vanessa_e_o_poder_da_palestina

Post on 31-Mar-2016

222 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

- E… A que ves? - E non se pode arrancar? - So que eu son un neno ao que transformaron en monstro. - Quen osa entrar na miña cova? - Eu Vanessa son (e rectificou): Eu son Vanessa. - Vingareiiiimeee...! - Si, so necesito unha palestina como a que tes ti no pescozo. - Síntoo, señor monstro, pero… Que lle pasa a vostede? - E que tiña sono, vin a cova e entrei a botar unha sesta.

TRANSCRIPT

Había unha vez unha nena chamada Vanessa que un día foi mercar unha palestina. Estaba tan leda que foi dar un paseo pola praia. Pasou un rato e púxose o sol. Entroulle o sono e foi as rochas a botar unha sesta pero, nada máis chegar , atopou unha cova que nunca antes vira. Picoulle a curiosidade e entrou. De súpeto, escoitou uns alaridos de tristeza e enfado. Vanessa quixo volver atrás pero non puido porque as suas pernas non paraban de camiñar cara diante. Chegou ao final da cova e atopouse cun monstro que lle preguntou:

- Quen osa entrar na miña cova?

- Eu Vanessa son (e rectificou): Eu son Vanessa.

- E… A que ves?

- E que tiña sono, vin a cova e entrei a botar unha sesta.

- A botar unha sesta, a botar unha sesta! pero ti, quen te cres que es?, como si eu non tivera outros asuntos que resolver! …

- Síntoo, señor monstro, pero… Que lle pasa a vostede?

- So que eu son un neno ao que transformaron en monstro.

- E non se pode arrancar?

- Si, so necesito unha palestina como a que tes ti no pescozo.

Entón, Vanessa deulle a palestina ao monstro quen, de súpeto, converteuse nun fermoso neno, mentres que Vanessa transformouse nun monstro. O neno botou a correr coma un tolo escapando da cova e de Vanessa.A nena quedou triste e ela pensa todolos dias en vingarse daquel neno. Todalas noites escóitase nesa cova:

- Vingareiiiimeee...!

Fin???

AUTORES:AdriánAnabel

top related