tema 2 a europa feudal

Post on 13-Jul-2015

557 Views

Category:

Education

10 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

TEMA 2

A EUROPA FEUDAL

O NACEMENTO DA EUROPA FEUDALFeudalismo: Sistema económico, político e social que se orixinou a partir do século IX en Europa occidental. Tivo as súas orixes na división do Imperio carolinxio

IMPERIO DE CARLOMAGNO

● Caída do Imperio romano: división de Europa en reinos xermánicos.

● Reino dos Francos: un dos seus monarcas foi Carlomagno. Creou un Imperio unificando gran parte das terras de Europa occidental e proclamouse emperador no ano 800 → Imperio Carolinxio.

– Elaborou leis para todos os territorios.

– Administración:

● Condados: gobernados por condes.● Marcas: zonas fronterizas gobernadas por

marqueses.

– Impostos, xustiza e seguridade eran garantidas por condes e marqueses.

IMPERIO DE CARLOMAGNO

● Morte de Carlomagno →enfrontamento entre os sucesores:

División do Imperio carolinxio → TRATADO DE VERDUN (843)

Inseguridade en Europa.

Ataque de pobos invasores (ss. IX-X):

● Normandos (vikingos).

● Musulmáns.

● Húngaros.

ORIXES DO FEUDALISMO● Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi

feble:

● Non podían protexer á poboación.

● Non podían recadar impostos.

● Non podían manter un exército fiel e

estable.

● Para poder gobernar e manter unido o seu reino

os monarcas tiveron que se apoiar nos nobres:

● VASALAXE: sistema de relacións persoais

que consistía nun pacto de fidelidade que

se establecía mediante unha dobre

cerimonia:

● HOMENAXE: O vasalo (nobre)

prometíalle ao rei fidelidade, consello

no goberno e axuda militar e

económica.

● INVESTIDURA: O rei entregáballe ao

vasalo (nobre) unhas terras (feudo)

para que as gobernase e explotase.

ORIXES DO FEUDALISMO

● Moitos nobre convertéronse en SEÑORES FEUDAIS: os fillos herdaban o cargo.

● Os SEÑORES FEUDAIS:

● Eran nobres ou eclesiásticos.

● Podían ceder parte do seu FEUDO a outros nobre menos poderosos →

CABALEIROS.

● Fixéronse case independentes: os campesiños acudían a eles buscando

protección.

SOCIEDADE FEUDAL● Dividíase en ESTAMENTOS ou ordes:

grupos sociais cerrados, con escasa mobilidade social, aos que se pertencía por nacemento e para toda a vida.

● PRIVILEXIADOS:

– Nobreza: defensa militar e guerra (bellatores)

– Clero: cregos, monxas, bispos,.. (oratores).

– Posuían terras, non tiñan que traballar, non pagaban impostos e tiñan reservados os altos cargos.

● NON PRIVILEXIADOS:

– Terceiro estado: campesiños, artesáns, comerciantes...

– Traballaban e mantiñan aos outros dous estamentos, carecían de dereitos e estaban sometidos a fortes impostos.

A MONARQUÍA E A NOBREZA FEUDALMONARQUÍA

● Monarca (rei): cúspide da pirámide feudal.

● Primus inter pares.

● Non tiña residencia fixa.

● Representante de Deus na terra (monarquía de dereito divino).

● Os territorios que tiña baixo a súa autoridade compoñían o seu REINO → patrimonio persoal.

● As fronteiras dos reinos mudaban constantemente.

● Compartía o Goberno:

– Coa alta nobreza (condes, duques, marqueses)

– Coas principais autoridades relixiosas (bispos, abades) alto clero.

● Atribucións exclusivas:

– Dirixir campañas militares ás que debían acudir os vasalos cos seus exércitos.

– Recadar impostos.

– Exercer de xuíz supremo en preitos pero sen interferir nos feudos dos seus nobres ou da Igrexa.

– A Curia ou Consello Real axudábanlle a gobernar e tomar decisións.

– A Corte era un conxunto de persoas (familia, amigos, conselleiros) que o acompañaban.

NOBREZA

● A guerra era a súa principal actividade.

● Só os señores feudais podían exercer o oficio das armas: eran os CABALEIROS.

● Os fillos das familias nobres eran armados cabaleiros aos 18 anos.

● Facían a guerra para:

– Defender o seu territorio.

– Enfrontarse a outros nobres.

– Axudarlle ao monarca.

● A guerra proporcionáballe ao vencedor terras e riquezas.

● En épocas de paz os nobres realizaban torneos entre cabaleiros armados.

CASTELOS MEDIEVAIS● Castelo: residencia fortificada dos señores feudais.

● Tempos de paz: fogar do nobre, da súa familia, soldados e serventes, e un mercado de intercambio de produtos.

● Tempos de guerra: fortaleza e refuxio para os habitantes do feudo.

● Partes:

– Torre da homenaxe.

– Patios con edificacións: ferrería, forno, vivendas,...

– Muralla ameada e con torres defensivas.

● Vida cotíá dos nobres:

– Inspeccionar as terras do feudo.

– Recibir aos vasalos.

– Impartir xustiza.

– Recadar tributos.

– Adestrarse para o combate.

– Organizar banquetes e festas.

– Caza e cetrería.

PARTES DUN CASTELO

AS TERRAS DO FEUDOFEUDO: Terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal.

● Tipos: reais, nobiliarios e eclesiásticos.

● Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercar nin vender.

● O señor feudal tina autoridade plena no seu feudo e gozaba de inmunidade perante o rei.

● Partes

● Señorío

● RESERVA SEÑORIAL: Terras que o señor se reservaba para a súa explotación directa. Nela atopábase o castelo, prados e bosques propios.

● MANSOS: Parcelas de terra que o señor lles entregaba aos servos ou aos campesiños libres a cambio do pago de rendas: parte da colleita, traballos nas terras da reserva. Podían existir ALODIOS: parcelas propiedade de campesiños libres.

SEÑORÍO TERRITORIAL: Dereitos de explotación económica das terras do feudo: corveas, parte da colleita,...

SEÑORÍO XURISDICIONAL: Dereito do señor feudal a impartir xustiza, cobrar impostos (uso de pontes, muíños, forno,...

(feudo)

FEUDO MEDIEVAL

RENDAS SEÑORIAIS● Os señores feudais (nobres ou eclesiásticos) vivían das rendas que os campesiños

estaban obrigados a lles entregar:

– Parte da colleita.

– Décimo (diezmo) á igrexa.

– Entrega das primicias (unha vez ao ano): cultivos ou animais (porcos, galiñas,...)

– Prestacións persoais: traballo obrigatorio nas terras do señor.

– Dereitos de monopolio: pagamentos por usar o muíño, o forno,...

– Cobramentos derivados da xurisdición: multas, impostos,....

OS CAMPESIÑOS

● Constituían a maioría da poboación.

● Adicábanse á agricultura e á gandaría.

● Carecían de privilexios.

● Categorías

● O rendemento das terras era escaso:

– Instrumentos agrícolas rudimentarios.

– Escaseza de fertilizantes.

● Practicábase a rotación bienal con barbeito.

● Agricultura de subsistencia para autoconsumo.

● Cultivos: cereais, legumes, viñedos, verduras e árbores froiteiras.

● CAMPESIÑOS LIBRES (VILÁNS OU ALODIAIS): Eran propietarios da súa terra. Podían casar, abandonar o feudo... sen permiso do señor.

● SERVOS: Traballaban as terras do señor e non tiñan liberdade persoal. Calquera activade tiña que contar co permiso do señor.

A IGREXA CRISTIÁ: OS CREGOS● A Igrexa (institución) mantiña a unidade dos crentes e regulaba a vida da comunidade.

● Oficiaba as cerimonias relixiosas.

● Encargábase do ensino e a asistencia a pobres e enfermos.

● Prescribía as obrigas relixiosas dos crentes: rezar, asistir á misa, confesarse...

● A igrexa era o edificio máis importante da aldea, vila ou cidade. A partires do ano 1000 construíronse moitos mosteiros.

● Cobraba o décimo: todos os campesiños estaban obrigados a lle pagar a décima parte da colleita á Igrexa.

ORGANIZACIÓN DA IGREXA (CLERO)

Atendían aos crentes Dedicados á oración

Dirixían as parroquias

Rexían as dioceses

Escollido polo consello de Cardeais

Sometidos a unha regra monástica

MOSTEIRO MEDIEVAL

ARTE ROMÁNICA● Cronoloxía: séculos XI-XIII.

● Lugar: Europa.

● Recibe o nome de Románico porque presenta algúns elementos construtivos semellantes coa arte romana.

● Arte relixiosa que tiña como obxectivo principal exaltar a gloria de Deus.

● Destacou a arquitectura relixiosa: igrexas, mosteiros e catedrais.

● Escultura e pintura para decorar ou completar os edificios relixiosos.

ARTE ROMÁNICAARQUITECTURA

● Planta de cruz latina.● Cruceiro: onde se cruzan os brazos, cuberto cun ciborio● Material: pedras de cantaría

ARTE ROMÁNICA● Na cabeceira:

– Absida semicircular.

– Girola ou deambulatorio (carola)

ARTE ROMÁNICA● Cuberta:

– Bóveda de canón.

– Arcos de medio punto.

● Elementos sustentantes:

– columnas ou piares.

– Grosos muros

● Contrafortes exteriores

ARTE ROMÁNICA● Torre-campanario unida á igrexa ou separada.

ARTE ROMÁNICAIGREXA

ROMÁNICA

ARTE ROMÁNICA

San Martín de Frómista

ARTE ROMÁNICA

FACHADA ROMÁNICA

CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACHADA ACTUALARTE BARROCO

ARTE ROMÁNICACATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INTERIOR

ARTE ROMÁNICAESCULTURA

● Temática: relixiosa.

● Funcións: decorativa e didáctica: adoutrinar ao pobo e explicarlles os feitos sagrados da Biblia porque a maioría da poboación era analfabeta.

● Adaptación ao marco: as figura adoptaban as proporcións e a forma da superficie sobre a que eran esculpidas.

● As figuras eran hieráticas, ríxidas e sen perspectiva.

● Situábanse nas portadas, columnas e chapiteis.

● Tamén abundaban as tallas relixiosas esculpidas en madeira e policromadas, que se colcaban nos altares.

ARTE ROMÁNICA

Portada Románica

ARTE ROMÁNICA

Duda de Santo TomásSanto Domingo de Silos

Crucifixo Virxe co Neno

Capiteis

ARTE ROMÁNICACATEDRAL DE SANTIAGO

Pórtico da Gloria

ARTE ROMÁNICAPINTURA

● Finalidade: igual ca escultura: decorativa e didáctica.

● Técnicas: pintura ao fresco e pintura sobre táboas.

● Non había profundidade nin volume nas composicións.

● As figuras adaptábanse ao marco arquitectónico.

● Perspectiva xerárquica.

● Horror vacui.

● Temáticas: Pantocrator, escenas da Biblia e das vidas de santos.

top related