tema 12: galicia na idade moderna

Post on 30-Jun-2015

2.078 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

GALICIA NA IDADE MODERNA

TEMA XII

Galicia na Idade Moderna

1. A integración de Galicia na nova monarquía

2. A sociedade nos séculos XVI e XVII

3. Economía nos séculos XVI e XVII

4. O Barroco galego

12

Introdución

• No século XV a nobreza galega saíu fortalecida logo da súa vitoria sobre os irmandiños nas revoltas do final da Idade Media en Galicia.

• O predominio da nobreza durou pouco tempo. Os Reis Católicos estableceron un novo modelo de Estado, centralista e autoritario, no cal non tiñan cabida os dereitos e privilexios dos nobres.

• Nos séculos XVI e XVII, a historia de Galicia caracterizouse pola súa integración na nova monarquía hispánica, e pola crise demográfica e o desenvolvemento do comercio e da industria marítima.

12

1. A integración de Galicia na nova monarquía

12

A política centralizadora

• Tras a morte do mariscal Pardo de Cela e a derrota da nobreza, levouse a cabo, segundo os cronistas da época, a doma de Galicia ou pacificación e integración do reino nun novo Estado.

12

As sete provincias do reino de Galicia 12

As institucións de goberno estatais

• Para gobernar o afastado reino de Galicia, os Reis Católicos e os seus sucesores, crearon novas institucións que permitiron levar a súa autoridade a todos os recantos do país.

• A Audiencia da Coruña, estaba dotada de poderes gobernamentais e xudiciais.

• O Gobernador Capitán Xeneral, presidía a Audiencia, co cal esta perdeu poder e pasou a ter funcións de asesoramento.

• O corrixidor, máxima autoridade en cada unha das vilas e cidades do reino.

• A Xunta do reino de Galicia, con poucas atribucións.

12

2. A sociedade nos séculos XVI e XVII

12

Pazo do Rial

Mosteiro de Samos

A crise demográfica

• Nos comezos da Idade Moderna o número de galegos era de aproximadamente 630 000.

• O 85 % vivía no campo, en parroquias moi pequenas.

• A finais do século XVI iniciouse unha tendencia de perda de habitantes.

• As causas deste descenso demográfico foron as fames e as epidemias.

12

A sociedade durante os séculos XVI-XVII

• Na sociedade galega mantíñanse enormes diferenzas entre as distintas clases sociais e mesmo entre elas:

• No clero, as ordes monásticas eran moi poderosas, pero tamén había cregos pobres, particularmente entre os párrocos rurais.

• A nobreza era a principal beneficiaria dos froitos da terra. A nobreza alta acumulaba rendas difíciles de cuantificar.

• A fidalguía ou nobreza menor non posuía títulos.

• Os comerciantes eran pouco numerosos.

• Os campesiños eran o 80 % da poboación e estaban sometidos a moitos impostos.

12

3. Economía nos séculos XVI e XVII

12

O comercio e a industria marítima

• As vilas da beiramar galega beneficiáranse do comercio por mar durante a Idade Media. Co descubrimento de América esta importancia estratéxica mantívose.

• En relación co comercio marítimo, foi intensa a construción de barcos debido á riqueza dos bosques galegos.

• A pesca e mais a salgadura de peixes constituíu outra actividade propia do litoral.

12

A introdución do millo e da pataca

• Da agricultura dependían a inmensa maioría dos galegos, cuxas familias vivían da venda do viño, do centeo ou de produtos do gando vacún.

• Esta situación alterouse coa chegada do millo durante os primeiros anos do século XVII. O millo adaptouse ás condicións climáticas de Galicia.

• Pola contra, a pataca, aínda que era coñecida desde o século XVI, non comezou a se difundir ata comezos do XVIII.

• Ata o século seguinte a pataca non se converteu no alimento básico.

12

Viños e teas

• O viño comezou a se vender fóra de Galicia e a se converter nun produto comercial.

• Das comarcas do Avia descendían os transportes de viño polo Miño e vendíanse nos mercados de Tui e Baiona, para exportarse a Flandres, Francia e aos portos do Cantábrico.

• Os viños foron un produto básico para as comarcas do interior.

• A exportación fixo posible importar produtos dos que Galicia carecía, e así comezaron a chegar por mar e terra, tecidos de la e liño do Norte de Europa, variadas teas inglesas ou panos casteláns.

12

4. O Barroco galego12

Orixinalidade do Barroco galego

• Durante os séculos XVII e XVIII, a etapa do Barroco, Galicia coñeceu unha época de esplendor artístico.

• Os edificios barrocos reflicten o poder económico do clero e dos fidalgos.

• O Barroco galego posúe algúns trazos derivados da utilización do granito.

• Por mor da súa dureza, o granito non deixa realizar unha decoración fina e delicada.

12

Edificios barrocos

• Santiago é a cidade cumio do Barroco galego, pero tamén se poden admirar obras barrocas noutros lugares, como a Casa do Concello de Lugo (Ferro Caaveiro).

12

Igrexas Barrocas• As igrexas rematáronse con elevadas torres (igrexa

da Peregrina en Pontevedra) e cubríronse de monumentais fachadas (Santa Eufemia, en Ourense). Os interiores decoráronse con luxosos retablos (Santo Cristo, na catedral de Ourense).

A Peregrina. Pontevedra

Santa

Eufemia

Retablos

Retablo I. Compañía de Santiago

Santo Cristo de Ourense

Mosteiros• Tamén se reformaron os mosteiros medievais de

Sobrado, Samos, Poio, Oseira, Celanova…

Oseira

Sobrado

Samos

Poio

Pazos• A nobreza construíu os pazos, fastosas

vivendas feitas en granito, como o de Oca (Pontevedra), Trasariz (Vimianzo) ou Ulloa (Maside).

Oca

Trasariz

O Barroco Compostelán

O Barroco Compostelán

Casa do cabildo

Torre do Reloxo

FIN

TEMA XII

top related