arquivo de galicia consellerÍa de cultura, educaciÓn e...

162

Upload: others

Post on 20-Jan-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • A exposición Paisaxe e patrimonio é un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia exhibiuse no edificio do propio arquivo entre os días 20 de decembro de 2016 e 20 de marzo de 2017. Foi o resultado do desenvolvemento do programa de actividades de difusión que periodicamente leva a cabo o centro para dar a coñecer os documentos que custodia e chamar a atención sobre o interese da súa información, tanto para a cidadanía en xeral como para múltiples colectivos especializados que poden abordala desde diferen-tes puntos de vista. A elección do tema veu determinado nesta ocasión polo ingreso no ano 2015 de 1134 fotografías realizadas entre 1961 e 1992 pola empresa FOTOGRAFÍA AÉREA Y TERRESTRE, S.L. (FOAT, S.L.), que foron adquiridas pola Xunta de Galicia e depositadas neste centro. O conxunto (397 imaxes da provincia da Coruña, 142 de Lugo, 132 de Ourense e 463 de Pontevedra) evidencia os cambios experimentados na paisaxe galega nesta secuencia temporal de trinta anos.

  • ARQUIVO DE GALICIA

    XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERÍA DE CULTURA,

    EDUCACIÓN E ORDENACIÓN

    UNIVERSITARIA

    — ConselleiroRomán Rodríguez González

    — Secretario xeral técnicoJesús Oitavén Barcala

    — Secretario xeral de CulturaAnxo M. Lorenzo Suárez

    EXPOSICIÓN

    — OrganizaSecretaría Xeral de CulturaArquivo de Galicia

    — Comisariado e Coordinación técnicaConcepción García GarcíaMaría del Mar García Miraz

    — DocumentaciónsMiguel López Sánchez

    — ColaboraciónsRocío Botana IglesiasEva Penedo VázquezJuan Carlos Cerqueiro Otero

    — Deseño e montaxe Marta VillarDunas Vivas

    CATÁLOGO

    — EditaSecretaría Xeral de CulturaArquivo de Galicia

    — CoordinaArquivo de GaliciaConcepción García García María del Mar García Miraz

    — PresentaciónConcepción García GarcíaMaría del Mar García Miraz

    — ArtigosInés Santé RiveiraAugusto Pérez AlbertiRubén Lois González CamiloAntonio Maroño CalCelestino García BrañaCarlos Nárdiz OrtizValerià Paúl CarrilFelipe Criado BoadoR. Fábregas ValcarceA. de LomberaC. Rodríguez RellánIago Seara Morales

    — Catálogo e índicesMiguel López Sánchez

    — ColaboraciónsRocío Botana IglesiasEva Penedo Vázquez

    — Deseño e maquetación Julia Núñez Calo

    — ImpresiónRodi Artes Gráficas S.L.

    — I.S.B.N. 978-84-453-5275-5

    — Dep. Legal C 1625-2017

    XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN

    E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SANTIAGO DE COMPOSTELA

    2017

    https://www.xunta.gal/cceouhttps://www.xunta.gal/cceouhttps://www.xunta.gal/cceouhttps://www.xunta.gal/cceouhttp://www.cidadedacultura.gal/gl/content/biblioteca-e-arquivo-de-galiciahttp://www.cidadedacultura.gal/gl/content/biblioteca-e-arquivo-de-galiciahttps://www.xunta.gal/cceouhttps://www.xunta.gal/cceouhttps://www.xunta.gal/cceou

  • CATÁLOGO

    ARQUIVO DE GALICIA, SANTIAGO DE COMPOSTELA

    20 DECEMBRO 2016 — 20 MARZO DE 2017

    Paisaxe e patrimonio — un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia

    http://www.cidadedacultura.gal/gl/content/biblioteca-e-arquivo-de-galicia

  • ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

    CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN

    E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    A paisaxe en Galicia é unha das manifestacións patrimoniais máis auténticas de afirmación da nosa identidade, ademais de ser un elemento esencial para o desenvolvemento económico e social do territorio.

    A exposición Paisaxe e patrimonio. Un percorrido polo territorio através do Arquivo de Galicia, que albergou o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia e que ve agora a luz en forma de catálogo, aglutina baixo untratamento multidisciplinar as interrelacións entre paisaxe, patrimonio,territorio e arquivos. Porque a paisaxe constitúe, como os arquivos, unpatrimonio a preservar, ademais de ser un legado insubstituíble.

    Os galegos e galegas posuímos a mellor paisaxe do mundo e, entre todos, temos que contribuír a situala no lugar no que se merece. Temos que coadxuvar á súa posta en valor como recurso ambiental, territorial, cultural e económico. E, neste sentido, accións coma esta, que trata a paisaxe desde unha óptica polivalente, parécenos un acertado xeito de facelo.

    En Paisaxe e patrimonio achegámonos á realidade paisaxística e patri-monial galega a través dunha escolma de fotografías das nosas vilas, dos nosos mosteiros, dos nosos faros... que ilustran dun xeito visual a evolución urbanística do territorio; de planos de concentracións parcelarias, revela-dores das mutacións que experimentou a paisaxe rural galega ou tamén de expedientes de declaración de impacto ambiental de gran significancia como o do trazado do primeiro ferrocarril ou o da mina de Serrabal.

    Máis dun cento de documentos que sintetizan, dun modo gráfico, apaisaxe do noso país, ao tempo que serven para revalorizala a través da súa custodia e divulgación.

    A riqueza paisaxística de Galicia é unha das nosas principais fortalezas. En nós está facer dela unha grande oportunidade para convertela nun valor excepcional universal.

  • INTRODUCIÓN

    7Román Rodríguez GonzálezConselleiro de Cultura, Educacióne Ordenación Universitaria

    PRESENTACIÓN

    11 — 14Concepción García García María del Mar García Miraz — A exposición paisaxe e patrimonio:un percorrido polo territorio a travésdo Arquivo de Galicia

    ARTIGOS

    15 — 23Inés Santé Riveira— A aplicación da lei de protecciónda paisaxe de Galicia e a estratexiada paisaxe galega

    25 — 37Augusto Pérez Alberti — As caras do territorio

    39 — 48Rubén C. Lois González — O retorno a un concepto e obxecto de estudo querido:a paisaxe dos xeógrafos

    49 — 55Antonio Maroño Cal — Notas para unha presentación

    57 — 71Celestino García Braña — Territorios e valor patrimonial

    73 — 105Carlos Nárdiz Ortiz — Infraestruturas e paisaxe.Unha visión do territorio construídode Galicia desde a enxeñería

    107 — 145Valerià Paül Carril — A protección das paisaxesnaturais galegas

    147 — 157Felipe Criado-Boado — A paisaxe como enxeñeríainversa da materia e a memoria

    159 — 173 R. Fábregas ValcarceA. de LomberaC. Rodríguez Rellán — Ocupación humana e simbólicada paisaxe na prehistoria galaica:algunhas reflexións

    175 — 213Iago Seara Morales — Paisaxe é patrimonio

    EXPOSICIÓN

    215 — 311

    CATÁLOGO

    312 — 317

    ÍNDICE ALFABÉTICO

    318 — 319

  • ÍNDICE

    Concepción García García María del Mar García Miraz — A exposición Paisaxe e patrimonio: un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia

    Arquivo de Galicia

  • 12 13

    ÍNDICE

    O interese pola paisaxe non é novo, tal e como se sinala de forma reite-rada ao longo dos textos que acompañan este catálogo. Desde a Prehistoria o home interactúa co territorio no que vive e sobre o que constrúe a súa identidade como individuo e como sociedade:

    Se cultivamos un campo, construímos casas, incendiamos un bosque, damos nome aos sitios, ou vinculamos unha tradición a un lugar… facemos paisaxe. 1

    Así, a paisaxe

    non é un simple marco xeográfico onde se explotan os recursos e se desenvolven as actividades diarias… está intimamente ligada aos mitos, crenzas e á concepción do mundo de cada comunidade. 2

    Esta importancia da percepción, da capacidade de provocar sentimentos e emocións, que sublimara o pensamento idealista romántico, é recoñecida no primeiro acordo internacional que promove un marco político e xurídico común europeo para a protección, xestión e ordenación da paisaxe mediante un desenvolvemento sostible: o Convenio europeo da paisaxe, asinado en Florencia no ano 2000. O seu carácter integrador dos compoñentes obxecti-vos e subxectivos vén retomar o concepto da paisaxe humboldtiana no que se conxuga ...

    ... a forma que adopta a organización dos elementos físicos –naturais e culturais– xunto coas valoracións (subxectivas, sociais, etc.) que se lle asocian… Natureza e paisaxe conforman en Humboldt “totalidades” organizadas de elementos diversos e sentidos, vividos, percibidos… 3

    Ao definir a paisaxe como “calquera parte do territorio tal como a perci-be a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos”, o convenio, ratificado por España no ano 2007, considéraa como un elemento clave do benestar individual e social que contribúe á consolidación da propia identidade, construída ao longo do tempo. Por iso é importante que as accións do home sobre o medio sexan levadas a cabo de forma responsable.

    Correspóndelles aos poderes públicos exercer accións de estudo e aná-lise, planificación e ordenación, protección e control para que calquera in-tervención na paisaxe sexa sostible e respectuosa co medio ambiente de maneira que se garanta a conservación dos seus valores estéticos e culturais para as xeracións futuras. Así o recoñece a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, publicada pouco despois da entrada en vigor da ratificación por España do Convenio europeo da paisaxe, o 1 de marzo de 2008, ao regular no seu capítulo III a elaboración de catálogos das

    1. Criado Boado, Felipe, p. 150.

    2. Fábregas, R, De Lombera, A, Rodríguez, C., p. 161.

    3. Paül Carril, Valeriá, p. 113.

    paisaxes, directrices de paisaxe, estudos de impacto e integración paisaxís-tica e plans de acción na paisaxe. En desenvolvemento desta lei, a través do Instituto do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estase levando a cabo a Estratexia da paisaxe galega, “conxunto de actuacións que teñen como fin último a integración da paisaxe nas diver-sas políticas públicas”.4 Tamén se acaba de publicar o Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia, instrumento que comprende o catálogo das grandes áreas paisaxísticas que servirá para establecer directrices de actuación na paisaxe.

    Por outro lado, no ano 2016, foi aprobada unha nova lei de patrimo-nio cultural de Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: a Lei 5/2016, do 4 de maio, que substitúe á Lei 8/1995, do 30 de outubro. Esta norma incorpora novos obxectos de protección (o patrimonio inmaterial, o patrimonio subacuático, industrial, científico e técnico) o que supuxo un notable avance en relación co concepto de patrimonio cultural, que deberá ser, en todo caso, obxecto de desenvol-vemento. Algúns fan sobre ela certos cuestionamentos.

    Deberíase evitar a idea de que existen conceptos diferentes como patrimonio arquitectónico, patrimonio industrial... e diferenciar os bens como arquitectónicos, industriais, artísticos, etnolóxicos, arqueolóxicos etc., pero todos nunha unidade no todo que é o patrimonio cultural galego? ... Se a paisaxe é o resultado dos procesos naturais-culturais que quedan realizados na forma e no espazo do territorio... Entón paisaxe é patrimonio e patrimonio é paisaxe... É necesario ou non que existan dúas categorías, paisaxe e paisaxe cultural en sectores da administración diferentes? 5

    A actualidade do tema está, como vemos, fóra de toda dúbida, como tamén o está a necesidade de impulsar accións de divulgación e sensibili-zación que axuden a percibir a paisaxe como un valor común a preservar.

    Nos nosos ámbitos territoriais e culturais asistimos a unha crecen-te sensibilización cara á cuestión da paisaxe e do territorio 6

    Neste sentido é digna de mención a iniciativa do “Proxecto Terra”, posta en marcha no ano 2000 polo Colexio de Arquitectos de Galicia ao que se sumará a partir do ano 2003 a Xunta de Galicia...

    ... como resultado do interese común en actuar de xeito coordina-do para formar, difundir e ampliar os coñecementos da cidadanía en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervención das actividades humanas sobre o territorio. 7

    4. Santé Riveira, Inés, p. 17.

    5. Seara Morales, Iago, p. 186.

    6. García Braña, Celestino, p. 59.

    7. Maroño Cal, Antonio, p. 52-53.

  • 14

    ÍNDICE

    Para a exposición seleccionáronse algo máis de 90 documentos proce-dentes todos eles dos fondos que se custodian no Arquivo de Galicia. Así, ás 44 fotografías aéreas de FOAT, que serviron como fío condutor do dis-curso, engadíronse outros de carácter gráfico (mapas, planos e fotografías) ou textual, producidos ou recibidos maioritariamente pola Xunta de Galicia no exercicio das súas competencias, pero tamén por institucións ou familias cuxos fondos documentais están custodiados no Arquivo de Galicia (Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e Casa de Banca e Comercio Bengoechea): expedientes de declaración de impacto ou efectos medioambientais, plans de ordenación de parques de cultivos mariños, expedientes de concentración parcelaria, de autorización de con-cesión de licenzas de obras, de concesión de aproveitamentos hidroeléctri-cos no dominio público hidráulico, proxectos de construción de estradas, expedientes de intervención en conxuntos históricos... todos eles mostran imaxes, actuacións ou proxectos relacionados co territorio.

    A mostra distribuíuse en tres seccións: Paisaxe natural, Paisaxe huma-nizada, Paisaxe protexida, coa intención puramente expositiva de resaltar parte dos aspectos que conflúen no concepto integral hoxe en día recoñeci-do á paisaxe. Porque...

    ... xa posuímos o instrumental necesario para recuperar a mirada paisaxística, á vez estética e analítica” 8

    e se pode levar a cabo cabo “unha caracterización das paisaxes … que facilite pór en marcha políticas ou directrices de conservación, mellora ou rehabilitación en cada caso concreto 9

    e ... caracterizar... a paisaxe conformada polas obras de enxeñería... vai máis aló do interese histórico, arqueolóxico e técnico das obras, para entrar na súa capacidade de creación e definición de lugares e paisaxes que non serían entendidos nin valorados sen a súa presenza. 10

    Dez colaboracións de profesionais diversos acompañan o catálogo da exposición. Responsables de poderes públicos, xeógrafos, arquitectos, enxe-ñeiros ou arqueólogos achegan a súa propia mirada sobre a paisaxe. Toda unha invitación para a reflexión.

    As citas están referidas aos artigos incluídos neste catálogo.

    9. Pérez Alberti, Augusto, p. 28.

    10. Nárdiz Ortiz, Carlos, p. 75.

    8. Lois González, Rubén, p. 42.

    Inés Santé Riveira — A aplicación da Lei de protección da paisaxe de Galicia e a Estratexia da paisaxe galega

    Directora do Instituto de Estudos do Territorio

    Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

  • 17

    ÍNDICE

    1. INTRODUCIÓN

    O Convenio europeo da paisaxe (Florencia, 20 de outubro de 2000) supuxo o punto de par-tida para o recoñecemento xurídico da paisaxe e da súa relevancia en relación coa ordenación e xestión territorial. A paisaxe pasou a ser un ben público que abrangue todo o territorio, un derei-to da cidadanía como compoñente da calidade de vida a través dos seus valores naturais, estéticos, patrimoniais e produtivos.

    España ratifica o Convenio europeo da pai-saxe o 26 novembro de 2007. Unha vez entra en vigor, o 1 de marzo de 2008, a lexislación relativa á paisaxe non se fixo agardar en Galicia que, no contexto do seu marco de competencias, se dota cunha lei propia: Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

    A Xunta de Galicia entende a paisaxe como unha cuestión esencial na procura da cohesión social. Para iso adquiriuse o compromiso político de definir unha política eficiente en materia de paisaxe, establecendo un marco xurídico propio.

    Este marco normativo incluíu a consideración da paisaxe na ordenación territorial e urbanística, contribuíndo a preservar os seus valores e afron-tando o reto de integrala nas diversas políticas sectoriais desde un enfoque transversal, no que a paisaxe é punto de partida fundamental.

    Deste xeito recoñécese a adecuada xestión e ordenación da paisaxe como un factor fundamen-tal para a competitividade dun territorio, ao inci-dir directamente na mellora económica, turística, ambiental, cultural e social do mesmo.

    A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, pasou a exercer as súas com-petencias de xeito inmediato a través de informes no procedemento de avaliación de impacto am-biental de proxectos e de avaliación ambiental estratéxica de plans. Non obstante o capítulo III da Lei 7/2008 regula un abano máis amplo de instrumentos para a protección, xestión e ordena-ción da paisaxe de Galicia, que inclúe:

    a) catálogos das paisaxesb) directrices de paisaxec) estudos de impacto e integración paisaxística

    d) plans de acción na paisaxePor outra banda, no marco do desenvolve-

    mento desta lei, trazouse a Estratexia da paisaxe galega, que desde o ano 2011 ata a actualidade está levando a cabo a Xunta de Galicia a través do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

    A Estratexia da paisaxe galega esixe que as diversas políticas sectoriais garantan as seguintes máximas:

    1. Protección da paisaxe: conservación dos seus elementos configuradores e característi-cos, sexan naturais ou antrópicos, materiais ou inmateriais.

    2. Xestión da paisaxe: mantemento da pai-saxe dentro dun modelo sustentable de usos do territorio.

    3. Ordenación da paisaxe: intervención nas paisaxes que precisan mellora, sendo a restauración e a rexeneración conceptos claves nestes procesos.

    2. A ESTRATEXIA DA PAISAXE GALEGA

    A Estratexia da paisaxe galega está consti-tuída por un conxunto de actuacións que teñen como fin último a integración da paisaxe nas di-versas políticas públicas, sempre co obxectivo de ordenar, protexer e xestionar as paisaxes galegas e mantendo unha clara vocación de sensibiliza-ción e divulgación.

    As liñas de actuación establecidas nesta estra-texia inclúen:

    1. Identificar e caracterizar os valores e as potencialidades da paisaxe de Galicia cara á súa protección e xestión: Atlas das paisaxes.

    2. Potenciar a integración e consideración da paisaxe na acción do Goberno: plans de acción de paisaxe en áreas protexidas e criterios de in-tegración paisaxística para as diferentes políticas territoriais ou sectoriais (guías, manuais etc.).

    3. Avanzar na formación técnica e profesio-nal en particular, e na concienciación social en xeral: educación, voluntariado, divulgación e concienciación.

  • 18 19

    ÍNDICE

    3. ATLAS DAS PAISAXES DE GALICIA

    No ano 2014 elaborouse unha nova planifi-cación da Estratexia da paisaxe galega para os anos 2014-2016, que incluíu como principal novidade a creación do Atlas das paisaxes de Galicia, conformado polo Catálogo das paisaxes e as Directrices da paisaxe, co obxectivo funda-mental de identificar e caracterizar os valores e as potencialidades da paisaxe de Galicia cara á súa protección e xestión. Este atlas concíbese como referencia para a caracterización e valo-ración da paisaxe galega, constituíndo, nun pri-meiro lugar, o Catálogo das paisaxes de Galicia, que comprende a realización conxunta dos catá-logos de todas as grandes áreas paisaxísticas, e que serve de base para as Directrices de paisaxe. Estas directrices establecen as determinacións que definen e precisan para cada unidade de pai-saxe e os obxectivos de calidade paisaxística que se pretenden acadar, así como as normas e reco-mendacións para a integración destes obxectivos nos plans urbanísticos e sectoriais, e nas estra-texias rexionais ou locais.

    Tal e como establecen as Directrices de or-denación do territorio, “os catálogos e directri-ces de paisaxe, considerados no seu conxunto, concíbense como un instrumento normativo complementario aos instrumentos de ordenación do territorio, por canto achegan uns obxectivos e disposicións baseados nas relacións funcionais de todos os elementos estratéxicos do territorio e contribúe a unha gobernanza máis participativa”.

    CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA

    A Lei de protección da paisaxe de Galicia,

    conforme as disposicións do Convenio europeo da paisaxe, establece como un dos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da pai-saxe os catálogos da paisaxe, aos que atribúe as funcións de delimitación das grandes áreas pai-saxísticas de Galicia e de identificación dos tipos de paisaxes existentes en cada unha delas, así como das súas características diferenciais.

    Este catálogo pretende sentar as bases para a xestión da paisaxe, establecendo criterios e me-todoloxías. Un obxectivo adicional, recollido na Estratexia galega da paisaxe, é a concienciación e sensibilización da sociedade, así como a posta en valor da paisaxe galega, contribuíndo a unha cul-tura e coñecemento da poboación sobre a paisaxe.

    Como base para a estruturación do catálogo partiuse do Mapa das grandes áreas paisaxísticas de Galicia que divide o territorio galego en 12 grandes áreas e 50 comarcas paisaxísticas (figura 1).

    Para a elaboración do catálogo concedeuse grande importancia á participación cidadá, xa que axuda aos técnicos a identificar aspectos sensibles, garante a democratización do proceso e asegura a incorporación dos diferentes puntos de vista. Por este motivo, tratouse de implicar os cidadáns desde unha etapa temperá do proceso, facendo ademais uso das novas tecnoloxías co fin de incrementar a capacidade da poboación para expresar as súas opinións e perspectivas sobre a paisaxe.

    Unha das principais actividades desenvolvi-das dentro deste proceso de participación pública foron os doce talleres realizados no núcleo de poboación de maior tamaño de cada grande área paisaxística, aos que se convidou a 1171 axentes vinculados directamente á xestión da paisaxe. O número total de participantes nos talleres foi de 208, incluíndo membros de 121 asociacións ou entidades vinculadas á paisaxe. Ademais, reali-záronse oito talleres específicos, aos que asistiron un total de 128 persoas, e nove visitas a centros ou asociacións nas que estiveron presentes outros 41 cidadáns. A información recollida nestes talle-res completouse coa obtida a través da plataforma web, na que se rexistraron 584 usuarios. A través dos talleres e da web os cidadáns identificaron un total de 2096 lugares de interese paisaxístico, 407 áreas degradadas e 995 valores paisaxísticos.

    A elaboración do catálogo sustentouse na premisa básica de acadar un procedemento xustificado cientificamente, facilmente repro-ducible, eficiente, participativo e dinámico. Os resultados xorden da combinación do coñece-mento técnico, as achegas dun panel de expertos

    Fig. 1. Mapa de grandes áreas paisaxísticas de Galicia Fig. 2. Áreas de especial interese paisaxístico

    2 1

    e a opinión da cidadanía recollida a través do proceso de participación pública.

    A perspectiva técnica resultou fundamental para a identificación dos tipos de paisaxe e a de-limitación cartográfica das unidades de paisaxe, que foi realizada mediante un método semiauto-mático. O resultado é un mapa de unidades de paisaxe constituído por 28.350 unidades per-tencentes a 258 tipos de paisaxe diferentes, re-sultantes da combinación de 5 clases de rexións xeomorfolóxicas (relevo), 13 clases de cuberta do solo e 5 clases de termotipos (bioclima).

    Outros contidos do catálogo son a caracte-rización das unidades de paisaxe en función do patrimonio cultural, o inventario de valores pai-saxísticos ou a análise de visibilidade, que inclúe a determinación das zonas de maior exposición visual e das zonas de maior potencial de vis-tas, así como a creación dun inventario de 472 miradoiros.

    Un resultado de especial relevancia é a deli-mitación de áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), definidas como aquelas zonas xeográfi-cas nas que concorren diversos e notables valores

    paisaxísticos. A delimitación das AEIP baseouse nun total de 3019 lugares de especial interese pai-saxístico (2096 identificados no proceso de parti-cipación pública, 731 polo equipo técnico e 192 incluídos na fase de exposición pública), a partir dos cales se delimitaron 211 Áreas de Especial Interese Paisaxístico que abarcan un total de 252.595 ha (figura 2). Como dato representativo da influencia da participación pública nos resulta-dos do catálogo hai que destacar que en 184 das 211 AEIP (87 %) a poboación identificou algún lugar de especial interese paisaxístico e que 68 destas AEIP (32 %) foron identificadas exclusi-vamente a partir do proceso de participación pú-blica. Finalmente, a análise das relacións entre as características territoriais e socioeconómicas de cada grande área e os tipos de paisaxe existentes nelas, combinada coa caracterización dos valores paisaxísticos de cada unha delas, levou á diagnose da orixe e estado actual das paisaxes máis repre-sentativas da área.

    O catálogo supón un fito fundamental para a protección e xestión da paisaxe galega por varios motivos: 1) as 211 AEIP supoñen a protección

    http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Catalogo_paisaxe_galicia/seccion.html&std=Introduccion.htmlhttp://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Catalogo_paisaxe_galicia/seccion.html&std=Introduccion.html

  • 20 21

    ÍNDICE

    do 8,54 % do territorio galego como solo rústi-co de protección paisaxística, 2) os 258 tipos de paisaxe e as 28.350 unidades de paisaxe permi-ten a protección, xestión e ordenación da paisaxe de todo o territorio galego, ao ser a base para as Directrices de paisaxe, 3) trátase dun catálogo aberto e dinámico.

    O Catálogo das paisaxes de Galicia foi aproba-do a través do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, no que se establece: 1) o procedemento de actuali-zación dos contidos, 2) a coordinación cos PXOM e instrumentos de ordenación territorial e 3) a crea-ción do Consello Asesor da Paisaxe de Galicia.

    DIRECTRICES DA PAISAXE DE GALICIA

    As Directrices de paisaxe son, segundo o artigo 10 da Lei de protección da paisaxe, determinacións fundamentadas no Catálogo das paisaxes que esta-blecen para cada unidade de paisaxe os obxectivos de calidade paisaxística. A lei tamén establece que os obxectivos de calidade paisaxística deben expre-sar as aspiracións da cidadanía en canto á valora-ción e ao grao de compromiso na protección da pai-saxe, polo que a determinación destes obxectivos debe partir dun proceso de participación pública.

    O proceso de participación pública para a ela-boración das Directrices de paisaxe tivo lugar entre febreiro e abril de 2016. Para acadar unha partici-pación pública o máis efectiva posible, leváronse a cabo diferentes tipos de accións a través de di-versos medios: obradoiros presenciais, plataforma web participativa e cuestionarios presenciais e en liña. Realizáronse 64 obradoiros participativos, un en cada unha das 50 comarcas paisaxísticas e 14 solicitados por entidades interesadas, nos que participaron un total de 776 cidadáns.

    A través da plataforma web achegaron infor-mación e opinións 882 usuarios, que cubriron 988 enquisas fotográficas e valoraron 2202 escenas paisaxísticas, para as cales seleccionaron 25.616 medidas de protección, xestión e ordenación da paisaxe entre as propostas e propuxeron 1399 novas medidas. Estes datos complementáronse

    coa información obtida dos 1451 cuestionarios cubertos de xeito en liña e presencial.

    A partir dos datos recollidos neste proceso, calculáronse índices de satisfacción e índices de intervención desexada para cada tipo de paisaxe e grande área paisaxística.

    Os valores destes índices definiron un esce-nario de protección, xestión ou ordenación para as unidades cun mesmo tipo de paisaxe en cada grande área paisaxística. O escenario resultante dirixiu e condicionou a redacción dos obxectivos de calidade paisaxística para as diferentes uni-dades de paisaxe e grandes áreas paisaxísticas. Ademais, definíronse obxectivos de calidade pai-saxística para elementos que poden estar presen-tes en diferentes tipos de paisaxe, así como para as áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) delimitadas no catálogo e para os tipos de ám-bitos de especial atención paisaxística (AEAP) definidos no mesmo documento e, finalmente, obxectivos xerais para Galicia.

    Ademais, tal e como establece a Lei de pro-tección da paisaxe de Galicia, as Directrices de paisaxe inclúen:

    - Os indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e evolución das unidades de paisaxe.

    - Normas e recomendacións para a integra-ción dos obxectivos de calidade paisaxística nos plans urbanísticos e sectoriais, así como nas es-tratexias rexionais ou locais.

    O documento de directrices inclúe:1. Directrices xerais para a consideración da

    paisaxe no planeamento urbanístico, noutros ins-trumentos de ordenación ou xestión do territorio (instrumentos de ordenación e xestión de espazos naturais, de ordenación e xestión forestal e pro-cedementos de reestruturación parcelaria etc.) e directrices para a integración paisaxística das construcións en solo rústico.

    2. Directrices para elementos presentes en distintos tipos de paisaxe: infraestruturas enerxé-ticas e viarias, parques eólicos, bancais, peches, valados, sebes, elementos do patrimonio cultural materiais e inmateriais, polígonos industriais,

    sendas, Camiños de Santiago, viarios históricos e tradicionais, miradoiros e puntos de observación.

    3. Directrices para acadar os obxectivos de calidade paisaxística de cada grande área pai-saxística e das diferentes unidades de paisaxe.

    4. Directrices para AEIP e AEAP.

    4. AS GUÍAS DE INTEGRACIÓN

    PAISAXÍSTICA

    Tal e como se establece na Estratexia da pai-saxe galega, elaboráronse unha serie de guías de integración paisaxística co obxectivo de facilitar o labor dos diversos procesos sectoriais vinculados á ordenación, protección e xestión territorial.

    - Guía de estudos de impacto e integración paisaxística (2012): co obxectivo de proporcionar unha metodoloxía que lles facilite aos profesio-nais a elaboración de estudos de impacto e inte-gración paisaxística (EIIP).

    - Guía de criterios de sustentabilidade e inte-gración paisaxística dos establecementos de acui-cultura litoral (2013): coa intención de dotar os responsables do desenvolvemento do sector acuí-cola de criterios paisaxísticos de referencia para a localización, deseño e xestión dunha actividade deste tipo.

    - Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais (2013): conxunto de recomen-dacións para as estratexias de ordenación terri-torial e integración paisaxística no que se refire á identificación, caracterización e análise dos nú-cleos rurais. Esta guía trata de axudar á toma de decisións na planificación das diferentes formas de asentamento da poboación que se atopan no medio rural galego, co fin de acadar unha maior integración no contorno e unha regulación terri-torial máis precisa.

    - Guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna (2014): documento de referen-cia para a toma de decisións de intervención nuns espazos de elevada complexidade como son os sis-temas praia-duna, achegando unha visión completa do litoral derivada do Plan de ordenación do litoral.

    - Guía de cor e materiais (en publicación): a súa finalidade é establecer unhas guías e directri-ces técnicas, científicas e obxectivas para a regu-lación do emprego da cor e os materiais dos reves-timentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais. O obxectivo destas pautas é acadar unha axeitada integración paisaxística e contribuír así a unha mellora da calidade dos espazos públicos. Deste xeito, definiranse os tipos de materiais máis recomendables para os diferen-tes elementos da construción, así como as gamas ou paletas de cores máis congruentes coa con-torna na que se vaian empregar. Estes criterios baséanse nunha análise e diagnóstico previo das edificacións en cada unha das doce grandes áreas que establece o Catálogo das paisaxes de Galicia.

    - Guía de caracterización e integración pai-saxística de valados: estudo detallado dos peches das 50 comarcas paisaxísticas co obxectivo de concretar uns criterios de calidade que melloren a paisaxe galega, especialmente no ámbito rural, no que os cerramentos teñen unha grande incidencia na percepción da paisaxe. O estudo describe os diferentes tipos de valados tradicionais no rural de Galicia, diferenciados en virtude dos materiais empregados, o uso das parcelas e a localización xeográfica. A guía aborda as tendencias actuais do cerramento das parcelas rústicas, nunha conxuntura diferente á que deu lugar aos siste-mas tradicionais analizados, e establece unha serie de medidas e criterios de integración e mini-mización de impactos na construción de valados, propoñendo un pequeno número de modelos de valados realizables con novas tecnoloxías e mate-riais pero acordes coas tipoloxías tradicionais e cunha axeitada integración paisaxística.

    5. SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN

    E DIVULGACIÓN DA PAISAXE

    A Estratexia da paisaxe galega ten como un dos seus eixes fundamentais a sensibilización, formación e divulgación en materia de paisaxe. En paralelo aos estudos técnicos sobre a paisaxe

  • 22 23

    ÍNDICE

    creouse un programa didáctico e de difusión das paisaxes galegas.

    No eido formativo destaca o programa Paisaxe e sustentabilidade, integrado no plan de innovación docente Plan Proxecta, liderado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dirixido aos niveis de educación infantil primaria, secundaria, bacharelato e FP. Este programa iniciouse no curso 2012/13 e no último curso participaron 28 centros educativos, 256 profesores e 4467 alumnos en 250 aulas de todo o territorio galego. Con el preténdese fomen-tar a valoración da paisaxe propia e a cultura da sustentabilidade por parte do alumnado.

    As experiencias educativas do programa Axenda 21 escolar de Galicia, do programa 12 meses 12 paisaxes, e posteriormente a posta en marcha do programa Paisaxe e Sustentabilidade, serviron de base para a programación da mate-ria de libre elección Paisaxe e sustentabilidade no curso do 2015/16. Esta materia está regulada pola Orde 15 de xullo de 2015 pola que se esta-blece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta. En función da dispoñibilidade dos recur-sos e da organización, cada centro pode oferta-la para dirixila á etapa de educación secundaria obrigatoria, concretamente poderá ofrecerse en primeiro e/ou segundo curso cunha carga horaria dun período lectivo semanal. A materia Paisaxe e sustentabilidade contribúe a traballar o sentido de pertenza do alumnado a unha comunidade, a sentirse parte activa dunhas paisaxes herdadas e a entender que preservar este patrimonio entraña unha responsabilidade presente e futura.

    Por outra banda, dentro do proceso de parti-cipación pública para a elaboración do Atlas da paisaxe de Galicia, púxose en marcha a iniciativa Somos paisaxe e a súa web divulgativa (http://so-mospaisaxe.org), a través da cal se difundiron as actividades do proceso de participación pública, se proporcionou formación e divulgación sobre con-ceptos paisaxísticos e se obtivo información para a elaboración do catálogo. En paralelo, realizáronse

    actividades de divulgación como rutas e percorri-dos interpretativos e un concurso fotográfico.

    SIX COLABORATIVO DE IMAXES

    DAS PAISAXES GALEGAS

    Como medio para continuar co proceso de participación pública iniciado durante a elabo-ración do Catálogo das paisaxes de Galicia, e co fin de seguir recollendo a valoración e a opi-nión da poboación sobre a paisaxe galega, púxo-se en marcha o SIX colaborativo de imaxes da paisaxe galega (http://mapas.xunta.gal/visores/imaxespaisaxe/).

    Trátase dunha ferramenta sinxela, construída grazas á colaboración de toda a cidadanía, e des-tinada a poñer en valor as paisaxes de Galicia e proporcionar un repositorio de información útil para a xestión da paisaxe.

    A través desta web os cidadáns poden non só ver e localizar fotografías da paisaxe galega, tanto actuais como pasadas, senón tamén achegar a súa propia visión e perspectiva da paisaxe ga-lega, enviando e compartindo as súas fotografías (figura 3). Esta iniciativa pode enmarcarse dentro dun fenómeno recente denominado Información xeográfica voluntaria ou participativa (termo acu-ñado por M. F. Goodchild no ano 2007 nun arti-go científico titulado "Cidadáns como sensores: o mundo da xeografía voluntaria"), que consiste en utilizar a web para recoller, catalogar, indexar e distribuír información xeográfica proporcionada voluntariamente por persoas.

    Esta ferramenta web, que pretende conver-terse nun espazo virtual e visual de colaboración da cidadanía, ten unha dobre funcionalidade:- A visualización de fotografías de paisaxes de Galicia xeorreferenciadas, o cal quere dicir que o usuario pode identificar o ámbito xeográfico desde o que foi tomada a imaxe.- A participación cidadá a través do envío de fo-tografías para a súa incorporación ao sistema, así como da valoración e caracterización das paisaxes representadas nas fotografías e, polo tanto, dos diferentes tipos de paisaxe.

    A aplicación permite, desde un ordenador ou un dispositivo móbil, preparar un documento para poder achegar as fotografías. Mediante un formulario o usuario pode crear un documento en formato pdf, o cal, acompañado da fotogra-fía, se remite por correo electrónico a [email protected]. A través do formulario o usuario pode indicar o título da imaxe, o autor, seleccionar o valor máis característico da paisaxe, o lugar de captura da fotografía (obtense automa-ticamente ao sinalalo no mapa web), unha breve descrición da imaxe, a valoración persoal sobre a paisaxe da fotografía e súa data.

    Con este sistema crearase un repositorio de información gráfica e documental sobre a pai-saxe galega, que resultará de grande utilidade para a xestión e planificación da paisaxe, xa que facilitará:- A análise das dinámicas paisaxísticas e das causas que deron lugar aos diferentes tipos de paisaxe. O obxectivo é que a xente envíe non só imaxes actuais, senón tamén fotografías históricas, o que permitirá o emprego da “fotografía comparativa”, unha técnica habitual en estudos paisaxísticos,

    consistente na confrontación de imaxes históricas (fotografías, pinturas, gráficos etc.) coa vista ac-tual para analizar as transformacións da paisaxe.- A valoración da paisaxe, co fin de identificar lugares de especial interese para protexer ou ám-bitos degradados nos que levar a cabo actuacións de recuperación e mellora.- A caracterización da paisaxe, xa que o usuario pode indicar o principal valor que, na súa opi-nión, posúe a paisaxe representada na fotografía (natural, ecolóxico, cultural, patrimonial, per-ceptivo, panorámico ou de uso). A partir destes datos poderá analizarse o carácter e os valores paisaxísticos de cada unidade de paisaxe, de xeito similar á análise de valores paisaxísticos por tipo de paisaxe realizada no Catálogo das Paisaxes de Galicia, o cal resulta fundamental para determi-nar a forma en que debe ser xestionada a paisaxe.

    Deste xeito, as achegas da cidadanía con-tribuirán a unha mellor gobernanza da paisaxe, facendo partícipe a sociedade na elaboración e revisión dos instrumentos de protección, xestión e planificación da paisaxe establecidos na Lei de protección da paisaxe de Galicia.

    Fig. 3. SIX Colaborativo de imaxes da paisaxe galega

  • ÍNDICE

    Augusto Pérez Alberti — As caras do territorio

    Departamento de Xeografía

    Universidade de Santiago de Compostela

  • 27

    ÍNDICE

    Falaba o meu mestre, o xeógrafo francés Jean Tricart, da epiderme da Terra para referirse ás formas do relevo, os conxuntos de planos con diferente inclinación que crean as distintas topo-grafías do planeta. Lembrando o seu maxisterio, a min gústame falar das paisaxes como as caras que presentan os distintos territorios porque nada coma elas reflicte a súa historia e o seu grao de evolución.

    As paisaxes son froito dun amplo xogo dia-léctico entre, factores, elementos e dinámicas dis-tintas ao longo do tempo, entendendo polos pri-meiros as causas que actúan xunto con outras nun territorio: climáticos, xeolóxicos, económicos, sociais...; polos segundos como as partes que están presentes en cada paisaxe: rochas, asentamentos, vías de comunicación, cultivos etc., e polas tercei-ras o tipo e intensidade das diferentes actividades, naturais ou antrópicas, que fan evolucionar unha paisaxe cara a unha ou outra dirección.

    Os factores climáticos condicionan a paisaxe por canto que son indicativos dun tipo ou outro de clima que se plasma na cantidade de chuvia ou temperatura, mentres os sociais explican a es-trutura e dinámica da poboación ou un tipo ou outro de manexo do territorio. Ao mesmo tempo, ampliando a escala, vese como existen elementos estruturais, caso das formas do relevo ou do clima que evolucionan moi lentamente ao longo do tempo, ou texturais, como os usos ou manexos da terra, que poden mudar con gran rapidez e máis na actualidade, cando certas decisións administrati-vas poden condicionar que un ano se cultive millo ou outro avea, por vía de exemplo. O anterior vai explicar que nun lugar domine unha dinámica na-tural, marcada pola natureza, mentres que noutro sexa a antrópica a dominante. Alí a vexetación vai colonizando os vellos campos de cultivo; aquí son os cultivos ou a urbanización a que vai mudando e controlando a dinámica territorial.

    O dito anteriormente pode axudar a entender os porqués da dificultade de comprender as pai-saxes, de entender os motores de cambio sempre presentes nelas e, consecuentemente, de clasifica-las. Porque unha cousa é describilas e outra ben diferente, explicalas. Non cabe dúbida de que a

    descrición, sexa escrita ou cartográfica, non é, en principio, complicada se se saben diferenciar todos os elementos presentes diante dos ollos dun observador. As casas, camiños, peches de parce-las, árbores, polígonos industriais, ríos, campos de deporte, ou mesmo praias ou dunas, cantís ou marismas, son doadas de velas e, loxicamente, de plasmalas nun mapa a unha escala de detalle, é dicir, vistas de preto, mediante polígonos, liñas ou puntos. Non obstante, outra cousa ben diferente é saber explicar porque as casas están nun lugar e non noutro, os bosques aquí e non alí, os viñedos nunha aba e non na outra. Iso require saber ler a paisaxe que, aínda que haxa xente que pensa que é doado, posiblemente froito da súa propia igno-rancia, non o é en absoluto. A pendente do terreo, que está en relación coa dinámica xeomorfolóxica dun lugar, condiciona a profundidade do solo, mais tamén a circulación da auga superficial ou subsuperficial. Este feito explicaría o manexo di-ferencial do chan e de que, nun sistem tradicional, o centeo estivese nas zonas altas, con maior pen-dente e escaso solo, mentres que as patacas se pro-curasen naquelas de pendente menor e con maior profundidade do solo. Porén, nas partes baixas dunha aba aparecen os solos máis profundos e, ao tempo, os máis húmidos o que explica que fosen os lugares onde tradicionalmente se asentaban os prados, ás veces nomeados lameiros, dada a alta humidade que se podía acumular.

    O dito anteriormente funciona nuns lugares e non noutros. Especialmente sobre rochas graníti-cas pero non sempre sobre as xistosas. Iso explica que a secuencia descrita se poida ver moi ben na Serra de Queixa e non en Ancares, por usar dous exemplos. E non se parece en nada ao que se ve polos vales do Miño e do Sil, na Ribeira Sacra, onde a maior insolación e temperaturas propiciou a reestruturación do territorio por mor da constru-ción de socalcos para o cultivo do viño. E moito menos nas cidades e no seu contorno, onde non é a potencialidade agronómica a que inflúe forte-mente nos usos e si o valor económico da terra.

    Parece evidente pois que, en realidade, cada paisaxe ten a súa historia, polo que a igual topo-grafía ou uso non se construíu a mesma paisaxe.

  • 28 29

    ÍNDICE

    Pensemos nas do viño do Salnés, O Ribeiro, Valdeorras ou Monterrei onde o único semellante é a presenza de cepas. Ó demais muda dun lugar a outro. As parras do Salnés dan paso ás gabias, con estacas antes e postes agora, do Ribeiro e as vides a rentes de terra de Monterrei. E, aínda máis, as paisaxes do viño do Avia, que ocupan abas que baixan cara ao río, non son iguais ca do Arenteiro, onde dominan os socalcos. E nin son iguais as viñas, nin as vivendas nin os asenta-mentos, nin os peches, nin, por suposto, o tamaño das parcelas que hai nunha rexión ou noutra da Galicia do viño.

    DELIMITAR OU CARACTERIZAR

    AS PAISAXES?

    Vivimos nunha sociedade na que a obsesión pola delimitación supera a calquera outra etapa da historia. Cando os vellos xeógrafos falaban de paisaxe, centrábanse en describir os seus elemen-tos construtivos. Numerosas obras que se centran nas paisaxes agrarias, urbanas ou rurais amosan o interese por delimitar os cultivos, as aldeas, as estradas, os bosques ou as cidades pero si se usan límites, son sempre os administrativos, nunca os dunha ou doutra paisaxe. Lóxico. Pórlles límites ás paisaxes é como intentar pórlle cancelas ao vento, empregando o vello refrán. Porque, onde empeza unha paisaxe e remata outra?

    Parece por iso moito máis axeitado levar a cabo unha caracterización das paisaxes. Para iso é fundamental coñecer como se estrutura cada unha delas; cales son os elementos estruturais e texturais que entran en xogo e como se relacionan no territorio. Trátase, xa que logo, de formular unha visión holística, integrada, que supere a simple enumeración ou suma e que desemboque na xénese dunha tipoloxía, de xeito que permita agrupalas en diferentes grupos que facilite pór en marcha políticas ou directrices de conservación, mellora ou rehabilitación en cada caso concreto.

    OS TIPOS DE PAISAXES

    En función do elemento dominante en cada paisaxe de Galicia podémolas tipificar en litopai-saxes, alí onde domina a rocha; biopaisaxes, onde o fai a vexetación; hidropaisaxe, marcada pola presenza de auga; agropaisaxes, nas que dominan as actividades agrarias e gandeiras, e paisaxes ur-banizadas, caracterizadas en función do grao de urbanización, industrialización ou, se se me per-mite, turistificación.

    Litopaisaxes

    Trátase de paisaxes onde a rocha é o elemen-to dominante e, en función da súa composición química e, moi especiamente da súa evolución ao longo do tempo, o aspecto que presenta varía. Así, pódense diferenciar litopaisaxes graníticas, calcarias, metamórficas ou sedimentarias. No primeiro caso é de salientar a paisaxe do Monte Pindo (figura 1), de Pena Corneira, dos Penedos de Pasarella, Cantíns da Capelada ou o Faro de Budiño, por vía de exemplo. No segundo, excep-cionais en Galicia, os Penedos de Oulego mentres que o gran Pregue do Courel estaría dentro das metamórficas e as dunas de Corrubedo ou do Trece ou as morrenas glaciares de Chaguazoso ou Cepedelo, entre as sedimentarias.

    Biopaisaxes

    A dominancia de formacións vexetais nun te-rritorio crea estas paisaxes que, como as anterio-res, teñen un gran valor natural. A súa variedade está en relación coa diversidade bioxeográfica de Galicia, destacando as fragas atlánticas, como as do Eume, os rebolares ou aciñeiras mediterrá-neas, abundantes en diferentes lugares da Galicia interior sen esquecernos das devesas ou soutos do Courel, os bidueirais de Ancares, os teixidais de Queixa ou Trevinca ou das turbeiras do Xistral.

    Hidropaisaxes

    A importancia da auga en Galicia é grande. Tanto a presenza de canles de auga, encorada ou non, como de cachóns ou fervenzas xera pai-saxes de gran valor marcados pola humidade. En moitos casos, a mestura de auga e rocha ou de auga, rocha e vexetación constrúe paisaxes mixtas dunha gran riqueza visual e cromática. Encoros do Miño, do Sil ou do Tambre; ferven-zas do Xallas, no Ézaro, de Vieiros, no Selmo, no Courel, do Toxa, en Pazos, Silleda, ou do Belelle, en Neda, son bos exemplos do dito.

    Agropaisaxes

    En Galicia as pegadas das actividades agra-rias e gandeiras seguen a estar presentes en boa parte do territorio. O resultado diso é unha enor-me variedade de paisaxes xurdidas, por unha banda, polas diferenzas topográficas e edáficas; por outra, polos contrastes climáticos, plasmados en temperatura e grao de humidade distinta e, por suposto, polos diferentes tipos de cultivos exis-tentes no pasado e na actualidade, pola presenza ou ausencia de peches dos eidos e do tamaño das parcelas ou dos asentamentos, así como da súa estrutura, como se pon de relevo nas diferentes figuras que acompañan este texto.

    A topografía condicionou o manexo da terra. Iso deu lugar a paisaxes que se asentan sobre abas con diferente pendente, modificadas unhas con pequenos cambios no seu perfil (figura 2) ou transformadas outras, coa construción de socal-cos que mudaron totalmente tanto o seu perfil como a súa dinámica (figura 3); sobre chairas; fondos de val (figuras 4 e 5): lombos (figuras 6 e 7); outeiros, valgadas (figura 8) ou bocarribei-ras. Isto explica que nas abas con pouca pendente apenas se transformou o seu perfil, mentres que naquelas máis inclinadas para podelas cultivar foi preciso transformalas na súa totalidade por medio de socalcos, creando algunhas das paisaxes máis singulares de Galicia como son as da Ribeira

    Sacra. Nas chairas, pola contra, a topografía pro-piciou unha grande ocupación do territorio, aínda que non sempre, dado que a topografía cha pro-piciou en algúns lugares, pénsese na Terra Cha ou na Limia (figura 9), enchoupamento da terra e, consecuentemente, a dificultade de cultivar.

    As paisaxes de bocarribeira (figura 10) e de outeiro (figuras 11 e 12) son, sen dúbida, as máis singulares de Galicia. As primeiras reflicten como ningunha outra o papel que a topografía introdu-ce no artellamento do territorio, de xeito que se sitúan a medio camiño entre o val e a montaña, entre as terras de viño e de pan, como se definían nun sistema tradicional.

    PAISAXES URBANIZADAS

    Os procesos de urbanización que se produ-ciron en Galicia desde mediados do século vinte motivaron profundas transformacións no territo-rio. As cidades comezaron a medrar e a ocupar te-rreos que ata aqueles intres eran campos de labor. Moitas aldeas quedaron agochadas nas contornas urbanas. Xurdiron novas edificacións, polígonos industriais, vías de comunicación etc. que deu lugar ao paso a novas paisaxes urbanizadas.

    Non obstante este crecemento, en moitos lu-gares deu lugar non só a paisaxes marcadas polas novas construcións; tamén a outras que deno-minamos agrourbanas nas que á beira do novo sobrevive a vella grella rural coa presenza de campos de labor aínda activos que, na meirande parte dos casos, teñen a función de proporcionar alimentos á economía familiar directamente ou por mor da venda no mercado local.

    Os procesos de urbanización no só mudaron as contornas das cidades: tamén motivaron os profundos cambios de moitos lugares de Galicia, especialmente na costa xurdiron pasaxes nas que se mesturan vivendas rurais e de uso turístico, campos de cultivo e restaurantes, bares ou apar-camentos. Son as paisaxes agroturísticas cada vez máis abundantes en Galicia.

  • 30 31

    ÍNDICE

    OS VALORES DAS PAISAXES

    Cada paisaxe é única porque foi froito dunha dinámica singular. Con todo, non todas as paisaxes presentan o mesmo atractivo para un visitante que para outro. O valor que se lle dá a unha paisaxe pode variar entón en función de quen a mira, que ten unha visión subxecti-va do que está a ver condicionada, sen dúbida, pola súa sensibilidade. Quere dicir isto que non existen paisaxes senón olladas sobre da paisaxe?

    Evidentemente unha paisaxe non ollada non pode ser unha paisaxe avaliada aínda que os seus valores estean diante de nós. Valores ven-cellados aos propios elementos, que se poden presentar de xeito diferente ao longo do ano, mais tamén a outros intanxibles vencellados á paisaxe mais que non son visibles. Entre os pri-meiros, por vía de exemplo, están as formas do relevo, os rochedos graníticos, as tipoloxías das vivendas e mesmo a súa localización, os cami-ños, os peches, as formacións vexetais.

    Así, a combinación dun relevo marcado pola verticalidade, sobre o que se construíron socal-cos cubertos de vides, a situación das aldeas en outeiros ou bocarribeiras, xeran paisaxes de gran valor na Ribeira Sacra. Mais tamén o son da auga, saltando por medio do bosque, na Devesa da Rogueira, colabora na calidade das paisaxes do Courel. Entre os segundos está o nome dos lugares, das plantas ou das tarefas presentes mais tamén as lendas, tradicións ou crenzas vencelladas ás paisaxes.

    PAISAXE E CULTURA

    Un dos temas que non se debe deixar de lado á hora de analizar, caracterizar ou avaliar a calida-de das paisaxes é o de consideralas como produtos sociais e, ao tempo, polo seus valores culturais. Non cabe ningunha dúbida de que toda paisaxe é o froito dunha dinámica antrópica e, como tal, un produto social resultado da actividade das mu-lleres e dos homes sobre un territorio ao longo do tempo. Tampouco se pode esquecer que a socieda-de actúa sobre un territorio que está marcado por unhas condicións ambientais, é dicir, por un relevo, un clima, uns solos, un tipo ou outro de sistema fluvial. A sociedade non intervén sobre un plano amorfo, faino sobre unha realidade física á que afecta en maior ou menor medida, ao tempo que é afectada. Por iso toda paisaxe é unha realidade cultural, resultado da materialización dos xeitos de vida dos galegos, dos seus costumes e tradicións e do seu desenvolvemento científico e industrial.

    O valor cultural das paisaxes, o seu funciona-mento como un sistema que mudou ao longo do tempo, desde unha sociedade agraria tradicional a outra marcada polos procesos de industrialización e urbanización, obriga a unha planificación e xes-tión desde a realidade próxima, a escala de detalle, que permite caracterizar, á outra máis global, que facilita a creación de grandes áreas de paisaxe que agrupa unidades homoxéneas. Sempre de abaixo arriba; nunca de arriba abaixo. Non telo en conta é non coñecer unha realidade con tanta complexi-dade e riqueza paisaxística como é Galicia.

    Fig. 2. Agropaisaxe sobre aba modificada en Chandrexa de Queixa (Ourense)

    Fig. 1. Litopaisaxe do Monte Pindo

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Augas mariñas

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Instalacións deportivas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Praias e cantís

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    Carnota

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Zonas urbanas

    Chandrexa de Queixa

  • 32 33

    ÍNDICE

    Fig. 4. Agropaisaxe sobre fondo de val en Quiroga (Lugo)

    Fig. 3. Agropaisaxe sobre aba transformada en Arbo (Pontevedra) Fig. 5. Agropaisaxe sobre fondo de val de Monterrei (Ourense)

    Fig. 6. Agropaisaxe sobre lombo en Cervantes (Lugo)

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Zonas urbanas

    Arbo

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Zonas urbanas

    Quiroga

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Zonas urbanas

    Cervantes

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    Monterrei

  • 34 35

    ÍNDICE

    Fig. 8. Agropaisaxe sobre valgadas nas Nogais (Lugo)

    Fig.7. Agropaisaxe sobre lombos en Mañón (A Coruña) Fig. 9. Agropaisaxe en chaira en Xinzo de Limia

    Fig. 10. Agropaisaxes de bocarribeira na Teixeira e Parada do Sil (Ourense)

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    Mañón

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    As Nogais

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    Xinzo de Limia

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    Parada de Sil - A Teixeira

  • 36 37

    ÍNDICE

    Fig. 11. Agropaisaxes sobre outeiros en Palas de Rei (A Coruña)

    Fig. 12. Agropaisaxe sobre outeiro no Bolo (Ourense)

    Referencias bibliográficas

    Otero Pedrayo, Ramón (1928): Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Compañía Ibero Americana de Publicaciones, Madrid.

    Otero Pedrayo, Ramón (1927): Problemas da xeografía galega. Notas encol das formas de poboazón labrega. A Coruña: Nós.

    Pérez Alberti, A. (1999): Las variables ecogeográficas en la confi-guración de los paisajes gallegos. En. VV.AA. Libro Homenatge al Prof. Vila i Valenti. Universitat de Barcelona, pp. 1175-1186.

    Pérez Alberti, A. (2001): "A paisaxe como sistema: o exemplo de Galicia". In Perez Alberti, A. (ed.): O feito diferencial galego. As paisaxes de Galicia. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, pp 57-106.

    Pérez Alberti, A. (2008): "As Paisaxes de Galicia". En Reza, X.B e Cortina, A. Protección. Xestión e Ordenación da Paisaxe en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 117-130.

    Pérez-Alberti, A., Sanchiz, M., Rodríguez, F., & Pérez, M. (2014): Metodología y clasificación de tipos de paisaje en Galicia. Revista de Geografia e Ordenamento do Território, 1(6), 259-282.

    Pérez-Alberti, A., Borobio Sanchiz, M.,Castillo Rodríguez, F., & Payán Pérez, M. (2014). "Metodología y clasificación de tipos de paisaje en Galicia". Revista de Geografia e Ordenamento do Território, 1(6), 259-282.

    Asentamentos

    Parcelas

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Sistemas xerais de transporte

    Viñedo e cultivos leñosos

    Zonas de extracción ou vertedura

    Zonas queimadas

    Zonas urbanas

    O Bolo

    Lugares

    Afloramentos rochosos e rochedos

    Augas continentais

    Coberturas artificiais

    Coníferas

    Cultivos e prados

    Especies caducifolias

    Eucaliptos

    Eucaliptos e coníferas

    Humedais

    Mato

    Mato e especies arbóreas

    Mato e rochedo

    Mestura de especies arbóreas

    Mosaico agrícola e mato

    Mosaico agrícola e urbano

    Mosaico de cultivos e especies arbóreas

    Repoboacións forestais

    Zonas urbanas

    Palas de Rei

  • ÍNDICE

    Rubén C. Lois González — O retorno a un concepto e obxecto de estudo querido:a paisaxe dos xeógrafos

    Departamento de Xeografía

    Universidade de Santiago de Compostela

  • 41

    ÍNDICE

    Ao longo de todo o século XX, a formación dun xeógrafo contiña varios aspectos fundamen-tais. O primeiro, o estudo profundo da propia rexión ou país onde se vivía, sempre enmarca-da nunha xeografía descritiva (ou rexional do mundo), que debía ensinar os principais trazos da organización do espazo planetario, europeo e español. Logo, o traballo de campo, no senso estrito da expresión, xa que o mundo rural era o preferido para desenvolver as observacións e as análises máis rigorosas na xeografía tradicional. O agrario e o forestal expresaban ben a relación dialéctica existente entre a natureza (o relevo, o clima, a paisaxe natural etc.) e a histórica acción dos seres humanos colonizando o espazo, sempre unha comarca, parroquia ou lugar específico. Por último, todo o anterior se resolvía na mirada paisaxística. O valor do propio territorio, secular-mente poboado por habitantes de aldeas e vilas, sintetizábase nas paisaxes máis representativas deste. En Galicia os verdes do campo e o azul do mar, entrelazados como expresaron numerosos pintores no tránsito dos séculos XIX a XX, evoca-dos desde puntos de vista complementarios polos poemas de Rosalía ou Eduardo Pondal, e cuali-ficados como esenciais na conformación dunha realidade nacional por un Ramón Otero Pedrayo moi influído por Vicente Risco.

    Na miña biografía académica, estes principios cumpríronse perfectamente. Comecei a carreira investigadora cunha tese de licenciatura que es-tudaba a gandería na Ulloa, pero interpretando “a súa repercusión nas paisaxes agrarias”. Deste xeito, o método xeográfico clásico fíxome enten-der que a intensificación pecuaria que se vivira en Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla desde finais dos anos sesenta, ademais de alterar a po-licultura minifundista dos decenios da posguerra, mudara a fisionomía da comarca. A ampliación das superficies de prados e pasteiros, o retroceso

    das parcelas cerealeiras e a irrupción de cultivos forraxeiros traducíanse nun incremento das to-nalidades verdes en todas as parroquias, nunha relativa simplificación da paleta cromática dun campo ateigado de pequenas leiras. Pero non só isto, a intensificación gandeira implicaba cons-truír cortes, granxas, mercar tractores e maquina-ria, e substituír as vacas ou os porcos do país por especies máis rendibles (as frisoas, tamén chama-das pintas), que matizaban a paisaxe. Unha pai-saxe que variara respecto da descrita por Otero Pedrayo ou Xaquín Lorenzo décadas atrás.

    Desde esta experiencia histórica, semellou que a xeografía e, xunto a ela, outras ciencias sociais trataron de desprezar o achegamento pai-saxístico en favor das análises socioeconómicas ou socioespaciais. Estas procuraban, entre os anos sesenta ata ben entrados os oitenta, sim-plificar o estudo dos concellos, as comarcas e as rexións a un conxunto de indicadores relevantes (densidade, capacidade produtiva, emprego etc.), xeneralizables e que se podían cuantificar.

    A racionalización do desenvolvemento a partir da escala local, a adaptación da economía a modelos capitalistas eficientes e a enorme in-fluencia tanto da economía como da socioloxía e a historia sobre o discurso xeográfico fixeron es-quecer case na súa totalidade o interese paisaxís-tico. Sen desbotar que as análises máis sistémicas ou economicistas son moi útiles para a xeografía, pouco a pouco a nosa disciplina volveu recuperar os seus métodos cualitativos, a súa bagaxe cultu-ralista, e a repensar a necesidade do estudo e a ca-racterización da paisaxe como expresión ou valor da efectividade das políticas de ordenación do territorio. A paisaxe retornou á esencia do coñe-cemento xeográfico, na súa versión planificadora e sen esquecer que a súa tipificación tamén pode implicar o recurso a métodos analíticos, sistémi-cos, de investigación.

    1. INTRODUCIÓN

  • 42 43

    ÍNDICE

    2. COMO SE AFIRMA A NOSA

    PAISAXE: O CONVENIO EUROPEO

    Neste proceso de recuperación da paisaxe, os xeógrafos de distintos países xunto a arquitec-tos, teóricos da arte e da estética, e planificado-res deron un paso que se revelou fundamental: a redacción do Convenio europeo da paisaxe no ano 2000, auspiciado polo Consello de Europa. No texto incluído neste queremos destacar tres elementos que consideramos fundamentais e que fixeron posible que numerosos xeógrafos e científicos sociais recuperásemos o interese pola paisaxe entre as nosas prioridades científicas, ao tempo que como un obxecto de estudo e reflexión querido. O primeiro trazo fundamental do con-venio é definir a paisaxe como un elemento da percepción humana, mediada pola cultura, que nos permite clasificar e apreciar a aparencia dun determinado territorio a unha escala intermedia, nin moi preto nin demasiado lonxe. A paisaxe xa non é máis a interacción da natureza e a so-ciedade en posición case similar, senón a forma que posúe unha comunidade de ollar o espazo e valorar se este está ordenado ou non, é atracti-vo ou repulsivo. O segundo elemento refírese a que a defensa da calidade paisaxística pode in-corporarse nas normativas medioambientais e de ordenación de territorio. Por iso, o Convenio europeo se traduce en leis estatais e rexionais, e na creación de observatorios e catálogos da pai-saxe. O terceiro, que a paisaxe reflicte equilibrio ou desorde territorial, riqueza e matices visuais ou empobrecemento dos lugares, identidades ou tendencias cara á uniformización. A paisaxe é, pois, unha metáfora dos nosos tempos, marcados pola tensión entre o global e o identitario/local. En función destes argumentos, xa posuímos o instrumental necesario para recuperar a mirada paisaxística, á vez estética e analítica. Así, reco-rrendo ao método científico, podemos ollar as tendencias do crecemento e a transformación ca-pitalista no territorio, expresadas na proliferación

    de edificios que medran en altura, cultivos fores-tais intensivos como o eucalipto, que procuran facilitar unha forte rendibilidade económica, ou a progresión dos millos e forraxes híbridas, en parcelas tapizadas de xeito uniforme e regular, entre distintos exemplos. Nestes casos, a lóxica do beneficio vinculado ao solo simplificou os atri-butos visuais do que nos rodea, introduciu orde e unha certa idea de novo, xa que os materiais de construción ou as sementes de eucaliptos e millo forraxeiro dispoñibles hoxe son moi diferentes daqueles que coñeceron os nosos avós.

    Existe, sen dúbida, unha tendencia á banali-zación do espazo, pero tampouco se pode negar que as superficies forestais na Serra do Xistral varían moito da disposición que adoitan nas Rías Baixas, que as vilas e pequenas cidades galegas seguen mantendo (a pesar da perda de personali-dade arquitectónica) un carácter único e singular, e que o mapa parcelario que sostén a actividade agraria no noso país cambia de oeste a leste, coa topografía e a altitude. Isto é, seguen manténdose innúmeras compoñentes que distinguen unha pai-saxe das restantes, aínda que a partir da mirada crítica sobre esa paisaxe poidamos avaliar cal é a calidade territorial dun determinado lugar ou unidade máis ampla.

    A forma de ollar as paisaxes e o documento nai do convenio, cando menos animaron a rea-lización dun elevado número de atlas, catálogos e clasificacións das paisaxes, como nunca antes acontecera. En cada caso, o mantemento dos valores estéticos, dos atributos visuais seculares, dunha determinada orde na ollada e das cores supostamente naturais constitúen obxectivos de preservación. Tamén se rexeitan impactos territoriais ou ambientais, que agora tamén son paisaxísticos. Nunha sociedade onde o corpo, o empoderamento de nós mesmos, constitúen bases fundamentais para comprender a realidade, a nosa mirada distingue, avalía e ordena cunha sensibilidade cultural (e analítica), predisposta a ver en clave de paisaxe.

    3. A DÉBIL CIENTIFICIDADE

    DO TERMO: COMO CORRIXILO

    Un problema asociado aos estudos da pai-saxe desde hai séculos deriva da orixe artística, visual e descritiva do propio termo. A paisaxe en Europa (non así nas grandes civilizacións orien-tais) xurdiu como nome propio no Renacemento italiano, difundíndose rapidamente por Francia, Os Países Baixos ou Portugal, na pintura, a litera-tura e os deseños arquitectónicos. Pero nunca foi unha expresión codificada pola ciencia que, non obstante, si se preocupou por estudar o hábitat, os territorios e a territorialidade ou as formas da superficie terrestre. Por esta razón, o significado da paisaxe sempre presentou problemas para ser acoutado, sistematizado para a análise. A paisaxe vese, admírase, permite apreciala, pero os estudos sistemáticos a partir das súas compoñentes non se comezaron a elaborar ata ben entrado o século XX. E cando se realizaron ou realizan non contan cun consenso amplo de que sexan a mellor forma de achegarse ao coñecemento deste termo condi-cionado polas nosas representacións previas. E non só isto, a paisaxe expresa unha escala deri-vada da mirada, intermedia, nin moi afastada nin moi próxima, pero segue sen determinarse con precisión cal é exactamente. Do mesmo xeito que a xeografía ou outras ciencias sociais se intere-san por esta, a arte e as manifestacións creativas continúan participando na xeración de múltiples deseños ou evocacións paisaxísticas.

    O problema do termo concrétase cando se trata de someter a ordenación legal a paisaxe. Como se pode facer se non nos topamos fron-te a un concepto claro, incuestionable. Neste senso, só a partir da sinatura do Convenio eu-ropeo foi posible dotarse dun procedemento de intervención e preservación paisaxística. Aínda que o obxecto de regulamentación é algo visual, os catálogos, os atlas ou a simple asociación de paisaxe coa ordenación do territorio ou o medio

    ambiente, xa fan posible redactar leis e aprobar normativas. Non interesa se a paisaxe é bela ou desagradable, bonita ou fea, valores que poden variar segundo os gustos e bagaxe estética de cada persoa; agora cumpre empregar a paisaxe como indicador, polo menos de dous aspectos: se o territorio está ben gobernado, ordenado e non contén importantes desequilibrios no seu interior; se este expresa bos niveis de respecto ambiental. De feito, non resulta necesario ma-nexar un concepto totalmente pechado, para intervir activamente na protección paisaxística.

    Como subliñaron algúns expertos, a ausen-cia de orixe científica para o termo paisaxe non impide establecer algúns criterios incontestables de clasificación destes. Así, a paisaxe equilibrada e harmoniosa reflicte unha boa calidade visual e expresa unha cultura arraigada de ordenación do territorio. Os elementos que desequilibran, desharmónicos, son catalogados como impactos. Do mesmo xeito, na paisaxe poden diferenciarse compoñentes endóxenas (plantas e árbores arrai-gadas na historia do lugar, casas con materiais da contorna, camiños seculares etc.) e esóxenas (plantacións forestais, cultivos híbridos, novas tipoloxías edificativas etc.), que permiten esta-blecer clasificacións cara á protexer os elementos visuais e os usos do solo do lugar. Unha variable fundamental para cualificar as paisaxes é a cromá-tica: a variedade das cores, a súa coherencia cos condicionantes ambientais do espazo, a súa dis-posición ordenada, entre outros, define paisaxes de alto valor. Non obstante, coas cores a cultura occidental manifestou certas preferencias só deri-vadas de prexuízos culturais, que nos fan ponde-rar máis os azuis ou verdes ca os ocres ou negros, sen que exista ningunha razón obxectiva que im-plique que unha paisaxe é máis rica ca outra polo seu aspecto cromático. Así e todo, o predominio de cores apreciadas nos países atlánticos como Galicia, fai que de xeito popular a súa presenza visual acade unha elevada consideración.

  • 44 45

    ÍNDICE

    4. A PAISAXE PARA QUE: A ORDENACIÓN

    E A CALIDADE DE VIDA

    En todos os debates, estudos e reflexións que acompañaron a recuperación da paisaxe como obxecto científico de interese se formulou a pre-gunta da utilidade concreta da súa análise e carac-terización. A este respecto as respostas son claras e duplas. A paisaxe ten virtualidade na medida en que reflicte a calidade da cultura territorial e a profundidade das políticas de ordenación do espazo. Como moitas veces temos comproba-do, nas nacións da Europa noroccidental ou en Italia, a paisaxe coidada, atendida ata o seu máis mínimo detalle ou codificada como expresión dunha identidade territorial (a campiña inglesa, a Toscana, o rural francés etc.), traduce claramente a existencia dun goberno territorial maduro. En segundo lugar, a riqueza paisaxística implica su-perior calidade de vida. Os cidadáns que viven ou contemplan contornas rurais ou urbanas coidadas séntense mellor, máis relaxados e identificados co lugar, indicadores cada vez máis considerados nas sociedades desenvolvidas.

    Noutra orde de cousas, fixar a atención na paisaxe tendeu a resolver unha serie de problemas territoriais concretos, que era preciso atender. Os primeiros refírense ás cidades e aos espazos urbanos, onde a protección visual e o urbanis-mo deben ir da man. As ordenanzas teñen que limitar o período no que guindastres ou estadas permanecen á vista nunha obra. Os necesarios procesos de rehabilitación nunca deben alongarse no tempo, pois desvirtúan os obxectivos que os animaron. No rural, dinámicas tan arraigadas na contemporaneidade como a concentración parce-laria deixou de ter un obxectivo case exclusiva-mente produtivista, para centrarse no coidado e na saúde visual dun campo ordenado. Así mesmo, en áreas de montaña en forte declive demográfi-co e económico, os habitantes que aínda seguen contribuirán á protección ambiental na medida en que manteñan as paisaxes coidadas, como expre-sión dun agro ben conservado. En épocas recen-tes, as análises sobre o tema insistiron en dous

    aspectos novos da cuestión, que pasamos a enu-merar: a posta en valor das contornas paisaxís-ticas das autoestradas e da rede viaria en xeral mellora a calidade e seguridade na condución; tamén a aplicación de catálogos paisaxísticos nos portos reduciu os fortes contrastes de uso e vi-suais co resto da cidade, e contribuíu a pór orde en sectores de fortes impactos visuais derivados da actividade económica.

    Unha liña que se desenvolveu en diversos territorios e que cómpre reforzar refírese á vin-culación das medidas de protección paisaxística coa aprobación de diferentes documentos de pla-nificación territorial. Así, nas directrices de orde-nación do territorio das comunidades autónomas e nos plans territoriais parciais deles derivados xa se inclúen determinacións referidas á calidade visual dos lugares. Outro ámbito onde se conse-guiu introducir a paisaxe é nos estudos de ava-liación ambiental e, máis recentemente pola súa transcendencia, nas avaliacións ambientais estra-téxicas. A batalla agora céntrase en que a paisaxe sexa un elemento obrigatorio que hai que consi-derar tanto en plans xerais de ordenación munici-pal como en plans especiais (no desenvolvemento de novo solo urbano a partir de plans parciais xa semella que a paisaxe, as variables estéticas e vi-suais, comezaron a ter cabida). Se a paisaxe se afirma na ordenación do territorio e o urbanismo, o obxectivo de lograr que o dereito a unha cali-dade paisaxística boa sexa interpretado como un dereito das persoas terase logrado e a calidade de vida colectiva mostrará mellores resultados.

    5. ONDE NOS FIXAMOS NA PAISAXE.

    OS RISCOS DUNhA LECTURA

    CONDICIONADA E IDEALIZADA

    Acabamos de reflexionar sobre paisaxe e cali-dade de vida, paisaxe e ambiente, e paisaxe e pla-nificación, como un xeito de obxectivar esta va-riable considerada unha compoñente dos dereitos territoriais da poboación. Non obstante, e non o podemos esquecer, a nosa mirada na paisaxe está

    moi condicionada pola cultura e pola escala de valores persoal. A primeira evidencia deste ollar parcial é a superior consideración das paisaxes rurais nas lecturas visuais e estéticas do territo-rio. Semella que a orixe pictórica, artística, do concepto de paisaxe aínda se determina esta pre-ferencia por mirar a escala intermedia os campos, as montañas e os cursos de auga como expresión ideal dun determinado país, rexión ou lugar. A paisaxe culturalmente é máis rural, mesmo natu-ral, ca urbana ou urbanizada. Isto é un reflexo dos valores culturais, xa que a perspectiva ordenado-ra e ambiental á que nos referimos na epígrafe anterior si impuña unha lectura igualitaria do espazo a partir da análise paisaxística.

    Se damos un paso máis nesta constatación, atopámonos con que algunhas das paisaxes máis características dun lugar ou país rematan por convertérense en paisaxes identitarias. Dito do-utro xeito, en imaxes representativas dos supostos atributos estéticos e expresivas da personalidade do territorio en cuestión. Como foi evocado no co-mezo deste texto, en Galicia esta asociación entre paisaxe e identidade resulta evidente, tanto nas obras de autores do Rexurdimento como Rosalía Castro ou E. Pondal, como nos escritos do xeógra-fo e narrador R. Otero Pedrayo, que identificou na paisaxe a esencia da nación. Sen dúbida, fo-tografías ou documentais sobre terreos de suaves montañas, tapizados de intensa vexetación, con predominio de verde e cun litoral recortado, onde aparece o azul intenso, dan a medida da paisaxe galega, similar á do norte portugués, Asturias e toda a Iberia húmida, aínda que se se profunda sempre poderemos diferenciar que paisaxe co-rresponde en concreto a cada lugar. Pola contra, a imaxe de Castela reforza a sensación de dominio das tonalidades ocres, de chaira ou amplos vales, e de horizontes extensos, cun interesante xogo de cores e gamas segundo se move a luz do sol ao longo do día. Existen paisaxes territoriais icóni-cas, como a de Manhattan e o seu sky line ou a da Toscana rural en Italia. A forza identitaria de cada unha destas imaxes dános conta de que a pai-saxe non é só unha visión, unha lectura cultural e

    artística dunha contorna, senón que expresa moito máis, o sentido dos lugares, o carácter dos países, porque a cultura contemporánea construíu unha xeografía do simbólico ao seu arredor.

    En épocas recentes, de proliferación de todo tipo de imaxes, a paisaxe deu un paso de cara á súa consideración polisémica: a aparición de pai-saxes non reais e virtuais. Neste campo topámo-nos cun amplo mostrario de posibilidades, desde as paisaxes levemente retocadas a partir da mani-pulación de imaxes fotográficas ata a creación de paisaxes producidas directamente pola animación figurativa. As primeiras son frecuentes en campa-ñas promocionais de cidades concretas ou de te-rritorios de forte atractivo turístico. As de anima-ción vinculáronse coa creación fílmica, tanto en películas ou series supostamente históricas como noutras fantásticas ou de ciencia ficción. En todos estes casos, demóstrase o enorme poder evocador da imaxe, desta a media escala e, en definitiva, da paisaxe en Occidente. As paisaxes virtuais son produto dun deseño ilustrado pola cultura. Non se trata de xogar coas imaxes de París, Tokyo ou o Oeste americano, senón que os creadores pensan nos elementos característicos, icónicos, destes lu-gares e reprodúcenos a partir dunha serie de códi-gos relevantes para a comunicación. Neste caso, a paisaxe xa non é o froito da nosa mirada. A nosa bagaxe cultural exprésase nunha paisaxe que trata de interpretar os lugares en función duns atribu-tos centrais, amplamente recoñecidos polos que previamente ollaron o espazo.

    6. AS PAISAXES OCULTAS, AS PAISAXES

    RESIDUAIS E CONFLITIVAS

    A orixe literaria e artística do termo paisaxe explica que a percepción social e cultural que se ten desta sexa idealizada, ruralista e defensora da harmonía. Non obstante, en épocas recentes, a eclosión de traballos sobre esta materia per-mitiu constatar, e cada vez con máis forza, que non todo é bonito na paisaxe. Os catálogos levan-tan acta dos impactos paisaxísticos e territoriais

  • 46 47

    ÍNDICE

    máis graves para corrixilos, para darlles resposta. Algunhas iniciativas turísticas comezan a ofrecer visitas a lugares con significados visuais desagra-dables, como cemiterios (e non só a parte máis coidada e romántica destes), ruínas industriais, antigas explotacións mineiras abandonadas e es-pazos vinculados a algunha catástrofe (o denomi-nado dark tourism, que tamén procura visitar os restos dun vehículo accidentado, dun barco que se afundiu etc.). A intensificación actual da nosa mirada paisaxística está a favorecer a atención nas paisaxes ocultas, desagradables ou que xeran un impacto. Esta xeneralización da paisaxe a moi diversos aspectos da nosa lectura territorial tivo xa a súa tradución en Galicia, no carácter popular que rexistrou a expresión feísmo para interpretar moitas intervencións pouco afortunadas sobre o territorio, que implicaban obras ilegais, pouco harmónicas coa contorna e esteticamente recha-mantes. A ausencia de cultura da ordenación do territorio e a falta de cumprimento das normas urbanísticas xa é interpretado desde unha lectura visual, que subliña baixo prexuízos culturais se un lugar é bonito ou feo. De acordo con esta reva-lorización da mirada, do visual, na nosa cultura, está a aparición de novas expresións que enrique-cen a linguaxe que empregamos de referencia. Entre estas a de paisaxes residuais, atribuída ao estudoso catalán J. Nogué, sempre nos pareceu moi suxestiva. As paisaxes residuais son aquelas pezas do espazo que quedan desorganizadas con respecto ao conxunto por algunha intervención. Nas cidades, as medianeiras que chaman podero-samente a atención da persoa que observa, os res-tos de espazos descoidados a carón dun viaduto ou dunha liña férrea, ou algunhas construcións abandonadas no medio dun barrio en remode-lación, constitúen magníficos exemplos destas paisaxes residuais. No agro, moitos dos terreos deixados a campo, non cultivados e cubertos de mato, tamén outorgan contido á cualificación re-sidual. De feito, a paisaxe como indicador xa nos permite levantar acta de problemas territoriais fondos e, o que resulta moito máis importante, facilita o noso labor de avaliadores permanentes da nosa contorna a partir da utilización intensiva

    da mirada. Un último contido problemático das paisaxes emprega o adxectivo conflitivas para individualizalas. Unha paisaxe conflitiva é, por definición, aquela que nos mostra unha industria contaminante nun lugar atractivo da costa. Nas cidades e espazos urbanos, a expresión visual dos conflitos deriva dos edificios ou barrios enteiros abandonados total ou parcialmente, de obras que non rematan en tempo, de elementos que cortan a nosa perspectiva (viadutos, muros etc.) ou de límites bruscos entre distintas partes da cidade, a título de exemplos s