asemblea xeral do 18 de abril de 2015

4
Asemblea Xeral do 18 de abril de 2015 O dous puntos a tratar na orde do día foron os seguintes: 1) Explicar o desenvolvemento das negociacións para a conformación da candidatura de unidade popular. 2) Votación a prol ou en contra de presentarse ás eleccións como Asemblea pola Unidade. 1.- Un representante dos Grupos de Traballo que acudiu ás negociacións comenta como transcorreron as conversas con Anova e EU durante esta semana. O encontro do luns foi infrutífero porque a Asemblea pola Unidade traía proposta, igual que EU dende Anova non. Nesas circunstancias non había nada que negociar así que se aprazou pra o xoves que resultou igual de infrutífera. Anova continuaba sen presentar unhas candidaturas claras e quen negociaba por parte dese partido abandonou a reunión sen que se chegase a un acordo. No transcurso dos contactos, seguía contando o noso interlocutor, comprobouse como se trataba dunha negociación a dúas bandas, e non a tres, forzando unha imposición que desbarataba unha proposta ecuánime como a de levar cada un dos tres grupos dúas representacións entre os seis primeiros postos da candidatura. O venres anuncia que nos ceden os lugares 6 e 8, unha proposta a todas luces inaceptábel e que perseguía botarnos da coalición. A día de hoxe non hai proposta ningunha, rompéronse as negociacións. A seguir, outro dos membros dos Grupos de Traballo manifesta que a cesión de unicamente un posto é unha indignidade e unha falta de respecto cara a Asemblea pola Unidade ademais da imposición cunha lista xa feita antes de tratar connosco. A nosa agrupación en ningún momento impuxo un posto fixo, só concorrer en pé de igualdade aínda que fósemos no último lugar dos postos de saída. Nas condicións que se nos ofertaba nunca teríamos peso porque ía ser

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 21-Jul-2016

220 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Asemblea Xeral do 18 de abril de 2015

O dous puntos a tratar na orde do día foron os seguintes:

1) Explicar o desenvolvemento das negociacións para a conformación da candidatura de unidade popular.

2) Votación a prol ou en contra de presentarse ás eleccións como Asemblea pola Unidade.

1.- Un representante dos Grupos de Traballo que acudiu ás negociacións comenta como transcorreron as conversas con Anova e EU durante esta semana. O encontro do luns foi infrutífero porque a Asemblea pola Unidade traía proposta, igual que EU dende Anova non. Nesas circunstancias non había nada que negociar así que se aprazou pra o xoves que resultou igual de infrutífera. Anova continuaba sen presentar unhas candidaturas claras e quen negociaba por parte dese partido abandonou a reunión sen que se chegase a un acordo.

No transcurso dos contactos, seguía contando o noso interlocutor, comprobouse como se trataba dunha negociación a dúas bandas, e non a tres, forzando unha imposición que desbarataba unha proposta ecuánime como a de levar cada un dos tres grupos dúas representacións entre os seis primeiros postos da candidatura. O venres anuncia que nos ceden os lugares 6 e 8, unha proposta a todas luces inaceptábel e que perseguía botarnos da coalición. A día de hoxe non hai proposta ningunha, rompéronse as negociacións.

A seguir, outro dos membros dos Grupos de Traballo manifesta que a cesión de unicamente un posto é unha indignidade e unha falta de respecto cara a Asemblea pola Unidade ademais da imposición cunha lista xa feita antes de tratar connosco. A nosa agrupación en ningún momento impuxo un posto fixo, só concorrer en pé de igualdade aínda que fósemos no último lugar dos postos de saída. Nas condicións que se nos ofertaba nunca teríamos peso porque ía ser sempre a imposición de dúas partes a unha. Non se nos valorou nin se nos deu ningunha alternativa viábel e quedando claro que a Asemblea non é válida pra a coalición.

Outro representante apunta que o ambiente era hostil e que non daba pé ó traballo, sobre todo de cara o futuro.

Pra unha das nosas representantes nas negociacións supuxo unha enorme decepción non sermos quen de unir a esquerda nestas condicións. E os membros da Asemblea son os primeiros sorprendidos. A pesar de todo, nós tamén temos un bo proxecto e a opción, se a asemblea o decide, de nos presentar ás eleccións municipais de Cangas. E é improbábel que se diga que temos a intención de romper a esquerda pero o único que quixemos foi traballar de forma conxunta e non que nos deixasen fóra. Dende logo, de ser o caso, non era un bo comezo pra concorrermos en coalición. Por tanto, cómpre ir pensando en clave de partido e saír á palestra.

Un membro da Asemblea apunta dende o público, tamén como militante crítico de Anova, que o que está a oír confirma as súas impresións. Esgotáronse os argumentos con esas dúas forzas e imposibilítase a consecución da fronte ampla que predicaba Anova nos seus inicios. Esta persoa aproveita a intervención tamén pra desmentir a nota de prensa de ACE sobre que si había acordo. Insiste no tema das faltas de respecto durante os intentos de negociacións. A parte crítica de Anova en Cangas comenta tamén que advertiu a outra parte que se non había un acordo paritario habían apoiar a Asemblea pola Unidade no que decidise a partir da imposibilidade da coalición. Como o tema non se deu resolto, a parte crítica de Anova anima á Asemblea a concorrer ás eleccións e bríndanos o seu apoio absoluto pra o que dispoñamos.

Un dos representantes dos Grupos de Traballo que xa interviñera antes recalca que a nosa agrupación naceu con vocación frontepopulista e que fixemos todo o posíbel aguantado de todo tipo de menoscabos e máis. Agora, indica, toca presentar a nosa candidatura.

Alguén do público, membro de Anova, comenta que as faltas de respecto son extensíbeis á propia asemblea da organización nacionalista pois non se contou con ela pra elixir candidaturas nin pra tomar ningunha determinación. As eleccións fixéronse a dedo. Esta persoa recalca o apoio da xente favorábel de Anova pra que a Asemblea se presente ós comicios locais.

2.- No tocante á cuestión de se presentar ás eleccións a Asemblea pronúnciase unanimemente a favor de concorrer ó 24 de maio pra erguer a voz do asemblearismo e da esquerda en Cangas.

Fai falla completar con máis representacións de apoio ás 11 candidaturas elixidas nas primarias da semana pasada pra completar a listaxe electoral con 21 postos e tres suplentes. Distintas persoas de tódalas parroquias vanse apuntando e asinando a documentación pertinente que hai que presentar na Xunta Electoral.

Hai unha proposta dende os Grupos de Traballo pra alterar sensiblemente a orde dos primeiros postos xa que cambian as circunstancias dunha listaxe de coalición a unha listaxe propia. Acéptase sen problemas e delégase nun núcleo de persoas pra que se asuman as tarefas da conformación definitiva da candidatura.

A última intervención da xornada prodúcese dende o público pra falar de bochorno histórico a situación xerada polas desavinzas da coalición. Apunta que con un bo deseño e planificación a Asemblea ten moitas posibilidades pero hai que comprometerse e non deixar o proxecto no deserto. Non podemos caer na desmotivación pra outros tantos anos. Cómpre a conformación dun gabinete loxístico pra pór a andar.