saídas para centros de ensino curso 2019/20 · coñecer as raíces do noso pobo a través da...
Post on 18-Jul-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Aventuras escolares saídas para centros de ensino
Curso 2019/20
As Aventuras Escolares constitúen unha proposta de intervención educativa na que as persoas participantes poderán desfrutar dunha experiencia de vivencias e emocións compartidas con outros compañeiros e compañeiras, abordando contidos do currículo escolar mentres adquiren competencias relativas á socialización cos seus pares, á sensibilización en torno á importancia da implicación social da mocidade e ao coidado da vida en colectivo e do respecto ás demais persoas e a contorna. Así mesmo, a intervención repercutirá positivamente no ámbito persoal de cada participante, mellorando aspectos que poidan influír nas actuacións da súa vida cotiá. As actividades serán personalizadas e adaptaranse ao grupo de participantes. Todo isto irá rodeado dunha ambientación fantástica como fío condutor da actividade
Tematizar e ambientar unha excursión permite por énfase no contido da mesma, para que así sexa máis fácil captar o interese sobre o eixo principal da actividade, ao mesmo tempo que se implanta un atractivo lúdico e fantástico a todos os conceptos tratados no transcurso da excursión. Isto adoita implicar nun aumento do interese e da motivación á hora de participar activamente nas actividades propostas.
Por que unha Excursión tematizada
1 día de excursión con - Monitoras/es titulados - Entradas aos museos e centros
de interpretación
As Irmás Touza,as
Schindler galegas
e outras historias de persecución étnica
INCLÚE - Visita ao Castelo de Ribadavia e
museo sefardí - Visita ao barrio xudeu - Descuberta histórica pola vila
ambientada na historia das Irmás Tourza
obxectivos Ofrecer á mocidade oportunidades de aprendizaxe da Historia e costumes dunha vila medieval de importancia xudía e do impacto a nivel europeo do nazismo a través da historia das irmáns Touza, empregando técnicas de educación non formal que lles permitan vivir experiencias e desenvolver competencias relativas á responsabilidade, ao compromiso coa comunidade e ao respecto ás diversidades, entre outras
ambientación Pola mañá, recibirá ao grupo o señor feudal do pasado e lle amosará os restos do seu gran castelo e a importancia da cultura xudía nos seus dominios. Pola tarde, mergullarémonos no S.XX, concretamente na época da Segunda Guerra Mundial, onde uns refuxiados xudeus buscan a maneira de cruzar a fronteira cara Portugal para poder, dende alí, iniciar a súa fuxida a América.
25 € participante
2 días de excursión con
- Monitoras/es titulados - Aloxamento en albergue e
manutención - A desenvolver nunha destas
localidades, a escoller
apocalipse unha aventura para estar sempre listo
INCLÚE - Obradoiro de técnica de
construcións en madeira e orientación con ruta
- Cociña campeira - Xogos e dinámicas ambientadas - Xogo nocturno
obxectivos Valorar de xeito crítico o impacto da humanidade no planeta e os posibles perigos do desenvolvemento non sostible pondo en práctica técnicas e estratexias de supervivencia en contacto coa natureza, adquirindo e reforzando as habilidades sociais, a capacidade de diálogo, consenso e toma de decisións colectiva.
ambientación Transportámonos a un futuro misterioso do que non sabemos nada. Ao longo destes días os participantes descubrirán que lle sucedeu ao mundo e porán en marcha unha nova sociedade, se sobreviven! As persoas dinamizadoras se caracterizarán ao estilo Mad Max (sen armas) ou semellante.
78 € participante
CASTREXOS e ROMANOS enfrontamento ou convivencia
INCLÚE - Visita ao xacemento e recursos
interpretativos do mesmo - Dinámica e xogo ambientado - Ruta pola contorna
1 día de excursión con - Monitoras/es titulados - Entradas aos museos e centros
de interpretación - A desenvolver nunha destas
localidades, a escoller
obxectivos Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de Galicia, adquirindo perspectiva crítica cara as invasións bélicas e imposicións culturais e debatendo de forma construtiva os diferentes puntos de vista dun conflito.
ambientación Unha das persoas dinamizadoras é un xefe ou xefa castrexa, preocupado pola supervivencia do seu clan ante a inminente invasión romana. Outro dinamizador é un centurión romano, convencido de que Roma pode favorecer ao progreso e á civilización dun pobo primitivo como son os castrexos.
25 € participante
2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros
de interpretación - Actividades náuticas
A revolución industrial unha transformación económica e social
INCLÚE
- Visita ao Museo Ferroviario de Galicia - Descuberta pola vila de Monforte - Viaxe en tren Monforte Quiroga - Actividade de iniciación ao piragüismo - Dinámica xogo de roles ambientado nas
loitas obreiras - Xogo nocturno
obxectivos Coñecer a historia do tren en Galicia e a súa importancia no contexto da Revolución Industrial experimentando a realidade da vida dos obreiros e obreiras das primeiras fábricas, debatendo e dialogando diferentes perspectivas sobre o industrialismo e os dereitos laborais, tomando decisións grupais, acadando consensos e resolvendo conflitos.
ambientación Dúas persoas animadoras poden ser un industrialista e un capataz obreiro. O industrialista representa todos os valores da ilustración, a burguesía, o progreso; e é a persoa que “guía” a actividade e a excursión durante o primeiro día. O segundo día, a segunda personaxe, o capataz, é a principal dinamizadora.
INCLÚE - Centro de visitantes PN Baixa Limia
Serra do Xurés - Centro de Interpretación do Couto
Mixto - Ruta pola Reserva Internacional da
Biosfera Xurés – Gêres - Actividade de iniciación ao
piragüismo - Xogo nocturno
2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros
de interpretación - Actividades náuticas
Couto mixto a andorra galega ·- un pobo autogobernado
79,50 participante
obxectivos Visibilizar o valor social da participación no feito público, alentando á participación pública na infancia e na mocidade, coñecendo a singularidade histórica do Couto Mixto e reflexionando sobre a separación de poderes e as formas de goberno dende unha perspectiva histórica,
ambientación Faremos unha recreación histórica do órgano de goberno do Couto Mixto no que as participantes tomarán o rol da poboación local, nomearán a 3 “homes do acordo” e un xuíz como seu representante, debaterán a situación da perda da súa identidade e privilexios. Ao longo das actividades ademais de achegarse a esta realidade histórica poderán coñecer e empregar ferramentas de participación pública para a vida contemporánea.
86 € participante
Unha de romanos Seguindo os seus pasos pola Ví Ia Nova
INCLÚE - Ruta pola calzada reconstruída da
Vía Nova no Parque Natural - Baño nas termas e parque fluvial de
Lobios - Centro de Interpretación do Parque
Natural e Reserva da Biosfera - Centro de Interpretación Aquis
Querquennis - Xacemento castrexo de Castromao
2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros
de interpretación - Actividade nocturna de
improvisación teatral
obxectivos Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de Galicia, adquirindo perspectiva crítica cara as invasións bélicas e imposicións culturais e debatendo de forma construtiva os diferentes puntos de vista dun conflito.
ambientación O equipo de monitores estarán caracterizados como soldados romanos asentados na zona, e amosarán aos nativos os grandes avances tecnolóxicos e tentando convencelos dos beneficios que supón estar baixo dominio romano. Serán capaces de impor a súa cultura fronte á destes habitantes rexionais?
2 días de excursión con - Monitoras/es titulados
- Manutención e aloxamento
- Entradas aos museos, centros
de intepretación e
xacementos.
- Actividade noctura de
improvisación teatral
96 € participante
Cooperativa Somos un equipo multidisciplinar de persoas comprometidas e con moita experiencia no sector. Cremos na creación colectiva, no diálogo e nos consensos, e poñemos sempre ás persoas por diante.
Educación Para nós, o lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia e o crecemento persoal e colectivo. Buscamos construír un mundo mellor a través das nosas actividades.
Lecer Queremos achegar alternativas de ocio de calidade a todas as persoas. Ofrecemos campamentos, excursións, xogos e actividades de todo tipo, para aproveitar ao máximo o tempo libre de pequenos e maiores.
Que somos
máis información
www.aventeira.com
telf. 772 34 26 58 aventeira@aventeira.com
top related