semana 12-18 maio...semana 12-18 maio martes 12: no reto matemático de hoxe imos repasar as formas...
Post on 04-Jul-2020
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
SEMANA 12-18 MAIO
MARTES 12: No reto matemático de hoxe imos repasar as
formas xeométricas.
Empezaremos debuxando nun
cartón, folio, no chan...un
CADRADO, CÍRCULO e TRIÁNGULO
e con papeis de outro cor
recortamos as formas (similar ao
que vedes na foto).
Teñen que ir tapando o debuxo ao tempo que din a forma que
teñen na man. Outra variante sería ir dicíndolle nos a
forma que teñen que coller e tapar.
Aproveitando os rolos de papel tamén podemos pintar formas
(eleximos as tres que xa coñecemos, pero se alguén quere
ampliar pode)
*para quen queira, deixo unas fichas ó final, tamén de repaso
dos números.
MÉRCORES 13: E chegou o momento, agora si, de coñecer o
membro da familia real que nos faltaba, a PRINCESIÑA O.
Imos ver o video para coñecer a súa historia:
https://www.youtube.com/watch?v=9eAIjJpVY7g
Facemos preguntas sobre o video e intentamos que nos digan
tres palabras que empezan con O que saen na historia (oca,
osiño, olas).
Igual que ás demais letras da familia Real de
Letrilandia, á Princesa O tamén lle gusta
vestirse de gala e así a imos a pintar.
*tedes a ficha ó final do documento.
XOVES 14: E por fin a última estrofa do noso poema sobre
abellas:
Facer o mel e un traballón,
Pero que gusto
Da ós lambón!!!
Zumm,Zumm, Zumm
Aínda non falamos de como son as abellas, como é o seu corpo.
A partires do seg. 58 neste vídeo hai unha interesante
explicación das partes do corpo dunha abella.
https://www.youtube.com/watch?v=7xyPnmXLneM
Nos interesa que se queden con que o corpo se divide en tres
partes: CABEZA, TÓRAX e ABDOME.
Moitos de vos xa fixestes unha colmea, pois agora imos a facer
abellas, e aquí tedes un modelo no que podedes diferenciar as
tres partes do seu corpo:
*Ó acabar podedes facer as fichas que vos deixo abaixo.
VENRES 15: A proposta de hoxe para mellorar a motricidade
fina tédela nas seguintes imaxes. Podedes utilizar pinzas da
roupa, pinzas para o xeo, ou mesmo pinzas de depilar. E para
as boliñas o que se vos ocorra, plastilina, bolas de papel,
pedriñas...
LUNS 18: Onte celebrouse o día das Letras galegas, que este ano
se adica a Ricardo Carvalho Calero. Na web do cole tedes unha
serie de propostas para facer, como videos, xogos... e ademais se
vos anima a colaborar (con debuxos) na elaboración dun
díptico que recolla aspectos máis importantes da vida e obra do
autor. Tedes toda a información na páxina web do cole.
A miña proposta para este día é que entredes nos enlaces da
páxina web e miredes o video coa información sobre o autor.
A continuación podedes facer este xogo interactivo:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/460
Ou tamén estas actividades con pictogramas que se poden
imprimir:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folder
Id=1647069&name=DLFE-20620.pdf
E ata aquí as miñas propostas para esta semana. Coma sempre,
desexarvos que esteades ben de saúde e darvos moito ánimo para
seguir traballando.
Nos vos esquezades de visitar de cando en vez a páxina web do
cole e ver as actividades e recomendacións que propoñen dende
o Departamento de Orientación, así coma todas as novas
informacións que van xurdindo estes días.
Saúdos e ...
FACER O MEL E UN TRABALLÓN,
PERO QUE GUSTO
DA ÓS LAMBÓN!!!
ZUMM,ZUMM, ZUMM
CABEZA TÓRAX
ABDOME
top related