arquivo de...

32
ARQUIVO DE GALICIA MEMORIA DE XESTIÓN 2012

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ARQUIVO DE GALICIA MEMORIA DE XESTIÓN

2012

1

2

1. INTRODUCIÓN ............................................................................................................ 3

2. ÁREA DE XESTIÓN DOCUMENTAL ................................................................ 4

2.1. Recepción de fondos documentais............................................................................. 4 2.1.1. Procedencia. Formas de ingreso .................................................................................... 4 2.1.2. Situación actual: volume e composición dos fondos ............................................ 14

2.2. Identificación, valoración e selección .................................................................... 15

2.3. Organización e descrición ............................................................................................ 18 2.3.1. Organización ........................................................................................................................ 18 2.3.2. Descrición ............................................................................................................................. 21

2.4. Conservación documental ............................................................................................ 22 2.4.1. Desinsectación de fondos documentais..................................................................... 22 2.4.2. Renumeración e reinstalación de fondos .................................................................. 22 2.4.4. Dixitalización do patrimonio documental .................................................................. 23

2.5. Normas técnicas ................................................................................................................ 24

3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN ................................................ 24

3.1. A comunicación.................................................................................................................. 24

3.2. A difusión .............................................................................................................................. 26 3.2.3. Publicacións .......................................................................................................................... 26 3.2.4. Xornadas de portas abertas........................................................................................... 28 3.2.5. Exposicións ........................................................................................................................... 28 3.2.6. Participación en congresos e xornadas ..................................................................... 28

4. XESTIÓN ECONÓMICO - ADMINISTRATIVA ...................................... 29

4.1. Xestión orzamentaria ..................................................................................................... 29 4.1.1. Gastos de persoal .............................................................................................................. 29 4.1.2. Gastos correntes ................................................................................................................ 30 4.1.2. Gastos de investimento (Capítulo VI) ........................................................................ 30

4.2. Xestión administrativa ................................................................................................... 30

5. BALANCE DE RESULTADOS ............................................................................. 30

3

1. INTRODUCIÓN O Decreto 207/2010, do 10 de decembro, polo que se crea o Arquivo de Galicia1 establece que sons as súas funcións: a) Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia. b) Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde depositar nel. c) Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia. d) Organizar e describir os fondos documentais que custodie. e) Conservar os fondos documentais que custodie. f) Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia. g) Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación. h) Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia. i) Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia. j) En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.

1 Segundo se dispón no artigo 5 deste decreto a el se adscriben os medios persoais e materiais do Arquivo Xeral da Administración da Xunta de Galicia e do Servizo do Subsistema de Arquivos de Galicia, dándoselle desta forma verdadeira carta de natureza ao arquivo intermedio e histórico da Xunta de Galicia. Como consecuencia disto, no mes de xuño se trasladou á sede do Arquivo na Cidade da Cultura o persoal que viña desempeñando as súas funcións no Polígono do Tambre. No mes de outubro, como resultado da posta en marcha do “Plan Gaiás” o Arquivo foi trasladado ao edificio da Biblioteca de Galicia coa que a partir deste momento comparte edificio.

4

Os arquivos centrais das consellerías da Xunta de Galicia dependerán funcionalmente do Arquivo de Galicia. Para o seu cumprimento o Arquivo estrutúrase en dúas áreas de carácter transversal: a área de xestión documental e a área de comunicación e difusión.

2. ÁREA DE XESTIÓN DOCUMENTAL Nela se agrupan as seguintes funcións: a recepción, a identificación, valoración e selección, a organización e descrición e a conservación dos fondos documentais do Arquivo de Galicia, así como a coordinación da reprodución con fins de conservación do patrimonio documental de Galicia. 2.1. Recepción de fondos documentais 2.1.1. Procedencia. Formas de ingreso 2.1.1.1.Transferencias Desde o ano 2010 a súa realización está regulada pola Orde de 30 de agosto, pola que se establecen as normas para transferencias documentais nos arquivo dependentes da Xunta de Galicia. Durante 2012 o Arquivo de Galicia recibiu por transferencia un total de 7.663 unidades de instalación (das que 756 son películas). Unha parte ingresou no depósito que o Arquivo ten no polígono santiagués do Tambre (2.443); outra (5.220), no edificio da Cidade da Cultura de Galicia (Gaiás). A súa procedencia e distribución por áreas funcionais concrétase na seguinte táboa: ÁREA FUNCIONAL ÓRGANO

PRODUTOR/TRANSFERENTE Nº U.I DATAS

1. ALTA DIRECCIÓN DA COMUNIDADE

AUTÓNOMA

Asesoría Xurídica (Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública)

107 2002

2. ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais

3 2005

Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza. Servizo de Relacións coa Administración de Xustiza

36 2006

Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa. Servizo de Contratación

98 1983-2005

Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza. Servizo de

27 2000-2006

5

ÁREA FUNCIONAL ÓRGANO PRODUTOR/TRANSFERENTE

Nº U.I DATAS

Xestión Económica e Administrativa

5. CULTURA

Arquivo do Reino de Galicia

1 1968-1982

Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC)

140 caixas + 756

películas

1993-2012

Subdirección. Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

1 1942-1984

Arquivo de Galicia. (Arquivo de xestión) 91 1994-2012

7. EDUCACIÓN

Servizo de Xestión Económica 144 1996-2007

Servizo Financiamento de Universidades 8 2007

Servizo Coordinación de Universidades 13 2007

Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica 14 2006-2007

Servizo Réxime Xurídico e Recursos 7 1991-2003

8. INDUSTRIA,

INNOVACIÓN E PROMOCIÓN ECONÓMICA

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

2.984

1986-2006

Arquivo Central 302 1926-2003

13. POLÍTICA TERRITORIAL

Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos

164

1987- 2006

Servizo de Autorizacións e Informes Sectoriais

345 1981-2007

14. SANIDADE

Intervención Delegada (SERGAS) 662 1993-2007 Hospital de Conxo 242 1885-1979 Servizo de Réxime Xurídico (SERGAS)

183 2006-2007

16. SERVIZOS SOCIAIS

Arquivo Central 1.210 1980-2005

Nº total de transferencias realizadas: 41 (contando a do propio Arquivo de Galicia) Das transferencias correspondentes á área funcional de Cultura podemos facer os seguintes comentarios: Foron transferidos pola Subdirección. Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais e polo Arquivo do Reino de Galicia documentos da Comisaría da Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional2, que funcionou desde os primeiros anos da década de 1940 ata

2 Nun primeiro momento primeira e despois octava.

6

1969 e doutros órganos que o sucederon (ata 19843), e da Dirección General de Bellas Artes e doutros órganos que a sucederon (1968-1982), respectivamente. Neste último caso trátase de expedientes de achados e expedientes de declaración de monumentos tramitados pola Administración central do Estado, que deberon de ser enviados desde o Ministerio de Cultura á Comunidade Autónoma cando se materializaron as transferencias en materia de cultura (1984). A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), adscrita á consellería competente en materia de Cultura, ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego. Entre as súas actuacións destaca as convocatorias anuais de axudas arredor de dous eixos principais: subvencións ás industrias culturais e subvencións ao sector audiovisual. Dentro destas últimas convócanse diferentes liñas de axuda para a produción ou coprodución de longametraxes, produción de curtametraxes e videoclips, desenvolvemento de proxectos, promoción do talento audiovisual galego, e desenvolvemento e produción de contidos interactivos. Xunto aos expedientes transfírense tamén aqueles produtos que foron obxecto da subvención, contidos en diferentes soportes (rolos de celuloide, cintas magnéticas dixitais-BETACAM e DVDs). Para optimizar a súa conservación mediante un control máis axustado das condicións de temperatura e humidade requiridas polos soportes en que se achan fixadas, estas películas foron trasladadas aos depósitos que a Biblioteca de Galicia ten habilitados para este tipo de materiais.

Na área funcional de Industria, Innovación e Promoción Económica resaltamos a transferencia de máis de cincocentos expedientes de estacións de servizo de combustibles de toda Galicia que, procedentes da Subdirección Xeral de Administración Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, foran tramitados no seu día polo Servizo Territorial da Zona Noroeste de CAMPSA (Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos Sociedad Anónima), cuxa función era administrar a concesión do monopilio estatal de petróleos promovido polo ministro de Hacienda durante a Ditadura de Primo de Rivera, José Calvo-Sotelo). O conxunto ten datas extremas entre os anos 1927 e 1996 e comprende expedientes que normalmente se inician coa autorización da instalación e rematan coa súa clausura, de ser o caso, e inclúen numerosos planos e fotografías.

Dentro da área funcional de Sanidade queremos destacar a transferencia realizada polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dos documentos producidos polo antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo, composto por 273 unidades de instalación e custodiado ata ese momento na sede do propio hospital.

Inaugurado o 1 de xuño de 1885 como obra pía do cabido da catedral de Santiago, por iniciativa do cardeal Payá, daquela arcebispo na sede compostelá. A crecente demanda asistencial leva aos propietarios do hospital a pensar xa en 1889 na constitución dun padroado que dese entrada a accionistas cos que afrontar unha ampliación do centro: así 3 .- Consejero Provincial de Bellas Artes, e Comisión Provincial del Patrimonio Histórico Artístico, dependentes da Delegación Provincia de Educación.

7

Timoteo Sánchez Freire, director médico do establecemento, o banqueiro santiagués Olimpio Pérez Fernández, José García Mouriño, un emigrado retornado cliente de Olimpio Pérez, e Juana Blanco Navarrete, viúva de Simeón García de la Riva, en representación do Banco Viúda de Simeón e Hijos, pasarán a formar parte do Padroado e, polo tanto, da súa Xunta de Goberno do hospital. No ano 1891 asínanse acordos para que as catro deputacións galegas e a de León podan enviar a Conxo dementes pobres ao seu cargo. Con todo, correspondía ao Goberno exercer o protectorado sobre a beneficencia particular, como establece a Instrución aprobada polo Real decreto de 14 de marzo de 1899, a proposta do Ministro da Gobernación. No ano 1969, o Hospital foi adquirido pola Deputación Provincial da Coruña. Finalmente, en 1993, tanto o Hospital Psiquiátrico de Conxo como o que fora Hospital Provincial foron transferidos ao (SERGAS) mediante o Decreto 373/1992, de 17 de decembro. Entre as series documentais que compoñen o fondo atopamos, entre outras, diferentes tipos de rexistros, como o xeral de alleados (1885-1978), o de defuncións (1886-1971), libros copiadores de cartas (1964-1969) ou os libros de contas de pacientes ingresados (1910-1970); ou de expedientes, como os de altas de enfermos (1886-1971), de defuncións de enfermos (1886-1971) ou as historias clínicas do hospital desde 1890 a 1951. Todo o conxunto documental constitúe, pois, unha fonte de importancia capital para o coñecemento da historia da atención psiquiátrica en Galicia. Por último, queremos sinalar o traslado realizado durante os meses de febreiro e marzo de 40.439 unidades de instalación desde o depósito do polígono do Tambre ata o situado na Cidade da Cultura, realizado pola empresa de transportes “Ricardo Ríos”. Traslado que estivo relacionado co que paralelamente fixo o persoal que traballaba no depósito do Tambre (3 traballadores) ao Gaiás. 2.1.1.2. Doazóns Arquivo e Biblioteca de Olga Gallego Domínguez En xaneiro de 2012, dona Pilar Gallego Domínguez, dirixiuse ao secretario Xeral de Cultura para ofrecerlle en doazón, para a súa custodia no Arquivo de Galicia, o arquivo e biblioteca profesional da súa irmá dona Olga Gallego Domínguez, falecida en setembro de 2010. Os documentos foron recibidos provisionalmente no arquivo o día 26 de marzo. Unha vez realizado o informe de valoración cultural e económica correspondente, foi examinada e a proposta polo Consello Superior de Valoración de Bens Culturais na sesión celebrada o día 2 de outubro e, finalmente, formalmente aceptada por orde de 23 de novembro. O conxunto está formado por 49 unidades de instalación e máis de 500 libros relacionados coa súa dedicación ao mundo dos arquivos e ás súas investigacións históricas.

8

Olga Gallego, que accedera ao Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios do Estado en 1958, traballou no Arquivo da Delegación de Facenda e na Biblioteca Pública de Vigo e máis tarde foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense ata a súa xubilación no ano 1989. Foi Membro correspondente da Real Academia da Historia (desde 1980), Académica Numeraria da Real Academia Galega (desde 1985), membro do Patronato da Fundación Penzol, Membro do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, do que foi secretaria entre 1971 e 1975 e presidenta desde 1990, e membro da asociación ANABAD-Galicia, que presidiu entre 1971 e 1975. O seu prestixio e recoñecemento profesional, tanto pola súa dedicación ao mundo dos arquivos como polas súas investigacións históricas a fixeron merecedora de honores e homenaxes por parte de compañeiros de profesión e institucións diversas. Foi distinguida co Lazo da Orde de Alfonso X O Sabio (1969), coa Medalla de Prata de Galicia (2000) coa Medalla Castelao (2006) e o Premio Trasalba (2010). No 2006 ANABAD-Galicia (a rama territorial da Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas) organizou, na súa cidade natal, unha sesión científica na que participan arquiveiros de toda España. Finalmente, no ano 2011 a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega lle dedicou, en outubro do ano 2011, a xornada Mulleres e Historia: Olga Gallego Domínguez, para render homenaxe “á memoria e ao legado da arquiveira, historiadora e académica” . No conxunto, que reflicte a actividade dunha profesional “referente” na arquivística española e preocupada polo desenvolvemento do sistema arquivístico e a conservación do patrimonio galego, atópase correspondencia con institucións e personalidades galegas e españolas, manuscritos e traballos preparatorios dos seus cursos e publicacións. Tamén numerosa información recollida en fichas ao longo de toda unha intensa vida dedicada ao estudo, que lle serviu de base para a elaboración de moitas publicacións, pero que, ademais de ser testemuño da súa maneira de traballar, en si mesmas constitúen un importante recurso aberto a outras moitas posibilidades de análise e explotación por parte doutros investigadores. A súa biblioteca profesional está formada por obras relacionadas coa arquivística e os arquivos, a xeografía, a historia, e con outras materias auxiliares destas disciplinas como a diplomática ou a paleografía e outras ciencias sociais. Arquivo Familia Vilariño Pintos Como complemento das doazóns realizadas nos anos 2010 e 2011, con data 29 de xuño de 2012 os irmáns Vilariño Pintos fixeron entrega dos seguintes documentos e libros no Arquivo de Galicia:

- Cartas de indulxencias:

9

1. Do bispo de Cidonia, auxiliar do Arcebispado de Santiago, concedendo corenta días de indulxencia aos que rezaren diante da imaxe dun Cristo de prata e outros corenta para os que rezaren diante da imaxe dunha Virxe co neno en marfil, propiedade de Dna. Antonia Acedo4. 1846, marzo, 27. Santiago de Compostela. Confirmada polo bispo de Lugo o 24 de decembro de 1874.

2. Do arcebispo de Santiago, Rafael de Vélez, concedendo oitenta días de indulxencia aos que rezaren diante da imaxe dun Cristo de prata e outros corenta para os que rezaren diante da imaxe dunha Virxe co neno en marfil, propiedade de Dna. Antonia Acedo. 1846, marzo, 27. Santiago de Compostela.

3. Do arcebispo de Santiago, Miguel Payá y Rico, concedendo oitenta días de indulxencia aos que rezaren diante da imaxe dun Cristo de prata e outros corenta para os que rezaren diante da imaxe dunha Virxe co neno en marfil, que fora propiedade de Dna. Antonia Acedo e agora de dona Ana Tostado. 1875,novembro, 12. Santiago de Compostela.

4. Do arcebispo de Santiago, José Martín de Herrera, aos diocesanos que rezaren polo eterno descanso de D. Ramón G. Vilariño López. 1899, outubro, 19. Santiago de Compostela.

5. Do arcebispo de Santiago, José Martín de Herrera, aos diocesanos que rezaren polo eterno descanso de D. José de Andrés Moreno Curiel. 1900, decembro, 4. Santiago de Compostela.

6. Do bispo de Palencia, José Souto Vizoso, concedendo cen días de indulxencia aos diocesanos que cumpran uns determinados rituais ou ofrendas en sufraxio da alma de María de la Concepción Vilariño Pintos. 1956, marzo, 20. Palencia. Corre unido saúda do bispo remitindo as indulxencias e comunicando o pésame polo falecemento.

7. Do arcebispo de Santiago, Fernando Quiroga Palacios, concedendo trescentos días de indulxencia por cada obra de piedade ou de misericordia que se aplique en sufraxio da alma de María de la Concepción Vilariño Pintos. 1955, decembro, 9. Santiago de Compostela.

8. Do arcebispo de Santiago, Fernando Quiroga Palacios, concedendo trescentos días de indulxencia por cada obra de piedade ou de misericordia que se aplique en sufraxio da alma de María de la Concepción Vilariño Pintos. 1955, decembro, 19. Santiago de Compostela. Eduardo e José Vilariño de Andrés Moreno.

4 4 Segundo información escrita no sobre no que se gardan as indulxencias estas imaxes estaban na casa

de Felipe Gutiérrez de la Peña y Tostado e foran doadas pola súa viúva a Eduardo Vilariño Magdalena.

10

- Recordatorio da primeira comuñón 1906, maio, 22. Santiago de Compostela.

Daría Pintos Castro

- Nomeamento de irmá maior da Archiconfraría do Glorioso Apóstolo Santiago. 1949

- Felicitación de Nadal. 1912 - Recordatorios da Primeira comuñón. 1907 [2 exemplares] - Libro rexistro do envío da roupa á lavandería [1960]-1974 - Reglamento que deben observar las pensionistas, medio-pensionistas

y externas-pensionistas del colegio de la Compañía de María (Enseñanza) de Santiago.-- Santiago : s.n. (Imprenta de Juan Balado), 1907.

- Programas de veladas en honor da Inmaculada Concepción organizadas polas alumnas do pensionado do colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela. 1906-1912 [3 exemplares datados en 1906, 1907 e 1912]

- Programas de exames xerais no pensionado da Compañía de María [ca. 1908] [3 exemplares: un de 1908; os outros dos sen data]

- Diplomas e cualificacións de cursos académicos. 1906-1913 (9 documentos)

- Comunicación do director provincial do Instituto Nacional de Previsión a Daría Pintos Castro, do pago correspondente á prestación por seguro de defunción de empregadas de fogar. 1982, abril, 1.

Asunción Castro Rodríguez

- Cartas do seu irmán, Víctor Castro Rodríguez. 1896-1899 - Memoria que dedican en su fiesta de mil ochocientos noventa y siete

a Asunción Castro Rodríguez, los que suscriben. 1897

Concepción Vilariño Pintos

- Caderno de debuxo lineal. [s.d.] - Caderno de debuxo artístico [s.d.] - Libro de cualificación escolar dos estudos de bacharelato. 1949-1954 - Informe de notas finais da prefecta do Colexio da Compañía de María

de Santiago de Compostela. 1952, xuño, 21. - Caderno de cualificacións correspondente ao carto curso de

bacharelato do curso 1952-1953 no Colexio da Compañía de María. - Recordatorio da primeira comuñón. 1944, marzo, 19. Santiago de

Compostela - Diplomas de cursos académicos. 1947-1952 (4 documentos) - Poema fúnebre dedicado a Conchita Vilariño. 1955, decembro, 6. - Debuxo en memoria de Concepción Vilariño Pintos. [s.d.]

11

- Recibos correspondentes aos gastos de enterro e honras fúnebres de María de la Concepción Vilariño Pintos.

Teresa Mariño Maneiro - Tarxeta de beneficiaria do Montepío Nacional del Servicio doméstico

do Instituto Nacional de Previsión. - Carta do director do Instituto Nacional de Previsión comunicándolle a

concesión da prestación do premio da constancia. 1965, abril, 14. Fotocopia.

- Caderno de aforros do Banco de Crédito e Inversiones. Número 14690. 1979-1980

- Caderno de aforros do Banco de Crédito e Inversiones. Número 14764. 1979-1980

- Testamento de Teresa Mariño Maneiro realizada ante o notario Ildefonso Sánchez Mera. 1981, outubro, 5. Santiago de Compostela. Copia.

- Nota de entrega do diñeiro pertencente a Teresa Mariño Maneiro, falecida o 23 de decembro de 1981, á súa sobriña, Francisca Mariño, en cumprimento da vontade da falecida. [s.d.]

Libros: - Archivística. Estudios básicos. Sevilla : Diputación Provincial, 1981. - Archivo de la Corona de Aragón. Guía abreviada. Valencia : Dirección

General de Archivos y Bibliotecas, 1958. - Archivo de la Real Chancillería de Valladolid. Selección de planos y

dibujos. Valladolid : Archivo de la Real Chancillería de Valladolid, 1978.

- BERMÚDEZ PLATA, Cristóbal. La Casa de la Contratación, la Casa Lonja y el Archivo General de Indias. [S.n.] : Consejo de la Hispanidad, [1941?]

- CORTÉS ALONSO, Vicenta. El archivo como ilusión : Memoria del Archivo Histórico Nacional.Madrid : Vicenta Cortés, D. L., 1984

- CORTÉS ALONSO, Vicenta. Manual de archivos municipales.Madrid : ANABAD, 1982.

- Evidence. Europe reflected in Archives. [Galicia? : s.n.], D.L. 2000 (Santiago de Compostela : Agencia Gráfica Galega).

- GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga ; LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. Clasificación de fondos de los archivos histórico provinciales. Madrid : Subdirección General de Archivos, 1980.

- GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga ; LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. Introducción na arquivística. [A Coruña] : Anabad Galicia, D.L. 1985.

- HEREDIA HERRERA, Antonia. Manual de instrumentos de descripción documental. Sevilla : diputación Provincial, 1982

- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro e outros. Arquivos, autonomía e dereitos cidadáns. [S.l.] : Círculo de Información de Estudios Sociales, D.L., 1978.

12

- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. Los archivos de Galicia: Estado de la cuestión. [S.l. : s.n.], [1987?]

- SÁNCHEZ BELDA, Luis. Bibliografía de Archivos españoles y de archivística. Madrid : Dirección General de Archivos y Bibliotecas, 1963

- SARRABLO AGUARELES, Eugenio. Nociones de diplomática : según las obras de Giry, Boüard, Muñoz Rivero, etc. [s.l. : s.n.], 1941 (Alcalá de Henares : Imp. Talleres Penitenciarios Alcalá).

Biblioteca auxiliar A biblioteca auxiliar do Arquivo recibiu por doazón institucional, 9 títulos de monografías e dous números de revistas (Anaquel. Boletín de Libros, Archivos y Bibliotecas de Castilla la Mancha e Boletín Auriense) Recibe por subscrición a revista Galegos. 2.1.1.3. Compras Arquivo da Familia Freire O 31 de marzo de 2011 a Empresa Librería Couceiro ofreceu en venda a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia polo prezo de sete mil novecentos cincuenta euros (7.950 €), un conxunto de documentos composto por:

� 253 documentos dun arquivo familiar que identificamos como “Familia Freire”.

� 7 documentos persoais de Cándido Penedo y Fajardo. � 5 impresos dos séculos XVII ao XIX.

Todos eles compoñen 5 u.i. (aproximadamente 0,65 m.l) A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia emitiu informe favorable para a súa compra, na súa reunión do 22 de decembro de 2011. O conxunto de documentos procedentes da Familia Freire están comprendidos nun período cronolóxico que vai desde 1598 a 1875. Trátase do pequeno arquivo dunha familia enraizada na parroquia de Santa María de Cela, no concello de Bueu, composto maioritariamente por documentos acreditativos da propiedade dos bens que foron conformando o patrimonio familiar ao longo destes anos: cartas de pago, compravendas, testamentos... Xunto a eles atopamos tamén algúns de carácter persoal: certificados de partidas de bautismo, títulos... , sobre todo de dous membros da familia: Tomás Vicente dos Santos e Manuel Antonio González, ambos presbíteros e capeláns dunha fundación vincular, a capelanía da Nosa Señora de Concepción, creada en 1694 na parroquia de Santa María de Cela por Francisco Estévez Camarada, cura da colexiata da vila de Cangas.

13

Xunto con este arquivo familiar hai tamén 7 documentos relacionados coa formación académica e o exercicio profesional de Cándido Penedo y Fajardo, natural de San Xusto e Pastor de Avión. Completan o conxunto 5 impresos dos séculos XVII ao XIX, que poderían proceder da biblioteca dalgún membro da familia. Son os seguintes: - Instructiu de modo procedendi iudicialiter accommodato societati : si

quando contigerit ilo uti...—Romae : In Collegio Romano Societatis Iesv., 1616 . título tomado do comenzo do texto. Datos de pe de imprenta tomados do colofón.

- Oración fúnebre que en las exequias que celebró la excma. señora

condesa duquesa de Benavente, Gandía, Béjar y Arcos, duquesa de Osuna por el alma del excmo. señor duque de Osuna, su difunto padre, el día 20 de mayo de 1787 en la real iglesia oratorio de San Felie Neri de eta Corte dixo don Joseph Vela... Madrid : Por la viuda de Ibarra, hijos y compañía, [s.a.]. XVII p.

- Declaration du roi donnée à Versailles le 7 Avril 1762 pou l´execcution

de deux articles du Traité conclu entre le Roi le Roi d´Espagne, qui regardent l´ íntérêt particulier de leurs sujets. Avec l´Arrèt registre du 15 Mai 1762—A Toulouse : De límrimerie de la Veuve de Me Bernard Pijon, 1762. 8 p.

Trátase dos artigos XXIII e XXIV do Tratado - Pacto de Familia entre Luis XV e Carlos III, asinado en Versalles.

- Comedia. La más ilustre fregona / de don Joseph de Cañizares.—[s.l. : s.

n., s.a.]. 34 p.

- Vida de San Francisco de Paula, confesor /escrita por el P. Juan Croisset, S.J. y traducida por el P. José F. Isla.—Madrid : Saturnino Calleja, 1898. 32 p.

2.1.1.4. Depósitos públicos No mes de maio o Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia depositou no Arquivo, procedentes da casa de subhastas Durán de Madrid, os documentos relacionados coa vila de Noia que a continuación se relacionan:

1. Libro de visitas da parroquia de San Martiño de Noia. 1595-1636 2. Libro de contas da fábrica de San Martiño de Noia. 1772-1809

/1811/1824 3. Libro de acordos do concello de Noia. 1571-1574 4. Libro de acordos do concello de Noia. 1548-1550 5. Libro de acordos do concello de Noia. 1591-1591 (Aínda que esta é a

información que figura na cuberta o libro está incompleto. Comeza no ano 1592)

6. Libro de acordos do concello de Noia. 1549-1555 7. Documentos relacionados co cobro do voto de Santiago, agrupados

baixo unha cuberta de pergamiño rotulada “Libro del pan que habo

14

(sic) en los votos de los obispados de Salamanca, Ávila, Plasencia y Coria que cobra el canónigo Medina” 1615-1831. (entre eles tamén unha folla rotulada”ïndice del archivo del monasterio de San Martín Pinario”. 1738)

2.1.2. Situación actual: volume e composición dos fondos

Así pois, a finais do ano 2012 a composición dos fondos do Arquivo de Galicia, tendo en conta a súa dobre dimensión de arquivo intermedio e histórico é a seguinte: FONDOS U.I METROS5 DATAS

EXTREMAS

1. FONDOS PÚBLICOS 1.4. ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA DE GALICIA 1.4.1. Ámbito galego Xunta de Galicia . Alta Dirección da Comunidade Autónoma 2.9256 336,375 1979/2004

. Administracións Públicas 4.873 560,3 1950/2008

. Política Económica e Facenda 5.903 678,8 1978/2010

. Comercio e Consumo 1.566 180 1976/2000

. Cultura 5.937 682,7 1942/2012

. Deporte 197 22,6 1979/1991

. Educación e Investigación 12.534 1.441,4 1934/2007

. Industria, Innovación e Promoción Económica 14.047 1.615,4 1926/2006

. Medio Ambiente 2.304 264,9 1997/2006

. Medio Mariño 1.351 155,3 1960/1994

. Medio Rural 7.534 866,4 1950/2008

. Política Lingüística 2.284 262,6 1980/2008

. Política Territorial 5.504 632,9 1843/2007

. Sanidade 4.214 484,6 1885/2007

. Seguridade e Interior 272 31,2 1979/1993

. Servizos Sociais 4.337 498,7 1968/2006

. Traballo 2.362 271,6 1974/2005

. Turismo 2.435 280 1939/2009

Subtotal Administración Autonómica de Galicia 80.579 9.265,775 1.7. ADMINISTRACIÓN CORPORATIVA 1.7.2. Cámaras da propiedade urbana . Santiago de Compostela 141 16,2 1927-2000

Subtotal fondos públicos 80.720 9.281,9 2. FONDOS PRIVADOS

2.1. PERSOAS E FAMILIAS 2.1.1. Persoas . Clemente González Peón 165 18,9 1901-2003

2.1.2. Familias . Familia Vilariño Pintos 19 2,1 1404-1982

5 Para o cálculo de m utilizouse a convención de multiplicar o numero de caixas por 0,115, ancho dunha Caixa de arquivo normalizada. 6 Destacados os valores modificados este ano.

15

FONDOS U.I METROS5 DATAS EXTREMAS

. Familia Freire 5 0,5 1598-1875 2.1.3. Empresas . Factoría Massó Avilés (Asturias) 225 25,8 1901-2000

(aproximada)

. Casa Mar 260 29,9 1939-1994 (aproximada)

3. COLECCIÓNS . Colección fotográfica 20 + 30.157

u.d. 2,3 S.XX

TOTAIS 81.414 9.361,4

Os cambios dos valores correspondentes á area funcional de Política Económica e Facenda responden a cambios establecidos no cadro de clasificación que supoñen a contabilización de parte das unidades de instalación que anteriormente figuraban nesta área na de Industria, Innovación e promoción Económica, antes Industria] Non se incorporaron ao cadro os documentos relacionados coa vila de Noia depositados polo Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia.

2.2. Identificación, valoración e selección

Durante este ano continuouse a revisión dos estudos de series que foran realizados pola empresa Xestión Bibliotecaria e Documental SA. (XESDOC) entre novembro de 2010 e novembro de 2011. O obxectivo é dispoñer do maior número posible de estudos revisados para cando a Comisión ou Consello de Avaliación Documental de Galicia se constitúa. Ademais, preténdense publicar no sitio web do Arquivo. Durante o ano, avanzouse na revisión dos estudos das áreas funcionais de Alta Dirección da Comunidade Autónoma, Administracións Públicas e Política Económica e Facenda. Ademais, no mes de setembro se incorporaron ao Arquivo tres bolseiros (permanecerán ata o día 22 de xuño) que se dedicaron a realizar traballos de identificación, valoración e selección de series documentais, empregando para elo a metodoloxía de traballo tradicional de:

• Recollida e estudo da lexislación • Estudo dos procedementos • Análise dos documentos

En concreto, traballaron con series e subseries producidas por: - A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC):

• Expedientes de subvencións á produción audiovisual en lingua galega

(código: 330).

16

o Expedientes de subvencións para a amortización dos custos de producións audiovisuais de interese cultural galego (código: 330.1).

o Expedientes de subvencións para o desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega (código: 330.2).

• Expedientes de subvencións ao desenvolvemento e escrita de guións

en lingua galega (código: 388).

• Expedientes de subvencións a promoción, difusión e comercialización de produtos audiovisuais (código:342)

• Expedientes de subvencións para exhibición da produción audiovisual (código:331)

o Expedientes de subvencións a exhibición para a proxección de películas comunitarias e producidas en Galicia (código:331-1).

o Expedientes de subvencións para salas de exhibición cinematográficas situadas en zonas rurais ou de baixa rendibilidade (código: 331-2).

- A consellería competente en materia de Educación:

• Expedientes de contratación de obras (código 11)

- Pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

• Expedientes de axudas para a edición de publicacións periódicas de

carácter científico (código: 288)

• Expedientes de bolsas predoutorais (nova adxudicación e prórrogas)

(código: 289

• Expedientes de axudas para organización de congresos, simposios,

seminarios, cursos e reunións científicas (código: 290)

• Expedientes de axudas para adquisición de infraestrutura de

investigación e bibliotecaria (código: 291)

• Expedientes de axudas para proxectos de investigación científica e

técnica (código: 292)

• Expedientes de axudas para o financiamento de estadías de

profesores visitantes (código: 293)

• Expedientes de bolsas para realizar estadías fóra da Comunidade

autónoma do persoal investigador (código: 294)

17

• Expedientes de axudas para o establecemento de convenios de

colaboración para realización de programas de investigación (código:

295)

• Expedientes de axudas para a asistencia a congresos,

simposios, seminarios, reunións científicas ou cursos

monográficos (código: 296)

• Expedientes de bolsas para realizar estudos de terceiro ciclo

(código: 297)

Paralelamente realizaron tamén tarefas de eliminación de duplicados, reinstalación e descrición, a nivel de documento composto, das series estudadas. Ademais do traballo dos bolseiros, e en relación coa identificación e valoración, temos que mencionar o desenvolvido polo persoal do arquivo: En primeiro lugar, a consulta diaria das disposicións publicadas no Diario Oficial de Galicia e a incorporación ao noso sistema de información daquela que afecte:

1. Á modificación das estruturas orgánicas dos órganos produtores de documentos (tanto dos da Administración autonómica como dos da Administración institucional). Isto supón:

� Arquivar o documento en PDF publicado no DOG na

carpeta de lexislación, subdividida á súa vez, nunha estrutura de carpetas organizada polas áreas funcionais do cadro de clasificación.

� Recoller a actualización do organigrama nun documento de texto e arquivala na carpeta de organigramas.

� Incorporar a información, se fose o caso, á base de datos de Autoridades/Produtores (coas conseguintes altas e baixas).

2. Á creación e modificación de procedementos administrativos

(por exemplo a posibilidade de tramitación telemática) , así como as que se refiran a convocatorias de cada proceso. Esta información se recolle nunha base de datos de procedementos.

En segundo lugar, a recollida de información sobre a aprobación de táboas de valoración por parte das diferentes comisións cualificadoras de documentos administrativos, tanto das comunidades autónomas como da Administración Xeral do Estado. A creación ou modificación das series documentais suporá tamén a incorporación desta información no rexistro de series.

18

Por último, queremos sinalar a participación do arquivo no proxecto denominado Arquivo dixital, Conservación do Patrimonio Documental e Eliminación do Papel nas Relacións Administrativas (ARPAD). O proxecto, que ten como finalidade facer efectiva tanto a interoperabilidade entre as diferentes administracións como a conservación a longo prazo do patrimonio documental dixital, foi posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en cooperación coa Rexión Norte de Portugal e presentado a aprobación da Unión Europea para a súa financiación con fondos FEDER dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Nel participan ademáis a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, a Dirección Xeral de Administracións Locais, o Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-finacieira e Contable (CIXTEC), a Escola Galega de Administración Pública, o Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima CIM_Alto Minho. A participación do Arquivo se centra na primeira liña de traballo do proxecto cuxo obxectivo é a creación dun Sistema de Arquivo Dixital integrado de Galicia7 , para o que se precisa a especificación de políticas, estándares e criterios para o tratamento dos documentos en todas e cada una das fases do seu ciclo de vida (sistema de clasificación, catálogo de procedementos, análise de canles e procesos de incorporación ao sistema, estudos de identificación, valoración e selección de series documentais que permitan a planificación das transferencias e das políticas de acceso seguridade e conservación... e a definición dos esquemas de metadatos nos que se reflicta esta a información. 2.3. Organización e descrición 2.3.1. Organización O coñecemento de estruturas administrativas e procedementos permitiu avanzar no desenvolvemento do cadro de clasificación proposto no ano 2010. Con respecto a esta proposta, fixéronse as seguintes modificacións:

• A área funcional antes denominada Economía e Facenda pasou a denominarse Política económica e Facenda e a de Industria, Industria, Innovación e Promoción económica. Isto supuxo a conseguinte reasignación de series relacionadas con estas funcións á área de Industria.

• A área funcional de Educación e Investigación chámase agora de Educación

• A área funcional de Pesca pasou a denominarse de Medio Mariño. Nas estruturas de segundo nivel refundiuse a xestión administrativa e a xestión económica (xestión económico-administrativa) en todas as áreas

7 As outras dúas liñas teñen como finalidade o establecemento de servizos dixitais que permitan a supresión de papel e a creación dunha plataforma de interoperatividade de Galicia.

19

funcionais. Así mesmo, houbo tamén modificacións neste segundo nivel nas funcións específicas das seguintes áreas: Alta dirección da Comunidade Autónoma 1.5. Comunicación e medios

1.7. Relacións institucionais, cooperación e acción exterior

Modificáronse as denominacións das antigas seccións de Comunicación e Relacións institucionais. Administracións Públicas 2.3. Formación e investigación

2.4. Innovación tecnolóxica

2.4.1. Ordenación

2.4.2. Fomento

2.5. Administración autonómica

2.5.2. Fomento

2.6. Administración local

2.6.1. Ordenación

2.6.2. Fomento

2.6.3. Formación e investigación

2.7. Administración de xustiza

2.7.1. Ordenación

2.7.2. Fomento

2.7.3. Formación e investigación

Engadíronse as seccións de Formación e investigación e Innovación tecnolóxica para as actividades transversais relacionadas con estas cuestións (no caso da Formación e Investigación as desenvolvidas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ). Modificáronse tamén algunhas funcións de terceiro nivel.

Política económica e facenda

3.5. Fomento

A función de promoción económica pasou a área funcional de Industria, Innovación e Promoción económica, quedando reducida esta sección a algunhas funcións relacionadas co fomento.

Cultura

20

5.5. Xestión de centros culturais

5.5.1. Ordenación

5.5.2. Fomento

5.5.3. Formación e investigación

5.5.4. Control e inspección

Engadiuse a sección de xestión de centros culturais para incluír nela as actividades relacionadas coa xestión de arquivos, bibliotecas e museos. Educación

7.3. Educación non universitaria

7.3.5. Xestión de recursos humanos

7.3.6. Xestión de recursos materiais

7.4. Educación universitaria e promoción científica

As antigas seccións de Educación e Investigación pasan agora a ser Educación non universitaria e Educación universitaria e promoción científica. Á primeira engadíronselle nun terceiro nivel a xestión de recurso humanos e a xestión de recursos materiais. Industria, innovación e promoción económica

8.5. Innovación

8.5.1. Ordenación

8.5.2. Fomento

8.5.3. Formación e investigación

8.5.4. Control e inspección

8.8. Promoción económica

8.8.1. Fomento

8.8.2. Formación e investigación

Nesta área funcional se engadiron as funcións de Innovación e Promoción económica, antes contempladas na área de Economía e Facenda. Medio rural Nesta área, as anteriores funcións de Agricultura, Aproveitamento forestal, Desenvolvemento rural, Gandería e Política alimentaria reconvertéronse en:

21

11.3. Desenvolvemento rural

11.4. Política alimentaria

11.5. Xestión forestal

Política territorial Nesta área as anteriores funcións de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda; Obras públicas; Transportes, reconvertéronse en: 13.4. Ordenación do territorio e urbanismo

13.5. Transportes

13.6. Vivenda e solo

Sanidade:

Engadiuse á función de asistencia sanitaria:

14.4.5. Xestión de recursos humanos

14.4.6. Xestión de recursos materiais

Servizos sociais:

Nesta área as anteriores funcións de Benestar social, Inclusión social e Promoción da igualdade e Emigración reconvertéronse en: 16.3. Acción social

16.4. Promoción da igualdade

16.5. Xuventude e voluntariado

16.6. Emigración

Traballo:

Nesta área engadíronse as seguintes funcións: 17.3. Formación e colocación

17.4. Promoción e fomento do emprego

17.5. Relacións laborais

2.3.2. Descrición Cada nova transferencia de documentos ao Arquivo foi acompañada da base de datos descritiva das unidades transferidas en cada proceso. O número total de rexistros correspondentes aos ingresos mediante transferencia do ano 2012 foi de 30.175.

22

En canto aos traballos de descrición realizados polos bolseiros hai que indicar que incorporaron ás correspondentes bases de datos descritivas un total de 1.084 novos rexistros (757 correspondentes á AGADIC; 327 a Educación). Traballouse tamén na determinación de autoridades para unha futura depuración das que actualmente aparecen na base de datos do programa Albalá. 2.4. Conservación documental 2.4.1. Desinsectación de fondos documentais Para asegurar a conservación preventiva dos fondos documentais, lévanse a cabo fumigacións periódicas do depósito, a cargo dunha empresa especializada contratada para estes efectos. As fumigacións teñen por obxecto eliminar calquera insecto xilófago, en calquera fase do seu desenvolvemento biolóxico, que poida haber no depósito, nos libros e nos documentos que alí se gardan, durante o período anual de maior actividade. Os insecticidas empregados están elaborados a base de piretrinas en moi baixa concentración e non son tóxicos para os humanos despois de 24 horas. Realizadas entre os meses de xuño e setembro, o calendario de fumigacións no depósito do Gaiás foi o seguinte: MES DÍA SERVIZOS REALIZADOS xuño 29 Desinfección/Desinsectación/Desratización xullo 13 Desinfección/Desinsectación/Desratización xullo 27 Desinfección/Desinsectación/Desratización agosto 10 Desinfección/Desinsectación/Desratización agosto 24 Desinfección/Desinsectación/Desratización

2.4.2. Renumeración e reinstalación de fondos O traslado realizado durante os meses de febreiro e marzo de 40.439 unidades de instalación desde o depósito do polígono do Tambre ata o situado na Cidade da Cultura, ao que xa aludimos máis arriba, supuxo a renumeración de cada unidade para integralas na secuencia de signaturas da súa nova ubicación (e a consecuente modificación dos instrumentos de descrición correspondentes). Por outro lado, como tamén mencionamos xa, os tres bolseiros destinados no Arquivo, paralelamente aos traballos de identificación, realizaron tamén tarefas de eliminación de duplicados e reinstalación dos documentos correspondentes ás series estudadas.

As 490 unidades de instalación da serie “Expedientes de subvencións á produción audiovisual en lingua galega” (código: 330), transferida pola Axencia Galega de Iniciativas Culturais (AGADIC), convertéronse despois

23

dun proceso de reinstalación, en 385. Foron eliminadas 105 caixas (signaturas: G3674- G3779).

Da serie Expedientes de contratación de obras de obra da Consellería de Educación, foron tratadas ata o mes de decembro 739 unidades de instalación. Foron eliminadas 255 caixas.

Nº total de unidades tratadas Nº total de unidades

eliminadas

41.668 360

2.4.4. Dixitalización do patrimonio documental Dentro do do plan de dixitalización do patrimonio documental e bibliográfico de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia está a financiar desde o ano 2010, mediante a sinatura de convenios con diversas institucións, proxectos destinados á conservación, promoción do acceso, estudo e difusión deste rico patrimonio. Nos convenios de colaboración establécese que os requerimentos técnicos dos procesos de dixitalización e de creación de metadatos, serán determinados e supervisados pola Biblioteca de Galicia (no caso de fondos de carácter bibliográfico) e polo Arquivo de Galicia (para os documentos de arquivo), así como a entrega das imaxes e os metadatos a ela asociados para a súa incorporación ao repositorio dixital destes centros. O 19 de xullo de 2012 foi asinado un novo convenio coa Fundación Penzol, como continuación do realizado en maio de 2011, que estableceu o tratamento (ademais doutros documentos de carácter bibliográfico) dos seguintes fondos documentais:

FONDO Nº docs. Nº imaxes Alfonso Rodríguez Castelao

197 1.559

Gómez Fernández e Francisco de Lerma, notarios de Santiago de Compostela

1 757

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro 8 88 Convento de San Domingos de Bonaval de Santiago de Compostela

4 1.580

Convento de Santo Agostiño de Santiago de Compostela

7 322

Confraría de Santa María dos mercadores de Santiago de Compostela

1 143

TOTAL 218 4.449

24

O convenio determinou que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia financiaría con 35.000 euros o proxecto, mentres que a Fundación Penzol se comprometeu a realizar as dixitalización e a descrición dos documentos de acordos coas prescricións técnicas que se estableceron e a entregar copia e formatos TIFF e JPG de todas as imaxes, así como os seus metadatos. De acordo con isto, ao remate do ano, todas as imaxes dixitais dos documentos e os ficheiros con metadatos METS e EAC foron entregados ao Arquivo de Galicia de acordo co previsto no convenio. Está pendente a súa incorporación ao futuro repositorio dixital do Arquivo de Galicia que se integrará en Galiciana.

2.5. Normas técnicas Como continuación do programa de elaboración de normas técnicas iniciado no 2010, este ano o Arquivo de Galicia colaborou co Arquivo Central da Consellería de Economía e Industria na redacción dunha instrución técnica para a transferencia de documentos dende os arquivos de xestión, unha vez finalizado o período de permanencia nos mesmos ao Arquivo Central da Consellería de Economía e Industria. Esta instrución inclúe tamén normas para o acceso aos documentos custodiados nel, por parte das unidades produtoras, mediante consulta ou ben mediante préstamo ás unidades ou servizos solicitantes.

3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN Nela se agrupan as seguintes funcións: a comunicación dos fondos documentais facilitando o acceso aos documentos e á información contida neles, así como a difusión por calquera medio dos fondos documentais do Arquivo de Galicia e o patrimonio documental de Galicia. 3.1. A comunicación Consultas e buscas Durante o ano 2012 foron consultadas 252 unidades de instalación. Nesta cifra están contabilizadas tanto as realizadas en resposta a solicitudes de información da propia Administración como as consultas realizadas directamente polos usuarios na sala de consulta do Arquivo. A súa distribución por áreas funcionais é a seguinte:

ÁREA FUNCIONAL Nº U. I. CONSULTADAS Alta dirección 2 Administracións públicas 4 Política económica e facenda 3 Cultura 5 Educación 165 Industria, innovación e promoción económica

1

Medio ambiente 47

25

Sanidade 178 Servizos sociais 3 Traballo 2 Turismo 3

Total 252 Atendéronse ademais outras 10 solicitudes de información que non levaron aparellada a consulta física de documentos. Son as seguintes: Nº CONSULTANTE ASUNTO DATA

1 Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

Procedemento de consulta de documentos no Arquivo por investigadores

Febreiro

2 Particular Listas de pasaxeiros para América Xuño 3 Xefe de Coordinación da Área

do Mar en Celeiro Posibilidade de eliminación de documentos do arquivo da Xefatura

Xullo

4 Particular Procedemento de consulta de historias clínicas do Hospital Psiquiátrico de Conxo entre 1885 e 1900

Agosto

5 Particular Acceso ás bases de datos na aplicación Albalá para a descrición arquivística

Agosto

6 Xefe do Servizo de Réxime Patrimonial da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

Localización do expediente de contratación da construción do inmoble destinado a "Base de helicópteros contraincendios de Silleda (Pontevedra)", que debeu realizarse entre 1999 e 2000 outubro (dependente naquel momento da Consellería de Medio Ambiente) coa finalidade de regularizar a súa inscrición no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma.

Outubro

7 Particular Acceso ás bases de datos ás bases de datos na aplicación Albalá para a descrición arquivística

Outubro

8 Centro de Información Documental de Archivos del Ministerio de Cultura

Información dalgúns arquivos persoais recollidos no Censo-Guía de Arquivos, a efectos de actualización deste instrumento

Novembro

9 Particular Localización de documentos relacionados coa Vía Nova do Itinerario de Antonino

Novembro

10 Particular Acceso ás bases de datos na aplicación Albalá para a descrición arquivística

Decembro

Préstamos 8 Refírense a unidades de instalación de documentos do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

26

Durante o ano 2012 realizáronse 271 préstamos de expedientes a diferentes unidades administrativas. A súa distribución por áreas funcionais é a seguinte:

ÁREA FUNCIONAL Nº PRÉSTAMOS Cultura 150 Industria 84 Medio ambiente 150 Medio rural 3 Turismo 27

Total 271

Desde o ano 2010, tanto as consultas como os préstamos están regulados polas ordes do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e a reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia (DOG núm. 175, do 10 de setembro) e do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola Comunidade Autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia (DOG núm. 174, do 9 de setembro). 3.2. A difusión 3.2.3. Publicacións Durante este ano incorporouse a información sobre o Arquivo no Censo- Guía de Archivos de España e Iberoamérica, accesible a través da páxina web do Ministerio de educación, Cultura y Deporte (http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/portada.htm). Por outro lado, o centro participou activamente na creación do novo Portal de Arquivos de Galicia e a páxina web do Arquivo de Galicia, na tradución ao galego da Declaración Universal sobre os Arquivos, publicada na páxina web do Consello Internacional de Arquivos (ICA) e na preparación doutras dúas publicacións, estas en papel, que saíron á luz en febreiro de 2013: - Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia - “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía

postrovadoresca (1380-1430 ca.) O día 8 de xuño tivo lugar no Arquivo de Galicia a presentación oficial do novo portal web de Arquivos de Galicia que substituíu ao que fora posto en marcha no ano 2004. Esta presentación enmarcouse nos actos de celebración do Día Internacional de Arquivos que se celebra o 9 de xuño en todo o mundo. O novo portal ofrece un acceso integrado aos sitios específicos de cada arquivo, facilitando a busca de información mediante unha estrutura común. Por outro lado o tipo de ferramenta informática utilizada para a presentación do portal e das páxinas individuais de cada arquivo permite a actualización constante da información dunha maneira sinxela por parte de

27

cada centro o que, sen dúbida, representa un importante factor de dinamización. Neste sentido o Arquivo, a partir do momento da posta en marcha da súa páxina web está agregando novos contidos, cando menos no apartado de “actualidade”, cunha periodicidade mensual. Tamén con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Arquivos foi traducida ao galego a Declaración Universal sobre os Arquivos, que está accesible no web do Consello Internacional de Arquivos, no sitio web http://www.ica.org/6573/reference-documents/universal-declaration-on-archives.html.

Ilustración 1: Web do Consello Internacional de Arquivos coa mención da Declaración Universal de Arquivos en galego Á mesma finalidade de mellora do acceso e de normalización da información pretendida coa renovación do portal responde tamén a publicación da Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia. Ambas as dúas accións son o resultado da posta en marcha de accións globais de difusión coas que acadar unha maior visibilidade dos arquivos galegos e do patrimonio documental que custodian, unha necesidade que figura como prioritaria no Plan de Arquivos de Galicia 2012-2016, presentado no Parlamento de Galicia en xuño de 2011. Na segunda publicación, co título “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía postrovadoresca (1380-1430 ca.), recollese a edición e estudo de 23 poemas en galego aparecidos nun arquivo privado ofertado en venta ao Arquivo de Galicia. Coa edición destes poemas, que arroxan nova luz sobre un período mal coñecido da historia da literatura galega preténdese non só dar a coñecer uns textos inéditos “de valor excepcional para a historia cultural, literaria e

28

lingüística de Galicia” segundo as propias palabras do profesor Henrique Monteagudo, encargado do seu estudo, se non tamén, poñer de manifesto o valor cultural deste tipo de arquivos e o papel que corresponde ás institucións públicas para facilitar o seu estudo e uso por toda a sociedade no seu conxunto.

3.2.4. Xornadas de portas abertas Tamén co motivo da celebración referida, o Arquivo realizou unha xornada de portas abertas coa finalidade de difundir as funcións que a este centro lle corresponden. Con este motivo foi seleccionada unha pequena mostra de documentos que amosar aos visitantes.

3.2.5. Exposicións No ano 2012 o Arquivo programou a realización dunha exposición co obxectivo de contribuír á visibilidade e ao coñecemento do patrimonio documental e amosar a utilidade práctica que se deriva da súa conservación. A exposición que terá lugar no edificio do propio Arquivo na Cidade da Cultura entre xuño e outubro de 2013 e levará por título “Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos” utilizará a información que nos proporciona o patrimonio documental custodiado nos arquivos como fonte para reconstruír a historia das intervencións nos inmobles de carácter cultural desde comezos do século XIX. Os documentos utilizados na exposición terán como procedencia os propios arquivos da Comunidade Autónoma de Galicia, históricos e administrativos (Arquivo de Galicia, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivos Históricos Provinciais de Lugo e Ourense, Arquivo Municipal da Coruña, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural), así como a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, o Arquivo Central da Secretaría de Estado de Cultura, o Arquivo do Congreso dos Diputados, o Arquivo do Parlamento Galego, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Archivo General de la Administración en Alcalá de Henares ou a Real Academia Galega. Durante o ano 2012 se realizaron os traballos de documentación e deseño. A tal efecto, unha vez autorizado o gasto correspondente, con data 7 de xuño foi adxudicada á empresa Insólito a realización dos traballos de documentación e deseño da montaxe, de acordo coas directrices do Arquivo de Galicia, por valor de 8.599,00 €, con cargo á aplicación 15.20.432A.640.4.

3.2.6. Participación en congresos e xornadas O Arquivo de Galicia participou nas xornadas que co título Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia organizou o Consello da Cultura

29

Galega en colaboración con ANABAD-Galicia os días 22 e 23 de novembro para debater “arredor daqueles aspectos que máis teñen que ver coa formación, control e explotación desa parte fundamental da memoria social que representan os arquivos”. A participación do Arquivo tivo lugar durante a sesión dedicada á formación do patrimonio documental de orixe pública que se centrou no debate teórico e práctico sobre a avaliación e selección documentais. Neste contexto, e xunto a outras experiencias como a da Generalitat de Cataluña ou a do Arquivo do Reino de Galicia, foi presentado o Plan de identificación, avaliación e selección documental do Arquivo de Galicia. 4. XESTIÓN ECONÓMICO - ADMINISTRATIVA 4.1. Xestión orzamentaria 4.1.1. Gastos de persoal Prazas cubertas durante o ano 2012 Nº

efectivos

Categoría Grupo Nivel Custo total9 €

1 Subdirector, director do Arquivo, facultativo superior de Arquivos (Adm. Especial)10

A1 30 34.061,22

1 Xefe do Servizo, facultativo superior de Arquivos (Adm. Especial)

A1 28A 60.578,29

1 Xefe de Sección, facultativo de grao medio de Arquivos (Adm. Especial)

A2 25 48.025,37

1 Técnico superior, facultativo de Arquivos (Adm. Especial) A1 20 40.950,03 1 Técnico superior, facultativo de Arquivos (Adm. Especial)11 A1 20 20.475,01 2 Técnicos medios, facultativos de grao medio de arquivos (Adm.

Especial) A2 16 68.887,04

1 Analista programador A2 22 44.464,97 1 Xefe de grupo C2 14 25.618,25 1 Auxiliar administrativo C2 12 24.550,72 3 Subalterno AP 10 66.030,99

12 TOTAL 447.228,1

Prazas vacantes durante o ano 2012 Nº

efectivos

Categoría Grupo Nivel Custo total €

3 Técnicos medios, facultativos de grao medio de arquivos (Adm. Especial)12

A2 16 103.330,56

1 Xefe de grupo C2 14 25.618,25 1 Subalterno12 AP 10 22.010,33

6 TOTAL 191.909,17

9 Os custos son estimativos. Os cálculos fíxéronse sobre os correspondentes ao ano 2011. 10 Vacante desde o mes de xullo 11 . – Praza creada por modificación da RPT do Arquivo, con efectividade a partir do 26 de febreiro de 2011. Ocupada a partir do mes de xullo de 2013. 12 .- Dúas das prazas de técnicos medios de arquivo e unha de subalterno foron creadas por modificación da RPT do Arquivo, con efectividade a partir do 26 de febreiro de 2011.

30

4.1.2. Gastos correntes Os gastos de electricidade, iluminación e calefacción son asumidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Os gastos do depósito do Polígono do Tambre sono pola Consellería de Presidencia e Administración Pública. A adquisición de material de oficina e informático faise de forma centralizada a través da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. 4.1.2. Gastos de investimento (Capítulo VI) Aplicación orzamentaria

Denominación Concepto Custo €

432A.628.4 Adquisición e restauración

Adquisición Arquivo Familia Freire

7.950

432A.628.5 Movementos e traslados

Traslado Arquivo persoal Olga Gallego Domínguez

534,17

432A.628.6 Publicacións Estudo crítico para a edición de “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430 ca.)

1.176,480

432A.628.6 Publicacións Maquetación e impresión 500 exemplares “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía trovadoresca (1380-1430 ca.)

6.677

432A.640.4 Difusión Deseño e documentación da exposición “Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos”.

8.817,62

TOTAL 24.936,65

4.2. Xestión administrativa No mes de outubro, con motivo do traslado do Arquivo ao edificio da Biblioteca de Galicia realizouse un informe sobre as necesidades de control de acceso aos depósitos do Arquivo. 5. BALANCE DE RESULTADOS En definitiva, dos traballos realizados no ano 2012 podemos destacar: 1. O traslado do persoal do Arquivo que prestaba servizo no depósito do Tambre á sede do Gaiás e a racionalización na distribución de documentos entre ambos os dous depósitos.

31

2. O Impulso das actividades encamiñadas á mellora da xestión documental a través da realización de estudos de identificación e valoración de series. 3. A realización de actividades de recompilación de información que permita a contextualización orgánica, funcional e procesual da produción documental da Xunta de Galicia e, polo tanto, a súa organización e descrición. 4. A multiplicación e intensificación dos contactos coas unidades produtoras, plasmados nun fluxo constante de transferencias, de consultas e de préstamos. 5. A realización de actividades de difusión do Arquivo de Galicia. 6. A colaboración coa Subdirección Xeral de Arquivos no desenvolvemento de normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia. Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013