avante

41
Xuño 2010 Pág 1 Revista escolar Centro Público Integrado O CRUCE Cerceda A Coruña

Upload: patricia-aa

Post on 13-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

A Revista do CPI O Cruce, número correspondente ao curso 2009/2010

TRANSCRIPT

Page 1: Avante

Xuño 2010

Pág 1

Revista escolar

Centro Público Integrado

O CRUCE

Cerceda A Coruña

Page 2: Avante

Páx 2

CONTIDO EDITORIAL 3 E con isto, que facemos? 21

LETRAS GALEGAS 4,5 Un mal inverno 22

O NOSO CENTRO 6-7 A primeira célula artificial 23

Despedida alumnos de 4º 6 CULTURA 24-33

CERCEDA 8-10 Fomos ao teatro! 24

A vida dos nosos avós 8 Integra-dos 28

Concerto 4 de xuño 10 O libro recomendado 30

GALICIA 11-14 Retrincos 32

Gaiteiros Galegos 11

DEPORTES 34-37

Entrevista a Cristina Pato 12 Campionato Galego de salvamento 34

25 anos da tele en galego 14 O motociclismo 36

ACTUALIDADE 15-23 Fernando Alonso con Ferrari 37

Cemiterios nucleares 15

Colin Macrae 38

E a terra tremeu! 17 PASATEMPOS 39-40

E ti ,que coleccionas? 19 SOLUCIÓNS 41

Page 3: Avante

EDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIAL

Páx 3

Este ano queriámos-

vos falar dos grandes deu-

ses, ou dos que se creron

deuses da historia.

Non nos interprete-des mal. Non nos interesan os deuses como Xúpiter, Odín, Baal ou Viracocha,

todos eles venerados en civilizacións moi dife-rentes.Os deuses que aquí nos ocupan foron homes que conseguiron un poder tan enorme que se equipararon aos deuses ou créronse eles mesmos deuses.Estes personaxes só tiñan de-reitos, mentres as demais persoas tan só tiñan deberes. Destes personaxes poderiamos citar a milleiros, pero bástenos pensar en Nabucodonosor, Ram-sésII, Alexandre Magno, Octavio César, Gen-gis Kan, Napoleón, e un longo etc. Todos eles, investidos dun poder case infinito, impuxeron ou intentaron impoñer sobre as demais persoas do mundo por eles coñecido. Pero ao final ta-mén eles, dunha forma ou doutra, foron benvi-dos: ou por unha forza inimiga superior á de-les, ou simplemente pola morte. Na actualidade tamén existen desas per-soas que se cren deuses, ¡e moitas máis das que pensamos! Hai moitísima xente que cre que el só ten dereitos e que os demais só teñen deberes:

Imos poñer algúns exemplos: Non sei se vos fixastes que hai moitos

nenos, pequenos pero non bebés, que precisan do coidado de varios adultos. Que os leven a calquera sitio e que lles carrexen un montón de xoguetes, para poder eles espallalos polo chan, e que o adulto teña despois que recollelos. Ademais é a obriga dos adultos entretelo e xo-gar con el.

Rapaces, poñamos de sobre dez anos, que consideran que é a obriga dos pais mercar-lles as cousas que a eles lles apetecen, que para iso están . Pero eles non teñen ningunha obri-ga: nin estudar, nin respectar aos demais… Ah! E os profesores teñen a obriga de felicitalos polo traballo que non fixeron. Rapaces xa de catorce ou máis anos, que esixen liberdade para as súas diversións, non respectar os horarios da familia, etc. Pero pro-

testan por calquera traballo, sexa escolar ou caseiro que se lles pide que fagan. Ademais, teñen sempre na boca que os seus pais están desfasados. Pero a maioría dos homes-deuses son adultos. Persoas, se é que se lles pode chamar así, que lles parece que porque pagan un servi-zo, poden aldraxar a quen llelo presta. Como nos últimos tempos as ciencias acadaron avan-ces moi grandes, cren que a ciencia o pode re-solver todo e, cando xorde algún problema, reclaman que a ciencia, ou quen sexa, o resol-va. É certo que as consecuencias dalgúns desastres poderían evitarse ou ser menos se se tomasen medidas precautorias como o dobre casco nos barcos, ou unhas vivendas máis re-sistentes no caso dos terremotos. Pero o que non é de recibo é que se esixan solucións para algo que os adiantos actuais non poden ofrecer. Poñamos o último exemplo: Hai pouco tempo entrou en erupción o volcán Eyjafjalla, en Islandia, e en pouco tem-po, as cinzas que desprende cubriron a atmos-fera de media Europa. Moitos voos aéreos que-daron suspendidos e houbo colapsos en moitos aeroportos. A causa era, e é, que esas cinzas volcánicas poñen en perigo a seguridade dos avións. Ata aquí todo ben. Pero houbo bastan-tes persoas que protestaron porque non querí-an que fosen suspendidos os voos. Querían que os avións puideran despegar a pesar de todo, e culpaban aos gobernos e ás compañías aéreas de non estar no seu destino no momento pre-visto. Como eles pagaron unha viaxe, non lles serve que lles devolvan o diñeiro por causa de forza maior, ou que lles proporcionen outro medio de transporte (loxicamente máis lento). As compañías teñen que ser deuses ou algo parecido para conter o volcán e que o avión poida saír no momento previsto. Coido que ese Eyjafjalla estanos a dar

unha lección de humildade. Aínda non somos

deuses de todo!

AVANTE

Page 4: Avante

LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS

Páx 4

LETRAS GALEGAS 2010

UXÍO NOVONEYRA O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de “Cantares Ga-llegos” de Rosalía de Castro. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura signi-ficativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada. Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia. A RGA quixo honrar este ano ao escritor do Courel en recoñecemento ao seu amor pola poesía e a liberdade.

A SÚA BIOGRAFÍA

Uxío Novo Neira naceu en Parada de Moreda- Courel, o 19 de xaneiro de 1930. Fillo dunha aco-modada familia de labre-gos. Comezou os seus estudos no ano 1945 en Lugo, para cursar bacharelato, re-matado no ano 1948. Trasládase a Madrid para matricularse na carreira de Filosofía e Letras. Aquí, comezou pa-ra el unha etapa de for-mación, que na súa maio-ría foi autodidacta. Nes-te período, escribiu en castelán, alcanzando a

publicación de dous dos seus poemas na revista Bengala.

É tamén este para el un momento de crise ideolóxica no que decide, mediante reci-tais poéticos nas universida-des, denunciar trazos políti-cos. Máis tarde, no ano 1952, Uxío vese na obriga de

voltar a Galicia para facer o servizo mi-litar. Con isto, continuou escribindo en

galego. Permaneceu nove anos en Galicia, tendo que gardar repouso a causa dunha enfer-midade pulmonar (pleuresía). No ano 1957 volve expoñer as súas ideas sobre a lingua gale-ga proscrita mediante o recital

“Novoneyra é un auténtico e intere-santísimo poeta. Como poeta é fran-camente bo; como persoa, francamen-te tolo.”

Ramón Piñeiro

Page 5: Avante

LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS LETRAS GALEGAS

Páx 5

“Homenaje a la lengua gallega” en Santiago de Compostela.

De 1962 a 1966 volve a Madrid onde traballa na radio e na televisión, sempre en programas con relación

á poesía. Máis tarde, re-torna ao Courel porque os seus pais están enfer-mos. Tras 5 anos coidándoo, morre o seu pai e, tres

máis adiante, a súa nai. En 1968 establece unha re-

lación con Elvira Rei coa que poste-riormente se casará. Residiu en 1983 en Lugo, lugar que lle deu na-cemento aos seus 3 fillos (Branca Petra, Uxío e Arturo).

Nese mesmo ano, aséntase definitivamente en Compostela, onde exerceu como membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Morre no ano 1999 .

AS SÚAS OBRAS

• Abrojos (1948) • Os eidos (1955) • Os eidos 2. Letanía de Galicia e ou-tros poemas (1974)) • Poemas caligráficos (1979) • Os Eidos. Libro do Courel (1981) • Muller pra lonxe (1987) • Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988)) • O cubil de Xabarín (1990) • Tempo de elexía (1991) • Gorgorín e Cabezón (1992) • Poemas de doada certeza i este bri-llo premido entre as pálpebras (1994) • Betanzos: Poema dos Caneiros e Es-tampas (1998)) • Dos soños teimosos Noitarenga (1998)) • Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998) Arrodeos e desvíos do Camiño de San-tiago e outras rotas (1999))

María, Bianca, Noelia Rey e Patricia 2ºB

Page 6: Avante

O NOSO CENTROO NOSO CENTROO NOSO CENTROO NOSO CENTRO

Páx 6

O 21 de maio,as alumnas os alumnos de 4º de ESO fixemos a anual visita ao IES nº1 de Ordes, futuro colexio de moitos de nós. Chegamos todos un pouco perdidos. Visitámolo e explicáronnos as posibles optativas que teremos para o ano que vén. Non sei como se sentiron algúns dos meus compañeiros, pero moi-tos sentímonos desorientados e impre-sionados tras a visita, pero sobre todo moi nostálxicos. Marchar do colexio pode significar simplemente avanzar no noso camiño de aprendizaxe e de estudo, pero pensando no ano que vén é inevitable que pensemos no que deixamos, no que vivimos no CPI O Cruce, no noso colexio. A maioría de nós leva aquí toda a vida. Unha vida cos mesmos compañeiros, unha vida no mesmo patio, vendo os mes-mos profesores. Deixar todo isto pode ser moi duro. Outros, coma min, levan aquí os catro anos da ESO. Catro anos nos que aprendemos a coñecer a xente, catro anos no que aprendemos a convivir cos compañeiros de clase, catro anos que a moitos nos parece practicamente unha vida. En catro anos fixemos amigos, ami-gos que por nada se queren esquecer nin perder. Amigos que estiveron aí nos ma-los momentos e tamén nos bos. Eses bos momentos que nunca poderemos esque-cer. Eses momentos na clase nos que os profesores se rían con nós. Eses momen-tos nos que Marzoa di unha graza e to-dos empezamos a rir. Eses momentos coa risa contaxiosa de Tamara. Eses comen-tarios de calquera alumno de 4º que sem-

pre se recordaran. Os partidos de Nadal, os partidos de fin de curso, o Entroido, a viaxe de fin de curso... Tantos momentos que compartimos e que recordaremos. Tamén recordaremos aos profesores, aos que lles colles cariño e non imaxinas as futuras clases sen velos a eles sentados nesas mesas explicando, reñendo, ríndose ou simplemente mirando cara nós. Eses profesores, cada un deles, botaranse de menos. Temos que darlles as grazas por todo o que fixeron por nós, por preocu-parse e por axudarnos en todo o que pui-deron. Deixamos atrás tamén a moita xen-te. Unha delas moi importante para todos nós, que sempre está para axudarnos, unha persoa que sempre está dispoñible para facernos as fotocopias. Ai! As foto-copias de Antonio sempre tan ben feitas! Antonio, un conserxe que vale por cen. A ti tamén te botaremos de menos, non o dubides! Milagros, a nosa directora. Sempre buscando as mellores excursións para os seus alumnos e procurando facer sempre o que considera mellor para todos. E toda a xente do colexio que está aí día tras día. Agora que xa sabemos o que deixa-mos atrás, toca imaxinar o que nos vén. Chegar a Ordes significa moito para a maioría da xente. Significa facerse maior e seguir estudando e formándonos para o noso futuro laboral. Pero tamén significa un cambio de vida: cambio de profesores e os seus respectivos métodos de ensino, cambio de materias. Pero tamén un cam-

Page 7: Avante

O NOSO CENTROO NOSO CENTROO NOSO CENTROO NOSO CENTRO

Páx 7

bio de horario: erguerse antes, xantar máis tarde. Pero sen dúbida o que máis custará é o cambio de compañeiros. Che-gar a un sitio novo, e non saber onde sen-tarse, non saber a quen preguntarlle al-go. Todos temos a esperanza de poder ter a algún compañeiro de Cerceda na clase. Todo sería máis levadeiro. Aos que quedades no CPI O Cruce tería tantas cousas que dicirvos... Pero sobre todo disfrutade moito dos anos que vos queden aí. Intentade ter unha clase unida, porque iso é o máis bonito. Organizar ceas de clase, os disfraces do Entroido, festivais de fin de curso, a ex-

cursión de 4º e tantas cousas que se fan nunha clase! Iso é do que nos acordamos cando chega o momento de marchar. De todos eses momentos que pasamos xun-tos. Se dentro de dez anos volvo coinci-dir con calquera de vós, espero recordar cada un deses miles de momentos pasa-dos neste colexio. Nunca os esquecerei. Son tantas as cousas que quedan por dicir... Tantas cousas que se botarán de menos. Pero o que nos queda claro a todos, é que ides ter que aguantar as nosas múltiples visitas para o ano!

Page 8: Avante

CERCEDA CERCEDA CERCEDA CERCEDA

Páx 8

SABES COMO VIVÍAN OS NOSOS AVÓS HAI 50

ANOS?

Os alumnos de 2º de ESO lemos un fragmento da obra “Voa cascuda” da autora Leticia Dotras onde se narran as vivencias dunha familia galega a través de tres xeracións de mulleres. Como nos chamou moito a atención o que alí se contaba, decidimos preguntarlles aos nosos maiores como era a vida hai 50 anos. O que nos contaron fixo que nos decataramos de que so-mos uns privilexiados e de que, ás veces, non apreciamos o que temos. Vela-quí vai unha mostra.

Meu avó levantábase cedo para ir a escola e antes de marchar comía unha cunca de leite con sopas. Ían á escola a aprender a ler, escribir, etc. Se na escola non se por-taban ben o profesor dáballe coa regra nas mans. Pola tarde ían coas vacas ao mon-te do que volvían esgotados e esperáballe unha cunca de caldo ben quentiña. Des-pois de comer o caldo quentábanse na lareira con lume, logo de quentarse marchaban para a cama e ata o día seguinte. No que ta-mén se levantaban moi cedo e marchaban para a escola. Logo de aprender a ler e a escribir pararon de ir a escola e ían todo o día pa-ra o monte coas vacas onde pola mañá aguantaban o resío e pola noite tamén, a parte de pasar medo e tamén frío, pero ao chegar do monte xa sabían o que lles esperaba enriba da mesa…unha grande cunca de caldo ben quentiña.

Nerea 2º

Os meus avós vivían na Silva. Meu avó tiña trece irmáns e mi-ña avoa seis. Eles divertíanse indo por aí polas feiras, que eran moito máis grandes que agora. O meu avó ía á escola particu-lar pagando e a miña avoa ía á escola vella na Silva, pero esta-ban todos xuntos na mesma clase. Eles non tiñan moita rou-pa, só tiñan unha para os festivos e outra para toda a semana e os seus zapatos eran zocos de madeira. Xogaban nas leiras as agochadas, ao tres en raia con pedras… A miña avoa tamén

xogaba coas bonecas. O meu avó non tiña ningún xogo porque eran moitos ir-máns, pero eles divertíanse facendo bicicletas de madeira e tirábanse por costas. Tamén ían todos os anciáns da Silva ás excursións en autobuses e levaban comida e pandeiretas, recitaban poemas e cantaban cancións. Pero tamén tiñan que facer moito traballo porque ían á herba e levábana cargando con ela para os bois. Apaña-ban as patacas, fabas e gañaban diñeiro levando todo á feira.

Sara Bouzas 2º

Page 9: Avante

CERCEDACERCEDACERCEDACERCEDA

Páx 9

A vida na aldea, hai 50 anos,era moi tranquila pero tamén era moi ruín e moi mala. Os nenos non podían ir á escola porque tiñan que levar as vacas ao monte e mais axudar a traballar as leiras. A luz veu na casa da miña avoa en 1960. Antes de que houbera luz, utilizaban as lámpadas de carbono e despois o gas. En canto aos medios de comunicación, había o periódico que mercaba o cura e despois contaba as noticias na aldea. Aínda máis tarde a miña avoa mercou a súa primeira radio, no ano 1968. En canto ao teléfono, non existía nas aldeas. E no traballo a xente que non tiña as súas propias leiras tra-ballaba as leiras dunha persoa que tiña máis diñeiro, e despois tiñan que darlle a terceira parte da colleita. Nos traballos (coidar os animais,traballar as leiras…)mandaba o home, e na casa mandaba a muller. Melanie Rodríguez 2º

Hai 50 anos as cousas non eran como agora, non había nin televisión, nin electricidade, nin ordenador e moito menos consolas. Nin sequera había auga corren-te. O día a día do meu avó cando tiña 13 anos, ou así, era: levantábase, vestíase e axudaba a darlle de comer aos animais. Mentres que os animais comían eles tamén almorzaban. O seu almorzo consistía en pan ou boroa e leite con auga.

Ao acabar de almorzar a el normalmente mandábano ao monte xunto con seus irmáns grandes e pequenos. Ían rozar, cortar leña , etc. Meu avó moitas veces, se seu pai non miraba, marchaba uns minutos dar unha pequena volta ao monte. Eran 13 e el era máis ou menos entre os medianos. No seu tempo libre gustáballe xogar ao fútbol cos seus irmáns e algún amigo máis que tiña. Era un rapaz xoguetón ao que lle encantaba facer deporte. Ao que acababan de xogar ían todos botarlle uns grolos a unha fonte que había no monte. Tamén se había algunha festa e tiñan permiso de seus pais, botaban a andar ata o sitio da festa. Logo cando as mulleres xa tiñan o xantar feito ían todos comer unha boa cunca de caldo, se había, claro. Pola tarde ían botar as vacas a pacer e ir ao campo plantar, regar,etc. Díxome que el, se tivera que elixir prefería levar as vacas porque se estaban calmas e non facían moito alboroto, deitábase a carón dun piñeiro a descansar. Claro que como di el, non sempre ha ser o que un quere. Á noite, despois dun longo día, cando chegaban á casa, tomaban unhas me-rendas. Ao acabar ían todos deitarse xa que non había moito que facer. Ao día seguinte levantarse outra vez e emprender a mesma rutina. Dylan Raña 2ºB

Se queredes ler moitas máis historias que nos contaron os nosos avós teredes que visitar o noso blog en: www.blogoteca.com/moitoconto

Page 10: Avante

CERCEDACERCEDACERCEDACERCEDA

Páx 10

CONCERTO DO 4 DE XUÑO

O concerto Cerceda Contigo realiza-do o 4 de xuño no Aquapark de Cerceda foi unha festa de inaugura-ción desta próxima temporada do Parque Acuático de Cerceda. Para celebralo os días 4 e 5 o Concello de Cerceda presentou un programa de actuacións ademais deste con-certo estelar. Este día contamos coa presenza da orquestra Aché, unha nova orques-tra que foi presentada oficialmente o pasado mes de decembro e dos artistas Andy y Lucas e David Bus-tamante. Andy y Lucas é un dúo gaditano que tras o seu primeiro álbum no ano 2003 venderon máis dun millón de discos e contan con máis de 11 discos de platino. David Bustamante é coñecido gra-zas o seu ingreso na academia e programa Operación Triunfo. Conta

con máis de 1,5 millóns de copias vendidas dos seus seis discos edita-dos. Ademais, foi número un con ca-da un deles. A noite comezou coa actuación da or-questra Aché quen despois lle pasou a vez o dúo Andy y Lucas e estes a D.Bustamante. Cada artista estivo so-bre o escenario sobre unha hora na que o deron todo. Desfrutaron o con-certo tanto como o seu público e ani-maban a este a aplaudir, a cantar con eles e gozar dese momento. A velada rematou con outra actuación da or-questra. Persoalmente, opino que se contaba con máis xente da que asistiu pero a que estaba alí presente penso que o desfrutou, que lles gustou e que esa noite se foron para a casa cun sorriso na boca.

Jennifer Calviño López 4ºA

Page 11: Avante

GALICIAGALICIAGALICIAGALICIA

Páx 11

Se hai un instrumento que identifica a Galicia , ese é a gaita. A gaita é un instrumento de vento que na súa forma máis simple consiste nun tubo perforado ou punteiro, provisto de cana e inxerido dentro dun odre, que é a reserva de aire. O aire entra ao fol (o odre) a través dun segundo tubo que ten unha válvula que impide a saída do aire que é provisto polos pulmóns do tañedor, que o comprime co seu brazo para mantelo que se denomina tempero. Na actualidade hai un grupo de xoves gaiteiros que conseguiron poñer en valor o instrumento e que a súa música sexa internacional. Os máis destacados son: Susana Seivane, Carlos Nuñez e Cristina Pato.

Susana Seivane naceu en Barcelona no ano 1976, É a herdeira da fa-milia Seivane unha das fami-lias con mais prestixio e sona dentro do mun-do dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Gali-cia. Comezou a súa carreira musi-cal ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai Álvaro Seivane. En 1999 editou o seu primei-ro disco “Susana Seivane”. Este traballo baseado en temas tradicionais e compo-sicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escena-rios de Folk Nacional e In-ternacional , acadando gran-des éxitos e loables criticas. O seu primeiro disco editase en Europa E.E.U.U e Canadá. O seu segundo traballo é “Alma de buxo”. Como novidade, neste traba-llo introduce instrumentos como a batería ou o

baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións pro-

pias. No 2001 resultou unha das cinco finalistas dos “Indeiawards”, na categoría de mellor artista de músicas contemporáneas do mundo. “Mares de tempo”, o terceiro traballo de Susana.

Carlos Núñez, con oito anos, comezou coa gaita, e con 12 xa foi invitado a tocar como solista coa Orquestra Sinfónica de Lorient. Pouco despois comezou a estudar frauta de pico

no conservatorio de Ma-drid con cualificacións de Matricula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.

En 1989 gravou por primei-ra vez cos Chieftains para a banda sonora do filme A Illa do Tesouro. En 1996 publicou “A ir-mandade das estrelas”, o seu primeiro álbum en solitario. O disco vendeu máis de 150.000 exem-plares en España. No dis-co colaboraban máis de 50 músicos.

En 1999 editouse Os amo-res libres, o seu segundo álbum que vendeu mais de 250.000 exemplares en España. En 2002 publicouse unha antoloxía, “Todos os Mundos”.

Con trinta anos edita o seu primeiro disco con Sony, Almas de Fisterra, de 2003. Foi o seu afianza-mento no mercado fran-cés.

Page 12: Avante

GALICIAGALICIAGALICIAGALICIA

Páx 12

Entrevista a Cristina Entrevista a Cristina Entrevista a Cristina Entrevista a Cristina

Cando comezaches a tocar?

Comecei con 4 anos, son a pequena de catro irmás, e Raquel, a an-terior a min, comezou coa gaita cando eu tiña 4 anos…e simplemente seguín os seus pasos… -Quen che ensinou a tocar?

Unha mestura de todo…son moi constante e concienzuda polo que na casa coa miña irma aprendín moitísimo, ta-mén entrei na escola de gai-tas de Ourense, o que fixo que estivese constantemente en contacto con gaiteiros.

-Por que escolliches a gaita?

Pois por un pouco de todo, gaita, piano, violín, en xeral a musica sempre estivo na miña casa, polo que ter a miña fami-lia apoiando dende o principio fai que o final te tomes mais en serio a carreira de musica. Sempre seguín coa miña for-mación clásica, e de feito hoxe en dia comparto a miña faceta de gaiteira coa

de profesora de musica na universidade de Nova Jersey

-Cal foi o teu primeiro disco?

Tolemia en 1999, acababa de cum-prir os 18 anos cando unha discográ-fica, a raíz do meu traballo cos Mu-tenrohi, se fixou en min e me ofre-ceu o meu primeiro disco en solita-rio…(daquela xa tiña 6 publicacións con outras formacións…)

-Tomaches man dalgún ou-tro músico para compoñelo?

Por suposto, músicos, amigos, irmas, o meu primei-ro disco foi un traballo en equipo feito con moito cariño…todos tiñamos unha ilusión enorme e ningún de nos sabia realmente que e o que ia pasar con Tolemia…

-Como foi a experiencia do teu primeiro con-certo?

Levo nos escenarios dende os 4 anos, polo que e case algo natural para min…non quero dicir que non

Cristina Pato

Cristina Pato naceu en Ourense en 1980, foi a primeira muller en gravar un disco en solitario como gaiteira. Foi aclamada pola critica in-ternacional como gaiteira e pianista. A súa carreira profesional inclúe tres discos no mercado como Tolemia (1999), Xilento (2001) e Mistura-dos (2007)

Page 13: Avante

GALICIAGALICIAGALICIAGALICIA

Páx 13

sinta nervios ou unha responsabilidade enorme, pero si que recoñezo que tiven a sorte de empezar a dar concertos dende moi noviña, coa gaita, co piano, en teatros ou romarías, o que fai que te curtas especialmente…

-Cres que tiveches máis éxito por ser a primeira muller en gravar un disco en solitario como gaiteira?

Simplemente cando saquei Tolemia era o momento grande do folk galego…tiven a sorte de estar traballando neste mundo cando xurdiu a oportunidade…

-Cres que che axuda o teu aspec-to para acadar máis fama?

Non o sei, cambiei moito nestes once anos…a miña formación musical é o mais importante para min; o meu doutora-

mento foi unha das etapas máis importantes da miña vida e curiosamente dende ese momento a miña carreira profesional non parou de medrar…

-Cal é o teu disco favorito?

Dos meus o último: The Galician Connection…De outros artistas, pois moitísimo, dende Noites do Norte de Caetano Velo-so ate as Sinfonías de Shotakovich dirixidas por Rostropovich…

-En cantos países ac-tuaches e en cal che gusta máis o pú-blico? Por que?

Nunca me parei a contar o número de países, pero xa levo moitos…India foi unha experiencia fasci-nante, México, EEUU, Italia, Brasil…todos teñen algo especial!

-Que é para ti a música?

A miña vida.

Grazas, Cristina, por contestar as nosas pregun-tas.

Ana Boquete, Sara Bouzas, Sheila López, Cristian Carracedo 2ºA

Page 14: Avante

Pax.14

GALICIA GALICIA GALICIA GALICIA

UN GRAN PILOTO

A televisión de Galicia comezou a emisión o 24 de Xulio de 1985, véspera do día de Galicia , dende as instalacións situadas en San Marcos, Santiago de Compostela. A súa programación regular chegaría o día 29 de setembro con 39 horas de emi-sión, que foron aumentando pouco a pouco chegando ás 104 actuais.

No ano 1.926 por primei-ra vez a pequena panta-lla mostrou imaxes en movemento .

Nun laboratorio científico en Lon-dres realizouse a primeira demos-tración do que máis tarde se coñe-cería como a televisión. A primeira emisión da televisión en España foi no 1956, concretamente o 28 de outubro. A Televisión de Galicia é unha das cadeas autonómicas de televisión co maior éxito de audiencia en España, por enriba doutras como Telemadrid ou canal Sur . Os grandes éxitos na materia de ficción foron “Pratos combina-dos” (1995-2006), “Mareas Vi-vas” (1998-2002) (retransmitidas en Telemadrid durante un breve perío-do de tempo dobrada ao castelán ) ou, actualmente,”Libro de fami-lia” (estreada no 2005) e “Padre Casares” (estreada no 2007 ).

A TVG foi a primeira autonómica que comezou a emitir regularmente por satéli-te, foi concretamente o 29 de Decembro de 1994 Tamén creou o 1 de febreiro de 2009 a canle G2, máis coñecida actualmente como tvG2. Estes son os resultados dunha enquisa que lle fixemos aos rapaces de 1º e 2º de E.S.O.Primeiro preguntámoslles se vían a galega, e despois que programa lle gustaba máis.

Lucía Álvarez, Noelia Casás, Melanie Rodrí-guez, Leticia García 2ºA

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

Si Non

Alumno

s

0

5

10

15

20

25

30

LandRober

Fútbol Luar PadreCasares

ArreDemo

Progamas

25 anos de tele en galego!

Page 15: Avante

Pax.15

ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE

CEMITERIOS NUCLEARES, QUEN OS QUERE?

En plena controversia sobre a enerxía nuclear en España, xurdiu a necesi-dade de crear un cemiterio nuclear o que xerou un forte debate entre os seus detractores e os seus defensores pero, que é exactamente un cemiterio nu-clear?

Cemiterio nuclear é un termo coloquial que se refire a calquera lugar utilizado para almace-nar residuos radioacti-vos producidos en reac-cións nucleares.

Os residuos radioacti-vos normalmente constan de elementos que emiten radiacións ionizantes que po-den ser nocivas para a saúde humana e o medio ambiente.

Considéranse cemiterios nucleares os al-macéns de residuos de baixa intensidade, os almacéns temporais, os almacéns xeoló-xicos profundos e as zonas do fondo oceá-nico chamadas almacéns submarinos.

Tipos de residuos

Existen residuos radioactivos que non están en ningún tipo de cemi-terio, senón que están nas cida-des, e nomeados por esta orde poden ser máis ou menos prexu-diciais para a poboación.

Residuos de baixa actividade:

Son os xerados polos hospitais e a industria.

Residuos de media actividade:

Conteñen cantidades máis altas de radioactividade, nalgúns casos, requi-ren protección. Inclúen resinas, pro-dutos químicos e lodos do reactor nuclear.

Residuos de alta actividade:

son os producidos polos reactores nucleares. Conteñen produtos de fi-sión e elementos transuránicos xera-dos no núcleo do reactor. Estes requi-ren protección.

Tendo en conta que os residuos nucleares son prexudiciais para o medio ambiente, de-bemos poñer no voso coñecemento, que a

uns 600 quilómetros da costa gale-ga sitúase un cemiterio nuclear. Es-te depósito alberga 140.000 tonela-das de residuos radioactivos en bi-dóns a uns 3000 metros de profun-didade dende hai máis de 25 anos. Os científicos e expertos en materia nuclear advirten que co paso dos anos, estes bidóns poden comezar a acusar os primeiros síntomas de

deterioro. Deputados galegos esixen unha inspección a esa fosa Atlántica co fin de ter coñecemento do estado dos mesmos. En canto a cemiterios nucleares, Galicia per-manece á marxe do debate sobre a elección

Page 16: Avante

Pax.16

ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE

todos os aspirantes, o máis próximo a Gali-cia é o concello valisoletano de Santervás de Campos, unha minúscula vila de 137 veci-ños

O almacenamento deste tipo de residuos en cantidades importantes convérteos en lugares altamente perigosos, polo que son obxecto de extremas medidas de seguri-dade. Non obstante, ao longo da historia houbo accidentes que produciron fugas radioactivas á atmosfera.

Con isto querémosvos dicir que os residuos radioactivos son prexudi-ciais tanto para o medio ambiente como para as persoas. Dende o noso punto de vista cremos que a alterna-tiva aos residuos nucleares son as enerxías renovables.

do concello que albergará estes residuos pe-ro si estivo preto de acoller unha central nu-clear nos primeiros anos da democracia. En España trece municipios españois aspi-ran a albergar o controvertido cemiterio nu-clear que levará emparellado un importante investimen-to en em-prego e en euros. De todos os aspirantes, o máis pró-ximo a Gali-cia é o con-cello valiso-letano de Santervás de Campos, unha minúscula vila de 137 veciños.

Tendo en conta que os residuos nuclea-res son prexudiciais para o medio am-biente, debemos poñer no voso coñece-mento, que a uns 600 quilómetros da costa galega sitúase un cemiterio nu-clear. Este depósito alberga 140.000 toneladas de residuos radioactivos en bidóns a uns 3000 metros de profundidade dende hai máis de 25 anos. Os científicos e expertos en materia nuclear advirten que co paso dos anos, estes bidóns poden come-zar a acusar os primeiros síntomas de dete-rioro. Deputados galegos esixen unha ins-pección a esa fosa Atlántica co fin de ter coñecemento do estado dos mesmos.

En canto a cemiterios nucleares, Galicia permanece á marxe do debate sobre a elec-ción do concello que albergará estes resi-duos pero si estivo preto de acoller unha central nuclear nos primeiros anos da de-mocracia. En España trece municipios españois aspiran a albergar o controvertido cemiterio nucle-ar que levará emparellado un importante investimento en emprego e en euros. De

Cemiterio de residuos nucleares

Alba García, Noemí Fuentes,Inés Barbeito, Franco González 2ºA

Page 17: Avante

Pax.17

ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE ACTUALIDADE

E A TERRA TREMEU!

O doce de xaneiro de 2010 rexistrouse en Haití un terremoto de 7 grados con epicentro O doce de xaneiro de 2010 rexistrouse en Haití un terremoto de 7 grados con epicentro O doce de xaneiro de 2010 rexistrouse en Haití un terremoto de 7 grados con epicentro O doce de xaneiro de 2010 rexistrouse en Haití un terremoto de 7 grados con epicentro a 15km de Porto Príncipe, a capital de Haití.a 15km de Porto Príncipe, a capital de Haití.a 15km de Porto Príncipe, a capital de Haití.a 15km de Porto Príncipe, a capital de Haití. As zonas afectadas foron Haití, República Dominicana, Cuba e Xamaica. Houbo 44 répli-As zonas afectadas foron Haití, República Dominicana, Cuba e Xamaica. Houbo 44 répli-As zonas afectadas foron Haití, República Dominicana, Cuba e Xamaica. Houbo 44 répli-As zonas afectadas foron Haití, República Dominicana, Cuba e Xamaica. Houbo 44 répli-cas, as máis fortes foron de 5’9, 5’5 e 5’1 grados.cas, as máis fortes foron de 5’9, 5’5 e 5’1 grados.cas, as máis fortes foron de 5’9, 5’5 e 5’1 grados.cas, as máis fortes foron de 5’9, 5’5 e 5’1 grados. O número de mortes foi de 230.000 contabilizadas, pero crese que pode haber ata O número de mortes foi de 230.000 contabilizadas, pero crese que pode haber ata O número de mortes foi de 230.000 contabilizadas, pero crese que pode haber ata O número de mortes foi de 230.000 contabilizadas, pero crese que pode haber ata 300.000.300.000.300.000.300.000. O 27 de febreiro de 2010 produciuse outro terremoto en Chile. Alcanzou unha magni-O 27 de febreiro de 2010 produciuse outro terremoto en Chile. Alcanzou unha magni-O 27 de febreiro de 2010 produciuse outro terremoto en Chile. Alcanzou unha magni-O 27 de febreiro de 2010 produciuse outro terremoto en Chile. Alcanzou unha magni-tude de 8’8 grados na escala de Ritcher. O epicentro estaba no Mar Chileno, foi un terremoto tude de 8’8 grados na escala de Ritcher. O epicentro estaba no Mar Chileno, foi un terremoto tude de 8’8 grados na escala de Ritcher. O epicentro estaba no Mar Chileno, foi un terremoto tude de 8’8 grados na escala de Ritcher. O epicentro estaba no Mar Chileno, foi un terremoto submarino, afectou ás rexións de Valparaíso, Metropolitano, O’Higgins, Maule, Biobío, Arau-submarino, afectou ás rexións de Valparaíso, Metropolitano, O’Higgins, Maule, Biobío, Arau-submarino, afectou ás rexións de Valparaíso, Metropolitano, O’Higgins, Maule, Biobío, Arau-submarino, afectou ás rexións de Valparaíso, Metropolitano, O’Higgins, Maule, Biobío, Arau-canía e Chile.canía e Chile.canía e Chile.canía e Chile. Houbo 432 vítimas e cerca de 500 mil vivendas sufriron danos severos. Crese que pode Houbo 432 vítimas e cerca de 500 mil vivendas sufriron danos severos. Crese que pode Houbo 432 vítimas e cerca de 500 mil vivendas sufriron danos severos. Crese que pode Houbo 432 vítimas e cerca de 500 mil vivendas sufriron danos severos. Crese que pode haber un total de 2 millóns de damnificados, sendo esta a peor traxedia natural vivida en Chile haber un total de 2 millóns de damnificados, sendo esta a peor traxedia natural vivida en Chile haber un total de 2 millóns de damnificados, sendo esta a peor traxedia natural vivida en Chile haber un total de 2 millóns de damnificados, sendo esta a peor traxedia natural vivida en Chile dende 1960.dende 1960.dende 1960.dende 1960.

Terremotos Os terremotos son vibracións do te-rreo producidas por unha brusca li-beración de enerxía. Prodúcense ao se romper grandes masas de ro-chas, ou se, unha das rochas, se move con respecto a outra.

Os terremotos son sempre moi bre-ves, a maioría duran entre 20 e 60 segundos, pero, se as sacudidas son moi fortes, poden durar varios minu-tos. Despois do terremoto principal, prodúcense réplicas. O terremoto con maior magnitude que se rexis-trou foi de cinco minutos e foi en Chile en 1960. Os terremotos rexístranse co sismó-grafo. A magnitude dun terremoto mídese coa escala de Ritcher; a intensida-

de coa escala MSK, unha versión actualizada da escala de Mercalli. Os terremotos non se poden predi-cir, pero, a partir dos datos históricos dos terremotos e do coñecemento das características xeolóxicas du-nha zona pódense estimar a proba-bilidade dun terremoto.

Page 18: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 18

Como podemos previr os terremo-tos? Para previr terremotos podemos adoptar unhas medidas que permi-tan evitar ou reducir os efectos dun terremoto. As máis importantes son: -Elaborar mapas de risco sísmico. -Establecer normas para a constru-ción

-Educar á poboación. O instituto xeográfico nacional di que en caso de terremoto, Se estás dentro dun edificio: -Non saias a fóra se tes un lugar se-guro onde permanecer -Resgárdate debaixo de estruturas ou obxectos, como unha mesa. -Non uses ascensor, podes quedar atrapado. -paga calquera lume e non pren-das mistos ou acendedores. Se estás fóra dun edificio: -Mantente afastado de edificios, paredes ou obxectos que poidan caer. -Se estás nun vehículo, para nun lugar despexado e afástate das pontes.

O último terremoto en Galicia pro-duciuse o 2 de abril de 2010 en Be-cerreá e Triacastela cunha intensi-dade de 2,8 e 2,6 na escala Richter

A orixe dos terremotos que se pro-ducen en Galicia atópase proba-blemente no empurre das placas de Curasia-África. As fallas xeolóxi-cas galegas, que se estenden en dirección leste - oeste e sueste – no-roeste, estiveron soldadas e inacti-vas durante millóns de anos e están debilitadas, o que as converte en máis sensibles aos movementos tec-tónicos. Nestas zonas de Galicia levan pa-decendo terremotos dende 1995.

Ana Boquete, Sara Bouzas, Cristian Carracedo, Sheila López 2ºA

Mapa zonal da actividade sísmica en Galicia

Imaxe do terremoto de Haiti

Imaxe do terremoto de Chile

Page 19: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 19

O coleccionismo é unha afección que consiste en agrupar unha serie de obxectos dunha categoría.

Cada coleccionista pode elixir calquera tema para a súa colección particular, e pó-dese centrar, tanto en aspectos concretos como outros que non o sexan tanto.

Unhas coleccións son moi coñecidas, como pode ser o coleccionismo de moedas (numismática) ou o de selos (filatelia), outras, poden resultar curiosas, incluso raras e baratas á súa vez como pode ser, placas de cava, papeletas electorais, sobres de azucre, unllas, calculadoras…

Algunhas coleccións supoñen un alto custo, están destinadas a algunha xente privi-lexiada como por exemplo as casas, manuscritos ou coches antigos.

O pai de Vicky adícase a restaurar co-ches históricos un deles a Ford A de Carlos Aragundi, e el propúxonos facer-lle a entrevista ao seu cliente e amigo Carlos;un dos fundadores do Veteran Car.Asociación que acolle aos coleccio-nistas de coches históricos.

Entrevista a Carlos Aragundi Castro: Moi bos días, grazas por aceptarnos na súa casa para poder realizarlle esta entrevista para o xornal do colexio CPI O Cruce de Cerceda. 1- Qué outras afeccións ten aparte dos coches an-tigos? C.A: "A vela". 2- Como se formou o club? C.A: "Eran un grupo de tres arxentinos, que tiñan coches antigos exportados da Arxentina, e decidiron facer un club para poder fa-cer actividades máis organizadas".

3- Quen foi o fundador do club? C.A: "O fundador fun eu, Carlos Ara-gundi". 4- Acórdase dos primeiros socios? C.A: "Sí, Juan Cives (dono das pizzerías Cambalache), Luís Pereda, César Vian-

chi (dono de Sumtec)...". 5- Quen é a mellor com-pañía cando realiza os rallys? C.A: "A miña muller, Mari”. 6- Ser socio do club custa moito? C.A: "Non, é unha cota anual de 70€, despois ta-mén podes facer activida-des gratis, de moi pouco custo, e outras subvencio-nadas".

7- Que tres consellos lle darías a un novo socio?

Page 20: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 20

C.A: "-Ten coche ou non ten coche, -Tratar de ter un coche que cada vez teña máis anos, -Investigar sobre a historia dese coche".

8- Cales foron os percorridos que máis lle gustaron realizar co seu coche anti-go? C.A: " -Un rally en Murcia, recorremos durante dez días, diferentes localidades da comunidade de Murcia". "-Un rally desde Madrid ata Cádiz, pa-trocinado polo Corte Inglès, íamos de centro comercial en centro comercial.” 9- Custan moito os trámites para expor-tar un coche histórico? C.A: "Custan bastante, porque hai que pagar o colector no que viaxa o coche, a regulación do coche...” Moitas grazas pola súa colaboración e esperamos que o club vaia subindo os números de socios!!!Ata a próxima!!

Ford A, do ano 1930. A súa matrícula é: VH C 0000 Leva esta matrícula porque foi o primeiro vehículo histórico matrícu-lado na Coruña, porque os demais coches antigos estaban matrículados en Madrid. En xuño o coche cumpre oitenta anos dende que saíu da fá-brica. O club Veteran Car comezou con 3 socios e na actualidade ten máis de 150 socios... Victoria Canellas, Isabel Pombo, Noelia Suárez, kevin Dubra 2ºB

Page 21: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 21

Debido ás reaccións químicas irreversibles ás que é sometido o caucho durante o proceso de vulcanización, non é posible reciclar pneumáticos usados para ser reuti-lizados na fabricación de pneumáticos novos. Esta é a principal causa pola que miles de toneladas de pneumáticos son almacenadas anualmente en vertedoiros municipais ou en vertedoiros ilegais, converténdose nun grave problema medioambiental.

-Ten maior valor calórico ca os outros. Xa que o dos pneumáticos é de 35 millóns de Joule (MJ) por quilo, mentres que a madeira e o carbón son de 22 MJ / kg e 25 MJ / kg, respec-tivamente O coordinador do proxecto, José Ma-nuel Navaza, explica que o obxectivo é "reducir o consumo de combustibles fósiles non renovables e entregar unha sociedade segura e eficaz no tratamento dos seus residuos." Segundo os datos presentados polo investigador, os combustibles alterna-tivos actualmente utilizados son: pneumáticos e aceites usados, disol-ventes e residuos de madeira, ade-mais de residuos orgánicos.

Javier Iglesias, Miguel Loureiro, Marco Nicolli, Dylan Raña 2ºB

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compos-tela desenvolveu un sistema para a utilización de residuos de pneumáti-cos como combustible. A iniciativa foi idea de galegos que por cada pneumático pódese con-seguir entre 10 e 12 quilos de carbón ou 7.5 litros de aceite.

O sistema, desenvolvido polo Departamento de Enxeñaría Química da USC, aplicouse fai tres anos nu-nha fábrica de cemento en Galicia, onde substituíu ao 20% dos combus-tibles tradicionais. Os combustibles pneumáticos teñen as seguintes vantaxes ante os combustibles fósiles: -Os combustibles pneumáticos contaminan menos que os fósiles. -Os combustibles pneumáticos son máis baratos que os fósiles. -Tamén coa incineración dos combustibles pneumáticos pódese ob-ter calor e utilizala como fonte de enerxía.

Menudo problema!

Page 22: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 22

UN MAL INVERNO Como dixemos no anterior número, o inverno do curso 08/09 pensamos que era o peor en séculos, pero como vedes, equivocámonos…Xa que este aín-da foi peor que o anterior, houbo todo tipo de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, neve, sarabia, vendavais...e sobre todo a famosa cicloxénese explosi-va. Os máis vellos non acordaban un inverno tan duro; dixeron que nunca fo-ra tan malo, choveu máis, houbo máis vento só que poucos días, xa que neste inverno non houbo nin un día tranquilo. Puxéronnos moito medo con iso da cicloxénese explosiva, pero a dicir verdade non foi tan grave, vento houbo pero non tan forte como predicían. Chamóuselle Xinthia, ao final foi máis leve do previsto, xa que pasou xusto por enriba de Galicia e entón non causou demasiados danos.

Tamén fixo moito frío ata o punto de conxelar-se os canalóns, urali-tas... como se pode ob-servar na seguinte ima-xe:

Houbo tamén grandes nevadas, tres días se-guidos; que inmobilizou pola mañá a todas as persoas:

venres 10 de xaneiro Abeleira (Rodís)

Velaquí outra imaxe de Abeleira (Rodís) o 11 de xaneiro

Tamén sufriron as consecuencias negativas do inverno no resto de España, sobre todo en Andalucía, coas con-tinuas tormentas e chuvias torrenciais, provocaron o desbordamento dos ríos e a solta de auga dos embal-ses por unha mala predición meteorolóxica que aínda provocou maiores desastres.

Javier Iglesias, Miguel Loureiro, Marco Nicolli, Dylan Raña 2ºB

Page 23: Avante

ACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADEACTUALIDADE

Páx 23

A primeira célula artificial Deuse o pistole-tazo de saída á creación de or-ganismos “a car-ta”. A primeira célula sintética, coñecida cienti-ficamente como “M y c o p l a s m a

mycoides JCVI-syn1.0” e xestada nun laboratorio, supón a revolución da vida artificial.O que conseguiron os investigadores é un xenoma sin-tético, crea-do por eles mesmos me-diante sínte-se química, controle as funcións du-nha célula bacteriana. A célula resul-tante non é, en realidade, totalmen-te sintética, si non o que é artificial é o seu cromosoma. O descubrimen-to publicouse na revista “Science”, foi froito dunha ampla investigación que comezou fai 15 anos e dunha inversión duns 32 millóns de euros. Este descubrimento levouno a cabo o biólogo e empresario estadouni-dense John Craig Venter coa axuda dun prestixioso equipo de científi-

cos. Aplicando as mesmas técnicas do labo-ratorio, Venter e o seu equipo idean crear organismos que, permitan acele-rar a fabricación de vacinas –no caso da gripe podría reducirse nun 99% o seu tempo de fabricación, deseñar al-gas que absorban dióxido de carbono ou fabricar novos hidrocarburos. Con este descubrimento tamén espérase obter novas substancias químicas, in-gredientes alimenticios ou limpar o medio ambiente. A técnica de Craig Venter supón un risco si se aplica para satisfacer determinados intereses, xa que podería usarse para fabricar po-tentes armas biolóxicas Como todo descubrimento revoluciona-rio sempre crea un debate ético pero si é necesario establecer un marco que regule a aplicación do novo coñece-mento.

Lucía Álvarez ,Melanie Rodríguez 2ºA

Page 24: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 24

FOMOS AO TEATRO!

Este curso os alumnos de secundaria fomos ver varias obras de teatro. Os alumnos de 1º, 2º e 3ºC vimos a obra “ E ti, quen vés sendo?”. Os alumnos de 3º, 4º vimos “ Glass City” e “ A Esmorga”. Todas nos gustaron moito. Velaquí os nosos comentarios.

GLASS CITY

Este é o título da obra de teatro que foi ver ao Teatro Rosalía o alumnado de 4º e 3º Diver o 26 de novembro. Titúlase así porque A Coruña é coñeci-

da como a Cidade de Cristal, e na obra póñenlle o nome en inglés para indicar que A Coruña se estaba modernizando. É o verán de 1958, e como todos os anos por esas datas, a familia do Xeneralísimo Francisco Franco vén de vacacións ao Pa-zo de Meirás.Un séquito militar e civil acompáñao e A Coruña convértese por uns días na capital de España. Este feito causa unha grande axitación na Coruña, e iso é o que se recolle na obra de tea-tro.Nos cuarteis do exér-cito, en concreto no de Atocha, no que ten lugar a obra, teñen todo prepa-rado para a chegada do séquito de Franco. No bar da sociedade Hípica, que vai ser o único escenario durante toda a representa-ción, ademais celébrase o concurso “Trampolín de estrellas”, un programa

radiofónico no que participan cantantes no-vos que buscan a fama. Nas súas actuacións son acompañados pola orquestra do bar da propia so-ciedade Hípica. Algo que desta-cou na obra foi que parecía un musical, xa que tiña moitas partes cantadas e algu-nhas das cancións axudaron a entender as dúas historias de amor máis importantes. Ademais destacou o vestiario que estaba moi ben ambientado no contexto da época. Houbo 12 actuacións musicais, e todas rela-cionadas co amor e os sentimentos de quen as interpretaba. Delas destacamos a primeira, cantada por un personaxe chamado Elvis Montana, xa que tiña un ritmo moi animado e foi unha boa forma de comezar a obra. Ta-mén destacou a penúltima, cantada por Kiko

e dedicada para Chusa, quen estaba triste por sen-tirse traizoada; no mesmo momento que a estaba consolando tamén el, Ki-ko, se estaba declarando. A todos lles gustou o seu baile e o bico do remate. Tamén nese ano, en 1958, chegan aos bares da Coru-ña as máquinas de discos

Page 25: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 25

importadas de Estados Unidos que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley e outros famosos cantantes, polo que esas cancións de rock and roll se puxeron de moda entre a xente nova. Un dos perso-naxes que máis gustaron foi Elvis Monta-na, imitador do auténtico Elvis, que resul-taba moi simpático. Seguro que houbo personaxes coa el na Coruña daquela. Nesta obra aparecen feitos reais, dos que podemos destacar que é certo que Franco e a súa familia pasaban os veráns na Co-ruña, no pazo de Meirás, en Sada, que os militares chegaban á cidade dispostos a divertirse e gozar dos privilexios que po-suían. Tamén é certo que o alcalde da Co-ruña deses anos era Alfonso Molina, pro-texido da muller de Franco. Aparecen sucesos que ocorreron realmen-te como a inauguración da propia Socie-dad Hípica, e tamén a da Fábrica de armas a do Mercado San Agustín, ou a cea de gala no pazo do concello, onde, para susto de todas as autoridades, interpretouse o himno galego. Aínda que seguramente ocorría anos des-pois, nesta obra inclúese o intento de aten-tado contra Francisco Franco, nunha das curvas que hai entre Meirás e A Coruña. Un dos personaxes da obra que máis gus-tou foi o da muller de Franco, Carmen Polo, interpretado pola veterana actriz Lu-ma Gómez. Gustou moito a maneira de falar que tiña, especialmente a maneira de falarlle ao seu home e de botarlle as cou-sas na cara; era moi graciosa e un pouco mandona, sobre todo cando dicía “Oíches Paco?”Animámosvos a escoitala nun en-lace do noso blog.

E TI, QUEN VÉS SENDO?

Uns personaxes que interpretan a outros personaxes e un es-cenario dentro dou-tro escenario. Isto é E ti, quen vés sen-do?, obra do grupo Talia Teatro inter-pretada no Rosalía

de Castro da Coruña o día 28 de xaneiro de 2010, nunha sesión especial para institutos. O CPI O Cruce estivo alí. Escrita e dirixida por un dos grandes para-digmas do humor galego Cándido Pazó, pre-séntanos a un grupo de persoas sen teito que pretenden levar a escena unha obra de teatro clásico: O Anfitrión do comediógrafo latino Tito Marcio Plauto. O Anfitrión cóntanos as peripecias de dous deuses grego (Xúpiter e Mercurio) que se fan pasar por Anfitrión e polo seu criado Sosias para conquistar a mu-ller do primeiro, Alcmena. E ti, quen vés sendo? cóntanos as peripecias dun grupo de persoas marxinais (isto é o úni-co elemento de unión entre elas) para demos-trar que son quen de levar adiante a represen-tación dunha obra de teatro. Reúnense no soto dun edificio en construción e abandona-do para ensaiar a comedia de Plauto. A obra une dous mundos moi afastados: o teatro clásico e a vida na rúa. E este é un dos seus maiores logros porque o público coñe-cerá unha obra clásica a través dunha obra actual plagada da ironía e do sarcas-mo propios do humor galego. As confusións que se producen entre Anfitrión (xeneral romano que regresa da guerra) e o seu

Page 26: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 26

clon (Xúpiter) e sobre todo entre Sosias (criado de Anfitrión) e o seu clon (Mercurio) póñense ó servizo dunha refle-xión tan antiga como actual: a fraxilidade da identidade propia nun mundo tan com-petitivo; e dun conflito tan cotián coma eterno: os motivos e os problemas da ex-clusión social presentados a través dos diversos personaxes (o alcohol, a droga, o fracaso laboral, os trastornos psicolóxicos e cognitivos... Se o autor latino era un perfecto exemplo

da linguaxe popular do seu tempo, Cándi-

do Pazó non se queda atrás. A lingua em-

pregada, tanto verbal coma xestual, é un

dos aspecto máis rechamantes da obra e

o que mellor caracteriza o mundo marxi-

nal ó que pertencen os personaxes.O que

máis me gustou foi a maneira de falar dos

personaxes. O que menos me gustou foi o

vocabulario, xa que a obra era para

maiores de 13 anos, pero ás veces pasá-

banse un pouco.

Jose Antonio Becerra, 3ºC.

Ao principio non me gustaba a idea de ir

ao teatro porque apréciame aburrido, e

menos botar unha hora acolá, pero a

obra resultoume entretida, non me espe-

raba este argumento.

Sergio Pombo 2ºB

A ESMORGA Esta novela comeza cunha especie de prólogo, chama-do Documentación , na que un escritor presenta a nove-la que vén a continuación tratando de convencernos de que o que escribiu é

unha especie de crónica ben documen-tada duns feitos reais, terribles, que ocorreran había máis de 50 anos. A continuación comeza a novela en si, na que Cibrán declara ante o xuíz, per-

sonaxe que vén representado por un guión sen texto, polo que temos que de-ducir o que lle pregunta a Cibrán. El de-féndese e dá a súa versión dos feitos que comezaran o luns pola mañá:

Cibrán vai de camiño ao traballo cando se atopa con Bocas e Milhomes, que ve-ñen no remate dunha das esmorgas polas que eran coñecidos en toda Auria. O Bo-cas convénceo para que vaia con eles, aínda que Cibrán lle prometera á Raxada, muller con quen tiña un fillo, que ía ir traballar. Os tres van á taberna da tía Esquilacha e o Milhomes proponlles ir á casa dos An-drade para ver á muller, ao redor da cal hai un misterio, e ten fama de ser moi fermosa. Ven a muller de Andrade que era a principal razón pola que foran alí. O Bocas quedou engaio-lado por ela. O señor Andrade ao velos, fainos marchar a tiros. Despois deciden ir ao pazo do Castelo. Alí os tres quedan en coiros e Milhomes métese con Cibrán. O Bocas por defen-der o Milhomes, pelexa con Cibrán, quen tira un quinqué e préndelle lume ao pazo. Volven á casa dos Andrade. Unha vez alí, o Bocas e Milhomes rouban unhas cantas cousas, a pesar de que Cibrán lles di que non o fagan. Volven ver a muller de Andrade, e foi daquela cando o Bocas se achega a ela, e ao tocala danse conta de que é unha boneca. A causa do mal tempo, os tres amigos acaban nas aforas, preto do vertedoiro. Alí o Bocas viola a Socorrito, o Milho-mes apuñala e mata ao Bocas, e o Milho-mes morre afogado. Deducimos que o xuíz ao final da decla-

Page 27: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 27

ración, acusa a Cibrán de ma-tar ao Bocas. Daquela Cibrán colle a navalla e suicídase. En Auria hai outra versión: que morreu da malleira que lle deu a Garda Civil. Todos ao final da lectura cre-mos na inocencia de Cibrán, ao que vemos humilde, bo compañei-ro, con bos sentimentos… porque es-pertaba un sentimento de pena ao ver que era culpado por todo, cando era o máis inocente dos tres. No fondo, e un bo home que lle gusta axudar os de-mais pero ao ser tan manipulable po-los demais, culpábano por actos que el non fixera na realidade. E un persona-xe que coa súa actitude nos parece inocente, libre das acusacións que fan contra el, e por todo isto logra caernos ben a todos. A pesar da súa carencia de personalidade, xa que é moi mani-pulable polo Bocas e máis pola Milho-mes, ca súa actitude e coa súa versión dos feitos ante o xuíz xa nos parece verdade todo o que nos conta, aínda que nos non saibamos a versión de Milhomes e Bocas. Pero ademais fomos o 9 de abril ao Teatro Rosalía para ver unha versión teatral deste clásico da literatura gale-ga. É unha versión da compañía tea-tral ourensá Sarabela Teatro.

A escenas que máis chamaron a aten-ción foi cando eles van á casa dos An-drade por segunda vez, e ven que está a muller que tanto buscan, sentada nunha cadeira e, cando a tocan, ven que era unha boneca de plástico.

A violación de Socorrito, porque du-rante toda a obra están nun ambiente de festa e de risas e nesa escena vese como toda a festa se lles vai excesiva-mente das mans, e como a partir de aí todo acaba mal.

Outra escena que impresionou é cando estaban no castelo bailando e divertíndose. A actuación efeminada do Milhomes creou unha escena moi divertida. O Milhomes sabe que se burlan del pola súa homosexualida-de. Non trata de ocultalo, case pode-mos dicir todo o contrario. Unha das

escenas onde se ve claramente a homo-sexualidade deste personaxe é esta do pazo do Castelo, onde Milhomes baila co Bocas medio espido, quedou soamente cunha camisa que colocara como man-dil . Cinguíase moito á descrición do li-bro, e non dubidaron en reproducila tal cal, aínda que tivese algún elementos es-cabrosos. Cando Milhomes está co Bocas sempre anda arrimado a el, tocándoo ou bailando con el. Ás veces trátao coma se quixese ser algo máis có seu amigo. Milhomes faino beber continuamente para aprovei-tarse del e así poder tocalo máis. Tamén propón plans e mais plans para poder se-guir de festa con el. En xeral, opinamos que os actores que máis destacaron foron o Bocas e o Mil-homes pola actuación dos dous. No Mil-homes destaca moito a súa maneira de rir. Tanto o Bocas como o Milhomes es-taban sempre bébedos e tiñan un certo xogo estraño entre eles, que chamaba a atención. O Bocas estaba obsesionado en ir ó Pazo do Andrade para estar coa mu-ller, que lle pareceu moi fermosa. Tamén está obsesionado en estar cunha muller que non se dedique á prostitución. O ac-tor interpretou ben a imaxe ruín e ma-chista que se quería dar do Bocas.

En resumo: impresionounos, non a es-queceremos.

Page 28: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 28

INTEGRA_ DOS

Aquí, entre nós, tan parecidos a nós que parecen tan galegos coma nós, temos compañeiros inmigrantes que viñeron de lonxe, de América, ese conti-nente que hai anos recibía os nosos familiares que emigraban.

A Miña Viaxe Aínda hoxe e a pesar do tempo e da distancia que me separa, cando é de noite e non se escoita máis que o caer da chuvia, sigo pensando na miña terra Venezuela e as circunstancias que me fixeron afastar-me dela. Na cabeza de meu pai sempre estivo presente a idea de marchar a España, pero durante moito tempo foi só iso, unha idea. Pero a economía do pais, a falta de bos gobernantes e a inseguridade converteron esta idea un obxectivo para o meu pai, pensaba que era o mellor para todos nós. En principio meu pai marcharía só, para conseguir un traballo e un lugar onde vivir. Estivemos tres anos se-parados, e mantiñamos o con-tacto a través de chamadas de teléfono e escasas vídeo cha-madas. Mentres, seguiamos cos noso avós. Durante eses 3 anos vivín cada día como o último, á vez que vía como cada vez a si-tuación da miña terra empeoraba. A eco-nomía, a corrupción e a inseguridade ían a peor, mentres a impotencia me invadía, e non só a min, senón a todos os venezola-nos. A pesar de todos estes problemas, eu prefería quedar en Venezuela, quen non desexaría vivir na súa terra? Creo que to-dos. Pero rematou por chegar o día en que tiña que marchar. Miña nai, meus irmáns e eu despedímonos da familia. Ese dia ta-mén me despedín do meu país, deixando

alá unha parte do meu corazón. No avión deille un repaso á miña vida e cando despegou puiden sentir que ía pasar moito tempo ata que volvese pisar a miña te-rra. No camiño xurdiron as preocupacións de cómo sería o lugar a onde ía, ata daquela só me preocupaba máis deixar todo o que deixa-ba. Cheguei a Galicia, un lugar marabilloso cunha historia incrible, coñecín xentes extra-ordinarias cunha fala fermosa, fixen moi bos amigos que nunca esquecerei; tamén sentín

iso de vivir no primeiro mundo tan tranquilo e seguro. Síntome afortunado por chegar a coñecer Galicia, que sen dúbida me encheu de experiencias marabillosas que sempre serán especiais para mi. Lembro o meu primeiro dia de clases aquí. Collín sitio ao lado do que agora é o meu mellor ami-go, que sempre está cando o nece-sito e que me axudou moito, sobre todo cando levaba pouco tempo aquí. No comedor sentei ao lado doutro amigo que tamén é venezo-lano, que foi de certa forma un

apoio porque ambos seguimos querendo a Venezuela, e compartiamos esa forma de ser, e eses costumes tan venezolanos. Así pouco a pouco rodeeime de xente incrible coa que sen dúbida pasei moitos momentos felices. Aínda sinto a esperanza e o desexo de axudar ao meu pais, e aquí en Galicia estudei sobre algúns personaxes que puiden ver que pertencían ao propio espírito galego, e que son un exemplo para ao exterior sobre todo para persoas coma min, emigrantes, xa que crece en min unha esperanza de cambio e loi-

Este é Damián en Venezuela

Page 29: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 29

ta coma a que se logrou aquí. Moitas veces lembro as experiencia que vivín en Venezuela, momentos felices e non tan felices tamén, penso nas experien-cias que vivín aquí, analizo todo e podo aprender, ver erros e momentos importan-tes da miña vida e podo recoñecer que a viaxe que fixen permitiume aprezar máis o que tiña antes, pero á vez coñecer máis doutras sociedades, co cal espero algún dia poder contribuír no meu pais. Esta viaxe que fixen enriqueceume moito, agora conto eu facer outras viaxes, esperando sempre que o resultado sexan boas experiencias ata que o momento de volver ao meu pais chegue.

Damián Fontenla, 4ºB

A chegada a un país novo Acórdome que acababa de cumprir seis anos cando un día che-gou a miña nai. Xa era Nadal. Lembro que can-do chegou non a recoñe-cín e pregunteille á miña irmá e á miña avoa que quen era; elas dixéron-me que era mamá, pero estaba moi cambiada e eu nin sequera lle qui-xen dar un bico. Todos me dicían que era mamá, pero eu non o quería crer, por-que non parecía ela, ata que por fin resigneime a acercarme a ela e dinme conta de que si, que realmente era ela. Eu, ao principio, pensei que miña nai só viña polo da comuñón da miña irmá, que estabamos a preparar xa que só faltaba unha semana para que a fixera. Pero cando chegou, miña nai empezou a apurar todo; eu pregunteille por qué estaba a apresurar todo desa maneira e por qué nos estaba a preparar unha maleta a cada unha. E entón foi cando me dixo que despois de que miña irmá fixera a comuñón nos ía levar a España, e que o único que quería era que estiveramos ben e ao seu lado, xa

que levaba demasiado tempo lonxe de nós. Eu díxenlle que non quería ir, e que quería quedar con todos alí; miña irmá pensaba o mesmo, pero sabía que aínda que non quixe-ramos íanos levar igual. Así foi. Dous días despois da comuñón chegamos a España. Cando montamos no avión eu estaba moi nerviosa, xa que nunca fora antes nun avión, pero logo de montar xa non tiven me-do. Tamén o que se me fixo moi duro foron tantas horas de avión, e que cando chegamos a Madrid ía moito frío xa que estaban en in-verno. Alí collemos outro avión cara Galicia pero ese voo fíxose moito máis ameno có ou-tro, xa que era moito menos tempo. Cando chegamos ao aeroporto de Alvedro estábanos a esperar o noso padrasto que era moi bo e queríanos moito. Tíñanos á miña irmá e mais a min un ramiño pequeniño máis un regalo para cada unha e á miña nai tíñalle un ramo

grande de rosas vermellas. O recordo máis presente que teño é que cando bai-xaba do avión escapoume un gorro, que me regalara o meu avó, voando e non o puiden recuperar o que me causou moita tristeza. Cando nos dirixiamos cara á casa recordo ir falando todo coa miña irmá e so-bre todo que ía moito frío. Cando chegamos á casa coñecemos a nosa avoa e démonos unha ducha ben quente e fomos para a ca-ma Ao día seguinte, aín-da medio asustadas por

tanto cambio, fomos coñecer amigos da miña nai mais do meu pai. Así pouco a pouco fó-monos acostumando a todo e dende entón estamos aquí, cunha boa calidade de vida e felices aínda que nalgúns momentos botemos de menos á nosa familia, pero sabemos que non podemos estar con eles. Camila Calvo, 4ºA, curso 2010

Esta é Camila Calvo

Page 30: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 30

U N G R A N P I L O T O

O LIBRO RECOMENDADO

Título: Maus Autor/Autora: Art Spiegelman Editorial: Inrevés Edicións Data 1ª edición en galego: maio de 2008 Nº de páxinas: 296 Tempo aproximado de lectura: 6 horas Puntuación: 9

Art Spiegelman, con nacionalidade estadounidense na actualidade, na-ceu en Estocolmo o 15 de febreiro de 1948. Seu pai Vladek e a súa nai Anja son uns xudeus polacos super-viventes do campo de exterminio nazi de Auschwitz. Seu irmán Ri-chieu morreu nun campo de exter-minio durante a II Guerra Mundial antes de que nacera Art. “O perso-naxe que máis me gustou foi Vladek por como buscaba o mellor para a súa familia e para Anja e por como buscaba sempre unha maneira de caerlle ben aos gardas para asegu-rar a súa vida”(Mateo). Maus, a historia escrita por Art, levouno á fama mundial. Por primei-ra vez en cómic conta a historia re-al do holocausto, en concreto a his-toria de seu pai durante a segunda guerra mundial e a súa estancia no campo de exterminio de Auschwitz. “O que máis me gustou do libro é que toda a historia é real, e esta

contada dunha maneira moi impactante e con amplitude de detalles. Destaca-ría do libro o esforzo do autor para relatar toda a historia lembrando a morte de curmáns, da súa nai e de máis familiares. Cualificaría o libro co-mo impresionante, impactante e rea-lista”(Mateo)

Entre os aspectos que máis destacan desta historia é a descrición dos es-condites dos xudeus, que no caso da imaxe que aparece a continuación está nun depósito de carbón cun dobre fon-do

Tamén son moi impresionantes e

reais, como todo o libro, algunhas es-cenas vistas polo pai representadas en

Page 31: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 31

cómic. Neste caso, o garda ante-riormente mandáralle ao preso que fose buscar o gorro despois de ti-rarllo. Cando o foi agarrar, pegoulle un tiro coa escusa de que quería fu-xir do campo de concentración. O garda así conseguía unha recompen-sa

Na imaxe seguinte móstrase unha das peores torturas: cando os for-nos non deron abasto para eliminar xudeus, obrigábanos a cavar e a ti-rar aos que xa morreran nas cáma-ras nuns buratos, despois disto eles tiñan que saltar tamén ao burato, era daquela cando os os queimaban a todos xuntos vivos e mortos.

Damián David Fontenla V.

4B ESO

María Silveira de 2ºB recomenda para este verán os seguintes libros:

Aventura e misterio: -Morte no priorato (Toti Martínez

de Lezea) -Crónicas da torre ou a emperatriz

dos Etéreos (Laura Gallego)

Historias e viaxes: -A rosa escondida ou un burka por

amor (Reyes Monforte) -Princesa de África (Sonia Sampa-

yo) -Chamando ás portas do ceo (Jordi

Sierra)

Romances e fantasía: -Medianoite, Adicción e Despedida

(Claudia Gray) -Cazadores de sombras (Cassandra

Clare) -Temblor (Maggie Stiefvater)

Medo e policías: -Asasinato no Oriente Express

(Agatha Christie) -Sangue derramada ou aurora bore-

al (Asä Larson)

Traxedias, destino e romances: -Querido Jonh ou un paseo para re-

cordar (Nicholas Sparks) -¿Qué sería eu sen ti? (Guillerme

Musso)

O verán é un tempo no que podemos desfrutar aínda máis da lectura, os días son ,moi longos e sempre podemos atopar un momento para adicarlle a un bo libro.

Page 32: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 32

RETRINCOS

Castelao publicou cinco relatos autobiográficos nun libro que titulou Retrincos (retrinco= anaco), pedíndonos aos lectores e lectoras que os tomásemos por certos e verdadeiros. E cando imos lendo os contos, (o segredo, o inglés, Peito de lobo, o retrato, Sabela), ímonos conven-cendo de que realmente o que conta lle sucedeu de verdade. Ademais, por momentos fainos sentir que somos seus amigos, porque neles nos fala dos seus senti-mentos, medos, desexos,... case como se nos contase segredos. Nun apartado do libro chamado Limiar (introdución) dicía Castelao que “cada vida é unha novela que se perde” porque por pudor non a escribimos… E quixemos facerlle caso, e é por iso que, imi-tando a Castelao, ofrecémosvos un retrinco, pero, se queredes ler máis, podedes facelo no noso blog: www.blogoteca.com/moitoconto Queda da vosa man tomalos como verdadeiros … ou non.

Cando eu a penas contaba con 19 meses de vida, uns amigos de meus pais invitáronnos a comer á súa casa que se atopaba na Coruña. Cando chegamos fomos sentarnos ao xardín, e eu coma sempre no colo de miña nai. O xardín era moi bonito e tiña un bambán no que xogaba a filla destes amigos. Eu daquela pouco andaba e sen máis baixei do colo e boteime andar cara o bam-bán, pois eu tamén quería xogar. Eu escoitaba a miña nai por atrás que me chamaba para que non fose levar un golpe. Empe-cei a correr cara á nena que se chamaba Tamara; miña nai ta-mén se botou a correr cando viu que ía ocorrer o que xa presen-

tiu anteriormente. De súpeto miña nai parouse como se se volvese de xeo, viu que xa non podía facer nada. Nese mesmo momento o bambán bateu na miña cara e caín ao chan coma un farrapo. Miña nai botou un berro que conxelou o corpo de todos os alí presentes e comezou a correr xunto a min. Eu atopábame alí tirada coa cara toda ensanguen-tada, tiña un gran corte encima da boca ao lado do nariz. Miña nai colleume no colo e tanto meu pai como os seus amigos subiron ao coche e leváronme ao hospi-tal. Cando chegamos ao hospital rapidamente viñeron as enfermeiras que me leva-ron a unha sala onde me coseron o corte. Eu choraba e miña nai intentábame tran-quilizar, mentres eu repetía a palabra que ela me dicía nese momento: “corasón”. Dende ese día tiven a que sempre foi a miña marca persoal; non me avergoño dela, ao contrario síntome orgullosa, xa que penso que unha marca deste tipo dálle per-sonalidade propia a unha persoa, pois ninguén vai ter unha semellante a como a teño eu. Aínda que houbo moitas veces que algunhas persoas burlábanse de min con maldade, xa que pretendían que me sentira incómoda e “acomplexada”. Eu nunca lle prestei moita atención a estes comentarios, pero había veces que me doí-an aquelas palabras. Hoxe en día os únicos comentarios que me fan acerca da mi-ña marca só son preguntas para saber que foi o que me aconteceu e xa ninguén se burla de min.

Tamara Casás,4ºB, curso 2010

Page 33: Avante

CULTURACULTURACULTURACULTURA

Páx 33

O MEU CAN LEO Cando eu tiña oito anos, meus pais pensaban que o lugar onde vi-viamos non era o axeitado e decidiron mudarse. Isto nun primeiro momento entristeceume enormemente, pois eu estaba contento on-de viviamos. Tiña aos meus amigos cerca, a miña avoa, e a moita xente que me coñecía e me quería. Pero o que nun principio me pareceu que ía cambiar a miña vida para peor, resultou ser todo o contrario. Meus pais mudáron-se para unha casa grande e cun xardín enorme. Alí sentíame en liberdade, un espazo para xogar ao fútbol, como nunca tivera. E o

mellor de todo e que se viu cumprido un dos meus grandes soños, por fin puiden ter dúas mascotas, un gato que me regalou unha amiga e un can que me regala-ron os veciños. Ao can decidín chamarlle Leo, e ao gato Uquis. Entre os tres fixe-mos un bo equipo, no que eu era o encargado da súa alimentación e da súa lim-peza. A Leo ensineille a xogar á pelota e xuntos xogabamos ao fútbol, mentres que Uquis ollaba desde as ramas das árbores do xardín. Ás veces pechaba os ollos e pensaba o feliz que era por ter comigo estes grandes amigos, que nunca me deixaban só. Por fin tiña cumprido un dos meus soños! Con eles aprendín a que non sempre o can e o gato se levan mal, xa que eles dous eran inseparables. Moitas veces pasaba a tarde ollando como eles xogaban, un corría detrás do outro, pero Uquis subía ás árbores e alí era inalcanzable, e pola noite durmían xuntiños, na mesma cama para non ter frío. Pero todo isto rematou cando un día Leo desapareceu. Buscamos e busca-mos, preguntámoslle aos veciños e ninguén o vira, nunca souben que lle pasou. Alguén dixo que o deberan roubar. Eu aínda lembro eses momentos, esas tardes que nunca esquecerei, pois forman parte dunha das etapas máis bonitas da miña vida. Agora só me quedan algunhas fotos e a espe-ranza de que algún día poidamos estar novamente xuntos, e mentres sigo pechando os ollos, para trasladarme no tempo e volver aos momentos en que me arrimaba o seu fociño. Borja Regueiro, 4ºB, curso 2010

OUTRO RETRINCO

Page 34: Avante

DEPORTESDEPORTESDEPORTESDEPORTES

Páx 34

No pasado mes de marzo, entre os días 27 e 28, celebrouse o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo en Cerceda. Foron convocados os clubs de Salvamento e Socorrismo de SAPO de Ponte-vedra, SAL da Laracha, SYSCA de Carballo, UMIA de Pontevedra, SASA de Sada e o Club Natación Cerceda. Celebráronse probas de categorías alevín, infantil e cadete. As probas son individuais ou por equipos.

Algunhas das probas celebradas foron: Natación con obstáculos: Consiste en nadar (alevíns 50 m., infantís 100m. e cadetes 150m.), va-rios largos sen parar ata a metade da piscina, onde se atopa unha rede que se debe pasar buceando. Rescate de maniquí: Nesta proba o deportista nada 50m. con aletas e sen aletas excepto os ale-víns, que nadan 25m. sen aletas e 50m. con elas. Socorrista: esta proba consiste en nadar os primeiros 25m. co tubo de rescate. Ao chegar á pare-de, o nadador dá o xiro, clica (abrocha os extremos) o tubo e regresa ao outro extremo da piscina intentando lograr o mellor tempo. Esta proba realízaa a categoría infantil. Combinada: Nesta proba o nadador debe percorrer 50m. a crol. Despois disto a de percorrer buceando 12.5m. aproximadamente, recoller o maniquí e continuar co salvamento remolcando. Esta proba realízana na categoría de cadete. Relevo de rescate: Esta proba realízana 4 compoñentes do equipo. Un deles, o que se atopa na zona de saída, leva o maniquí ata o me-dio do largo, onde o esperan dous dos seus compañeiros. O primei-ro débelle pasar o maniquí ao que se atopa á súa esquerda para que o leve ao outro extremo, onde o espera o terceiro compoñente que realiza a mesma acción co último compañeiro que se atopa tamén no medio. Para realizar isto, os dous compoñentes que se atopan na metade do largo non deben recibir ningún apoio. Para non ser descalificados, os nadadores, non poderán afundir a cabeza do maniquí.

Page 35: Avante

DEPORTESDEPORTESDEPORTESDEPORTES

Páx 35

Tamén se celebran campionatos en augas abertas nos que se practican probas en auga e area, cada verán. Nas probas de auga o obxectivo pode ser de salvamento ou unicamente deportivo. As probas son: Mini nadar surf: Consiste en ir nadando ata as boias, e dando a volta por detrás destas, volver, procurando ser dos primeiros. Mini salvamento con tubo de rescate: Consiste en que primeiro, un dos catro compoñentes do equipo nada hasta as boias. Dende alí, espera a que un dos seus compa-ñeiros vaia a onda el co tubo de rescate. Este colócalle o tubo enganchado ao redor do seu corpo e así arrástrao ata a orilla, onde os dous derradeiros compoñentes o arrastran ata a meta. Dobre rescate con táboa: Consiste en que un dos nadadores recolle ao seu compa-ñeiro que se atopa detrás da boia, para levalo consigo, na táboa, ata a area.

Relevos de sprint: Están dous membros do equipo a cada lado. O primeiro membro do grupo sal e leva un testigo. Cando che-ga ao outro lado, dálla ao segundo mem-bro e así consecutivamente ata o derradei-ro.

Mini bandeiras: Consiste en que cada parti-

cipante está deitado boca abaixo de costas ás bandeiras (sempre hai unha de menos), ao dar a saída debes correr ata as bandei-ras e lograr coller unha. Quen non consiga coller a bandeira, está eliminado, e así consecutivamente, ata que só quedan dous corredores e unha bandeira.

Sprint: Consiste en correr unha distancia no

mellor tempo posible. Lara Trasande, Tamara Uzal, Cristina Vázquez, Nerea Vilariño 2ºB

Page 36: Avante

DEPORTESDEPORTESDEPORTESDEPORTES

Páx 36

O MOTOCICLISMO

Dende hai uns anos está habendo un gran éxito no motociclismo dos pilo-tos españois polo que aumentou bastante a afección por este deporte. A primeira carreira de motociclismo foi en Inglaterra no ano 1897.En1904 creouse a Federación Internacional de Motociclistas(FIM). Hai 22 pilotos españois en motociclismo os máis destacados son: Daniel Pedrosa :foi 3 veces campión do mundo: 125cc(2003) e 250cc (2004 e 2005), disputou 111, gañou 27 carreiras, quedou 55 veces no podio e fixo 27 poles. Jorge Lorenzo: foi 2 veces campión do mundo, 250cc(2006 e 2007) dis-putou 89 carreiras, gañou 21 carreiras, quedou no podio 38 veces fixo 26 po-les.

Motociclismo de velocidade Realízase en circuí-tos asfaltados ce-rrados, tanto autó-dromos como urba-nos, no cal o ob-xectivo é percorrelo un número de voltas

no menor tempo posible. O Campio-nato Mundial de Motociclismo é o principal certame desta modalidade. Actualmente consta de tres catego-rías: 125cc (motos de 2 tempos, de ata 125 centímetros cúbicos de ci-lindrada e con só 1 cilindro), Moto2 (motos de 4 tempos, de ata 600 centímetros cúbicos e ata 4 cilin-dros) e Moto GP (motos de 4 tempos de ata 800cc de cilindrada cun nú-mero libre de cilindros). Durante a historia do campionato, existiron outras categorías: 50cc, 80cc, 350cc, 500cc y 1000cc.

Outros campionatos mundiais son o Cam-pionato Mundial de Superbikes e o Cam-pionato Mundial de Motociclismo de Re-sistencia, que se disputan con Superbikes (un tipo de motocicleta de serie de gran cilindrada, con algunhas modificacións). Os campionatos nacionais de motociclismo de velocidade máis desenrolados tamén se disputan con Superbikes. O TT Illa de Man é unha carreira lenda-ria que ten lugar anualmente na Illa de Man (Reino Unido). Formou parte do mundial de velocidade moitos anos. Trá-tase dunha carreira polas estradas da illa, perigosa, e du-nha lonxitude duns 60 km. En España hai 3 cir-cuítos de velocidade que organizan probas do campionato mun-dial de moto GP: Xerez, Montmeló e Cheste . Martín Baldomir, Javier Boquete, Marcos Bocija 2ºA

Page 37: Avante

DEPORTESDEPORTESDEPORTESDEPORTES

Páx 37

FERNANDO ALONSO

CON FERRARI

Despois de pasar por Renault, da súa mala experiencia con Maclaren e de novo aos mandos dun Renault, nesta tempada Alonso formará parte da mítica escudería, Ferrari

No seu debut con Ferrari, nos en-trenamentos da pretempada en Va-lencia, Fernando marcou o mellor tempo da xornada. Na primeira carreira do 2.010, en Bahrain, Fernando saíu terceiro por detrás do seu compa-ñeiro Felipe Massa e Sebastian Vettel, pe-ro adiantou a ambos e gañou a súa primei-ra carreira con Fe-rrari. Era o máximo ó que podía aspirar. Gañar a súa primeira ca-rreira no seu debut con Ferrari era o que Fernando Alonso so-ñara dende que o pasado mes de outubro se anunciou a súa fichaxe pola escudaría de Maranello. A emoción embargábao cando cru-zou a liña de meta facendo eses, e tras ver a bandeira a cadros e a felicitación dos seus mecánicos, al-zou os brazos celebrando a súa 22º

vitoria e a primeira vestido de vermello, seguido do seu compañeiro de equipo Felipe Massa no que foi un dobrete irreprochable, o primeiro do equipo ita-liano dende 2.008 e o número 80 da súa historia. Un regreso á hexemonía do

Imperio Vermello des-pois dos 2 últimos de do-minio do Maclaren , Brawn e Red Bull. O fundador da Scuderia Ferrari foi Enzo Ferrari. Maranello é principal-mente coñecido como o fogar da marca de auto-móbiles Ferrari e da Scuderia Ferrari, o len-dario equipo da Fórmula 1. A primeira participa-

ción de Ferrari na Fórmula 1 foi no Gran Premio de Mónaco de 1.950, co Tipo 125 F1, de maneira que son o equipo máis an-tigo do campionato, así como o que máis vitorias e campionatos conseguiu. Brais Becerra, Kleiton Juncal, Daniel Henriques, Adrián Muíño 2ºA

Page 38: Avante

DEPORTESDEPORTESDEPORTESDEPORTES

Páx 38

Aos rapaces do CPI O Cruce gústanos moito todo o relacionado co mundo do motor. Por iso eliximos facer este artículo sobre este mítico piloto escocés que morreu nun accidente de helicóptero en setembro de 2007 Colin Mcrae era un deses personaxes que moi de tarde en tarde sobrepasaba máis alá da súa activida-de e logran a fama mundial. Colin foi o piloto máis mediático e unha icona mundial nos últimos anos. Ado-rado entre os afeccionados, McRae representa a mellor esencia das carreiras: a loucura do derrape. A súas cámaras interiores asustaban a maioría das veces. Tranquilo ata a desesperación non perdía a com-postura. Cun xesto fora do coche ata indolente, o escocés non deixaba indiferente.

Poucos dubidamos de que fora o piloto mais rápido da historia nun tramo. Foi o rival máis difícil para todos. Se a Sainz perseguiuno a mala sorte, polo contrario McRae construíu a súa propia mala sorte, deixando varios mundiais contra unha árbore, unha poza...

Hai veces que un ten a sensación de o que queda de Colin son os seus accidentes que, sen dúbida, caracterizábano como piloto, pero incluso eses desastres servíanlle para agrandar a súa figura. Se mañá facemos un recopilatorio dos accidentes máis fortes , Colin estaría no top Ten con 4 ou 5 “Momentos”. Pero se facemos o mesmo recopilatorio cos momentos máis espectaculares nos rallys, este tío tería 7 ou 8.

Coa desaparición de McRae cérrase unha das épocas máis gloriosas do mundial de Rallys. Sáinz, McRae, Burns, Gronholm ou Makkinen brindáronos un lustro de talento e carreiras (1997-2003) tan só equiparable á primeira metade da década dos oitenta.

As crueis paradoxas do destino permitiron que McRae morrera nun accidente de helicóptero. Alguén foi demasiado inxusto con isto. Botámoste de menos, Colin.

Francisco Rodríguez, Daniel Pena, Sergio Pombo, Adrián Señarís 2ºB

COLIN MCRAE UN GRAN PILOTO

Page 39: Avante

PASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOS

Pax.39

Busca as 6 diferenzas que se atopan nos seguintes debuxos, serás quen de atopalas? Ana Beoquete 2ºA

ATRÉVESTE???

4 4 0 2 2 2 4 5

3 5 1 6 0 6 3 2

3 2 5 5 4 6 1 1

5 6 1 4 0 1 3 5

3 3 0 0 1 6 4 2

0 3 5 6 1 3 4 4

2 6 2 1 5 0 6 0

DOMINÓ

Como se xoga. Hai que agrupar os números de dous en dous de forma horizontal e vertical ata atopar as 28 fichas( igual que o dominó).

Noelia Casás 2º A Eso

6 7 3

4 8

2 8 5 7

6 8

3 5

4 5 7 3 8

5 3

3 6 7

8 1 9 5

SUDOKU

Completa o taboleiro de 81 casillas(nove filas de nove columnas) subdivididos en 9 cadrados enchendo as celas baleiras cos números do 1 ao 9, de modo que non se repita ningunha cifra en cada fila, nin en cada columna, nin en cada cadrado

Alba García 2º A Eso

Page 40: Avante

PASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOS

Pax.40

ATRÉVESTE??? Palindromanzas

(Palabra ou oración que se le igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda)

Nome de diferentes carnívoros omnívoros,de gran ta-maño

_ _ _ Criada principal dunha casa

_ _ _ Letra seguinte a ele

_ _ _ Órgano da vista

_ _ _ _

1ª persoa do singular do presente de indicati-vo do verbo oir

_ _ _ Embrión de certos animais

_ _ _ Termo de negación

_ _ _ Parte por onde se colle algunha cousa

_ _ _ Celebrar con risa algo que di ou fai alguén

_ _ _ Non cheo

_ _ _ Nome propio de muller

_ _ _

Faldras,pezas de vestir femininas _ _ _ _ _

Mèlanie Rodriguez Lucía Álvarez 2ºA

EXERCICIOS DE LÓXICA

Deduce cal é a letra que falta

V ? Q N I

Completa a seguinte ecua-ción

G P é a E R O que ND é a…

Lucía Álvarez 2ºA

ADIVIÑA

Quen será, quen será? O lobo do Courel

Un home de voz tronante Poeta galego é.

Lara, Tamara, Cristina, Nerea 2ºB

XEROGLÍFICOS Feitos por Patricia Villar 2ºB

IV

A que hora vés mañá?

NOTA 1

X

A > K

Comprácheslle o regalo ao teu tío?

Page 41: Avante

PASATEMPOS / SOLUCIÓNSPASATEMPOS / SOLUCIÓNSPASATEMPOS / SOLUCIÓNSPASATEMPOS / SOLUCIÓNS

Pax.41

ATRÉVESTE??? Palindromanzas

Nome de diferentes carnívoros omnívoros,de gran ta-maño

O_S O_ _ Criada principal dunha casa

AMA_ _ _ Letra seguinte a ele

EME_ _ _ Órgano da vista

OLLO_ _ _ _ 1ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo oir

_OIO _ _ Embrión de certos animais

OVO_ _ _ Termo de negación

NON_ _ _ Parte por onde se colle algunha cousa

_ASA _ _ Celebrar con risa algo que di ou fai alguén

RIR_ _ _ Non cheo

OCO_ _ _ Nome propio de muller

ANA_ _ _

Faldras,pezas de vestir femininas SAIAS_ _ _ _ _

Mèlanie Rodriguez Lucía Álvarez 2ºA

EXERCICIOS DE LÓXICA

Deduce cal é a letra que falta

V ? Q N I

Completa a seguinte ecuación

G P é a E R O que ND é a…

Lucía Álvarez 2ºA

Solucións: A letra T. A serie sigue o orde alfabético

invertido dando saltos de 1,2,3 e 4 A L e a F.Dúas letras antes e dúas letras

despois

ADIVIÑA

Quen será, quen será? O lobo do Courel

Un home de voz tronante Poeta galego é.

Uxío Novoneyra

XEROGLÍFICOS Feitos por Patricia Villar 2ºB

IV

A que hora vés mañá?

NOTA 1

X A > K

Comprácheslle o regalo ao

ÁS CATRO EN PUNTO Si, unha viaxe a Mallorca