volframio de monte neme

Post on 22-Jun-2015

598 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MOITO MÁIS CA PEDRAS

IES AGRA DE LEBORÍSGrupo BIOXEO 4º ESO

1. O WOLFRAMIO DE MONTE NEME.

MOITO MÁIS CA PEDRAS:

Recursos xeolóxicos no noso entorno:

1.O wolframio de Monte Neme.

2.As arxilas da Laracha e Buño

3.O lignito de Meirama.

Unha historia de espías e guerras.

• Ímosvos contar brevemente unha historia de espías, guerras e enriquecemento que aconteceu arredor do wolframio do Monte Neme.

• Nas vésperas da II Guerra Mundial, a Alemaña nazi, que non tiña no seu territorio minas de wolframio, buscou desesperadamente unha fonte para aprovisionarse deste mineral de importancia estratéxica. Tiña que encontralo en Europa, onde este mineral é escaso, aparece practicamente só en Galiza, Portugal e na provincia de Cáceres.

CANTEIRA DE MONTE NEME próxima á antiga mina

Lagoa de Baldaio

• Hitler reclamoulle ao goberno franquista, como cobro pola axuda que lle prestara durante a Guerra Civil, autorización para organizar dúas empresas destinadas á explotación do wolframio en Galicia. Unha das zonas ás que se dirixiron os alemáns foi Carballo, o Monte Neme.

• O wolframio galego tiña para os alemáns unha importancia decisiva. Era practicamente a súa única fonte de subministración, algo que os americanos e ingleses coñecían. Os alemáns necesitaban o wolframio galego para endurecer as blindaxes do seu armamento e os seus inimigos tiñan que evitalo custase o que custase; para así poder danar facilmente os seus Panzer.

• Galicia éncheuse de axentes alemáns dispostos a conseguir o material a calquera prezo e de axentes aliados dispostos a evitalo.

• As minas da bisbarra de Carballo pasaron así a ter unha importancia estratéxica descoñecida ata aquela época. O prezo do mineral multiplícouse por cen.

• No monte Neme a actividade non paraba e as excavacións contábanse por ducias, cada furado co seu nome, repartidos en centos de hectáreas.

• A febre mineira atraíu a aventureiros e especuladores. Varias familias da zona fixeron auténticas fortunas con este negocio.

• Mentres o Monte encheuse de mineiros. Homes, mulleres e nenos abandonaban o campo ou a escola para rabuñar o prezado mineral; Gelasio, que daquela tiña 12 anos contounos como baleiraban as solas dos zocos de madeira para agochar neles pequenos anacos do mineral, que logo vendían de estraperlo para axudar á economía familiar.

• Carballo medrou coma nunca. Dos 1500 habitantes que tiña no ano 1940, que é cando comeza a febre, pasa a súa poboación a 3000 en só dez anos.

• O final da Guerra Mundial significou o fin deste primeiro auxe mineiro, xa que os prezos caeron. Un segundo auxe produciuse nos primeiros anos 50 por causa da guerra de Corea

Co fin da guerra de Corea e a regularización das subministracións dos grandes produtores, a mina de Monte Neme, como toda a galega de wolframio, perdeu importancia e empezou a súa decadencia. A explotación de Monte Neme foi unha das que resisten máis tempo, en funcionamento ata os anos 80.

Carballo

QUÉ FUE DE LA MINERÍA EN LA COSTA DA MORTE

Los otros dones de la tierra Decenas de explotaciones de wolframio, titanio, pirita, cuarzo, oro y caolín llegaron a funcionar simultáneamente en una comarca en la que hoy apenas queda nada

Carballo

«O mundo do volframio ten moito de novelesco e atractivo» El catedrático Xoán Carmona Badía charló con los carballeses sobre algunos episodios de la historia de este mineral en Galicia

top related