unidade 1 a célula

Post on 08-Feb-2017

20 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

UNIDADE 1: A CÉLULA

Pénsase que o primeiro microscopio foi inventado

polos holandeses Hans e Zacharias Janssen (pai e

fillo), fabricantes de lentes a finais do século XVI.

Eran microscopios tanto simples como compostos.

Tamén se lles asocia coa invención do primeiro

telescopio.

microscopio simple(un so lente)

Como podemos ver as células?

Robert Hooke (1635-1702)

- observou cortiza co microscopio

- utilizou por primeira vez a palabra CÉLULAS

para describir as pequenas cavidades valeiras

que observou.

Anton van Leeuwenhoek (1632-1723)

- Comerciante de panos holandés.

- Considérase o “pai da microbioloxía: utilizou

un microscopio simple que él construiu para

observar unha pinga de auga... e descubriu un

mundo novo, cheo de microorganismos!!

- Foi o primeiro en observar células vivas, e

entre ellas: bacterias, espermatozoides,

células sanguíneas, protozoos...

Robert Brown (1773-1858)

- descubriu o núcleo celular observando

células vexetais.

Matthias Jakob Schleiden

(1804-1881)

- Botánico alemán.

- Observou plantas ao microscopio,

e chegou á seguinte conclusión:

“Todas as plantas están formadas por células” (1838)

Friedrich Theodor Schwann

(1810-1882)

- Fisiólogo e anatomista alemán.

- Estudou tecidos animais ao microscopio, e chegou á

seguinte conclusión:

“Todos os animais están formados por células” (1839)

Rudolf Carl Virchow (1821-1902)

- Médico e patólogo alemán.

- Estudou a reprodución das células, e chegou á

seguinte conclusión:

“Todas as células proceden doutras

células preexistentes” (1858)

Louis Pasteur refutou definitivamente un

ano despois a teoría da “Xeración

Espontánea” (1859)

A TEORÍA CELULAR é o resultado dos descubrimentos de

Schleiden, Schwann e Virchow, e resúmese en tres principios

ou postulados:

TODOS OS SERES VIVOS ESTÁN FORMADOS POR CÉLULAS

(= a célula é a unidade anatómica dos seres vivos)

A CELULA É A UNIDADE ESTRUCTURAL E FUNCIONAL DOS

SERES VIVOS (= as funcións vitais dos seres vivos suceden nas

células)

TODA CÉLULA PROCEDE DOUTRA CÉLULA (= da división

doutra célula preexistente)

Santiago Ramón y Cajal

(1852-1934)

- Médico aragonés. Estudou o

Sistema Nervioso ao microscopio.

- Cajal demostrou que as neuronas eran

células independentes e non redes neuronales

como defendía o italiano Camilo Golgi. Desta

maneira, confirmouse e xeneralizouse a Teoría

Celular.

- En 1906 Cajal recibiu polos seus traballos o

Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que

compartiu con Golgi.

E o tecido nervioso?

Niveis de organización dos Seres Vivos

Bioelementos e Biomoléculas

Bioelementos Primarios:

Forman aproximadamente o 99% da

materia viva.

Encóntranse en TODOS os seres

vivos.

Bioelementos Secundarios:

Forman <1% da materia viva (si están en

menos do 0.1% chámanse oligoelementos

Algúns están en todos os seresvivos, pero

outros son específico.

C H O N

P S

Ca Na K

Cl Fe Cu

ZnIF

Bioelementos:

Bioelementos:

Biomoléculas:

AUGAInorgánicas:

SALES MINERAIS

GLÍCIDOS

LÍPIDOS

PROTEÍNAS

ÁCIDOS NUCLEICOS

Orgánicas:

(comúns á materia viva e á inerte)

Só na materia viva

Todos teñen C

AUGA:Molécula máis abundante nas células.

Ten funcións biolóxicas moi importantes:

“Disolvente Universal”

Intercambio de sustancias entre a célula e o medio,

transporte, eliminación.

Amortinguador térmico

SALES MINERAIS: Están presentes en dúas formas:

Precipitadas (sólidas): ósos, cunchas, etc.

Ións (disoltas): regulan moitos procesos celulares.

GLÍCIDOS (I):

- Formados por C, H and O: Cn(H

2O)

n 1: 2: 1

- Tipos:

MONOSACÁRIDOS DISACÁRIDOS

Doces, solubles Doces, solubles

Glucosa

Sacarosa

Lactosa

Ribosa

AZUCRES

ENERXÉTICOS

Formados por dúas

moléculas de monosacáridos

ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

POLISACÁRIDOS

Non doces, insolubles

Formados por moitas moléculas de monosacáridos

Amidón Celulosa

Quitina

ESTRUCTURAIS

PLANTAS

GlicóxenoANIMAIS

GLÍCIDOS (II):

LÍPIDOS (I):Todos conteñen C, H e O.

Algúns conteñen N e P.

Non son solubles en auga.

Triglicéridos (graxas, aceites)

Fosfolípidos

Ceras

Tipos de lípidos

Conteñen

ÁCIDOS

GRASOS

NON conteñen

ÁCIDOS GRASOS

Terpenos

Esteroides

Ácidos Graxos:

longas cadeas de C, H e O

Triglicéridos (graxas e aceites):

3 cadeas de ácidos graxos unidas a unha

molécula de glicerol

Almacenan enerxía.

Fosfolípidos:

Conteñen P.

Forman as membranas celulares

(función estructural)

LÍPIDOS (II):

LÍPIDOS (III):

Ceras:Protexen e recubren as follas e os frutos nas plantas, e a pel, pelo e

plumas nos animais. (estructurais)

Terpenos: - Aceites aromáticos e pigmentos nas plantas.

- Algunhas vitaminas: A,E e K son terpenos.

Esteroides:- Algunhas vitaminas: D

- Algunhas hormonas: hormonas sexuais (testosterona,

Estróxenos) e outras hormonas (cortisona, aldosterona)

- Biliar Ácidos biliares

- Colesterol

(reguladores)

(estructurais)

PROTEINAS (I):

Formadas por C, H, O, N (e S)

Longas cadeas (polímeros) de unidades básicas

(monómeros) chamadas AMINOÁCIDOS

Hai 20 tipos de aminoácidos diferentes. As

proteínas son diferentes cando teñen secuencias

diferentes (=aa en distinta orde)

As proteínas están pregadas no espazo. A súa

función depende da súa estructura tridimensional.

PROTEÍNAS (II):Funcións:

Estructural: membranas celulares, orgánulos celulares.

Catalítica: as enzimas fan posibles as reaccións químicas.

Transporte de osíxeno (hemoglobina) e outras substancias.

Reguladora: algunhas hormonas son proteínas (insulina)

Contracción muscular: actina, miosina

Defensa: algunhas proteínas pertenecen ao SI: anticorpos

(enerxética)

ÁCIDOS NUCLEICOS (I):- Formados por C, H, O, N e P.

- Son cadeas (polímeros) de unidades básicas (monómeros)

chamadas nucleótidos.

nucleótidopolinucleótido

ÁCIDOS NUCLEICOS (II):ADN (Ácido DesoxirriboNucleico)

- almacena a información hereditaria da célula.

ARN (Ácido RiboNucleico )- transporta a información xenética do ADN e axuda a utilizala

para producir proteínas.

Gripe Virus do Mosaico do Tabaco (TMV)

Bacteriófago

VirusNon son células

ADN ou ARN + cápside protéica

Algúns teñen envoltura lipoprotéica

Parásitos obrigados de céluas

animais, vexetais ou bacterias.

A CÉLULA

Célula ProcariotaNon ten núcleo

ADN circular que flota no citoplasma

Non ten orgánulos membranosos

Ribosomas

Mesosomas

Membrana celular

Parede celular/bacteriana

Cápsula

(Flaxelo(s))

Pequeno tamaño (1-10 mm)

Célula Eucariota

Ten núcleo, que contén á cromatina/cromosomas

Célula máis complexa

Ten orgánulos membranosos

Ribosomas

Membrana celular

Maior tamaño (10-100 mm)

Célula Eucariota Vexetal

Célula Eucariota Animal

Membrana Celular

Bicapa de fosfolípidos con proteínas.

Ailla a célula e controla o intercambio

de substancias co medio.

Citoplasma

Medio acuoso no interior da célula, formado por:

Citosol (líquido): auga e substancias disoltas.

Orgánulos celulares

RibosomasPresentes en todos os tipos de células (procariotas e eucariotas).

Compostos por ARN e proteínas. Prodúcense no nucleolo.

Non son membranosos.

Poden verse flotando no citoplasma ou adheridos ao RER.

Sintetizan (=producen) proteínas.

Núcleo

Controla a actividade celular.

Doble membrana, con poros.

Nucleoplasma.

Nucleolo (RNA+proteínas): donde

se forman os ribosomas.

Cromatina (ADN+proteínas)

transfórmase en cromosomas

cando a célula vaise dividir.

MitocondriasDoble membrana (externa e interna)

A membrana interna forma cristas.

O espacio interior chámase matriz e

contén ADN e ribosomas (!)

Producen enerxía a través dun

proceso metabólico chamado

respiración celular.

Retículo Endoplasmático Sistema de membranas que se

extende polo citoplasma.

Dous tipos:

RE RUGOSO (RER): con

ribosomas adheridos ás

membranas. Produce,

almacena e transporta

proteínas.

RE LISO (REL): non ten

ribosomas. Produce, almacena

e transporta lípidos.

Aparato (ou Complexo) de Golgi

Composto por sacos planso membranosos

apilados formando montóns.

Modifica as substancias que recibe do RE,

e as secreta ao exterior da célula.

LisosomasVesículas formadas no Complexo de

Golgi.

Conteñen enzimas dixestivas que

degradan as moléculas de maior tamaño

en moléculas máis pequenas, ou eliminan

os orgánulos celulares vellos.

Si se rompen e verten o seu contido ao

citoplasma, a célula dixírese a sí mesma!

Vacuolas

Vesículas que almancenan substancias.

As células vexetais normalemente teñen 1 ou 2 vacuolas de gran tamaño.

As células animais teñen moitas vacuolas de pequeño tamaño.

Parede Celular

Sólo está presente nas células eucariotas vexetais.

Recubre e protexe a membrana celular.

Dálle á célula unha forma fixa e regular.

Formada por unha matriz de moléculas de celulosa.

Cloroplastos

Exclusivos das células vexetais.

Como as mitocondrias, teñen unha

doble membrana.

Como as mitocondrias, teñen ADN e

ribosomas.

A membrana interna forma un sistema

de sacos apilados chamados tilacoides.

As pilas de tilacoides chámanse grana.

O espacio interior do cloroplasto

chámase estroma.

Conteñen pigmentos como a clorofila,

necesarios para realizar a fotosíntese.

Citoesqueleto

Exclusivo das células animais.

Composto por filamentos protéicos de dous

tipos:

Microfilamentos

Microtúbulos

Funcións:

Axuda a célula na división celular (mitose)

Contracción

Movemento celular (forma pseudópodos)

Transporte no interior do citoplasma.

Forma os centriolos, cilios e flaxelos.

Centrosoma

Exclusivo das células animais.

Composto por dous centriolos,

dispostos de xeito perpendicular.

Organiza o citoesqueleto e axuda

a célula a dividirse, formando o

fuso mitótico.

Cilios e Flaxelos

Sólo se encontran en células eucarióticas de tipo animal (en organismos

uni ou pluricelulares).

Prolongacións da membrana celular que son capaces de moverse.

Teñen a mesma estructura, pero os cilios son máis cortos e numerosos

que os flaxelos.

Colaboran co movemento celular(protozoos, espermatozoides...); tamén

axudan á célula a captar nutrientes do medio, e moven os líquidos na

superficie das céluas (epitelios respiratorios)

Transporte a través da Membrana Celular

As células necesitan intercambiar substancias co seu entorno para obter

materiais para a nutrición e eliminar productos de excreción.

Este intercambio pode ser:

PASIVO:

ACTIVO:

NON require ENERXÍA

A favor de gradiente

require ENERXÍA

en contra de gradiente

Transporte Pasivo (I): DIFUSIÓNPequenas moléculas como gases (O

2, CO

2), auga, nutrientes

móvense a través da membrana celular desde a zona donde están

máis concentradas ata a zona donde están menos concentradas, ata

que se igualan as concentracións (o gradiente desaparece)

Permeable ao soluto

Transporte Pasivo (II): DIFUSIÓN FACILITADAAlgunhas moléculas necesitan a axuda dun transportador ou carrier,

unha proteína da membrana celular, para entrar ou saír da célula.

Transporte Pasivo (III): ÓSMOSERefírese á difusión da auga a través dunha membrana semipermeable (=

só permite o paso do disolvente, é dicir, a auga)

A auga móvese desde a disolución HIPOTÓNICA á disolución

HIPERTÓNICA.

Membrane semipermeable

TRANSPORTE ACTIVOO movemento sucede en contra do gradiente de

concentración

Necesítase unha proteína transportadora na

membrana, e consúmese enerxía.

ENDOCITOSE / EXOCITOSE Transporte de partículas de gran tamaño a través da membrana celular,

utilizando vesículas e consumindo enerxía.

EXOCITOSE: os productos de excreción empaquétanse en vesículas

que logo se fusionan coa membrana celular, liberando o seu contido ao

exterior.

ENDOCITOSE: a membrana celular rodea ás moléculas de grande

tamaño que están no exterior e as verte no interior. Hai dous tipos de

endocitose:

FAGOCITOSE: cando a célula toma partículas sólidas do exterior.

PINOCITOSE: a célula toma nutrintes disoltos.

Partes de un Microscopio Óptico Composto

Como utilizamos o microscopio óptico?

Como calculamos os aumentos?

Multiplicamos:

Aumentos do OCULAR x aumentos do OBXECTIVO

top related