situación futura

Post on 26-Mar-2016

233 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Campo da feira

TRANSCRIPT

CAMPO DA FEIRA DE

ARZÚA

PROPOSTAS DE MELLORA

INTRODUCCIÓN:

Á hora de propoñer as medidas para levar a cabo no campo da feira de

Arzúa intentamos rexernos por criterios técnicos. Tanto nos cambios no

deseño , na estrutura ou calquera outro evitouse cambiar o uso que se

lle viña dando a este espacio, ó igual que respectar a especie arbórea

máis representativa deste entorno: o carballo (Quercus robur), que goza

dun recoñecido prestixio tanto pola ligazón que ten coa cultura galega

como polos bos exemplares que se poden observar neste enclave e que

polo tanto son meritorios de protección e conservación.

A continuación, detállanse tódolos aspectos nos cales se levarían á cabo remodelacións.

●Endereitamento do muro Este.

●Reubicación da cuberta.

●Reestructuración das escaleiras.

●Colocación de vallas protectoras.

●Mellora da liña de estacas.

●Implantación de césped na franxa de terra.

●Mantemento vexetal.

●Mellora dos alcorques.

●Dotación de novo mobiliario.

Endereitamento do muro Este

Para gañar máis espacio e acabar con estas formas irregulares do peche.

Desmontaxe da cuberta

Podéndose reubicar noutro lugar, gañando máis terreo para os feirantes e o disfrute da carballeira.

Reestructuración das escaleiras

As da zona Oeste pasarían a ocupar a parte anterior a ubicación actual.

As da parte Este faríanse máis arriba da ubicación actual aproveitando que non hai árbores que o impidan.Con ambolos dous cambios preténdese dotar o campo de mellores e máis amplos accesos, sobre todo neste caso.

Zona onde se ubicarían as escaleiras

Colocación de vallas protectoras

Nos muros Este e Sur é necesario a colocación de vallas protectoras, para evitar caídas, sobre todo de nenos, que poderían ter consecuencias graves, pois nalgúns casos o desnivel e considerable. Na parte sur a valla será máis alta ca no resto, pola altura do muro.

Mellora da liña de estacas

A liña de estacas separa a franxa de terra do resto do campo, sin perder este uso pódense cambiar por outro método de peche como pode ser unha pequena cerca que impida o paso de animais cara a franxa onde, nun futuro, haberá césped.

Implantación de césped na franxa de terra

Trala reubicación das escaleiras da zona Este, a franxa de terra quedará dividida en dúas partes, nas que, se poderá sementar césped e nas esquinas plantaríase algún arbusto de porte baixo; de igual modo nos laterais sería recomendable plantar algunhas plantas de temporada. Aparte de nesta zona nos alcorques tamén se pode implantar césped.

Na franxa xunto co césped tamén se colocaría un sistema de rego por aspersión, esta mellora reponde as necesidades de auga que pode haber durante o verán,a súa implantación detállase mellor nun archivo anexo a esta presentación.

ALGUNHAS PLANTAS DE TEMPADA:

Petunia Impatiens walleriana

Tagetes erecta

Cyclamen sp.

Bellis perennis

Brassica oleracea

ARBUSTOS PEQUENOS:

Azalea japonica Lavandula angustifolia

Ilex aquifolium

Mantemento vexetal

Algunha das medidas a tomar sería a eliminación das árbores enfermas ( caso do pradairo da terceira fila), é tamen recomenbable a revisión dos carballos e a aplicación, se é necesario, de productos que aseguren a súa supervivencia, tanto contra pragas como para enfermidades que puideran ter pois debido o seu valor merecen unha especial atención. De igual forma débense levar a cabo tallas de formación para evitar que as copas causen problemas nos lindes.

Nas xardineiras sería útil, ademáis dunha mellor colocación, unha mellor implicación para presentalas como un reflexo da época do ano na que se atopasen, plantándolle plantas de temporada representativas e duradeiras. Incluso se lle poden plantar pequenas coníferas.

CONÍFERAS DAS XARDINEIRAS:

Buxus sempervirens

Chamaecyparis obtusaPinus mugo

Mellora dos alcorques

O mantemento dos alcorques é outra das medidas a tomar, pois están bastante desfeitos e necesitan ser remodelados.

Dotación de novo mobiliario

Unha das maiores deficiendias do campo, en canto a mobiliario, son os bancos, que se poderían colocar na zona da xa sustituida cuberta.

Igual de necesitado está en canto a papeleiras ,posto que, non existe ningunha.

Os soportes para colocar os fogóns das polbeiras deben ser retirados e colocados na nova ubicación da cuberta

En canto, os puntos de luz sería útil a colocación de farois na zona que queda da cuberta, manter os que hai na actualidade ,cambiándos por outros máis novos, e poñer puntos de luz baixos na zonas das escaleiras, franxa de césped...

As billas cambiaríanse para poñer unha soa unidade.

BANCOSBANCOS

FFAARROOIISS

PUNTOS PUNTOS

DE DE

LUZLUZ

BAIXOSBAIXOS

XARDINEIRASXARDINEIRAS

BASUREIRASBASUREIRAS

FFOONNTTEE

top related