero si necesaria, pois a intención última de todo proceso educativo é lograr que os estudantes alcancen os obxectivos propostos.

Como actividades de detección de coñecementos previos suxerimos:- Debate e actividade pregunta-resposta sobre o tema introducido polo profesor ou

profesora, co fin de facilitar unha idea precisa sobre de onde se parte. - Repaso das nocións xa vistas con anterioridade e consideradas necesarias para a

comprensión da unidade, tomando nota das lagoas ou dificultades detectadas.- Introdución de cada aspecto lingüístico, sempre que iso sexa posible, mediante as

semellanzas coa lingua propia do alumno e alumna.Como actividades de consolidación suxerimos:- Realización de exercicios apropiados e todo o abundantes e variados que sexa

preciso, co fin de afianzar os contidos lingüísticos, culturais e léxicos traballados na unidade.

Esta variedade de exercicios cumpre, así mesmo, a finalidade que perseguimos. Coas actividades de recuperación-ampliación, atendemos non só os alumnos e alumnas que presentan problemas no proceso de aprendizaxe, senón tamén aqueles que acadaron no tempo previsto os obxectivos propostos.

As distintas formas de agrupamento dos estudantes e a súa distribución na aula inflúen, sen dúbida, en todo o proceso. Entendendo o proceso educativo como un desenvolvemento comunicativo, é de grande importancia ter en conta o traballo en grupo, recurso que se aplicará en función das actividades que se vaian realizar –con-cretamente, por exemplo, nos procesos de análise e comentario de textos–, pois consideramos que a posta en común de conceptos e ideas individuais xera unha dinámica creativa e de interese nos estudantes.

Concederase, non obstante, grande importancia noutras actividades ao traballo persoal e individual; en concreto, aplicarase nas actividades de síntese/resumo e nas de consolidación, así como nas de recuperación e ampliación.

Debemos acometer, polo tanto, o tratamento da diversidade no Bacharelato desde dúas vías:

- 14 -

Page 15: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

I. A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos en dúas fases: a información xeral e a información básica, que se tratará mediante esquemas, resumos, paradigmas, etc.

II. A atención á diversidade na programación das actividades. As actividades constitúen un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais dos estudantes. A variedade e a abundancia de actividades con distinto nivel de dificultade permiten a adaptación, como dixemos, ás diversas capacidades, intereses e motivacións.

- 15 -

Page 16: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

7. RECURSOS DIDÁCTICOS

Suxerimos a utilización dos materiais seguintes:- Libro do alumnado para 1.º de Física e Química de Bacharelato.- Web do alumnado para 1.º de Física e Química de Bacharelato; esta web inclúe:

- Recursos xerais que poden utilizarse ao longo do curso: glosario, conversor de unidades, táboa periódica interactiva, programa de axuste de ecuacións químicas, etc.

- Recursos para cada unidade, con contidos de repaso, actividades, proxectos de traballo, vídeos, animacións e presentacións, autoavaliacións, comentarios de textos científicos, problemas guiados, autoavaliacións inicial e final, resumos e enlaces a programas para xerar contidos.

- Web do profesorado para 1.º de Física e Química de Bacharelato. Esta web, ademais de ofrecer todos os recursos incluídos na web do alumnado, inclúe outros expresamente destinados aos docentes, como o solucionario de todas as actividades propostas no libro do alumnado, bibliografía comentada, direccións de Internet comentadas e diversas ferramentas dixitais para o exercicio da actividade docente.

- 16 -

Page 17: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

8. INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN

Na programación, debe fixarse como se vai avaliar o alumnado; é dicir, o tipo de instrumentos de avaliación que se van utilizar. Os sistemas de avaliación son múltiples, pero en calquera caso, nos instrumentos que se deseñen, deberán estar presentes as actividades seguintes:- Actividades de tipo conceptual. Nelas os alumnos e as alumnas irán substituíndo

de forma progresiva as súas ideas previas polas desenvolvidas na clase.- Actividades que resalten os aspectos de tipo metodo lóxico. Por exemplo,

deseños experimentais, análise de resultados, formulacións cualitativas, resolución de problemas, etc.

- Actividades onde se resalte a conexión entre a cien cia, a tecnoloxía, a sociedade e o ambiente. Por exemplo, aquelas que xorden da aplicación á vida cotiá dos contidos desenvolvidos en clase.

En canto ao «formato» das actividades, pódense utilizar as seguintes:- Actividades de composición.- Actividades de libro aberto.- Actividades orais.- Rúbricas.- Probas obxectivas tipo test.- Probas obxectivas escritas: cuestións nas que hai que xustificar as respostas ou/e

resolución de exercicios e problemas. - Traballos de investigación, caderno de laboratorio, caderno de clase, rúbricas,

dianas, etc.

Cada instrumento de avaliación debe ter distinto peso á hora da cualificación final, para o que haberá que valorar, dos devanditos instrumentos, a súa fiabilidade, obxectividade, representatividade, a súa adecuación ao contexto do alumnado, etc.

9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A avaliación podémola entender como un proceso de medición que permite, tanto o alumno como o profesor emitir xuízos acerca da intensidade e calidade dos cambios operados relativos a aprendizaxe da materia e tomar decisións para reconduci-lo proceso educativo, se é preciso.

A avaliación dos contidos conceptuais e procedementais farase en función dos obxectivos recollidos nas distintas unidades didácticas que compoñen a presente programación. Polo que respecta os obxectivos actitudinais, que non son específicos dunha unidade determinada, a continuación detállanse os mesmos:

1. Valorar o coñecemento científico como un proceso de construción ligado ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico e sometido a evolución e revisión continua.

2. Interese pola observación da realidade, a súa interpretación a través de ideas científicas explicativas e a confrontación destas con feitos experimentais.

3. Valorar a importancia do rigor e da precisión na interpretación de resultados e na formulación de hipóteses, modelos e teorías.

4. Aprecia-la importancia do uso de modelos e a súa validez limitada.5. Valorar o uso correcto da linguaxe oral e escrita.

- 17 -

Page 18: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Introdución á programación de Física e Química

6. Interesarse pola realización correcta dos distintos traballos e actividades.7. Interesarse por cumpri-las normas de utilización de substancias, aparatos e

instrumentos.8. Cooperar responsablemente no traballo en equipo e na axeitada utilización

colectiva de medios materiais.9. Mostrar unha actitude receptiva e dialogante ante os puntos de vista doutros

compa eiros.10. Valorar a importancia da pulcritude e o orde na realización de todos os

traballos, tanto propios como alleos.11. Adoptar unha actitude crítica fronte a diferentes informacións valorando o

seu rigor.12. Mostrarse sensibles diante de factores que producen alteracións sobre o

medio ambiente.13. Corresponzabilizarse na utilización axeitada dos recursos naturais e na

conservación do medio ambiente.14. Valorar a transcendencia do coñecemento xerado pola investigación física e

química na mellora das condicións de vida das persoas.15. Participar activamente no desenvolvemento da clase.

Os exames son instrumentos de recollida de información e ademais son o reflexo do que o seminario considera importante. Os exames deben ser deseñados de maneira que contribúan o proceso de aprendizaxe, aproveitando a desexable situación de motivación na que se debe atopa-lo alumnado. Así mesmo, deben ser corrixidos rapidamente, indicando os erros producidos para que o alumno coñeza exactamente os seus fallos.

Farase polo menos un exame por avaliación. Ademais do citado anteriormente teranse en conta as notas de clase e en

ocasións farase unha ou varias probas sorpresa, que nunca superarán a duración de media hora cada unha e que suporía dun 10 a un 15% da nota da avaliación, feito que se lle comunicará previamente ao alumnado.

Tamén será necesario ter superada unha proba de formulación inorgánica (ter correctos o 75% dos exercicios propostos) para aproba-la materia. O longo da primeira avaliación, o alumnado disporá de tres oportunidades para logralo.

Para aproba-la avaliación será preciso obter un mínimo de 5 puntos, tendo en conta todas as probas que se fagan. Haberá un exame de recuperación para os que non superen esta nota. Na terceira avaliación este exame de recuperación estará incluído no exame final.

Para determina-la nota media da asignatura será preciso que a nota mínima de calquera das avaliacións non sexa inferior a 4 puntos e obter unha nota media cun valor igual ou superior a 5 puntos.

Para o alumnado que non aprobe a materia por avaliacións, haberá un exame final en xuño, o que deberán presentarse os que teñan suspensas a Física, a Química ou ambas as dúas, sendo o exame da/s parte/s correspondentes.

Os que teñan que presentarse a recuperar toda a asignatura deberán aprobar tanto a parte de Física como a de Química.

O exame de setembro terá carácter global, avaliará toda a materia impartida no curso. Para aprobalo é preciso acada-la nota global de cinco e amosar un mínimo de coñecementos en Física e en Química.

- 18 -

Page 19: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

DESCRITORES

COMPETENCIA INDICADORES DESCRITORES

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Coidado do ámbito natural e dos seres vivos

- Interactuar co ámbito natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida dos seres vivos do seu ámbito.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no ámbito natural e as repercusións para a vida futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover hábitos de vida saudable en canto á alimentación e ao exercicio físico.

- Xerar criterios persoais sobre a visión social da estética do corpo humano fronte ao coidado saudable deste.

A ciencia no día a día - Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos rigorosos para mellorar a comprensión da realidade circundante en distintos ámbitos (biolóxico, xeolóxico, físico, químico, tecnolóxico, xeográfico...).

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas, comprender o que acontece ao noso redor e responder a preguntas.

Bacharelato

Descritores

Page 20: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Manexo de elementos matemáticos

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes, porcentaxes, proporcións, formas xeométricas, criterios de medición e codificación numérica, etc.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Expresarse con propiedade na linguaxe matemática.

Razoamento lóxico e resolución de problemas

- Organizar a información utilizando procedementos matemáticos.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Comprensión: oral e escrita

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

Expresión: oral e escrita

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Compoñer distintos tipos de textos creativamente con sentido literario.

Normas de comunicación

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra, escoita atenta ao interlocutor...

- Manexar elementos de comunicación non verbal, ou en diferentes rexistros, nas diversas situacións comunicativas.

Comunicación noutras linguas

- Entender o contexto sociocultural da lingua, así como a súa historia para un mellor uso desta.

- Manter conversacións noutras linguas sobre temas cotiáns en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación.

Page 21: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

- Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás ou de materias diversas.

Competencia dixital

Tecnoloxías da información

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade.

- Elaborar e facer publicidade de información propia derivada de información obtida a través de medios tecnolóxicos.

Comunicación audiovisual

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións diversas.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

Utilización de ferramentas dixitais

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións culturais

Respecto polas manifestacións culturais propias e alleas

- Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural mundial nas súas distintas vertentes (artístico-literaria, etnográfica, científico-técnica...), e cara ás persoas que contribuíron ao seu desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico.

Expresión cultural e artística

- Expresar sentimentos e emocións desde códigos artísticos.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

Page 22: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Competencias sociais e cívicas

Educación cívica e constitucional

- Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de distintas fontes, e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e democrático de dereito referendado por unha constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola.

Relación cos demais

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo e para a resolución de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación establecidos.

- Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e ideas.

Compromiso social

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e potencialidades.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Autonomía persoal

- Optimizar recursos persoais apoiándose nas fortalezas propias.

- Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas.

- Ser constante no traballo superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de axuda en función da dificultade da tarefa.

Liderado - Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos.

- Contaxiar entusiasmo pola tarefa e confianza nas posibilidades de alcanzar obxectivos.

- Darlle prioridade á consecución de obxectivos de grupo sobre intereses persoais.

Page 23: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Creatividade

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Configurar unha visión de futuro realista e ambiciosa.

- Encontrar posibilidades no ámbito que outros non aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas.

- Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou dos proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.

Aprender a aprender

Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe, intelixencias múltiples, funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as motivacións persoais en favor da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

Ferramentas para estimular o pensamento

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional, interdependente...

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos

Planificación e avaliación da aprendizaxe

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que hai que realizar no proceso de aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

Page 24: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade Inicial

Page 25: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloA investigación científica

Descrición da unidadeNesta unidade introduciremos o alumnado na linguaxe rigorosa da ciencia e nas técnicas de investigación que aseguren a validez das conclusións que se obteñen. Ademais, diferenciaremos os tipos de magnitudes físicas que hai, como se miden e os erros que se cometen durante este proceso. Por último, explicaremos o significado das ecuacións utilizadas en Física e Química.

Debemos destacar o carácter transversal desta unidade durante o resto do curso, xa que é a que achegará os coñecementos necesarios para a resolución de problemas e o uso de distintas ferramentas para a investigación e o desenvolvemento de acontecementos importantes, tanto en Física como en Química.

En primeiro lugar, explicaremos as etapas do método científico como xeito correcto de traballo na ciencia. Definiremos as súas etapas e aprenderemos a recoñecelas en textos científicos. Expoñeremos o significado de magnitude física e diferenciaremos entre magnitudes derivadas e fundamentais. Ademais, identificaremos as unidades de medida no Sistema sistema Internacional de Unidades internacional e lembraremos outros sistemas tamén moi utilizados.

Continuaremos coa medida de magnitudes, tanto de forma directa como indirecta, e coñeceremos o tipo de erros que se producen durante estes procedementos. Veremos como se calculan e como se expresan as medidas de xeito numérico.

Por último, relacionaremos as magnitudes das ecuacións físicas e faremos as súas representacións gráficas para comprender o seu significado. É importante resaltar, na última parte da unidade, a exposición sobre o uso das follas de cálculo para a resolución de problemas (dentro dos obxectivos para o uso das TIC), e das estratexias que nos axudan a dar os primeiros pasos para resolver correctamente os problemas.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizarase un total de 4 sesións; pódense corresponder coa segunda semana de setembro.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Recoñecer a importancia do método científico e saber/xustificar/asimiliar que é o único mecanismo fiable para coñecer a natureza.

- Definir o concepto de magnitude física e resaltar a importancia que posúe na ciencia como primeiro paso na cuantificación da natureza.

- Asimilar o concepto de medida e coñecer as formas de realizar as directas e indirectas.- Explicar os erros nas medidas, a que son debidos e de que tipo son os que se poden

presentar.- Diferenciar entre ecuacións físicas e químicas e saber relacionar a dependencia entre

magnitudes coa súa correspondente ecuación.- Comprender, usar e adaptar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación ao estudo

dos fenómenos físicos e químicos.

- 2 -

Page 26: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

O método científico:

- A orixe da ciencia.

- Como traballan os científicos?

- Visións inadecuadas da ciencia.

Magnitudes físicas. Sistema Internacional de Unidades:

- Magnitudes físicas.

- Unidades.

- Sistema Internacional de Unidades.

- Outros sistemas de unidades.

Análise dimensional:

- Magnitudes derivadas e dimensións.

- Análise dimensional. Homoxeneidade.

Medidas de magnitudes:

- A medida.

- Instrumentos de medida.

- Medidas directas e indirectas.

Erros na medida:

- Erros de medida. Precisión e exactitude.

- Erro absoluto e erro relativo.

- Estimación de erros en medidas directas.

- Expresión numérica da medida.

1. Apreciar a importancia do método científico e entender que é o único mecanismo fiable para coñecer a natureza.

1.1. Coñece o método científico e as etapas que o compoñen.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP,CSC

2. Saber explicar o concepto de magnitude física e valorar a importancia que posúe na ciencia como primeiro paso na cuantificación da natureza.

2.1. Define o concepto de magnitude física, distinguindo as fundamentais das derivadas e calcula a ecuación de dimensións destas últimas. Coñece o Sistema Internacional de Unidades.

CCL,CMCT,

CD

3. Comprender o concepto de medida e coñecer as formas de levalo a cabo.

3.1. Estima o valor dunha medida directa e calcula o valor dunha indirecta a partir do valor doutras directas.

CCL,CMCT,

CD,CEC

4. Interpretar os erros nas medidas, a que son debidos e de que tipo son os que se poden presentar.

4.1. Diferenza entre erros sistemáticos e accidentais e entre erro absoluto e relativo.

CCL,CMCT,

CD,CEC

4.2. Calcula o erro absoluto e o relativo que resultan a partir dos datos obtidos ao medir directamente unha magnitude.

CCL,CMCT,

CD,CEC

- 3 -

Page 27: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

Significado das ecuacións en Física e Química:

- Relacións de proporcionalidade.

- Representacións gráficas.

TIC: as follas de cálculo para a resolución de problemas.

5. Entender o significado das ecuacións físicas e químicas, e as relacións entre as súas magnitudes.

5.1. Recoñece as ecuacións físicas e químicas, explica o seu significado a través da súa proporcionalidade e represéntaas graficamente.

CCL,CMCT,CAA

6. Coñecer, utilizar e aplicar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no estudo dos fenómenos físicos e químicos, e ser consciente da importancia do seu uso na sociedade actual.

6.1. Emprega programas informáticos para a resolución de problemas. CCL,

CMCT,CD,

CAA,CSC

- 4 -

Page 28: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descriptores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Compoñer distintos tipos de textos con sentido físico e químico.

- Recoñece as etapas do método científico nun texto ou relato.

- Describe situacións da vida cotiá e dálles sentido físico e/ou químico co aprendido na unidade.

- Adquire e utiliza o novo vocabulario da unidade, como magnitude física, magnitude derivada, erro absoluto, erro relativo, precisión, exactitude...

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos de análises rigorosas para mellorar a compresión da realidade circundante en distintos ámbitos (físico, químico, tecnolóxico...).

- Coñecer e utilizar elementos matemáticos básicos: magnitudes, porcentaxes, proporcións, criterios de medición...

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Expresarse con propiedade en linguaxe matemática.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Diferencia os comportamentos estudados polo método científico dos que non o son.

- Recoñece as etapas do método científico e sabe aplicalas á formulación e deseño de experimentos.

- Identifica as sete unidades fundamentais do Sistema Internacional de Unidades e sabe como transformar unhas unidades noutras.

- Deduce a proporcionalidade das ecuacións físicas e químicas a través dos seus gráficos.

- Comprende o significado das ecuacións físicas e químicas e recoñéceas durante o resto de unidades.

- Expresa unha magnitude de forma correcta e diferencia os tipos de erros que existen nas medidas.

- 5 -

Page 29: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Busca información sobre o «experimento pluma martelo Lúa», o proxecto Mars Climate Orbiter e os patróns das unidades de medidas máis importantes.

- Traballa coas follas de cálculo para a resolución de problemas e entende a importancia do seu uso.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que cómpre realizar no proceso de aprendizaxe.

- Valora a súa aprendizaxe realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Aprende novas estratexias na resolución de problemas e utilízaas durante o resto de unidades.

Competencias sociais e cívicas

- Recoñecer riqueza na diversidade de ideas e opinións.

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Explica, de forma crítica, que se pode concluír de experiencias levadas a cabo para explicar o método científico.

- Respecta as opinións dos seus compañeiros e compañeiras á hora de expoñer as súas ideas.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Aplica as etapas do método científico para explicar feitos que recoñece na vida cotiá.

- 6 -

Page 30: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

Conciencia e expresións culturais

- Destacar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián e do laboratorio.

- Valora as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o desenvolvemento da unidade.

- Resalta a importancia do desenvolvemento histórico da formulación dun problema e a súa solución, e da evolución do pensamento desde a Antigüidade ata os nosos días.

- 7 -

Page 31: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade Inicial

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as formuladas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que tomen na aula e no laboratorio.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores coma finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 32: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 1

Page 33: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloNatureza da materia

Descrición da unidadeEsta unidade inclúe contidos fundamentais que o alumnado debe interiorizar para poder asimilar os propios da materia, tanto no presente curso como no próximo; para iso, é primordial a adquisición progresiva de diversos conceptos relacionados coa estrutura da materia: a súa cuantificación, a súa expresión a través de fórmulas químicas e a comprensión das técnicas e os métodos máis actuais de análise química.

Comezamos a unidade lembrando conceptos relacionados coa clasificación da materia; a continuación, afiánzanse os contidos ligados ás leis ponderais e volumétricas, así como a teoría atómica de Dalton; todo iso facilitará máis adiante a comprensión dos cálculos matemáticos relacionados coas reaccións químicas.

Do mesmo xeito, repásanse superficialmente outros conceptos xa coñecidos: a masa atómica, a masa molecular, a masa fórmula, a cantidade de substancia, o volume molar e as fórmulas empírica e molecular, facendo fincapé no correcto uso tanto de unidades como de terminoloxía e incidindo no recoñecemento das diferenzas e as similitudes entre conceptos que, malia que estaren intimamente relacionados entre si, son diferentes. Así mesmo, aprenderán a determinar fórmulas químicas partindo da composición centesimal en masa dunha substancia ou da súa análise por combustión (este último especialmente en compostos hidrocarbonados). Debemos resaltar a transcendencia desta parte da unidade para a asimilación de próximos contidos.

Por último, a unidade inclúe unha breve introdución ás técnicas espectrométricas de análise química. Unha vez estudada a natureza electromagnética da luz, necesaria para comprender os fundamentos destas técnicas, destacaranse a espectroscopia atómica, a espectroscopia de infravermello e a espectrometría de masas como as técnicas máis utilizadas na actualidade para a detección de elementos químicos e de moléculas nunha mostra de partida de composición descoñecida. Para cada unha delas explícase o seu fundamento físico, o método que se segue para a determinación cualitativa e/ou cuantitativa da mostra e o aspecto que teñen os espectros recollidos tras a análise.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse 3 semanas, é dicir, un total de 12 sesións. Serán a terceira e cuarta semanas de setembro e a primeira de outubro.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Interpretar correctamente as leis ponderais e a lei dos volumes de combinación e saber aplicalas.

- Comprender a teoría atómica de Dalton, así como as leis básicas asociadas ao seu establecemento.

- Entender e dominar as diferentes maneiras de medir cantidades en Química.- Distinguir os tipos de fórmulas químicas que existen e entender o seu significado.- Calcular as masas atómicas mediante os datos obtidos en técnicas espectrométricas.- Considerar a importancia das técnicas espectroscópicas para a análise de substancias e

para a súa detección en cantidades moi pequenas de mostras.- Mencionar o significado de substancia pura e mestura, así como os métodos físicos de

separación.

- 2 -

Page 34: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Clasificación da materia:

- Substancias puras e mesturas.

- Métodos físicos de separación.

- As bases da Química.

Estudo das reaccións químicas; leis ponderais:

- Lei de conservación da masa.

- Lei das proporcións definidas.

- Lei das proporcións múltiples.

Teoría atómica de Dalton:

- Postulados da teoría atómica de Dalton.

- Limitacións da teoría.

- A obra de Dalton.

Lei dos volumes de combinación:

- Lei de Avogadro.

- Interpretación das reaccións entre gases.

Medida de cantidades en Química:

- Masa atómica e masa molecular.

- A cantidade de substancia. O mol.

- Masa molar e masa fórmula.

1. Aplicar as leis ponderais e a lei dos volumes de combinación, e saber interpretalas.

1.1. Comprende as leis ponderais e realiza exercicios e problemas.

CCL,CMCT,CAA

1.2. Entende a lei dos volumes de combinación e resolve exercicios e problemas sinxelos.

CCL,CMCT,CAA, CEC

2. Coñecer a teoría atómica de Dalton, así como as leis básicas asociadas ao seu establecemento.

2.1. Xustifica a teoría atómica de Dalton e a descontinuidade da materia a partir das leis fundamentais da Química exemplificándoo con reaccións.

CCL,CMCT,CAA,CSC,CEC

3. Coñecer e comprender as distintas formas de medir cantidades en Química.

3.1. Identifica as distintas formas de medir cantidades en Química.

CCL,CMCT,

CD,CAA

3.2. Resolve exercicios e problemas sobre as distintas formas de medir cantidades en Química.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

4. Saber diferenciar os distintos tipos de fórmulas químicas, e o seu significado.

4.1. Diferencia os distintos tipos de fórmula química e entende o seu significado.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

- 3 -

Page 35: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

- Relación masa-cantidade de substancia.

- Volume molar.

Fórmulas químicas:

- Fórmulas químicas.

- Fórmulas empíricas.

- Fórmulas moleculares.

Determinación de fórmulas químicas:

- Composición centesimal en masa.

- Determinación de fórmulas.

Técnicas espectrométricas de análise química:

- Interaccións entre luz e materia.

- Natureza electromagnética da luz.

- Espectroscopia atómica.

- Outros tipos de espectroscopia.

- Espectroscopia de IR.

- Espectroscopia de masas.

4.2. Realiza exercicios e problemas sobre determinación de fórmulas químicas.

CCL,CMCT,CAA,CEC

5. Utilizar os datos obtidos mediante técnicas espectrométricas para calcular masas atómicas.

5.1. Calcula a masa atómica dun elemento a partir dos datos obtidos espectrometricamente para os seus distintos isótopos.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CSC,SIEP,CEC

6. Recoñecer a importancia das técnicas espectroscópicas que permiten a análise de substancias e as súas aplicacións para a detección destas en cantidades moi pequenas de mostras.

6.1. Describe as aplicacións da espectroscopia na identificación de elementos e compostos.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CSC,SIEP,CEC

7. Lembrar o significado de substancia pura e mestura, así como os métodos físicos de separación.

7.1. Repasa os métodos físicos de separación de mesturas e desenvolve prácticas no laboratorio para a súa aplicación.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CSC,SIEP,CEC

- 4 -

Page 36: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra, escoita ao interlocutor...

- Manter unha actitude favorable cara á lectura

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como masa fórmula, masa molecular, mol, substancia pura...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Efectúa unha lectura comprensiva dos textos propostos ao principio e ao final da unidade, extraendo as ideas principais.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá e interactuar co contorno natural de xeito respectuoso.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas. Comprender e interpretar a información presentada en forma de gráfico.

- Valora a importancia da clasificación da materia na comprensión da natureza.

- Realiza exercicios nos que se comprobe o cumprimento das diferentes leis ponderais.

- Calcula a masa molar de numerosos compostos e determina o número de moléculas que contén unha determinada cantidade dos devanditos compostos.

- Determina a composición centesimal dun composto a partir da súa fórmula química, e viceversa.

Competencia dixital - Empregar e seleccionar con criterio distintas fontes para a busca de información.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Busca información sobre a resonancia magnética nuclear, cromatografía de gases e distintos tipos de resinas e elabora informes con sentido crítico e rigoroso.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- 5 -

Page 37: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

Competencia para aprender a aprender

- Xestionar os recursos e as motivacións persoais a favor da aprendizaxe.

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional, interdependente...

- Valora a súa aprendizaxe realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

Competencias sociais e cívicas

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Toma conciencia da importancia da capacidade tecnolóxica para separar mesturas, co fin de obter substancias puras para a industria.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal para comezar ou promover accións novas.

- Mostra a súa opinión de xeito crítico acerca de acontecementos científicos relacionados coa existencia do átomo.

Conciencia e expresións culturais

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

- Realiza gráficas a partir de datos tabulados e compáraos coa realidade.

- Distingue os tipos de espectroscopia a partir dos seus espectros.

- 6 -

Page 38: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 1

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nos epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores coma finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 39: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 2

Page 40: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloEstados da materia

Descrición da unidadeNesta unidade trátanse dous grandes bloques relacionados cos estados de agregación da materia: por un lado, os sólidos, os líquidos e os gases, afondando máis nestes últimos; e por outro, as disolucións e o seu comportamento dependendo de diferentes variables.

Empezamos a unidade lembrando os tres estados de agregación, explicando as propiedades de cada un deles, e como inflúen a presión, a temperatura e as forzas entre partículas no estado en que se encontre unha determinada substancia. Ademais, introdúcese o concepto de diagrama de fases dunha substancia pura (termo que xa coñecen os nosos alumnos e alumnas). Ensínaselles como interpretar un diagrama de fases, cales son as zonas máis importantes e que significan as liñas e os puntos máis característicos, facendo fincapé na influencia da presión e a temperatura, e coméntase a singularidade do diagrama de fases da auga pura.

A continuación, afóndase no estudo dos gases. Lémbrase a definición de gas ideal e as leis que poden aplicarse a este tipo de gases e realízanse exercicios numéricos e teóricos. Inclúese como concepto novo o de gas real, analízanse os seus caracterísiticas e diferénciase do gas ideal. Descríbese a ecuación de Van der Waals como propia dos gases reais e coméntanse as súas variables. Para finalizar con esta parte da unidade, aplícase a teoría cinético-molecular aos gases, tanto ás súas propiedades coma ás leis que os caracterizan.

Na segunda parte da unidade defínese que é unha disolución, cales son as súas características máis importantes e de que variables depende a súa concentración. Propóñense exercicios relacionados coa determinación da concentración, para calculala de diferentes formas, e descríbese o procedemento para preparar disolucións a partir da súa masa, volume, densidade e/ou porcentaxe en masa.

En último lugar descríbense as propiedades coligativas das disolucións. Destácase a lei de Raoult, así como o aumento ebuloscópico e o descenso crioscópico e a importancia destas propiedades na vida cotiá, e estúdase a presión osmótica.

A unidade inclúe un par de páxinas na que se detalla o funcionamento de varias aplicacións interactivas (laboratorios virtuais) de especial utilidade para o estudo destes contidos.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade pódense utilizar dúas semanas e media, é dicir, un total de dez sesións, que se poden impartir entre a segunda e terceira semanas de outubro e parte da cuarta.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Recoñecer os distintos estados de agregación nos que se presenta a materia, así como algunhas das súas características máis importantes.

- Definir, aplicar e explicar axeitadamente as leis dos gases.- Establecer relacións entre a presión, o volume e a temperatura, utilizando a ecuación de

estado dos gases ideais.- Calcular masas moleculares e determinar fórmulas moleculares aplicando a ecuación dos

gases ideais.- Identificar as propiedades dos gases reais e os ideais, e saber diferenciar os seus

comportamentos.

- 2 -

Page 41: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

- Asimilar a teoría cinético-molecular dos gases e saber aplicala a sólidos, líquidos e gases.- Analizar, dunha forma exhaustiva, as disolucións e o seu comportamento.- Executar as operacións necesarias para a preparación de disolucións dunha concentración

dada e expresala en calquera das formas establecidas.- Expoñer a variación das propiedades coligativas entre unha disolución e o disolvente puro.

- 3 -

Page 42: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Os estados de agregación da materia:

- Os distintos estados de agregación da materia.

- Diagrama de fases dunha substancia pura.

Leis dos gases:- Lei de Boyle.- Lei de Avogadro.- Lei de Charles e

Gay-Lussac.- Lei combinada dos gases.

Ecuación dun gas ideal:- Ecuación xeral dos gases

ideais.- Densidade dun gas a partir

da ecuación dos gases ideais.

- Lei de Dalton das presións parciais.

- Cálculo de fórmulas moleculares coa ecuación dos gases ideais.

Os gases reais:- Gases ideais e gases

reais.- Desviación do

comportamento ideal.- Efecto da presión e da

temperatura no comportamento dun gas.

- Ecuación de Van der Waals.

- Factores de corrección na ecuación de Van der Waals.

1. Identificar os distintos estados de agregación nos que pode presentarse a materia, así como algunhas das súas características máis importantes.

1.1. Clasifica a materia nos seus estados de agregación e sabe interpretar un diagrama de fases.

CCL,CMCT,CAA,CD

2. Coñecer, comprender e expoñer adecuadamente as leis dos gases.

2.1. Resolve cuestións e problemas nos que aplica as leis dos gases.

CCL,CMCT,CAA,CD

3. Utilizar a ecuación de estado dos gases ideais para establecer relacións entre a presión, o volume e a temperatura.

3.1. Calcula as magnitudes que definen o estado dun gas, aplicando a ecuación de estado dos gases ideais, e explica razoadamente a utilidade e as limitacións da hipótese do gas ideal.

CCL,CMCT,CAA,CD,SIEP

3.2. Determina presións totais e parciais dos gases dunha mestura, relacionando a presión total dun sistema coa fracción molar e a ecuación de estado dos gases ideais.

CCL,CMCT,CAA,CD

- 4 -

Page 43: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

A teoría cinético-molecular (TCM):

- A teoría cinético-molecular dos gases.

- Propiedades dos gases na teoría cinético-molecular.

- As leis dos gases e a teoría cinético-molecular.

- A teoría cinético-molecular e os cambios de estado.

Disolucións:- Estudo das disolucións.- Visión molecular do

proceso de disolución.- A TCM no proceso de

disolución.- Solubilidade e saturación.

Concentración dunha disolución:

- Composición dunha disolución.

- Porcentaxe en masa.- Molaridade.- Molalidade.

Preparación de disolucións:- Como se prepara unha

disolución?- Dilución de disolucións.

Propiedades coligativas das disolucións:

- Propiedades das disolucións.

- Presión de vapor do disolvente.

- Presión de vapor da auga a temperatura de ebulición.

- Diminución na presión de vapor.

- Lei de Raoult.- Temperaturas de

solidificación e ebulición.- Presión osmótica.

4. Aplicar a ecuación dos gases ideais para calcular masas moleculares e determinar fórmulas moleculares.

4.1. Relaciona a fórmula empírica e a molecular dun composto coa súa composición centesimal, aplicando a ecuación de estado dos gases ideais.

CCL,CMCT,CAA,CD,SIEP

5. Diferenciar o comportamento dun gas real fronte a un gas ideal e recoñecer as súas propiedades.

5.1. Recoñece o diferente comportamento entre un gas real e un ideal e describe as súas propiedades.

CCL,CMCT,CAA,CD,SIEP

6. Comprender a TCM dos gases e saber aplicala a sólidos, líquidos e gases.

6.1. Xustifica nos gases as propiedades, as leis e os cambios de estado a partir da TCM.

CCL,CMCT,CAA,CD,CEC

7. Estudar, dunha forma completa, as disolucións e o seu comportamento.

7.1. Explica o proceso de disolución, desde distintos puntos de vista, e resalta a importancia da temperatura nas súas propiedades.

CCL,CMCT,CAA,CD,SIEP

8. Realizar os cálculos necesarios para a preparación de disolucións dunha concentración dada e expresala en calquera das formas establecidas.

8.1. Expresa a concentración dunha disolución en g/L, mol/L, mol/kg, % en masa e % en volume.

CCL,CMCT,

CD,CAA

8.2. Describe o procedemento de preparación no laboratorio de disolucións dunha concentración determinada, e realiza os cálculos necesarios, tanto para o caso de solutos no seu estado sólido coma a partir doutra de concentración coñecida.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CSC

- 5 -

Page 44: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

9. Explicar a variación das propiedades coligativas entre unha disolución e o disolvente puro.

9.1. Interpreta a variación das temperaturas de fusión e ebulición dun líquido ao que se lle engade un soluto, relacionándoo con algún proceso de interese no noso contorno.

CCL,CMCT,

CD,CAA

9.2. Utiliza correctamente os conceptos de presión osmótica e presión de vapor, e sabe relacionalos coas leis correspondentes.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP

- 6 -

Page 45: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación.

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse escrita e oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Xustifica as propiedades dos gases a partir da teoría cinético-molecular.

- Incorpora novos termos ao seu vocabulario, e comprende novos conceptos, como propiedades coligativas, constantes crioscópica e ebuloscópica, e presión de vapor e osmótica.

- Interpreta correctamente os textos relacionados cos estados de agregación da materia e coas disolucións.

- Expresa axeitadamente a relacion entre a teoría cinético-molecular e as propiedades dos gases e das disolucións.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Aplicar métodos de análises rigorosas para mellorar a comprensión da realidade circundante en distintos ámbitos (biolóxico, xeolóxico, físico, químico, tecnolóxico, xeográfico).

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos, omo operacións, magnitudes, porcentaxes, criterios de medición...

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios nos que é necesario aplicar as leis dos gases ideais e reais.

- Calcula a concentración dunha disolución de diferentes formas.

- Realiza diagramas de fases e interprétaos e comprende.

- 7 -

Page 46: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

Competencia dixital - Empregar e seleccionar, segundo a súa fiabilidade, distintas fontes para a busca de información.

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para a construción do coñecemento.

- Utiliza os recursos dixitais incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información acerca da osmose nos seres vivos, a aplicación da lei de Raoult nas rexións con climas fríos e outras aplicacións das leis dos gases na vida cotiá.

Competencia para aprender a aprender

- Planificar os recursos necesarios e os pasos a realizar no proceso de aprendizaxe.

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación establecidos.

- Realiza as prácticas no laboratorio virtual e os traballos prácticos propostos no libro do alumnado, e explica os datos obtidos.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Ser constante no traballo superando as dificultades.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

- Toma conciencia da importancia dos sistemas gasosos e o seu coñecemento, e relaciónao co explicado na unidade anterior.

Conciencia e expresións culturais

- Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural mundial nas súas distintas vertentes, e cara ás persoas que contribuíron ao seu desenvolvemento.

- Avalía criticamente a utilización que da ciencia fai a sociedade, sendo consciente dos beneficios que reporta o seu bo uso e dos graves prexuízos ao medio e á humanidade pode causar o uso indebido dos avances científicos.

- 8 -

Page 47: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 2

6. RECURSOS

Os seguintes materiais de apoio servirán para reforzar e ampliar o estudo dos contidos da unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen diferentes tipos de recursos: presentacións, laboratorios virtuais sobre as leis dos gases, aplicacións para construír átomos e axustar ecuacións químicas, simulacións sobre concentración, solubilidade e pH, etc. Todos estes recursos constitúen un apoio eficaz para o estudo da unidade e, en moitos casos, para a ampliación de contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 9 -

Page 48: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 3

Page 49: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloReaccións químicas e sociedade

Descrición da unidadeNesta unidade trátanse as reaccións químicas cualitativa e cuantitativamente, e explícase a súa importancia dentro da industria, tanto na obtención de materiais básicos para o desenvolvemento da sociedade como no nacemento doutros e as súas aplicacións en diversos sectores.

En primeiro lugar, repásanse superficialmente algunhas nocións básicas sobre a escritura dunha reacción química, indicando que debe aparecer nela e como e que información nos achega. Lembrarase tamén como axustar unha reacción química e realizaranse cálculos estequiométricos a través dos factores de conversión, con volumes (se fosen gases), e tendo en conta os conceptos de reactivo limitante e a presenza de impurezas na reacción. Ademais, incluirase unha nova variable: o rendemento de reacción. Comentaremos a importancia de que as reaccións teñan un rendemento do 100%, as causas polas que non o teñen e que factores poden facer que mellore o rendemento.

A continuación, sinalaremos a importancia de certo tipo de reaccións químicas e/ou reactivos desde un punto de vista industrial, e especificaremos as súas aplicacións en reaccións concretas. Destacaremos tres procesos industriais de obtención de compostos inorgánicos: o ácido sulfúrico, o ácido nítrico e o amoníaco. Tamén expoñeremos algunhas das súas propiedades máis importantes.

En último lugar, centraremos a atención nos procesos metalúrxicos polos que se obtén a maioría dos metais. Propoñeremos a busca dos métodos de obtención dalgúns deles a partir do seu mineral e describiremos a obtención do ferro e a elaboración do aceiro. Para pechar a unidade, citaremos o aluminio e o titanio como exemplos de metais extraídos utilizando novas tecnoloxías e comentaremos as súas aplicacións en distintos ámbitos da industria.

2. TEMPORALIZACIÓN

Recoméndase empregar dúas semanas para traballar esta unidade na aula, é dicir, un total de oito sesións. Poden coincidir con parte da cuarta semana de outubro, primeira semana de novembro e parte da segunda semana de novembro.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Determinar correctamente as substancias que interveñen nunha reacción química dada e axustala estequiométricamente.

- Comprender o significado das reaccións químicas e resolver problemas nos que interveñan reactivos limitantes, reactivos impuros, e cuxo rendemento non sexa completo.

- Identificar os tipos de reacción química que existen segundo os reactivos que interveñen e o mecanismo que seguen.

- Recoñecer as reaccións químicas implicadas na obtención de diferentes compostos inorgánicos e nos procesos da siderurxia, así como as súas aplicacións en procesos industriais. Destacar a importancia do desenvolvemento de novos materiais que melloren a calidade de vida.

- 2 -

Page 50: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Ecuacións químicas:- Normas para escribir unha

ecuación química.- Información que pode

incluír unha ecuación química.

Estequiometría das reaccións químicas:

- Os coeficientes estequiométricos.

Cálculos estequiométricos:- Cálculos con factores de

conversión.- Cálculos con volumes de

gases.- Cálculos con reactivo

limitante.- Reactivos con impurezas

inertes.Rendemento dunha reacción:

- Causas de que o rendemento dunha reacción non sexa do 100%.

- Importancia do rendemento dunha reacción química na industria.

- Factores que melloran o rendemento dunha reacción.

Reaccións consecutivas:- Reactivo común nunha

mestura.- Reaccións en disolución

acuosa.

1. Formular, nomear e axustar correctamente as substancias que interveñen nunha reacción química dada.

1.1. Escribe e axusta ecuacións químicas sinxelas de distinto tipo e de interese bioquímico ou industrial.

CCL,CMCT,

CD,CAA

2. Interpretar as reaccións químicas e resolver problemas nos que interveñan reactivos limitantes, reactivos impuros, e cuxo rendemento non sexa completo.

2.1. Interpreta unha ecuación química en termos de cantidade de materia, masa, número de partículas ou volume, para realizar cálculos estequiométricos nesta, aplicando a lei da conservación da masa.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP,CSP

2.2. Efectúa cálculos estequiométricos nos que interveñan compostos en estado sólido, líquido ou gasoso, ou en disolución en presenza dun reactivo limitante ou un impuro.

CCL,CMCT,

CD,CAA

2.3. Considera o rendemento dunha reacción química na realización de cálculos estequiométricos.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

- 3 -

Page 51: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

- Ecuacións moleculares, iónicas e iónicas netas.

- Cálculos con reactivos en disolución.

Procesos industriais e substancias de interese:

- O ácido sulfúrico.- O amoníaco.- O ácido nítrico.

Procesos metalúrxicos:- Metalurxia.- Siderurxia.- Elaboración do aceiro.

Reaccións químicas e novos materiais:

- O titanio.- O aluminio.

3. Diferenciar os tipos de reacción química que existen segundo os reactivos que interveñan e o mecanismo que sigan.

3.1. Explica os distintos tipos de reacción química de forma cualitativa e realiza problemas sinxelos.

CCL,CMCT,

CD, CAA

3.2. Determina presións totais e parciais dos gases dunha mestura, relacionando a presión total dun sistema coa fracción molar e a ecuación de estado dos gases ideais.

CCL,CMCT,CAA,CD

4. Identificar as reaccións químicas implicadas na obtención de diferentes compostos inorgánicos e nos procesos da siderurxia, así como as súas aplicacións en procesos industriais. Valorar a importancia do desenvolvemento de novos materiais que melloren a calidade de vida.

4.1. Describe os procesos de obtención de produtos inorgánicos de alto valor engadido, e de metais en alto forno, argumentando a súa importancia na industria. Comprende como os resultados da investigación científica para o desenvolvemento reverten nunha mellora da calidade de vida.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP

- 4 -

Page 52: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos esritos e orais.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como reactivo limitante, rendemento dunha reacción, reactivo común...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Interpreta correctamente os textos relacionados coas reaccións químicas de diferentes compostos, obtención de materiais, novas tecnoloxías...

- Aprende novas expresións relacionadas coas novas tecnoloxías ou cos procedementos para extraer compostos desde minerais, como alto forno, aliaxe, siderurxia, método de contacto...

- Describe os diferentes tipos de reaccións químicas e identifica e clasifica as reaccións propostas.

- 5 -

Page 53: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no ámbito natural e as repercusións para a vida futura.

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Expresarse con propiedade na linguaxe matemática.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

- Explica a importancia da extracción e obtención de materiais a través de métodos e procesos concretos, para utilizalos na nosa vida cotiá.

- Resolve exercicios nos que haxa que determinar as masas (ou volumes se son gases) de todas as substancias que interveñen nunha reacción.

- Soluciona exercicios nos que os reactivos se presentan en disolución ou ben mesturados con impurezas inertes.

- Propón reaccións químicas de procesos metalúrxicos e de obtención de materiais e compáraos cos utilizados na industria.

Competencia dixital - Ampliar e seleccionar, con criterio ético, as distintas fontes para a busca de información, seleccionándoas segundo a súa fiabilidade.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos, e realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre a obtención de materiais a través de reaccións químicas e elabora informes utlilizando as TIC con sentido crítico e rigoroso.

- 6 -

Page 54: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

Competencia para aprender a aprender

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función dos resultados intermedios.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar os coñecementos ata aquí adquiridos.

- Desenvolve as prácticas de laboratorio propostas na unidade e relaciónaas coa teoría aprendida.

Competencias sociais e cívicas

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo, e para a resolución de conflitos.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Valora a capacidade humana de transformar unhas substancias noutras e os beneficios que iso supuxo para a mellora do nivel de vida das persoas.

- Mostra a súa opinión de xeito crítico acerca dos novos materiais e os seus procesos de elaboración na industria.

- É consciente da importancia da pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas.

- Realiza no laboratorio prácticas con reaccións químicas e presenta os correspondentes guións de traballo.

Conciencia e expresións culturais

- Mostrar respecto cara ao patrimonio cultural mundial nas súas distintas vertentes e cara ás persoas que contribuíron ao seu desenvolvemento.

- Avalía criticamente a utilización que da ciencia fai a sociedade, sendo consciente dos beneficios que reporta o seu bo uso e dos graves prexuízos ao medio e á humanidade pode causar o uso indebido dos avances científicos.

- 7 -

Page 55: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 3

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 56: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 4

Page 57: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloTermodinámica. Calor e temperatura

Descrición da unidadeNesta unidade introdúcense, por primeira vez, conceptos relacionados coa termodinámica; en particular, estudaranse o primeiro e segundo principio, co obxectivo de que o alumnado se familiarice cunha nova terminoloxía que lle permita abordar máis facilmente as próximas unidades deste curso e do seguinte, no que afondarán nestes aspectos.

Pero antes diso realízase un repaso de conceptos que xa coñecen de cursos anteriores: enerxía térmica, calor e temperatura; ademais, lémbrase que é o cero absoluto de temperatura. A continuación, defínese o que é a termodinámica e explícanse o equivalente mecánico da calor e os tipos de sistemas termodinámicos, así como as variables que caracterizan o estado do sistema.

Exponse entón o primeiro principio da termodinámica, determinando a súa ecuación, e explícase como varía cada unha das magnitudes implicadas na enunciación deste principio (enerxía interna, calor e traballo), relacionándoas coa presión e o volume do sistema. Introduciremos o concepto de entalpía e demostraremos a súa importancia nas reaccións entre gases e de cambio de estado.

O segundo principio da termodinámica, que explica as condicións que deben darse para que un proceso sexa espontáneo, relaciónase co funcionamento das máquinas térmicas e a súa importancia na sociedade.

Por último, introdúcese o concepto de entropía e a súa relación coa degradación de enerxía.

2. TEMPORALIZACIÓN

Esta unidade desenvolverase en dúas semanas e media, é dicir, un total de dez sesións, que poden ser as que corrresponden a parte da segunda semana de novembro, e a terceira e cuarta semanas do mesmo mes.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Saber distinguir os conceptos de calor e temperatura, e repasar as escalas de medida da temperatura, a súa determinación e como se converten valores de temperatura dunhas a outras.

- Asimilar o primeiro principio da termodinámica como o principio de conservación da enerxía en sistemas nos que se producen intercambios de calor e traballo.

- Relacionar a unidade da calor no Sistema Internacional co seu equivalente mecánico; coñecer os distintos tipos de sistemas termodinámicos e o seu estado.

- Responder cuestións conceptuais sinxelas sobre o segundo principio da termodinámica en relación aos procesos espontáneos.

- Saber distinguir entre os procesos reversibles e os irreversibles e a súa relación coa entropía e o segundo principio da termodinámica.

- 2 -

Page 58: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Enerxía térmica, calor e temperatura:

- Enerxía térmica.- Temperatura e calor.- Termómetros.- Escalas de temperatura.- Cero absoluto de

temperatura.Termodinámica:

- Equivalente mecánico da calor.

- Sistemas termodinámicos.- Estado dun sistema.

Primeiro principio da termodinámica:

- Traballo termodinámico.- Enerxía interna e os

cambios que experimenta.- Calor a volume constante e

a presión constante.Relación entre incremento de entalpía e incremento de enerxía interna:

- Reaccións entre fases condensadas.

- Reaccións onde interveñen gases.

- Variación de entalpía e enerxía interna nun cambio de estado.

Segundo principio da termodinámica:

- Entropía.- Degradación da enerxía.

1. Diferenciar entre os termos calor e temperatura, e repasar as escalas de medida da temperatura e a súa determinación.

1.1. Define os termos calor e temperatura, e compara as súas escalas de medida.

CCL,CMCT,

CD,CEC

2. Interpretar o primeiro principio da termodinámica como o principio de conservación da enerxía en sistemas nos que se producen intercambios de calor e traballo.

2.1. Relaciona a variación da enerxía interna nun proceso termodinámico coa calor absorbida ou desprendida e o traballo realizado no proceso.

CCL,CMCT,

CD,CSC

2.2. Expresa a calor absorbida ou desprendida nun sistema en función da presión e o volume, e do tipo de proceso que ten lugar.

CCL,CMCT,CAA,SIEP

3. Recoñecer a unidade da calor no Sistema Internacional e o seu equivalente mecánico; determinar os distintos tipos de sistemas termodinámicos e o seu estado.

3.1. Explica, razoadamente, o procedemento para determinar o equivalente mecánico da calor, tomando como referente aplicacións virtuais interactivas asociadas ao experimento de Joule.

CCL,CMCT,CAA

- 3 -

Page 59: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

- Variación da entropía nalgúns procesos fisicoquímicos.

- Entropías absolutas.- Entropía e

espontaneidade.- Entropía e asimetría do

tempo.

4. Dar resposta a cuestións conceptuais sinxelas sobre o segundo principio da termodinámica en relación aos procesos espontáneos.

4.1. Predí a variación de entropía nunha reacción química dependendo da molecularidade e o estado dos compostos que interveñen.

CCL,CMCT,CAA

5. Distinguir os procesos reversibles e irreversibles e a súa relación coa entropía e o segundo principio da termodinámica.

5.1. Considera situacións reais ou figuradas en que se pon de manifesto o segundo principio da termodinámica, asociando o concepto de entropía coa irreversibilidade dun proceso.

CCL,CMCT,

CD,CEC

5.2. Relaciona o concepto de entropía coa espontaneidade dos procesos irreversibles.

CCL,CMCT,

CD,CAA

- 4 -

Page 60: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse escrita e oralmente con corrección, adecuación e coherencia, utlizando o vocabulario propio da unidade, e as estruturas e normas lingüísticas e ortográficas.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como sistema termodinámico, entalpía, entropía, función de estado...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Interpreta correctamente os textos relacionados co primeiro e segundo principio da termodinámica, os motores de combustión e as máquinas térmicas.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas, comprender o que acontece a noso arredor e responder a preguntas.

- Realiza exercicios nos que se comprobe a produción ou absorción de traballo por parte dun sistema, tendo en conta se os procesos se producen a presión e/ou volume constante.

- Calcula a entalpía, a entropía e a enerxía interna dun sistema, para descubrir se un proceso é reversible/irreversible, espontáneo/non espontáneo.

- Resolve exercicios nos que se aplican o primeiro e o segundo principio da termodinámica.

- Realiza, interpreta e comprende diagramas de expansión e compresión de gases e de ciclos termodinámicos.

- 5 -

Page 61: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

Competencia dixital - Empregar e seleccionar, segundo a súa fiabilidade, distintas fontes para a busca de información.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Busca información sobre os ciclos termodinámicos e sobre o cero absoluto de temperatura.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

Competencia para aprender a aprender

- Planificar os recursos necesarios e os pasos a realizar no proceso de aprendizaxe.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Autoavalíase realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa nos ámbitos establecidos.

- Realiza as prácticas no laboratorio virtual, explica os datos obtidos e comparte as súas conclusións co resto do grupo, respectando as quendas de intervención.

- Realiza as prácticas de laboratorio relacionadas coa calorimetría e elabora un informe onde desenvolve o aprendido durante ela.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Deduce, a partir de táboas e gráficas, o comportamento dos sistemas termodinámicos.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico.

- Mostra a súa opinión de xeito crítico acerca de acontecementos científicos relacionados coas distintas escalas de medida da temperatura e o desenvolvemento tecnolóxico de motores.

- 6 -

Page 62: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 4

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 63: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 5

Page 64: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloAspectos enerxéticos e espontaneidade das reaccións químicas

Descrición da unidadeNesta unidade estudaremos a importancia dos intercambios de enerxía nas reaccións químicas, o que nos permitirá avaliar máis adiante se unha reacción é espontánea ou non, ou se é exotérmica ou endotérmica, e facilitará a comprensión do impacto que teñen na vida cotiá as reaccións de combustión.

En primeiro lugar, centrarémonos na termoquímica das reaccións químicas, aprendendo a calcular a variación de enerxía que ten lugar nas reaccións químicas, o que nos permitirá determinar se unha reacción absorbe ou desprende calor. Despois, explicarase a relación entre calor e entalpía de reacción, e como se calcula esta última a través da lei de Hess. A continuación, móstrase como se calcula a variación de entalpía de reacción a partir da variación de enerxía de enlace e desde as entalpías de formación dos compostos e/ou elementos.

A unidade continúa introducindo a definición de espontaneidade dunha reacción química, para o cal se estudarán os factores de que depende; estudaranse os conceptos de enerxía libre de Gibbs e temperatura de equilibrio, relacionándoa coa espontaneidade das reaccións químicas.

Nas últimos epígrafes da unidade destácase a importancia das reaccións de combustión e móstranse como exemplo de reaccións químicas fundamentais para a vida cotiá e para a industria. Comentaranse os usos do carbón como combustible fósil, a contaminación atmosférica do dióxido de carbono, a chuvia ácida e o efecto invernadoiro, e como se poden diminuír todos estes efectos se se diminúe a emisión de CO2.

2. TEMPORALIZACIÓN

Recoméndase impartir os contidos desta unidade ao longo de dúas semanas, é dicir, un total de oito sesións. Estas semanas coincidirán, aproximadamente, coas dúas primeiras semanas de decembro.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Analizar ecuacións termoquímicas e diferenciar entre reaccións endotérmicas e exotérmicas.- Saber calcular de distintas maneiras/formas a entalpía dunha reacción química.- Indicar, de forma cualitativa e cuantitativa, a espontaneidade dun proceso químico en

determinadas condicións a partir da enerxía de Gibbs.- Ser consciente da influencia das reaccións de combustión no nivel social, industrial e

ambiental, e as súas aplicacións.

- 2 -

Page 65: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

A enerxía nas reaccións químicas:

- Intercambio de enerxía nas reaccións químicas.

- Formas de enerxía asociadas a unha reacción química.

- Termoquímica.Calor e entalpía de reacción:

- Ecuacións termoquímicas.- Estados estándar e

entalpías estándar.- Diagramas entálpicos.

Medida da entalpía da reacción. Lei de Hess:

- Lei de Hess.Entalpías de formación e entalpía de reacción:

- Entalpía de formación dos elementos puros.

- Entalpía de formación dunha substancia.

- Entalpía de formación e cálculo de entalpía de reacción.

Enerxía de enlace e entalpía de reacción:

- Enerxía de enlace.- Enerxía de enlace e

entalpía de reacción.Espontaneidade das reaccións químicas:

- Estudo dos factores que inflúen na espontaneidade.

- Enerxía de Gibbs e espontaneidade.

- Temperatura de equilibrio.

1. Interpretar ecuacións termoquímicas e distinguir entre reaccións endotérmicas e exotérmicas.

1.1. Expresa as reaccións mediante ecuacións termoquímicas debuxando e interpretando os diagramas entálpicos asociados.

CCL,CMCT,CAA,SIEP

2. Coñecer as posibles formas de calcular a entalpía dunha reacción química.

2.1. Calcula a variación de entalpía dunha reacción aplicando a lei de Hess, coñecendo as entalpías de formación ou as enerxías de enlace asociadas a unha transformación química dada e interpreta o seu signo.

CCL,CMCT,CAA

3. Predicir, de forma cualitativa e cuantitativa, a espontaneidade dun proceso químico en determinadas condicións a partir da enerxía de Gibbs.

3.1. Identifica a enerxía de Gibbs coa magnitude que informa sobre a espontaneidade dunha reacción química.

CCL,CMCT,CAA

3.2. Xustifica a espontaneidade dunha reacción química en función dos factores entálpicos, entrópicos e da temperatura.

CCL,CMCT,CAA

- 3 -

Page 66: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

Reaccións de combustión:- Reaccións de combustión.- Entalpía de combustión e

elección dun combustible.- Valor enerxético dos

alimentos.Combustibles fósiles e ambiente:

- Contaminación atmosférica.

- O carbón como fonte de enerxía alternativa ao petróleo.

- A chuvia ácida.O papel do CO 2 na atmosfera:

- O dióxido de carbono.- O efecto invernadoiro

anómalo.- Como diminuír a presenza

de CO2.

4. Analizar a influencia das reaccións de combustión no nivel social, industrial e ambiental, e as súas aplicacións.

4.1. A partir de distintas fontes de información, analiza as consecuencias do uso de combustibles fósiles, relacionando as emisións de CO2

co seu efecto na calidade de vida, o efecto invernadoiro, o quentamento global, a redución dos recursos naturais, e outros, e propón actitudes sostibles para minorar estes efectos.

CCL,CMCT,

CD,CSC,CAA

- 4 -

Page 67: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse de forma oral e escrita con corrección, adecuación e coherencia, utilizando o vocabulario corespondente e as estruturas e as normas lingüísticas gramaticais apropiadas.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Xustifica as propiedades de reacción química a través da termodinámica.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como entalpía, espontaneidade, combustibles fósiles...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Efectúa unha lectura comprensiva dos textos propostos ao principio e ao final da unidade, extraendo as ideas principais.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible.

- Desenvolver e promover hábitos de vida saudable en canto á alimentación e ao exercicio físico.

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas, expresándose con propiedade na linguaxe matemática.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios nos que se apliquen a lei de Hess, as entalpías de enlace e de reacción, a enerxía libre de Gibbs...

- Cálcula a espontaneidade e a temperatura de equilibrio das reaccións químicas.

- Realiza, interpreta e comprende diagramas entálpicos e táboas de datos sobre o proceso das reaccións químicas.

- Recoñece a importancia do valor enerxético dos alimentos e valora a importancia dunha dieta sa e equilibrada.

- 5 -

Page 68: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

Competencia dixital - Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre reaccións exotérmicas e endotérmicas, espontaneidade de reaccións, a toxicidade dalgúns elementos e/ou compostos e a contaminación dalgúns gases.

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores, concibindo unha escala de valores propia.

- Realiza a práctica de calorimetría no laboratorio, explica os datos obtidos e comparte as súas conclusións co resto do grupo, respectando as quendas de intervención.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas.

- Ser constante co traballo superando as dificultades.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

- Toma conciencia da importancia do intercambio de enerxía durante unha reacción química e as formas nas que pode aparecer, e relaciónao co explicado na unidade anterior.

- 6 -

Page 69: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Aprecia as imaxes e fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o tema da unidade.

- 7 -

Page 70: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 5

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 71: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 6

Page 72: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloA química do carbono

Descrición da unidadeNesta unidade imos desenvolver, de xeito exhaustivo, a química do carbono, un dos elementos máis importantes para a nosa vida pola cantidade e diversidade de compostos que pode formar, ademais de ser a base química dos seres vivos. Centrarémonos, sobre todo, nos compostos orgánicos que forma o carbono (os máis sinxelos) e nas súas formas alotrópicas. Ademais, comentaremos a relevancia do gas natural, do petróleo e dos seus derivados na industria e na vida cotiá.

Así, faremos unha breve clasificación dos compostos que pode formar o carbono, analizando a súa estrutura e o tipo de cadeas que pode producir, e estudando os seus grupos funcionais máis destacados e as propiedades físicas e químicas dos compostos que forman unha serie. Ademais, explicaranse as cinco formas alotrópicas do carbono (grafito, diamante, grafeno, fullerenos e nanotubos de carbono), indicando cales son sintéticas e cales naturais, e explicando o porqué da importancia destas formas na tecnoloxía.

A continuación, expoñeremos as regras xerais de formulación e nomenclatura segundo a IUPAC para os compostos orgánicos do carbono. Unha vez visto isto, empezaremos a realizar exercicios sobre hidrocarburos, diferenciando entre alcanos, alquenos, alquinos e hidrocarburos aromáticos, e mencionando as súas propiedades máis importantes. Repetiremos este proceso con outros compostos do carbono, sendo os máis importantes os osixenados, os nitroxenados e os haloxenados.

Un dos aspectos máis importantes desta unidade é o referido ao establecemento da relación entre a industria e a química do carbono. En relación con iso, analizaranse os casos do gas natural e do petróleo; para ambos os dous, definiremos as súas características máis importantes, a súa obtención, a súa manipulación e os seus usos e derivados. Por último, estudaranse algunhas reaccións de interese nos seres vivos, como a combustión e a condensación. Explicarase como se producen, onde se producen e por que é vital o seu estudo para o entendemento dos procesos que acontecen a nivel biolóxico.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse dúas semanas e media, é dicir, un total de 10 sesións. Estas semanas poden ser as dúas últimas de decembro e un par de días soltos que se terán acumulado ao longo do trimestre.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Determinar a estrutura do átomo de carbono e describir que tipos de enlaces pode formar.- Diferenciar entre hidrocarburos saturados, insaturados e aromáticos, relacionándoos con

compostos de interese biolóxico e industrial, e diferenciar os distintos tipos de isomería.- Expoñer os fundamentos químicos relacionados coa industria do petróleo e do gas natural.- Recoñecer compostos orgánicos que conteñan funcións osixenadas, nitroxenadas ou

haloxenadas, e coñecer as súas propiedades.- Coñecer as estruturas que presenta o carbono nas súas formas alotrópicas, relacionándoas

coas súas aplicacións.- Comprender o papel da química do carbono nas nosas vidas e ser consciente da necesidade

de adoptar actitudes e medidas ambientais sostibles.

- 2 -

Page 73: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Clasificación das substancias con carbono:

- Variedades alotrópicas do carbono.

- Compostos inorgánicos.- Compostos orgánicos.- Polímeros sintéticos.

O átomo de carbono:- Configuración electrónica

do carbono.- Cadeas carbonadas.- Representación de

moléculas orgánicas.- Modelos moleculares.

Grupos funcionais e series homólogas:

- Grupo funcional.- Serie homóloga.- Composto orgánico.

Regras xerais de formulación e nomenclatura.Hidrocarburos:

- Alcanos.- Propiedades e obtención.- Alquenos e alquinos.- Hidrocarburos alicíclicos.- Hidrocarburos aromáticos.- Propiedades de alquenos e

alquinos.O petróleo e os seus derivados:

- Fraccións do petróleo.- O petróleo como materia

prima.

1. Coñecer a estrutura do átomo de carbono e saber que tipos de enlaces pode formar.

1.1. Recoñece a configuración electrónica do átomo de carbono e sabe que pode formar enlaces simples, dobres e triplos, e cadeas pechadas e/ou abertas carbonadas.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

2. Recoñecer hidrocarburos saturados, insaturados e aromáticos, relacionándoos con compostos de interese biolóxico e industrial, e representar os distintos tipos de isomería.

2.1. Formula e nomea, segundo as normas da IUPAC, hidrocarburos de cadea aberta e pechada e derivados aromáticos, e determina as súas propiedades e métodos de obtención.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP

2.2. Representa os diferentes isómeros dun composto orgánico.

CCL, CMCT,CAA,SIEP

3. Explicar os fundamentos químicos relacionados coa industria do petróleo e do gas natural.

3.1. Describe o proceso de obtención do gas natural e dos distintos derivados do petróleo no nivel industrial e a súa repercusión ambiental.

CCL,CMCT,

CD,CSYC

- 3 -

Page 74: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

O gas natural:- Que é o gas natural?- Orixe e obtención do gas

natural.- O gas natural como

combustible.- O metano.

Outros compostos do carbono:

- Compostos osixenados.- Propiedades dos

compostos osixenados.- Compostos nitroxenados.- Propiedades de aminas e

amidas.- Derivados haloxenados.

Isomería:- Isomería estrutural ou

plana.Formas alotrópicas do carbono:

- O grafito e o diamante.- O grafeno.- Os fulerenos.- Nanotubos de carbono.

Reaccións de interese nos seres vivos:

- Os seres vivos: un inmenso laboratorio químico.

- Reaccións de combustión nos seres vivos.

- Reaccións de condensación nos seres vivos.

4. Identificar compostos orgánicos que conteñan funcións osixenadas, nitroxenadas ou haloxenadas, e determinar as súas propiedades.

4.1. Formula e nomea, segundo as normas da IUPAC, compostos orgánicos sinxelos cunha función osixenada, nitroxenada ou haloxenada, e comenta as súas propiedades máis importantes.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP

5. Diferenciar as estruturas que presenta o carbono nas súas formas alotrópicas, relacionándoas coas súas aplicacións.

5.1. Identifica as formas alotrópicas do carbono e relaciónaas coas súas propiedades fisicoquímicas e as súas posibles aplicacións.

CCL,CMCT,

CD,CSC

6. Valorar o papel da química do carbono nas nosas vidas e recoñecer a necesidade de adoptar actitudes e medidas ambientais sostibles.

6.1. Relaciona as reaccións de condensación e combustión con procesos que acontecen no nivel biolóxico. CCL,

CMCT,CD,CAA

- 4 -

Page 75: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais, para elaborar textos escritos e orais.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en calquera situación.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como isomería, grupos funcionais, alcano, alqueno, alquino...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Xustifica as propiedades dos hidrocarburos a través da súa formación e da súa estrutura.

- Interpreta correctamente os textos relacionados co fraccionamento, craqueo ou cracking do petróleo.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un desenvolvemento sostible.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no ámbito natural e as repercusións para a vida futura.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas, seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Resolve exercicios nos que aparecen representadas as moléculas orgánicas segundo a súa estrutura e os seus grupos funcionais.

- Calcula as entalpías de formación de diferentes compostos para determinar a súa espontaneidade.

- Toma conciencia da importancia da química do carbono, tanto polas súas aplicacións técnicas como pola súa presenza no estudo dos seres vivos.

- Distingue os diferentes compostos de carbono e os seus derivados, e recoñece a prioridade de cada un deles á hora de nomealos.

- 5 -

Page 76: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información, seleccionando as fontes segundo a súa fiabilidade.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Busca información sobre polímeros sintéticos, depósitos de gas natural e a importancia da súa localización, as aplicacións de materiais dos alótropos de carbono, as proteínas, etc.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que cómpre realizar no proceso de aprendizaxe.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

- Aprende a nomear e formular os compostos de carbono segundo as normas da IUPAC.

Competencias sociais e cívicas

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Analiza de forma crítica o desenvolvemento da industria petrolífera e da dependencia que a nosa sociedade ten dela.

- Reflexiona sobre o poder asociado ao dominio das fontes de hidrocarburos e ata onde son capaces de chegar os gobernos para conseguir cotas de poder sobre elas.

- Avalía criticamente a utilización que da ciencia fai a sociedade, sendo consciente dos beneficios que reporta o seu bo uso e dos graves prexuízos que ao medio e á humanidade pode causar o uso indebido dos avances científicos.

- 6 -

Page 77: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

- Realiza de xeito autónomo e grupal os exercicios propostos das simulacións en 3D sobre modelos de moléculas orgánicas coa App Jmol.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Aprecia as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados na unidade.

- 7 -

Page 78: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 6

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 79: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 7

Page 80: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloCinemática. Movementos rectilíneos e a súa composición

Descrición da unidadeNesta unidade comezamos o estudo dos contidos relacionados con Física que establece o currículo da materia. O estudo dos movementos rectilíneos, xa introducidos en cursos anteriores, amplíase, e abórdase a súa composición, dando como resultado o tiro parabólico. Ademais, explicaranse a relatividade do movemento e os sistemas inerciales, e revisaranse as contribucións de Galileo a esta parte da Física.

Así, a unidade comeza lembrando o concepto da relatividade do movemento xa introducido en cursos anteriores, definindo a diferenza entre sistemas de referencia inerciais e non inerciais. Dado que se estudarán conceptos que requiren do uso de vectores, como o de posición e o de desprazamento, recoméndase o uso do despregable, que inclúe os conceptos básicos sobre cálculo vectorial, necesarios para abordar algúns dos temas de Física, especialmente os de cinemática e dinámica.

Despois de introducir o tratamento vectorial da velocidade e a aceleración, definiremos os tipos de movementos rectilíneos que se coñecen: uniformes (m.r.u.) ou uniformemente acelerados (m.r.u.a.). Determinaremos cales son as variables que interveñen en cada un deles, analizando se permanecen constantes co tempo ou non, e o tipo de gráficas que resultan da aplicación das ecuacións que as relacionan.

Por último, estudaremos a composición de movementos rectilíneos, facendo fincapé no movemento parabólico. Describiremos o seu movemento en ambos os dous eixes cartesianos e determinaremos as fórmulas que nos permitirán calcular a traxectoria, o tempo de voo, a altura máxima e o alcance.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse dúas semanas, é dicir, un total de oito sesións, que poden corresponderse coa segunda e a terceira semanas de febreiro.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Diferenciar entre sistemas de referencia inerciais e non inercaiais, e representar graficamente con corrección as magnitudes vectoriais que describen o movemento.

- Identificar, empregar e interpretar graficamente as ecuacións do movemento rectilíneo uniforme e uniformemente acelerado.

- Calcular velocidades, aceleracións e celeridades, medias, e instantáneas, a partir da expresión do vector posición en función do tempo.

- Recoñecer o movemento non circular dun móbil nun plano como a composición de dous movementos unidimensionais: un rectilíneo uniforme e outro uniformemente acelerado (m.r.u.a.).

- 2 -

Page 81: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Relatividade do movemento:- Repouso ou movemento?- Sistema de referencia.

Posición e desprazamento:- Os coeficientes

estequiométricos.Cálculos estequiométricos:

- Vector posición.- Vector desprazamento.

Traxectoria e espazo percorrido:

- Traxectoria.- Espazo percorrido.

Cambios de posición: velocidade:

- Velocidade media.- Velocidade instantánea.- Celeridades media e

instantánea.Cambios de velocidade: aceleración:

- Aceleración media.- Aceleración instantánea.- Compoñentes intrínsecas

da aceleración.- Tipos de movemento.- Cálculo de magnitudes

cinemáticas.Contribucións de Galileo ao estudo do movemento:

- Principio de relatividade.- Lei de caída de graves.

Movementos rectilíneos:

1. Distinguir entre sistemas de referencia inerciais e non inerciais, e saber representar graficamente as magnitudes vectoriais que describen un movemento dentro de calquera destes sistemas.

1.1. Analiza o movemento dun corpo en situacións cotiás, razoando se o sistema de referencia elixido é inercial ou non inercial, e se se atopa en repouso ou en movemento a velocidade constante.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

2. Recoñecer, aplicar e interpretar graficamente as ecuacións do movemento rectilíneo uniforme e uniformemente acelerado.

2.1. Obtén as ecuacións que describen a velocidade e a aceleración dun corpo a partir da expresión do vector posición en función do tempo, resolve exercicios prácticos e interpreta os gráficos destes movementos.

CCL,CMCT,

CD,CAA

3. Determinar velocidades, aceleracións e celeridades, medias, e instantáneas, a partir da expresión do vector posición en función do tempo.

3.1. Identifica o tipo ou tipos de movementos que se formulan nun suposto, e aplica as ecuacións da cinemática para realizar predicións acerca da posición e a velocidade do móbil.

CCL,CMCT,

CD,CAA

- 3 -

Page 82: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

- Movemento rectilíneo uniforme (m.r.u.).

- Movemento rectilíneo uniformemente acelerado (m.r.u.a.).

Composición de movementos rectilíneos:

- Composición de m.r.u.- Movementos parabólicos.

4. Identificar o movemento non circular dun móbil nun plano como a composición de dous movementos unidimensionais: rectilíneo uniforme (m.r.u.) e uniformemente acelerado (m.r.u.a.).

4.1. Recoñece movementos compostos, establece as ecuacións que os describen e calcula o valor de magnitudes como o alcance e a altura máxima.

CCL,CMCT,

CD,CAA

4.2. Resolve problemas relativos a este tipo de movemento, e acha valores instantáneos de posición, velocidade e aceleración.

CCL,CMCT,

CD,CAA

4.3. Emprega simulacións virtuais interactivas para resolver supostos prácticos reais, determinando condicións iniciais, traxectorias e puntos de encontro dos corpos implicados.

CCL,CMCT,

CD,CAA,SIEP,CSC

- 4 -

Page 83: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descriptores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos esritos e orais.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como velocidade, celeridade, aceleración, traxectoria, composición de movementos...

- Expresa de forma oral e escrita os coñecementos adquiridos durante a unidade a través das actividades propostas.

- Comprende os textos relacionados co movemento de asteroides, a xeolocalización e a relatividade do movemento.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes, proporcións, criterios de medición e codificación numérica...

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Resolve exercicios nos que se determinan diferentes magnitudes cinemáticas de movementos rectilíneos e parabólicos.

- Realiza, interpreta e comprende gráficas dos distintos movementos rectilíneos e do tiro parabólico.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Valora a importancia do cálculo vectorial no estudo do movemento e das ecuacións do movemento para obter información sobre o móbil.

- 5 -

Page 84: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre sistemas de referencia, os GPS, etc.

- Utiliza os patróns de ecuacións para alixeirar os cálculos matemáticos e centrar a súa atención no significado físico dos problemas.

Competencia para aprender a aprender

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo e para a resolución de conflitos.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Utiliza os patróns de ecuacións matemáticas para poder realizar con maior facilidade os problemas e así comprender máis facilmente o significado físico.

- Usa novos métodos matemáticos para a resolución dos exercicios, como a función derivada ou os intervalos de tempo infinitesimal.

- 6 -

Page 85: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

Conciencia e expresións culturais

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

- Elabora un informe sobre o modo en que opera o GPS, e sobre o proxecto Galileo da Axencia Espacial Europea (ESA).

- 7 -

Page 86: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 7

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos quese tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións, visualizador de moléculas e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 87: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 8

Page 88: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloCinemática. Movementos circulares e oscilatorios

Descrición da unidadeNesta unidade continuamos co estudo da cinemática, centrándonos nos movementos circulares e oscilatorios. Explicaremos a importancia da aceleración nestes movementos e relacionaremos as magnitudes lineais coas angulares. Así, despois de abordar o estudo dos movementos circular uniforme e uniformemente acelerado, estúdase a cinemática do movemento harmónico simple e explícase como proxección do m.c.u. O novo currículo estrutura os contidos de Física en tres bloques: cinemática, dinámica e enerxía; por iso, o estudo dinámico e enerxético do oscilador harmónico realízase máis adiante, nas unidades que tratan os bloques correspondentes referidos.

A unidade comeza lembrando as magnitudes cinemáticas angulares máis representativas, como a posición angular, a velocidade angular e a aceleración angular, mostrando a súa representación gráfica fronte ao tempo. Ademais, veranse dúas variables de grande importancia no estudo dos movementos periódicos: o período e a frecuencia.

No estudo do movementos circulares resáltanse as súas similitudes e diferenzas, á luz das ecuacións e representacións gráficas que permiten analizalos.

Por último, describiremos o movemento harmónico simple como o movemento oscilatorio máis importante. Identificaremos as súas ecuacións e estudaremos as súas gráficas, ademais de definir as súas magnitudes máis representativas. Para finalizar a unidade, como xa se indicou, faremos unha breve aproximación deste movemento como proxección do movemento circular sobre calquera dos eixes de referencia con orixe no centro dunha circunferencia.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse 3 semanas, é dicir, un total de 12 sesións. Serán a cuarta semana de febreiro e as dúas primeiras de marzo.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Reproducir as ecuacións dos movementos circulares e utilizalas en situacións concretas.- Comprender as representacións gráficas dos movementos circulares.- Definir o movemento circular uniformemente acelerado e explicar a aceleración en función

das súas compoñentes intrínsecas.- Relacionar nun movemento circular as magnitudes angulares coas lineais.- Saber cal é o significado físico dos parámetros que describen o movemento harmónico

simple (m.h.s.) e relacionalo co movemento dun corpo que oscile harmonicamente.

- 2 -

Page 89: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Magnitudes cinemáticas angulares:

- Posición angular (ϕ).- Velocidade angular (ω).- Aceleración angular (α).- Relación coas magnitudes

lineais.Movemento circular uniforme, m.c.u:

- Ecuacións e gráficas.- Período e frecuencia.

Movemento circular uniformemente acelerado, m.c.u.a:

- Ecuacións e gráficas.Movemento harmónico simple:

- Movemento oscilatorio.- Movemento harmónico

simple (m.h.s.).- Cinemática do m.h.s.- O movemento harmónico

simple como proxección do movemento circular uniforme.

1. Recoñecer as ecuacións dos movementos circulares e aplicalas en situacións concretas.

1.1. Obtén as ecuacións que describen a velocidade e a aceleración dun corpo a partir da expresión do vector posición en función do tempo.

CCL,CMCT,CAA

1.2. Resolve exercicios prácticos de cinemática en dúas dimensións (movemento dun corpo nun plano) aplicando as ecuacións do m.c.u. e do m.c.u.a.

CCL,CMCT,CAA

2. Interpretar representacións gráficas dos movementos circulares.

2.1. Interpreta as gráficas que relacionan as variables implicadas no movemento circular uniforme, m.c.u., aplicando as ecuacións adecuadas para obter os valores do espazo percorrido, a velocidade e a aceleración.

CCL,CMCT,CAA

3. Describir o movemento circular uniformemente acelerado e expresar a aceleración en función das súas compoñentes intrínsecas.

3.1. Identifica as compoñentes intrínsecas da aceleración en distintos casos prácticos e aplica as ecuacións que permiten determinar o seu valor.

CCL,CMCT

- 3 -

Page 90: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

4. Relacionar nun movemento circular as magnitudes angulares coas lineais.

4.1. Relaciona as magnitudes lineais e angulares para un móbil que describe unha traxectoria circular, establecendo as ecuacións correspondentes.

CCL,CMCT

5. Coñecer o significado físico dos parámetros que describen o movemento harmónico simple (m.h.s.) e asocialo co movemento dun corpo que oscile harmonicamente.

5.1. Deseña e describe experiencias que poñan de manifesto o movemento harmónico simple (m.h.s.) e determina as magnitudes involucradas.

CCL,CMCT,

CD

5.2. Interpreta o significado físico dos parámetros que aparecen na ecuación do movemento harmónico simple.

CCL,CMCT,

CD

5.3. Predí a posición dun oscilador harmónico simple coñecendo a amplitude, a frecuencia, o período e a fase inicial.

CCL,CMCT,

CD

5.4. Obtén a posición, a velocidade e a aceleración nun movemento harmónico simple, aplicando as ecuacións que o describen.

CCL,CMCT,

CD

5.5. Analiza o comportamento da velocidade e a aceleración dun movemento harmónico simple en función da elongación.

CCL,CMCT,

CD

- 4 -

Page 91: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

5.6. Representa graficamente a posición, a velocidade e a aceleración do movemento harmónico simple (m.h.s.) en función do tempo, comprobando a súa periodicidade.

CCL,CMCT,

CD

- 5 -

Page 92: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descriptores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Xustifica o movemento harmónico simple como proxección do movemento circular uniforme.

- Adquire e comprende novos conceptos como velocidade angular, período, frecuencia angular, amplitude, elongación...

- Interpreta correctamente os textos relacionados co mecanismo de biela-manivela, e do método do tránsito.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes, criterios de medición...

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Expresarse con propiedade en linguaxe matemática.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios nos que se aplican as ecuacións do movemento circular uniforme, do uniformemente acelerado e do harmónico simple.

- Calcula as magnitudes angulares e lineais dos movementos circulares e das constantes do movemento harmónico simple.

- Realiza, interpreta e comprende gráficas, esquemas e táboas, relacionados cos movementos circulares e co movemento harmónico simple.

Competencia dixital - Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecementos.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre planetas descubertos polo método do tránsito.

- 6 -

Page 93: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Concibir unha escala de valores e actuar conforme a ela.

- Elaborar argumentacións baseadas en evidencias.

- Aprecia os movementos circulares e/ou harmónicos da natureza e percíbeos na súa vida cotiá, explicándoos de acordo co aprendido durante a unidade.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Transformar as ideas en actos.

- Ser constante no traballo, superando as dificultades.

- Mostra interese por complementar o estudo dos contidos da unidade utilizando os diferentes recursos ofrecidos e é capaz de complementalos buscando outro tipos de recursos utlizando as TIC.

Conciencia e expresións culturais

- Desenvolver a capacidade de empregar distintos materiais e técnicas no deseño de proxectos.

- Aprecia as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o tema da unidade.

- Representa en forma de gráfico os movementos circulares da vida cotiá e sabe demostrar a súa validez.

- 7 -

Page 94: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 8

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 8 -

Page 95: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 9

Page 96: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloDinámica. As forzas e os seus efectos

Descrición da unidadeNesta unidade empezaremos o estudo dos contidos relacionados coa dinámica. Comezaremos lembrando o concepto de forza, como se mide e o tipo de interaccións en que se clasifican. Explicaremos os principios da dinámica e os seus efectos, ademais de definir que é o momento lineal dunha forza e que tipo de aplicacións ten isto nalgúns movementos, centrándonos no movemento rectilíneo, o circular uniforme e o harmónico simple.

En primeiro lugar, expresaremos as forzas como medidas de interaccións de distintos tipos (gravitacional, electromagnética e nuclear) e comentaremos as novas consideracións que foron xurdindo ao longo dos últimos anos. A continuación, definiremos os principios da dinámica: as tres leis de Newton e veremos a relación entre estas e o principio de relatividade de Galileo.

A continuación, explicaremos o concepto de momento lineal e introduciremos o de impulso mecánico dunha forza e a conservación da cantidade de movemento. Estas ideas relacionarémolas coa segunda lei da dinámica e resolveremos situacións nas que estean involucrados dous ou máis corpos.

Remataremos a unidade desenvolvendo a dinámica de movementos estudados nas unidades anteriores, dedicadas á cinemática; trátase do movemento rectilíneo, o movemento circular uniforme e o movemento harmónico simple. Realizaremos os debuxos que representen os seus esquemas de forzas e calcularemos as súas velocidades, aceleracións, tensións... e outras variables importantes para a súa comprensión.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse tres semanas, é dicir, un total de doce sesións. Serán as tres últimas semanas de marzo.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Recoñecer todas as forzas que actúan sobre un corpo.- Resolver situacións desde un punto de vista dinámico nas que aparezan planos inclinados

e/ou poleas.- Identificar as forzas elásticas en situacións cotiás e describir os seus efectos.- Aplicar o principio de conservación do momento lineal a sistemas de dous corpos e calcular o

seu movemento a partir das condicións iniciais.- Demostrar a necesidade de que existan forzas para que se produza un movemento circular.

- 2 -

Page 97: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSYC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

As forzas como medida das interaccións:

- Que é a forza?- Forzas por contacto e a

distancia.- Interaccións fundamentais.

Principios da dinámica:- Primeira lei. Principio de

inercia.- Segunda lei. Principio

fundamental da dinámica.- Terceira lei. Principio de

acción e reacción.- Principio de relatividade de

Galileo.Cantidade de movemento ou momento lineal:

- Momento lineal dunha partícula.

- Variación do momento lineal.

- Teorema do impulso mecánico.

- Conservación da cantidade de movemento.

Dinámica dalgúns movementos.Estudo dinámico de situacións cotiás:

- Movemento nun plano horizontal.

- Movemento nun plano inclinado.

- Movemento de corpos enlazados.

- Movemento circular uniforme.

1. Identificar todas as forzas que actúan sobre un corpo.

1.1. Representa todas as forzas que actúan sobre un corpo, obtendo a resultante e extraendo consecuencias sobre o seu estado de movemento.

CMCT,CCL,CD,

CAA,CSC

1.2. Debuxa o diagrama de forzas dun corpo situado no interior dun ascensor en diferentes situacións de movemento, calculando a súa aceleración a partir das leis da dinámica.

CMCT,CCL,CD,

CAA,CEC

2. Resolver situacións desde un punto de vista dinámico nas que aparecen planos inclinados e/ou poleas.

2.1. Calcula o módulo dunha forza en casos prácticos sinxelos.

CMCT,CCL,CAA

2.2. Resolve supostos nos que aparecen forzas de rozamento en planos horizontais ou inclinados, aplicando as leis de Newton.

CMCT,CCL,CAA,SIEP

2.3. Relaciona o movemento de varios corpos unidos mediante cordas tensas e poleas, coas forzas actuantes sobre cada un dos corpos.

CMCT,CCL,CAA

- 3 -

Page 98: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

- Movemento harmónico simple.

3. Recoñecer as forzas elásticas en situacións cotiás e describir os seus efectos.

3.1. Determina experimentalmente a constante elástica dun resorte aplicando a lei de Hooke e calcula a frecuencia coa que oscila unha masa coñecida unida a un extremo do citado resorte.

CMCT,CCL,CAA

3.2. Demostra que a aceleración dun movemento harmónico simple (m.h.s.) é proporcional ao desprazamento, utlizando a ecuación fundamental da dinámica.

CMCT,CCL,CAA

4. Aplicar o principio de conservación do momento lineal a sistemas de dous corpos e predicir o seu movemento a partir das condicións iniciais.

4.1. Establece a relación entre impulso mecánico e momento lineal aplicando a segunda lei de Newton.

CMCT,CCL,CAA,CD

4.2. Explica o movemento de dous corpos en casos prácticos como colisións e sistemas de propulsión mediante o principio de conservación do momento lineal.

CMCT,CCL,CD

5. Xustificar a necesidade de que existan forzas para que se produza un movemento circular.

5.1. Aplica o concepto de forza centrípeta para resolver e interpretar problemas de móbiles en curvas e en traxectorias circulares.

CMCT,CCL

- 4 -

Page 99: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descriptores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como forza, interacción, plano inclinado, cantidade de movemento, momento lineal...

- Relaciona os textos da cabeceira e do final da unidade cos seus contidos.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos de análises rigorosas para mellorar a comprensión da realidade circundante en distintos ámbitos.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Valora a importancia das leis de Newton e das interaccións fundamentais para a comprensión da natureza.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios teóricos e problemas prácticos coas ecuacións que representan os diferentes tipos de forzas que existen na natureza.

- Deseña esquemas de forzas en calquera tipo de corpo e/ou situación e recoñece as gráficas das forzas rectilíneas, circulares e oscilatorias.

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información e seleccionalas segundo a súa fiabilidade.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre a teoría de cordas, sistemas de referencia e máquinas simples.

- 5 -

Page 100: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

Competencia para aprender a aprender

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Utilizar os coñecementos adquiridos en favor da aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e ideas.

- Recoñece a dificultade da teoría de cordas para o universo e respecta as opinións dos demais ao debater sobre ela.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Asumir as reponsabilidades encomendadas e dar conta delas.

- Ser constante no traballo superando as dificultades.

- Mostra iniciativa no traballo grupal realizado no laboratorio e intégrase no equipo, realizando as tarefas asignadas e facilitando o traballo colaborador.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no contorno cotián.

- Valora as imaxes e fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o tema da unidade.

- Realiza unha presentación sobre máquinas simples e elixe e/ou deseña as imaxes que representen mellor a realidade.

- 6 -

Page 101: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 9

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 102: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 10

Page 103: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloTraballo e enerxía

Descrición da unidadeNesta unidade afondaremos nos conceptos de traballo e enerxía. Comezaremos explicando a importancia de atopar unha magnitude que tenda unha ponte entre a forza e a enerxía: o traballo; despois de explicar a expresión en forma de produto escalar que lle corresponde, aprenderemos a calcular o traballo realizado por forzas constantes e variables, así como o traballo total recibido por un corpo.

É agora, na unidade dedicada á enerxía, cando podemos complementar o estudo cinemático e dinámico de sistemas como un resorte que cumpre a lei de Hooke ou dun corpo que describe un m.h.s. Tras analizar o primeiro dos descritos, pasaremos a establecer a relación entre o traballo e as forzas conservativas e non conservativas, relación de capital importancia para o estudo de contidos deste curso e de segundo de Bacharelato.

A continuación, afondaremos noutros conceptos xa coñecidos polos nosos estudantes; trátase de todos aqueles relacionados coas enerxías cinética e potencial e co teorema de conservación da enerxía mecánica, que agora estudamos tamén en presenza de forzas non conservativas.

Finalizamos a unidade co estudo dos aspectos enerxéticos relacionados co oscilador harmónico, como xa se indicou, e estudando a relación entre os choques elásticos e o momento lineal, para rematar coa enunciación do principio xeral de conservación da enerxía.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse tres semanas, é dicir, un total de doce sesións. Serán as tres últimas semanas de abril.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Identificar os conceptos de traballo e enerxía.- Distinguir os tipos de enerxía que existen e resaltar a importancia da enerxía potencial e a

enerxía cinética.- Deducir a lei de conservación da enerxía mecánica e utilizala á resolución de casos

prácticos.- Definir sistemas conservativos e non conservativos e determinar o seu uso en casos

prácticos.

- 2 -

Page 104: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Traballo mecánico:- Forza ou enerxía?- Traballo.- Concepto de traballo.- Traballo dunha forza

constante.- Traballo como produto

escalar.- Traballo total recibido por

un corpo.- Traballo dunha forza

variable.- Traballo da forza elástica.- Forzas conservativas e

non conservativas.Enerxía cinética:

- Teorema da enerxía cinética.

- Propiedades da enerxía cinética.

- Enerxía cinética e lei da inercia.

Enerxía potencial:- Enerxía potencial

gravitacional.- Enerxía potencial elástica.- Forzas conservativas e

enerxía potencial.

Conservación da enerxía:- Conservación da enerxía

mecánica.- Presenza de forzas non

conservativas.- O oscilador harmónico.- Choque elástico.- Principio xeral de

conservación da enerxía.

1. Entender os conceptos de traballo e enerxía.

1.1. Define os termos de enerxía e de traballo, e determina os tipos que hai de cada un deles.

CCL,CMCT,CEC,CSC

1.2. Calcula os valores de traballo e de enerxía en distintos tipos de sistemas.

CCL,CMCT,CEC

2. Diferenciar os tipos de enerxía que existen e destacar a importancia da enerxía potencial e a enerxía cinética.

2.1. Identifica a enerxía cinética, explica as súas propiedades e resolve exercicios da lei da inercia.

CCL,CMCT,CEC

2.2. Explica os tipos de enerxía potencial máis representativos e relaciona este concepto co de traballo para explicar as forzas conservativas.

CCL,CMCT,CEC

3. Establecer a lei de conservación da enerxía mecánica e aplicala á resolución de casos prácticos.

3.1. Aplica o principio de conservación da enerxía para resolver problemas mecánicos, determinando valores de velocidade e posición, así como de enerxía potencial e cinética.

CCL,CMCT,CEC

- 3 -

Page 105: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

4. Describir sistemas conservativos e non conservativos e explicar o seu uso en casos prácticos.

4.1. Determina a presenza de forzas conservativas ou non conservativas nun sistema e describe as características de varios sistemas dependendo da natureza das súas forzas.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

- 4 -

Page 106: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade como traballo, enerxía, conservación da enerxía mecánica, movemento harmónico...

- Relaciona os textos da cabeceira e do final da unidade cos seus contidos.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Organizar a información utilizando procedementos matemáticos.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Valora a pulcritude e o rigor no traballo, tanto de laboratorio como teórico.

- Resolve exercicios prácticos e teóricos sobre a enerxía (todos os tipos de enerxía expostas na unidade) e o traballo.

- Debuxa e comenta esquemas e gráficas de forzas e enerxías.

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información seleccionándoas pola súa fiabilidade.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre o traballo realizado a un corpo, choques inelásticos nos coches, a enerxía eólica...

- 5 -

Page 107: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta, e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e traballo e para a resolución de conflitos.

- Chega a acordos a través do diálogo nas actividades grupais e colaboradoras que se suxiren, como é o caso de propostas de investigación e traballos de laboratorio.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos ao tema.

- Realiza exercicios relacionados cos contidos, aplicando as fórmulas de enerxía e de traballo.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Valora as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o desenvolvemento da unidade.

- 6 -

Page 108: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 10

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 109: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descriptores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 11

Page 110: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloA lei de gravitación universal

Descrición da unidadeNesta unidade faremos unha introdución histórica sobre a evolución do pensamento acerca dos sistemas planetarios desde a Antigüidade ata o século XVII e deterémonos en Kepler para comentar as súas leis e as súas aplicacións. Enunciaremos a lei da gravitación universal, estudaremos a forza gravitacional e os seus efectos. Remataremos analizando as aplicacións da lei de gravitación universal e determinaremos certas variables que dependen dela.

Comezaremos o noso repaso histórico explicando a idea que tiñan do universo os filósofos gregos; para Aristóteles, o universo dividíase nun mundo sublunar e outro supralunar. Avanzaremos ata chegar á astronomía xeocéntrica, onde a Terra ocupaba o centro do universo e introduciremos as ideas do heliocentrismo, destacando en todos os casos os estudosos máis representativos. Enunciaremos as tres leis de Kepler e demostrarémolas, ademais de comentar as súas aplicacións máis importantes.

Seguiremos coa lei de gravitación universal enunciada por Newton; determinaremos a súa fórmula matemática, o valor da constante de gravitación universal e como se unificou a mecánica dos ceos coa da Terra, creándose unha lei universal. Introduciremos o termo de forzas centrais, momento de forzas e momento angular e comentaremos a súa importancia respecto ao movemento dun planeta no universo.

Por último, explicaremos os conceptos de centro de gravidade e peso. Veremos como varía a gravidade coa altura ou dependendo da superficie do planeta no que nos situemos, en función do raio e da masa do devandito planeta. Aprenderemos, tamén, a calcular a velocidade e a enerxía en órbita dun corpo.

O apartado TIC sobre os simuladores astronómicos pode utilizarse para afianzar diversos contidos relacionados coa unidade.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse 3 semanas, é dicir, un total de 12 sesións. Serán as tres primeiras semanas de maio.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Contextualizar os diferentes modelos astronómicos polos que pasou a Física.- Relacionar as leis de Kepler co estudo do movemento.- Vincular o movemento orbital coa actuación de forzas centrais e a conservación do momento

angular.- Aplicar a lei de gravitación universal para estimar o peso dos corpos e a interacción entre

corpos celestes, tendo en conta o seu carácter vectorial.

- 2 -

Page 111: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

De Platón a Newton:- Os sistemas planetarios

primitivos.- A astronomía xeocéntrica.- A revolución copernicana.- O modelo de Tycho Brahe.

As leis de Kepler do movemento planetario:

- As leis de Kepler.- Aplicación da lei das áreas.- Validez das leis de Kepler.

Lei da gravitación universal:- Enunciado da lei da

gravitación.- Gravidade e as leis de

Kepler.- Unificación da mecánica.

Carácter central da forza gravitacional:

- Forzas centrais e gravitación.

- Momento da forza gravitacional.

- Momento angular dun planeta.

- Conservación do momento angular.

Aplicación da lei da gravitación universal:

- Centro de gravidade.- Concepto de peso.

1. Relacionar os diferentes modelos astronómicos aparecidos ao longo da historia.

1.1. Relaciona a historia da astronomía coa evolución das teorías físicas sobre a posición da Terra no universo.

CCL,CMCT,CAA,CD,CSC

2. Contextualizar as leis de Kepler no estudo do movemento.

2.1. Comproba as leis de Kepler a partir de táboas de datos astronómicos correspondentes ao movemento dalgúns planetas.

CCL,CMCT,

CD,SIEP

2.2. Describe o movemento orbital dos planetas do sistema solar aplicando as leis de Kepler e extrae conclusións acerca do seu período orbital.

CCL,CMCT,CEC

3. Asociar o movemento orbital coa actuación de forzas centrais e a conservación do momento angular.

3.1. Aplica a lei de conservación do momento angular ao movemento elíptico dos planetas, relacionando valores do raio orbital e da velocidade en diferentes puntos da órbita.

CCL,CMCT,CAA

- 3 -

Page 112: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

- Variación da gravidade.- Masa inerte e masa

gravitacional.- Carácter vectorial da forza

gravitacional.- Velocidade e enerxía en

órbita.

3.2. Utiliza a lei fundamental da dinámica para explicar o movemento orbital de distintos corpos como satélites, planetas e galaxias, relacionando o raio e a velocidade orbital coa masa do corpo central.

CCL,CMCT

4. Determinar e aplicar a lei de gravitación universal á estimación do peso dos corpos e á interacción entre corpos celestes tendo en conta o seu carácter vectorial.

4.1. Expresa a forza da atracción gravitacional entre dous corpos calquera, coñecidas as variables das que depende, establecendo como inciden os cambios nestas sobre aquela.

CCL,CMCT

4.2. Compara o valor da atracción gravitacional da Terra sobre un corpo na súa superficie coa acción de corpos afastados sobre o mesmo corpo.

CCL,CMCT

- 4 -

Page 113: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descritores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais, para elaborar textos escritos e orais.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade como xeocentrismo, heliocentrismo, órbitas elípticas, lei de gravitación universal...

- Relaciona os textos da cabeceira e do final da unidade cos seus contidos.

- Efectúa unha lectura comprensiva dos textos propostos ao principio e ao final da unidade, ademais dos textos sobre simuladores astronómicos, extraendo as ideas principais.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios nos que se aplique a lei de gravitación universal.

- Calcula a velocidade, a enerxía en órbita e do momento angular dun planeta e demostra a súa conservación.

- Realiza, interpreta e comprende esquemas vectoriais que representan distintas magnitudes que se producen nun planeta.

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre a gravimetría, Domingo de Soto e a lei da caída de graves.

- 5 -

Page 114: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Utilizar os coñecementos adquiridos en favor da aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

Competencias sociais e cívicas

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Elaborar argumentacións baseadas en evidencias.

- É consciente da importancia da evolución do pensamento científico e de como se relaciona coa tecnoloxía e o modo de vida da nosa sociedade.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posiblidiades desde coñecementos previos do tema.

- Valora a importancia do cálculo vectorial e da simetría de corpos tridimensionais para calcular magnitudes físicas.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Valora as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o tema da unidade.

- Resalta a importancia do desenvolvemento histórico da evolución do pensamento desde a Antigüidade ata os nosos días.

- 6 -

Page 115: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 11

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores como finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións, e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado como para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 116: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Presentación da unidade

2. Temporalización

3. Obxectivos didácticos

4. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables/Competencias clave

5. Competencias clave: Descritores e Desempeños

6. Recursos

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade

BACHARELATO

Física e Química 1Programación

Unidade 12

Page 117: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

TítuloA lei de Coulomb

Descrición da unidadeNesta unidade estudaremos o comportamento eléctrico da materia. Partiremos da lei de Coulomb, dando previamente unhas breves pinceladas históricas sobre os fluídos eléctricos ata chegar ás partículas cargadas. Continuaremos coa expresión vectorial da forza eléctrica e falaremos de traballo, enerxía e potencial eléctricos. Para finalizar o tema, sinalaremos a natureza eléctrica da materia e a súa importancia para formar enlaces, e remataremos a unidade cun estudo comparativo entre as forzas eléctrica e gravitacional.

En primeiro lugar, falaremos das ideas máis importantes na historia sobre a electricidade e o seu descubrimento, ata chegar á lei de Coulomb. Neste punto, resaltaremos a súa veracidade fronte ao resto de teorías e identificaremos a súa fórmula matemática. Diremos que o coulomb é a unidade de carga eléctrica e comentaremos o seu valor como unidade. Para poder calcular a forza total que actúa sobre cada partícula que forma parte dun sistema, explicaremos o principio de superposición.

A continuación, determinaremos as fórmulas matemáticas que utilizaremos para calcular o traballo, a enerxía e o potencial eléctricos. Expoñeremos para que se utilizan e que é o que miden. Indicaremos cando se descubriu o electrón e por que foi tan importante e determinaremos a condutividade de certos materiais da vida cotiá.

Para rematar, sinalaremos as semellanzas e as diferenzas entre a forza eléctrica e a forza gravitacional. Destacaremos a importancia da fortaleza ou intensidade intrínseca de cada unha delas, que será especialmente notoria no caso das particulas atómicas, debido ás masas, cargas e distancias que interveñen. Sacaremos conclusións relevantes sobre aspectos da constitución da materia que non poden explicarse doutro modo.

2. TEMPORALIZACIÓN

Para esta unidade utilizaranse 3 semanas, é dicir, un total de 12 sesións. Serán a última semana de maio e as dúas primeiras de xuño.

3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

- Expoñer o desenvolvemento histórico dos fenómenos eléctricos e enumerar as características básicas da electricidade.

- Identificar a lei de Coulomb e describir a interacción entre dúas cargas eléctricas puntuais.- Relacionar a diferenza de potencial eléctrico co traballo necesario para transportar unha

carga entre dous puntos dun campo eléctrico e establecer a súa unidade no Sistema Internacional.

- Demostrar a natureza eléctrica da materia e vinculala coa estrutura eléctrica do átomo.- Sinalar as diferenzas e semellanzas entre as interaccións eléctrica e gravitacional.

- 2 -

Page 118: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

4. CONTIDOS DA UNIDADE / CRITERIOS DE AVALIACIÓN / ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES / COMPETENCIAS CLAVE

Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido de iniciativa e espírito emprendedor (SIEP) e conciencia e expresións culturais (CEC).

Contidos Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe avaliables CC

Fenómenos eléctricos:- Desenvolvemento da

electricidade.- Os fluídos eléctricos.

Forza eléctrica entre corpos cargados:

- Lei de Coulomb.- Unidade de carga eléctrica.

Carácter vectorial da forza eléctrica:

- Carácter vectorial da lei de Coulomb.

- Principio de superposición.Traballo e enerxía:

- Traballo da forza eléctrica.- Enerxía potencial eléctrica.- Campo de forza.- Potencial eléctrico.- Diferenza de potencial.

Natureza eléctrica da materia:

- Descubrimento do electrón.

- Modelos eléctricos do átomo.

- Condutores e illantes.Forza eléctrica e forza gravitacional:

- Semellanzas entre a lei de Newton e a lei de Coulomb.

- Diferenzas entre forzas gravitacional e eléctrica.

1. Coñecer o desenvolvemento histórico dos fenómenos eléctricos e entender as características básicas da electricidade.

1.1. Repasa, de forma cronolóxica, o desenvolvemento da electricidade e a distintas versións da expresión «fluído eléctrico» para a comprensión da electricidade.

CCL,CMCT,

CD,CAA,CEC

2. Coñecer a lei de Coulomb e caracterizar a interacción entre dúas cargas eléctricas puntuais.

2.1. Determina a lei de Coulomb e utilízaa para calcular a forza neta que un conxunto de cargas exerce sobre unha carga problema.

CCL,CMCT,

CD

3. Vincular a diferenza de potencial eléctrico co traballo necesario para transportar unha carga entre dous puntos dun campo eléctrico e coñecer a súa unidade no Sistema Internacional.

3.1. Asocia o traballo necesario para trasladar unha carga entre dous puntos dun campo eléctrico coa diferenza de potencial existente entre eles, permitindo a determinación da enerxía implicada no proceso.

CCL,CMCT,

CD

4. Explicar a natureza eléctrica da materia e relacionala coa estrutura eléctrica do átomo.

4.1. Describe o descubrimento do electrón e a importancia da natureza eléctrica dos electróns e protóns á hora de caracterizar un átomo.

CCL,CMCT

- 3 -

Page 119: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

5. Valorar as diferenzas e semellanzas entre a interacción eléctrica e a gravitacional.

5.1. Compara a lei de Newton da gravitación universal e a de Coulomb, establecendo diferenzas e semellanzas entre elas.

CCL,CMCT

5.2. Determina as forzas electrostática e gravitacional entre dúas partículas de carga e masa coñecidas, e compara os valores obtidos extrapolando conclusións ao caso dos electróns e o núcleo dun átomo.

CCL,CMCT,CSC

- 4 -

Page 120: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

5. COMPETENCIAS CLAVE: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencias clave Descriptores Desempeños

Competencia en comunicación lingüística

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Expresarse oralmente con corrección e coherencia, respectando as normas de comunicación en calquera contexto.

- Utilizar o vocabulario axeitado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais, para elaborar textos escritos e orais.

- Relaciona os textos da cabeceira e do final da unidade cos seus contidos.

- Define e utiliza correctamente os termos relacionados coa unidade, como fluídos eléctricos, carga eléctrica, campo de forza, potencial eléctrico...

- Explica o que é unha balanza de torsión, como se utiliza e por que foi importante, tanto na experiencia de Cavendish coma na de Coulomb.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas, comprender o que acontece arredor nosa e responder preguntas.

- Comprender e interpretar a información presentada en formato gráfico.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Toma conciencia do valor do método científico como xeito de traballar rigoroso e sistemático, útil non só no ámbito das ciencias.

- Resolve exercicios prácticos e teóricos sobre a lei de Coulomb e todas as propiedades que se derivan dela.

- Diferencia entre materiais illantes e condutores e aplícao a casos da vida cotiá.

- Recoñece e debuxa as gráficas que representan a forza que exercen unhas partículas sobre outras.

Competencia dixital - Empregar distintas fontes para a busca de información seleccionándoas segundo a súa fiabilidade.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Utiliza os recursos incluídos na web de Anaya para afianzar a comprensión de conceptos.

- Realiza as actividades interactivas da unidade.

- Busca información sobre condesadores e a súa capacidade, superficies equipotenciais e balanzas de torsión.

- 5 -

Page 121: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

Competencia para aprender a aprender

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Valora os seus coñecementos realizando os tests de autoavaliacións inicial e final da unidade.

- Realiza as actividades interiores e finais da unidade.

- Relaciona os contidos da unidade anterior cos desta e utiliza o aprendido para afianzar o ata aquí adquirido.

- Explica a interacción atómica desde un punto de vista eléctrico e relaciónao co aprendido en unidades anteriores na formación de estruturas moleculares.

Competencias sociais e cívicas

- Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e ideas.

- Recoñece a contribucion das ideas de diferentes científicos para poder chegar a elaborar unha teoría que explique as evidencias experimentais.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos do tema.

- Contrasta a forza eléctrica coa gravitacional e sinala as súas semellanzas e diferenzas, para aplicalas a situacións concretas.

Conciencia e expresións culturais

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián.

- Destacar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento científico.

- Valora as imaxes e as fotografías do libro do alumnado que representan de forma clara e real os procesos explicados durante o tema da unidade.

- Resalta a importancia do desenvolvemento histórico da electricidade e da evolución do pensamento desde a Antigüidade ata os nosos días.

- 6 -

Page 122: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1º BACHARELATO FÍSICA E QUÍMICA Unidade 12

6. RECURSOS

Os seguintes materiais utilizaranse para afianzar a aprendizaxe dos contidos durante toda a unidade:

- Caderno do alumnado; nel realizaranse as actividades propostas nas epígrafes, as finais e as suxeridas polo profesorado, ademais dos apuntamentos que se tomen na aula e no laboratorio.

- Material de laboratorio necesario para desempeñar prácticas de laboratorio relacionadas cos contidos desta unidade.

- Fontes de consulta como libros, enciclopedias, revistas, páxinas webs... que se utilizarán como material de apoio e ampliación.

- Solucionario de todas as actividades recollidas na unidade (tanto das epígrafes interiores coma finais), nas que se inclúe unha explicación procedemental que permite alcanzar o resultado correcto.

Recursos dixitais

- Tests de autoavaliación inicial e final da unidade.

- Xerador de avaliacións, que permite ao profesorado obter varios modelos distintos de exames con preguntas sobre cada un dos estándares de aprendizaxe da unidade. Esta aplicación inclúe tamén a resolución dos exames propostos.

- Web de Anaya, na que se inclúen presentacións, follas de cálculo, laboratorios virtuais, animacións, autoavaliacións, xerador de avaliacións, e outros tipos de recursos. Con estes materiais presentamos un apoio eficaz, tanto para o alumnado coma para o profesorado, para o estudo da unidade, así como para ampliar os seus contidos.

7. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSID ADE

O profesorado dispón dunha rúbrica no anexo «Ferramentas de avaliación» para avaliar as medidas para a inclusión e a atención á diversidade individual e do grupo que o desenvolvemento da unidade requira.

- 7 -

Page 123: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

A avaliación debe ir enfocada a mellorar a aprendizaxe dos alumnos; para iso, é necesario diversificar as ferramentas de avaliación e programar tempos e espazos na aula.

Propoñemos aquí algunhas ferramentas destinadas á avaliación de desempeños competenciais, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Unhas serán para o desenvolvemento común de competencias en todas as áreas; outras, para a avaliación das aprendizaxes concretas postas en práctica nas distintas materias.

Un aspecto que se intenta potenciar dentro do marco europeo educativo é a reflexión sobre a propia práctica docente. Debe considerarse esta reflexión un proceso formativo que fortalecerá o labor docente e permitirá ao profesor ou á profesora mellorar as aprendizaxes dos alumnos e alumnas. Incluímos algunhas ferramentas de avaliación destinadas a facilitar este proceso.

Ferramentas comúns de avaliación competencial 1. Rúbrica para avaliar os apuntamentos da clase. 2. Rúbrica para avaliar a resolución individual de exercicios. 3. Rúbrica para a avaliación dun exame. 4. Rúbrica para avaliar mapas conceptuais. 5. Rúbrica para avaliar a redacción e a presentación de traballos escritos. 6. Rúbrica para avaliar a exposición oral de traballos. 7. Rúbrica para avaliar o resumo dunha lectura crítica. 8. Rúbrica para avaliar un debate

Ferramentas para o tratamento da diversidade 1. Rúbrica para avaliar o tratamento da diversidade individual. 2. Rúbrica para avaliar o tratamento da diversidade no grupo.

Ferramentas para a reflexión e a avaliación da prác tica docente 1. Planificación. 2. Motivación do alumnado. 3. Desenvolvemento da ensinanza. 4. Seguimento e avaliación do proceso de ensinanza aprendizaxe.

BacharelatoAnexo de ferramentas de avaliaciónProgramación

Page 124: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Rúbrica para avaliar os apuntamentos da clase. 2. Rúbrica para avaliar a resolución individual de exercicios. 3. Rúbrica para a avaliación dun exame. 4. Rúbrica para avaliar mapas conceptuais. 5. Rúbrica para avaliar a redacción e a presentación de traballos escritos. 6. Rúbrica para avaliar a exposición oral de traballos. 7. Rúbrica para avaliar o resumo dunha lectura crítica. 8. Rúbrica para avaliar un debate

Ferramentas comúns de avaliación competencial

Page 125: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

1. RÚBRICA PARA AVALIAR DOS APUNTAMENTOS DA CLASE

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

APUNTAMENTOS

Os apuntamentos están escritos, organizados e ordenados con moito coidado.

Os apuntamentos están escritos e teñen certa organización.

Os apuntamentos están escritos.

Os apuntamentos están escritos só con axuda dun compañeiro ou do profesor cando llo recorda.

Carece de apuntamentos.

CANTIDADE DE INFORMACIÓN

Ten información de todos os temas e preguntas tratados.

Ten información de todos os temas e da maioría das preguntas tratadas.

Ten información de case todos os temas e preguntas tratados.

Ten información dalgúns dos temas e preguntas tratados.

Non ten información ou esta é moi escasa.

ORGANIZACIÓN

A información está moi ben organizada con parágrafos ben redactados e con subtítulos.

A información está organizada con parágrafos ben redactados.

A información está organizada, pero os parágrafos non están ben redactados.

A información proporcionada non parece estar organizada.

A información carece de estrutura de redacción.

IDEAS RELEVANTES

A información está claramente relacionada co tema principal e proporciona varias ideas secundarias e/ou exemplos.

A información ten as ideas principais e unha ou dúas ideas secundarias.

A información ten as ideas principais pero non as secundarias.

A información ten algunha das ideas principais.

A información non ten ideas principais.

GRAMÁTICA E ORTOGRAFÍA

Non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Case non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen dous erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen máis de tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

INFORMACIÓN GRÁFICA, DEBUXOS, ILUSTRACIÓNS, ETC.

Os diagramas e ilustracións están ben construídos, ordenados e contribúen á comprensión do tema.

Os diagramas e ilustracións están ben construídos e contribúen á comprensión do tema.

Os diagramas e ilustracións están ben construídos e, en ocasións, contribúen á comprensión do tema.

Os diagramas e ilustracións non sempre están ben construídos e non sempre contribúen á comprensión do tema.

Non ten diagramas nin ilustracións.

Page 126: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

2. RÚBRICA PARA AVALIAR A RESOLUCIÓN INDIVIDUAL DE EXERCICIOS

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

NÚMERO DE EXERCICIOS RESOLTOS

Realiza o 90 % dos exercicios que se propoñen.

Realiza entre o 90 e o 80% dos exercicios que se propoñen.

Realiza entre o 80 e o 70% dos exercicios que se propoñen.

Realiza entre o 70 e o 60% dos exercicios que se propoñen.

Realiza menos do 60% dos exercicios que se propoñen.

PROCEDEMENTO E RESULTADOS DOS EXERCICIOS RESOLTOS

Desenvolve o procedemento, detállao, preséntao organizadamente e obtén o resultado correcto.

Desenvolve o procedemento, detállao, preséntao pouco organizado e obtén o resultado correcto.

Desenvolve o procedemento, detállao, non o organiza e obtén o resultado correcto.

Desenvolve o procedemento e obtén o resultado correcto.

Non desenvolve o procedemento e non obtén o resultado correcto.

Page 127: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

3. RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN DUN EXAME

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

PRECISIÓN NASRESPOSTAS

Todas as respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.

Case todas as respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.

A maioría das respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.

Poucas respostas desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.

A maioría das respostas non desenvolven o tema con claridade, precisión e concisión.

PRESENTACIÓN

Todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.

Case todas as respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.

A maioría das respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.

Poucas respostas están presentadas con limpeza e pulcritude.

A maioría das respostas non están presentadas con limpeza e pulcritude.

NÚMERO DE PREGUNTAS RESPONDIDAS

Todas as preguntas están respondidas.

Respondeu polo menos o 90% das preguntas.

Respondeu polo menos o 80% das preguntas.

Respondeu polo menos o 70% das preguntas.

Respondeu menos do 70% das preguntas.

GRAMÁTICA E ORTOGRAFÍA

Non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez.

Case non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación e o texto lese con fluidez.

Hai dous erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto ten algunha dificultade para entenderse.

Hai tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto enténdese con dificultade.

Hai máis de tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación, e o texto non se entende.

Page 128: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

4. RÚBRICA PARA AVALIAR MAPAS CONCEPTUAIS

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

EXPOSICIÓN DOS ASPECTOS IMPORTANTES

Contén todos os aspectos importantes do tema ou temas, expostos de forma clara e ordenada.

Contén un 80% dos aspectos importantes do tema ou temas, expostos de forma clara e ordenada.

Contén un 75% dos aspectos importantes do tema ou temas, pero non se encontran expostos de forma clara e ordenada.

Contén un 50% dos aspectos importantes do tema ou temas, pero non se encontran expostos de forma clara e ordenada.

Contén menos dun 50% dos aspectos importantes do tema ou temas, pero non se encontran expostos de forma clara e ordenada.

PRESENTA XERARQUÍAS

Presenta todos os aspectos importantes dos contidos en xerarquías, polo menos ata un terceiro ou cuarto nivel.

Presenta un 80% dos aspectos importantes dos contidos en xerarquías, polo menos ata un terceiro ou cuarto nivel.

Só contén un 50% dos aspectos importantes dos contidos en xerarquías, polo menos ata un terceiro ou cuarto nivel.

Non contén xerarquías de terceiro nivel.

Contén xerarquías de primeiro nivel e algunhas de segundo nivel.

EXEMPLOS

Propón exemplos claros relacionados co tema e mencionados durante a explicación deste, achega algúns novos.

Propón exemplos claros relacionados co tema, e mencionados durante a explicación deste, pero non achega novos.

Propón exemplos pero non todos están relacionados co tema.

Propón exemplos non relacionados co tema.

Non propón exemplos.

TIPOS DE UNIÓNS E ENLACES

Todos os conceptos que o requiren teñen unións cruzadas.

Un 80% dos conceptos que o requiren teñen unións cruzadas.

Só un 60% dos conceptos que o requiren teñen unións cruzadas.

Menos do 50% dos conceptos que o requiren teñen unións cruzadas.

Non hai unións cruzadas.

PROPOSICIÓNS

As ideas principais levan proposicións.

O 80% das ideas principais levan proposicións.

Só o 60% das ideas principais levan proposicións.

Menos do 50% das ideas principais levan proposicións.

Ningunha idea principal leva proposicións.

CONEXIÓN DE CONCEPTOS

Todos os conceptos presentan as conexións adecuadas cos seguintes.

Un 80% dos conceptos presentan unha conexión adecuada cos seguintes.

Só o 60% dos conceptos presentan unha conexión adecuada cos seguintes.

Menos do 50% dos conceptos presentan unha conexión adecuada cos seguintes.

Non hai conexións adecuadas.

Page 129: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

5. RÚBRICA PARA AVALIAR A REDACCIÓN E PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

REDACCIÓN

O traballo está ben estruturado e cumpre na súa totalidade coa estrutura de introdución, desenvolvemento e conclusión.

O traballo está ben estruturado nun 80% e cumpre na súa totalidade coa estrutura de introdución, desenvolvemento e conclusión.

O traballo está ben estruturado nun 50% e cumpre na súa totalidade coa estrutura de introdución, desenvolvemento e conclusión.

O traballo está ben estruturado nun 50% pero non cumpre coa estrutura de introdución, desenvolvemento e conclusión.

O traballo non está estructurado e ten introdución, desenvolvemento e conclusión.

ORTOGRAFÍA

O texto non presenta erros ortográficos (puntuación, acentuación e gramática).

O texto ten menos de 3 erros ortográficos (puntuación, acentuación e gramática).

O texto ten entre 4 e 6 erros ortográficos (puntuación, acentuación e gramática).

O texto ten entre 6 e 10 erros ortográficos (puntuación, acentuación e gramática).

O texto ten máis de 10 erros ortográficos.

EXTENSIÓN

O exercicio escrito adáptase á extensión esixida (2, 3 ou 4 páxinas).

O exercicio escrito presenta media páxina máis da extensión esixida.

O exercicio escrito presenta unha páxina máis da extensión esixida.

O exercicio escrito presenta dúas páxinas máis da extensión esixida.

O exercicio escrito presenta máis de dúas páxinas da extensión esixida.

CONTIDO

Trátase o contido que se pediu.

Nalgúns parágrafos non se trata nada do contido que se pediu.

Un 60% do texto non ten relación co contido que se pediu.

Algúns parágrafos fan alusión ao tema pedido.

Só se menciona o tema pedido, pero non se trata.

ARGUMENTACIÓN DE IDEAS

Presenta ideas ben argumentadas e sen erros.

Presenta ideas ben argumentadas pero con algún erro.

Presenta ideas que argumenta con debilidade.

Presenta ideas sen argumentar.

Non presenta ideas e as que presenta non están argumentadas.

PRESENTACIÓN E LIMPEZA

O traballo está presentado con pulcritude e limpeza.

O traballo está presentado con pulcritude pero ten un risco.

O traballo está presentado con pulcritude pero ten dous ou tres riscos.

O traballo ten dobreces e máis de tres riscos.

O traballo está presentado con un gran número de dobreces e riscos.

TEMPODE ENTREGA

A entrega realízase na data indicada.

A entrega realízase cun día de atraso.

A entrega realízase con dous días de atraso.

A entrega realízase con tres días de atraso.

A entrega realízase despois de pasados tres días da data indicada.

Page 130: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

6. RÚBRICA PARA AVALIAR A EXPOSICIÓN ORAL DE TRABA LLOS

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

PRESENTACIÓNO alumno preséntase de xeito formal e dá a coñecer o tema da presentación e o obxectivo que pretende.

O alumno preséntase de forma rápida e dá a coñecer o tema da presentación e o obxectivo que pretende.

O alumno preséntase de forma rápida e comeza a súa exposición sen mencionar o tema do que trata.

O alumno preséntase sen dicir o seu nome e menciona o tema de forma moi xeral.

Empeza a súa exposición sen facer unha presentación inicial.

EXPRESIÓN ORALUtiliza un vocabulario adecuado e a exposición é coherente.

O vocabulario é adecuado e a exposición é clara.

Fáltalle vocabulario e ten algún problema para expresar correctamente as súas ideas.

Manexa un vocabulario moi básico e ten problemas para transmitir con claridade as súas ideas.

Ten un vocabulario moi básico e non logra transmitir con claridade as súas ideas.

VOLUME DE VOZ

O seu volume de voz é adecuado, suficientemente alto como para ser escoitado desde todas as partes da aula, sen ter que berrar.

O seu volume de voz é adecuado e alto para ser escoitado por todos, aínda que, ás veces, cando dubida, baixa o volume.

Non é escoitado por toda a aula cando fala en voz alta, agás se se sente moi seguro e aumenta o seu volume de voz por uns segundos.

O seu volume de voz é medio e ten dificultades para ser escoitado por todos na aula.

O seu volume de voz é moi baixo como para ser escoitado por todos na aula.

EXPRESIVIDADE

As súas expresións faciais e a súa linguaxe corporal xeran un forte interese e entusiasmo sobre o tema nos outros.

Expresións faciais e linguaxe corporal que xeran en moitas ocasións interese e entusiasmo, aínda que algunhas veces se perde e non presenta toda a información.

Expresións faciais e linguaxe corporal que xeran nalgunhas ocasións interese e entusiasmo, aínda que moitas veces se perde e non presenta toda a información.

As súas expresións faciais e a súa linguaxe corporal mostran unha actitude pasiva e non xeran moito interese, pero algunhas veces, cando fala de algo que lle gusta moito, é capaz de mostrar algo de entusiasmo.

Moi pouco uso de expresións faciais ou linguaxe corporal. Non xera interese na forma de falar.

INCLUSIÓN DOS ASPECTOS RELEVANTES

Expón claramente o traballo e achega referencias aos coñecementos traballados.

Expón claramente o traballo, pero non relaciona toda a exposición cos coñecementos traballados.

Expón claramente o traballo, pero non o relaciona cos coñecementos traballados.

Ten dificultade para expoñer o traballo porque non entende os coñecementos traballados.

Non expón o traballo nin coñece os conceptos traballados necesarios para a súa realización.

EXPLICACIÓN DO PLAN DE TRABALLO

Explica cada paso con detalle, con lóxica e cronoloxicamente na orde na que o realizou.

Explica todos os pasos claramente, pero leouse un pouco coa orde.

Explica todos os pasos claramente, pero leouse na orde e foi necesario reorganizalo a través de preguntas.

Presenta dificultade á hora de diferenciar os pasos que deu e necesita axuda para explicalos con claridade.

Non identifica os pasos que deu nin é capaz de reconducir o discurso de forma guiada.

RECURSOS DIDÁCTICOS

A exposición acompáñase con soportes audiovisuais en diversos formatos, especialmente atractivos e de moita calidade.

Soporte visual adecuado e interesante na súa xusta medida.

Soporte visual adecuado. Soporte visual non adecuado. Sen soporte visual.

TEMPO O alumno utilizou o tempo adecuado e cerrou correctamente a súa presentación.

O alumno utilizou un tempo axustado ao previsto, pero cun final precipitado ou excesivamente longo por falta de control do tempo.

O alumno utilizou o tempo adecuado, pero faltoulle cerrar a súa presentación; ou ben non utilizou o tempo adecuado, pero incluíu todos os puntos da súa

Excesivamente longo ou insuficiente para poder desenvolver o tema correctamente.

O alumno esqueceu por completo o tempo que tiña e saíu do tema.

Page 131: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

presentación.

Page 132: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

7. RÚBRICA PARA AVALIAR O RESUMO DUNHA LECTURA CRÍ TICA

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

CLARIDADE DE EXPOSICIÓN DAS IDEAS

As ideas están ben estruturadas en parágrafos claramente definidos e acordes coas ideas máis importantes do texto.

A estrutura dos parágrafos está acorde coas ideas do texto.

A estrutura dos parágrafos é sinxela, pero correcta, acorde coas ideas do texto.

A estrutura está pouco definida.

O texto non ten estrutura lóxica nos seus parágrafos ou simplemente non se fai separación de ideas mediante parágrafos, é un só parágrafo sen estrutura.

CRÍTICA

Analiza todas as ideas que expón o autor, establece comparacións con outros autores e textos, e proporciona a súa opinión acerca do tema, fundamentada no coñecemento deste e documentada con outras lecturas.

Analiza todas as ideas que expón o autor, establece comparacións con outros autores e textos, e proporciona a súa opinión acerca do tema, pero non está ben fundamentada no coñecemento deste nin documentada con outras lecturas.

Identifica as ideas do autor, analízaas e desenvólveas pero sen comentarios.

Identifica as ideas do autor, pero non as analiza e non as comprende con claridade.

Non identifica as ideas do autor e mostra confusión de ideas.

FONTE

A fonte está citada correctamente.

A fonte está citada, pero falta un dato.

A fonte está citada, pero faltan algúns datos.

A fonte está citada, pero de xeito incorrecto: inclúe datos que non corresponden e omite outros que si son importantes segundo o establecen as metodoloxías.

A fonte non está citada ou está mal citada, de tal forma que é imposible acceder a ela coa información proporcionada.

GRAMÁTICA E ORTOGRAFÍA

Non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Case non hai erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen dous erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

Existen máis de tres erros gramaticais, ortográficos ou de puntuación.

EXTENSIÓN

A extensión do texto é a adecuada, pois presenta a totalidade de ideas importantes do contido lido, ademais dunha reflexión do alumno.

A extensión do texto é adecuada, pois presenta case a totalidade de ideas importantes do contido.

A extensión do texto é pouco adecuada, pois é lixeiramente curto ou lixeiramente extenso.

A extensión do texto é inadecuada, pois non trata a totalidade das ideas do contido ou ben é máis extenso do conveniente.

A extensión do texto é completamente inadecuada: é demasiado breve ou demasiado extenso.

Page 133: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Nome e Apelidos: __________________________________________________________________ Curso: _________ Data: _______________

8. RÚBRICA PARA UN DEBATE

EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO

DEFENSA DA SÚA POSTURA

Mantén a defensa da súa postura ao longo de todo o debate.

Mantén a defensa da súa postura o 80% do tempo de debate.

Mantén a defensa da súa postura o 60% do tempo de debate.

Mantén a defensa da súa postura menos do 60% do tempo de debate.

Non mantén a defensa da súa postura durante o debate.

CAPACIDADE DE ESCOITAR OS SEUS COMPAÑEIROS

Escoita os seus compañeiros atentamente e analiza os seus argumentos.

Escoita os seus compañeiros e analiza os seus argumentos.

Escoita os seus compañeiros, pero distráese en ocasións e non analiza os seus argumentos.

Escoita os seus compañeiros, pero distráese a metade do tempo e non analiza os seus argumentos.

Non escoita os seus compañeiros nin analiza os seus argumentos.

RESPECTO DO USO DA PALABRA E DAS IDEAS DOS DEMAIS

Sempre espera a súa quenda para facer uso da palabra e solicítaa con respecto e orde. Respecta sempre as opinións dos demais.

Sempre espera a súa quenda para facer uso da palabra e solicítaa con respecto pero non con orde. Respecta as opinións dos demais.

En máis de tres ocasións non espera a súa quenda para facer uso da palabra e, cando a solicita, faino con respecto pero non con orde. Respecta as opinións dos demais.

En máis de tres ocasións non espera a súa quenda para facer uso da palabra e, cando a solicita, non o fai con respecto nin con orde. Non respecta as opinións dos demais.

Sempre interrompe para facer uso da palabra e non respecta as opinións dos demais.

VOCABULARIO

Utiliza un vocabulario adecuado e a exposición é coherente coas ideas formuladas.

O vocabulario é adecuado e a exposición é clara na presentación das ideas formuladas.

Fáltalle vocabulario e ten algún problema para expresar correctamente as súas ideas.

Ten un vocabulario moi básico e problemas para transmitir con claridade as súas ideas.

Ten un vocabulario moi básico e non logra transmitir con claridade as súas ideas.

ARGUMENTACIÓNTodas as ideas expostas están ben argumentadas.

Unha das ideas non está ben argumentada.

Dúas das ideas non están ben argumentadas.

Máis de tres ideas non están ben argumentadas.

Ningunha idea está ben argumentada.

DOMINIO DO TEMA

Mostra coñecemento profundo e dominio total do tema.

Mostra coñecemento e dominio do tema.

O coñecemento e o dominio do tema é regular.

O coñecemento e o dominio do tema é malo.

Non mostra coñecemento nin dominio do tema.

REFERENCIAS A AUTORES

Cita máis de tres referencias relevantes durante a súa participación.

Cita tres referencias relevantes durante a súa participación.

Cita dúas referencias durante a súa participación e só unha foi relevante.

Cita só unha referencia durante a súa participación e non foi relevante.

Non cita referencias durante a súa participación.

VOLUME DO TON DE VOZ

O seu volume de voz é adecuado, suficientemente alto como para ser escoitado desde todas as partes da aula, sen ter que berrar.

O seu volume de voz é adecuado e alto para ser escoitado por todos, aínda que, ás veces, cando dubida, baixa o volume.

Non é escoitado por todo a aula cando fala en voz alta, agás se se sente moi seguro e aumenta o seu volume de voz por uns segundos.

O seu volume de voz é medio e ten dificultades para ser escoitado por todos na aula.

O seu volume de voz é moi baixo como para ser escoitado por todos na aula.

Page 134: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. Rúbrica para avaliar el tratamento da diversidade individual. 2. Rúbrica para avaliar el tratamento da diversidade no grupo.

Ferramentas para o tratamento

da diversidade

Page 135: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

1. RÚBRICA PARA AVALIAR EL TRATAMENTO DA DIVERSIDADE I NDIVIDUAL

TRATAMENTO DA DIVERSIDADE INDIVIDUAL

MEDIDAS PARA A DIVERSIDADE

GRAO DE CONSECUCIÓN

DIV

ER

SID

AD

E

NA

CO

MP

RE

NS

IÓN

Non ten ningunha dificultade para entender os contidos.

Seleccionar contidos cun grao maior de dificultade.

Entende os contidos, pero, en ocasións, resúltanlle difíciles.

Seleccionar os contidos significativos de acordo á súa realidade.

Ten dificultades para entender os contidos que se presentan.

Seleccionar os contidos mínimos e expoñelos simplificando a linguaxe e a información gráfica.

DIV

ER

SID

AD

E D

E C

AP

AC

ITA

CIÓ

N

E D

ES

EN

VO

LVE

ME

NT

O

Non ten dificultades (alumnos de altas capacidades).

Potenciar estas a través de actividades que lles permitan poñer en xogo as súas capacidades.

Ten pequenas dificultades. Propoñer tarefas nas que a dificultade sexa progresiva de acordo ás capacidades que se vaian adquirindo.

Ten dificultades. Seleccionar aquelas tarefas de acordo ás capacidades do alumnado, que permitan alcanzar os contidos mínimos esixidos.

DIV

ER

SID

AD

E D

E IN

TE

RE

SE

E M

OT

IVA

CIÓ

N Mostra un grande interese e motivación. Seguir potenciando esta motivación e interese.

O seu interese e motivación non destacan.

Fomentar o interese e a motivación con actividades e tarefas variadas.

Non ten interese nin motivación. Fomentar o interese e a motivación con actividades e tarefas máis procedementais e próximas á súa realidade.

DIV

ER

SID

AD

E

NA

RE

SO

LUC

IÓN

Encontra solucións aos problemas que se presentan en todas as situacións.

Seguir fomentando esta capacidade.

Encontra solucións aos problemas que se presentan nalgunhas situacións.

Propoñer problemas cada vez con maior grao de dificultade.

Ten dificultades para resolver problemas nas situacións que se presentan.

Propoñer problemas de acordo ás súas capacidades para ir desenvolvéndoas.

Page 136: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

DE

P

RO

BLE

MA

SD

IVE

RS

IDA

DE

N

A C

OM

UN

ICA

CIÓ

N

Exprésase de forma oral e escrita con claridade e corrección.

Propoñer tarefas que sigan perfeccionando a expresión oral e a escrita.

Ten algunha dificultade para expresarse de forma oral e escrita.

Propoñer algunhas tarefas e debates nos que o alumnado teña que utilizar expresión oral e escrita co fin de melloralas.

Ten dificultades para expresarse de forma oral e escrita.

Propoñer actividades co nivel necesario para que o alumnado adquira as ferramentas necesarias que lle permitan mellorar.

Page 137: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

2. RÚBRICA PARA AVALIAR EL TRATAMENTO DA DIVERSIDADE N O GRUPO

TRATAMENTO DA DIVERSIDADE NO GRUPO

MEDIDAS PARA A DIVERSIDADE

GRAO DE CONSECUCIÓN

DE

CO

MU

NIC

AC

IÓN A comunicación profesor-grupo

non presenta grandes dificultades.Non se necesitan medidas.

A comunicación profesor-grupo ten algunhas dificultades.

Propoñer estratexias para mellorar a comunicación.

A comunicación profesor-grupo ten grandes dificultades.

Descubrir a causa das dificultades e propoñer medidas que as minimicen.

DE

INT

ER

ES

E

E M

OT

IVA

CIÓ

N

O grupo está motivado e ten grande interese.

Non se necesitan medidas.

Parte do alumnado está desmotivado e ten pouco interese.

Propoñer estratexias que melloren o interese e a motivación desa parte do alumnado.

O grupo non ten interese e está pouco motivado.

Descubrir a causa da desmotivación e propoñer medidas que as minimicen.

DE

AC

TIT

UD

E

E C

OLA

BO

RA

CIÓ

N

O grupo ten boa actitude e sempre está disposto a realizar as tarefas.

Non se necesitan medidas.

Parte do alumnado ten boa actitude e colabora.

Propoñer actividades de grupo nas que asuma responsabilidades o alumnado menos motivado.

O grupo ten mala actitude e non colabora nas tarefas.

Descubrir as causas do problema e adoptar medidas, estratexias, etc. para minimizar esas actitudes.

Page 138: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Neste documento, ofrécense unha serie de rúbricas ou instrumentos de axuda para reflexionar sobre catro aspectos fundamentais na práctica docente que son:

1. Planificación. 2. Motivación do alumnado. 3. Desenvolvemento da ensinanza. 4. Seguimento e avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Ferramentaspara a reflexión e a avaliación

da práctica docente

Page 139: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Rúbricas para a reflexión e avaliación da práctica docente 2

1. PLANIFICACIÓN

INDICADORES VALORACIÓN PROPOSTAS DE MELLORA

PLA

NIF

ICA

CIÓ

N

1. Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe previstos nas leis educativas.

2. Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o desenvolvemento desta.

3. Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación da aula tendo en conta as particularidades de cada un dos grupos de estudantes.

4. Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe.

5. Planifica as clases de modo flexible, prepara actividades e recursos axustados á programación da aula e ás necesidades e aos intereses do alumnado.

6. Establece os criterios, procedementos e os instrumentos de avaliación e autoavaliación que permiten facer o seguimento do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos e alumnas.

7. Coordínase co profesorado doutros departamentos que poidan ter contidos afíns á súa materia.

Page 140: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Rúbricas para a reflexión e avaliación da práctica docente 3

2. MOTIVACIÓN DO ALUMNADO

INDICADORES VALORACIÓN PROPOSTAS DE MELLORA

MO

TIV

AC

IÓN

DO

ALU

MN

AD

O

1. Proporciona un plan de traballo ao principio de cada unidade.

2. Considera situacións que introduzan a unidade (lecturas, debates, diálogos...).

3. Relaciona as aprendizaxes con aplicacións reais ou coa súa funcionalidade.

4. Informa sobre os progresos conseguidos e as dificultades encontradas.

5. Relaciona os contidos e as actividades cos intereses do alumnado.

6. Estimula a participación activa dos estudantes na clase.

7. Promove a reflexión dos temas tratados.

Page 141: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Rúbricas para a reflexión e avaliación da práctica docente 4

3. DESENVOLVEMENTO DA ENSINANZA

INDICADORES VALORACIÓN PROPOSTAS DE MELLORA

DE

SE

NV

OLV

EM

EN

TO

DA

EN

SIN

AN

ZA

1. Resume as ideas fundamentais discutidas antes de pasar a unha nova unidade ou tema con mapas conceptuais, esquemas...

2. Cando introduce conceptos novos, relaciónaos, se é posible, cos xa coñecidos; intercala preguntas aclaratorias; pon exemplos...

3. Ten predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fóra das clases.

4. Optimiza o tempo dispoñible para o desenvolvemento de cada unidade didáctica.

5. Utiliza axuda audiovisual ou doutro tipo para apoiar os contidos na aula.

6. Promove o traballo cooperativo e mantén unha comunicación fluída cos estudantes.

7. Desenvolve os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas.

8. Presenta actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe e as destrezas propias da etapa educativa.

9. Presenta actividades de grupo e individuais.

Page 142: Bacharelato Física e Química 1 - edu.xunta.gal 1b_gal.pdf · Obxectivos xerais para a Física e Química. ... tanto na súa expresión oral como escrita, ... - Regras xerais de

Rúbricas para a reflexión e avaliación da práctica docente 5

4. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA -APRENDIZAXE

INDICADORES VALORACIÓN PROPOSTAS DE MELLORA

SE

GU

IME

NT

O E

AV

ALI

AC

IÓN

DO

PR

OC

ES

O D

E E

NS

INA

NZ

A-

AP

RE

ND

IZA

XE

1. Realiza a avaliación inicial ao principio do curso para axustar a programación ao nivel dos estudantes.

2. Detecta os coñecementos previos de cada unidade didáctica.

3. Revisa, con frecuencia, os traballos propostos na aula e fóra dela.

4. Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas e como pode melloralas.

5. Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades dos alumnos e das alumnas, e dá pautas para a mellora das súas aprendizaxes.

6. Utiliza suficientes criterios de avaliación que atendan de xeito equilibrado a avaliación dos diferentes contidos.

7. Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación.

8. Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes non foron alcanzados suficientemente.

9. Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron alcanzados con suficiencia.

10. Utiliza diferentes técnicas de avaliación en función dos contidos, do nivel dos estudantes, etc.

11. Emprega diferentes medios para informar dos resultados aos estudantes e aos pais.