aos cidadáns da república proletaria de galicia

2

Click here to load reader

Upload: frente-popular-galega

Post on 23-Jul-2016

223 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Publicación de Xullo do 2003

TRANSCRIPT

Page 1: AOS CIDADÁNS DA REPÚBLICA PROLETARIA DE GALICIA

FPG FRENTE POPULAR GALEGA

AOS CIDADÁNS DA REPÚBLICA PROLETARIA DE GALICIA

Xullo de 2003

Cidadáns, cidadás da República Proletaria de Galicia ¡Saúde!

Dicimos que para nós o século XXI comeza o 13 de novembro do 2003, pero todo estaba disposto de antemán.

En torno á década de 1840 xorden as reivindicacións en defensa da propia personalidade. Política e culturalmente coinciden cos movementos que en toda Europa e América, influídos polo romanticismo, potenciaron o estudio e a defensa dos elementos diferenciadores e identificadores das comunidades nacionais. O descubrimento de Galicia como unha unidade perfectamente diferenciable foi labor da xeración de 1846. Falta de industrialización, ruralización, atraso e illamento, excentralización..., foron as principais características e problemas que padeciamos. A primeira posta en práctica destas ideas manifestouse no pronunciamento encabezado por Miguel Solís contra o Goberno moderado de Narváez e propiciou a formación en Santiago dunha Xunta superior de Goberno de Galicia que denunciou a explotación que padecía o pobo galego e o desexo de rexenerar a súa riqueza e prestixio.

Un luns 7 de decembro de 1857, catro mil mulleres obreiras na fábrica da Palloza da Coruña erguéronse, arremetendo contra os patróns, destruíndo todo o tabaco, rompendo as máquinas, mobles, papeis, libros de caixa e efectos da dirección, tirando con todo para o mar. Son as ludistas galegas e o que se deu en chamar “violencia primitiva contra o capital”. Con elas irrompe na Historia o movemento obreiro en Galicia.

No 1864 fundouse en Londres a AIT. A FRE iniciou unha rápida expansión por todo o Estado español suscitando un forte temor nos empresarios e políticos moderados. A Comuna de París e o levantamento popular de Alcoi propiciaron a prohibición das actividades da Internacional. Malia todo, a FRE mantivo a súa actividade na clandestinidade e non foi disolta ata 1881. Entre nós foi poderosa a federación da Coruña.

A nosa particular epopea agraria acada no principio do XX o seu punto culminante. Redención dos foros, extirpación do caciquismo, mellora das comunicacións, fomento do turismo, desenvolvemento das industrias rurais, establecemento de Bancos e Caixas de Aforros agrícolas, Cooperativas e Montepíos... son as reivindicacións recollidas no “Decálogo de Acción Galega”

Ramón Cabanillas deixou escrito “ Antes de ser escravos /¡irmáns, irmáns galegos / Que corra o sangue a regos / dende a montaña ao mar”

Finalmente as mulleres arrancamos con decisión e firmeza contra a condición feminina de doces esposas e nais entregadas, contra a discriminación xurídica e

Page 2: AOS CIDADÁNS DA REPÚBLICA PROLETARIA DE GALICIA

2

contra a discriminación laboral. Con Rosalía de Castro e Concepción Arenal iniciamos esta navegación.

Nós, o renacidos e renacidas o 13 de novembro nunha definitiva bandeira negra pero percorrida de oeste a leste por un océano azul non somos o Imperio, non somos consigna numérica, non formamos parte das masas-súbditas do Capital (unha rede de control biopolítico, na que a policía, non a política, o inclúe todo) desde logo non somos nin rendibles, nin tampouco analfabetos

Nós, escravos e escravas da terra (proletario/proletaria é a profesión de millóns de seres humanos privados realmente de todo dereito, un suxeito do dano) temos a palabra e temos o planeta. Soubemos e sabemos combater, sabemos situarnos nese cruce de camiños que é a evacuación de todos os lugares de opresión, na resistencia contra as horrendas condicións de explotación e na busca da liberdade, da xustiza e de novas condicións de vida

Somos esta mobilidade da forza de traballo e este éxodo nacional e político, porque atopamos camiños en todas partes, porque nada para nós é permanente, porque debemos abrirnos paso en calquera lugar, porque comezamos novamente, porque comezamos de cero. Porque desde o principio estivemos sós fronte ao que nos condena a non ter nunca un nome e sabemos que as loitas son ó tempo económicas, políticas e culturais e polo tanto son loitas biopolíticas.

Escolleremos sempre a posibilidade de vivir todas as descubertas; o pracer da innovación, o desexo non coutado, a vida como subversión. A Revolución é unha tarefa práctica. Non é unha elección: é unha necesidade. A nosa determinación é realizala

¡¡¡VIVA GALICIA CEIBE ANTIPATRIARCAL E COMUNISTA!!!

SAÚDE E REPÚBLICA

http://www.frentepopulargalega.org